A nosa cidade

18
A NOSA CIDADE

description

Breve paseo pola cidade de Pontevedra

Transcript of A nosa cidade

Page 1: A nosa cidade

A NOSA CIDADE

Page 2: A nosa cidade

PRAZA DA LEÑA

O museo , que se atopa na mesma praza, está instalado en dous pazos levantados a finais do século XVIII: o que dá á rúa Sarmiento, asoportalado e con escudo de armas e con gárgolas nas cornixas; e o de Casto Monteagudo,unha gran casa señorial urbana.Para adecuala a Museo fixéronsellealgunhas reformas, como a ponte que une os dous edificios e, na fachada principal, dúas estatuas que representan a Esperanza e a Fortaleza.

A praza recibe este nome porque nela se

vendía a leña para as cociñas. Está

rodeada por un conxunto de edificacións

populares. No medio da praza atopamos

un cruceiro do século XV que

posiblemente estivo antes na ponte do

Burgo.

Page 3: A nosa cidade

Esta praza, como outras de Pontevedra,

tomou o nome do comercio que se

desenvolvía nela ata hai poucos anos.

Hoxe en día os domingos pola mañá

celébrase un mercado de antigüidades.

Os edificios que rodean a praza destacan

polos seus soportais que contan con

locais de tabernas típicas.

PRAZA DA VERDURA

Page 4: A nosa cidade

PRAZA DA VERDURADebemos destacar o edificio da Casa

da Luz que recibe o seu nome porque

no ano 1.888 se instalou nel unha

fábrica de luz, sendo así Pontevedra

das primeiras cidades de España en

contar cunha fábrica deste tipo.

A fonte que aquí vemos é de ferro.

Existen catro iguais en Pontevedra.

A primeira delas trouxérona de París

no ano 1.887, e as outras tres foron

feitas nos talleres vigueses de

Sanxurxo Badía. Sacaron o molde da

que trouxeran pero os floróns que a

rematan son obra do arquitecto

Sesmeros.

Page 5: A nosa cidade

PRAZA DA FERRERÍA

A Ferrería é sen dubida unha das prazas máis típicas, visitadas e queridas da cidade e o centro neurálxico da vida pontevedresa. Recibe o seu nombre das forxas que existían nos seus soportais e que antigamente subministraban metal aos demais gremios da cidade.

Únese coa pequena Praza da Estrela, onde destaca a Casa das Caras que chama a atención pola cantidade de caras da súa fachada .

Page 6: A nosa cidade

PRAZA DA FERRERÍA

Atópase rodeada de tradicionais terrazas especialmente concorridas durante o verán, permiten gozar dos variados edificios que conforman este irregular espazo, casas de carácter popular, outras de corte modernista que lle dan unespecial perfil.

Page 7: A nosa cidade

Todo este conxunto encóntrasepresidido pola potente presenza de dous edificios relixiosos:

San Francisco e o Santuario da Peregrina, así como por unha serie de edificacións de pedra, algunhascon soportais dunha grande harmonía.

PRAZA DA FERRERÍA

Page 8: A nosa cidade

No medio dos xardíns de Casto Sampedro. atopamosa afamada fonte da Ferrería(s.XVI) que foi reconstruidaen 1930 neste lugar tras ser retirada do centro da praza onde se atopaba nunprincipio.

Detrás da fonte está o convento de San Francisco. Destaca pola súaextraordinaria dimensión e a súa riqueza decorativa.

Na capela maior atopamosa tumba do trobador Paio Gómez Chariño que financiou parte das obras do convento.

Convento de San Francisco

Page 9: A nosa cidade

A praza da Peregrina é unha das principais da cidade galega de Pontevedra, tanto pola súa céntricasituación como por albergar a igrexa da Peregrina, o templo principal da cidade xa que esa virxe é a súa patroa.

Conecta a zona nova co casco antigo da cidade e é un dos puntos máisfrecuentados polos pontevedreses e considerado por eles como o corazónda cidade, lugar de camiño, lecer e de celebracións como os "maios". É unespazo bastante amplo xa que enlazacoa praza Ourense, a da Ferrería e os jardins de Casto San Pedro.

Praza da Peregrina

Page 10: A nosa cidade

Virxe Peregrina

Page 11: A nosa cidade

PRAZA DO TEUCRO

Esta praza está rodeada por casas dos séculos XVII y XVIII, o Pazo de San Román e o Pazo do Marqués de Aranda, onde podemos atopar algúns escudos nas súas fachadas. As rúas situadas nas súas proximidades constitúen unha das zonas máis importantes para tomar tapas ou para ir de viños. O máis curioso do lugar son as preciosas casas que a rodean e os marabillosos soportais que lle dan ao lugar un encanto especial.

Page 12: A nosa cidade

PRAZA DA PEDREIRA

Nome derivado das actividades da tallade pedra que aquí desenvolvían os canteros da cidade. Antigamente coñecida como praza da Herba, é un lugar inundado de tempos pasados no que atopamos o precioso Pazo de Mugartegui construído durante os séculos XVII y XVIII, exemplocaracterístico da arquitectura urbana do barroco galego. Actualmente restaurado como sala de exposicións, conferencias e concertos, O Pazo de Mugartegui posúe unhafachada onde están os escudos das familias importantes galegas e, rematando a construción, un magnífico exemplar dun reloxo de sol. Hoxe en día é a sede do ConselloRegulador da Denominación de Orixedos Viños Rías Baixas e nel realízansealgunhas bodas civis oficiadas polo Alcalde.

Page 13: A nosa cidade

Antigamente coñecida como a praza das Galiñas debido ao mercado de aves que alí se celebraba. No gran casarón dos Cruz e Montenegro construída no século XV, viviu o afamado contra-almirante Casto Méndez Núñez, onde morreu en 1869 pouco despois da batalla do Callao (Perú) na que participou. A finais do século XIX, este edificio foi centro de importantes e concorridas reunións de pensadores e escritores da época, como por exemplo Valle Inclán. Actualmente na praza establécese unha estatua en honor ao escritor de Vilanova de Arousa.

Praza de Méndez Núñez

Page 14: A nosa cidade

PRAZA DE ESPAÑA

Tamén coñecida como praza do concello porque é ali onde estáubicada a casa do concello. Este edificio foi construido entre 1877 e1890 sobre os restos das antigas casas dos concellos dos séculosXV-XVI. é obra do arquitecto Alejandro R. Sesmeros.Tamén podemos admirar no mesmo entorno desta praza o monumento aos heroes de Ponte Sampaio levantado no ano 1911 polo escultor González Pola logo duna subscrición popular, a fin de conmemorar a vitoria dos galegoscontra as tropas de Napoleón.

Page 15: A nosa cidade

Ruinas de Santo Domingo

Nun lateral desta prazaatópanse as Ruinas de San Domingos, o templo máismisterioso e atraínte da cidade. É unha obra do gótico galegode principios do século XIV .Era un convento do que so se conserva a cabeceira formada por 5 ábsides e unha paredecun rosetón.

Page 16: A nosa cidade

Ruinas de Santo Domingo

Na actualidade acolle a sección lapidaria do Museo Provincial con numerosos escudos, labras e sepulcros medievais de cabaleiroscomo Paio Gómez de Soutomaior.

Page 17: A nosa cidade

Real Basílica de Santa María

A Basílica de Santa María a Maior, foi construida no século XVI pologremio de mareantes.

É unha edificación relixiosa contres portas de entrada.

A básilica posúe planta de tresnaves, que están divididas en trestramos máis outro nos laterais a modo de capela.

O interior do templo é moiharmonioso e está cuberto por complicadas crucerías.

No seu entorno cabe destacar as construccións con soportaissituadas no Campiño

Page 18: A nosa cidade

Real Basílica de Santa María

Cristo da Boa Viaxe

A fachada principal é a máis rica. No centro a parece a Virxe rodeada polos apóstolos.

Nun lateral da fachada chama a atención a figura de San Xerónimo, pois aparece con lentes.

A porta sur dá á praza de Alonso III de Fonseca. A carón dela está a imaxe do Cristo da Boa Viaxe

San Xerónimo