A nosa amiga "A Castaña"

13
A NOSA AMIGA A Castaña

Transcript of A nosa amiga "A Castaña"

Page 1: A nosa amiga "A Castaña"

A NOSA AMIGA

A Castaña

Page 2: A nosa amiga "A Castaña"

Nome da árbore: O Castiñeiro Nome científico: Castanea Sativa

Hábitat: Climas temperados e húmidos. É polo tanto moi adecuado para o clima de Galicia. Hainos por toda a nosa terra, pero donde máis abundan é nas provincias de Lugo e Ourense

Page 3: A nosa amiga "A Castaña"

Pouco se sabe da orixe do castiñeiro, pero o que parece claro é que foron os romanos os que o trouxeron á Galicia

O castiñeiro é unha árbore fóra de serie, forte. A súa madeira, dunha calidade excelente, emprégase en tonelería e cestería e tamén para a fabricación de pisos e mobles.

Florece entre maio e xuño e o seu froito, a castaña é moi apreciada no mundo

O castiñeiro case nunca se encontra só, senón formando parte dun bosque chamado SOUTO.

Page 4: A nosa amiga "A Castaña"

A Castaña É un froito seco cunha composición similar

aos cereais, xa que é moi rica en hidratos de carbono, é polo tanto un alimento moi enerxético, pero á vez pouco calórico porque ten pouca graxa (é o froito seco que menos ten). Son tamén ricas en vitaminas e minerais.

Page 5: A nosa amiga "A Castaña"

TIPOS DE CASTAÑAS

Hai moitos tipos de castañas. As máis coñecidas son: Amarelante, Negral, Famosa, Garrida, Presa, Luguesa, Longal, De Parede, Ventura e Xudía

Page 6: A nosa amiga "A Castaña"

GASTRONOMÍA As castañas podemos comelas asadas, cocidas e ata

crúas na súa época, é dicir, no outono; e as secas, todo o ano.

Cando se secan, pode facerse fariña coa que se elaboran unhas tartas riquísimas.

Como comida principal ou como postre. En conserva ou mermelada. Solas ou como guarnición……..

a castaña é xenial!!!Algúns pratos Polo con castañas Sopa

Page 7: A nosa amiga "A Castaña"

Tiramisú Puré

Tarta de chocolate Pudding

Page 8: A nosa amiga "A Castaña"

Marrón Glassé Mermelada

E por suposto… Asadas!!!

Hummm… Que ricas!!

Page 9: A nosa amiga "A Castaña"

O MAGOSTOOrixe da palabra: Magnus Ustus (gran fogo) e tamén,

Magum Ustum (fogo máxico). Trátase dunha festa que tradicionalmente se facía ao recoller o froito e servía como agradecemento pola colleita recibida.

Soe facerse entre o 1 e o 15 de novembro e ten carácter comunitario. Consiste nunha gran fogueira donde se asan as castañas que logo comerán todos os asistentes. Ao rematar hai o costume de saltar as brasas e tinguir a cara coas cinzas sobrantes.

Page 10: A nosa amiga "A Castaña"

REFRÁNS, DITOS E ADIVIÑAS A castaña no agosto quere arder, e no setembro

beber. A castaña que está no camiño é do veciño. As castañas no Nadal, saben ben e pártense mal. Temperá é a castaña que no setembro regaña. Sempre un porco ruín ha atopar, a mellor castaña. Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín

viño. A castaña e o besugo, no febreiro non ten zugo. Se chove na semana do San Mateo non prepares

canizo porque non hai ourizos

Page 11: A nosa amiga "A Castaña"

Auga de castañas: dise do café frouxo. Quedar en auga de castañas: algo que non tivo

importancia. Estalarlle a castaña na man: cando un cae na

propia trampa. Non estar para asar castañas: non ter ganas de

festa. Sacarlle as castañas do lume: librar a un dun

problema. Darlle unha castaña: zurrarlle na cara. ¡Toma castaña!:levar un chasco. ¡Pegarse un castañazo!Pegarse un golpe forte. Coller unha castaña. Emborracharse. Estoupou como unha castaña: unha explosión

seca. ¡Manda castaña!Algo que non ten xustificación,

que sorprende a un

Page 12: A nosa amiga "A Castaña"

Ten pelexo coma a xente, e é moi boa para comer; chega polo mes de Santos e todo o ano a tés.

Alto me vexo no meu capelexo, por unha risada quedeime sen nada

Page 13: A nosa amiga "A Castaña"

Alto está, barbas ten, ri e solta o que ten .

No aire se cría, no aire se ten; bota unha risada e perde o que ten.