A novela no século xx

42
A novela no século XX

Transcript of A novela no século xx

Page 1: A novela no século xx

A novela no século XX

Page 2: A novela no século xx

Os profundos cambios que tiveron lugar durante o século XX van a exercer influencia sobre a concepción das artes e, por suposto, tamén da literatura.

Page 3: A novela no século xx

Continuando unha tendencia que xa viña do século XIX, a novela converteuse na xénero literario de máis difusión…

Page 4: A novela no século xx

…pero experimentou grandes innovacións, tanto na temática como nas técnicas literarias.

As correntes de pensamento do século XX –procedentes case todas do XIX- tiveron bastante que ver con estas innovacións.

Page 5: A novela no século xx

Psicoanálise

En moitas novelas, a análise psicolóxica dos personaxes é máis importante que a intriga ou a descripción.

A técnica do monólogo interior axudará a profundizar na psique do individuo.

Os narradores austríacos da primeira metade do XX –Arthur Schnitzler, Hermann Broch, Stephan Zweig- manifestaron un gran interés pola psicoloxía

Page 6: A novela no século xx

Na literatura en lingua alemana de principios do XX predominan as inquietudes filosóficas. O estudio en profundidade do individuo combínase coa análise da sociedade.

Thomas Mann(1875-1955)

Hermann Hesse(1877-1962)

Estos dous autores foron galardoados no seu día co premio Nobel de literatura

Page 7: A novela no século xx

Existencialismo

A angustia vital, a soedade, a dúbida, o medo, son sentimentos que abruman aos protagonistas das novelas do XX.

Sören Kierkegaard(1813-1855)

Este filósofo danés foi un precursor do existencialismo. O sentido da existencia converteuse na súa principal preocupación. O ser humano é libre e responsable das súas propias decisións; ao mesmo tempo é consciente da brevedade da súa existencia.

Page 8: A novela no século xx

Franz Kafka(1883-1924)

Non é un existencialista stricto sensu, aínda que a súa obra reflicte o ángulo absurdo e angustioso da vida humana.

Page 9: A novela no século xx

O home está condeado a ser libre. Condeado, porque non se creou a si mesmo; porén libre, porque unha vez que o tiran no mundo é responsable de todo o que fai. (Jean Paul Sartre)

Jean Paul Sartre1905-1980

Na concepción de Sartre, o ser humano é responsable do sentido da súa vida, xa que é el mesmo quen o constrúe. O seu pensamento está tamén influido polo marxismo.

Page 10: A novela no século xx

Simone de Beauvoir(1908-1986)

Novelista e filósofa, abordou o existencialismo desde o punto de vista feminista. Foi compañeira de Jean Paul Sartre

Page 11: A novela no século xx

Albert Camus(1913-1960)

Page 12: A novela no século xx

O marxismo

A literatura non foi allea aos movementos sociais de base marxista que tiveron lugar durante todo o século XX. A novela de influencia marxista caracterízase por plantexar os problemas dos desfavorecidos e polo concepto de “protagonista colectivo” .

Page 13: A novela no século xx

George Orwell(1903-1950)

George Orwell criticou na súa obra todo tipo de totalitarismos.

Page 14: A novela no século xx

Marguerite Duras(1914-1996)

Marguerite Duras militou no partido comunista ata 1955, ano no que expulsada. Durante a Segunda Guerra Mundial formou parte da resistencia francesa, que combatía aos nazis no territorio ocupado.

Page 15: A novela no século xx

Unha nova forma de escribir na novela

A partir da primeira década do século XX, a novela, como o resto das artes, experimentou grandes cambios desde o punto de vista técnico e formal.

Ruptura cronolóxica, espacial e argumentativa

Novedades en canto ao “punto de vista”, á modalización

Liberdade no emprego da persoa gramatical

Monólogo interior

Contrapunto

Experimentación lingüística de todo tipo: gráfica, sintáctica, fonética

O significado da trama adquire moitas veces carácter simbólico

O narrador non soe ser omniscente

Céntrase máis nos personaxes que nos feitos

Tendo en conta todas estas novidades, boa parte da novela do XX é herdeira da do XIX, xa que amosa un profundo interés polo individuo e a sociedade que o rodea.

Page 16: A novela no século xx

Marcel Proust(1871-1922)

“Á procura do tempo perdido”, obra basicamente autobiográfica, está construida sobre unha estrutura pouco tradicional, na que acción avanza a saltos temporais, baséandose no fluir da memoria.

Page 17: A novela no século xx

Virginia Woolf(1882-1941)

Nas súas novelas, a trama practicamente desaparece; hai un profundo análise da conciencia dos personaxes.

Xogos temporais, monólogos interiores e outro tipo de experimentos narrativos fan dela unha das grandes renovadoras da novela

Page 18: A novela no século xx

James Joyce(1882-1941)

O máis característico da súa súa obra son os novedosos recursos formais: saltos temporais, mestura entre realidade e ensoñación, experimentación lingüística, monólogo interior.

A obra que lle deu fama universal foi o Ulysses. Nela, tomando como referencia remota a Odisea de Homero, traza un retrato do mediocre home contemporáneo. O libro conta unha única xornada (16 de xuño) na vida de varios dublineses.

Page 19: A novela no século xx

O nacemento do heroe contemporáneo

O heroe tradicional caracterízabase por posuir unhas virtudes extraordinarias que lle permitían realizar fazañas relacionadas coa xustiza, a vinganza, a liberdade…

Estos heroes soen combinar a forza, a beleza física, a intelixencia, a bondade…

Page 20: A novela no século xx

Este tipo de heroe segue aparecendo nas narracións contemporáneas, de xeito moi destacado na banda deseñada ou novela gráfica, onde aparece o concepto de super-heroe.

Page 21: A novela no século xx

Pero a partir do século XIX aparece outro tipo de heroe / heroína, con características que o apartan do tradicional

É un home / muller común, sen virtudes extraordinarias, en moitas ocasións con defectos importantes.

A súa heroicidade pode consistir simplemente en enfrontarse á vida na procura da súa propia identidade, enfróntandose ás convencións sociais.

Podemos considerar a Hamlet como un antecedente do heroe moderno.

A heroe contemporáneo plantéxanselle dúbida. Os seus valores non están claramente definidos como no heroe antigo

Page 22: A novela no século xx

Tamén é característico da novela contemporánea que o protagonista sexa un antiheroe; o antiheroe esperta sentimentos contrarios aos de admiración: lástima, desprezo e mesmo odio.

Leopold Bloom (Ulysses) ou Raskolnikov (Crime e castigo), poderían responder ao prototipo de antiheroe.

Page 23: A novela no século xx

A trama policíaca

A argumento baseado no crime e na súa resolución é moi antigo na literatura

Page 24: A novela no século xx

Pero ata o século XIX non se pode falar propiamente de xénero policíaco

Aglomeracións urbanas

Nacemento da prensa sensacionalista

Aparición da policía científica

Page 25: A novela no século xx

Edgard Allan Poe(1809-1849)

Coa publicación en 1841 de Os crimes da rúa Morgue, Allan Poe sentou as bases da novela policíaca, cun argumento articulado en torno a un detective protagonista.

Page 26: A novela no século xx

Arthur Conan Doyle(1859-1930)

Sherlock Holmes encarna ao detective privado que a través do seu método deductivo e quen de deixar en ridículo aos inspectores de Scotland Yard.

Page 27: A novela no século xx

Agatha Christhie(1890-1976)

Moi influida por Conan Doyle, creou aos “universalmente coñecidos” detectives Hercules Poirot e Miss Marple

Xunto con Shakespeare, é a escritora inglesa máis lida no mundo

Page 28: A novela no século xx

Dashiel Hammet(1894-1961)

É un dos creadores da novela negra, caracterizada polo seu realismo na descripción dos crimes e no proceso de investigación que os rodea.

Page 29: A novela no século xx

Patricia Highsmith(1921-1995)

Nas obras desta autora americana, os criminais soen ser enfermos mentais.

Page 30: A novela no século xx

Henning Mankell(1948)

Nas novelas de Mankell, a trama policíaca serve para dar unha visión crítica da sociedade contemporánea.

O inspector Kurt Wallander é o protagonista da serie negra deste autor sueco

Page 31: A novela no século xx

Primeira novela policíaca en galego

A novela negra en español alcanzou un alto nivel coa obra de Montalbán e o seu detective Pepe Carvalho.

Page 32: A novela no século xx

A xeración perdida da literatura norteamericana

Chámase así a un grupo de escritores norteamericanos que, despois de vivir a Gran Guerra, e desencantados do novo rumbo da sociedade estadounidense, buscaron na bohemia de París unha saída ás súas inquetudes culturais e políticas

O término acuñouno a norteamericana Gertrude Stein; a súa casa parisina servía de punto de encontro destes autores, así como de moitos outros artistas e intelectuais europeos.

Gertrude Stein(1874-1946)

Rose is a rose is a rose is a rose

Page 33: A novela no século xx

A librería Shakespeare & Company, da estadounidense Sylvia Beach, servía tamén como punto de encontro dos escritores anglosaxóns en París

Page 34: A novela no século xx

Características da “xeración perdida”

Participaron ou foron testemuñas da Gran Guerra

Visión crítica da guerra e do capitalismo consumista

Desprezo da sociedade burguesa e dos valores tradicionais

A vida é a súa principal fonte de inspiración

Mantiveron unha estreita relación co cine: algúns deles mesmo foron guionistas de Hollywood.

Page 35: A novela no século xx

Xeración perdida

Stricto sensu

Hemingway

Scott Fitzgerald

John dos Passos

Lato sensu

William Faulkner

John Steinbeck

Page 36: A novela no século xx

Ernst Hemingway(1899-1961)

Boa parte da súa obra é a plasmación literaria das súas intensas experiencias vitais

Page 37: A novela no século xx

As súas obras foron levadas ao cine en multitude de ocasións.

Page 38: A novela no século xx

Scott Fitzgerald(1896-1940)

Scott Fitzerald retratou o lado obscuro da alta sociedade estadounidense.

Page 39: A novela no século xx

John dos Passos(1896-1970)

Nas súas obras máis coñecidas fai un retrato da sociedade neoiorkina. Empregou as técnicas literarias máis innovadoras.

Page 40: A novela no século xx

William Faulker(1897-1962)

Foi o gran innovador da prosa norteamericana e un dos grandes novelistas do século XX. A súa obra exerceu moita influencia en autores do boom hispanoamericano como García Márquez ou Mario Vargas Llosa.

Faulkner foi o guionista da adaptación cinematográfica da novela de Hemingway Tener y no tener

Page 41: A novela no século xx

John Steinbeck(1902-1968)

É algo máis novo que os anteriores, e non tomou parte na Gran Guerra, pero o espíritu que anima a súa literatura é semellante ao dos da Xeración perdida.

Page 42: A novela no século xx

Algunhas escenas da última película de Woody Allen recrean o París da Xeración perdida