A princesa e o dragón
-
Upload
ceip-sigueiro-oroso -
Category
Documents
-
view
230 -
download
2
description
Transcript of A princesa e o dragón
E. INFANTIL 5º A
• A PRINCESA E O DRAGÓN de Alumnos e alumnas
de 5º Educación Infantil A
Había unha vez unha princesa guapa, bonita e moi sorrinte. Á princesiña gustáballe
poñer o seu vestido azul largo ata os pés e calzar zapatos de tacón. Tiña unha coroa na
cabeza, colares no pescozo e un reloxo e pulseiras nas mans.
Encantáballe bañarse, cantar, bailar,
espeluxarse e montar a cabalo para ir a
toda velocidade.
Todas as mañas cantaba as súas cancións
preferidas: “Pri, pri, pri primavera xa está
aquí” “ O xogo da carrasquiña é un xogo así
o lado ...” e tocaba a súa frauta .
A princesa vivía nun castelo en Sigüeiro
co seu pai o rei e a súa nai a raíña.
Unha noite cando a princesa durmía
chegou un dragón moi malo. Era un
enorme dragón verde e morado que botaba
lume pola boca.
A princesa asustouse
moito e xa non durmía
tranquila.
O rei chamou polo seu
cabaleiro máis valente
e ordenoulle que
botara ao dragón do
reino.
A princesa regaloulle a súa frauta máxica e montando no seu cabalo marchou na
procura do dragón. O cabaleiro cabalgou e cabalgou pero o dragón non atopou.
Triste e cansado
regresaba ao
castelo cando oíu
un ruído, un ruído
cada vez máis
forte, era o dragón
lanzando lume,
moito lume.
O cabaleiro
rapidamente sacou
a súa espada e
pinchou
ao dragón na barriga.
Logo colleu a frauta máxica e
comezou a tocar unha estraña
melodía, unha melodía que calma
aos dragóns malvados. O
cabaleiro colleu ao dragón e
levouno ao país onde viven as
baleas brancas e azuis; alí
quedou e nunca máis regresou.
Dende aquela a princesa durme tranquila e feliz.
Fin
E. INFANTIL 5º A