A renovación do teatro

11
A renovación do teatro europeo na segunda metade do XIX: un novo teatro e unhas novas formas de pensamento

description

A r

Transcript of A renovación do teatro

Page 1: A renovación do teatro

A renovación do teatro europeo na segunda metade do XIX: un novo teatro e unhas novas formas de pensamento

Page 2: A renovación do teatro

1.- Teatro naturalista

Intenta reproducir os comportamentos sociais da súa época

Respétanse as unidades clásicas, aínda que non sempre

Simplificación da escenografía

Naturalidade na interpretación

É un teatro feito para o público burgués, que é o que maioritariamente acude ás representacións teatrais. Porén, nalgúns casos os autores son moi críticos coa sociedade burguesa.

Page 3: A renovación do teatro

Teatro burgués

Teatro de evasión

Teatro crítico

Henrik Ibsen

August Strindberg

Anton Chejov

Bernard Shaw

No panorama teatral español, destaca Jacinto Benavente (premio Nobel en 1922) como autor de obras de evasión, entre as que podemos citar Los intereses creados.

Page 4: A renovación do teatro

Henrik Ibsen (1828-1906)

A súa obra divídese en varias etapas, que van do drama histórico ao simbolismo, pero Ibsen destaca sobre todo como creador do teatro realista.

En Casa de bonecas, Ibsen aborda o feminismo desde un punto de vista moi avanzado para o seu tempo.

En contra dos intereses dos seus veciños, o doctor Stockmann defende a verdade

Page 5: A renovación do teatro

August Strindberg (1849-1912)

Entre os temas están a loita de sexos, os conflitos interiores, a decadencia da sociedade… As súas últimas obras adiantan o teatro de vangarda. A vida de Strindberg estivo marcada polos seus graves problemas mentais

A loita de clases e de sexos aparece nunha das obras máis coñecidas de Strindberg

Page 6: A renovación do teatro

Anton Chejov (1860-1904)

É o gran renovador do teatro ruso. O seu teatro foi maxistralmente posto en escena polo Teatro de Arte de Moscú, compañía dirixida polo gran Stanislavski.

Page 7: A renovación do teatro

Claude Bernard Shaw(1856-1950)

Este lonxevo e polémico autor irlandés introduciu o teatro realista nos Estados Unidos. No ano 1938 obtivo un Óscar pola adaptación ao cine da súa obra Pygmalión.

Page 8: A renovación do teatro

Outros dramaturgos de finais do XIX

Oscar Wilde

Alfred Jarry

The importance of being earnest

Un marido ideal

Salomé

Ubú rei

Luigi Pirandello Seis personaxes en busca de autor

Page 9: A renovación do teatro

Oscar Wilde (1854-1900)

Escribiu tanto comedias costumbristas como dramas bíblicos. É un dos escritores máis coñecidos da literatura finisecular. As súas comedias empregan a ironía para poñer sobre o escenario a hipocresía da sociedade victoriana.

Page 10: A renovación do teatro

Alfred Jarry (1873-1907)

A súa obra anticipa o “teatro do absurdo”. Foi moi admirado polos vangardistas, tanto pola súa obra como polas súas excentricidades.

Ubú rei é unha farsa que toma como referencia o Macbeth de Shakespeare para facer o retrato disparatado dun tirano.

Page 11: A renovación do teatro

Luigi Pirandello(1867-1936)

A súa obra desenvolvese en realidade no século XX. O teatro dentro do teatro, as dúbidas existenciais dos seus personaxes son os aspectos máis destacados deste autor italiano.