AA VVOOZZ DD@@SS NNEENN@@SS - Consellería de Educación, …2010-2011.pdf · 1975 Volta, a finais...

31
A A V V O O Z Z D D @ @ S S N N E E N N @ @ S S Colexio Alborada Curso 2010/2011 PublicaciÓn ANUAL COORDINADA POLO EQUPO DE DINAMIZACIÓN LÍNGÜÍSTICA DO CEIP ALBORADA

Transcript of AA VVOOZZ DD@@SS NNEENN@@SS - Consellería de Educación, …2010-2011.pdf · 1975 Volta, a finais...

AA VVOOZZ DD@@SS NNEENN@@SS

CCoolleexxiioo AAllbboorraaddaa

CCuurrssoo 22001100//22001111

PublicaciÓn ANUAL COORDINADA POLO EQUPO DE DINAMIZACIÓN LÍNGÜÍSTICA DO CEIP “ALBORADA”

LIMIAR

Dende o EDL agradecemos un curso máis a colaboración prestada pola comunidade

educativa: profesorado, alumnado, e persoal non docente para que un novo número de

“A Voz d@s Nen@s” saia de novo á luz. Sin esta colaboración non se faría realidade.

Grazas a todas e todos.

Con esta publicación queremos amosar o traballo desenvolvido no noso centro ao longo

deste curso, que está a piques de rematar.

Daremos unha pequena visión da celebración das festas populares, das actividades máis

salientables que se foron realizando: A festa de Nadal, O Samaín, o Magosto, o Día da

paz e a non violencia, o Antroido .

Tamén están presentes os traballos que o alumnado dos distintos ciclos realizaron para

esta revista.

Así mesmo queremos reflectir o labor desenvolvido polo profesorado aparte do seu

traballo puramente docente. Dende o Colexio Alborada queremos inculcar valores como

a interculturalidade, é dicir o respeto a outras culturas, relixións ou etnias é coñecer

tamén as raigames da nosa, por iso o profesorado organiza grupos de traballo como:

A interculturalidade:

Dificultades de aprendizaxe.

ou proxectos de formación tales como “os xogo populares”, onde se

aprenden aqueles xogos propios da nosa cultura e tamén os de outras

culturas máis alonxadas.

E como un dos obxectivos do Equipo de Dinamización Lingüística é a promoción da

língua galega tamén amosaremos algunha das actividades feitas, tal como o

proxecto”Contos a carón da lareira”, onde as familias colaboraron desinteresadamente

para vir a contar contos ao alumnado de Educación Infantil e o Primeiro Ciclo de

Educación Primaria. Con esta actividade queremos manter viva a tradición oral tan

presente na nosa cultura. Dende aquí queremos dar as grazas as familias colaboradoras

e emplazar esta actividade para darlle continuidade o vindeiro curso.

E non podemos esquecer a festa da exaltación das Letras Galegas que este ano está

adicado o poeta monfortino Lois Pereiro o que tamén lle adicaremos algunha páxina.

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística queremos enviar un agarimoso saúdo

normalizador na nosa língua para que cada vez sexa máis falada, máis valorada e en

consecuencia, dignificada como se merece.

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

AS FESTAS POPULARES

O SamaÍN

É unha das festas populares que máis gusta aos rapaces e rapazas do noso centro. Cada

curso decorou unha cabaza para a exposición. Velaí o resultado.

O MAGOSTO

Chegou o tempo das castañas. En novembro fixemos o magosto. Comimos as castañas,

fixemos os colares de zonchos…Que ben o pasamos!

O FESTIVAL DE NADAL

O día 22 de decembro celebramos a festa do Nadal. Todos os cursos participaron con

actuacións diversas: unha obra de teatro, panxoliñas, bailes…

Tamén recibimos as Súas Maxestades, Os Reis Magos de Oriente aos que lles fixemos

entrega das nosas cartas.

O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Un dos valores que nos parece máis importante para traballar co alumnado é a non

violencia,e en consecuencia promover a tolerancia, a cooperación, a solidariedade. Para

afirmalos fixemos unha espiral de paz con todo o alumnado e profesorado.

O ENTROIDO

Como o 2011 foi declarado Ano Internacional das fragas, decidimos elaborar os nosos

disfraces con este tema. Cada curso realizou os seus e velaí o resultado:

Dende nomos, ata ratiños e ratiñas, cogumelos, curuxas, avespas e toda clase de árbores.

O noso patio quedou transformado nunha fraga.

TRABALLOS realizadOS POLOS NENOS E E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Como este ano era o ano internacional das fragas, o alumnado de infantil realizou unha

homenaxe as árbores.

¡ Os rapaces e rapazas de 5 anos xa están cavilando en coller o tren que os leve cara a

nova etapa de Primaria !

TRABALLOS DE 1º CICLO

Os nenos e nenas de 1º B escribiron sobre os seus nomes:

O alumnado de 1º A realizou un conto con pictogramas e debuxaron a saída aos xardíns

de Méndez Núñez:

Os rapaces e rapazas de 2º escribiron un conto colectivo co motivo do Día do Libro:

E tamén contan como foi a ruta urbana a María Pita

TRABALLOS realizadOS POLOS NENOS E NENAS

Do 2º ciclo DE PRIMARIA Unha rapaza de 3º convertiuse nunha escritora dun pequeño contiño e outras quixeron

facer un lema sobre a nosa língua.

4º curso deixou tamén as súas aportacións: un poema e novas de deportes:

TEMOS DEPORTISTAS BEN DESTACADOS/AS NO COLEXIO!

TRABALLOS realizadOS POLOS NENOS E NENAS Do 3º ciclo DE PRIMARIA

UNHAS RAPAZAS DE 5º EXERCERON DE REPORTEIRAS ENTREVISTANDO AO

NOSO DIRECTOR:

E PARA DIVERTIRNOS PREPARARON ISTO:

¡ TEMOS EN 5º

POETISAS BEN

INSPIRADAS !

O ALUMNADO DE 5º E 6º

FORON AO FÓRUM E ASÍ O

EXPLICAN:

LETRAS GALEGAS 2011: O ANO DE LOIS PEREIRO

Este ano, Galicia rende homenaxe ao poeta monfortino, Lois Pereiro, o poeta punk,

como foi apodado por algúns. Con esta homenaxe a súa obra permítesenos coñecer a

este renovador da poesía galega. Dende estas páxinas o Equipo de Dinamización

Lingüística quere sumarse a esta festa das Letras e a cultura galega, con esta breve

cronoloxía:

CRONOLOXíA

1958 Nace, o 16 de febreiro, en Monforte de Lemos, Lugo.

1975 Marcha a Madrid para estudar Socioloxía.

1975 Volta, a finais de ano, a Monforte e traballa na cristalería familiar, colocando

vidros polas obras.

1976 Regresa a Madrid a estudar inglés, francés e alemán, na Escola Oficial de Idiomas.

Participa na revista galega Loia, editada artesanalmente por estudantes galegos en

Madrid.

1981 Intoxícase coa inxesta de aceite de colza desnaturalizado.

1982 Gaña o premio de Poesía da Agrupación O Facho, da Coruña.

1984 Participa no libro colectivo De amor e desamor I.

1985 Participa no segundo libro colectivo De amor e desamor II.

1985 Comeza a súa colaboración en La Naval, coa publicación dun

texto adicado ao polígono coruñés de Elviña, «O frío edificado».

1986 Participa na UIMP, de Santander, no Desembarco das Forzas

Atroces do Noroeste.

1987 Aparece a súa poesía na antoloxía Después de la modernidad.

1987 Emítese na TVG ,o 25 de xullo, o programa Que é Galicia?, cun guión da súa

autoría.

1992 Publica o seu primeiro libro en solitario Poemas, 1981/1991.

1994 Sufre unha forte recaída no seu estado de saúde.

1995 Publícase o seu segundo libro Poesía última de amor e enfermidade,1992-1995.

1996 Dá, no mes de xaneiro, o seu último recital poético.

1996 Falece, o 24 de maio, na cidade da Coruña.

1997 Edítase Poemas para unha loia, o seu libro póstumo e no que se

recollen as súas poesías publicadas na revista Loia e o texto en

prosa «Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda

hidráulica dunha cíclica historia universal.»

2011 A Real Academia Galega adícalle o Día das Letras.

O ALUMNADO DE 6º QUIXO CONTRIBUIR A ESTA

HOMENAXE CUNHA CARICATURA DE LOIS PEREIRO E

DOUS POEMAS

“CONTOS A CARÓN DA LAREIRA” Dende Equipo de Dinamización Lingüística organizouse unha actividade de

potenciación da língua galega na que contamos coa inestimable colaboración das

familias. Trátase de “contos a carón da lareira”onde pais, nais, ou outros familiares do

alumnado se prestaron para vir a contar un conto. Por un día convertéronse en

contacontos. Parecían profesionais. Grazas a todos e todas! Esperamos contar con vós o

próximo curso !

GRUPO DE TRABALLO SOBRE INTERCULTURALIDADE

No noso Colexio Alborada tod@s os alumn@s traballamos o concepto da

Interculturalidade. Achegámonos a outras culturas para aprender delas. Contamos co

apoio da ONG Mestura, quen nos ensinaron moitas cousas tanto o alumnado coma o

profesorado, como xogos doutros países, contacontos, e diferentes dinámicas.

GRUPO DE TRABALLO “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE:

TRASTORNOS DA PERSONALIDADE.”

Esta proposta de formación permanente, xurde do Departamento de orientación e dun

equipo de profesores/as titores/as interesados polos problemas de personalidade nas

aulas deste Centro, como unha necesidade prioritaria na actualidade, debido á cantidade

de nenos/as con esta casuística.

A proposta actual suporía elaborar materiais de intervención para que sirvan de axuda

na tarefa de recuperación destas dificultades e trastornos da personalidade e conduta.É

un instrumento para o profesorado e alumnado, xa que pretende enriquecer o

desenvolvemento integral do neno/a nunha etapa da súa vida tan importante, xa que os

primeiros anos constituen un período crítico para maioría das aprendizaxes básicas.

Os XOGOS POPULARES

No noso centro contamos este curso cun programa de formación sobre os xogos

populares. Este curso tamén se pretendía que se conocesen os xogos populares doutros

paises e nas aulas puxéronse en practica.

VVAAnnsseennooss ooss ddee 66ºº !!

DDEESSPPEEDDIIMMOOSS AAOO AALLUUMMNNAADDOO DDEE 66ºº QQUUEE

CCOOMMEEZZAA UUNNHHAA NNOOVVAA EETTAAPPAA OO CCUURRSSOO QQUUEE

VVEENN..

SSOORRTTEE RRAAPPAACCEESS EE RRAAPPAAZZAASS !!