ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 29 …1).pdf · 13. Aprobación, se procede, da...
Transcript of ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 29 …1).pdf · 13. Aprobación, se procede, da...
ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 29 DE OUTUBRO 2015
Sras./Sres. Asistentes:
ALCALDE-PRESIDENTE
D. ALBERTO VARELA PAZ
CONCELLEIRAS/OS
DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN
D. ARGIMIRO SERÉN MERA
DONA PAOLA MARIA MOCHALES
D. LINO MOURIÑO SANTIAGO
DONA SONIA OUTÓN CASAL
D. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN
DONA LUZ Mª ABALO PÉREZ
D. TOMÁS FOLE DÍAZ
DONA ROCÍO A. LLOVO DEL RÍO
DONA ELENA SUÁREZ SARMIENTO
D. JESÚS LONGA SÁNCHEZ
DONA ANA Mª GRANJA GUILLÁN
D. ANGEL BENITO PÉREZ DORGAMBIDE
DONA SAGRARIO CASTRO VIDAL
D. JESÚS LÓPEZ RODRÍGUEZ
DONA MARÍA MOSQUERA LEAL
D. JUAN MANUEL FAJARDO RECOUSO
D. XAVIER RÍOS GONZÁLEZ
DONA LUCÍA CESAR VELOSO
D. GASPAR ANTONIO GONZÁLEZ SOMOZA
SECRETARIA
DONA ROSA LOSADA SUÁREZ
INTERVENTORA
DONA TRINIDAD GÓMEZ REIRIZ
Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa,
sendo as 17:00 horas do día 29 de outubro de
2015, e coa asistencia da Secretaria,
reuníronse, en primeira convocatoria, os
señores Concelleiros, que á marxe se
relacionan como asistentes, co obxecto de
celebrar Sesión Plenaria Ordinaria convocada
ó efecto.
A continuación procédese a trata-los
asuntos que figuran na Orde do Día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión
anterior de data 24 de setembro de 2015.
2. Toma de coñecemento dos Decretos da
Alcaldía emitidos no mes setembro de
2015.
3. Toma de coñecemento da solicitude de
participación cidadá presentada por parte
de asociacións ou entidades en relación
con un punto da orde do día que lle afecte
directamente e posterior intervención a
través dun único representante das
mesmas.
4. Aprobación, se procede, de declaración de
compatibilidade para o desempeño dun
segundo posto de traballo.
5. Toma de coñecemento dos informes de
Intervención e Tesourería en virtude do
disposto na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de
medidas de loita contra a morosidade nas
operacións comerciais (3º trimestre 2015).
6. Aprobación, se procede, do reaxuste de
anualidades da obra nº 18/2015 “Mellora
Praza de Abastos – 2ª Fase” 7. Aprobación, se procede, da modificación por crédito extraordinario nº 03/2015 para
aplicación de superávit 2014.
8. Aprobación, se procede, do recoñecemento extraxudicial de crédito nº 4/2015 e suplemento
de crédito nº 02/SC/2015.
9. Manifesto do Consello Local da Muller con motivo do 25 de novembro “Día Internacional
contra a violencia de xénero”.
10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do PSdG-PSOE con
motivo da marcha estatal contra as violencias machistas, do 7 de novembro de 2015.
11. Aprobación, se procede, do Manifesto presentado pola Plataforma Feminista Galega, con
motivo da marcha estatal contra as violencias machistas, do 7 de novembro de 2015 en
Madrid.
12. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal de EU en relación coas
marchas da dignidade prevista para o 24 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela.
13. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal de Somos Maioría,
para a creación de bolsas de axuda a estudantes para o pago de taxas e transporte.
14. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG para a
promoción do ano 2016 como ano das irmandades da fala.
15. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG en defensa
das reclamacións dos mariños galegos agrupados na Asociación Longhope.
16. Interpelacións.
17. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
18. Rogos e preguntas.
19. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR DE 24 DE SETEMBRO
DE 2015.- Polo Sr. Alcalde pregúntase se hai algunha proposta de rectificación da acta
correspondente á sesión plenaria de data 24 de setembro de 2015.
Non habendo ningunha proposta de rectificación queda aprobada por unanimidade.
2.- TOMA DE COÑECEMENTO DOS DECRETOS DA ALCALDÍA EMITIDOS NO MES DE
SETEMBRO DE 2015: Pola Secretaria dáse conta ao Pleno da Corporación dos Decretos
emitidos pola Alcaldía:
RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DE DATAS ANTERIORES:
Nº DESCRICIÓN
1 Recoñecemento de obrigas
1 Aprobación de expediente de modificación de créditos de xeración de créditos de
natureza non tributaria.
2 Aprobación de expediente de modificación de créditos de transferencias de créditos
2 Aprobación de expediente de contratación mediante procedemento negociado sen
publicidade
RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DO MES DE SETEMBRO DE 2015:
Nº DESCRICIÓN
1 Delegación de sinatura na Concelleira Delegada da Área de Economía e Facenda.
1 Imposición de sancións expedientes sancionadores de tráfico
25 Desestimación de alegacións expedientes sancionadores de tráfico
9 Declaración de sobresemento actuacións expedientes sancionadores de tráfico
7 Iniciación de oficio de expedientes sancionadores de tráfico
12 Concesión de licenza para acometida e/ou conexión ás redes de auga e/ou saneamento
3 Conformidade a proxecto de execución construcción de vivenda unifamiliar
3 Concesión de licenza de legalización de obra menor
4 Concesión de licenza de legalización de instalación de rótulos
4 Concesión de licenza de segregación ou parcelación
13 Concesión de licenza de obra maior
3 Concesión de licenza de obras de canalización
9 Concesión de licenza de obra menor
1 Concesión ampliación de prazo en expediente sancionador
116 Aceptación de comunicación previa obras
1 Concesión de prazo de audiencia en relación expediente rehabilitación – ARI
5 Autorización celebración actuacións ao aire libre
3 Aceptación renuncia e declaración concluso procedemento expediente inocuas.
1 Autorización de transmisión licenza actividades
1 Arquivo expediente inocuas
2 Declaración de caducidade comunicación previa exercicio de actividade
3 Concesión de licenza de apertura de establecemento
1 Autorización de transmisión de licenza para exercicio de actividade
1 Concesión de licenza definitiva apertura/actividade
1 Autorización subrogación expediente licenza municipal de apertura
4 Aceptación de comunicación previa para desenvolvemento de actividade
3 Aceptación de comunicación previa para cambio de titularidade actividade
2 Aceptación comunicación previa para o inicio de actividade – inocuas
2 Incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística
1 Desestimación de alegacións expediente de reposición da legalidade urbanística
1 Arquivo de expediente de reposición da legalidade urbanística
1 Arquivo de expediente orde de execución obras e concesión prazo a propietario actual
1 Requirimento presentación informe-ditame de seguridade elementos exteriores do edificio
1 Aprobación Plan de seguridade e saúde
2 Aprobación de expediente de contratación mediante procedemento negociado sen
publicidade
1 Corrección de erros expediente contratación “renovación instalacións de iluminación
pública exterior”
1 Admisión de oferta licitador en expediente de contratación “renovación instalacións de
iluminación pública exterior”
1 Exclusión de licitador en expediente de contratación “renovación instalacións de
iluminación pública exterior”
1 Exclusión de licitador en expediente de contratación “Acondicionamento e mellora da
imaxe da praza da verdura”
1 Denegación autorización para realización de queimada na vía pública
2 Inscrición de can no Rexistro Municipal de animais potencialmente perigosos
1 Concesión de licenza para tenza de animais potencialmente perigosos
1 Denegar solicitude de licenza para tenza de animais potencialmente perigosos
1 Orde representación e defensa dos intereses do Concello exercida por letrado en
procedemento xudicial
2 Nomeamento de funcionario/a interino/a
1 Solicitude a Servizo Público Emprego remisión de relación de precandidatos TSFAAFD
1 Aprobación de relación de cargos de dedicación exclusiva ou parcial Concelleiros
2 Nomeamento de persoal eventual
1 Aprobación de gasto aportación plan de pensións mes de agosto
1 Aprobación lista de admitidos/excluídos para selección de operario/a sepultureiro/a
1 Aprobación de lista definitiva admitidos/excluídos para selección de operario/a
sepultureiro/a
1 Composición de tribunal proceso selectivo para selección de operario/a sepultureiro/a
1 Comunicación a organizacións sindicais dereito a formar parte Mesa de Negociación
Conxunta do Concello
2 Concesión de gratificación especial a persoal funcionario por realización de traballo de
categoría superior
1 Recoñecemento e aboamento en nómina de servizos prestados en domingo
1 Recoñecemento e aboamento en nómina de servizos en xornada nocturna
1 Designación de Encargado Accidental do Auditorio Municipal
1 Designación Directora en Funcións da biblioteca pública municipal
1 Desestimación de reclamación previa por suposto despido de empregado municipal
1 Inscrición de Asociación en Rexistro Municipal
1 Recoñecemento de obrigas e orde de pago
4 Aprobación expediente de modificación de créditos de transferencias de créditos de
persoal
1 Aprobación liñas fundamentais Orzamento Consolidado do Concello
15 Concesión/denegación de fraccionamento de débeda
3 Recoñecemento de obriga contrato compra-venda adquisición terreo en Bamio
2 Orde de pago de facturas
1 Iniciación de vía executiva de cobro recibos depuración augas residuais
1 Aboamento cantidades recadadas a petición da entidade urbanística de conservación de
O Cornazo
TOTAL: 305
3.- TOMA DE COÑECEMENTO DA SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ PRESENTADA
POR PARTE DE ASOCIACIÓNS OU ENTIDADES EN RELACIÓN CON UN PUNTO DA ORDE
DO DÍA QUE LLE AFECTE DIRECTAMENTE E POSTERIOR INTERVENCIÓN A TRAVÉS DUN
ÚNICO REPRESENTANTE DAS MESMAS.:
Dáse conta do disposto no ARTIGO 23.- do Regulamento Orgánico do Pleno:
Cando algunha das asociacións ou entidades, ás que se refire o artigo 72 da Lei 7/1985, de 2 de
abril, desexen facer unha exposición ante o pleno, en relación con algún punto da orde do día
que lle afecte directamente, deberá solicitalo á alcaldía mediante escrito presentado no rexistro
do concello, un día antes da celebración da sesión plenaria. Coa autorización da alcaldía, e a
través dun único representante, poderá intervir durante o tempo que a alcaldía lle conceda, con
anterioridade á lectura, debate e votación da proposta incluída na orde do día.
Aqueles asuntos onde estean previstas as intervencións de asociacións ou entidades poderán ser
tratados con carácter preferente aos restantes asuntos incluídos na orde do día da
correspondente sesión plenaria.
Están presentadas as seguintes solicitudes de participación cidadá:
- D. Alberto Paz Viñas, en representación da Asociación LONGHOPE.
A seguir trátase o asunto que figura co nº 15 da Orde do Día:
15.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL
DO BNG EN DEFENSA DAS RECLAMACIÓNS DOS MARIÑOS GALEGOS AGRUPADOS NA
ASOCIACIÓN LONGHOPE.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de
Benestar Social e Igualdade, en sesión celebrada o día 26 de outubro de 2015, do seguinte teor:
Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal do BNG coa data de 22 de outubro de
2015, do seguinte teor:
MOCIÓN EN DEFENSA DAS RECLAMACIÓNS DOS MARIÑOS GALEGOS AGRUPADOS NA
ASOCIACIÓN LONGHOPE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O pobo galego sofre dende hai longo tempo o cancro terríbel da emigración. As librarías e as
bibliotecas están cheas de estudos máis ou menos documentados sobre a traxedia que a
emigración supón para quen está obrigado a deixar a súa terra, ben por motivos socio-
económicos, ben por cuestións políticas, ou por unha mestura de ambas as dúas e algunha máis,
para procurar acomodo noutra terra afastada e allea. Reflicten tamén eses documentos as
consecuencias que a maldición da emigración carrexa para Galiza, que fica manca do sector
máis activo da pirámide poboacional e produtiva, e desequilibrada pola longa ausencia de
homes, ou mulleres, ou dos dous, pais, ao fin, que deixan de ser parte habitual da unidade
familiar básica.
Non atoparemos neses documentos capítulos adicados á emigración no mar, maiormente homes
que buscaron e atoparon traballo a bordo de buques de bandeiras estranxeiras. A década dos
anos 50 do século pasado veu como os principais portos europeos se enchían de galegos na
procura dun posto nas tripulacións dunha flota mundial enormemente dimensionada e sempre
necesitada de man de obra capaz e responsábel, condicións das que andaban sobrados os
nosos compatriotas. Aqueles homes, curtidos dende nenos nos nosos mares, aprendidos por
avós e pais, construíron a ben merecida fama que os mariñeiros galegos acadaron ao longo do
tempo nas compañías marítimas de toda Europa, de xeito que a condición de galego era o mellor
curriculum vitae que calquera podía presentar para “ter” praza nun daqueles barcos, que
ofrecían mellores condicións de traballo e de seguridade, mellores salarios e mellores condicións
sociais que os seus correspondentes españois.
Noruega, posuidora sempre dunha boa parte da tonelaxe marítima mundial, tamén tirou proveito
do saber, da experiencia e do traballo dos mariños galegos. Por anos e anos, baixo a bandeira de
calquera dos dous rexistros noruegueses, o Norwegian Ordinary Ship Register (NOR) e o
Norwegian International Ship Register (NIS), desenvolveron boa parte da súa vida profesional e
pagaron os impostos que a administración norueguesa lles impuxo.
Ao contrario doutras bandeiras marítimas europeas, Noruega non recoñece aos mariños galegos
nin os anos que navegaron baixo o seu pavillón, o que impide que sexan computados en
calquera cálculo a efectos de xubilación, nin os dereitos de pensión derivados dos impostos
tributados ao longo daqueles anos, ata 1994. A administración norueguesa rexeita o
recoñecemento dos dereitos dos nosos concidadáns alegando a súa condición de non residentes
durante o tempo que navegaron nos seus buques, condición que non esixe aos seus
connacionais que se atopan nas mesmas condicións, conculcando deste xeito, cando menos, o
• Artigo 14 do Convenio Europeo dos Dereitos Humanos que prohibe calquera forma de
discriminación; considerando a pensión de xubilación como un dereito de propiedade e polo
tanto elemento de protección; ou
• Artigo 98 da Constitución de Noruega que prohibe a discriminación entre nacionais e
estranxeiros.
Dende 2008, a organización Longhope está a loitar polo recoñecemento dos dereitos dos
aproximadamente 12.000 mariños galegos afectados polas manobras do goberno noruegués.
O traballo da organización Longhope non é en solitario pois en marzo pasado o Parlamento de
Galicia aprobou por unanimidade a proposta do Bloque Nacionalista Galego, instando ao
Goberno a interpoñer demanda contra Noruega por discriminar aos mariñeiros galegos no
recoñecemento dos seus dereitos, ao non haber “xustificación obxectiva e razoábel” para a
vulneración da prohibición de discriminación por nacionalidade na que incorreu Noruega.
Pouco antes, en febreiro, as deputadas do Bloque Nacionalista Galego no Congreso presentaron
unha proposición non de lei instando ao goberno do Estado a:
• Adoptar as medidas legais correspondentes para interpor unha demanda contra o Estado
noruegués ante o tribunal Europeo dos Dereitos Humanos , ao abeiro do artigo 33 do Convenio
Europeo dos Dereitos Humanos ao vulnerar a prohibición de discriminación por nacionalidade por
esixir a residencia aos mariñeiros galegos enrolados en buques de Noruega, como requisito para
incluílos no Sistema da Seguridade Social. Requisito que non se esixiu aos mariñeiros de
nacionalidade norueguesa enrolados nos mesmos buques noruegueses.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG propón a esta Corporación de Vilagarcía de
Arousa a adopción do seguinte
ACORDO
1. O Concello de Vilagarcía de Arousa apoiará institucionalmente o traballo da Asociación
Longhope.
2. O Concello de Vilagarcía de Arousa comprométese firmemente a favor do pago das
pensións dos noso mariños, situándose do seu lado e asumindo as súas demandas, e a facer
presión mediante as súas posibilidades administrativas a Noruega a que pague as pensións aos
nosos compatriotas.
3. O Concello de Vilagarcía de Arousa insta á xunta de Galiza para que demande do
goberno do Estado a presentación unha demanda interestatal urxente contra Noruega ao vulnerar
os dereitos aquí mencionados, cumprindo así coa súa obriga de protexer aos nosos concidadáns
e cidadás.
Vilagarcia de Arousa, 14 de outubro de 2015
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Por unanimidade de tódolos concelleiros presentes na Comisión, infórmase favorablemente a moción do
grupo municipal do BNG en defensa das reclamacións dos mariños galegos agrupados na Asociación
Longhope.
- Intervén un representante da Asociación LONGHOPE en defensa da reclamación dos mariños
que solicitan o pago de pensións a Noruega.
- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que é un problema coñecido. Pasaron o drama da
emigración e hoxe as Institucións miran para outro lado e deixan soa a esta xente.
Os gobernos deben atender á nosa xente, e os gobernos os abandonan, e están pendentes de
quedar ben cos de fora e mal cos nosos. Pero pasa con todos os sectores (labregos, mariñeiros,
emigrantes retornados, etc.) e esixen neste tema que se atenda aos emigrantes galegos.
- Intervén o Sr. González Somoza primeiro para felicitar ao representante dos mariñeiros. As
loitas dos mariñeiros e das súas familias se prolongan durante anos e debe solucionarse esta
situación con accións. Foron moitos anos nos barcos noruegueses e hai diferenza entre os
mariñeiros noruegueses e os galegos, e non se pode consentir nin tolerar.
¡Ánimo e forza para os mariñeiros!
- Intervén o Sr. Fajardo Recouso agradecendo o traballo da Asociación LONGHOPE, pois fan o
que ten que facer o Estado. É grave que os mariñeiros busquen probas en Noruega, e teñen
dereito polas normas europeas e a constitución norueguesa a esas pensións que reclaman.
Son as preferentes norueguesas. Se coñece dende fai anos e estivo durmindo durante anos. Os
mariñeiros poñen cartos para demandar ao Estado Noruegués. É unha inxustiza manifesta. O
Estado debe persoarse na causa. Vilagarcía non é allea a esta realidade, e afecta a moitísimos
veciños de Vilaxoán, Carril e a Comarca.
Débese apoiar a iniciativa. Foi o goberno noruegués quen pediu aos mariñeiros para traballar e
que despois explotan.
Animarlles na loita e dicir que o seu grupo político estarán para apoialos.
- Intervén o Sr. Fole Díaz agradecendo ao voceiro por achegar este problema ao Concello de
Vilagarcía de Arousa.
Di que se está ante un problema e sófrense inxustizas dos gobernos. Viron tamén o problema
dos emigrantes retornados aquí no Concello. Hai un problema de residencia dos mariños, pero
debe terse en conta o esforzo realizado.
No Parlamento de Galicia houbo unanimidade e débese tentar a firma dun convenio entre ambos
países.
O PP apoiaos.
Moitas grazas.
- Intervén a Sra. García Sanmartín, quen transmite o apoio aos mariñeiros.
- Intervén o Sr. Fajardo Recouso pedindo que non se quede nos apoios escritos e orais, e que o
goberno do PP trate este tema en Noruega.
- Intervén o Sr. Alcalde para felicitar á Asociación LONGHOPE pola defensa dos seus dereitos e
espera que as administracións corrixan esta inxustiza.
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)
ACÓRDASE: Aprobar a moción presentada polo grupo municipal do BNG e,
1. Apoiar institucionalmente o traballo da Asociación Longhope.
2. Comprometerse firmemente a favor do pago das pensións dos noso mariños, situándose
do seu lado e asumindo as súas demandas, e a facer presión mediante as súas posibilidades
administrativas a Noruega a que pague as pensións aos nosos compatriotas.
3. Instar á xunta de Galiza para que demande do goberno do Estado a presentación unha
demanda interestatal urxente contra Noruega ao vulnerar os dereitos aquí mencionados,
cumprindo así coa súa obriga de protexer aos nosos concidadáns e cidadás.
4.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE DECLARACIÓN DE COMPATIBILIDADE PARA O
DESEMPEÑO DUN SEGUNDO POSTO DE TRABALLO.: Dáse conta do ditame emitido pola
Comisión Informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 26
de outubro de 2015, do seguinte teor:
Dáse conta das seguintes solicitudes de modificación de contratos de profesores do
Conservatorio Profesional de Música:
- D. Cristian Silva Bóveda solicita a modificación do contrato como profesor pasando de
funcionario interino a contrato como persoal laboral, co obxectivo de poder solicitar a
compatibilidad eco posto de traballo no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol.
- D. Iván Maia Boullosa solicita a modificación do contrato como profesor pasando de funcionario
interino a contrato como persoal laboral, co obxectivo de poder solicitar a compatibilidad eco
posto de traballo no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.
Dáse conta dos acordos da Xunta de Goberno Local de autorización de modificación dos
contratos de traballo.
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, PP, EU e SOMOS MAIORÍA informan
favorablemente.
As/os representantes do grupo municipal do BNG, din que se manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a declaración de compatibilidade para o
desempeño dun segundo posto de traballo de D. Cristian Silva Bóveda e D. Iván Maía Boullosa
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as Concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)
ACÓRDASE: Autorizar a compatibilidade solicitada por D. Ivan Maia Boullosa e D. Cristian Silva
Bóveda.
5.- TOMA DE COÑECEMENTO DOS INFORMES DE INTERVENCIÓN E TESOURERÍA EN
VIRTUDE DO DISPOSTO NA LEI 15/2010, DE 5 DE XULLO, DE MEDIDAS DE LOITA CONTRA
A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS (3º TRIMESTRE 2015).: Dáse conta do
ditame emitido pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas, en sesión
celebrada o día 26 de outubro de 2015, do seguinte teor:
Dáse conta do Informe trimestral de Tesourería e da Intervención Municipal, do terceiro trimestre de 2015,
emitido segundo o previsto na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de
decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, no
que se indica:
PAGOS REALIZADOS NO TRIMESTRE Dentro do período legal de pago Fóra do período legal de pago Gastos en bens correntes e servizos 1.850.988,98 1.503.575,76 Investimentos reais 5440.490,97 611.168,39 Outros pagos realizados por operacións comerciais 0,00 0,00 Sen desagregar 0,00 654,25 TOTAL 2.291.479,95 2.114.744,15
Xuros de demora pagados no trimestre: 0,00
Facturas ou documentos pendentes de pago ao final
do trimestre Dentro do período legal de pago Fóra do período legal de pago
Gastos en bens correntes e servizos 716.936,30 45.574,13 Investimentos reais 333.366,87 6.931,55 Outros pagos realizados por operacións comerciais 0,00 0,00 Pendentes de aplicar a Orzamento 211.230,20 6.000,57 TOTAL 1.261.533,37 57.506,25
Facturas ou documentos xustificativos ao final do trimestre con mais de tres meses da súa anotación no
rexistro de facturas, pendentes de recoñecemento de obriga: 11.356,25 €.
Dáse conta do informe da Interventora da Fundación de Deportes, no que se indica: PAGOS REALIZADOS NO TRIMESTRE Dentro do período legal de pago Fóra do período legal de pago
Gastos en bens correntes e servizos 102.983,89 21.663,13 Investimentos reais 0,00 0,00 Outros pagos realizados por operacións comerciais 0,00 0,00 Sen desagregar 0,00 0,00 TOTAL 102.983,89 21.663,13
Xuros de demora pagados no trimestre: 0,00
Facturas ou documentos pendentes de pago ao final
do trimestre Dentro do período legal de pago Fóra do período legal de pago
Gastos en bens correntes e servizos 15.959,00 0,00 Investimentos reais 0,00 0,00 Outros pagos realizados por operacións comerciais 0,00 0,00 Pendentes de aplicar ao orzamento 1.556,06 0,00 TOTAL 17.515,06 0,00
Facturas ou documentos xustificativos ao final do trimestre da FPSDM con mais de tres meses da súa
anotación no rexistro de facturas, pendentes de recoñecemento de obriga: 0,00
A comisión queda sabedora.
O Concello Pleno queda sabedor
6.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO REAXUSTE DE ANUALIDADES DA OBRA Nº 18/2015
“MELLORA PRAZA DE ABASTOS – 2ª FASE”: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión
Informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 26 de
outubro de 2015, do seguinte teor:
Dáse conta da memoria da Alcaldía do teor seguinte:
O artigo 174 do R.D.L. 2/2004, do 5 de marzo, Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas
Locais, Real Decreto 500/90, do 20 de abril, nos seus artigos 79 a 88 e a Base número 29 de
Execución do Presuposto, autorizan ás Corporacións Locais a adquirir compromisos de gastos
que teñan que estenderse a exercicios posteriores a aquel no que se autoricen, sempre que a súa
execución se inicie no propio exercicio e que ademais tales gastos estean, entre outros,
destinados a obras de inversións, transferencias de capital e demais contratos de consultoría,
asistencia técnica…etc.
O apartado 3 do artigo 174, citado anteriormente, sinala o número de exercicios ós que pode
aplicarse o gasto plurianual, así como que, en determinados casos, o gasto que se impute a cada
un dos exercicios futuros non poderá exceder da cantidade que resulte de aplicar ó crédito
correspondente do ano en que a operación se compromete, uns determinados porcentaxes,
podendo o Pleno da Corporación, en casos excepcionais, elevar os mesmos e as anualidades
(art. 174.5).
Habéndose asinado inicialmente convenio de colaboración entre este Concello e a Consellería de
Economía e Industria para a Mellora de Instalacións do Mercado de Abastos 2ª Fase segundo a
seguinte financiación:
FINANCIACIÓN: 2015 2016 TOTAL % FINANCIAMENTO
Aportación Concello 505.704,80 0 505.704,80 67,82%
Subvención Xunta 120.000,00 120.000,00 240.000,00 32,18%
Estado 0,00 0,00 0,00 0,00%
TOTAL 625.704,80 120.000,00 745.704,80 100,00%
Tendo en conta que a aportación municipal prevista no anexo de inversións do exercicio 2015 foi
completada posteriormente coa aportación de Recursos Propios mediante o expediente de
modificación orzamentaria Nº 01/TC/2015, aprobado inicialmente na sesión plenaria de 26 de
xaneiro de 2015.
Modificado o convenio inicial mediante o acordo da Comisión Paritaria de seguimento do
Convenio de Colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Vilagarcía
de Arousa para a mellora das instalacións do mercado de abastos-2ª Fase, (proxecto de gasto Nº
01/018/2015 “MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS-2ª FASE”), de data 9 de outubro de correntes
polo que se modifican as cláusulas 2ª e 5ª do citado Convenio, sobre réxime de financiamento,
duración do Convenio e prazo de xustificación, todo elo motivado polo programa das obras e
para unha mellor execución das anualidades previstas, resultando o seguinte reaxuste das
anualidades do proxecto de gasto plurianual segundo o seguinte detalle:
FINANCIACIÓN: 2015 2016 TOTAL % FINANCIAMENTO
Aportación Concello 20.000,00 485.704,80 505.704,80 67,82%
Subvención Xunta 120.000,00 120.000,00 240.000,00 32,18%
Estado 0,00 0,00 0,00 0,00%
TOTAL 140.000,00 605.704,80 745.704,80 100,00%
En consecuencia, este concello comprometese a aportar na anualidade 2016 a cantidade de
485.704,80 €, dos que 200.000 € xa están previstos no anexo de inversións do exercicio 2015
como financiación afectada e o resto da aportación do Concello determinarase con ocasión dos
vindeiros orzamentos, no anexo de inversións do orzamento 2016, a través de préstamo, outras
subvencións, recursos propios ou calquera outra forma de financiación legalmente establecida;
ou mediante o correspondente expediente de modificación de crédito.
Vistos os informes de Intervención Ref.: CV 301/2015 e CV 328/2015, e visto que en base a dito
reaxuste non se superaría o número máximo de anualidades permitidas pero si se incumprirían os
límites porcentuais establecidos para os gastos plurianuais, por todo isto, esta Alcaldía somete á
Corporación Municipal á adopción dos seguintes acordos:
1.- Aprobar o reaxuste de anualidades da obra de carácter plurianual 01/18/2015 “MELLORA DA
PRAZA DE ABASTOS-2ª FASE”, polo importe total de 745.704,80€, derivado do acordo da
Comisión Paritaria de seguimento do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Economía
e Industria e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a mellora das instalacións do mercado de
abastos-2ª Fase, (proxecto de gasto Nº 01/018/2015 “MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS-2ª
FASE”), de data 9 de outubro de correntes, todo elo motivado polo programa das obras e para
unha mellor execución das anualidades previstas, resultando o seguinte detalle:
FINANCIACIÓN: 2015 2016 TOTAL % FINANCIAMENTO
Aportación Concello 20.000,00 485.704,80 505.704,80 67,82%
Subvención Xunta 120.000,00 120.000,00 240.000,00 32,18%
Estado 0,00 0,00 0,00 0,00%
TOTAL 140.000,00 605.704,80 745.704,80 100,00%
2.- Modificación do Anexo de Investimentos 2015 nos termos expostos.
3.- Compromiso da aportación da achega municipal do exercicio 2016 polo importe de
485.704,80 €, mediante as fontes de financiación legalmente establecidas.
4.- Como consecuencia do reaxuste de anualidades, liberar a aportación de Recursos Propios
afectados á anualidade do exercicio 2015 e aprobados mediante expediente de modificación de
créditos nº1/TC/2015, aprobado inicialmente en sesión plenaria celebrada o 26 de xaneiro de
2015, que segundo informa a Intervención Municipal, poderá estudarse dedicarse a outras
finalidades previo o expediente de modificación orzamentaria.
Vilagarcía de Arousa, 19 de outubro de 2015.
A ALCALDE
Asdo/. Alberto Varela Paz
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes do grupo municipal do PSdeG-PSOE informan favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do PP, EU, BNG e SOMOS MAIORÍA, din que se manifestarán
no Pleno e polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación do reaxuste de anualidades da obra
nº 18/2015 “Mellora Praza de Abastos – 2ª Fase”.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que se reuniu a Comisión de Seguimento do Convenio
da Praza de Abastos e existe un compromiso para sufragar a obra no 2016. Ten o expediente o
informe favorable da Interventora e pódese liberar a partida para outras actuacións.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que en agosto apoiouse unha modificación
orzamentaria para a mellora da Praza de Abastos e hoxe preséntanse unhas cifras para mellora
no Centro da Vila pero se discrimina ao rural.
Está a favor do expediente.
Hai unha pequena parte para melloras no rural e aos cascos de Carril e Vilaxoán e van a apoiala.
- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que é importante o reaxuste, atende obras necesarias e
non teñen oposición.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que se suma á intervención de Somos Maioría.
Incrementan partidas, hai un acordo de seguimento do convenio, hai unha información de
desagregación deste tema que lles enviaron a Secretaria e Interventora. Ten a dúbida que a
Comisión de seguimento sexa o verdadeiro motivo.
Non apoian a medida.
- Intervén o Sr. Fole Díaz mostrando a folla do pacto de cidade. O asinado non se cumpre. Os
grupos de traballo non se constituíron. Se reúnen coa empresa do PXOM e non se lles avisa;
reunión cos praceiros e non informan; o tema do Obelisco, tampouco informan.
Pregunta se teñen intención de facer os grupos de traballo e parece que só pactaron por unha
cousa.
Di que traen un expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos insignificante. A Praza de
Abastos é unha obra do anterior goberno. Superavit do anterior goberno. En 2011 o déficit era de
uns 4.000.000 €.
As herdanzas recibidas teñen a súa importancia, había un orzamento para a Praza e se non
cambiaran o proxecto estaría en marcha. O anterior proxecto se ensinou a todos os praceiros e
agora os do PSOE o cambiaron caprichosamente.
O PP non está de acordo co cambio de proxecto e pide que llo ensinen a tódolos praceiros.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que quedan pendentes de executar 100.000 € no rural.
A EU dicirlle que non hai interpretacións escuras.
Di que están a disposición do grupo de EU para dúbidas.
Ao PP dicirlle que eles tardaron en presentar a designación de representantes en órganos
colexiados, non veñan con ansias de traballar e diálogo e transparencia que non houbo antes.
O PP deu exemplo de nepotismo nos catro anos anteriores.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que o PP reclama o cumprimento do acordo, pero os
soldos do PP vanse a cumprir.
Van cartos da Praza de Abastos a órganos de goberno, e son mais caros, o custe dos cargos
políticos é mais elevado.
- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que a Sra. García falaba na Corporación anterior que se
entregaba a documentación tarde e abandonaron a Xunta de Voceiros, Comisión de Ordenanzas.
O PP firmou un pacto de cidade. Ían a brillar dende o grupo socialista co consenso e a
transparencia e pide que cumpran e traballen polo futuro de Vilagarcía.
- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que agora pódese falar co Alcalde e antes era difícil. Invita a EU a
intentar cumprir os prazos da Dirección Xeral de Comercio. Grupos de Traballo existirán con
todas as forzas políticas, e están a tempo de celebralas.
Di que el non foi ás reunións do PXOM. Os proxectos teñen que ter o informe de Patrimonio e
non o tiñan co PP.
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Con once votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais
do PSdG-PSOE (8), BNG (2) e Somos Maioría (1) e dez votos en contra, pertencentes ós
membros dos grupos políticos municipais do PP (7) e EU (3),
ACÓRDASE: Por maioría,
1.- Aprobar o reaxuste de anualidades da obra de carácter plurianual 01/18/2015 “MELLORA DA
PRAZA DE ABASTOS-2ª FASE”, polo importe total de 745.704,80€, derivado do acordo da
Comisión Paritaria de seguimento do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Economía
e Industria e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a mellora das instalacións do mercado de
abastos-2ª Fase, (proxecto de gasto Nº 01/018/2015 “MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS-2ª
FASE”), de data 9 de outubro de correntes, todo elo motivado polo programa das obras e para
unha mellor execución das anualidades previstas, resultando o seguinte detalle:
FINANCIACIÓN: 2015 2016 TOTAL % FINANCIAMENTO
Aportación Concello 20.000,00 485.704,80 505.704,80 67,82%
Subvención Xunta 120.000,00 120.000,00 240.000,00 32,18%
Estado 0,00 0,00 0,00 0,00%
TOTAL 140.000,00 605.704,80 745.704,80 100,00%
2.- Modificación do Anexo de Investimentos 2015 nos termos expostos.
3.- Compromiso da aportación da achega municipal do exercicio 2016 polo importe de
485.704,80 €, mediante as fontes de financiación legalmente establecidas.
4.- Como consecuencia do reaxuste de anualidades, liberar a aportación de Recursos Propios
afectados á anualidade do exercicio 2015 e aprobados mediante expediente de modificación de
créditos nº1/TC/2015, aprobado inicialmente en sesión plenaria celebrada o 26 de xaneiro de
2015, que segundo informa a Intervención Municipal, poderá estudarse dedicarse a outras
finalidades previo o expediente de modificación orzamentaria.
7.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN POR CRÉDITO EXTRAORDINARIO Nº
03/2015 PARA APLICACIÓN DE SUPERÁVIT 2014.: Dáse conta do ditame emitido pola
Comisión Informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 26
de outubro de 2015, do seguinte teor:
Dáse conta da Proposta da Alcaldía do teor seguinte:
PROPOSTA DA ALCALDÍA-PRESIDENCIA XUSTIFICATIVA DA MOFIFICACIÓN
ORZAMENTARIA POR CRÉDITO EXTRAORDINARIO Nº 03/CE/2015 EN CUMPRIMENTO DO
ARTIGO 32 DA LO2/2012.
ANTECEDENTES
Visto que na liquidación do exercicio 2014 obtívose Remanente Líquido de Tesourería para
Gastos Xerais con signo positivo, así como uns resultados de capacidade de financiamento en
termos de estabilidade.
Visto o informe de Intervención-Tesourería Ref.: CV 279/2015-TES 46/2015, onde en síntese
disponse:
“(…)
1.- Á vista dos resultados arroxados por este Informe de intervención, se conclúe o
INCUMPRIMENTO dos requisitos da Disposición Adicional Sexta, non podendo destinar o
Superávit 2014 a destinos alternativos.
2.- O Superávit 2014 dentro dos límites do RLTªGX axustado, deberá destinarse a reducir o
endebedamento neto da entidade en aplicación do artigo 32 da LO 2/2012, amortizando
operacións de endebedamento que estean vixentes, pola cantidade de 182.934,48 €.(...)”
Visto que dende un punto de vista de economía, a operación de crédito que ten un custo
financeiro máis elevado para o Concello de Vilagarcía de Arousa, cunha diferenza considerable
respecto do resto de operación contratadas, e polo tanto, a máis interesantes a efectos de
minorar a débeda viva é o préstamo Nº 2012/1/105101 asinado con BANKIA o 24/05/2012 por
importe de 4.513.879,99 € para o refinanciamento das operacións de préstamo formalizadas
polas entidades locais co fondo para o financiamento dos pagos a provedores (en diante
Préstamo-ICO 2012),
Co fin de dar cumprimento ao imperativo legal do artigo 32 da LO 2/2012, de 27 de abril, de
Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira das Administracións Públicas, referido á
aplicación do Superavit 2014 a amortizar débeda financeira dentro dos límites do RLTªGX.
Esta Alcaldía da cordo co artigo 177 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que
se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e o artigo 32 da LOEOSF
2/2012, propón ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:
PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o expediente de concesión de crédito extraordinario Nº
03/CE/2015, en relación ás aplicacións orzamentarias relacionadas a continuación:
APLICACIÓN ORZAMENTARIA IMPORTE
011-913 Débeda pública-amortiz. préstamos 182.934,48€
TOTAL 182.934,48€
SEGUNDO: Os medios e recursos que han de financiar os aumentos que se propoñen ao amparo
do disposto no artigo 177.4 do TRLFL 2/2004 e 36.1 a) do RD 500/90 son os seguintes:
- Remanente Líquido de Tesourería para Gastos Xerais axustado á baixa, calculado con
arreglo ao disposto no establecido nos artigos 101 a 104 do RD 500/90, máis os axustes
impostos polo Ministerio de Facenda, así como o axuste o recollido no propio informe da
Intervención municipal á Liquidación 2014 CV 31/2015:
APLICACIÓN ORZAMENTARIA IMPORTE
87000
REMANENTE LÍQUIDO DE TESOURERÍA PARA GASTOS
XERAIS 182.934,48€
TOTAL 182.934,48€
TERCEIRO: Expoñer ao público o expediente de concesión de crédito extraordinario Nº
03/CE/2015, e no BOP, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e
presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se
durante o citado prazo non se presentan reclamacións; en caso contrario, o Pleno disporá do
prazo de un mes para resolvelas.
CUARTO: Unha vez aprobado definitivamente o expediente de concesión de crédito
extraordinario Nº 03/CE/2015 será inserido e resumido por capítulos no BOP. Así mesmo,
remitirase copia do expediente á Administración do Estado e a da correspondente CCAA
simultaneamente ao envío do BOP.
Vilagarcía de Arousa, 6 de outubro de 2015
O ALCALDE,
Alberto Varela Paz
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e PP informan favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do EU, BNG e SOMOS MAIORÍA, din que se manifestarán no
Pleno e polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da modificación por crédito
extraordinario nº 03/2015 para aplicación de superávit 2014.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o préstamo con mais xuros é con BANKIA. É unha
obriga legal. Conta con informes da Interventora favorables.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que se destina o superavit ao pago de débeda. Están
en contra de criterios puramente económicos e que non poidan invertelos en Servizos Sociais,
por exemplo.
Se van abster.
- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que o BNG non comparte estes mecanismos pero son
obrigados.
Non van a opoñerse.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que é un imperativo legal. É do exercicio 2014.
¿Qué facer no futuro? ¿Dar prioridade aos veciños ou á banca?
EU non está a favor, nin de aprobar este superavit polas necesidades existentes (colexios, patio
Arealonga, etc.)
BANKIA é debedora do Concello.
- Intervén a Sra. Castro Vidal dicindo que quere recordar unha cifra. O déficit negativo en
4.000.000 € de 2011, e en 2015 hai superavit e foi debido a unha boa xestión económica, e se
remite ao informe da Interventora que consta no expediente. Non por gastar máis se gasta mellor,
o endebedamento actual no 56% permite que se poidan atender as necesidades dos veciños e
non se poden facer gastos por enriba dos ingresos.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que non se pode presumir dun superavit nunha
empresa de servizos como o Concello. Hai que buscar un equilibrio entre ingresos e gastos.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que sobrar cartos non é unha boa xestión. Ao seu
entender foi por unha xestión fácil e cruel. Baixan os ingresos da construción e sóbense os
impostos ás familias, IBI e outros.
Hai moito onde investir os cartos, se pode bonificar os impostos a moita xente.
- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que lle sorprende a postura da bancada da esquerda. O actual
grupo de goberno dicía na oposición que se dedicara a servizos sociais. Que diferente cando
goberna un ou outro. Se amortiza o préstamo máis caro. Antes había déficit.
O PP axustou o gasto ao ingreso real, é difícil cadrar ao céntimo a final de ano. No 2013 foron
500.000 €. Antes non o entendían, agora algo mellor.
Benvidos á realidade e ao goberno. Fai uns días se aprobou o catastrazo no rural.
- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que o catastrazo llo deben ao PP. O goberno ten que dar servizos
e non pode haber eses axustes que fixo o goberno anterior.
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Con quince votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos
municipais do PSdG-PSOE (8) e PP (7), tres abstencións dos membros pertencentes aos grupos
políticos municipais de BNG (2) e Somos Maioría (1), e tres votos en contra, pertencentes ós
membros do grupo político municipal de EU (3)
ACÓRDASE: Por maioría,
PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o expediente de concesión de crédito extraordinario Nº
03/CE/2015, en relación ás aplicacións orzamentarias relacionadas a continuación:
APLICACIÓN ORZAMENTARIA IMPORTE
011-913 Débeda pública-amortiz. préstamos 182.934,48€
TOTAL 182.934,48€
SEGUNDO: Os medios e recursos que han de financiar os aumentos que se propoñen ao amparo
do disposto no artigo 177.4 do TRLFL 2/2004 e 36.1 a) do RD 500/90 son os seguintes:
- Remanente Líquido de Tesourería para Gastos Xerais axustado á baixa, calculado con
arreglo ao disposto no establecido nos artigos 101 a 104 do RD 500/90, máis os axustes
impostos polo Ministerio de Facenda, así como o axuste o recollido no propio informe da
Intervención municipal á Liquidación 2014 CV 31/2015:
APLICACIÓN ORZAMENTARIA IMPORTE
87000
REMANENTE LÍQUIDO DE TESOURERÍA PARA GASTOS
XERAIS 182.934,48€
TOTAL 182.934,48€
TERCEIRO: Expoñer ao público o expediente de concesión de crédito extraordinario Nº
03/CE/2015, e no BOP, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e
presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se
durante o citado prazo non se presentan reclamacións; en caso contrario, o Pleno disporá do
prazo de un mes para resolvelas.
CUARTO: Unha vez aprobado definitivamente o expediente de concesión de crédito
extraordinario Nº 03/CE/2015 será inserido e resumido por capítulos no BOP. Así mesmo,
remitirase copia do expediente á Administración do Estado e a da correspondente CCAA
simultaneamente ao envío do BOP.
8.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Nº
4/2015 E SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 02/SC/2015.: Dáse conta do ditame emitido pola
Comisión Informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 26
de outubro de 2015, do seguinte teor:
Pola Sra. Interventora infórmase que por erro non se incluiu o expediente de suplemento de
crédito na orde do día da Comisión Informativa, tratándose conxuntamente co expediente de
recoñecemento extraxudicial de crédito.
A seguir dáse conta da memoria da Alcaldía do teor seguinte:
MEMORIA DA ALCALDIA De conformidade co establecido nos Artigos 26.2.C e 60.2 do Real Decreto 500/90, de 20 de abril, poderán
aplicarse ós créditos do presuposto vixente as obrigas procedentes de exercicios anteriores, previo
recoñecemento extraxudicial de créditos polo Pleno Municipal.
Existen gastos procedentes de exercicios pechados que se encontran nas seguintes situacións:
Expedientes de gastos realizados nos exercicios 2011, 2012, 2013 e 2014 dos que as facturas/xustificacións
foron recibidas no ano 2015.
Visto que, no orzamento vixente existe crédito suficiente nas aplicacións orzamentarias ou a nivel de bolsa de
vinculación, tal e como se relaciona na relación anexa á providencia de alcaldía para afrontar estes gastos por
importe de 18.623,01 euros.
Tendo en conta que esta alcaldía considera necesario proceder ao recoñecemento extraxudicial de créditos co
fin de evitar o enriquecemento inxusto da Administración dado que se trata de servizos e subministracións
efectivamente realizados, en aras a evitar un prexuízo para os provedores, contratistas e demais acredores o
tempo que se contribúe a acadar os obxectivos de estabilidade marcados no Plan de Axuste do Concello de
Vilagarcía.
Logo de ver o Informe de Intervención, Ref. CV 311/2015 no que se manifesta a necesidade dun acordo plenario
para aprobar o recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 18.623,01 euros, con cargo ás
aplicacións orzamentarias especificadas na relación anexas á providencia de alcaldía (relación de OPAS Nº
D/2015/2), esta Alcaldía-Presidencia, somete á aprobación da Corporación Municipal, o seguinte acordo:
“Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos Nº 04/REC/2015, das facturas e xustificantes
comprendidos nas relación de OPAS Nº D/2015/02 anexa á providencia de alcaldía, por un importe global de
18.623,01 euros, con cargo ás aplicacións orzamentarias do Orzamento do exercicio 2015, a favor dos
acredores e contías individualizadas que figuran na citada relación e nos Informes de Intervención”.
Vilagarcía de Arousa, 21 de outubro de 2015
O ALCALDE
Alberto Varela Paz
Así mesmo dáse conta da memoria-proposta da Alcaldía xustificativa das modificacións
orzamentarias por suplemento de crédito, do seguinte teor:
Mediante Providencia da Alcaldía de data 19 de outubro de 2015 iniciouse o seguinte expediente:
- Expediente Nº 02/SC/2015 de modificación de crédito por suplemento de crédito por importe de
391.034,48€ para atender a expedientes de gasto de diversa natureza que non poden demorarse ata o
exercicio seguinte, para os que o crédito consignado inicialmente resulta insuficiente por circunstancias
sobrevidas e que afectan as aplicacións e nos importes que de seguido se indican:
APLICACIÓNS CON ALTA
IMPORTE
€
132 62300 2.217,34
135 22100 705,46
161 489 14.704,71
1621 22712 85.727,09
164 214 3.327,80
165 22100 70.152,31
165 62300 10.000,00
171 489 4.500,00
TOTAL ÁREA DE GASTO 1 191.334,71
2311 213 2.534,62
TOTAL ÁREA DE
GASTO 2 2.534,62
320 22100 19.542,60
334 22100 19.619,22
334 48201 5.230,26
338 22699 2.148,62
341 62300 2.586,46
TOTAL ÁREA DE
GASTO 3 49.127,16
432 489 1.389,77
453 213 12.024,03
453 619 10.000,00
453 625 65.000,00
454 213 8.563,49
TOTAL ÁREA DE
GASTO 4 96.977,29
912 233 26.549,96
943 46300 24.510,34
TOTAL ÁREA DE
GASTO 9 51.060,30
Total Xeral 391.034,08
Se trata de gastos específicos e determinados que non poden demorarse ata o próximo exercicio, e para
os que o crédito consignado inicialmente evidénciase insuficiente por diversas causas tales como aumento
na facturación de servizos como consecuencia de revisións de prezos, maior consumo eléctrico, maior
consumo de combustible polos servizos, maior importe de indemnización por asistencias no período de
dous meses por mor do retraso na adopción dos acordos organizativos da corporación, así como
investimentos vencellados á prestación de servizos de natureza básica e obrigatoria demandados pola
veciñanza como pavimentacións, alumeado público e mobiliario urbano; a urxencia reside no carácter
esencial e básico destes gastos de carácter non voluntario, e de non acometerse a presente modificación
non sería posible a súa tramitación o que prexudicaría a estabilidade e o cumprimento dos prazos de
morosidade e período medio de pago entre outras ratios.
Tendo en conta que existe unha economía no proxecto de gasto Nº18/2015, “MELLORA DA PRAZA DE
ABASTOS-2ª FASE” por importe de 360.000,00€ como consecuencia do aumento do coeficiente de
financiamento da Consellería de Economía e Industria e do reaxuste de anualidades do citado proxecto, así
como no proxecto de gasto, “SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA Á CANCEIRA MUNICIPAL” por
importe de 31.965,88€, e que ditas economías constitúen un medio e recurso que poden financiar os
aumentos que se propoñen ao amparo do disposto no artigo 177.4 do TRLFL 2/2004.
Vistos os informes de Intervención Ref.: CV 328/2015 e CV- 274/2015, dos que se deriva que existen
391.965,88€ que poden ser destinados a finalidades distintas das inicialmente previstas por circunstancias
sobrevidas, previa aprobación do reaxuste de anualidades e desistimento expreso para este exercicio 2015
do proxecto da Canceira municipal.
Esta Alcaldía, co obxecto de favorecer o cumprimento dos principios de estabilidade e sosinibilidade
financeira propón ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:
PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o expediente Nº 02/SC/2015 de suplemento de crédito por importe de
391.034,08€ financiado con baixas de créditos de gastos doutras aplicacións do orzamento vixente por
importe de 391.034,08€, para atender os gastos derivados dos seguintes expedientes :
Gasto efectivamente realizado en exercicios pechados, (REC Nº 04/REC/2015), para os que a
consignación inicial resulta insuficiente por importe de 18.623,01€.
Gastos efectivamente realizados no exercicio corrente para os que a consignación inicial resulta
insuficiente, por importe de 50.541,18€.
Previsións de gasto para o 4º trimestre derivados do normal desenvolvemento dos servizos básicos
e obrigatorios, para os que a consignación inicial resulta insuficiente por importe de 236.869,89€.
Proxectos de investimento co seguinte detalle:
Ano Número Denominación
Gastos
Previstos
2015 1
OBRAS DE PAVIMENTACIÓN E MELLORA DO
SANEAMENTO 10.000,00
2015 2 ADQUISICIÓN NOVAS LUMINARIAS ZONAS URBANAS 10.000,00
2015 3 RENOVACIÓN DE MOBILIARIO URBANO 65.000,00
TOTAL 85.000,00
Suplementando as aplicación polos importes que de seguido se indican:
APLICACIÓNS CON ALTA
IMPORTE
€
132 62300 2.217,34
135 22100 705,46
161 489 14.704,71
1621 22712 85.727,09
164 214 3.327,80
165 22100 70.152,31
165 62300 10.000,00
171 489 4.500,00
TOTAL ÁREA DE GASTO 1 191.334,71
2311 213 2.534,62
TOTAL ÁREA DE
GASTO 2 2.534,62
320 22100 19.542,60
334 22100 19.619,22
334 48201 5.230,26
338 22699 2.148,62
341 62300 2.586,46
TOTAL ÁREA DE
GASTO 3 49.127,16
432 489 1.389,77
453 213 12.024,03
453 619 10.000,00
453 625 65.000,00
454 213 8.563,49
TOTAL ÁREA DE
GASTO 4 96.977,29
912 233 26.549,96
943 46300 24.510,34
TOTAL ÁREA DE
GASTO 9 51.060,30
Total Xeral 391.034,08
SEGUNDO: Os medios e recursos que han de financiar os aumentos que se propoñen ao amparo do
disposto no artigo 177.4 do TRLFL 2/2004 son as baixas de créditos de gastos das aplicacións 4312-
62200 e 311-62200 do orzamento vixente, producíndose baixas polo importe de 391.034,08€ co seguinte
detalle:
APLICACIÓN
Nº
OBRA Denominación
Nº DE
OPERACIÓN IMPORTE/€
4312-62200 18
MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS-2ª
FASE - 305.704,80
4312-62200 - - RC 22015/977 54.295,20
311-62200
SUBM. ENERXÍA ELEC. CANCEIRA
MUNI RC 22015/978 31.034,08
TOTAL 391.034,08
TERCEIRO: O financiamento do expediente de modificación de crédito procede de anulación ou baixa de
créditos das aplicacións 4312-62200 e 311-62200 do Orzamento vixente, non comprometidas e das que a
súa dotación se estima reducible sen perturbación do respectivo servizo.
CUARTO: Modificar o Anexo de Investimentos 2015, que deberá incorporar a seguinte nova distribución
plurianual do proxecto de gasto:
FINANCIACIÓN: 2015 2016 TOTAL
%
FINANCIAMENTO
Préstamo 20.000,00 180.000,00 200.000,00 26,82%
Subvencion Xunta 120.000,00 120.000,00 240.000,00 32,18%
RRPP 0,00 305.704,80 305.704,80 41,00%
TOTAL 140.000,00 605.704,80 745.704,80 100,00%
Así como os tres novos proxectos de investimento con cargo a recursos propios:
Ano Número Denominación
Gastos
Previstos
2015 1
OBRAS DE PAVIMENTACIÓN E MELLORA DO
SANEAMENTO 10.000,00
2015 2 ADQUISICIÓN NOVAS LUMINARIAS ZONAS URBANAS 10.000,00
2015 3 RENOVACIÓN DE MOBILIARIO URBANO 65.000,00
TOTAL 85.000,00
QUINTO: Expoñer ao público o expediente nº 02/SC/2015 de suplemento de crédito financiado con baixas
de créditos de gastos doutras aplicacións do orzamento vixente, no BOP, por 15 días, durante os cales os
interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente se considerará
definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se houbesen presentado reclamacións; en caso
contrario, o Pleno disporá do prazo dun mes para resolvelas.
Dada a urxencia que revisten a aprobación dos xustificantes de gasto que integran os expedientes que
motivan a presente modificación, de cara a cumprir o período medio de pago e os prazos de morosidade e
poder atender ás demandas veciñais dentro do exercicio 2015, farase uso da excepción prevista na base
Nº10 das BEO 2015, de forma que transcorrido o período de exposición sen presentarse alegacións, o
crédito modificado estará dispoñible a efectos de execución orzamentaria, sen prexuízo da posterior e
preceptiva publicación da aprobación definitiva a efectos de recursos
SEXTO: Unha vez aprobado definitivamente o expediente será inserido e resumido por capítulos no BOP.
Así mesmo, se remitirá copia do expediente á Administración do Estado e a da correspondente CCAA
simultaneamente ao envío do BOP.
Vilagarcía de Arousa, 19 de outubro de 2015.
O ALCALDE
Alberto Varela Paz
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e PP informan favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do EU, BNG e SOMOS MAIORÍA, din que se
manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación do recoñecemento
extraxudicial de crédito nº 4/2015 e suplemento de crédito nº 02/SC/2015.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que se trata dun recoñecemento extraxudicial de
créditos que se financia con partidas do reaxuste de anualidades. Reforzáronse agora os
Servizos Sociais con tres persoas, e dedicarase tamén a obras que poden acometerse antes de
final de ano.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que van a votar a favor das facturas de provedores que
se deben dende o ano 2011 e proveñen dunha mala xestión, por erro ou por deixadez, isto
suporía o despido na Empresa privada.
- Intervén o Sr. Ríos González solicitando que se para o próximo ano se poidan ampliar partidas
en prioridades.
O BNG vai a favorecer á aprobación.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que o PP favorece estes temas na súa aprobación, pois
se dota con 36.000 € aos órganos de goberno. Isto si se cumpre. Esta parte do pacto si é
prioritaria, a económica.
O PP aprobou os soldos e dedicacións exclusivas.
EU quere que se faga a votación por separado, e chirrían as facturas dos semáforos que multan.
A 2ª parte (suplemento de crédito), que se retire a parte de órganos de goberno.
- Intervén o Sr. Fole dicindo que agora se di que non hai problemas en Servizos Sociais. Se
liberan 300.000 € e non fai falta nada en Servizos Sociais e falan ende EU de 20.000 € dun posto
de confianza e agora non hai nada que facer en Servizos Sociais.
O PP favorecerá a aprobación, hai empresas que presentar as facturas tarde.
En 2007 283.000 € en recoñecemento extraxudicial; en decembro de 2011 eran 198.000 €, iso si
que é mala xestión.
Agora 18.000 €, non é nada.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que EU ante 390.000 € fala de 26.000 € de órganos de
goberno. E gasto corrente. As liberacións van ao Capítulo I de gastos de persoal. En Servizos
Sociais non había persoal para tramitar, agora hai 3 persoas mais (1 asistente social e 2 auxiliares
administrativos), e hai máis axudas que se conceden.
A xestión do PP foi valorada o 24 de maio pola cidadanía.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que se informou nunha comisión sobre as facturas non
presentadas. Pero hai facturas do ano 2011.
- Intervén o Sr. López Rodríguez reclamando facer máis cousas no ámbito social. 26.000 € máis
en indemnizacións a órganos de goberno.
EU non comparte a proposta, non é prioritario ese gasto.
- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que invita aos grupos a pasar por Intervención para coñecer os
gastos.
Sometido a votación de forma separada os dous expedientes. Comezando polo Expediente de
recoñecemento extraxudicial de créditos nº 4/2015, que da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)
ACÓRDASE: Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos Nº 04/REC/2015,
das facturas e xustificantes comprendidos nas relación de OPAS Nº D/2015/02 anexa á
providencia de alcaldía, por un importe global de 18.623,01 euros, con cargo ás aplicacións
orzamentarias do Orzamento do exercicio 2015, a favor dos acredores e contías individualizadas
que figuran na citada relación e nos Informes de Intervención.
A seguir sométese a votación o expediente de suplemento de crédito nº 02/SC/2015, que da o
seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Con dez votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais
do PSdG-PSOE (8) e BNG (2), oito abstencións dos membros pertencentes aos grupos políticos
municipais do PP (7) e Somos Maioría (1), e tres votos en contra, pertencentes ós membros do
grupo político municipal de EU (3)
ACÓRDASE: Por maioría,
PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o expediente Nº 02/SC/2015 de suplemento de crédito por
importe de 391.034,08€ financiado con baixas de créditos de gastos doutras aplicacións do
orzamento vixente por importe de 391.034,08€, para atender os gastos derivados dos seguintes
expedientes :
Gasto efectivamente realizado en exercicios pechados, (REC Nº 04/REC/2015), para os
que a consignación inicial resulta insuficiente por importe de 18.623,01€.
Gastos efectivamente realizados no exercicio corrente para os que a consignación inicial
resulta insuficiente, por importe de 50.541,18€.
Previsións de gasto para o 4º trimestre derivados do normal desenvolvemento dos
servizos básicos e obrigatorios, para os que a consignación inicial resulta insuficiente por importe
de 236.869,89€.
Proxectos de investimento co seguinte detalle:
Ano Número Denominación Gastos Previstos
2015 1 OBRAS DE PAVIMENTACIÓN E MELLORA DO SANEAMENTO 10.000,00
2015 2 ADQUISICIÓN NOVAS LUMINARIAS ZONAS URBANAS 10.000,00
2015 3 RENOVACIÓN DE MOBILIARIO URBANO 65.000,00
TOTAL 85.000,00
Suplementando as aplicación polos importes que de seguido se indican:
APLICACIÓNS CON ALTA IMPORTE €
132 62300 2.217,34
135 22100 705,46
161 489 14.704,71
1621 22712 85.727,09
164 214 3.327,80
165 22100 70.152,31
165 62300 10.000,00
171 489 4.500,00
TOTAL ÁREA DE GASTO 1 191.334,71
2311 213 2.534,62
TOTAL ÁREA DE GASTO
2 2.534,62
320 22100 19.542,60
334 22100 19.619,22
334 48201 5.230,26
338 22699 2.148,62
341 62300 2.586,46
TOTAL ÁREA DE GASTO
3 49.127,16
432 489 1.389,77
453 213 12.024,03
453 619 10.000,00
453 625 65.000,00
454 213 8.563,49
TOTAL ÁREA DE GASTO
4 96.977,29
912 233 26.549,96
943 46300 24.510,34
TOTAL ÁREA DE GASTO
9 51.060,30
Total Xeral 391.034,08
SEGUNDO: Os medios e recursos que han de financiar os aumentos que se propoñen ao amparo
do disposto no artigo 177.4 do TRLFL 2/2004 son as baixas de créditos de gastos das
aplicacións 4312-62200 e 311-62200 do orzamento vixente, producíndose baixas polo importe
de 391.034,08€ co seguinte detalle:
APLICACIÓN
Nº
OBRA Denominación Nº DE OPERACIÓN IMPORTE/€
4312-62200 18 MELLORA DA PRAZA DE ABASTOS-2ª FASE - 305.704,80
4312-62200 - - RC 22015/977 54.295,20
311-62200 SUBM. ENERXÍA ELEC. CANCEIRA MUNI RC 22015/978 31.034,08
TOTAL 391.034,08
TERCEIRO: O financiamento do expediente de modificación de crédito procede de anulación ou
baixa de créditos das aplicacións 4312-62200 e 311-62200 do Orzamento vixente, non
comprometidas e das que a súa dotación se estima reducible sen perturbación do respectivo
servizo.
CUARTO: Modificar o Anexo de Investimentos 2015, que deberá incorporar a seguinte nova
distribución plurianual do proxecto de gasto:
FINANCIACIÓN: 2015 2016 TOTAL % FINANCIAMENTO
Préstamo 20.000,00 180.000,00 200.000,00 26,82%
Subvencion Xunta 120.000,00 120.000,00 240.000,00 32,18%
RRPP 0,00 305.704,80 305.704,80 41,00%
TOTAL 140.000,00 605.704,80 745.704,80 100,00%
Así como os tres novos proxectos de investimento con cargo a recursos propios:
Ano Número Denominación Gastos Previstos
2015 1 OBRAS DE PAVIMENTACIÓN E MELLORA DO SANEAMENTO 10.000,00
2015 2 ADQUISICIÓN NOVAS LUMINARIAS ZONAS URBANAS 10.000,00
2015 3 RENOVACIÓN DE MOBILIARIO URBANO 65.000,00
TOTAL 85.000,00
QUINTO: Expoñer ao público o expediente nº 02/SC/2015 de suplemento de crédito financiado
con baixas de créditos de gastos doutras aplicacións do orzamento vixente, no BOP, por 15 días,
durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O
expediente se considerará definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se houbesen
presentado reclamacións; en caso contrario, o Pleno disporá do prazo dun mes para resolvelas.
Dada a urxencia que revisten a aprobación dos xustificantes de gasto que integran os
expedientes que motivan a presente modificación, de cara a cumprir o período medio de pago e
os prazos de morosidade e poder atender ás demandas veciñais dentro do exercicio 2015, farase
uso da excepción prevista na base Nº10 das BEO 2015, de forma que transcorrido o período de
exposición sen presentarse alegacións, o crédito modificado estará dispoñible a efectos de
execución orzamentaria, sen prexuízo da posterior e preceptiva publicación da aprobación
definitiva a efectos de recursos
SEXTO: Unha vez aprobado definitivamente o expediente será inserido e resumido por capítulos
no BOP. Así mesmo, se remitirá copia do expediente á Administración do Estado e a da
correspondente CCAA simultaneamente ao envío do BOP.
9.- MANIFESTO DO CONSELLO LOCAL DA MULLER CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO
“DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”.: Dáse conta do ditame emitido
pola Comisión Informativa de Benestar Social e Igualdade, en sesión celebrada o día 26 de
outubro de 2015, do seguinte teor:
Dáse conta do manifesto do Consello Local da Muller, do teor seguinte:
Un ano máis estamos aquí, o 25 de novembro, para manifestar o noso máis contundente
rexeitamento á violencia machista e calquera da súas manifestacións.
A violencia contra ás mulleres, declarada pola ONU como, o crime contra a humanidade máis
estendido, tolerado e impune, enraizado en toda as sociedades e cultura, ten a súa base na
desigualdade e no sometemento do home sobre a muller, nun sistema económico, social e
cultural de privilexios que os favorece. Só despois de moito tempo de loita das mulleres que fixo
posible a consecución de moitos dos nosos dereitos como cidadás, como persoas de pleno
dereito, ponse de manifesto que no estamos a falar dunha expresión espontánea da natureza
senón dunha construción social e cultural que non entende de idade, de estatus ou nivel
educativos, que nos afecta a todas e cada unha de nos polo simple feito de sermos mulleres. Por
isto, o rexeitamento social é, sen dúbida a forma máis efectiva de combater esta violencia.
É necesario un cambio fundamental de actitude, de mentalidade para que se desenvolva na nosa
sociedade a idea de que a violencia machista é inadmisible e para conseguilo é preciso que a
igualdade sexa real e efectiva en todas as políticas e todos os proxectos. Defender politicamente
a igualdade entre mulleres e homes e con isto, deslexitimar e desmotivar todas as condutas que
buscan o sometemento das mulleres e a xerarquía das relacións de xénero.
Nos derradeiros anos cos recortes e o desmantelamento de estruturas e dispositivos sociais de
atención a mulleres, estase a poñer de relevo o carácter case residual das políticas de igualdade
no marco das políticas sociais, mostrándonos a brecha existente entre os discursos e acción
política e institucional.
Por iso entendemos que a denuncia da violencia contra as mulleres non debe limitarse soamente
as actitudes violentas e machistas que se exercen de xeito individual senón que, tamén é
fundamental denunciar o agravamento dos factores de violencia estrutural: a falta de políticas
educativas, o incremento da desprotección social, o maior desemprego, a feminización da
pobreza, o sexismo, a insuficiencia de recursos públicos para a prevención, protección e
atención a mulleres vítimas de violencia, son factores de risco que favorecen o aumento da
violencia contra as mulleres.
Partindo desta realidade dende o Consello Local da Muller de Vilagarcía de Arousa queremos
demandar, queremos insistir na necesidade dunha resposta integral para vencer a desigualdade
e todas as violencias que provoca.
Respostas no ámbito laboral, que impulsen o emprego e garantan o exercicio dos dereitos
laborais e o acceso ás prestación. Respostas que dende o ámbito do local, reactiven a
contratación de mulleres a través do plan de inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de
xénero.
Respostas no ámbito educativo, que impulsen a formación do profesorado en materia de
igualdade, de prevención da violencia e de resolución de conflitos, que no noso Concello se
concreten impulsando a presenza nos Consello Escolares de cada centro, así como no Consello
Escolar Municipal, dunha persoa especializada na implantación de medidas educativas que
favorezan a igualdade real.
Respostas no ámbito institucional que queremos concretar, no restablecemento das
competencias municipais de igualdade para a asistencia integral de mulleres vítimas de violencia
de xénero, así como ás súas fillas e fillos, eliminadas coa reforma da Administración Local.
Por último, dende o Consello Local da Muller solicitamos á Corporación Municipal que apoie
este Manifesto traballando para facer realidade as propostas que nel se fan a nivel do local e que
se sume a participar na súa lectura no acto do vindeiro 25 de Novembro ás 12,00h na porta do
Concello.
CONSELLO LOCAL DA MULLER DE VILAGARCIA DE AROUSA
- A Sra. García Sanmartín explica que o texto está consensuado co Consello da Muller.
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, PP, EU e Somos Maioría informan
favorablemente.
As/os representantes do grupo municipal do BNG, din que se manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente o manifesto do Consello Local da Muller con
motivo do 25 e novembro “Día internacional contra a violencia de xénero”.
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as Concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)
ACÓRDASE: Aprobar o manifesto do Consello Local da Muller con motivo do 25 de novembro
“Día internacional contra a violencia de xénero”.
10.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL
DO PSDG-PSOE CON MOTIVO DA MARCHA ESTATAL CONTRA AS VIOLENCIAS
MACHISTAS, DO 7 DE NOVEMBRO DE 2015.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión
Informativa de Benestar Social e Igualdade, en sesión celebrada o día 26 de outubro de 2015, do
seguinte teor:
Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal do PSG-PSOE coa data de 8 de outubro
de 2015, do seguinte teor:
MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE
VILAGARCÍA DE AROUSA CON MOTIVO DA MARCHA ESTATAL CONTRA AS VIOLENCIAS
MACHISTAS DE 7 DE NOVEMBRO 2015.
De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das
Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilagarcía de Arousa desexa
someter á consideración do Pleno a seguinte Moción.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O 7 de novembro de 2015 confluiremos en Madrid miles de persoas de todo o Estado,
convocadas polo Movemento Feminista, para manifestarnos contra as violencias machistas.
Todas as persoas e entidades, especialmente as públicas, estamos emprazadas non só a
manifestarnos e contribuír a esta acción cidadá, senón a reactivar e mellorar a prevención e a
resposta á subsistencia da violencia machista evidenciada nos casos gravísimos deste verán,
dez anos despois da Lei integral contra a violencia de xénero de 2004, das numerosas leis
autonómicas e un ano despois da ratificación do Convenio de Istambul (BOE do 06.06.14), que se
incumpren substancialmente en canto a prevención no ámbito educativo, que só dan protección
laboral ou económica ao 1% das 126.742 denunciantes, ou de vivenda, mentres crece a
desigualdade que é o caldo de cultivo da violencia.
Os concellos, como institución máis próxima, somos imprescindibles para a prevención e a
atención social, xurídica e psicolóxica que establece o artigo 19 da lei estatal de 2004. Con todo,
o artigo 27.3.c) da Lei de Réxime Local reformado pola Lei 27/2013 di que os concellos só
poderán prestar servizos sociais, de promoción da igualdade de oportunidades e de prevención
da violencia contra a muller por delegación do Estado ou da Comunidade Autónoma financiada
ao 100%, que en absoluto cobren os 6 millóns da partida 45 do programa 232C de Violencia de
Xénero no Proxecto de Orzamentos do Estado 2016.
Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilagarcía de Arousa presenta para a
súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando o Concello a:
colocar o 7 de novembro de 2015 na fachada do Concello unha pancarta violeta coa lema
"contra as violencias machistas" e promover a participación cidadá na Marcha.
facelo igualmente cada ano o 25 de novembro, Día internacional contra a violencia cara ás
mulleres.
soster tódolos días do ano, tódolos anos, os recursos persoais, materiais e políticos para
a igualdade e para a prevención e atención xurídica, social e psicolóxica ás vítimas de violencia
machista, cumprindo o art. 19 da Lei Orgánica 1/2004, establecendo un sistema estable de
financiamento estatal, autonómica e local a longo prazo.
asegurar unha atención estable e de calidade, en condicións de ampla accesibilidade,
confidencialidade, protección e anonimato, que inclúa a rehabilitación, avaliación e seguimento, o
que leva a xestión pública directa dos servizos para a igualdade e contra a violencia de xénero.
contribuír á promoción da igualdade e contra a violencia de xénero en todos os centros e
en tódalas etapas educativas, cooperando coa comunidade escolar.
realizar campañas de sensibilización contra o sexismo na actividade cultural, de
organización de festexos, de seguridade e convivencia e tódalas actuacións e servizos de
competencia municipal.
erradicar o sexismo, a segregación, o acoso e os estereotipos sexuais en todas as nosas
actuacións e servizos.
desenvolver unha atención especial ás mulleres con discriminación múltiple e outros
colectivos agredidos pola violencia machista, como persoas con diversidade sexual, inmigrantes,
con diversidade funcional, paradas ou dependentes, e non incorrer na victimización múltiple nos
procesos de atención.
fomentar a participación da sociedade civil, en particular as organizacións de mulleres.
Enviar este acordo á Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, para que no seu
seguimento e Informes ao GREVIO para a aplicación do Convenio de Istambul que establece o
seu artigo 68 inclúa, conforme aos artigos 7.3 e 18.2, as actuacións da administración local.
07 de outubro de 2015
Tania García Sanmartín
Voceira Grupo Municipal Socialista
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, EU e Somos Maioría informan
favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do PP e BNG, din que se manifestarán no Pleno e polo tanto
abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente moción presentada polo grupo municipal do
PSdeG-PSOE con motivo da marcha estatal contra as violencias machistas, do 7 de novembro de 2015.
- Polo Sr. Alcalde indícase que se van a debater conxuntamente os asuntos sinalados cos
números 10 e 11 da orde do día.
- Dáse conta da emenda á moción presentada polo grupo municipal do BNG: Colocar o 7 de novembro na fachada do Concello unha pancarta violeta co lema “contra as
violencias machistas” e promover a participación cidadá na Marcha así como aquelas iniciativas contra a
violencia machista de feminismo na localidade e a nivel galego.
Facelo igualmente cada ano o 25 de novembro, Día internacional contra a violencia cara as
mulleres.
Instar a Xunta, entidade con competencias directas na materia, a Mellorar os servizos de atención
psicolóxica, información, inserción laboral recollidos na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega, para a
prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
Instar á Xunta a iniciar os traballos para modificar da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega, para a
prevención e tratamento integral da violencia de xénero para incluír o termo Feminicio así como as
consideracións necesarias ao respecto.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que aprobaron a Lei de prevención contra a violencia
de xénero cando gobernada no Estado o PSOE.
O 7N está prevista unha grande marcha en Madrid, van a colaborar coa iniciativa, colocarán unha
pancarta, farán algunha achega económica, a Deputación pon un autobús que sairá da
explanada TIR.
Hoxe houbo un feito lamentable en Vigo, unha vítima de violencia de xénero.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que por desgraza se fala destes temas, o ideal sería
que a violencia de xénero desapareza.
Van aprobar a moción.
Destacan o traballo do CIM do Concello e reclaman un espazo na páxina Web e nos orzamentos
de 2016 que se incremente a partida para estas actividades.
- Intervén a Sra. César Veloso dicindo que se debe dar prioridade política, social e educativa. O
BNG está de acordo coa marcha e piden engadir a emenda, e a Xunta de Galicia que exerza as
competencias na materia.
- Intervén a Sra. Mosquera Leal dicindo que a loita pola igualdade é unha prioridade. E pide máis
recursos para o CIM do Concello. É un problema grave, hai que traballar pola igualdade, debe ser
unha preocupación dos gobernos e felicitan ás Asociacións de Mulleres do Concello e ás
técnicas municipais e rexeitan as declaracións de Feijoo sobre o Sr. Baltar (petición de traballo a
cambio de sexo).
- Intervén a Sra. Suárez Sarmiento dicindo que o PP apoia a moción e o manifesto. Hai un
repunte moi preocupante de violencia de xénero e todos temos que implicarnos. Estaban tódolos
grupos no Consello da Muller e antes o BNG e EU non asistían.
É importante o apoio ás mulleres.
No 2014 houbo tamén moito persoal en Servizos Sociais (3 traballadores/as sociais reforzando) e
nunca sobrou diñeiro en Servizos Sociais e se sobraba se facían programas específicos.
O PP apoia a moción e o manifesto.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que calquera proxecto de intervención necesita tempo.
Lles sobran iniciativas. Calquera proxecto leva máis de dous meses.
Abren o comedor infantil en 15 días. Houbo recortes co PP en servizos sociais. Nos concellos de
menos de 20.000 habitantes non teñen competencias en Servizos Sociais porque está detrás a
privatización.
A orde de axudas ao CIM os deixa sen medios. A Xunta de Galicia afoga aos Concellos.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que aceptan a emenda do BNG.
- A Sra. César Veloso pregunta se se debería substituír relixión por educación pola cidadanía.
Sometido a votación a moción do grupo municipal do PSdG-PSOE coa emenda do BNG da o
seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)
ACÓRDASE: Aprobar a moción do grupo municipal do PSdG-PSOE e
Colocar o 7 de novembro na fachada do Concello unha pancarta violeta co lema “contra
as violencias machistas” e promover a participación cidadá na Marcha así como aquelas
iniciativas contra a violencia machista de feminismo na localidade e a nivel galego
facelo igualmente cada ano o 25 de novembro, Día internacional contra a violencia cara ás
mulleres.
Instar a Xunta, entidade con competencias directas na materia, a Mellorar os servizos de
atención psicolóxica, información, inserción laboral recollidos na Lei 11/2007, do 27 de xullo,
galega, para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
Instar á Xunta a iniciar os traballos para modificar da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega,
para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero para incluír o termo Feminicio así
como as consideracións necesarias ao respecto.
Soster tódolos días do ano, tódolos anos, os recursos persoais, materiais e políticos para
a igualdade e para a prevención e atención xurídica, social e psicolóxica ás vítimas de violencia
machista, cumprindo o art. 19 da Lei Orgánica 1/2004, establecendo un sistema estable de
financiamento estatal, autonómica e local a longo prazo.
Asegurar unha atención estable e de calidade, en condicións de ampla accesibilidade,
confidencialidade, protección e anonimato, que inclúa a rehabilitación, avaliación e seguimento, o
que leva a xestión pública directa dos servizos para a igualdade e contra a violencia de xénero.
Contribuír á promoción da igualdade e contra a violencia de xénero en todos os centros e
en tódalas etapas educativas, cooperando coa comunidade escolar.
Realizar campañas de sensibilización contra o sexismo na actividade cultural, de
organización de festexos, de seguridade e convivencia e tódalas actuacións e servizos de
competencia municipal.
Erradicar o sexismo, a segregación, o acoso e os estereotipos sexuais en todas as nosas
actuacións e servizos.
Desenvolver unha atención especial ás mulleres con discriminación múltiple e outros
colectivos agredidos pola violencia machista, como persoas con diversidade sexual, inmigrantes,
con diversidade funcional, paradas ou dependentes, e non incorrer na victimización múltiple nos
procesos de atención.
Fomentar a participación da sociedade civil, en particular as organizacións de mulleres.
Enviar este acordo á Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, para que no seu
seguimento e Informes ao GREVIO para a aplicación do Convenio de Istambul que establece o
seu artigo 68 inclúa, conforme aos artigos 7.3 e 18.2, as actuacións da administración local.
11.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO MANIFESTO PRESENTADO POLA PLATAFORMA
FEMINISTA GALEGA, CON MOTIVO DA MARCHA ESTATAL CONTRA AS VIOLENCIAS
MACHISTAS, DO 7 DE NOVEMBRO DE 2015 EN MADRID.: Dáse conta do ditame emitido pola
Comisión Informativa de Benestar Social e Igualdade, en sesión celebrada o día 26 de outubro de
2015, do seguinte teor:
Dáse conta do escrito presentado pola Plataforma Feminista Galega o día 2 de outubro de 2015,
no que solicita, entre outras cuestións, que no Pleno da Corporación se debata a moción que
achegan sobre o 7N “Marcha contra as Violencias Machistas, seguinte:
MANIFESTO
O movemento feminista DENUNCIA que as violencias machistas supoñen a manifestación máis
violenta da DESIGUALDADE DE XÉNERO E SUPOÑEN a más grave violación dos DEREITOS
HUMANOS DAS MULLERES que padece a nosa sociedade.
Dende o ano 1995, 1378 mulleres foron asasinadas polo terrorismo machista. No que levamos de
ano se contabilizaron 70 feminicidios e outros asasinatos de mulleres cometidos por homes: solo
no verán de 2015 foron asasinadas 37 mulleres e 8 menores a mans das súas parellas, pais ou
parellas das súas nais. Mulleres e menores sofren violencia patriarcal en múltiples formas. E isto
só é a punta do iceberg.
Nos últimos anos temos padecido os recortes sistemáticos nos recursos públicos xerais, nos
dereitos sexuais e os dereitos reprodutivos, recortes na interrupción voluntaria do embarazo das
menores de entre 16 e 17 anos e recortes nos recursos especializados conta as violencias
machistas. A cultura patriarcal nos culpabiliza sen que a sociedade, os medios de masas e os
poderes públicos se enfronten aos mitos misóxinos e anti feministas.
O movemento feminista considera que as violencias, que vivimos en distintos ámbitos, suceden
nunha sociedade que tolera a desigualdade, e resta credibilidade e autoridade ás mulleres. O
machismos alimenta a nosa desvalorización, a cosificación dos nosos corpos e a falta de
respecto ás nosas decisións. Igualmente, estas agresións son inseparables das que sofren as
persoas que non responden á masculinidade hexemónica.
Por todo elo, o movemento feminista convoca a Marcha contra as violencias machistas o 7N
para:
ESIXIR:
Que a loita contra o terrorismo machista sexa unha cuestión de estado.
Que se desenvolva e implemente o Convenio de Estambul e o cumprimento das
recomendacións da CEDAW, e se reforme a Lei 1/2004 para que estean reflectidas todas as
formas de violencia contra as mulleres.
Que toda a sociedade e as súas organizacións e institucións se comprometan nesta loita.
Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia que exerce a parella ou ex parella como
as agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito laboral, a trata con fins de explotación
sexual/laboral de mulleres e nenas e todas as violencias machistas.
Que todas as instancias de goberno se comprometan realmente na prevención e
erradicación das violencias machistas, así como na asistencia e reparación de todas as mulleres
en situación de violencia, independentemente da situación administrativa en que se encontren as
mulleres.
Que o acento se poña na protección das afectadas, facilitando diferentes saídas que
impliquen unha verdadeira recuperación vital, económica e social delas así como dos seus fillos e
fillas.
Que a prevención sexa unha política prioritaria, que inclúa un sistema coeducativo en
todos os ciclos, a formación específica para todo o persoal profesional que intervén nos
procesos, os medios de comunicación, a produción cultural e a sociedade civil na loita contra as
violencias machistas.
Que os medios de comunicación se comprometan a facer tratamento adecuado das
diferentes violencias machistas, visibilizándoas, evitando o sensacionalismo morboso no seu
tratamento e utilizando unha linguaxe e unhas imaxes non sexistas.
A eliminación da custodia compartida imposta e o réxime de visitas aos menores dos
maltratadores condenados. A retirada e non cesión da patria potestade aos maltratadores.
Tomemos conciencia dunha vez que o Machismo Mata e fai imposible a convivencia esixible
nunha democracia.
Estamos aquí presentes para facer un chamamento a cada persoa, a cada institución, a cada
partido político, a cada goberno para non ser cómplices desta barbarie.
A metade da humanidade ten que seguir vivindo, non podemos permitir nin un asasinato máis.
Por elo vos esperamos o próximo 7 de Novembro en Madrid, onde realizaremos unha Marcha
que sairá dende o Ministerio de Sanidade no Paseo do Prado, ás 12 h. ata a praza de España.
!NOS QUEREMOS VIVAS¡ !BASTA XA¡
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, EU e Somos Maioría informan
favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do PP e BNG din que se manifestarán no Pleno e polo tanto
abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente o manifesto presentado pola Plataforma
Feminista Galega, con motivo da marcha estatal contra as violencias machistas, o 7 de novembro de 2015.
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)
ACÓRDASE: Aprobar o manifesto presentado pola Plataforma Feminista Galega, con motivo da
marcha estatal contra as violencias machistas, o 7 de novembro de 2015.
12.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL
DE EU EN RELACIÓN COAS MARCHAS DA DIGNIDADE PREVISTA PARA O 24 DE
OUTUBRO DE 2015 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.: Dáse conta do ditame emitido pola
Comisión Informativa de Benestar Social e Igualdade, en sesión celebrada o día 26 de outubro de
2015, do seguinte teor:
Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal de EU coa data de 7 de outubro de
2015, do seguinte teor:
GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPON PARA O SEU DEBATE EN PLENO, A
PRESENTE MOCIÓN :
D. Jesús López Rodríguez, Dª. María Mosquera Leal e D.Juan Manuel Fajardo Recouso ,
Concelleiros do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Vilagarcía de Arousa, veñen
a formular para a súa aprobación a presente MOCIÓN en base á seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O grupo municipal de EU faise eco da solicitude das marchas da Dignidade de Galicia, para que
nos plenos dos concellos Galegos se debata as cuestións que a continuación relacionamos.
As Marchas da dignidade son un movemento social que en Galicia aglutina a máis de 60
organizacións e colectivos veciñais, sindicais, culturais, sociais e políticos, movemento do que
forma parte a nosa organización . As MmdD levan máis de dous anos mobilizándose na rúa para
esixir o remate das políticas que agreden a maioría social Golpeada pola chamada crise.
As MMdD queren dirixirse o conxunto da corporación do Concello de Vilagarcía para que asuman
e deliberen sobre os seguintes postulados.
1.- A corporación Municipal debe ser consciente da situación dramática que esta a sufrir a
maioría social. A chamada crise económica lonxe de rematar chegou para quedarse, por moito
que algúns utilicen certos indicadores económicos para aparentar unha mellora que nada ten que
ver coa realidade nin cos sectores populares.
2. Dita situación de emerxencia social deriva da crise estrutural , que dende fai anos afecta sen
distincións a unha maioría social que é agredida por diversas vías, o desemprego, os recortes
sociais, os desafiuzamentos, as privatizacións, ou o desmantelamento dos sectores produtivos
tradicionais. Todos estamos sendo golpeados, desde os pensionistas ata a xuventude que ten
que emigrar, pasando polas clase traballadora, o sector pesqueiro, o pequeno comercio ou os
pequenos propietarios do campo, como acabamos de observar no conflito do sector pesqueiro
Por doto isto proponse que o pleno da corporación adopte o seguinte ACORDO
O Concello de Vilagarcía asume as demandas das MmdD e apoia a manifestación convocada
polas marchas da Dignidade prevista para o próximo 24 de outubro na Praza do Obradoiro de
Compostela, e fai un chamamento os veciños e veciñas a participar na mesma.
Vilagarcía a 15 de Setembro de 2015
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, EU e Somos Maioría informan
favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do PP e BNG, din que se manifestarán no Pleno e polo tanto
abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a moción presentada polo grupo municipal de EU
en relación coas marchas da dignidade prevista para o 24 de outubro en Santiago de Compostela.
Dáse conta da emenda de adición presentada polo grupo municipal do BNG, seguinte:
1.- A corporación Municipal debe ser consciente da situación dramática que esta a sufrir a
maioría social. A chamada crise económica lonxe de rematar chegou para quedarse, por moito
que algúns utilicen certos indicadores económicos para aparentar unha mellora que nada ten que
ver coa realidade nin cos sectores populares.
2. Dita situación de emerxencia social deriva da crise estrutural (*do capitalism*) , que dende fai
anos afecta sen distincións a unha maioría social que é agredida por diversas vías, o
desemprego, os recortes sociais, os desafiuzamentos, as privatizacións, ou o desmantelamento
dos sectores produtivos tradicionais. Todos estamos sendo golpeados, desde os pensionistas ata
a xuventude que ten que emigrar, pasando polas clase traballadora, o sector pesqueiro, o
pequeno comercio ou os pequenos propietarios do campo, como acabamos de observar no
conflito do sector pesqueiro. (*Na Galiza vivimos así as consecuencias deste estado de urxencia
social e nacional agudizado pola ofensiva centralizadora neoliberal que ten amparado un recorte
sen precedente de servizos e dereitos sociais. Desde os concellos como a institución de maior
proximidade para os veciños e veciñas e coñecedora das consecuencias do afán recentralizador
do goberno do PP na Xunta e no Estado, onde conta coa complicidade das ourtras forzas
políticas estatais, urxe denunciar esta situación.*)
Por doto isto proponse que o pleno da corporación adopte o seguinte ACORDO
O Concello de Vilagarcía asume as demandas das MmdD e apoia a manifestación convocada
polas marchas da Dignidade prevista para o próximo 24 de outubro na Praza do Obradoiro de
Compostela, e fai un chamamento os veciños e veciñas a participar na mesma, (*así como de
todas aquelas mobilizacións e denuncias impulsadas polo asociacionismo de base o sindicalismo
en Galiza na defensa dos dereitos sociais*.)
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que é importante que esta mobilización en Galiza teña
continuidade no tempo, existe moita xente en risco de exclusión. Que as demandas sexan
apoiadas para o futuro, pois o 24 de outubro de 2015 xa pasou. (Pan, traballo, vivenda).
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que celebra que se manteña a Moción e as marchas
son ánimo para moita xente que está afogada.
- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que concordan coa moción e ten a emenda indicada. Hoxe
estiveron os mariñeiros cun problema grave. Pódese facer un percorrido polos colectivos. É
necesaria unha mobilización social.
- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que a moción está ben: pan, traballo e vivenda. A filosofía ben,
as marchas ben, as propostas están moi lonxe da súa forma de pensar e o PP non apoia a
moción.
- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que o PSOE apoia a moción. Saben das necesidades da Xente.
Sometido a votación a moción do grupo municipal de EU coa emenda do BNG da o seguinte
resultado:
VOTACIÓN.- Con catorce votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos
municipais do PSdG-PSOE (8), EU (3), BNG (2) e Somos Maioría (1) e sete votos en contra,
membros pertencentes ao grupo político municipal do PP (7)
ACÓRDASE: Por maioría aprobar a moción presentada polo grupo municipal de EU e asumir as
demandas das MmdD e apoiar a manifestación convocada polas marchas da Dignidade prevista
para o próximo 24 de outubro na Praza do Obradoiro de Compostela, e fai un chamamento os
veciños e veciñas a participar na mesma, así como de todas aquelas mobilizacións e denuncias
impulsadas polo asociacionismo de base o sindicalismo en Galiza na defensa dos dereitos
sociais..
13.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL
DE SOMOS MAIORÍA, PARA A CREACIÓN DE BOLSAS DE AXUDA A ESTUDANTES PARA O
PAGO DE TAXAS E TRANSPORTE.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa
de Benestar Social e Igualdade, en sesión celebrada o día 26 de outubro de 2015, do seguinte
teor:
Dáse conta de moción presentada polo grupo municipal de Somos Maioría coa data de 17 de
outubro de 2015, do seguinte teor:
GRUPO MUNICIPAL DE SOMOS MAIORÍA VILAGARCÍA
(PARTICIPACIÓN DEMOCRÁTICA DIRECTA DE GALICIA)
Gaspar Antonio González Somoza, concelleiro e voceiro do Grupo Municipal de Somos Maioría
Vilagarcía (PDDdG), ao abeiro do previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e
Réxime Xurídico das Entidades Locais, desexa propoñer para a súa consideración por parte do
Pleno Municipal de Vilagarcía de Arousa, na súa sesión ordinaria de outubro de 2015, a seguinte
moción:
MOCIÓN PARA A CREACIÓN DE BOLSAS DE AXUDA A ESTUDANTES PARA O PAGO DE
TAXAS E TRANSPORTE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Son moitas as dificultades económicas que como consecuencia da crise están a pasar moitas
familias do noso Concello. Vilagarcía de Arousa encabeza a taxa de risco de exclusión social na
provincia cun 30,33%. O número de familias sen ningún tipo de ingreso neste ano 2015
incrementou en máis de cen con respecto ao ano 2014 e contabilízanse máis de 600. Así mesmo,
no primeiro semestre deste ano contabilizábanse mais de mil cincocentas familias con todos os
seus membros activos en situación de desemprego. En canto ao PIB, a media por habitante en
Vilagarcía de Arousa é notablemente inferior á media galega (15.951 € por veciña/o, mentres que
no conxunto de Galiza se sitúa en 19.599 €).
Como consecuencia desta situación moitos dos nosos mozos e mozas ou ben tiveron que
abandonar os seus estudos ou teñen serias dificultades para continualos. O aumento das taxas
universitarias xunto co recorte das bolsas aumentan esas dificultades.
Atender a demanda do estudantado matriculado en centros públicos que se encontre con
dificultades para comezar ou continuar os estudos por causas económicas é unha necesidade
que se debe abordar xa para este curso 2015/16. O obxectivo é compensar as desigualdades e
garantir a igualdade efectiva de oportunidades para que ningún nin ningunha estudante do noso
Concello abandone a universidade por motivos económicos.
Falamos dunha axuda co fin de facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á
educación post-obrigatoria en relación coas persoas que se encontren en situacións
desfavorables, unha axuda que proporcione os recursos económicos e os apoios precisos.
Seguindo o programa electoral co que se presentou a nosa formación ás eleccións do pasado 24
de maio, queremos marcar as prioridades do gasto municipal para mellorar a vida de todas e
todos nós.
Por todo iso, o Grupo Municipal de Somos Maioría (PDDdG) proponlle ao Pleno do Concello de
Vilagarcía de Arousa a adopción do seguinte
ACORDO:
O goberno municipal porá en marcha un programa de axudas para o pagamento de taxas
académicas e transporte para estudantes universitarios e de Formación Profesional da nosa
localidade que teñan que desprazarse a diario en transporte público aos seus centros de ensino.
Asdo.: Gaspar Antonio González Somoza
En Vilagarcía de Arousa, a 17 de outubro de 2015
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes dos grupos municipais de EU e Somos Maioría informan favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, PP e BNG, din que se manifestarán no
Pleno e polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a moción do grupo municipal de Somos Maioría
para a creación de bolsas de axuda a estudantes para o pago de taxas e transporte.
- Intervén o Sr. González Somoza lendo a moción. A seguir indica que é primordial que unha
parte do investimento se destine a esta finalidade. A representante do PP, entende que se
suprima “a diario”, e os estudantes de FP non pagan taxas, sería so transporte.
- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que dende o BNG concordan coa situación de drama
social en Vilagarcía e ten que haber medidas para paliar a situación.
Comparten as peticións.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que EU concorda con Somos Maioría e ten que haber un
bono-transporte. Van votar a favor.
- Intervén a Sra. Llovo del Río dicindo que as taxas universitarias non subiron en Galicia dende fai
2 anos. En aquel momento era unha competencia impropia, agora xa non hai informe
desfavorable e lle parece ben, e se debe saber a contía e que non exista duplicidade nas becas.
O PP apoia a moción.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que en maio de 2014 o PSOE presentou unha moción
con datos. 30.000 estudantes quedaran fora do ensino universitario, a conferencia de reitores
denunciou a situación. A moción foi rexeitada polo Pleno, e van no seu programa electoral estas
axudas.
Apoian a moción. Se establecerá un baremo e pode establecerse para máis necesidades.
- Intervén o Sr. González Somoza agradecendo a incorporación que se fai. “que non haxa
duplicidade”.
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no pleno (21 de 21)
ACÓRDASE: Aprobar a moción presentada polo grupo municipal de Somos Maioría e por en
marcha un programa de axudas para o pagamento de taxas académicas e transporte para
estudantes universitarios e tamén de transporte para estudantes de Formación Profesional da
nosa localidade que teñan que desprazarse en transporte público aos seus centros de ensino.
14.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL
DO BNG PARA A PROMOCIÓN DO ANO 2016 COMO ANO DAS IRMANDADES DA FALA.:
Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de Benestar Social e Igualdade, en
sesión celebrada o día 26 de outubro de 2015, do seguinte teor:
Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal do BNG coa data de 22 de outubro de
2015, do seguinte teor:
MOCIÓN PARA A PROMOCIÓN DO ANO 2016 COMO ANO DAS IRMANDADES DA FALA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Hai case cen anos, figuras históricas como a de Antón Vilar Ponte traballaban a prol da creación
dunha organización que situase no primeiro termo a importancia do idioma galego. Asi, o 18 de
maio de 1916 nacía na Coruña a Irmandade dos Amigos da Fala, posterioremente coñecida para
a historia como Irmandades da Fala. Co obxectivo da defensa, o cultivo e a promoción da lingua
do noso país, ao nacemento da Irmandade da Coruña seguiron o doutras localidades onde
homes e mulleres comprometidas traballaron pola dignificación da nosa identidade.
A aparición e difusión das Irmandades supuxo un avance para a cultura de noso, situando a
nación galega como o suxeito fundamental da produción cultural da época. Promoveron a
elaboración de gramáticas, dicionarios e estudos lingüísticos sobre a nosa fala, reivindicando
tamén para ela aqueles espazos dos que tiña sido desterrada, desde a administración ao ensino.
No vindeiro 2016 cúmprense 100 anos dunha peza fundamental na configuración do que hoxe
somos como pobo e cultura, por iso é fundamental garantir o compromiso das institucións
públicas coa súa celebración, difundindo o coñecemento do seu legado histórico e apoiando a
declaración oficial de 2016 como Ano das Irmandades da Fala.
Por estas razóns o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego somete a debate e
aprobación polo pleno deste Concello esta moción propoñendo a adopción do seguinte
ACORDO
1. Consonte o acordo unánime do Parlamento de Galiza de 29 de abril de 2015, acórdase
instar ao Goberno Galego a declarar 2016 "Ano das Irmandades da Fala", establecendo para iso
un programa de actividades conducentes a divulgar a toda a sociedade galega o coñecemento
do encomiábel labor desta organización, animada polo propósito de traballar pola consecución
dunha Galiza máis culta, libre, xusta e comprometida consigo mesma, e a dotar os fondos
necesarios nos orzamentos da Xunta de 2016 para executar ese programa.
2. Comprometemos ao noso Concello a colaborar coa administración pública e coas
asociacións, organizacións, colectivos e entidades da contorna para difundir a historia das
Irmandades da Fala e o seu contributo ao traballo pola lingua e culturas galegas.
Vilagarcía de Arousa, 20 de outubro de 2015
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, EU, BNG e Somos Maioría informan
favorablemente.
As/os representantes do grupo municipal do PP, din que se manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a moción presentada polo grupo municipal do
BNG para a promoción do ano 2016 como ano das irmandades da fala.
- Intervén a Sra. César Veloso indicando que dicía Castelao que se somos galegos e por obra e
gracia da nosa lingua… Na actualidade hai emigrantes, o poder económico está nunha minoría.
Vemos como os falantes descenden e deixamos a nosa cultura.
Que se poña en valor o traballo das irmandades da fala.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que se van cumprir 100 anos das irmandades da fala.
Felicita ao BNG pola Moción, xurdiu un movemento político e cultural fai cen anos en A Coruña. A
lingua perde falantes e o seu futuro está en perigo.
Defenden a cultura e a lingua. Adiante pois os bos e xenerosos.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que a defensa da lingua segue vixente. Que todos se
poñan a facer disto un exemplo na sesión plenaria do Concello.
EU vai votar a favor.
- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que o PP está a favor. Entende e comparte divulgar a lingua. A
lingua debe defenderse dende a cordialidade. Apoian a moción.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o PSdG-PSOE apoia a Moción. É unha obriga
defender a nosa lingua, e mais que nunca porque fai 100 anos se constituíron as irmandades da
fala. Apoian a iniciativa e defenden o legado.
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)
ACÓRDASE: Aprobar a moción presentada polo grupo municipal do BNG e
1. Consonte o acordo unánime do Parlamento de Galiza de 29 de abril de 2015, acórdase
instar ao Goberno Galego a declarar 2016 "Ano das Irmandades da Fala", establecendo para iso
un programa de actividades conducentes a divulgar a toda a sociedade galega o coñecemento
do encomiábel labor desta organización, animada polo propósito de traballar pola consecución
dunha Galiza máis culta, libre, xusta e comprometida consigo mesma, e a dotar os fondos
necesarios nos orzamentos da Xunta de 2016 para executar ese programa.
2. Comprometemos ao noso Concello a colaborar coa administración pública e coas
asociacións, organizacións, colectivos e entidades da contorna para difundir a historia das
Irmandades da Fala e o seu contributo ao traballo pola lingua e culturas galegas.
16. INTERPELACIÓNS.
Non se presentaron
17. MOCIÓNS PRESENTADAS POLOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS POR RAZÓNS
DE URXENCIA.
En cumprimento do preceptuado no artigo 91.4º do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime xurídico das Corporacións Locais, concluído o exame dos asuntos
incluídos na Orde do Día, e antes de pasar á rolda de rogos e preguntas, a Sra. Alcaldesa
preguntou se algún grupo político desexaba someter á consideración do Pleno por razóns de
urxencia algún asunto non comprendido na orde do día que acompañaba a convocatoria e que
non teña cabida no citado punto de rogos e preguntas, non propoñéndose ningunha moción
polos Grupos Políticos Municipais.
18. ROGOS E PREGUNTAS. Por parte dos/as Sres./as Concelleiros/as formúlanse os
seguintes rogos e preguntas:
- O Sr. Fajardo Recouso fai os seguintes rogos e preguntas:
1. No parque CAvadelo había unhas canastras que se eliminaron.
2. ADIF non privatiza o aparcamento, que se envíe aos voceiros a comunicación.
3. Hai unha reunión polo tema do Obelisco, que se convoque aos grupos a unha xuntanza.
- O Sr. Serén Mera contesta que as canastras serán reparadas.
- O Sr. Alcalde indica que ADIF comunicou ao Concello que non está contemplando un parking
privado “de momento”.
Sobre o obelisco, se comunicará a decisión.
- O Sr. González Somoza solicita que por Augas de Galicia se debe limpar o regato do Facho (rio
da tripeira).
- A Sra. Suárez Sarmiento pregunta se é certo que se retiraron as pistas de Fexdega.
- O Sr. Serén Mera contesta que se volveron a colocar. Se trata tamén de colocar en FEXDEGA
unha inservible, unha vez reparada.
- O Sr. Fole Díaz di que na Páxina Web se debe cambiar Rosario por Sagrario (Concelleira PP).
Pregunta tamén porque non se incluíu unha moción do PP sobre a mesa de negociación.
- Contesta o Sr. Alcalde que se pediron informes xurídicos para saber se é competencia do Pleno
ou do Alcalde. Indica que non vai renunciar a competencias. Se resolverá por resolución do
Alcalde.
Tamén di que o PP non contestaba antes sobre eses temas.
19. QUENDA DE ROGOS E PREGUNTAS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE Á SESIÓN.
Por parte do público asistente formúlanse rogos e preguntas.
E sen máis asuntos que tratar, ás vinte horas e quince minutos, levantouse a sesión da que se
estende a presente acta e eu, Secretaria, dou fe.