Acoso escolar
Transcript of Acoso escolar
Tolerancia cero
con calquera tipo de maltrato
Departamento de orientación Comisión de convivencia
Tolerancia cero
con calquera tipo de maltrato
Departamento de orientación Comisión de convivencia
Todos contra
o acoso escolar
CEIP Coutada Beade
Departamento de orientación Comisión de convivencia
Que é o acoso?
Consiste en que un alumno ou un grupo ataca,
amola, molesta, abusa, chantaxea, … a outro
compañeiro mais débil, unha e outra vez, de
maneira reiterada.
Se o teu fillo é o maltratado:
Tranquilízao e dálle apoio. Faille ver que el non
ten culpa.
Planifica con el estratexias para acabar coa
situación, por exemplo:
o Pedirlle que evite o contacto coas persoas
agresoras.
o Que busque protección no círculo de
amizades.
o Que evite os lugares nos que se pode
producir o maltrato.
Aclararlle que vos non tedes medo nin
calaredes. O voso exemplo é importante.
Informa ao centro para que inicien as medidas
que eliminen o maltrato e preveñan futuras
reincidencias. Insiste en que manteñan o
anonimato.
Non incites ao teu fillo a solucionar só o
problema, nin o fagas ti.
Se o teu fillo é o maltratador:
Pídelle que abandone a súa conduta e mostrarlle que
estades en contra dese comportamento. Explícalle as
consecuencias e que se poña no lugar da vítima..
Ofrécelle o teu apoio. Explícalle que entender o porqué
dos seus comportamentos non é o mesmo que
xustificalos.
Pídelle que rompa os seus vínculos coas persoas que
participan tamén no maltrato.
Establece as correccións derivadas da súa conduta.
Ensínalle a asumir as propias responsabilidades.
Informa ao profesor titor da situación do teu fillo. Pide
axuda e consello.
Valora e mantén os avances do teu fillo. Mantén contacto
co centro e colabora nas intervencións que se realicen.
Se o teu fillo é testigo do maltrato:
Se presenza actos de maltrato e non fai nada por axudar
á vítima, debes explicarlle que o seu comportamento non
é solidario, que sempre hai que axudar aos máis débiles.
Anímao a que non cale e non ignore os efectos da
violencia, que se poña no lugar da vítima.
Faille entender que, aínda que non agrede directamente a
ninguén, está implicado moralmente, porque colabora a
que eses feitos se sigan producindo.
Axúdalle a contar os feitos ao profesorado. Non pode
existir unha lei do silencio nestes casos; debe ter moi
claro que isto non é “chivarse”, senón axudar.