A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle...

10

Transcript of A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle...

Page 1: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle gracias a Deus por estes vintecinco ... fano, ós meus ollos, digno de

Revista informativa da Diocese de Lugo Xuño de 2005 Nº 57 III EPOCA

A N o s a V o z

25 anos deentrega

1980-2005

Page 2: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle gracias a Deus por estes vintecinco ... fano, ós meus ollos, digno de

2 EDITORIAL A NOSA VOZ

A NOSA VOZ

Revista de información diocesanaDIRECTOR: María José Campo L- Barcia.CONSELLO DE REDACCION: Manuel Varela, José ManuelCastro Alba, Miguel Gómez, Miguel Rico Gómez, AntónNegro.ASESOR LINGÜISTICO: Manuel Varela.EDITA: Secretariado de Medios de Comunicación Social eVicaría de Pastoral da Diocese de Lugo.ENDEREZO: Bispado de Lugo. Praza de Santa María s/n.27001. Lugo.Teléfono: 982 23 11 43Teléfono-Fax: 982 25 15 93E-mail: [email protected]: www.diocesisdelugo.org/anosavoz

A NOSA VOZDEPOSITO LEGAL: LU 649 - 1996IMPRIME: La Voz de la Verdad. Pol. Ind. O Ceao.

O día 28 de xuño de 1980, festa de San Ireneo, Fr. XoséGómez, era ordenado Bispo na fermosa catedral de Lugo, nunhatardiña de sol radiante que enchía de colorido e de esplendorosaluz as vidreiras da Basílica. Aquel día, acompañábano, unha sig-nificativa representación de irmáns da Orde franciscana, fami-liares, amigos e fieis da Diocese. Presidiu a celebración D. LuisDadaglio, Nuncio en España, e alí, entre outros bispos, estabantamén D. Angel Suquía Goicoechea e Don Carlos Amigo Vallejo,arcebispos de Compostela e Tánger, respectivamente.Aquela tarde do verán de 1980 ía cambiar drasticamente a vidade Fr. Xosé. Atrás quedaban moitas horas de confesionario, declases en distintos centros, de servicio pastoral con enfermos exoves para achegarse, coma Bispo, a terras próximas ó seu lugarde nacemento pero descoñecidas para el. Moi pronto prodi-garíase en visitas ás numerosas parroquias que conforman aDiocese, as comunidades, os sacerdotes e enfermos e recibiría,con afabilidade e paciencia franciscana, a tódolos que queríanfalar co seu Bispo. Fr. Xosé ía entendendo, pouco a pouco, que avida dun Bispo é unha existencia totalmente sustraída e domina-da pola misión recibida. E, deste xeito, o conxunto dos católicosde Lugo ían descubrindo tamén a un Bispo moi metido entre axente, posuído pola Igrexa, enteiramente nas mans de Cristopara dar corpo visible á súa invisible presencia como Mestre,Pastor, Bo Samaritano e Testemuña do amor de Deus. Para celebra-las vodas de prata episcopais de Fr. Xosé,

organízanse durante o mes de xuño fundamentalmente, variosactos conmemorativos, entre os que destacan unha eucaristía deacción de gracias cos seus sacerdotes e posterior comida defraternidade no Seminario Diocesano o día 23 de xuño, e o día28 do mesmo mes, o día propio do vintecinco aniversario, unhaeucaristía na Catedral na que estará acompañado polos sacer-dotes, relixiosos e relixiosas da Diocese e fieis leigos. A Nosa Voz, revista diocesana que naceu durante o episcopado

de Fr. Xosé, quere sumarse a esta efeméride con este númeroextraordinario e monográfico. Un número simbólico no que, osbispos das dioceses de Galicia e a nosa, únense, neste aconte-cemento feliz, para darlle gracias a Deus por estes vintecincoanos de traballo infatigable, de contido denso, e de servicio rico ehonorable. Vintecinco anos de oración e traballo por unha Igrexalocal máis viva, por un clima espiritual e apostólico máis dialo-gante, por un clero máis comprometido, por uns relixiosos e relix-iosas máis integrados na Diocese e cada vez máis abertos ásnecesidades que atenden, por unhas familias máis fervorosas epracticantes, por un seminario mellor e por unhas delegacións

diocesanas, movementos apostólicos e asociacións relixiosasmáis ó servicio das distintas persoas e problemas que existen naDiocese. Sobre a súa persoa e sobre o seu ministerio invocamos a inter-

cesión da Nosa Señora dos Ollos Grandes, Patrona de Lugo e daDiocese para que conserve nel as cualidades que Deus lle deu:un home lúcido, libre e traballador; un cristián orante, de fe reciae coherente; un relixioso herdeiro dos mellores carismas da súaorde e un Bispo, Pastor e Mestre que ama a súa misión e queasume, con ilusión e tesón, as dificultades coas que se atopa nasdistintas encrucilladas do seu camiño.

¡¡Felicidades, Fr. Xosé!!.Mario Vázquez

¡¡FelicidadesFrei Xosé!!

Frei Xosé é retratado, coa catedal de fondo, nos primeiros días do seuministerio episcopal en Lugo.

Traballamospola xustiza.

Page 3: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle gracias a Deus por estes vintecinco ... fano, ós meus ollos, digno de

25 ANOS NA DIOCESE 3A NOSA VOZ

O Seminario Diocesano.A primeira preocupación e pre-ferencia pastoral de Fr. XoséGómez é a das vocacións. Istomaniféstase, entre outrascousas, no seu labor derestablecemento do SeminarioMaior, cuns EstudiosEclesiásticos afiliados, desde1999, á Facultade de Teoloxíada Universidade Pontificia deSalamanca.

O interese episcopal poloSeminario tamén se mostra naproximidade ós seminaristas,formadores e profesores. Conestes últimos comparte tódalasreunións de claustro. Hoxe oSeminario estrea un edificiofuncional e moderno.

Os sacerdotes.É de destacar o esforzo do

Prelado por organizar retirosmensuais en tódalas zonas daDiocese, varias quendas deexercicios espirituais cada ano,

formación permanente naszonas e importantes conferen-cias na Casa Diocesana.Durante estes 25 anos estable-céronse unha ducia de casassacerdotais nas que os curasviven en comunidade.Maniféstase aquí a preocu-pación de Fr. Xosé por unhavida digna dos sacerdotes.

Os relixiosos.Fr. Xosé é relixioso francis-

cano. Por iso sintoniza dunxeito especial cos relixiososdiocesanos e a eles dedicaatención atención especial:dirección de retiros espirituaispara eles, visitas, celebraciónda Eucaristía con eles.Neste período de tempo incre-

mentouse a presencia de con-gregacións relixiosas naDiocese.

Os segrares.Ó longo destes anos, Fr. Xosé

confiou varias delegaciónsepiscopais a segrares, asícomo o ensino relixioso noscentros de Educación Primaria,Secundaria e Bacharelato.

Atención pastoral.En vintecinco anos Fr. Xosé

visitou varias veces as 1.138parroquias da Diocese, buscan-do un contacto persoal contódolos diocesanos. O seu diá-logo cos parroquianos e a súavisita ós enfermos forman partedeste achegamento e proximi-dade do pastor diocesano.

Atención ós marxinados.O Proxecto Home, a atención

de Cáritas, o labor asistencialde institucións relixiosas, a obralevada a cabo pola pastoralpenitenciaria na axuda a reclu-sos… son mostras das aten-cións ós marxinados que sonobxecto de preocupación dapastoral diocesana.

Outros aspectos.Antes de rematar este sucinto

percorrido polo pontificado deFr. Xosé, enumerar algunhasaccións dignas de destacar: oseu apoio á promoción da lin-gua galega na liturxia; creaciónde Unidades de AcciónPastoral; visita a emigrantes;creación de novas parroquias eigrexas.

25 anos naDiocese de Lugo

Nestes últimos vintecinco anos, a Diocese desenvolveu asúa actividade pastoral baixo o mandato de Fr. Xosé

Gómez González. As súas preocupacións e actividadesabranguen toda a problemática diocesana, pero aquí imos

salientar algunhas das súas prioridades.

Extracto do artigo de D. GonzaloFraga publicado no últimonúmero de Lucensia

Conclusión.

O pastoreo de Fr. Xosénestes vintecinco anos haique cualificalo de humano,cheo de proximidade e coñe-cemento dos seus dioce-sanos, de amor e de entregapor eles; amor traducido enobras que están á vista detodos.

Sacerdotes e segrares estiveron sempre na mente e no corazón de Frei Xosé. Son moitas as celebracións de confraternidade con cregos de tódalasidades. Os seglrres tiveron sempre especial protagonismo na Diocese estando ó cargo de distintas delegacións diocesanas e do ensino relixioso.

Page 4: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle gracias a Deus por estes vintecinco ... fano, ós meus ollos, digno de

ENTREVISTA 6A NOSA VOZ

- Hai 25 anos foi nomeado Bispo deLugo. ¿Como recorda ese momento?¿Onde estaba?- Fun nomeado Bispo de Lugo o 25 de

abril de 1980. A carta do meu nomeamen-to debeu de chegar a Santiago nos primei-ros días dese mes. Eu estaba predicando aSemana Santa na Parroquia de Caldas(Pontevedra). O día de Pascua deResurrección, pola tardiña, atopei a cartaencol da mesa da miña cela. Abrina e lina.Foi un momento misturado de increnza econfusión. Fun á capela. Non sei o tempoque alí estiven e o que lle dixen ó Señor. Ódía seguinte, chamei ó Sr. Nuncio quen,ante as miñas dúbidas, díxome que fose aMadrid para falar con el. Acolleume ama-blemente e despois de expoñerlle as miñasinquedanzas, díxome: "¿Ti que es?"."Sacerdote franciscano", respondinlle.Entón díxome el: "Pois San Francisco esti-vo sempre ó servicio da Igrexa e quixo queos seus seguidores tamén estivesen.Obedece. O Espírito do Señor estará con-tigo". Dous días despois mandeille a miñaaceptación.- ¿E a que se adicaba?- A miña vida, coma sacerdote franciscano,transcurreu sempre, agás os cinco primei-ros anos de estudo no estranxeiro, noConvento de San Francisco en Santiago.Aquí, en Santiago, tiña unha actividadepastoral intensa: atención ós enfermos endistintos sanatorios; capelán dun colexiouniversitario; delegado diocesano para avida consagrada; moitas horas de confe-sionario..., e ademais impartía clases noSeminario e noutros centros. Estaba satis-feito. Tiña unha vida moi diversificada e, ómesmo tempo, unificada na miña condiciónde franciscano.- ¿Que coñecía da nosa Diocese?- Estivera unhas horas no Convento

Franciscano de Lugo. Daquela nin siquerativera tempo para visitar algo da cidade. DaDiocese coñecía tan só a zona de Lalínonde eu nacín e vivín a meirande parte damiña infancia. Polo tanto, todo era des-coñecido para min.

- ¿Que recordos ten dos primeiros tem-pos na Diocese? - Os primeiros días da miña estancia en

Lugo non foron doados, a pesar da cariño-sa e xenerosa acollida por parte dos lucen-ses -sacerdotes, segrares e relixiosos-.Botaba moito de menos a comunidadefranciscana e a cidade de Santiago, contodo o que isto significaba na miña vida.Mais, axiña comezaron as visitas, as saí-das ás Parroquias, os encontros con sacer-dotes, etcétera. Ósdez días de chegar,celebrei o primeirofuneral dun sacerdote:o Sr. Cura daParroquia de sanBartolomeu deBelesar. Do dezaoito óvintedous de xullo,saín de Lugo para coñecer e visitar por vezprimeira as Parroquias do Courel en com-pañía dos sacerdotes da zona. Comeceiasí a miña peregrinaxe pola Diocese... o

labor pastoral cotián enchía a miña vida.Quedaban atrás as lembranzas e por iso,aquela vida que, no inicio non foi doada,tan pronto como entrei en contacto coa rea-lidade, comecei a coñecela, comprendela eamala. Despois todo foi, paseniño, facén-dose máis normal e atractivo. - ¿Como valora os seus vintecinco anosde presencia episcopal na Diocese?- Trato sempre de aprender do pasado paraesforzarme por vivir intensamente o pre-

sente que o Señor meconcede. Diante doSantísimo fago tódalasnoites exame da vidade cada día e poñotodo nas mans doSeñor. El é quen podefacer a xusta avaliación.Por iso non me atrevo a

unha valoración dos 25 anos do meu epis-copado. ¡Hai tanto que evanxelizar! Peropodo dicir, humildemente, que non regate-ei entregar o que son e teño ó servicio da

É Bispo de Lugo desde hai 25 anos. Eu coñézoo desde haimoito menos. Non coñecía a ningún Bispo antes, así que críaque todos eran como Fr. Xosé Gómez. Alá onde vou comén-

tanme sempre o mesmo: ¡Que cercano! E realmente é así,pero ademais é agradable, humilde, sinxelo... Capaz de serun máis. O que a nosoutros nos parece a norma, porque o

coñecemos, outros recoñéceno como unha excepción. Ó escribir estas liñas introductorias resúltame difícil ser

obxectiva e non podo deixar de entrar no persoal. Para pre-sentar ó meu Bispo, ó noso Bispo, so teño palabras de agra-decemento e admiración. A súa proximidade, dispoñibilidade,

a súa preocupación constante por todos e todo, a súapaciencia, a súa consideración,

“Levarei sempre con orgullo ser unlucense máis”

bondade e confianza, fano, ós meus ollos, digno demoitos agradecementos. Fr. Xosé non sabía que esta entrevista formaba parte

dun número especial desta revista en recoñecemento óseu labor de servicio á Diocese ó longo de 25 anos.Tiven que insistir. Quixera que servise para aproximar-vos, un pouco máis se cabe, a Fr. Xosé Gómez. Tamén quero agradecerlle os momentos en que nos tivo

a todos presentes, nos acompañou e escoitou, por tódo-los momentos en que nos permitiu expresarnos coaliberdade dos que se saben queridos. Espero que saibaentender que nesta presentación tivese que entrar nopersoal. Gracias Sr. Bispo.

Frei Xosé atende chamadas no seu despacho e responde a tódalas cartas dos que acuden a élsolicitando axuda ou manifestándolle os seus problemas.

“Teño moi claro que a miñamisión é estar disposto máis

para dar que para recibir,para consolar máis que para

ser consolado”.

Page 5: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle gracias a Deus por estes vintecinco ... fano, ós meus ollos, digno de

ENTREVISTA 7A NOSA VOZ

Diocese de Lugo, que o Bo Pastor meencomendou e confiou. -¿Cumpríronse as súas expectativas?- Recordo que, na miña intervención o díada Consagración Episcopal, manifestei queo meu programa era o que o ConcilioVaticano II fixa para os Bispos: ser mestreá imitación de Xesucristo; ser sacerdotepara servir ós irmáns na mesa da Palabrae dos Sacramentos; ser Pastor para coñe-cer, amar e entregarse ós sacerdotes edemais fieis. Máis que expectativas, ésteseran os meus desexos e propósitos, pero ameta está moi lonxana.- Din que vostede é unha persoa próxi-

ma, dialogante, sinxela, traballadora esempre dispoñible.- ¡Oxalá sexa realmente así! Mais, en todocaso, alégrome. E doulle grazas ó Señor ea tódalas persoas que, co seu exemplo,orientación e corrección me axudaron acultivar e coidar actitudes tan humanas ecristiás.- Se estas son algunhas das súas virtu-des, cóntenos algúns dos seus peca-dos. - Algúns, e que posiblemente eu non cone-zo, xa os coñecedes vós. Os que eu coñe-zo confésollos, con frecuencia, ó meu con-fesor. Os secretos e confidencias non sedeben revelar. ¿Que outras cousas podomanifestar que non coñezades os que metratades a cotío? ¿Afeccións? Lectura,música, teatro, facer media hora diaria debicicleta estática, nadar, camiñar polosnosos soutos, ribeiras e carballeiras. - Ó vir para Lugo tivo que deixar unha

comunidade para empezar unha vidanova. ¿Costoulle moito isto?- Eu nacín e vivín nunha familia numerosa:pais, avoa, e oito irmáns. Isto axudoume aintegrarme facilmente nas comunidadesfranciscanas, sempre numerosas nas queme formei. A vida comunitaria esixe peque-nas renuncias pero enriquece ás persoas.Nela sentínme sempre moi feliz.Precisamente por isto, vir a Lugo e ter quedeixar a vida comunitaria, supúxome, nos

primeiros tempos, un gran sacrificio. Peroesta nova situación acollina como unhanova chamada do Señor: "deixa todo...". Asoidade física, hoxendía, non é problemapara min. Teño a xornada diaria moi chea.Oxalá tivese máis tempo para o silencio, oestudo, a lectura, etcétera. - ¿Con quen comparte as súas penas e

alegrías?- Teño moi claro que a miña misión é estar

disposto máis para dar que para recibir,para consolar máis que para ser consola-do. As alegrías compártoas, con agrado,con aqueles que no momento están ó meucarón. Son menoscomunicativo para com-parti-los disgustos. - Como son as súas

relacións coas autori-dades civís e militaresda Provincia?- Como Bispo tiven e

teño relación con moi-tas autoridades da Provincia e de fóra damesma. A nosa Diocese abrangue territo-rios das Provincias da Coruña e dePontevedra. As miñas relacións coas auto-ridades foron sempre respectuosas, demutua colaboración e, na meirande partedos casos, amigables. Procurei non interfe-rir nunca nos asuntos alleos á natureza daIgrexa pero tamén me sentín sempre librepara realiza-la misión que, coma Bispo, mefoi confiada. Esta liberdade deume azospara amosar, con ánimo conciliador, a dis-conformidade con algunhas actuaciónsque afectaban negativamente á Diocese. - A Federación de Profesionais de Radioe Televisión outorgoulle o premio "Amara Lugo". ¿Como recibiu esta distinción?- Este preciado galardón foi para min unhamoi agradable sorpresa. Acepteina congratitude. E tamén coma un reto. Lugo éunha cidade fermosa, humana, entrañable.As súas xentes fanse admirar e déixansequerer. Descubrir e amar máis este tesou-

ro está sempre no meu ánimo. Esta é amiña ilusión coma lucense. E cando deixeesta tan querida cidade, levarei semprecon orgullo ser un lucense máis. E voltareiou traeranme. A capeliña de san Froilán,na Santa Igrexa Catedral, quero que sexaa meta da miña peregrinación na terra.

- ¿Cales son os seus máis ardentesdesexos para o futuro da Diocese?- A Catedral como centro de espiritualida-

de, casa de oración e lugar privilexiado, naDiocese, de adoración permanente a Cristopresente no Santísimo Sacramento; oSeminario como centro de formación dos

que están no ciclo insti-tucional (seminaristas),de tódolos sacerdotes edun laicado ben forma-do e crítico, que asumaresponsablemente amisión que lle corres-ponde realizar naIgrexa e na sociedade,

para ser fermento transformador; unhaIgrexa Diocesana que sexa realmenteunha verdadeira comunidade cristiá: queteña coma fonte o amor a Deus Pai, comoreferencia primordial a Xesucristo e comoanimador principal o Espíritu Santo; unhacomunidade unida polo amor, aberta atodos, con presencia significativa nomundo da cultura, solidaria cos de dentroe cos de fóra, e sempre esperanzada; unhacomunidade cunhas celebracións litúrxicasmáis gozosas e coa mirada posta "na novaTerra e nos novos Ceos". E coma expre-sión de todo isto, unha Cáritas Diocesanaco corazón e cos brazos moi abertos ósmáis pobres e desfavorecidos. Unhacomunidade de fe que contempla a María,a Nosa Señora dos Ollos Grandes, comomodelo de vida cristiá.

Son moitas as horas que Frei Xosé adica á lec-tura, nun proceso de formación permanente e

de actualización teolóxica.

Entre esta foto e a da páxina anterior pasaron 25 anos. O que non pasou foi a acollida que freiXosé practica cos seus diocesanos, tendo o seu despacho sempre aberto a todos.

“Lugo é unha cidade fermo-sa, humana, entrañable.

As súas xentes fanseadmirar e déixanse querer”

* Entrevista realizada por María José Campo,directora de “A Nosa Voz” e membro do equipoda Delegación de MCS.

Page 6: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle gracias a Deus por estes vintecinco ... fano, ós meus ollos, digno de

Congratulacións das dioceses irmásBISPOS DE GALICIA A NOSA VOZ

A celebración das túas Vodas de PrataEpiscopais, querido Fr. Xosé, é un aconte-cemento que nos leva a facer memoria cocorazón e, en consecuencia, a agradecer o teuservicio pastoral á Diocese irmá de Lugo

durante estes 25 anos. Desde esta Igrexa compostelá, invocando opatrocinio do Apóstolo Santiago, únome á túa acción de gracias óSeñor e pido que siga bendicindo o teu ministerio episcopal queestás vivindo xenerosa e dispoñiblemente coa sinxeleza e humil-dade, a exemplo de san Francisco de Asís e coa caridade pastoral,a imitación do Bo Pastor. Con fraternal afecto.

+ Julián Barrio Barrio,Arcebispo de Santiago.

Sempre me chamou a atención asúa mente clara, a súa profunda for-mación canónica, o seu sentidocomún e a súa obxectividade ó trataras diversas cuestións que se nos íanplantexando e sobre as que tantas veces deliberamos xun-tos. Persoalmente teño que agradecerlle o feito de gozar da súaestima e aprecio, desde o primeiro momento da miña incor-poración a Galicia; actitude, por certo compartida polosdemais bispos de Galicia. Non por ser un xesto común detodos eles, é menos de agradecer que tivese comigodetalles de amizade e fraternidade.¿Que lle vou desexar con motivo das súas Vodas de Prata?Home, pois que siga co mesmo aire de traballo e entrega óservicio da Igrexa como fixo sempre. Pero diría, desde amiña visión de bispo que xa presentou a súa dimisión, querematase ben a súa extraordinaria faena que iniciou hai vin-tecinco anos, e que poida dicir con San Paulo: "Competín nanobre competición, cheguei á meta na carreira, conservei afe" (2Tim. 4, 7).Que Deus te axude, querido Xosé, na pouco doada tarefa

episcopal; nada fácil pero apaixoante.

+ José Gea,Bispo de Mondoñedo-Ferrol

No ano mil novecientos setenta e dous funnomeado coadxutor dunha parroquia deSantiago de Compostela que tiña o seu cate-cismo nas dependencias do Centro CulturalJuan XXIII con sede no Convento de SanFrancisco. Os que tivémo-la sorte de vivir

aqueles anos en contacto con aquela extraordinaria comunidadefranciscana, lembraremos sempre como a unha das sús personali-dades máis relevantes a Fr. Xosé H. Gómez González. Desde entónos meus recordos da súa persoa son moitos e gratísimos.Fr. Xosé foi ordenado bispo de Lugo o vinteoito de xuño de mil nove-centos oitenta. Tiven a sorte de asistir á súa ordenación episcopal naCatedral lucense. Recordo perfectamente aquela soleada tarde deverán en que puiden bica-las súas mans consagradas.A Divina Misericordia quere que hoxe sexamos irmáns no ministerioepiscopal en dioceses contiguas e estreitamente vinculadas por pro-fundos lazos de afecto eclesial e historia común.

Nesta gozosa celebración das sús Vodas de Prata episcopaisúnome con sentido agradecemento á alegría e á acción de gracias óSeñor dos seus diocesanos e de tódolos que o queremos.

+ Luis Quinteiro Fiuza, Bispo de Ourense.

Felicito cordialmente á comunidadediocesana de Lugo e ó seu Bispo,Mons. Fr. Xosé González, polosseus vintecinco anos de fermosatarefa evanxelizadora, tan eficaz-mente levada.Neste periodo de tempo, e sempre

en admirable sintonía entre Pastor e fieis, a Diocese deLugo seguiu profundizando na súa condición de Pobo deDeus polos cauces abertos polo Concilio Vaticano II. Sencorrer riscos innecesarios, pero con gran valentía, intelixen-cia e sentido pastoral, o seu Bispo “gastouse e desgas-touse” para facer realidade a Salvación do Señor nestaparcela do Pobo de Deus.Benditos os pasos do evanxelizador que sementa en abun-

dancia, alixeira a carga para percorrer máis camiños e ninsiquera repara na moita colleita que o seu esforzo alcanza.Pido ó Señor que bendiga co seus abundantes dons a tan

Fiel Mensaxeiro do Señor e á querida comunidade dioce-sana de Lugo.

Cordialmente, no Señor.+ José Diéguez Reboredo

Bispo de Tui-Vigo

Son moitas as actividades realizadas polos bispos da provincia eclesiás-tica de Santiago. A foto recolle a última viaxe que fixeron xuntos aRoma, con motivo da visita “ad limina”, en febreiro de 2005.

Santiago deCompostela

Mondoñedo-Ferrol

Ourense

Tui-Vigo

Page 7: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle gracias a Deus por estes vintecinco ... fano, ós meus ollos, digno de

San Ignacio de Antioquía saudabaá comunidade cristiá de Romacomo a que preside na caridade.Esta expresión pode aplicarse contodo o rigor do seu significado ónoso Sr. Bispo, Frei Xosé GómezGonzález, que desde hai vintecincoanos preside na caridade a Igrexalucense.- Presidir na caridade ou estar á

fronte da caridade significa ir diantede todos na práctica desta virtudecristiá.- Presidir na caridade é ser modeloe exemplo vivo neste campo.

- Presidir na caridade significaimpulsar, promover, alentar e dirixirtoda a actividade caritativa no seo dacomunidade diocesana.Todo isto é aplicable ó labor realiza-do polo noso Sr. Bispo nestes vin-tecinco anos.Toda a súa actuación no campo daacción caritativa e social inspírasenuns principios fundamentais- A responsabilidade de ser sucesordos apóstolos, ós que Xesucristoenviou a predicar ós pobres o Reinode Deus, a curar toda clase de enfer-midades e a liberar ós oprimidos.

- A coherencia coa mensaxeevanxélica do que foi constituídomestre e guía e que ten comonúcleo fundamental a práctica dacaridade segundo o mandamentonovo de Xesucristo: amádevoscomo eu vos amei.- A esixencia do ministerio episcopalcomo pastor da comunidade dioce-sana representandoó Supremo Pastor que non veu a

ser servido senón a servir e a dá-lasúa vida por todos.- A súa actitude está tamén moi enconsonancia co espírito daquel quequixo designarse como o “poverello”de Asís e de quen o noso SeñorBispo proclamouse sempre o seu

preclaro fillo.No cumprimento do encargo

recibido de Xesucristo de confirmarós irmáns na fe e na caridade estivosempre ó lado dos seus presbíterossobre todo dos que fraquexaban noministerio axudándoos co seuacollemento xeneroso, aconsellán-doos e acom-pañando o seuproceso voca-cional con deli-cadeza e profun-do respecto.A súa dedicación

á práctica dasobras de miseri-cordia é coñecidae loada por todaspartes. Está sem-pre disposto a visitar enfermos. Tanpronto como sabe que un sacerdoteestá enfermo de consideración,preséntase ó seu carón para confor-talo e animalo. Isto é sen dúbida degran consolo neses momentos;incluso aporta o seu consello e a súaaxuda á hora de busca-lo posibleremedio, como é coñecido de todos.

E este servicio ós enfermos exercí-tao, non só cos seus sacerdotes,senón tamén cos seus fieis en xerale con tódalas persoas. Con frecuen-cia, en épocas sinaladas do ano,visita os centros hospitalarios daDiocese para levar ós enfermos alírecollidos, a axuda do consolo espi-

ritual.Tamén é unha

obra de misericor-dia enterra-losmortos. O nosoSr. Bispo propúx-ose desde ocomezo do seuepiscopado presi-di-lo funeral deenterro dos seussacerdotes e

cúmpreo na case totalidade doscasos, facendo para iso esforzosdentro dos seus múltiples ocu-pacións diarias.Para atender ó vestido necesario

dos pobres e indixentes, impulsou aorganización de roupeiros de cari-dade na Cáritas Diocesana e envarias Cáritas parroquiais, onde se

recolle a roupa en bo uso que apor-tan os doantes e, despois de clasifi-cala e preparala, ofrécese ós necesi-tados.Guiado polo seu espírito de servicio

e atención ás necesidades doshumildes, comprendeu comoninguén que na nosa sociedadeopulenta hai persoas que pasanfame, o que constitúe unha graveinxustiza que nos afecta a todos.Para solucionar este problema ideoua creación dun comedor social paradar de comer a toda persoa quepasa necesidade, incluso coa posi-bilidade de leva-la comida ó propiodomicilio. Destinou para iso asaportacións que ía recibindo conmotivo das celebracións do xubileode fin de século e outras doazónsque lle ían presentando polaDiocese nas confirmacións e visitaspastorais.Sobre todo ten sempre un interese

especial polo labor de promociónsocial realizado por Cáritas, tanto anivel diocesano como a nivel parro-quial, revisando constantemente asúa actuación, animando e axudan-do coas posibilidades da Diocese.Para iso dotou a esta organizacióndunhas instalacións axeitadas noedificio da Diocese na rúa da Cruz. Esempre está disposto a apoiar, cosrecursos necesarios, as distintasactividades e servicios a prol dosinmigrantes, transeúntes, xitanos,maiores, mulleres desprotexidas,familias necesitadas, etc.A comunidade dos pobres do Señoratopa sempre nel un espírito abertoe sensible ás necesidades de todose sempre disposto a servir e axudar,polo que pode contar co recoñece-mento sincero de tódolos dioce-sanos.

José FernándezDelegado Episcopal

25 anos ó servicio da caridade

A NOSA VOZ9 CÁRITAS

Frei Xosé sempre está disposto a apoiar, cos recursos necesarios, as distintas activi-dades e servicios de Cáritas en prol dos inmigrantes, transeúntes, xitanos, maiores,

mulleres desprotexidas, familias necesitadas...

Dende Cáritas Diocesana Frei Xosé alentou especialmente a creación do “Comedor San Froilán”. A este comedor acude cada vez máis xente. Estansea servir cerca de 40 comidas diarias, ademais do medio centenar que os voluntarios levan ós domicilios, para aqueles que non se poden achegar aquí.

“Guiado polo seu espírito de ser-vicio e atención ás necesidades

dos humildes, comprendeucomo ninguén que na nosa

sociedade opulenta hai persoasque pasan fame, o que con-

stitúe unha grave inxustiza quenos afecta a todos”.

Page 8: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle gracias a Deus por estes vintecinco ... fano, ós meus ollos, digno de

COPE - CONFRARÍAS 10A NOSA VOZ

Lembro os primeiros meses dasúa chegada. Na nosa antigacidade, férrea en tradicións,inamovible na súa mentalidade,espectadora e pouco participati-va dos tempos que son chega-dos, aconteceu algo asom-broso: tiñamos un novo Bispono senso máis amplo da pal-abra. Novo en idade, novo enideas. Case transgresor, comobo discípulo de Xesús, como bodiscípulo de San Francisco. Osseus primeiros paseos polas

rúas do noso Lugo, ás veces só,ás veces acompañado. Consotana, sen outra distinción,parándose coa xente, falandocon todos, con predilecciónpolos máis novos. E nos hospi-tais, nos asilos, en todas e encada unha das súas parroquias.Como Xoán Paulo II, viaxeiroincansable pola súa longaDiocese. Para nós, para as Confrarías

Penitenciais da Semana SantaLucense, foi determinante.

Fíxonos ver o estéril dos nososesforzos se non tiñan vidadurante todo o ano. Somos, oudebemos ser, asociaciónscatólicas de segrares con mar-cada vocación social. E pouco apouco, retorcendo unha vezmáis as espesas vontades, asnosas Confrarías, traballandoxuntas, como unha soa, está-monos a converter en ver-dadeiros movementos apostóli-cos, en torno ós que hoxe endía están agrupados máis dedous mil lucenses.Gracias, Fr. Xosé, gracias por

levarnos polo verdadeiroCamiño da Fe, polo camiño doservicio ós demais, gracias por

ser o noso Pastor durante estes25 anos. E queiran o XesúsNazareno, que entrou triunfanteen Xerusalén, que repartiu oPan na Derradeira Cea, ese BoXesús, o do Perdón cando foiCrucificado, o que foi Desencra-vado, o do Santo Enterro, e asúa Nai das Dores, a daEsperanza, a da Piedade, a daSoidade, María a dos OllosGrandes, que o tempo que llequede entre nós poida ver todoo froito da súa longa semente.Unha forte aperta de tódolosconfrades de Lugo.

Ramón Basanta Piñeiro,Coordinador da Xunta de

Confrarías de Semana Santa

As Confrarías,movementos apostólicos

Os primeiros paseos de Frei Xosé polas rúas do noso Lugo, ás veces só, ás veces acompañado, con sotana, sen outra distinción,parándose coa xente, son recordados con admiración por moitos lucenses.

O "inventor" da COPE en Lugofoi un bispo, don Antonio Ona deEchave. Puxo as bases dunmedio informativo que funcio-nou exemplarmente, desde aperspectiva do cumprimentoescrupuloso das obrigas daempresa para cos traballadorese da posibilidade, por partedestes, de actuar no seu traba-llo coa maior liberdade e inde-pendencia.Pero a boa obra iniciada por

don Antonio -e non debemosesquecer a don Arturo Veiga,daquela Vicario da Diocese-non se consolidaría co tempo seo actual prelado, nestes seus25 anos de estancia aquí, nonactuase co mesmo criterio doseu antecesor.

Fr. Xosé está sempre respal-dando a emisora e os seus tra-balladores, participa directa-mente dalgunhas das súas prin-cipais actividades, está sempredisposto a dar o consello ou eoconsolo, non falta en datas pun-tuais a reunións entrañables -acopa que nos ofrece cada anoen Nadal ou a cea na que nosreunimos nesas mesmas datas-e nelas intégrase sen ningúntipo de barreira. Ten sempre adifícil habilidade de estar senque se note, sen intentar influír.E agradecémosllo moito, de ver-dade. Felicidades Fr. Xosé poreses 25 anos. E por nosoutros,e seguro que polos demaislucenses, que sexan moitosmáis.

Traballadores de COPE

Frei Xosé: A arte deestar sen que se note

Frei Xosé estivo sempre moi cercano á vida de COPE. Estas fotosrecollen a homenaxe ós traballadores que cumpriron máis de 35

anos na empresa, o día 1 de xuño de 2005.

Page 9: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle gracias a Deus por estes vintecinco ... fano, ós meus ollos, digno de

XUVENTUDE 11A NOSA VOZ

Parece que foi onte, e xa van aló vintecinco anos. Candochegou á nosa Diocese, para servila como Bispo, tiña 48anos; era un mozo, un xove, un alegre e xovial franciscano,cun amplo sorriso na cara. Os mozos e mozas de Lugo di-xemos: "Este é un dos nosos". E acertamos, non nos equi-vocamos, o tempo déuno-la razón.Durante vintecinco anos disfrutamos, e moito, da súa pre-

sencia, da súa cercanía, do seu falar, un falar directo, claro.¡Dá gusto escoitalo! Díno-las cousas directamente, clara-mente, sen rodeos, sen dobres interpretacións.Lembrámolo nas nosas parroquias, de visita pastoral ou

confirmando mozos e mozas. Dise que nestes vintecincoanos á fronte da Diocese confirmou uns trinta mil xoves.Trinta mil mozos e mozas ós que un día o Sr. Bispo chamoupolo seu propio nome. Seguro que eses xoves non esque-ceron aquel intre no que, axeonllados diante de vostede,confirmaron a súa fe.Todos temos lembranzas, recordos, anécdotas.... da súa

presencia no medio de nós. Seguro que vostede tamén tenmoitas. Admíranos a súa memoria ¡como se lembra decousas, de nomes!É un Bispo preocupado polos xoves. Impulsou a creación deasociacións xuvenís (Xomaco). Como un mozo máis, comoun Bispo con espírito xove, vímolo e lembrámolo nas pas-cuas xuvenís, nas xornadas da xuventude, nas marchas daAlegría, nos cursiños de animadores, nos campamentosdiocesanos, nas peregrinacións ó Faro e ó Cebreiro; taméno lembramos no medio dos xoves con problemas, onde fixopresente o seu sorriso, a súa alegría, as súas gañas de vivire de loitar que desprende ó seu redor: No Centro de SanVicente de Paúl, nas Obreiras de Xesús, no Proxecto Home, Gracias Frei Xosé. Graciñas polos vintecinco anos de bo

pastor, xove, cercano, afectuoso, agarimoso. Vintecinco

anos depois da súa chegada ás nosas vidas, podemos dicirque o seu espírito segue sendo xove, ledo, segue a ser "undos nosos".

Miguel Rico

Un xove Bispo para os xoves

Frei Xosé mantivo contacto con milleiros de xoves da Diocese enconfirmacións, peregrinacións e vixilias ó longo dos últimos 25 anos.

Page 10: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · IMPRIME: La Voz de la Verdad. ... cemento feliz, para darlle gracias a Deus por estes vintecinco ... fano, ós meus ollos, digno de

A preocupación de Frei Xosépolas obras sociais é unha

constante ó longo dos seus 25anos como Bispo da nosa

Diocese. Os “chicos” do Centro de

Disminuidos Psíquicos de SanVicente de Paúl, envían estes

debuxos de felicitación ó Bispo. Unímonos a eles nese

sentimento de agradecemento efelicitacións a Frei Xosé Gómez.

A NOSA VOZ12 DIOCESE

A NOSA VOZ * PARROQUIAS* MOVEMENTOS* ASOCIACIONS* AXENDA DIOCESANA* LITURXIA* E todo o que desexa saber

sobre a Igrexa en Lugo.

SUBSCRICIONS:– ORDINARIA: 10 euros/ano– BENEFACTOR: 15 euros/anoIngresos: Banco de Galicia. Nº conta0600631224Información: Nas parroquias, na Vicaríade Pastoral ou no Secretariado deMedios de Comunicación Social.

¡Felicidades,Frei Xosé!