A materia viva ii
-
Upload
cruz-rouco -
Category
Education
-
view
250 -
download
6
Transcript of A materia viva ii
AS PROTEÍNAS Están formadas por C, H, O, N, e, en menor
proporción S
Son macromoléculas formadas pola unión de unidades máis sinxelas chamadas aminoácidos (20 distintos)
Os aminoácidos únense por un enlace covalente chamado enlace peptídico
Cando se unen 2 chámase dipéptido; se o fan 3 tripéptido; se son moitos polipéptido; e se o peso molecular e superior a 10000 denomínase proteína
OS AMINOÁCIDOS
Un aminoácido está formado por un grupo amino, un grupo carboxilo e unha cadea lateral chamada grupo R unidos a un átomo de C chamado Cα
O grupo R é característico de cada un dos 20 aminoácidos que forman proteínas
OS AMINOÁCIDOS
A presenza do grupo carboxilo e do grupo amino fai que os aminoácidos poidan comportarse como ácidos ou como bases, polo que se di que son moléculas anfóteras
O ENLACE PEPTÍDICO
É o enlace que une 2 aminoácidos coa liberación dunha molécula de auga
Nun péptido hai sempre un aminoácido que ocupa o extremo amino-terminal e outro, no lado oposto da cadea, que é o carboxilo-terminal.
O enlace peptídico rompe por hidrólise, obténdose os aminoácidos que o forman.
ESTRUTURA E FUNCIÓN DAS PROTEÍNAS
As proteínas difiren unhas doutras no número e na orde na que se colocan os aminoácidos que as forman: secuencia de aminoácidos.
Da secuencia de aminoácidos depende a configuración espacial (forma) dunha proteína determinada.
Desa configuración espacial depende a súa función biolóxica
FUNCIÓNS DAS PROTEÍNAS Estrutural: glicoproteínas, coláxeno,
queratina… Reserva: ovoalbúmina, caseína … Transporte: hemoglobina, lipoproteínas … Defensa: anticorpos, fibrinóxeno e trombina Contractil: actina e miosina Hormonal: insulina, hormona do crecemento Enzimática: enzimas
OS ENZIMAS Os enzimas catalizan (aumentan a velocidade) as reaccións
químicas dos seres vivos Únense ao sustrato formando un complexo enzima-
substrato, que tras a transformación, sepárase nos produtos da reacción e o enzima libre
Os enzimas caracterízanse por unha elevada especificidade. Cada enzima únese a un ou poucos substratos.
O enzima únese ao substrato polo centro activo que é complementario estruturalmente.
OS ÁCIDOS NUCLEICOS Son as moléculas portadoras da información
xenética
Son longas cadeas de unidades máis sinxelas denominadas nucleótidos, que se unen entre sí mediante enlaces fosfodiéster
Hai dous tipos de ácidos nucleicos: ADN: ácido desoxirribonucleico ARN: ácido ribonucleico
OS NUCLEÓTIDOS
Son moléculas formadas por: unha pentosa que pode ser:
ribosa ou desoxirribosa,
unha molécula de ácido fosfórico
unha base nitroxenada, que pode ser:Púrica: adenina e guanina, ouPirimidínica: citosina, timina e uracilo
OS NUCLEÓTIDOS
Nucleótidos do ADN, desoxirribonucleótidos, conteñen: Desoxirribosa como azucre Bases nitroxenadas: A, G, C, T
Os nucleótidos do ARN, ribonucleótidos, posúen Ribosa Bases nitroxenadas: A, G, C, U
Os nucleótidos únense entre si mediante enlaces fosfodiéster que dan lugar a longas cadeas: os ácidos nucleicos
O ENLACE FOSFODIESTER O grupo hidroxilo da posición 3’ dun
nucleótido reacciona co grupo –OH do ácido fosfórico doutro, liberándose unha molécula de auga
O polinucleótido queda constituído por: Parte fixa: esqueleto con alternancia
dos grupo fosfato e azucre Parte variable: bases nitroxenadas
perpendiculares a este esqueleto.
Distínguese un extremo 3´ terminal e un extremo 5´
ESTRUTURA DO ADN Está formada por 2 cadeas de
desoxirribonucleótidos de A, G, C e T, enroladas en forma de dobre hélice
As 2 cadeas son antiparalelas e mantéñense unidas por pontes de hidróxeno que se establecen entre as bases complementarias (A con T e G con C)
Nas cadeas de ADN as bases poden situarse en calquera orde polo que existe unha gran variedade de secuencias diferentes
Nesas secuencias de bases é onde está escrita a información xenética
Un xene é un fragmento de ADN con información para fabricar unha proteína
ADN
ESTRUTURA DO ARN Está formado por unha única cadea
de ribonucleótidos de A, G, C e U
Existen 3 tipos de ARN: ARNm: mensaxeiro ARNr: ribosómico ARNt: transferente
Foi a primeira molécula portadora da información xenética nos seres vivos
Os ARN interveñen na formación de proteínas
FUNCIÓNS DOS ACIDOS NUCLEICOS O ADN é a molécula portadora da
información xenética, esto significa que:
Almacena a información que se transmite de xeración en xeración: grazas á replicación a molécula de ADN duplícase, obténdose dúas copias idénticas, unha para cada célula filla
Almacena a información que se expresa na propia célula (síntese de proteínas): Mediante a transcripción e a tradución, a información do ADN utilízase para fabricar proteínas, as cales regulan as reaccións químicas celulares e, polo tanto, controlan as funcións vitais
REPLICACIÓN DO ADN
A replicación ou duplicación é un proceso semiconservativo: as moléculas fillas son idénticas, e están formadas por unha fibra orixinal e outra de nova síntese
Realizaa a ARN polimerasa baseándose na complementariedade das bases nitroxenadas:
A-T e G-C
A técnica da reacción en cadea da polimerasa (PCR) é unha replicación “in vitro” que permite obter moitas copias de ADN en pouco tempo. Está técnica utilízase en medicina forense, criminoloxía, probas de paternidade…
REPLICACIÓN DO ADN
http://www.youtube.com/watch?v=T-g-G0-kehU
SÍNTESE DE PROTEÍNAS Consta de 2 procesos:
a transcrición, que ten lugar no núcleo, e a tradución, no citoplasma
ARN Na síntese de proteínas interveñen os
distintos tipos de ARN:
ARNm (mensaxeiro): leva a información do ADN do núcleo aos ribosomas para a síntese de proteínas.
ARNr (ribosómico): forma parte da estrutura dos ribosomas.
ARNt (transferente): encargado de transportar os aminoácidos ata os ribosomas para a síntese de proteínas.
TRASCRIPCIÓN
Consiste na síntese dos distintos tipos de ARN.
A ARN polimerasa vai sintetizando a cadea de ARN a partir do ADN que actúa como molde.
O proceso baséase na complementariedade de bases
A - U G – C
TRADUCIÓN Consiste na síntese dunha
proteína e realízase nos ribosomas
Cada triplete de bases do ARNm (codón) determina un aminoácido
Os ARNt transportan os aminoácidos aos ribosomas
Cada ARNt ten un anticodón complementario ao codón, o que permite a correcta colocación dos aminoácidos.
Os aminoácidos únense por enlaces peptídicos e forman a proteínahttp://www.youtube.com/watch?v=FNqmh4PoMPQ
CÓDIGO XENÉTICO
TRADUCIÓN – SÍNTESE DE PROTEÍNAS
TRADUCIÓN – SÍNTESE DE PROTEÍNAS