Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da...

37
De Isorna a Fruíme, unha viaxe literaria polas beiras do Barbanza Antón Riveiro Coello Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) A xeorreferenciación deste roteiro na sección “O Territorio do Escritor/a” da web da AELG (www.aelg.org) foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013

Transcript of Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da...

Page 1: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

De Isorna a Fruíme, unha viaxe literaria polasbeiras do Barbanza

Antón Riveiro Coello

Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

A xeorreferenciación deste roteiro na sección “O Territorio do Escritor/a” da web da AELG(www.aelg.org) foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013

Page 2: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

Limiar

Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta península da que si sabía da súafermosa serra, na que se abren privilexiados miradoiros, da fala nasal e cantareira da súaxente, dos seus tesouros de arte en pedra argallados polos homes máis importantes domegalitismo occidental, como o dolmen de Axeitos, da pegada castrexa co exemplosobranceiro de Baroña, do mar como recurso natural da súa vocación produtiva,dalgunhas lendas como as que falan da cidade de Valverde, asolagada polo océano evencellada co mito da Atlántida e con tantas reminiscencias da miña querida lagoa deAntela. Coñecía tamén moitos dos naufraxios que houbera na equívoca illa de Sálvora, asinsólitas dunas de Corrubedo ou o Mosteiro de Toxosoutos, pero o que descoñecía era aimportante nómina de escritores que, xunto a Castelao, Manuel Antonio, Rafael Dieste ouAvilés de Taramancos, acollía este territorio. E esa descuberta foi se cadra o que máis meimpresionou porque, a través dos textos, fun coñecendo moito mellor esta terra,queréndoa dende dentro até identificarme con ela e adoptala como territorio propio paraa vida e a ficción. E ese sentimento é o virus que agora intento inocularche facendo unrápido percorrido polos lugares máis apegados á literatura galega dos autores quenaceron aquí ou que, sendo de fóra, apegaron as súas ficcións ao Barbanza. Advírtocheque será un itinerario un chisco anárquico e deixará fóra moitos creadores porque seríaimposible abranguelos a todos nestas páxinas. O título adianta tamén a vontade dedeterme un chisco máis naqueles que son menos coñecidos e restaurar dalgún xeito a súamemoria.

Sabes ben que en Rianxo está concentrada a mellor e máis importante literaturanon só do Barbanza senón da Galiza. Nesta pequena vila mariñeira hai literatura para todoun país. Ás veces, como por arte de maxia ou polos misterios do azar, as musas aséntansenun determinado territorio e danlles a algúns dos seus habitantes azos e habelencia para aescrita. Así, lugares aparentemente pequenos como Padrón, Mondoñedo ou Celanova sonquen de fecundaren almas sensibles que cantan a terra e a paisaxe nos seus versos. O casode Rianxo supuxo un fito importantísimo, porque esta fermosa vila foi berce de grandesescritores entre os que salientan tres das figuras decanas da literatura galega como sonCastelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio, que sementaron o herdo dunha xenética queaínda hoxe segue a dar os seus froitos. Na Pobra do Caramiñal, tivo nacenza VictorianoGarcía Martí, escritor en castelán, que xunto a Valle-Inclán e algunhas páxinas de Gasset ede Leonardo da Jandra na súa curiosa Arousíada, souberon retratar literariamente aspaisaxes da Pobra. Alí tamén viviu e escribiu o amigo Anxo Rei Ballesteros, unha das vocesmáis ambiciosas da narrativa galega e do pensamento do país. Cada un dos seus textosachegou un punto de inflexión, unha renovación formal para o noso sistema literario. Ocaso de Noia non deixa de ter a súa importancia e, sen esquecer o alento fundamental deAvilés de Taramancos ou María Mariño, segue a vivir hoxe intres vizosos no tocante ao seugurgullar cultural e creativo.

O espírito deste traballo será un convite para facermos unha viaxe pola literaturagalega que abraza unha das paisaxes máis engaiolantes do noso país. E faremos opercorrido dun xeito ordenado, sempre ao redor da serra, comezando por Isorna, noconcello de Rianxo, e rematando en Fruíme, no concello de Lousame, dous puntos moipróximos entre si que pechan un círculo imaxinario, curiosamente, con dous curasescritores como protagonistas. E, polo camiño, a literatura tamén irá atravesando terrasde Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son e Noia.

Page 3: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

RIANXO

Por motivos físicos encetamos, pois, a viaxe no concello de Rianxo, logo decruzamos a ponte de Catoira sobre o río Ulla, deixando á esquerda as Torres do Oeste,ese ferido baluarte que valeu ao arcebispo Xelmírez diante dos ataques normandos esarracenos que cobizaban Santiago. Axiña nos podemos achegar á aldea que repousabaixo os dominios do monte Lioira e que leva o nome de Isorna, co significado de trigomocho, intuído polo insigne lingüísta boirense Ramón Martínez López. Aquí, no lugarda Lagarteira, naceu Faustino Rey Romero, un sacerdote e poeta de notableperfección formal que, amais de destacar como gran sonetista, tamén dedicou unhascantas páxinas ao ensaio teolóxico e literario e colaborou en moitas revistas. Morreuen estrañas circunstancias en Bos Aires no ano 1971, tras deixar varias obras poéticastanto en galego como en castelán.

É o teu canto unha música á derivacara ó día boiando ou cara á noite.

Busca un porto no ouvido que a escoiteou na ialma que a entenda, sensitiva.

Lírica nao, desatracou da pólaonde o teu bico lle deu vento e empuxe.

Sobor da tona do silenzo, fuxe,incerto o rumbo, navegando tola.

A poucos quilómetros, seguindo cara a Rianxo, na bocarribeira do Ulla,pararemos agora en Leiro, onde tivo nacencia Martín Torrado Mariño, rector doColexio Fonseca e autor das famosas décimas ao apóstolo Santiago, escritas engalego no século XVII.

Santo da barba dourada,vello honrado, meu patrón;

raio, fillo de Trebón,capitán da roxa espada;señor da cruz colorada,

valente e forte guerreiro,a quen todo o mundo enteiro,

polo mar e pola terra,chama, na paz e na guerra,

Sant-Iago o cabaleiro.

Non sería raro tampouco batermos por estas terras cos poetas Xesús RabadeParedes e mais Helena Villar Janeiro, que botaron raíces no concello.

Antes de chegar á vila tamén cómpre facermos un alto na praia de Tanxil, ondese abre un fermoso paseo que se estende da punta Fiuncheira ao promontorio doTronco, un itinerario que propicia o silencio, a nostalxia e a meditación, unrecollemento que abre as portas da imaxinación e os estímulos do enxeño, como lledebeu de acontecer a un Rafael Dieste mozo cando viu varado un cachalote de case 17metros de longo que máis adiante convertería nun fermoso relato.

Page 4: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

Non sería doado saber quen foi o primeiro en avistala. Véxome correndo en grea conoutros rapaces, todos a berrar, camiño dos altos de Tanxil, e alí na mesma crista dobarranco velaí que estaban xa os carabineiros a dispara-las súas escopetas. (Dos arquivosdo Trasno)

Até non hai moito erguíase aquí a Virxe rianxeira do escultor de raza, ocambadés Asorey, que miraba a paz das augas mansas. Por problemas coaDemarcación de Costas, os Baltar retirárona e a Asociación A Moreniña promoveuunha iniciativa popular para colocar outra escultura da Virxe, desta volta feita de baldepolo escultor alemán Bert Gerresheim, emocionalmente vencellado con Rianxo.

Dende este punto non che será complicado cavilar nas palabras de Castelao queavisaban de que vendo as cousas dende aquí seguro que agromarían os artistas. E averdade é que o noso insigne autor non se equivocou nos seus agoiros porque, comodicía antes, ningún concello da Galiza atesoura unha nómina tan egrexia de escritores:Paio Gómez Chariño, Castelao, Manuel Antonio, os Dieste e outros que, aínda nonsendo tan coñecidos, sobrancearon as letras galegas como o citado Rey Romero, BreaSegade, ou Roxerius, un mestre rianxeiro, curmán de Manuel Antonio, que publicoupoemas e artigos en xornais como El Pueblo Gallego ou La Noche, e destacou taménno eido docente, modernizando o ensino no rural.

Tanxil... Quenxo... Setefogas...Campanario de Rianxoides quedando na popa

do meu pailebote branco.

Na chegada á vila de Rianxo, detémonos na praza de Castelao, case por baixoda ermida de Nosa Señora de Guadalupe, a virxe “Moreniña” e patroa das festas,titular dunha especie de segundo himno do país como é a canción da Rianxera, amaior embaixadora da vila. A capela ergueuse no XVII sobre outra máis antigachamada Nosa Señora da Cruz. Dende mediados do XIX acolle a imaxe da Virxe deGuadalupe realizada en 1773 polo escultor rianxeiro Frei Xosé de Santiago. Fundounadon Alonso Fernández de Bastón, un curioso personaxe rianxeiro que se gababa de sercapitán pola súa Maxestade e sarxento de toda a ría de Arousa. De mozo foraescudeiro do Señor de Xunqueiras, e o seu conflicto co xuíz Peñaranda, que mesmo olevou ao cárcere, fora no sonado na vila. Seica era unha persoa vaidosa que lle fixovarios fillos a unha muller coa que non casou por mor da comenencia de certos votoscontraídos. Para moitos era un simple tratante de viño, peixe e carne.

A primeira sensación que terás en Rianxo é a de estar diante dunha vila conhistoria. E como a Cunqueiro, chegarannos os versos de Manuel Antonio (Debaixo dosmeus pasos/xurde o ronsel da Vila natal) e apañaremos a impresión do escritormindoniense: “caminando de vagar por la villa, es como comenzar a rezar una oraciónextraña y dulce, la inquieta oración de la melancolía”. E así avanzamos por esta praza,que conta cunha arquitectura tan apegada ao reinado del Alfonso XIII, e á que mesmochegaba o mar; son moitos os vellos que aínda lembran fermosas casas mariñeiras apar dun regueiro que baixaba a un lavadoiro polos degraus actuais.

Da outra banda, por riba da praza, unha fermosa alameda de balaústres exercede miradoiro sobre o control da vila, e a casa do concello, ecléctica e urbana, taménvixiante, de cara ao mar, cos panos da fachada recebados e pintados de branco, e cosesquinais e os marcos das fiestras espidos de pedra.

Page 5: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

A praza bate en tres rúas nomeadas con esa vontade popular e aclaratoria derúa de Arriba, do Medio e de Abaixo. Lembramos aquí algún dos textos de Xosé R.Losada, outro escritor rianxeiro que non hai moito escribiu o libro de relatos O xene dachuvia, onde hai pezas, ao meu ver, antolóxicas.

En Rinlo, nas rúas de Abaixo e do Medio, axiña resolves o misterio: os coches nonteñen como na calle de Arriba, a Placiña, Os Loureiros, Rianxiño, a soberbia da excepción.Non son ruído nin velocidade; son flores na paisaxe, segundos e saúdos que sempre sonos seguintes.

Non collemos a primeira, unha calella delgada e humildosa, nin a segunda, coascasas da xente máis rica, senón que entramos pola terceira, a rúa de Abaixo, lugar deasentamento dos indianos e dos novos ricos, e nela experimentaremos a mesmaimpresión doce de percorrer outro tempo. Esta rúa é a máis antiga e aínda existenfotos nas que se pode ver un fermoso arco, semellante ao da Tasca Típica de Noia,chamado o Arco da Menora. Un forno de pan, un edificio dos anos corenta queentraña un escudo no portal, e por fin a casa paterna de Manuel Antonio no número24, agora convertida nun interesante museo con material do autor.

Debaixo dos meus pasosxurde a miña Vila natalEla cos brazos cheos de sonoteima salvarme dun naufraxio antigo.

Pouco novo podemos dicir deste poeta vangardista que se puxo por diante doseu tempo e se converteu no poeta do mar, unha paisaxe que está tocada por unhasorte de delirio onde reinciden figuras astrais, ronseis, escumas e unha terminoloxíaque afonda no cosmos, no espírito do poeta, nesa súa soidade en carne viva,ontolóxica. Un mar sen horizontes no que o poeta está á intemperie sen máiscompañeiros que a lúa e o sol, un mar, o de De catro a catro, onírico, deformado polaperspectiva duns versos vangardistas, un mar de paisaxes nocturnas, un mar non vistoaínda por ninguén, como dixo Otero Espasandín, un mar pechado en si mesmo, senterra, sen ribeiras, nin costas, perdido entre constelacións.

Loceiros degoladosdesangran-se de ouro n-o Mar

De par de nósa Lúa

fai ronseles infecundos.

A paisaxe deste mar oceánico consiste precisamente na ausencia de paisaxe, nunhorizonte aberto no que só os astros son quen de debuxar realidades.

O Sol era un paxaro tristeque se pousaba n-o penol.

Para o profesor Carvalho Calero este mar está visto cunha óptica desrealizadoraque o fantasmagoriza. É un mar preferentemente noiturno, sobre o que paira un ceo

Page 6: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

cintilante de estrelas. Mais estas mariñas intertrocan olas e nubes, mastros e astros,nunha anxélica confusión. Todo este mar espectral non deixa de ser un mar vivido,empírico, de monotonías, no que hai un tempo circular, rutineiro, cronometrado polalúa: Repetiremolos cansos corazóns cronometrando monotonías, un mar que nos deixaunha paisaxe de soidade inexpugnable, reclusa.

Fume de pipa SaudadeNoite Silenzo FríoE ficamos nós sóssin o Mar e sin o barconós.

No entanto, Xosé Luís Axeitos estima que Manuel Antonio non é un poeta domar senón que é dese mar espacial do que o poeta se vale para expresar a súaliberdade. Cecais é aquí onde aparece ese mar de aventuras que nos leva a aquelastrepidantes páxinas de Salgari, Stevenson, Conrad ou Cunqueiro:

Inventores de pseudo continentesque imos a descobriresculcamol-as roitasbalizadas de loceiros.

Sen saírmos desta rúa de Abaixo, uns pasos máis adiante, no número 42, está acasa na que viviu Castelao. Con certeza, aquí sentirás as fonduras dunha emoción quete fará permanecer en silencio un bo anaco de tempo, respectuoso diante da memoriadeste máximo estandarte do país que, entre outras moitas cousas, foi debuxante,humorista, narrador, ensaísta, político e, en menor medida, médico; unha persoaestimada e reverenciada en vida, que escribiu as grandes páxinas da Galiza e deixouunha obra plástica de importancia na que, cunha fina tenrura de denuncia, souborepresentar as condicións penosas do labrego e do mariñeiro. Virannos á cabezamoitas das obras que deixou, mesmo o excelente inventario de cruceiros e o seu credonacionalista no ensaio Sempre en Galiza.

No mar había un afogado e a vila mariñeira ensumírase no silenzo e na tristura.Amainara o vento, acougara o mar, trunfara o sol no Ceo. E a vila non acordaba nin

quencía, coma se aínda fose noite, coma si as xentes mariñeiras refusasen as regalías deDeus. A luz do día embazada polas angurias da traxedia.

No mar encalmado ían e viña os barcos en procura do corpo de Ramón. Na eirexa davila unha muller e un rapaciño choraban diante do Cristo miragreiro.

Nun lateral da casa quedan as cunchas de vieira, un invento galés contra ahumidade e, case a carón dela, no 46, está a de Rafael Dieste, outro insigne escritorcunha pegada renacentista e intelectual que modernizou o relato galego. Foi taméndestacado dramaturgo, ensaísta, crítico literario e de arte, xornalista, poeta e mesmoeditor, e estivo exiliado até volver a esta casa a primeiros dos anos sesenta. Eu xaestiven hai moitos anos dentro, acompañado por outro ilustre rianxeiro como é XoséLuís Axeitos, e cando subín polas escaleiras cara aos cuartos sentinme embargado

Page 7: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

pola emoción e unha atmosfera de misterio que tecía no seu silencio literario unhasaudade marítima, engordada na galería que se ergue sobre o peirao.

O balcón mariñeiro calábase a viseira cando o serán escomenzaba a alcender asestrelas, e poñíanse a abesullar e a escoitar. Unha vez puido ouvir os amores de dúasondas que viña unha de par da outra e que se deron o bico derradeiro na beiramar entre avida e a morte. Outra vez andivo a rentes de entender o que lle dicía un can á lúa. Unhadisas noites de moitas estrelas, cando o silenzo cai, de tan duro, nas baldosas do adrodende a torre da eirexa, o balcón mariñeiro viu alá no medio da badía un navío branco, demoitas velas que parescía deserto, pero ouvíanse músicas.

Por fronte desta casa vivían os Insua, Manolo e Xosé, dous mestresinstitucionais e medio irmáns de Castelao, que sufriron as tráxicas consecuencias doalzamento fascista.

Avanzamos cara á parte máis vella de Rianxo, no Cabo da Vila, advertidos dapresencia do pazo de Martelo, cos seus catro balcóns de ferro forxado e fiestras enarco da fachada posterior, e a fermosura da galería sur que mira ao mar. Pero o máisimpresionante é a súa fachada principal, por iso sentámonos nas bancadas do cruceirodesta praza medieval, hoxe timbrada co nome de Rafael Dieste, e reparamos nestaconstrución que, de primeiras, só tiña unha única torre e que algúns querían situarcomo o primeiro solar de Paio Gómez de Soutomaior, alcumado o Chariño, quintoalmirante de Castela e primeiro Señor de Rianxo, excelente trobador do mar,conquistador da Sevilla mourisca ao mando das naves galegas e Meiriño Maior daGaliza dende 1290, un personaxe que morreu nunha devesa de Ciudad Rodrigo,acoitelado por Ruy Pérez Tenorio mentres conversaba cos infantes don Juan e donPedro. Está soterrado en Pontevedra. Como trobador compuxo vinteoito cantigas,dezanove de amor, seis de amigo, e dúas de escarnio e unha que non cadra con ningúnxénero. Facía un uso perfecto do léxico marítimo e podemos lembrar a súa cantiga deamigo:

¡Ay, Santiago, padrón sabido,vós mh’adugades o meu amigo!

Sobre mar vén que frores d’amor ten,myrarey, madre, as torres de Geén.

¡Ay, Santiago, padrón provado,vós, mh’adugades o meu amado!

Sobre mar vén quen frores d’amor ten,myrarey, madre, as torres de Geén.

Hoxe está asentada a tese de que o primeiro solar do ilustre almirante foi afortaleza da Torre, no lugar do Pazo, onde desemboca o río Te e do que só haiconstancia no gravado que se publicou na Geografía General del Reino de Galicia, deCarreras e Candi que di que o castelo xa estaba arruinado en 1600 e que erapropiedade da orde do Temple.

En calquera caso, o pazo de Martelo pertenceu con posterioridade a un dosherdeiros do ilustre almirante, tamén poeta, Evaristo Martelo, que o arranxou e lle deuo actual nome. Este propietario, extraordinariamente activo, foi mariño, letrado,concelleiro no Consistorio da Coruña, membro da Real Academia da Lingua e, sobretodo, poeta.

Page 8: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

Pazo vello, entre loureirosmoitas espadas gardache,mais liras de bardos, non;desde aquel fidalgo dono

hasta mím, non escoitache¡en seis siglos! outro són.

Aquél cantóu nos teus murosdas guerras dos sarraceos

repousando soedá.¡Qué pudera hoxe cantarte,

ceiba de tiráns alleos,de Galicia a Libertá!...

As palabras do profesor Carvalho Calero resumen moi ben a súa personalidade:“Iste enxebre prócer concebía o galego, máis que como unha lingua de labrego, comounha fala de reises; máis que como un dialecto popular, como un idioma histórico. Así,era especialmente sensibre ás groserías de léisico que atopaba nalgúns escritores.Pero igualmente abominaba dos neoloxismos irresponsabres. Unha boa parte da súaobra poética está consagrada á sátira literaria”.

Nesta praza tamén está a casa do finado Manuel Dourado Deira, un escritor doAraño que tivo unha participación activa na vida cultural rianxeira a través dos seusartigos de opinión na prensa.

Na vila tamén naceu o ensaísta, crítico literario e poeta Antonio DomínguezRey. Ten varios libros publicados como O segredo do monte, de onde extraemos estepoema titulado Xerme da noite.

Hoxe, unha vulva roibalatexando entre cirrose febras ovelladasno couto oval da noite.Froita de pel abrenteverquendo zume negro.No fondo do oca brillaVermes de luz veada.

Á saída de Rianxo podemos parar nos restos do que debeu de ser a fortaleza doChariño, unha construcción con ponte elevadora, foxo, murallas e unha torrehomenaxe, antes de vir abaixo pola furia popular do exército irmandiño. Os restos depedra, labrados polo mar, seica foron investindo moitas construccións na vila.Fisicamente espoliado, o certo é que, coas obras do paseo marítimo, a historia daspedras fica espida de novo, e virían moi ben unhas escavacións para lles dar creto aesas lendas medievais nutridas pola fantasía popular; o mesmo Castelao sitúa nestelugar o seu relato Na cova dos carcamáns.

"Na "cova dos carcamáns" vive —según contan— unha dona encantada que vén apeitearse de mañán cedo nas pedras da beiramar, i eu gustaba de ir mata-lo temponaquela medoñenta soedade, agardando que calquera día aparecese diante dos meusollos a fremosura que tantos mariñeiros ollaran. I en axexo da dona encantada pasei díase días sentado no curuto da mesma pedra.

Page 9: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

Fun esquecéndome do encanto e afíxenme á soedade medoñenta e ó bruído dasondas do mar. Aínda levo nos ouvidos o son das ondas que escachaban nas pedras e aresposta que facían no fondo da "cova dos carcamáns".

Non deixa de ser un pouco misterioso que nunha vila tan pequena como Rianxosigan a xurdir voces, xeración tras xeración. Talvez hoxe unha das promesas rianxeirascon máis futuro sexa Gonzalo Hermo, un poeta que, pese a súa mocidade e a un únicolibro de poemas publicado, xa adquiriu certa relevancia dentro do panorama literario.E, aínda que abandonemos a vila de Rianxo, ben podiamos antes deternos en Asados,onde está a casa materna de Manuel Antonio e onde segue vivo, despois de 80 anos, ogrupo teatral Airiños, milagre no que ten moito que ver o poeta e historiador local,Xesús Santos Suárez. Agora, Esther F. Carrodeguas, poeta tamén, colleu o facho dadirección e a compañía está a vivir un intersante rexurdimiento. Alí, en Asados, taménnaceu o escritor e académico Xosé Luís Axeitos, un dos maiores estudosos do exiliogalego e dos autores rianxeiros. El sería, sen ningunha dúbida, o mellor cicerone paraun paseo literario como este.

Á altura de Taragoña, na propia estrada, aínda está a casa de Xosé María BreaSegade, morto prematuramente en 1934, cando apenas contaba con 28 anos e sefrustraba o futuro literario dun home que estaba na liña de Amado Carballo, unescritor que entendía a vangarda dende un tipo de galego culto. Fixera o serviciomilitar en Marrocos canda Rafael Dieste e ambos os dous fundaran a revistamanuscrita Charamuscas. Ao achatado castro Barbudo, monte que domina aparroquia, deixoulle escrita toda a épica dun poema fermoso.

Altivo e corpudo castro,nun tempo campo de loita,

en donde de Breogános netos molime cortan;onde cantan as lavercasi a perdiz tremando voa.

¡Canto me acordas, Barbudo!,¡ouh castro, canto me acordas

lonxe daquela terriñaque ten o alcume de “groria”!

En Taragoña tamén tiveron a súa nacencia Xosé Ramón Brea Rei e o poeta F. R.Lavandeira que, aínda que non ten moita obra publicada, si ten unha voz beninteresante.

e xuro que o medo turraba do meu peitoen carne vivae que che rezaba no inglés de Plymouthe na lingua morna de Rianxo.

Pola mesma estrada, xa no concello de Boiro, axiña chegamos a Cespón epodemos deternos diante da casa natal do escritor Ramón Fernández Mato, unxornalista de preguerra que se agachaba no pseudónimo de Cardenio e que, amais demédico, exerceu de político e ocupou grandes postos nos gobernos liberais. Cun

Page 10: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

legado de varios libros, todos eles escritos en español, só se lle sabe un poema galegocon referencias a Portugal:

Eu ergo a miña copa do Porto ou de Madeirapol-o grande Portugal cacheador do mar;

pol-a morna saudade que lembra ó suspirarnas harpas consagradas do máxico Teixeira.

O Miño, azul e maino, de ribeira a ribeira,vai cosendo có fío do novélo de luar,

como se Dios quixera brandamente axuntaros rachados anacos d’unha vella bandeira.

Page 11: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

BOIRO

Boiro ten dúas partes ben diferenciadas: a parte vella, cruzada polo CamiñoReal, berce da vila, e a parte de abaixo, unha vila xeometricamente urbana concobizas de pequena cidade. Unha primeira parada podemos facela no fermoso parqueda Cachada, un pulmón entre a vila e o mar, que acolle no ventre do seu arboredo aCasa de Cultura co nome do historiador e lingüista boirense, Ramón Martínez López,home de marcado acento galeguista, tenente de carabineiro no bando republicano edespois ilustre exiliado na Arxentina e nos Estados Unidos. A súa volta, xa nosesperanzados anos setenta, serviulle para desenvolver unha vida intelectualmenteactiva en padroados e fundacións que axiña o levaron a pronunciar o seu discurso deingreso na Real Academia Galega no ano 1976.

Andando até o Camiño Real —tamén adopta os nomes da Ferreiría, do Cruceiroou o máis estendido de Camiño Vello—, volvemos atrás nos séculos e nas páxinas dahistoria, e imaxinamos un renxer de carros no cruceiro do Corriño ou dos Bao. Diantedo fermoso cruceiro da Ferreiría, que intitula a rúa por dúas veces, érguese nadistancia, sobre altos emparrados de albariño e fundido no verde abrigo de vellospiñeiros, o formidable pazo de Fonteneixe, inserido nunha finca xigantesca, que tenun portalón de forxa e garda a memoria doutro escritor como foi Xohán del Río yOtero, un fervente defensor do galego no século XVII. Xulio Pardo de Neyradescubriunos en 2002 que este doutor nacera neste pazo e publicara un romance deoitenta versos no volume das Festas Minervais de 1697.

Habendo un pouco de sorte, mesmo poderiamos chamar e ver se os actuaisdonos nos deixan entrar na finca. Desa volta seguro que te asombrarías coamagnitude da herdade e a boa cantería do cordal do Barbanza que loce este pazo.Restaurouse hai algúns anos con certo gusto, e a súa escaleira fidalga, con peitorilmacizo de pedra, accede ao primeiro andar onde se exhiben, nun escudo enorme, oscuarteis da heráldica. Conta con pombal, dous hórreos, unha fonte e unha especie debosque que crea unha sorte de paisaxe inventada, un paraíso individual e emancipadoque mira ao mar, a pesar da erección urbana dos edificios que morden o horizonte.Dentro talvez puidésemos ler os versos dese Romance Galego no que Xohán del Río yOtero facía unha defensa da nosa lingua á altura da de Sarmiento.

Xa que nos puxo o certamena porfía ou o probremana nosa língua esquecida,nomáis que por ser galega,ledo agora hasta nomáisporque lle coupese a elano ceu daquel gran escudotan siquer o ter estrela,diréi o meu parecer,daréi a miña sentenza,porque me fai leteradoo que me fixo poeta...

Non moi lonxe está a rúa dedicada a Raimundo García Borobó, un boirense deadopción que tiña casa en Trebonzos e que foi unha figura ben importante doxornalismo galego.

Page 12: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

Outra das visitas literarias que podemos facer no concello está no pazo deGoiáns, hoxe un pouco abandonado, pero que todos os anos, durante as letrasgalegas, a Asociación Cultural Barbantia lle lava a cara para celebrar a Romaría dasLetras do Barbanza.

Nesta finca enorme érguese a historia a xeito de pedra, con esta antigafortaleza medieval de pesadas formas que pertenceu a unha das estirpes máissobranceiras do nobiliario costeiro galego. Destruída, ben seguro, co gallo dasrevoltas irmandiñas, reconstruíuse no XVII baixo a atenta ollada de Domingo deAndrade, o arquitecto da Torre Berenguela, egrexio do barroco galego. Hoxe estámedio escangallada pola deixadeza política e a falta de recursos económicos, peroaínda así é doado aprezar o seu celme medieval na limpeza de grosos muros nos quese abren unhas fiestras oxivais cunha varanda de balaústres gravados en granito e uncorpo extenso en ángulo recto a par da torre. O conxunto deste pazo de Goiáns, coasúa capela, ten ese esplendor inmorredoiro da pedra que acolle, feliz, o paso dosséculos. No patio, campa a herba alta e un incrible rexistro de árbores enormes quevan dende tuias, secuoias, palmeiras a outros menos exóticos como alciprestes ealgún piñeiro que rivaliza en altura coa torre.

Do pazo de Goiáns conta a lenda que a súa liñaxe naceu da unión dunha serea eun mariñeiro que foi quen de lle tirar as escamas e ter xeración dela. E aquí, a poetaMaría Mariño seica tiña unha tía que era cociñeira no pazo e que finalmente o herdouxunto co seu home, situación que lle valeu á poeta de Noia mergullarse en lecturaseuropeas que frecuentaban os andeis da biblioteca, xusto antes do alzamentofascista. Aproveitando eses datos biográficos, eu tamén caín no engado deficcionalizar a estadía de María Mariño e escribín unha noveliña titulada A voz do lago.

Sen saírmos do concello de Boiro tamén podemos achegarnos a Comoxo, aldeaque ten sona polos estragos ocasionados dunha peste, polo santeiro Xoán de Vilasó epola nacencia na casa do Pazo do xesuíta Celestino García Romero que, á súaimportante misión evanxélica, hai que sumar interesantes estudios de arqueoloxía,filoloxía, historia e o seu canto apaixonado á Galiza que o fixeron meritorio dunhacadeira na Real Academia Galega.

As rías de Galicia son mansas coma ovellas;os aires que alí chegan, soilo a bicalas van,

e pónse sentadiños â sombra das salgueiras,mirando o que elas solas alí facendo están.

Cantádeme a Galicia cantos sabedes d’ela,cantádeme a Galicia cantos sabés cantar,

os que leváis no peito amor âs cousas boas,os que unha voz do ceo oístedes falar.

Page 13: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

A POBRA DO CARAMIÑAL

Co lombo da serra sempre presente, dirixímonos agora a outra vila taméntocada pola fortuna creativa como é A Pobra do Caramiñal. Antes de chegarmos a ela,á beira da estrada, na ribeira da enseada da Mercé, mantéñense heroicamente asruínas barrocas e platerescas deste priorado tornado en casarío. Aquí Valle-Inclánpasou un tempo coas miras estériles de erguer unha experiencia agrícola queresolvese a súa crebadiza situación económica, e aquí tamén bañou a súa imaxinaciónpara escribir moitas das súas obras e situar varias escenas en Comedias Bárbaras eRomance de Lobos.

Mais a Viana do Prior que bautizou Valle-Inclán está un pouco máis adiante. Oautor das Sonatas, aínda que escribía en castelán, tamén nos deixou un pequenopoema no noso idioma:

Revelaron os galos o díaa ren do piorno nun craro lúar.Espallóu nas augas unha letaníae fío das tellas pasóu de vagaro gato da vella doña Estefaldía.

Rancia señoríaque se espiolla ao lare aparente ao díano balcón a fíar...

Unha vila cos ollos no sur, axeitada na fusión histórica dunha poboación fidalgae outra mariñeira, a mellor escolma da ría, nunha irmandade de serra e praias calmas,de construcións humildes e vivendas señoriais.

Chegados aquí cómpre percorrer o paseo marítimo roubado ao mar, os vizososxardíns de Valle-Inclán e o peirao coa branda abaladura das embarcacións deportivase dalgún enorme mercante que trae novas doutros tempos, cando a vela gozaba dasúa importancia e os cataláns tiñan que transportar a súa salgadura con fragatas,goletas ou bergantíns.

Aquí repararás como, cunha simple ollada dende o mar sobre a vila, se percibeesa dualidade que hai na súa raíz primixenia: o prestixio da pedra e de certa substanciabarroca e aristocrática na súa paisaxe a pesar da súa vocación fondamente mariñeira—na Pobra do Deán asentábase a prosapia aristocrática mentres que no Caramiñalabundaban os mariñeiros—.

Podemos achegarnos ao barrio do Caramiñal, onde ergue toda a arquitecturado renacemento plateresco unha das xoias locais: a torre Bermúdez do XVI, quepertenceu aos Mariñas de Xunqueiras, despois a un comerciante que atendía porGiance e, xa no XVIII, aos devanceiros de Valle-Inclán e señores do Caramiñal, osBermúdez. Hoxe, felizmente municipal, coma un legado ilustrado, acolle o Auditorio,a Casa de Cultura e o Museo do escritor.

Na Pobra tamén naceron outros escritores que desenvolveron a súa obra encastelán como Carlos Montegro ou Victoriano García Martí. Este último vivía no barriodos cataláns, un espazo que ten sido tratado en moitas obras non só do pasado senónactuais como é o caso da miña novela Laura no deserto ou a de Poñente de PereTobaruela.

Page 14: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

A chegada dos cataláns trouxo esas construccións altas para evitaren que aauga chegase aos almacéns que tiñan embaixo –algunhas, coa marea alta, eran illotesde pedra–, vivendas cunha única porta para todos os usos, cun patrón que vixiaba aentrada da familia e dos traballadores e exercía sobre o mar un control absoluto, perotamén desatou o conflito da pesca coa presenza de artes moi nocivas para o futuro dosector, como deixou escrito Víctor Freixanes nunha das súas obras máisemblemáticas.

Primeiro chegaron con barcos, xentes extranxeiras, artes enemigas que roubaban asardiña, arrasaban os bancos e volvían para os seus mares quentes do Leste, as cidadesdo Mediterráneo, satisfeitos e co bandullo cheo. Logo, paseniñamente, arteiramente,foron pousando aquí o aparello, os primeiros fomentadores e corresponsais, traidoresdentro das rías, xente esfameada e amiga de pendenciar que se puxo do lado deles porcatro codias de pan, polas migallas do botín da rapiña, miserables como eran, pola pingade augardente que traían e cegaba o entendemento. Axiña se decataron de que aquíninguén os pararía, pois xa daquela todos estabamos mortos, aguniando. En poucotempo fixéronse os donos das praias, chantaron as súas técnicas novas, as súasinstalacións e comercio, marcaron as leis que mellor lle interesaron, fixeron aliados,impuxeron os gobernos da beiramar... (O triángulo escrito na circunferencia).

E todo desembocou na chamada guerra da traíña, retratada por Méndez Ferrínde xeito maxistral.

Mourán, circio, o mesmo forasteiro -et, o burgués costeño, dende o seu corredor deferro forxado, modern styl, de Palmeira, Vilanova de Arousa -por dar datos-, espreitabaoutrora satisfeito a roza e destrucción da ría, mentres un fogo xordo quecía, un urro xordose erguía, coma o trebón, no corazón do mariñeiro, Narda. Tempos aquiles, nos que eupoño a culpa de todo, sen vivilos, mesmo sen os saber, aduviñando. Houbo, cecáis, quensabe, xuntanzas, discusións en casiñas de pedra, con patín, caleadas e un zócalo vermello,coma os barcos. De arredor de lareiras. Ou, cecáis, nunha praia abrigosa, antre a néboa,mentres cocía nun pote a caldeirada. Ou na tenda do Conxo da Illa, diante de cuncasespellantes de albariño de Sisán, tendo as dornas varadas nos areales, mil millóns detoneladas -lémbrame que che presente un día a Bernardino Graña- apouvigando consantre a Guardia e Fisterra. Ergueríanse voces, e puños, eiquí e acolá. E vouche ao conto,Narda: os meus abós paternos, arraizados dende sempre en Santa Uxía de Ribeira,participaron entregues na guerra da traíña: manifestacións, protestas, que tiveron ramode remate na Póboa do Caramiñal. Seica Concha de Souto estivera sublime, Narda. Soña,lembra o que non viches, vimos, separados estamos de aquelo por barreiras de morte,reixas de tempo. Concha, adoecida, pano caído e ao aire os brincos de ouro e a trenzarubia de lume; lume desprendendo os seus ollos azuis, minúsculos. A sombra da miseriacruzou sóbor das masas, coma un grande morcego. Coma transparente, a verdade doroubo á natal agra aberta do mar, revelouse a todos, nidia. Mallas fecheiras, tiros dedinamita, ambición, a ardora que se desvía máis e máis da costa. Mesmo os paxaros domar e máis os golfiños emigraban da grande poza de vida mesta, ollo que fora turbo deplancton, pasto, fartos ciclos orgánicos, estábel. Coma poutadas, pedras, alavancas,Concha de Souto alzaba os puños, afeitos á patela, ao formento, ao sacho, de grande nai,diadema dos clans marítimos, aboa xeneral, mandaba. As machadas relumbraron nomediodía, caíron, coma centellas vivas que non fosen, sóbor de tres traíñas varadas noareal. Desfixéronas, escacháronnas. Queimáronse as redes de cerco e un cheiro agrecobriu a Póboa, coma unha cúpula, mentres os traiñeiros fuxían, corridos a risadas ecantazos. (Antón e os iñocentes)

Nesta vila tamén se instalaron outros escritores de fóra como Carlos Mosteiro,pontevedrés coñecido no mundo da literatura infanto-xuvenil, onde acadou premios

Page 15: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

tan importantes como o Barco de Vapor, ou Manuel Teira, un pintor, escultor e poetapalmeirán que acompañaba en moitas conversas nocturnas ao amigo Anxo ReiBallesteros, un dos grandes escritores e ensaístas na nosa lingua. Por aquí taménpasaron a súa infancia os irmáns Rodríguez Baixeras e Xabier deixounos no seu libroEclipse un fermoso poema titulado Caramiñal:

… Lugares recónditos, avesíos na tarde, como aves que pairan e nos cruzan desombras, bágoas como “Maño”, “Deán” i “no has de tindre por”.

¿Sermos capaces de ver a esta vila da outra banda? Un día habermos de ir. Lévanos novapor, ya no tenemos miedo.

O vapor. A longa travesía. O refresco. O peirao escamoso, cheo de rillotes descalzos:eles ben poñen medo.

E, xa de volta, o nordés, filtrándose no sangue.

Antes de abandonarmos este concello, afastámonos un chisco do mar eachegámonos a un dos lugares máis visitados desta bisbarra. En poucos minutos, polopolígono da Tomada e virando no cruceiro da Virxe de Moldes, que tamén ten a súaromaría e mámoas prehistóricas, subimos polo lombo largacío deste sauriodescomunal que é a serra e, pouco a pouco, a ambos os dous lados, axiña imosalbiscando a gloria das alturas. E se é a primeira vez que sobes, con certeza a éxtaseadquirirá un punto de prodixio cando chegues ao miradoiro da Curotiña, coa paisaxe ache entrar polos ollos nunha caricia de vida. Aquí, nesta parcela para o lecer,perfectamente acondicionada, ficarás de pedra como ese Valle-Inclán que agora,inmortal, musga os ollos por tras dos quevedos para acadar toda a paisaxe da ría e afiligrana das súas costas. E imaxinarás o ilustre escritor inventando o mundo dendeeste mapamundi activo, coa súa figura lambida de bohemias, envolto nunha zamarrade alta copa, o chambergo, a gravata de seda encarnada e a barba abrancazada. Nestaaltura talvez argallou a xeografía da súa identidade literaria, esa Viana do Prior que,coma unha cuncha marabillosa, inza melancolías enfrontadas alá no fondo damemoria.

A Curotiña non acada os 400 metros sobre o nivel do mar, pero a súaproximidade da costa fainos apalpar a vertixe coma se estivésemos nun balcón moitomáis elevado.

Aínda baixo os efectos da conmoción, continuaremos a subida no cochedurante uns dous quilómetros, por entre o esquelete pedregullento dunha serra, fértilen toxos, breixos e xestas, e coa hexemonía cromática dun verde cinsento que pace ogado nun acougo mamífero. E chegamos ao aparcadoiro da Curota, a carón dun barsuicida que se debruza no cavorco cavado no granito polos ríos Pedras e Barbanza, e,a pé, realizamos a subida achanzada cara a este miradoiro que moitos estiman o máisimpresionante da Galiza. E o abraio será grandioso porque aquí a visión atinxe todaunha emoción atlántica e fai que a indumentaria tesa das xeografías dos libros se ispadiante deste mapa totalizador: terras de Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra, Palmeira,Ribeira, Corrubedo, A Illa, Catoira, Vilagarcía, Cambados, O Grove, Ons, Santa Tegra,a ría de Noia-Muros, Fisterra e, a fin de contas, o mundo todo nunha ollada.

Os amigos da Asociación Cultural Barbantia e mais os do Pen Clubeacompañamos hai uns anos a Álvaro Mutis até este punto e o escritor colombiano,sentado nas pedras, a cincocentos metros de altura, gozou do instante e a emoción dese sentir coma un paxaro sobre o mar de Arousa.

Page 16: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

RIBEIRA

A seguinte parada facémola en Palmeira, unha vila que pertence ao concello deRibeira e que, vista dende o peirao, ten feitíos de barco, coa igrexa coma un velame depedra, alá nun outeiro polo que se precipitan as casas cara ao mar; unha gran naveatlántica que deixa que a luz ispa a pedra cunha albura mariñeira e que leva no seumascarón de proa a penedía lendaria do Baluarte.

Aparcamos neste peirao, de enorme actividade no pasado, un dos primeiros daría en lles dar acubillo ás embarcacións que fornecían a ducia de almacéns desalgadura que, co seu tráfico intenso, fomentou a aparición fabril de serradoiros,cordoeiros, ferreiros, toneleiros e todos aqueles oficios emparentados coa pesca.

De aquí son naturais algúns creadores como Manuel Gago, Plácido Betanzos,Pemón Bouzas e moitos outros entre os que eu destacaría a Francisco Antonio VidalBlanco, narrador con moito oficio e unha obra xa importante, pero tamén destacadoetnógrafo que nos ten deixado follas ben interesantes como esta, que podemos ler envoz alta cando cheguemos ao cruceiro de Deán, e nos servirá para mellor entender acidade de Ribeira.

Diante deste cruceiro do século XVII, Ribeira pode proclamar que é unha cidade decara ó mar, unha ripa maris dos latinistas, un terreo abrazado á ría e mirando ó horizontedo ocaso, ó temido mar tenebroso que se abre tras a porta de Sálvora, e por onde a súaxente abocou os camiños do mundo, pero tamén por onde entraron sempre os vendavaise as furias inclementes dos bandidos de todos os tempos. Diante deste cruceiro podoimaxinarme ó seu oferente, Andrés Gómez, respirar agradecido ó poñer pé en terradespois dunha desenfreada carreira a toda avela para se arredar de inimaxinables perigos;e figúromo, coa súa casaca acoitelada e calzón bombacho, desexoso de proclamar tangrande ventura gracias ó aprendido dos seus ancestros para dominar o duro mundo domar; pero tamén, polo que puidese ser, agradecéndolle á Nosa Señora, protectora contrapiratas e bandidos, a súa mediación, que no mar, un nunca sabe onde está o risco nin quelle pode botar un cabo. Desde as máis remotas idades que é capaz de lembrar a historia, axente destas terras soubo que a adaptación ó medio non estaba exenta de sacrificio, edesa relación amor-odio, dese diario contacto coa vida e a morte, os ribeirenses, a travésdos séculos, foron aprendendo a preparar, modificar e construír a súa maneira de ser paraque a convivencia co temido ponto se fixese máis levadeira, sabedores de que afoutezanon é desmesura e que a valentía é saber medir o medo. Só así, Ribeira chegou ás cotasde progreso que a distinguen, sabendo que un lugar non se converte en cidade porque si,nunca só porque un decreto o diga, senón, e sobre todo, porque, a través da historia, foigañando esa condición a pulso.

Entrando en Ribeira fica á esquerda o mar e a praia de Coroso que o escritor localVentoso Mariño, cecais levado polo sentimento de nacenza, viu nun dos seus textoscomo o areal máis fermoso:

...de area branca e relucente, protexida pola Curota do norte e polas Eiroas do ventodo sur, só o nordeste fai molesta a súa estadía. No fronte a illa de Rúa e no costadoLaxareu e a illa dos Ratos. É un areal de sol, pan e vida. Nos Miñoteiros nace o polbo e,cando o sol, levanta ós farrapos de néboa, abruñedos en milleiros de gotas brancas sobredo río Grande, todo florece nun xardín de cor, o gris e perla do horizonte, corre a fiestrapechada de Rúa e espalla, dende o Camouco, o desafío que leva e traen sen sosego asmareas, abrentes xa dende a Carniceira e Xidoiros.

Page 17: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

Neste concello tamén hai unha boa nómina de creadores que, aínda que nonson da altura dos rianxeiros, si cómpre ter en conta como, por exemplo, o xornalistaManuel Lustres Rivas, que naceu en Ribeira en 1888 e estudou medicina enCompostela con Castelao, con quen se amigou e compartiu achegas en Vida Gallega.Figura clave do xornalismo galego, escribiu, entre outros, nos xornais El Miño, Galicia,Faro de Vigo, La Zarpa ou El Heraldo Gallego, do que foi director. O seu compromisoco galeguismo e co nacionalismo durante os estertores da ditadura de Primo de Riverae a Segunda República, sinalárono e foi detido en Vigo polos sublevados que oexecutaron en Redondela, na devesa da Concheira, un día de novembro de 1936.

Escritores ribeirenses temos a Xosé Ramón Barreiro Fernández, destacadoautor na historiografía galega, expresidente da Real Academia Galega e estudoso depersoeiros importantes como Murguía, Rosalía ou Otero Pedrayo, entre moitosoutros; Quico Cadaval, director teatral, actor e dramaturgo; o presidente da Mesapola Normalización Lingüística, Carlos Callón, autor de interesantes obras desociolingüistica e estudos literarios e, sobre todo, militante activo e embaixadorinfatigable da nosa lingua; Fidel Vidal Pérez, un psiquiatra que naceu no barrio doCastelo e que destaca coma un artista múltiple: pintor, ensaísta e poeta.

E, coa intención de lle dar maior entidade, boto man das palabras, dos nomes. Todocanto ía desde a praia de Fariña —pola finura da súa area—, até o anaco das Carolinas,borrouse. Non fica máis cá lembranza, e un resto do Caramecheiro a seguir polo extensoareal de Coroso. Na praia da Fariña, lugar de encontro, aniñaban dornas polbeiras, onde—branco sobre negro— se lle puñan os nomes —de muller— e os folios. A praia, salvada amuralla de Pérez Sánchez, deitábase ao pé de Padín baixo as “ramplas” de don Andrés ede Camacho, a continuar na do Alemán, o e cacho de Sieira antes das Carolinas. Recordoa estampa maxestosa do señor Francisco, o pandeiro, de pé na popa da dorna, á caza deinvisíbeis sollas, que só el era quen de sacalas rebulindo no garfo da francada. (A voz deBarbantia. O fío de Ariadna)

En Ribeira tamén están instalados a escritora Uxía Casal e o poeta e tradutorManuel Cartea. Pero non podemos deixar esta cidade sen esquecermos o poeta,narrador e editor Antonio Piñeiro, que nos regalou unha alfaia como As Fiandeiras,novela recoñecida co Premio Manuel García Barros de novela. Súa é a editora Bourelque manufactura fermosos libros artesáns nos que teñen cabida as obras doutrospoetas tamén ribeirenses como é o caso de Xabier López Marqués; do seu libro, A lúanun ichó, extraemos aquí parte dun poema.

Himno (Ría de Arousa)

¿Por que esta invocación ao canto?¿Por que esta tentación de himno,Este reborde, esta luz acugulada?

Non é terra de coveira para que se agochen os anxosDos deuses vingadores que os perseguen,Nin baobabs singulares preñados de pólas e de ar de aramePara se pousaren os voitres cangados da carne choca das súas campañas...

Sen abandonarmos o concello nin a liña da costa podemos ir cara a Aguiño,unha localidade formada co alzamento da pesca da sardiña ao cerco, cunha

Page 18: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

importante flota e a branca sensación mediterránea de que se está diante dunhapoboación con vontade mariñeira, coas súas vivendas unifamiliares ollando o seu marfértil e lendario.

A súa desertización en varias épocas levou a pensar que esta terra estiverapoboada deica ser desolada por un maremoto; outros estiman que as terraspertencían a unha familia que as tiña aforadas ou ben como lugar de cacería —couso—coma un coto privado para a aristocracia barbancesa. Tamén se asociaba ao tremor deterra de Lisboa de 1755, desbotado pola viaxe que por esas datas fixo o padreSarmiento.

De aquí é natural o académico Andrés Torres Queiruga, talvez o noso máisimportante teólogo, cunha obra ensaística de referencia no só no país senón tamén noestranxeiro. E sen deixarmos os vínculos coa Igrexa, convén lembrar que aquí taménestivo un cura moi querido como Francisco Lorenzo Mariño, natural do Son e membrodo grupo de cregos nacionalistas. Deixou algúns textos en galego e hoxe hai unhaasociación, capitaneada polo poeta local Unai González, que se encarga de o lembrartodos os anos nunhas xornadas culturais.

O perfil que, sobre o mar, ofrecen os miradoiros da serra sempre lles deixoufacer aos escritores unha radiografía do mar. Cecais por isto illas como a de Rúa ou a deSálvora, ou cons como o Ñoro ocuparon algunha que outra páxina e mesmo tornaronen fantásticas lendas como a de que o par de Francia chamado Roldan, logo da derrotade Roncesvalles, tivo asilo na illa de Sálvora, onde namorou dunha serea coa que tivo aPadín, cabeza da raza dos Mariño, ese símbolo de Ribeira que permanece na heráldicado concello, con catro ondas azuis sobre un campo de prata.

Unha das máis celebradas na literatura ten sido, pois, esta illa de Sálvora, quenun tempo remoto seica debeu de constituír un mesmo brazo de terra con Aguiño.

Sálvora está no Beiramar de Cotarelo Valledor, e Faustino Rey Romero taménpublica un poema dedicado a Sálvora onde imaxina unha illa habitada por fermosassereas. Eu mesmo tamén publiquei un relato longo que recolle dun xeito fantástico osfeitos acontecidos no terrible naufraxio do vapor correo Santa Isabel en 1921.

Mais foi Ramón Cabanillas o que lle cantou á illa coa máis grande altura literariana saga artúrica de Na noite estrelecida:

Amada dos vellos dioses,mortos e esquecidos xa,

que Sálvora lle chamaronafeitos nela a topar

repouso doce e tranquíode celestiais afáns,

inda está tendida a escadaque baixa do ceo ó chan,

envolveita e recubertade bretemoso cendal

feito de rendas garnidaspor diviños teceláns.

O cambadés teima nun pasado histórico alicerzado na mitoloxía e non dubida ensituar nesta illa o soterramento do rei Artur e mais a máxica espada Escalibor:

Na boca da ría, a illa de Sálvora, niño da pomba mística do Sant Grial, vela o sono dorei Artur que repousa no sartego aberto pol-o ferro de Celt, agardando o retorno da nau

Page 19: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

remolcada pol-os cisnes coroados de Cornualles, namentres o farallón de Noro axexa oatraque dos esquifes de coiro dos abós céltigos e os vagorosos heróis ossiánicos en voltade terras da Armórica. (Antífona da Cantiga).

De Aguiño podemos ir por Vixán cara á Casa da Costa, onde está o Centro deRecepción de Visitantes do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal eVixán. Dende un dous outeiros que hai alí temos unha fermosa visión dun dos lugaresmáis visitados da Galiza. Se dispomos de todo o día e non é inverno, estaría benfacermos eses tres roteiros tan poéticos que se trazan nas autoguías: Os camiños doMar, do Vento e da Auga. Mais, como hoxe seguro que non haberá vagar,conformámonos con esta ollada totalizadora sobre a fermosa praia do Vilar, ou sobrea vexetada lagoa de Vixán, de auga doce, alimentada polas achegas do río dosMuíños, unha opulencia biolóxica que entraña, entre canaveiras, boedos e xunqueiras,un insólito rexistro de parrulos, carrizas, alavancos, cercetas, e moitas máis aves.Neste lugar desenvólvese unha parte importante da miña novela A esfinxe deAmaranto. Á dereita, o Camiño do Mar, cun itinerario que baixa pola Gandarela cara álagoa de Carregal, nutrida polo ríos da Cidade, Sirves, Longo e Artes ou Sanchanás.Tamén albiscamos as Pedras da Lagoa, coa pegada lendaria do cabalo do SantiagoApóstolo, e as Pedras da Ferreira, por fronte da bocana do río do Mar, nas que,segundo Valle-Inclán, agromaban táboas náufragas, prata fina, xoias, afogadoscomestos polos peixes e mesmo un rei coa súa coroa de ouro e pedrería. Cada vez quesubas aquí terás a impresión mítica de estar nun paraíso inexplorado, coa lagoa deCarregal e a súa lenda de cidade asolagada, condenada á morte por Carlomagno,como castigo herético por adoraren os seus habitantes á Nécora, ao Lubrigante e aCentola. A literatura e as lendas engádenlle á fermosura deste lugar un prestixio demisterio, e cómpre lembrar a popularidade desa fábula do boi bruón, que aspira aexplicar a orixe desta cidade asolagada, un animal xigantesco enterrado por castigodos deuses que ás veces anima os misterios da lagoa e deixa escoitar o seu muxidovingador provocando burbullas nas augas.

Pero o que máis chama a atención desta ollada son as dunas de Corrubedo que,sobre os campos de Olveira, fai aboiar o seu lombo dourado con máis dun quilómetrode lonxitude e quince metros de altura. Para chegar a elas trazouse unha pasaxe demadeira que salva a flora desta chaira, ateigada de carrascos e mesmo orquídeas.

A duna móbil atesoura tamén a lenda da cidade asolagada na versión daprincesa que profanou ese pozo que tiña a auga da inmortalidade. Disque elaprobouna e caeu nun feitizo que durou moito tempo até que unha onda titánica levoua cidade e dispuxo a lagoa no lugar do pozo milagreiro. A moza, penada cunha vidaeterna alá no fondo da lagoa, non deixa de se laiar con lamentos tan grandes como osdo boi bruador, e se te deixas levar pola imaxinación, seguro que, como tamén meaconteceu a min, escoitarás esa queixas moribundas que asolaban este desertoinventado pola natureza.

Nos meus pasos hai un punto de ingravidez que fai que sinta o meu corpo coma unglobo, e decontado reparo no fulgor suntuoso e virxinal deste deserto que mudou. Ovento moveu a area e inventou unha nova paisaxe. Nunha pequena duna vexetada depiñeiros bravos pousa unha bandada de aves e de alí parece vir a sacuda sísmica dunbrado, se cadra o aturuxo adoecido dese boi bruón penando o desamor no fondo desalagoa que acolle nos seus meandros a lenda da cidade asolagada e as rabexadas dispersase agónicas do río do Mar. Fronte á bocana, as Pedras da Ferreira érguense coma unha

Page 20: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

proa á que chegan, verdes e largas, as ondas. A marea parece alta, viva, fóra dos seuslímites. (Laura no deserto).

As dunas son un fenómeno de carrexo e sedimentación da area e ofrecen unhavisión imposible para esta paisaxe atlántica onde habitan dende garzas até falcóns e,en tempos pasados, mesmo as grandes tartarugas que o padre Sarmiento atopara nasúa viaxe.

No noso percorrido literario, a seguinte proposta será un paseo pola vila deCorrubedo, unha poboación de bos navegantes, cun importante peirao que ten esesaibo entrañable do antigo, bañado por un mar que alterna xornadas mansas conoutras de bravío, que son as que ceban a sona dos seus percebes e lles dan vixenciaaos versos de Fermín Bouza Brey: “...e cando o mar de Corrubedo ronca, choran as naisdos mozos mariñeiros, cheos de medo, escóndense os rapaces e rezan os vellos”, unpeirao inseguro, con ventos e correntes desfavorables para as manobras dos barcos,coñecido polos mariñeiros como Cabo Verde ou Anteiro de Armada.

A poucos minutos está un lugar tamén visitado polos escritores como é o faro deCorrubedo, unha paisaxe de impoñente dinamismo. Esta particular fisterra dapenínsula do Barbanza, onde o Atlántico se expresa de novo libre e indómito, foicantada por Fermín Bouza Brey: O faro de Corrubedo, co seu ollar largasío, ¡ay amor!Púxome medo. E o escritor Anxo Rei Ballesteros deixounos unha fermosa ollada poéticadeste lugar.

A Corrubedo nunca se dá acabado de chegar. Corrubedo é un inmenso naufraxioonde a realidade, o espacio e o tempo que soemos considerar reais, non teñen nada quepintar. El non é –non se limita a ser- un punto máis na extensión xeográfica de Galicia. El éo áspero rumor do dobre erre do seu nome e o bramido animal do mar baixo o soprourxente da surada.

Corrubedo engana; resulta ser piadosamente mentireiro. Finxe estar alí onde osmapas o sitúan: no extremo suroccidental da península do Barbanza; no límite, perigosopara a navegación, (sobre todo para as pequenas dornas) entre a ría de Arousa e a deMuros. E el, que é vertixinosa, inalcanzable lonxedade, distancia infinda, disfrázase deproximidade ante o turista; ante as veleidades viaxeiras do automobilista apresurado.Pero, coidado. Esa, (ese achegamento fácil) non é senón a máscara amable e inofensivatras da cal os deuses gustan de ocultar, ante os ollos dos profanos, o resplandor terrrible –a paralizante beleza- dos seus rostros... (Mar orxiástico. La voz de Galicia).

Nesta punta de Corrubedo séntese o Atlántico sen fin, e o mar, de novo, libre, abater nos temporais con poderosas ondas que se estrelan en brancas escumas contraa costa.

Ás veces, no mar de Corrubedo, nas noites de inverno, síntense as voces errantes dosantigos poboadores destas paisaxes vencidas, e na lagoa da Xuno, á beira do oceano,bulen as luces dos que veñen visitar os eidos abandonados, un bater de campás, urrosdoentes... (O triángulo escrito na circunferencia. Víctor F.Freixanes).

Tamén Álvaro Cunqueiro reparou na forza deste mar en “El pasajero en Galicia”:Pero en la tarde sólo se oía el mar, y por más señas, el mar de Corrubedo, todo el mar queel ojo lento de Corrubedo golpea, en la noche, con su látigo de luz. ¿Quién le encendió,por vez primera, lámparas al mar?

Deixamos este cabo e, antes de abandonar o concello e entrar en terras do Son,a poesía lévanos ao monumento máis importante de Ribeira: o dolmen de Axeitos ou

Page 21: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

Pedra do Mouro. Esta Capela Sixtina ou Partenón da arte neolítica galega, en palabrasde Carlos García Bayón, está na parroquia de Oleiros, no lugar de Bretal, rodeado depiñeiros e dese misterio sacro que o culto dispensa aos mitos e á pedra. Unha vez alí,diante da estrutura de sete pedras sostendo a grande laxe da cuberta, cun corredorque facilita a entrada á cámara, sentiremos un arrepío histórico no corpo todo.Apalparemos as pedras e profetizaremos na laxe superior un afán ingrávido, comaunha especie de levitación na que as almas destes galegos primitivos viaxaban ao máisalá das súas crenzas prehistóricas. Resulta curioso o ritual funerario destes túmulosmegalíticos aos que ían parar os enxovais dos mortos, o que viña significar unhaestima ou un respecto mitolóxico polos defuntos. Se cadra, levados da idea de quehabería outro mundo parello ao da terra, os vivos soterraban canda o morto todas aspertenzas móbiles deste, e volvían ao traballo para se forneceren de novos obxectosque amortecesen esa perda humana e, asemade, material.

Na lousa superior seica Valle-Inclán latricaba cos seus devanceiros celtas e estesería un bo momento para lermos os versos do poeta de vangarda Otero Espasandín,que estivo destinado en Ribeira como mestre nos anos vinte:

¿Estás aínda en pé,/entre xestas e urces,/Dolmen de Oleiros?Hai moitos anos, Dolmen,/que non te vexo,/que non ouzo o teu canto,/vivo como un segredo.Hai moitos anos, Domen,/que o teu baile encantado/non pula no meu peito.¿Qué musica hai cifrada/—vello ensalmo ou anceio—/na grave arquiteitura/dos teus membros?Non é o son das olas/roucas de Corrubedo/teu veciño, nin é o vago son/do vento mariñeiro.Hai compases moi finos/e moi craros misterios/nese feixe de pedras/-¡tan sinxelas!- levantadasao ceo.Tí, vello amigo, cantas/e bailas, libre, ledo,/a groria sempre resucitada/dos luceiros.Númaros pitagóricos/pespuntean na punta dos teus dedos/compases de muiñeiras/que soio tirecordas doutros tempos.Vello Dolmen, ¿estás/aínda en pé alá no ermo,/entre xestas e urces/cantando os teus segredos?

Page 22: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

PORTO DO SON

Seguimos ao redor da Serra, sempre apegados ao mar e ás letras que, destavolta, nos levan a Santa María de Xuño, nome con reminiscencias pagás. Aquí vivía oxornalista Carlos García Bayón que, aínda que era natural de Caldas de Reis, asentousecomo mestre no Barbanza durante a guerra civil e aquí permaneceu colaborando endiversos xornais e sendo o cronista oficial da cidade de Ribeira. Cun estilo moi persoal,arrimado por veces ao barroco, participou en diversos xornais, fundamentalmente encastelán, pero tamén ten escritos galegos que foron editados en Cartas desde a Costada Morte.

A miña aldea, Xuño, desparrámase pola vertente occidental da Barbanza, pola ourelabárbara da Costa da Morte. No seu centro, entre brañas e vas, navega o río Sieira. Nasnoites de marusía, cando ó lonxe zoa a sirea de Fisterra, bate contra a xeografía e ahistoria o sonado vento do oeste que canto Shelley: “Oh, salvaxe vento do oeste, alentodo ser do outono...!” pero aquí venta sen literatura, espido, témero, decapitando asponlas e os cataventos.

De Xuño tamén é Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, escritor e investigador,máximo coñecedor dos escritores do Barbanza. Ten publicado volumes que non sórecollen o amplo catálogo dos autores nados nesta bisbarra, senón tamén aquelesoutros que sendo de fóra recolleron nas súas obras algúns aspectos deste territorio.Talvez debería ser el, e non eu, o máis indicado cicerone para facer este percorrido.

O poeta de Xuño máis coñecido é Ramón Sampedro. E esa sona non vénexclusivamente dos méritos literarios, senón tamén do tema da eutanasia e do feitode que a súa vida foi levada á gran pantalla por Alejandro Amenábar, cunhaintepretación maxistral de Javier Bardem. A súa memoria lévanos cara á fermosa praiadas Furnas, onde o mar asoma todo o seu nervio para labrar os altos cantís que abaixamar ispe tal que estatuas ou efixies solitarias na area. Camiñamos por esesfarallóns monumentais, coñecidos co nome de Pedras Negras, un triste agoiro para oque lle acontecería a Ramón Sampedro aquela tarde moza na que, como tantasoutras, se guindaba ao mar dende este trampolín natural e apañaba a desgraza de nonse valer. A partir de entón, tetrapléxico, naceu nel un desexo vivo de morrer. Foi unhome de forte personalidade que deixou un rastro no mundo e moveu os alicerces demoitas conciencias erixíndose en afervoado estandarte da eutanasia.

Un granito redondo finca nestas pedras unha inscrición dedicada a estemariñeiro en terra, poeta veciño e amigo, defensor da vida e da morte dignas que, naaltura do seu desespero, deixou escrita a agonía duns versos demandantes.

¡Unha rosa, por favor!¿Para que, ou para quen?

Para seducir a morte,esa encantadora damaque se leva toda a dor.

Non moi lonxe de aquí agárdanos outra das grandes xoias do Barbanza quetantas imaxinacións ten aberto: o castro de Baroña. Para iso hai que baixar por uncamiño que vai ao castro. É unha calzada xeitosa, en moitos treitos con grandes laxes

Page 23: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

cicatrizadas polas rodeiras duns carros que, non hai moito tempo, debían de tripar apedra cargados de argazo.

Ao saírmos dos piñeiros, o abraio tomará conta de nós porque o brazo castrexopréndese de luces e ponnos no corpo un arrepío milenario. Dende este punto alto, ocastro íspese diante do noso asombro e miraremos de facer unha miúda composicióndo lugar. Aí, varrido das bategadas do mar que traballan, sobre todo, os cantís dooeste, está ese recinto ateigado de edificacións circulares que estimulan a nosaimaxinación e nos fai restaurar por un momento a vida na tribo dos que habitaron esteenclave estratéxico, que ocupa toda unha península, os Presamarcos ou os “Celticicognomine Praesamarci” que escribiría Plinio e máis adiante confirmaría PomponioMela e Estrabón, un nome que evolucionou a Pistomarchos e Postmarcos, topónimoco que se coñeceron durante moitísimos anos os habitantes desta vertente atlánticaentre o Ulla e o Tambre e que deixou a pegada actual na parroquia pobrense.

Malia que o Padre Sarmiento xa o citaba no ano 1754, este castro,curiosamente, non se descubriu ata o ano 1933, cando un carabineiro deu coas pedras.Sería o baroñés Francisco Calo Lourido, xunta Teresa Soeiro, os que continuasen costraballos de consolidación deste castro, defendido case que na súa totalidade polomar, agás o istmo que o xungue á terra onde abundan os muros defensivos e unprimeiro foxo transversal de case 60 metros de lonxitude.

Accedemos a este castro por un camiño que o leva a unha porta protexida porun enredado sistema defensivo no que se combinan unha primeira muralla duns 35metros de longo e 6 metros de largo e outra muralla, a 50 metros da anterior, quepecha un recinto que algúns coidan que estivo habitado até a época dos suevos e queben podería ser o Vicus Spacorum da calzada romana Per Loca Marítima queatravesaba a serra do Barbanza.

Entramos na primeira plataforma por uns banzos de pedra e, nos machónsenfrontados, acariñamos a sospeita dunha porta. Buscamos as lareiras das que falaCalo Lourido, que podían pertencer á forxa dun ferreiro, e damos en ver as primeirasedificacións, algunha oblonga, nas que adormece un rastro de vida. E, nun raptovisionario, volvemos fedellar na imaxinación para tirar os rostros guedelludos doshabitantes que viviron nestas terras hai dous milenios.

Alá na ribeira, alí onde a terra bate contra a gran chaira dos peixes, lonxe da fortalezade Baroña, que é o castro ao que pertencía, andaba un home cos seus dous fillos, que eranxemelgos. Buscaban polas pedras molladas que petan no mar. Cuns ósos de xabaril benaguzados arrincaban dos cons, entre cebas e sargazos, bichos de cuncha e gardábanosnunha bolsa de coiro cru que levaban atada á cintura. (Morgún. Suso de Toro)

Cavilamos nas conversas mínimas, con palabras que din máis que frasesenteiras, nas estrañas formas do gando, nos bacoriños milenarios, nas ovellas laúdas,nas cabras inspiradoras, na cornamenta das vacas, na posible alzada dos cabalos, namínima explotación da terra con plantacións de cereais, nos veciños encargados defabricar muíños de man, machados de bronce, cerámica, pedras de marisqueo; ou naactitude guerreira dos xefes, ataviados de xoias e dados á arte rupestre dos cérvidos,cabrinos ou équidos.

Emocionados, entramos na segunda plataforma pola escaleira máisimpresionante de toda a cultura castrexa, e, tras subir estes banzos urbanos,

Page 24: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

lembramos as instrucións de Calo Lourido e atopamos, en efecto, as posibles casas e oque serían os corpos de garda.

Cruzar este poboado depara unha suxestión, mesmo física, de borrar o tempo, epolo carreiro leste, a carón dunha furna tapiada con cemento para que o mar non sigaa arrasar o poboado, subimos á zona norte e coroamos o cumio máis alto. Conformeao roteiro do escritor baroñés, comprobamos pedras aliñadas duns muros, que benpuideron ter a función de socalcos para sosteren a caída das terras ou ben seren osrestos doutras construcións habitadas, e, ao final, á man dereita, batemos na cadeiramilenaria, chamada Sela do Rei, dende a que, coma un vixía castrexo, enxergamos aliña do horizonte e Fisterra.

Mais onde alcanzamos o noso maior arroubo é nun dos penedos do leste queabrangue toda a vida do castro. Aquí o máis indicado sería ter presente a voz de XesúsRábade Paredes, no poema titulado Baroña, pertencente ao seu libro Os dedos dosloureiros.

Fronte ó mar de Baroña,metáfora tal vez estremecidado silencio que somos,

alzo inerme o meu canto,cifra deste naufraxio interminableconfundido con outros tantos cantos,con outras tantas voces,

e outros ecos;soterrado balbordo da existencia pretéritacando nos era doado habitar bosques,deixarnos salferir polo salitrede galgantes océanos,cando aínda tiñamos a memoriados nosos nomes,do leite milenario que mamamos,da voz secreta que gardaba o aire.E compartillabamosBaixo o ceo,

á intemperie,casa e sol, aire e chuvia,entre as feras e os páxaros.

Desde alí chamas ti,río oculto de sangue que me peta no peitofronte ó mar de Baroña.Desa raíz me véna estraña pulsación na que te sinto,na que silentemente me percorrescomo un alento espeso que me anega.

Polo esquelete deste vello castroanda axexante unha pantasma antigaque me falta de ti.Convídame ó suicidio con acenos de ventos,de océano e de pedra.

Aquí, alleos aos fríos embates do vento e á opinión científica dos historiadoresmáis rigorosos que non aseguran que fosen celtas os poboadores destes castros,

Page 25: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

deixámonos levar pola nosa alma fabuladora e observamos uns homes louros,taludos, abrancazados, musculados, combativos, bebedores de sangue quente comoalimento fortalecedor, homes que, cridos da súa inmortalidade, desprezan a vida epelexan nunha pequena praza, sacrificando ovellas e, de cando en vez, algúnprisioneiro.

Anteros e Rufo chegaron a Baroña envoltos en suor e axiña buscaron o vello Praes.Traían os rostros alarmados de terror porque viñan de presenciar como os homes deCapor degolaban os habitantes de Neixón e esfolaban o seu xefe Agaton. Eran moitos etiñan as naves ancoradas na cala das Postas. Un tremor colectivo percorreu o poboado eimpúxose no aire un fragor de armas. O primeiro que dispuxo Praes foi avisar aoshabitantes de Porto Nadelas e Illa do Mar para que abandonasen os seus poboados eviñesen axiña a Baroña e, así, facérense fortes diante das hostes inimigas do vello Capor,un ser tan temido que o simple feito de pronunciar o seu nome ocasionaba arrepíos aténos corpos máis varudos. En Baroña, a media tarde, xa estaban organizados. Viñeran osveciños de Nadelas e Illa do Mar cargados coas pertenzas e os animais, e instalárase unhavixía permanente de varios homes que abesullaban a posible chegada dos invasores. (Ocantil dos mortos. Cartafol do Barbanza).

Mesmo nos chegará o cheiro bravío das ovellas esfoladas, negras como a noite,das que tiraban la e tecidos, e tamén abaixo, entre as rochas mordidas do mar,observaremos como algúns destes homes pescan con redes e instrumentos, caseactuais, mentres as mulleres salgan o pescado para trocaren por viño ou o zythosembriagador doutros pobos. Nesta viaxe ficticia, comprobamos como estes homesmonógamos se lavan cos mexos estancados nas cisternas e reparamos nesa mullerque vén de parir hai un día e que está a mirar polo seu home con especial celo,deitadiño nas pallas, coma se fose el quen parise. Fóra do castro, no alto daencrucillada que está no remate do camiño, envolto en las, teñen exposto a un doenteá espera de que algún viaxeiro lle dea remedio para a súa enfermidade.

Cando abandonamos o castro deixamos atrás algo misterioso, a lembranzaesvaecida dunha emoción primitiva, e desandamos os séculos cara ao próximo destinoque é a vila de Porto do Son.

Axiña chegaramos a Arnela, que abre no morro do Preguntoiro a súa fermosapraia que mira ao oeste, se cadra atravesada noutros tempos pola calzada romana, eaínda hoxe exhibe nun dos extremos os restos nostálxicos da salgadura dos Roig, cunpeirao cativo e funcional. Non moi lonxe, por tras da cabeira do Balcón de Pilatos, apraia de Fonforrón e o perfil marítimo de Porto do Son, unha vila fermosa que, malia amedra de construccións estrañas, garda a súa querenza mariñeira, nunha terragranítica e aceda, desprotexida dos ventos, tan pouco favorecedora para o agro que,nin os fosfatos nin o cal nin as grandes doses de estrume, remedian as deficientescolleitas de millo e pataca.

Non estaría de máis facermos unha parada para ver a solporecida na ermida daAtalaia e repetir alí a experiencia que Álvaro Cunqueiro deixou escrita nun dos seusartigos recollidos en El pasajero en Galicia.

Yo iba invitado a ver el mar desde la ermita de la Atalaya, un mar mayor y heroico, ypor una cierta calidad de fuerza y obstinación, un mar antiguo, y claro es, no iba aimpedírmelo la lluvia. La ría de Noya y la abierta soledad atlántica, ahora de un gris perlao frío metal, ahora de un tembloroso verde, llegaban hasta mis ojos como una enormemasa de vaga luz.

Page 26: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

Desta vila é natural Francisco Calo Lourido, historiador e escritor, especialistano mundo antropolóxico e etnográfico do mar, alentador do castro de Baroña e autordo libro de relatos Salseiros onde demostra o seu coñecemento da lingua do mar.

Revirouse cara a terra, engruñou os ollos e procurou novamente as marcas. a luzadaprecursora da saída do sol e un bichiño de fumazo enriba do fondo da ría e do Iroite nonimpedían verificar que efectivamente a Mama estaba na Forcadiña e San Lois afiado poraguión de Monte Louro; non había dúbida de que se atopaba xusto enriba do costado deaguión de Ai de Novo do Norte. mesmo cando chegara, sen aínda abri-lo día, botou osebeiro para se asegurar, e o fondo era, como tiña que ser, de cascabullo. Estaba tan certode que, co día de rosas que prometía a alborada, ía zafar alí a mañá, que, sen tan sequeratentar, preparou a xogada do congro, iscoulle en cada gancho unha das sardiñas máisgrandes, encheu a bulsa do inguado e deixouna calear suavemente, co simple xirocompasado de pulso de vello e experto pescador, para que o fío saíse da gradella senfreadas que botaran a perder o macizo de magas. (Cornos de defunto)

De Porto do Son tamén é o investigador Manuel Mariño del Río, grandinamizador cultural, investigador e autor do libro de narrativa O peto de cartón, e o xafalecido Xerardo Díaz Fernández, autor de Contos, A crueldade inútil, Os que nonmorreron ou Nebra, historia dunha infamia, libro este último que nos levará ao seguintepunto do noso percorrido na aldea de Cans, na que apenas queda a lembranza vivadaqueles feitos terribles que aconteceron no ano 1916, cando a Garda Civil disparoucontra a multitude, que se negaba a pagar o arbitrio imposto pola corporaciónmunicipal para sufragaren o déficit que tiña contraído o Concello coa Deputación. Ocobro quixérono levar a efecto canda o tributo de consumos, e unha partida de trintagardas civís, cos fusís palpitantes, escoltaba as intencións do axente executivo, quenon puido recadar porque trescentas persoas agardaban nesta ponte de Cans coassúas reivindicacións alporizadas.

Apeámonos preto desta ponte, paseamos na procura fonda da traxedia e, denovo, diante da pedra que lembra a traxedia, non tardamos en converter o silencionunha proliferación de imaxes, nacidas na prensa da época e nesa épica enxebrezaque Xerardo Díaz Fernández empregou para relatar eses feitos no seu libro, e axiñaintuímos como o demo anda na airada e o capitán borra as voces labregas para llesrecomendar que vaian para as súas casas. Á negativa, a xente suma de novo vocesafiadas que poñen fóra de si ao oficial e á súa mesnada armada que, de primeiras,dispara ao aire exhibindo alardes disuasorios. Pero a xente, coa dignidade feroz dodesespero, empoleira aínda máis o frémito da protesta e avanza con orgullosagravidade cara ás beneméritas forzas, as mulleres diante, nunha inconsciencialibertaria na que só repararán cando o asubío asasino das balas dea en voar por entreos laios dos feridos e o sangue tinga para sempre a estrada e a conciencia dosasasinos, que recúan asustados, máis pola súa acción criminal que polo avance tesodos que aínda non foron alcanzados polos proxectís. Imaxinanos eses instantestráxicos, a confusión, a incerteza nos ollos encarnados de rabia, a dor amortecida desorpresa e os carros de bois que axiña chegan para carraren os mortos e os feridos ávila de Porto do Son ou ao peirao da salgadeira de Mamerto Ferrer, na Aguieira, ondeembarcan a súa última esperanza con destino a Noia e despois a Santiago.

Page 27: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

De Nebra tamén é o musicólogo José López Calo que, entre moitos outrosestudos como a música do Códice Calixtino, escribiu Os músicos do Pórtico de SanMartiño de Noia.

Moi preto de Cans, case a tiro de pedra, o percorrido lévanos até a aldeíña deBeneso, de onde era natural Áurea Lorenzo Abeijón, emigrada a Bos Aires e autora dedous libros en galego, Polos camiños de Deus e Queixas, texto este último editado polainvestigadora Aurora Marco e no que están explícitos os laios de saudade que sempreacompañaron a escritora alén mar.

Beneso, doce Benesoaldeia onde nacín,vivín tan pouquiño nelai é o que máis vive en min.

Camiños da miña terratempo hai que os deixei,bágoas non hai nos meus ollosde tanto que os chorei.

Máis adiante, Portosín, unha vila na que a intrusión turística espalla o seuandazo e, agás a igrexa, o cemiterio e algúns rueiros que baixan ao mar coas súas casamariñeiras e almacéns aproveitados, xa non conserva o saibo antigo da aldeamariñeira que foi, habitada polos pescadores castrexos dos Praesamarci e, máisadiante, polos romanos que salgaban a xouba para transportala á Roma imperial. Deaquí é Blanca Ana Roig Rechou, estudosa dos clásicos galegos e experta en literaturainfantil e xuvenil galega.

Page 28: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

NOIA

Camiño da vila de Noia, a literatura galega ten unha estación principal naaldeíña de Taramancos, na parroquia de Boa, lugar de nacenza dun dos grandespoetas do país: José Antonio Avilés Vinagre, máis coñecido como Antón Avilés deTaramancos, un dos mellores estandartes da lírica galega do século XX. Neste lugar delabregos con mar de fondo, con vinte casas e traballo de man común, medra o poeta,sempre apegado á memoria da propia casa.

A avoa estercando, semeando, paríndose a si mesma na terra; facenda miserenta decuncas de labranza de sobrevivir e ter man de seu; porco no baño, boroa na artesa, ovosde gardar para pascua florida de dezmos e primicias. Touciño, arenques e castañas noinverno. Empanada de xoubas no verán, e cunca de caldo de unto con frangullas. Restrasde allos nas feiras e sete leguas de ir a pé vender perexil a Santiago. Contribucións e forose xenreiras. Revolta agraria e a avoa de legoña e tercerola na batalla de Nebra. E xa porsempre enfrentada, redimida, libre de espírito e visionaria, enterrada agora na terra-terrae paríndome no seu amor universal no que renace, e a casa vai no meu corazón onde elaestá a erguer aínda o muro infinito, defensa, porta e antemural do mito do eternoretorno.

Avilés foi poeta precoz. Con tan só 14 anos publicou na revista Tapal o seguintepoema que lle fixo dicir a Manuel Fabeiro que era o poeta máis novo de Galicia.

Eu non sei que tendes,Ouh terras de Noia,Que os ríos e os montesFanvos sonreir,

Eu non sei que tendes,E sei que sen voscoNon poido vivir.

Con 26 anos Avilés marcha para Colombia e alí botará case vinte afastado física,que non emocionalmente, da súa terra.

Hoxe amiga quero soñarte núa,núa como un cristal na escuridade.É primavera en Noia, e a noiteserá unha longa mina de diamantes.

Ando lonxe e senlleiro triste e lonxe,como unha besta acoitelada brúoe arrepíanse os Andes ao meu paso.

Camponesa de Cáqueza, feridaquixera verte hoxe nos meus brazos,eivada como un anxo en rebeldía,entón sería o meu amor a furnada túa fronte aterecida e pálida.E sería o meu nome a túa patria.

É primavera en Noia e ando lonxe,ermo na miña dor diante da noite:montañesa dos Andes, con que gozo

Page 29: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

apreto a túa man estraña e única. (Os poemas da ausencia).

Cando volve no ano 80 abre a Tasca Típica no baixo do pazo medieval e a súavontade de escritor é definitiva. Mais alá do seu labor de poeta, hai que engadir toda asúa loita política e cultural, que o levou a Presidente da Asociación de Escritores enLingua Galega e concelleiro do BNG. Poucas veces un político local adquiriu uncompromiso tan alto coa cultura, deixando ao seu paso grandes pegadas no concello.

Chegando a Noia paramos agora na Chaínza e, diante do famoso carballo,lembramos a Manuel Fabeiro, investigador, etnógrafo, ensaísta e poeta que, aínda quenaceu en Muros, estivo vinculado á vila de Noia toda a súa vida.

Meu corazón -branca vela-sobor do mar, vai bicandoas máis belidas arelas.

Escomeza na Chaínza-anaco de Ceo en Noia-e percorre toda a ría.

Un saúdo de garimopara as casas, para as rúas,para os cantareiros pinos.

Un adeus a San Martín,que canta e chora cos sinoso noso comenzo e fin.

¡Como as casiñas do Obrecontestan ô meu saúdoacochadas pé do monte!

¡Como chora Noia enteira,como xime con anguriasmeu corazón, branca vela!

I-as bágoas están lembrandooutras velas brancas queno mar da Morte alagaron… (Revista Tapal, nº1. 1950)

Fisicamente, Noia ten querencias medievais, conformada por pedras vellas que,amais dun símbolo de permanencia, son o anuncio certificado do seu pasadoesplendoroso, dunha historia gremial de loitas entre a nobreza e o poder eclesiástico,agarradas sucesorias e irmandiñas por entre unhas murallas das que apenas quedanpedras.

Talvez a mellor descrición de Noia veña dunha ollada de fóra, desta volta dundos grandes escritores galegos como foi Eduardo Blanco Amor, un texto que está encastelán, pero que ben paga a pena ler pola súa gran calidade e porque nos permitecomprender a natureza da vila.

En los lugares cimeros de la ruta, el sol revela las cumbres con un rosa tierno eindeciso. Luego la boira otra vez, espesa en los hondones. En este vuelo a ciegas sé quevoy hacia la cuenca del Tambre, al final de cuya escotadura Noya me espera, distinguida ysaudosa, mirando por encima de su ría, ya casi lago, al horizonte donde bate la mar másruda de Galicia... Mi primer azacaneo por sus rúas es igualmente mágico. El neboeirosepulta e infiltra la villa como una lava gaseosa. La escasa gente aparece en un relentiespectral como si flotase, y se esfuma, quedando el eco de las voces sin cuerpo disueltoen la grisalla. Cuando llego al estuario del Traba, donde río y mar negocian alianza, sindiferenciarse mucho, ocurre una de esas mutaciones fantasmagóricas que hace la luzgallega; uno de sus milagros no por frecuentes menos irreales. La niebla se yergue entera

Page 30: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

como un lento telón y el sol de abril, repentinamente maduro, se pone a inventar lasilueta del burgo contra el cielo como si la repujase. El mar forma el contracanto de lamaravilla en sus oros estriados en las aguas plomizas, sus azules tenues, sus temblorescarmesíes. De allí a poco el horizonte se ordena en una perspectiva abierta y minuciosa,ahondándose, elevándose hacia las cimas del Barbanza, con Muros a lo lejos bajo sushumos matinales. El telón deja también al descubierto las aguas habitadas y las callestransitadas como en una operación de encantamiento. Por lo visto, aun hundida en la“borraxeira”, Noya había despertado a horario y acometido sus diarios trajines. A lo largode malecones y peiraos, los pescadores arman sus artes y las marisqueras clasifican losberberechos célebres, tocadas con el gracioso sombrero local: la pamela pajiza y chatacon cinta negra. (Noya en el objetivo).

Ollada fermosa tamén a que Cunqueiro bota sobre esta vila nun artigo de 1950,escrito en castelán, e titulado Noya de los veleros.

Una pequeña villa hanseática quizás: una pequeña Lubeca, y en la ensenada de Freixotodos los veleros andados, esperando la primavera para subir al Cantábrico gris y salobre,nuncios de ella como las golondrinas viajeras. Freixo, entonces sería como un luminosoVan Gogh, con el mismo caliente color de aquela pintura, las mismas profundas luces y lamisma inquieta melancolía. Ya, para siempre, me queda Noya en el magín: Noya de losveleros.

Tamén José María Castroviejo non agacha na súa guía a admiración por Noia:“Decir Noya y venir al alma un perfume de magnolias y una dulcísima luz, es todo uno. Sepaladea, como una fruta madura, la eufonía helénica de su nombre y queda en los labioscomo un sabor a miel”.

O caso de Noia é realmente curioso pola morea de artistas non só escritoressenón tamén pìntores, como Alfonso Costa, cineastas, como Luís Avilés, ouinvestigadores como Xoán Mariño, Xerardo AgraFoxo ou Pedro García Vidal, entremoitos outros. Hai como unha retroalimentación de todos eles e a memoria da vila e oagurgullar cultural sempre parece estar a salvo. Por iso, acompañados por algún delesben poderiamos parar no Tapal e respirar con cobiza a historia. Nesta praza non seríadifícil imaxinarmos o castelo dominador da vila que estaba situado neste fermosolugar, testemuña do fluír secular das almas terreas que foron sucumbindo á pedra e aodecorrer dos anos. Pero algunhas pedras, como as da muralla, con sete metros dealtura e doce portas que rodeaban a vila, tamén se someteron ao paso violento eafervoado dos irmandiños, fartos de aturaren tantas inxustizas.

Talvez mentres tomamos un café o sino da igrexa de San Martiño repenique encobre os rosalianos versos da poeta María Mariño que naceu en 1907 na rúa Cega davila no seo dunha familia humilde.

Campanas que tocadestodas do mismo xeito,

unhas chegádesme á almae outras ó pensamento.

Esta noiesa, influenciada polo seu amigo Uxío Novoneyra, amasou nos seusversos unha fusión coa terra, virando materia prima da mesma natureza:

Pinga, pinga hoxe a chuvia. En min ten un seu refrexo.O sol que o vai menguando olla ben o que eu non vexo. (Palabra no Tempo)

Page 31: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

E esta interrelación entre a terra e o espírito, esta razón comunicante, estamística materialista, como diría Ferrín, non só está presente en María Mariño senón enmoitos poetas galegos como Rosalía, Pondal ou Uxío Novoneyra.

De Noia é tamén Ana Romaní, unha das voces máis destacadas da poesíacontemporánea, xornalista cultural á que tanto lle debemos os que creamos en galegopor toda esa amplificación que supón a súa voz dentro dese milagre radiofónicochamado Diario Cultural. Como exemplo da altura da súa escrita, velaí o mar temporalduns fermosos versos pertencentes ao seu libro Arden:

Baixemos avoa ó malecón ver morrer os peixes e o mar

Portosín Boa polo Obre Testal os nomes destas historiada que nazo San Bernardo e o pasado a Rasabaixemos da Corredoira a San Martiño e dame a mancoas unllas rosa e os rastros da acetona

As augas calan torpes nas marxes do Traba

A memoria espéllase luminosanas bocas que te buscan

Xa nada te ata nin demora o meu espanto.

Outra das voces talentosas dos últimos anos é a de Martín Veiga, que volve áNoia da infancia co interesante poema Vidas Varadas do libro Ollos de Ámbar.

Lembrar o tempo da infancia: construírarredor dunha aparencia, materia que lentamentevai esgarecendo.

Así as gaivotaspousadas nas enxarcias, o aparello apodrecidobaixo a brisa mariña, o sol nos mastros,as augas batendo contra rochedos limosos,pedras con verdello, con argazo seco.

O mar, o mar aquelque oxida todas as espadas, os nomesdos botes (Nela, Solpor, Vento da ría).

Así as vidas varadas das redeiras, un temposemellante unicamente ao seu propio transcorrer,as agullas de madeira entretecendo os fíos ásperos,as redes na pía comunal, as olladas no horizonte.

Recuperar o pasado ou emendar unha vida,os desgastados rostros, a atadeiras en silencio,o halar, o largar, as prolongadas ausencias,as aves no peirao.

Outra parada obrigada dentro da vila ten que ser o lugar da Tasca Típica querexentou Avilés de Taramancos no baixo dun pazo medieval. Aí non estaría de máis

Page 32: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

lembrar esas conversas de amigo nas que tantas veces aparecería outro ilustre da vilacomo Pepe Agrelo, activista cultural, autor teatral, fundador de varios grupos comoCandea, investigador e tamén destacado narrador con obras como Rumbo ao Maluco,onde o grumete Antón Varela reconstrúe nun diario os itinerarios do mar e da vila deNoia.

Dá gloria velos a todos; os santos recén pintados de cores vivas, os portadores concalzas novas, xibóns de veludo e zapatos de coiro fino. Detrás das imaxes van osmordomos de cada gremio con cadanseu estandarte e, detrás deles, os dous alcaldesrepresentantes dos cobrados presididos polo rexidor que porta o pendón da Vila. Pechana comitiva os trece clérigos da Confraría da Concepción con traxe talar e os escapulariosda Virxe no peito. Séguenos unha moitedume de persoas, sobre todo mulleres e nenos,con velas e cirios nas mans, entoando cancións relixiosas. A precesión, que sae de sanMartiño, vai pola rúa Lagares, que tamén serve de curro cando se corren os touros, saepola porta desa rúa a fóra das murallas, sube polos Cuncheiros, volve entrar na cidadepola porta da Vila, percorre a Corredoira de Dentro e polo Cantón chega de novo á igrexaparroquial. Ao remate, as prazas énchense de saltimbanquis e titiriteiros que brincanledos por entre o xentío, mentres os nenos comen pan de mel, noces e castañas crochas.

Pola vila, apegado aos libros, tamén anda Xerardo AgraFoxo, historiadorincansable e rigoroso, capaz de recoller en varios volumes a memoria que vai daGuerra Civil á democracia. Á condición de historiador hai que lle engadir a de viaxeiro,destacado biógrafo de María Mariño e narrador de oficio en novelas como O violinistade Mala Strana ou Unha viaxe no Ford T, coa que acadou o premio García Barros denovela, e onde Noia aparece velada no nome de Valmaior:

O enterro ata o cemiterio de Valmaior constituíra unha impresionante manifestaciónde dó. Unha intensa chuvieira descargara sobre a vila durante a condución do cadaleito.Nunha imaxe fotográfica do camposanto recollíase a nube de paraugas que dificultaban avisión das lousas que cinguían á capela de Santa María. O soterramento producírase coanoite ameazando sobre os fregueses pola tardanza que sufrira o voo de Clara na súa viaxedende Londres.

Na novela A Cidade dos Césares, Víctor Freixanes tamén pon nas lembranzas dunpersonaxe as paisaxes da ría de Muros-Noia:

Con tales historias, tamén eu sentín o arrecendo das miñas paisaxes cativas: aslanchas mariñeiras de San Bartolomeu e da Barquiña, a marca do Tremuso, candoentrabamos de empopada contra o fondal da ría, a punta Xestal, os areeiros do Freixo, asombra petrucia de Montelouro na boca do mar maior, e poñíaseme no corazón un afogode saudades, gaiteiro, coma un campo de pampullos nas alboradas de maio, entremúsicas e doces melancolías.

Son tantos os textos de autores de fóra que se inspiraron nesta fermosa vila quesería imposible darlle cabida aquí, como tamén o sería nomear a todos os escritoresnados en Noia. Talvez algunhas das voces máis interesantes sexan as de Agustín Agra,Xosé Martínez Abelleira, Manuel Caamaño Suárez, Xosé Manuel Cairo Antelo, RamónCarredano, María Xosé Canitrot, Luís Bejarano, Xabier e Maxi Olariaga, Sebastián PazSuárez, Cesar Souto, Manuel L. Rodrigues, Ismael Ramos, Amadeo Cobas ou IriaLago.

Sería inxusto non salientar o importante labor cultural de revistas tanextraordinarias como a Casa da Gramática que edita o IES Virxe do Mar, centro que

Page 33: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

noutro tempo dirixiu o propio Álvaro de las Casas, e que nestes últimos anos contouco alento fundamental de profesores exemplares como Lola Arxóns, Xavier Castro ouConcha Sabucedo. Interesantes tamén iniciativas como as do colectivo Sacou, arevista do Liceo ou a editorial Toxosoutos da que Pepe Agrelo foi o seu director eprincipal estandarte.

Page 34: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

LOUSAME

E Toxosoutos é a proposta para ir rematando esta viaxe literaria como tamén foifin de camiño para aqueles cabaleiros que, esgotados da vida itinerante e combativaque levaban, viron as súas almas habitadas por unha mística que lles deu azos para seretiraren nas fonduras relixiosas deste val solitario. Tomados desa vocación súbita,seica lles mercaron aos monxes de Antealtares de Santiago unha ermida na fozestreita dos montes de Urdilde e aquí ergueron unha igrexa románica -tristementedesaparecida-, baixo a advocación dos santos Xusto e Pastor e o abrazo da regrabieita. O patrimonio deste mosteiro debeu de ser un dos máis folgados da Galiza,como anunciaba o Padre Antonio Yepes na súa Crónica manuscrita de Santa María deSobrado: “Sólo digo que ningún monasterio hay en Galicia por grande y grueso quesea, cuya hacienda sea mayor o más calificada que la de San Justo”, e esta inmensariqueza que lle producían os foros poida que co tempo asentase vicios profanos eactitudes licenciosas en moitos dos seus abades que abandonaron aquela estritaobservancia de pobreza e aquela formación propiamente relixiosa que exerceran osprimeiros moradores cando eran eles mesmos os que traballaban con humildosapaciencia cristiá unha parcela e dous muíños a carón do mosteiro.

Aínda que do aspecto monumental non hai moito que tirar porque a torre actuale a igrexa son relativamente recentes e, o de máis alcance, que era o claustrorománico, fora vendido no primeiro cuarto do século vinte ao vizconde de SanAlberte, Xosé Varela de Limia, un galego acomodado, sabedor das valencias da arte,que lle botou o ollo ás arcadas desta obra abandonada entre silveiras, fentos e matose a mercou por dúas mil pesetas, carretándoa en carros de bois, pedra a pedra, aopazo da Pena de Ouro que el estaba a erguer nun solar preto de Noia. Esta venda seicafora tan censurada pola veciñanza que a mitra compostelá houbo de se xustificar coaincrible escusa de que o párroco de San Xusto precisaba de cartos para retellar e facerreformas na igrexa.

En fin, de calquera xeito, animámonos a baixar o empedrado que leva aomosteiro, guiados polo acougo imposible desta paisaxe e a certeza trobadora depaxaros e fervenzas agachadas, e teremos a percepción de entrar noutra época. Aimaxinación mesmo poderá restaurar a vida laboriosa daqueles primeiros monxes queaparecen nos escritos e que levan os nomes de Pelaio, Cresconio, Muñiz, Rodrigo...,relixiosos que non lle debían de pór moitos reparos ao traballo e que se vironenredados en preitos e rifas cos abades de San Martiño de Corenza.

Se lemos o libro de Pedro Fiaño sobre o mosteiro seranos moito máis doadosentir o pasado destas pedras derrubadas, destes muíños estragados, desta humidadepegañenta que, por tras do cemiterio, trae memoria das ruxidoiras e ergue un arrolode frescura que, de certo, agradecerán os mortos. Cunha xeometría visionaria,podemos debuxar a arquitectura improbable deste mosteiro. E pechamos os ollospara proxectarmos unha sospeita de vida, unha película medieval que axude arecuperar os tempos idos e, por un intre fuxidío, logo de sufrir o tremor casto dunpresaxio, case acadamos imaxinar o paseo doméstico dun Cresconio que baixa áfervenza pescar troitas, mentres un Rodrigo agacha un cantar laico no renxer da moado muíño, e outro monxe, envolvido nun litúrxico silencio, traballa con dedicaciónprofana a horta. Eu mesmo, no relato titulado Rodrigo de Nous conformei as

Page 35: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

aparencias físicas destes homes e deixei que a miña imaxinación se apropiase docorpo dun abade que convertín en personaxe.

Cando María Tarás baixaba a corredoira como unha chispa e entraba na igrexa paraavisar que unha grea de monxes brancos viña a par de dous carros de bois ateigados demantenza e mais unha ringleira de mulas a reata, Rodrigo de Nous, o artista de marabillas,non parou de pintar na parede, mais si sentiu o presaxio físico de que aquela chegadacarretaría algunha mudanza na súa vida.

Frei Antón tampouco interrompeu a misa e seguiu a mastigar o baixo latín da cerimoniacoa sospeita certa de que a morte recente de frei Xohán, o padre prior, ía da man da vidabieita do mosteiro que agora pasaba a depender do de Sobrado. E, aínda que na igrexa nonhabía máis de dúas ducias de vellas, el fixo contas de manter a súa dignidade. Eraconsciente de que as cousas non andaban ben, sobre todo, logo da loita irmandiña e daposterior metida de fociños do bispo de Tui, o abade mercedario don Diego de Muros, queacadara por bula papal a incorporación de Toxosoutos ao mosteiro de Sobrado, convontade non de o salvar do afundimento senón de asegurar a praza de Noia que acadara narevolta campesiña. Morto frei Xohán, non había volta de folla. Así, resignado, frei Antónseguiu coa eucaristía e viu cómo as túnicas brancas, ornadas cos seus escapularios, sepersignaban na pía e imprimían no silencio frío da igrexa un fragor de liño e rezos devotos.

Se seguimos avanzando ao cuberto de carballos e bidueiros, non tardaremos endescubrir a advertencia óptica do manto escumoso doutra fervenza que deixa caer assúas augas corredías e cantareiras por unha rocha titánica formando un pozo. Diantedel, abrazados pola paisaxe íntegra, entregámonos á sospeita de que a lisura da pedraten algo que ver con engadidos do cemento, pero ao cruzar o río por unhas poldrasimprovisadas decatámonos do erro. No lombo desta penedía, testemuña do pasopaciente das augas, chama a atención as bañeiras artificiais, cecais utilizadas polocorpo esbrancuxado deste mesmo abade que agora regresa camiño da igrexa. Porfronte dela, o proxecto inconcluso dun albergue e as súas dependencias, coa heráldicado mosteiro por riba do arco da porta exhibindo o caxato abacial que hoxe taménhabita nos cuarteis do concello. A carón do albergue, unha estructura na que aíndaqueda memoria impresa nun cartel, coa foto vella das ruínas do claustro e, por tras,unha fermosa fonte cun caleiro de pedra que deita a auga nunha pía. Bebemos unnada de auga fresca mentres observamos as bancadas do que no seu día debeu de sera horta, e baixamos cara a unha ponte nova de madeira e dende aí observamos, comoosamentas innominadas de cadáveres espallados polo río, pedras traballadas que, decerto, formaban parte física do mosteiro.

O lugar é fermoso e as ruínas inscriben na paisaxe un desexo reconstructor quetamén tirou da imaxinación do escritor noiés Ramón Carredano, que no seu relato FreiSamuel encarnouse nun frade bieito deste mosteiro, un frade intelixente, pero unchisco larpeiro e inclinado á carne.

As carreiras xeralizáronse e de alí a media hora, a maior parte das camas da pousada deUrdilde estaban ocupadas por un fato de individuos cheirentos que se dobraban polostorcellóns de tripas. Non se zafou ninguén. Nin o frade, que non comera. Polo que despoisde moito cavilar, chegouse á conclusión de que non puidera ser a comida a culpable daquelandazo. Só podía ser a auga do pozo. Polo que a mesoneira quedaba ceibe de todasospeita, aínda que de alí en diante, tería que ir buscar a auga ao pozo dalgún veciño. Áúltima hora da tarde, Alfonso voltou a Noia co cabalo medio rebentado, pero feliz de tercumprida a súa misión. El mesmo lle dera en propia man a mensaxe de Rui Soga de Lobeirana praza do Tapal, centro da Vila. Frei Samuel, tamén cumprida a súa misión, voltou no seucarro camiño de Toxosoutos.

Page 36: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

Se o tempo o permitise, poderiamos cruzar a ponte e entrar na fraga quedebruza a sombra dos carballos sobre o río e nos faría sentir a harmonía da paisaxe,pero Lousame tamén está apegado ao home ilustrado Diego Antonio Cernadas deCastro, máis coñecido como o cura de Fruíme, nado en Compostela no alborexar doséculo XVIII e destinado como párroco nesta aldeíña onde escribiu a súa poesía e osseus textos galegos nos que a dignidade de Galicia estaba sempre presente. Talvez foio máis prolífico na nosa lingua durante ese século. E por iso remataremos a viaxerendéndolle unha fonda homenaxe en San Martiño de Fruíme. Alí, antes de entrarmosno adro da igrexa, dúas palmeiras escoltan unha efixie deste famoso crego que naceucontra finais do século XVII e que, logo de se ordenar, obtivo o seu primeiro destinonesta parroquia afastada do mundo. Poderemos observar o seu rostro no cadro quehai dentro da igrexa pequeneira. Era un home ateigado de poesía e prosas que enpalabras de Murguía “eran un berro de indignación de Galicia contra as inxusticias dasque era víctima e por iso resoaron gratamente no corazón de todo bo galego”. Non seríaarriscado soster que este estudoso e defensor da nosa lingua foi xunto ao PadreSarmiento unha das persoas máis representativas da cultura galega no século XVIII. Assúas obras, recompiladas en sete volumes, están escritas en español, galego e latín, erolda por elas, tanto o xénero epistolar, como a poesía relixiosa, amorosa, e mesmo oteatro. Os seus versos arrastran a paixón polos marxinados e denuncian os quemenosprezaban a nación galega, como el recoñece na ofrenda dedicada ao padreFeijoo: “Á súa moi nobre, moi respectable e moi amada Nai, a Nación Galega”.

Nesta igrexa, ao pé da Virxe das Dores, nun humildoso sartego xacen os restosde don Antonio Zernadas de Castro, con Z, como el gustaba de asinar, unha figurarelevante, defensora do pobo galego e da xustiza entre os homes. Talvez parapoñermos o ramo a esta viaxe sería bo lembrar os versos indignados que este cura llededicou á marquesa de Camarasa:

Co ó desexo de acordarvosque en Galicia ó seu funduxe

ten á vosa nobre fuxe,vou en galego ó falarvos:

De esto non hay que etrañarvos;antes ben, facendo galade esta nación, estimála,é si, porque moyto dista,non á coñecés de vista,conocédea po la fala.

Page 37: Antón Riveiro Coello€¦ · () foi posíbel grazas a un convenio coa Deputación Provincial da Coruña en 2013. Limiar Contra finais do século pasado, o destino tróuxome a esta

Agradecementos

Amais dos libros citados dentro do traballo, quero facer referencia inescusable ao libro da miña autoría,Cartafol do Barbanza. Unha viaxe polo cuadrante das sereas, publicado na desaparecida editorial A NosaTerra. Nel inspiráronse moitas destas páxinas e, polo tanto, remítome á bibliografía sinalada na partefinal do libro.Os meus agradecementos tamén a Suso Laíño, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría e Lola Arxóns polaamizade e mais a axuda na escolla dalgúns textos.