A narrativa galega de posguera 1950 75
-
Upload
dores-fdez-lopez -
Category
Documents
-
view
956 -
download
2
Transcript of A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega da posguerra
A narrativa
1.- Narradores de preguerra2.- Realismo máxico. Álvaro Cunqueiro3.- Realismo urbano. Eduardo Blanco Amor4.- Realismo rural. Contos de medo. Ánxel Fole5.- Realismo rural. Xsé Neira Vilas5.- Nova Narrativa galega
Seguimento da narrativa de preguerra
Pervivencia da narrativa de preguerra (narrativa nacida da man dos homes da Xerazón Nós), ben pola
recuperación para as noss letras de esc ritores do período de preguerra, Otero Pedrayo,, ben pola
utilización de modelos narrativos consagrados pola xerazón citada, caso de Ramón Carbalho Calero, A
xente da barreira. Esta será primeira obra de narrativa publicada despois da Guerra Civil. Esta liña
narrativa mantense durante a década dos 50. Este escritor publicará Scórpio no 1987. Unha grande
novela .
Realismo máxico Obras:
Narrativa longa : Se o vello Simbad volvese ás illas, Merlín e familia,
As crónicas do Sochantre
Libros de semblanzas: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros
feirantes .
Pinceladas introdutorias:
Cunqueiro soubo crear un mundo narrativo singular, froito da combinación entre
o mito, a tradición e o cotián.
A combinación do enxebre co exótico convértese nun dos eixos das súas obras.
É un narrador realista non no sentido de reproducir fielmente a realidade senón
no de artellar nunha pros na que a inclusión de referencias a lugares, personaxes,
datas, confírenlle un alto grao de verosemellanza ao narrado e a necesaria
coherencia ao texto.
Realismo urbanoObra:
A esmorga
Xente ao lonxe
Os biosbardos
Pinceladas introdutorias:
Se exceptuamos Os nonnatos (conto de preguerra e publicado na revista Nós)
todas as obras de Eduardo Blanco Amor transcorren en Auria ( trasunto de
Ourense) a finais do S. XIX e principos do S. XX. Mais Xente ao lonxe facilmente a
poderiamos reler temporalmente a principios dos nos setenta.
estas obras son definidas polo autor como “ o recordo realista duntempo
vivido”.
Son unha recreación literaria do ambiente de Ourense no q1ue se insiren
personaxes moi diversos ,que transitan por ambas novelas, e que non debuxan a
vida desa cidade.
Características:
A incorporación do urbano desde unha perspectiva realista .
Auria espazo da súa obra narrativa
Personaxes infantís ou adolescentes ben do lumpen da sociedade ben dunha extracción pequeño
burguesa que vive na mseria.
Os infantes sofren a historia duns adultos irresponsábeis, misarábeis.
Presenza da nai como a que permanece, a que non os abandona. A nai é sempre marcada como un
elemento positivo.
A presenza paterna, agás en Xente ao lonxe, erá negativa. Ou ben non están ou a súa irresponsabilidade
os leva ao alcohol, ao abandono, á miseria.
Tratamento de temas que estaban moi fóra da literatura galega deste século: a homoxesualidade, a
prostitución, a muller no mundo traballo, o aborto, o nacemento do sindicalismo, a escola púbica e laica,
o complexo do principe destronado, e un longo etcétera.
Vídeos interesantes
Eduardo Blanco Amor Álvaro Cunqueiro
Conto adapatado de ánxel Fole
Neira Vilas fala de Memorias dun neno labrego
Realismo ruralÁNXEL FOLE ( 1903-1986)
Obra:
Á lus do candil
Terra Brava
Contos da Néboa
Historias que ninguén cre
Pinceladas e características:
O rural como desencadeante de procesos fabuladores de carátcer parapsicolóxico, onírico ou
fantástico.
Os temas fundamentais da súa narrativa son: contos de lobos, contos de aparecidos e soños como
premonicións da morte, supersticións (as meigas), lendas populares (a Santa Compaña, Urco,
Estadea…)
Incorpora asos seus relatos técnicas, recursos e mesmo o tipo de linguaxe da narrativa oral.
A técnica que utiliza é a do conto contado.
A descrición e presentación da paisaxe ( fundamentalmente xeografía lucense: O Caurel, O Incio…)
adquire unha significativa relevancia nos textos, sen ocultar o elemento humano.
Realismo ruralXOSÉ NEIRA VILAS (1928- )
Obras:
Protagonista infantil: Memorias dun neno labrego
Cartas a Lelo
Aqueles anos do Moncho
Protagonista adulto: Xente no rodicio
A muller de fero
Querido Tomás
A emigración: Camiño bretemosos
Historias dun emigrante
Remuíño de sombras e un longo etcétera até a actualidade
Pinceladas e características:
Constante presenza do mundo rural de posguerra dominado pola miseria
Os protagonistas manteñen unha conflitiva relación co medio debido á situación de opresión que padecen.
A temática desenvolvida: emigración, explotación dos máis humildes, o caciquismo, a viiolencia, a represión, a
marxinación, a incomprensión cara os nenos.
A súa prosa é anovadora ( monólogo nteror, multiperspectivismo, obxectalismo) non cae no ruralismo ou
costumismo.
NNG
NNG“Os escritores da Nova Narrativa refúxianse nos símbolos para expresarse como seres perdidos na súa propia
terra…. Algúns evádense polas lendas, as tradicións, os espacios exóticos, nunha mestura de soño e realidade, de mito e verdade, de loita entre a Galicia desexada e a frustración da Galicia real.. Galicia está presente no desequilibrio, na inseguridade … “
Mª Xosé Queizán: A Nova Narrativa e a loita contra o sentimentalismo.
Pinceladas introdutorias: A Nova Narrativa galega toma o seu nome do Nouveau Roman, movemento de renvación técnica e
temática da narrativa francesa dos anos 50. A NNG xorde , entre utros factores, da rutura dalgúns dos seus autores cos homes de Galaxia por razóns
tanto estéticas como políticas. Incorporan tendencias e técnicas innovadoras e experimentais coma obxxectalismo Serán seguidores das obras de Kafka ou Faulkner. Tentan superar os modelos establecidos polaa xerazóns anteriores. Manteñen unha grande actividade cultual e política . Participan en actividades culturais (Festas Minevais),
difunden o seu pensamento de carácter existencialista e marxista, e participan decisivamente na aparición do nazonaismo galego de esquerdas.
Total compromiso coa lingua: manteñen unha práctica monolingüe en galego.A NNG transcorre entre a publicación de Nasce un árbore de Gonzalo R. Mourullo, publicado en 1951, e de
Adios María de Xohana Torres, publicada en 1971. Outro autores: Méndez Ferrín, mª Xosé Queizán, Xohán Casal..
NNG• Características: Uso do monólogo inetrior, que expresa un discurso mental, non pronunciado, que discorre de forma
traumática. Creación de mundos absurdos, angustiantes e violentos. Son mundos imaxianrios, rexidos polo absurdo,
nunha liña inconcreta entre o soño e e a realidade, poboados por seres alineados e violentos. Tratamento simbólico de temas socio-políticos e indivisuais. Incorporación das achegas de ciencias como a psicoanáise. Incorporan o subsconciente , soños e
pesadelos; os persoanxes móvense en situacións esxtrañas e irracionais. Creación de espazos psicolóxicos, claustrofóbicos e sórdidos, que reflicten as obsesións patolóxicas dos
protagosnistas. Técnica do ollo cinematográfico na perpectiva do Novueau Roman Maior presenza de espazos urbanos Elimínase o heroe problemático. Os personaxes son seres sen biografía, que aparecen pouco
caracterizados, sen nome ou marcados por unha inicial, traumatizados e con tendencia á violencia e á autodestrución.
Utilización de nomes exóticos, inventados, deformacións ingüísticas sen lóxica. Uso e varios narradores nun mesmo relato (multiperspectivismo) Xustaposición de palnos temporais (non hai unha orde cronolóxica).