!ANÍMATE E APRENDE PIRAGÜISMO CON NóS!€¦ · categoría máis pequena (alevín) ata a...

2
Club Náutico Ría de Betanzos piragüismo !ANÍMATE E APRENDE PIRAGÜISMO CON NóS! Telf: 605 641 737 Enderezo electrónico: [email protected] +Info: www.clubpiraguismobetanzos.wordpress.com.

Transcript of !ANÍMATE E APRENDE PIRAGÜISMO CON NóS!€¦ · categoría máis pequena (alevín) ata a...

Page 1: !ANÍMATE E APRENDE PIRAGÜISMO CON NóS!€¦ · categoría máis pequena (alevín) ata a categoría absoluta (senior). Adestran a diario co fin de participar nas diferentes competicións

Club Náutico Ría de

Betanzos

piragüismo

!ANÍMATE E APRENDE

PIRAGÜISMO CON NóS!

Telf: 605 641 737

Enderezo electrónico: [email protected]

+Info: www.clubpiraguismobetanzos.wordpress.com.

Page 2: !ANÍMATE E APRENDE PIRAGÜISMO CON NóS!€¦ · categoría máis pequena (alevín) ata a categoría absoluta (senior). Adestran a diario co fin de participar nas diferentes competicións

Club Ría de BetanzosQuen somos?Somos o Club Náutico Ría de Betanzos. Dedicámonos á práctica do piragüismo, un apaixonante deporte acuático.

Cunha longa traxectoria, destacamos na categoría de augas tranquilas, caracterizada por láminas de auga, como a que nos ofrece a ría de Betanzos.

Actualmente o clube conta cunha centena de socios/as e 50 padexeiros/as federados que forman o equipo de competición, composto pola categoría máis pequena (alevín) ata a categoría absoluta (senior). Adestran a diario co fin de participar nas diferentes competicións rexionais, autonómicas, nacionais e internacionais.

Así mesmo, ofrecemos a oportunidade de practicar este deporte a toda aquela persoa que o desexar. Contamos con todo o equipo e material necesario ( piraguas involcables, doadas de manexar) e realizamos unha gran variedade de actividades:

- Equipo de competición.

- Xornadas de piragüismo

- Roteiros en piragua polo río Mandeo.

- Cursos de iniciación ao piragüismo ( de verán; personalizados e para adultos)

• XORNADAS DE PIRAGÜISMO para nenos/as e persoas adultas

Organizamos xornadas de piragüismo na Ría de Betanzos ou no lugar que ti elixas.

- Duración de 3 horas aproximadamente.

- Prazas: de 10 a 20 persoas.

- Prezos: de 12 a 15 €/persoa.

• ROTEIROS EN PIRAGUA para nenos/as e persoas adultas

Con saída no porto de Betanzos, seguimos o trazado da romería dos Caneiros ata Teixeiro, e completamos un total de 7 quilómetros.

- Duración: 3 horas aproximadamente.

- Prazas: de 10 a 20 persoas.

- Prezos: de 12 a 15 €/persoa.

• ACTIVIDADES PARA GRUPOS NUMEROSOS (con descontos especiais) para nenos/as e persoas adultas

Se queredes unha actividade personalizada consultádenos e faremos un programa á vosa medida.

Actividades que podes realizar: Onde nos podes atopar?Estamos en Betanzos, na Ribeira (no antigo Matadeiro), á beira do río Mandeo.

Pónte en contacto con nós!Telf: 605 641 737

Enderezo electrónico: [email protected]

+Info: www.clubpiraguismobetanzos.wordpress.com