A Linguaxe e as Linguas

download A Linguaxe e as Linguas

of 26

Transcript of A Linguaxe e as Linguas

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    1/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    2/68

     A LINGUAXE E AS LINGUAS

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    3/68

     B i b l i o t e c a R a m ó n P i ñ e i r o

    bCC 

     A linguaxe e as linguas foi lido como discurso de ingresona Real Academia Galega o día 25 de novembro de 1967.

    1.ª edición 19671.ª edición Biblioteca Ramón Piñeiro, 2007

    Editorial Galaxia agradece a colaboraciónda Fundación Caixa Galicia na realización

    e difusión deste libro.

    Editorial Galaxia agradece a La Voz de Galicia,onde foron publicados estes artigos,

    as facilidades dadas para a súa compilación.

    © HERDEIROS DE RAMÓN PIÑEIRO

    © EDITORIAL GALAXIA, S. A. 2007

     Avenida de Madrid, 44 - 36204 Vigo

     www.editorialgalaxia.com

    ISBN: -

    Dep. Legal: VG- -2007

    xxxxxxxxxx

    xxxxxxx

    Ilustración da capa

    xxxxxxxx

    Maqueta da colección e

    deseño da cuberta

    MANUEL JANEIRO

    Ramón Piñeiro

     A LINGUAXE

    E AS LINGUAS

    Introdución e selección Luís Alonso Girgado

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    4/68

    RAMÓN PIÑEIROLáncara, 1915 - Santiago de Compostela, 1990

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    5/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    6/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    7/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    8/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    9/68

    designados para me introducir por seren os máis

    modernos entre os académicos presentes).Como son tímido e moi nervoso, non estaba se-

    guro da miña actuación. Con todo, domineime benno tocante á timidez e mais aos nervos. O quenon puiden dominar foi a emoción, sobre todonalgúns momentos da resposta de Domingo (queeu non coñecía previamente), no momento de en-

    trar no salón entremedias da xente que se erguíaaplausando co corazón nas mans e cando, remata-da a lectura do discurso, o presidente me puxo amedalla e o público reiterou a mesma demostra-ción de afecto que ao entrar. Neses intres a inten-sidade emotiva foi abrumadora [...]. Nunca coidei

    que o ingreso na Academia ía ter para min tantafondura emotiva.

    Tamén sabemos algo do proceso de elabora-ción do texto. Segundo o autor confesa en cartaamical a Francisco Fernández del Riego, ao come-zo foille difícil abordar a tarefa:

    Nestes días quixera facer o discurso para a Aca-demia. Teño notas e teño o esquema pero sintounha estraña dificultade interior para me poñer afacelo. Non teño lembranza de sentir unha resisten-cia semellante en ningunha outra cousa. Tampouco

    17 L i m i a r 

    inzado de gabanzas (publicado en Grial  111, de

    1991). Segundo testemuño oral de García-Sabell,que foi o encargado de dar a preceptiva réplica áprelección de Piñeiro, “fixémolo académico denúmero non sen grandes inconvenientes por par-te de moitos académicos. Esa foi unha loita quelevei eu persoalmente” (recollido por Rei Doval,1999, p. 56). O acto de recepción pública reali-zouse en sesión plenaria extraordinaria da Acade-mia celebrada o 25 de novembro de 1967.Coñecemos a impresión do acto que o protago-nista transmitiu a un dos seus correspondentesepistolares máis íntimos, Basilio Losada, en cartadatada dúas semanas despois (9 de decembro):

     Alégrome moito de que vos gustara o discur-so, tanto a ti como a Carmina. No ‘Círculo de Ar-tesáns’ produciu un entusiasmo verdadeiramenteextraordinario, pero en boa parte estaba provoca-do pola gran concorrencia amistosa e pola emo-cionada xenerosidade da resposta de Domingo

    [García-Sabell]. Para vos dicir a verdade, tamén euestaba completamente asombrado, porque nonagardaba semellante concorrencia nin moito me-nos a elevadísima tempertura cordial que alí seproduciu en canto entramos no salón o MeijidePardo, o Taboada Chivite e mais eu (eles foron os

    16  H e n r i q u e M o n t e a g u d o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    10/68

    ción cambiante, fundamentalmente en tres ensaios:

    “A lingua, sangue do espírito” (1952),  A lingoaxe i as lingoas  (1967) e “Carta a don Manuel Rodri-gues Lapa” (1973). Destes, os máis importantesson, sen dúbida os dous últimos. Interesantes nopunto vertente, pero máis breves e por tanto demenor alcance, son os artigos “Trascendencia socialdo idioma” (1954), “Un século de renacer cultu-ral” (1963), “Galicia nos estudos luso-brasileiros”(1966), “O pensamento galego” (1968), “Unhanova revolución na nosa lingua” (1970) e “O me-nosprecio social da lingua” (1972), todos elesincluídos na escolma Olladas no futuro. A elocu-ción que pronunciou no Parlamento de Galicia co

    gallo da aprobación da Lei de Normalización Lin-güística (1983) tamén merecería ser tido en conta,pero pertence a unha etapa moi posterior da súa

     vida pública.No primeiro texto citado —cun título significa-

    tivamente calcado sobre unha frase de Miguel deUnamuno—, Piñeiro desenvolve unha visión da

    relación entre a lingua galega e a identidade co-lectiva do pobo galego (nesta época, por culpada censura, o noso autor fala decote do  pobo

     galego e nunca da nación galega) no marcodunha concepción puramente organicista e esen-cialista, herdada do nacionalismo galego de pre-

    19 L i m i a r 

    comprendo por que. Sen dúbida é algo completa-

    mente irracional. De tódolos xeitos, mellor ou peor,agardo poder facelo (Compostela, 24 de abril, 1967;Fernández del Riego, Epistolario, p. 230).

    Non obstante, a final o proceso de redacciónfoi relativamente rápido, pois escasamente dúassemanas despois, comunica con alivio ao mesmo

    destinatario:

     Xa teño rematado o discurso da Academia. Agora teño que o pasar a limpo. Saíu completa-mente distinto do que tiña matinado, pero decidíndeixalo así. Ten máis xeito de ensaio que de dis-

    curso académico. Nesta semana gustaríame rema-tar totalmente con el (Compostela, 5 de maio;Fernández del Riego, Epistolario, p. 231).

    Reteñamos estas últimas observacións sobre otexto, que máis adiante tornarán a ser obxecto danosa atención.

    “A LINGUA, SANGUE DO ESPÍRITO”. O ORGANICISMO INICIAL

    O ideario lingüístico de R. Piñeiro apareceexpresado, en entregas parciais e nunha modula-

    18  H e n r i q u e M o n t e a g u d o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    11/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    12/68

    cun fundamento moito máis socioantropolóxico.

    Tanto é así que, de acordo coas opinións de An-tón Santamarina (1989 e 1998) e Gabriel Rei Doval(1999, 48-60), o texto ou discurso académico dePiñeiro pode considerarse o primeiro abrollo dasociolingüística galega, e polo mesmo, o seu autorresulta ser un dos precusores máis temperánsdesta disciplina en Galicia. Téñase en conta que

    daquela a sociolingüística aínda comezaba a des-pregar as súas ás na Europa Occidental (incluíndoCataluña) e Norteamérica, e que no noso país co-mezaría a agromar só pasada a metade da décadaseguinte. Vexamos.

    Comezaremos por sinalar, con Antón Santama-

    rina (1998), que no escrito en foco se detectaunha certa incongruencia entre o seu título e oseu contido, pois aquel parece atinxir soamente áprimeira das dúas partes que se enxergan neste.En efecto, na primeira parte Piñeiro realiza unhabreve incursión no tema da importancia fulcraloutorgada á linguaxe na filosofía contemporánea

    (the linguistic turn, a virada lingüística), para pa-sar a esbozar unhas rápidas e moi pertinentes ob-servacións introdutorias sobre a significaciónantropolóxica da linguaxe e das súas manifesta-cións históricas concretas, que son as linguas. Sendúbida esta sección da palestra é a que mellor co-

    23 L i m i a r 

     Aquel que perseguir o noso idioma é, de certo,

    un inimigo noso”. En segundo lugar, asevera Pi-ñeiro, a defensa do idioma ten que arborarse na“grande ambición colectiva que nos debe xuntarpor enriba das loitas de ideas ou intereses, poisningunha outra nos pode ennobrecer tanto”, enada máis nin nada menos que nun “deber fun-damental” de todo o galego. O autor atrévese in-

    cluso a afirmar que os galegos que renuncian aoseu idioma revelan “a súa debilidade moral, a súaimpotencia de espírito e a súa caducidade”. Nonresulta doado imaxinar unha mensaxe máis dia-metralmente (mesmo provocadoramente) opostaás que destilaba a ideoloxía franquista, difundida

    abouxadoramente e con todo luxo de mediospolo réxime e os seus acólitos.

     A LINGUAXE E AS LINGUAS: O AGROMAR DA SOCIOLINGÜÍSTI-

    CA GALEGA

     Vindo agora ao rego, o primeiro que salta á

     vista ao voltarmos a nosa atención ao ensaio A lin- guaxe e as linguas , se o comparamos co textoque acabamos de comentar, é o perceptible cam-bio de enfoque do problema lingüístico galegoque se verifica: dun discurso construído basica-mente en chave esencialista pásase a unha abordaxe

    22  H e n r i q u e M o n t e a g u d o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    13/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    14/68

    recoñece que estes dous empeitizos efectivamen-

    te existían, pero sostén que tiñan carácter circuns-tancial e non esencial, pois viñan provocados porfactores externos ao idioma, de índole sociocultu-ral, xa que logo era resolubles sen grandes difi-cultades. Na “Carta a Rodrigues Lapa” volveríasobre esta idea:

    O noso amigo sabe moi ben que ningunhalingua está incapacitada de seu para se converteren lingua literaria. Depende de que sexa ou noncultivada literariamente. Nós temos os problemasda unificación morfolóxica, da regularizacón gra-matical, da fixación do vocabulario culto. Bon,

    problemas que non teñen que ver coa aptitude dalingua para a expresión da comunicación espiri-tual. Problemas, ao cabo, de solución convencio-nal e que están en curso de solución.

    O feito de que Piñeiro se vexa obrigado a pre-cisar extremos tan elementais nun texto dirixido a

    un filólogo da talla do lusitano demostra ata quepunto estaba arraizado o preconcepto que preten-de abater. Pero, por outra parte, a pesar de que onoso autor tiña toda a razón ao denunciar o talprexuízo nos termos en que o facía, se hoxe bo-tamos unha ollada retrospectiva, constataremos

    27 L i m i a r 

    deixar no tinteiro algunhas observacións de co-

    lleita propia, que virarán sobre dous aspectos dotexto en foco: un deles relaciónase co valor expli-cativo que Piñeiro atribúe ás amentadas nociónsde  prexuízo e  prestixio, outro co seu prognósticodeclaradamente optimista verbo do porvir doidioma. Isto último levaranos a considerar outroscontributos do noso autor en que desenvolve

    unha novidosa análise da historia e da situaciónsocial do galego, da que derivan as súas alentado-ras prediccións.

     Vamos ao primeiro punto. Tal como declarano texto, Piñeiro considera que as causas da pros-tración do idioma galego radican na prevalencia

    de tres tipos de prexuízos: sociolóxico, lingüísticoe ideolóxico. Comezaremos por considerar rapida-mente o segundo e o terceiro, para demorarmosdespois un chisco máis no primeiro. O prexuízolingüístico defíneo o autor como a crenza de queo idioma galego estaba tolleito por dúas eivasgravísimas, a anarquía ortográfica e a fragmenta-

    ción dialectal, que lle eran intrínsecas e por tantoresultaban imposibles de subsanar3. O noso autor

    26  H e n r i q u e M o n t e a g u d o

    3 En realidade, Piñeiro fala de tres eivas, incluíndo o des-prestixio social, o que resulta un tanto incoherente, comoa seguir notaremos.

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    15/68

    Como é sabido, Herder reivindicara a impor-

    tancia capital da función expresiva da linguaxe,ao tempo que sinalaba que esta é precisamente aque vencella as linguas coas identidades (persoal,grupal, colectiva), mentres que Humboldt, ao pre-sentar a linguaxe como órgano que pon en mar-cha o pensamento, puxera de vulto as limitaciónsda concepción puramente instrumentalista desta.

    Estes dous pensadores (entre outros) foron inspi-radores dunha corrente de pensamento lingüísticoigualitario e pluralista, alternativa á dominantena cultura occidental contemporánea, xerárquicae uniformista. Canto á unidade entendida ao xeitouniformizador, en palabras de Ernst Cassirer,

    aquela corrente alterntiva de pensamento contes-ta a concepción do universal como unha esenciaabstracta oposta aos casos particulares, propo-ñendo en troques procuralo na concreta totali-dade dos casos particulares, considerados na súamultiplicidade individual e en cadansúa contin-xencia histórica. A pegada destas concepcións no

    discurso de Piñeiro ponse de vulto cando lemosparágrafos coma este:

    Os distintos pobos, as distintas culturas e asdistintas linguas son as realidades concretas quecorresponden á unidade ideal que nós chamamos

    29 L i m i a r 

    que as tarefas da codificación normativa e da es-

    tandarización do idioma afinal resultaron endiaña-damente complexas, en todo caso moito máisespiñentas —precisamente polo seu carácterconvencional, e por tanto, debatible— do que elprevía.

     Vexamos agora a celmosa crítica que o autordesenvolve verbo do ‘prexuízo ideolóxico’, nuns

    apurados apuntamentos ao final da súa conferen-cia. En poucas palabras, o que Piñeiro tenta aí éimpugnar unha crenza que se agocha na mesmacerna da cultura lingüística actual, unha visióncon circias raíces no pensamento ilustrado (funda-dor da racionalidade contemporánea), e que se

    acha intimamente asociada a outros supostos fun-damentais da civilización occidental. Esa crenzarepousa dunha banda na íntima asociación entreas nocións de ‘unidade’ (entendida como ‘uni-formidade’) e de ‘progreso’ (‘o progreso tende áunidade por lei inexorable da historia’, como pen-saba Curros), e doutra banda na sobrevaloración

    da función comunicativa da linguaxe (isto é, naimputación a este dun carácter meramente instru-mental), coa correlativa minusvalorización dassúas funcións representativa (da realidade exteriorna mente humana) e expresiva (da realidade inte-rior do individuo cara aos semellantes).

    28  H e n r i q u e M o n t e a g u d o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    16/68

    este preconcepto atópase motivado polo emprego

    do idioma como elemento de distinción por partedas clases privilexiadas e como ferramenta de dis-criminación contra as clases inferiores. De aí de-rivaríase o  prestixio sociolóxico do castelán e ocorrelativo desprestixio do galego —aspecto esteque non se entende moi ben por que, Piñeirocoloca baixo a rúbrica do prexuízo lingüístico—.

    O fenómeno devandito tivera dúas consecuenciasfatídicas para a sociedade galega: dunha banda, ocomplexo colectivo de inferioridade, tolledor daautoconfianza, e doutra banda a escisión disgre-gadora entre as elites dixirentes castelanizadas,radicalmente alienadas ( fuxida cara ao alleo,

    auto-desfiguración mimética), e o pobo miúdo,condenado á aceptación resignada da inferiori-dade . A consecuencia desa escision era outra eivaque pexaba a psicoloxía colectiva dos galegos: o

     servilismo, coadxuvante da dependencia e doatraso do país, pois convidaba as xentes á pasi-

     vidade e incapacitaba o pobo para a acción colec-

    tiva.Esta última idea desenvolveríaa o autor con

    máis precisión, aínda que nunha lectura positiva,nun artigo posterior, titulado “O menosprecio so-cial da lingua” (1972). Aí, despois de sinalar apositiva mudanza de actitude con respecto ao

    31 L i m i a r 

    Humanidade. A Humanidade realízase a través

    dos pobos, a través das culturas, a través das lin-guas. Ou sexa, a través da pluralidade. Reparemosben niso: a través da pluralidade, da diversidade edo cambio continuo. Porque é así como a vidaleva a cabo a súa constante e grandiosa actividadecreadora. Válese da pluralidade e da diversidadeporque é a única maneira de lle dar ‘forma’ á ri-

    queza intrínseca do seu pulo creador.

    Coidamos que neste punto Piñeiro se esteanunha relectura (quizais non persoal e directa) deHerder e von Humboldt, talvez realizada á luz dacrítica á razón instrumental inspirada nos pensa-

    dores da escola de Frankfurt. É mágoa que onoso autor non seguise elaborando en escritosposteriores a liña esbozada na palestra académica,unha tarefa intelectual moi necesaria para a que,sen dúbida, el estaba especialmente dotado.

    OS PRECONCEPTOS SOCIOLÓXICOS. PROGNÓSTICO

    DE FUTURO PARA O IDIOMA

    Secomasí, o máis instigante, incluso rachador,do texto de Piñeiro atópase na disección queopera do prexuízo  sociolóxico. Segundo o autor,

    30  H e n r i q u e M o n t e a g u d o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    17/68

    mos que apoñerlle é o seu excesivo psicolo-

    xismo. Con certeza, isto é debido nunha parte ápeculiar avaliación que lle merecían determinadosfenómenos sociais asociados á evolución sociolin-güística de Galicia (como a emigración, sobre aque volveremos), e noutra parte a que o autorxulgou que os límites á liberdade de expresiónque impuña a Ditadura non lle permitían referirse

    de xeito explícito aos condicionantes políticos dapostración do galego. Aínda así, a pouco que re-pare, o lector avisado bota en falta unha menciónaínda que fose rápida ou velada a un e outro as-pecto. Como de contado veremos, a eles tornará,con moita maior concreción, nun texto posterior.

    Empatamos agora coa outra cara da análisesociolingüística desenvolvida no relatorio á Aca-demia: o seu aparente optimismo verbo do futurodo idioma. Coidamos que esta actitude só podeser entendida no marco da orixinal lectura da his-toria do idioma que o noso autor elaborou, e queo levou á convicción de que, como afirma nun

    notable relatorio, “a lingua galega está atravesandoactualmente unha profunda revolución cultural,tan fonda como a que o portugués experimentouno período do Renacemento” (“Galicia nos estu-dos luso-brasileiros”, 1966). Con esta persuasióné solidario o convencemento que expresa con

    33 L i m i a r 

    idioma que comeza a percibir na mocidade urba-

    na, Piñeiro sinala:

    [...] coa apertura á lingua, ou coa súa aceptaciónplena, xorde neles [os mozos urbanos] unha novaóptica da realidade galega e, a partir dela, unhanova sensibilidade máis solidaria. O vello panora-ma dunha Galicia fendida entre unha minoría alie-

    nada e despreciadora e unha maioría sumisa a esedesprecio vai dando paso a unha Galicia nova.Este camiño da solidariedade, da conciencia co-mún, cuxa expresión é a lingua, é o único quepode mobilizar intrinsecamente as enerxías crea-doras de Galicia como pobo. A lingua é a bandei-

    ra da nosa solidariedade moral, e a solidariedadeé a base imprescindible do noso progreso, donoso desenvolvemento material e espiritual.

     Velaí expresada, coas palabras xustas, a trans-cendencia e o senso histórico da reivindicacióndo idioma galego.

     A análise que Piñeiro elabora do preconceptosociolóxico, exposta no eloquio académico coanitidez e concisión que caracterizan a súa escrita,enfoca a problemática lingüística galega desde unángulo moi suxestivo, e no seu momento resultoumoi esclarecedora. Endebén, unha crítica que te-

    32  H e n r i q u e M o n t e a g u d o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    18/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    19/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    20/68

    nómenos de cambio de lingua cara ao castelán e

    de ruptura da transmisión interxeneracional viñangañando ritmo cunha aceleración sen precedentes(enxergou o problema, e denunciouno con alar-ma, Xesús Alonso Montero no seu  Informe dra-mático de 1973).

    En efecto, nun contexto de crecente mobilidadesocial (ligada ao incremento do nivel educativo e

    á mobilidade xeográfica) e coas consecuentes po-sibilidades de promoción social que se ían abrindo,dunha banda cada vez máis galego-falantes deorixe optaban por incorporar o castelán (relegan-do o galego) aos novos contextos sociais e comu-nicativos a que accedían —contextos asociados a

    un novo estatus social e/ou a unha nova residen-cia (tipicamente, despois de mudar do medio ru-ral ao urbano)—, e doutra banda moitos pais enais galego-falantes optaban por falarlles o caste-lán aos seus fillos, rachando a cadea de transmi-sión do idioma. Así que por culpa da emigracióno galego perdía a súa base demográfica e socio-

    cultural máis sólida, a Galicia rural e mariñeira; eesta perda non era compensada nin de lonxe po-los magros e fráxiles (aínda que cualitativamentemoi importantes) gaños que se estaban a obternas cidades. Na nosa opinión, a Piñeiro escapóu-selle a crecente intensidade que estaban atinxindo

    39 L i m i a r 

    panorama que se albisca é realmente esperan-

    zador”.Como se bota de ver, a análise desenvolvidapor Piñeiro no relatorio académico, especialmentecando a contemplamos á luz da carta a RodriguesLapa, ten un inconfundible xorne sociolingüístico,ben que cun acento máis ben antropolóxico canon sociolóxico.

    Resumidos os seus principais argumentos,pola nosa banda procederemos a deseñar unhacrítica, concentrada nun par de aspectos concre-tos, antes de rematarmos cun balance. En primei-ro lugar, coidamos que Piñeiro, fiando a súa

    análise basicamente a categorías antropolóxicas(dicotomías cultura escrita / oral, cultura urbana /rural) pasou por alto un proceso de importanciadecisiva na evolución sociolingüística de Galicia,cal é o da substitución lingüística. Este fenómeno,que daquela se atopaba en plena expansión, pre-sentaba dúas caras principais: unha delas, o aban-

    dono do galego por parte dunha parte dos seusfalantes; a outra, a extensión do castelán comolingua inicial —e loxicamente, co tempo, taménusual— das novas xeracións. Inquéritos sociolin-güísticos realizados nos anos oitenta e noventamostran que desde o comezo da ditadura os fe-

    38  H e n r i q u e M o n t e a g u d o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    21/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    22/68

    malización do idioma constitúe unha profecía au-

    tocumprida ( self-fulfilling prophecy ). Isto é, trátasedun proceso social que se alimenta fundamental-mente das expectativas positivas que concita acer-ca da súa propia evolución, de maneira que o seuavance efectivo depende crucialmente de que acolectividade involucrada invista e sosteña notempo o suficiente nivel de confianza nas opcións

    de futuro daquel: se a xente está persuadida de queo proceso vai por bo camiño e ten visos de suce-der, as probabilidades do suceso son moi elevadas,mais se a xente dubida ou chega á conclusión deque é inviable, aumentan as probabilidades de queo proceso atranque, descarrile e se vexa abocado

    ao fracaso.Sen dúbida Piñeiro pensaba, atinadamente,que os malos agoiros contribuían a empeorar asperspectivas do idioma galego, mentres que osprognósticos venturosos axudaban a soerguelas.Claro está que as previsións, boas ou malas, parateren algunha credibilidade e por tanto algún

    efecto real, deben manter (ou aparentar quemanteñen) un determinado grao de correlacióncoa percepción que os grupos e persoas inter-

     peladas  teñen da realidade. Pero esta é outra fa-ceta da cuestión, que non aquece debullararestora.

    43 L i m i a r 

    ben: non se trata nin de rebaixar a valía dos es-

    forzos nin o mérito das conquistas, e menos aíndade descualificar o noso orador, coa vantaxe queoutorga a mirada retrospectiva, senón de sinalaros puntos febles que apreciamos nos seus argu-mentos.

    Unha reflexión final sobre o optimismo de Pi-ñeiro. Na nosa opinión, ao expresarse en termos

    tan confiados, o noso autor estaba modulando dexeito consciente o seu discurso en forma de in-terpelación dirixida ao conxunto do país, co alboapuntando aos seus sectores máis dinámicos. Im-plicitamente, Piñeiro emprazaba a cidadanía (aosgrupos máis conscientes) a que asumise como

    propia a descrición da realidade que el ofrecía.Nesta descrición presupúñase como feitos xa con-sumados ( faits accomplis ) ou en vía inmediata deconsumación, o que no fondo constituían proxec-cións de futuro que para seren efectivamente rea-lizadas esixían o asentimento e concurso dosinterpelados. Dando como  feito o que en princi-

    pio non era máis ca un  proxecto, colocábanse fir-mes alicerces (ou iso agardaba Piñeiro) para a súafutura materialización.

    Se estamos no certo, en tal operación latexa,de xeito máis ou menos consciente, a intuiciónbasicamente atinada de que en boa medida a nor-

    42  H e n r i q u e M o n t e a g u d o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    23/68

    REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

    Carballo Calero, R. (2006):  Epistolario a Fernán-dez del Riego. Vigo, Galaxia.

    Fernández del Riego, F. (1996):  A xeración Gala- xia. Vigo, Galaxia.

    Fernández del Riego, F. (2000): Un epistolario de  Ramón Piñeiro. Vigo, Galaxia.

    Freixeiro Mato, X. R. (1994): Sebastián Martínez  Risco na cultura galega. A Coruña, Laiovento.Otero Pedrayo, R. (1991): “Informe de Otero Pe-

    drayo á Real Academia Galega”, Grial 111, pp.463-464.

    Piñeiro, R. (1974): Olladas no futuro. Vigo, Galaxia.Piñeiro, R. (2002):  Da miña acordanza. Memo-

    rias. Vigo, Editorial Galaxia / Fundación CaixaGalicia.

    Piñeiro, R. (2006): “Cartas de Ramón Piñeiro a Ba-silio Losada, 1970-71. Sobre a normativa dalingua, a creación do ILG e a Academia”,Grial 171, pp. 57-69.

    45 L i m i a r 

    Fose como for, é indiscutible que cos seus es-

    critos sobre o idioma, e dun xeito moi particularco ensaio  A linguaxe e as linguas , Piñeiro contri-buíu senlleiramente a formular os seus problemasnun termos distintos, máis actualizados e máisacurados, sentando as bases para o desenvolve-mento da reflexión sociolingüística en Galicia, epor tanto de novos e instigadores debates. Ao

    tempo, o noso autor deu pulo á profunda trans-formación que naqueles anos estaba a experimen-tar a consciencia lingüística de Galicia, unhatransformación que acabou afectando dun xeitomáis ou menos profundo a boa parte da socieda-de, e que acabou redundando nunha substancial

    mellora do estatus do galego. Desa mudanza saíuun país máis consciente do valor do seu idioma,máis esclarecido canto aos seus problemas, emáis decidido a proxectalo cara ao futuro. Grazasa que el, entre poucos dos seus coetáneos, nondeu esa batalla por perdida, a aposta está aíndapor decidir.

    HENRIQUE MONTEAGUDO

    44  H e n r i q u e M o n t e a g u d o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    24/68

     A LINGUAXE E AS LINGUAS

    Rei Doval, G. (1999): Breve aproximación á histo-

    ria da sociolingüística galega (1967-1997).Memoria de Licenciatura, Universidade deSantiago de Compostela ( pro ms.)

    Santamarina, A. (1991), “Piñeiro e a lingüística”,en  Homenaxe a Ramón Piñeiro, A Coruña,Galicia Editorial, pp. 143-148.

    Santamarina, A. (1998):  A linguaxe e as linguas.

     Ramón Piñeiro revisitado ós 30 anos do seuingreso na Real Academia Galega. A Coruña,Real Academia Galega.

    46  H e n r i q u e M o n t e a g u d o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    25/68

    Señores académicos:

    Dende a súa fundación, hai xa sesenta anos, a Academia Galega é a máis alta representación dasnosas Letras. Se para todos é unha honra formarparte desta Corporación, moito máis o ten que serpara min que chego cabo de vós sen traguer nasmans unha obra que cualitativa e cuantitativamen-te puidese xustificar a miña presenza aquí. Seimoi ben que unha Corporación á que pertence-ron Murguía, Pondal, Cabanillas, Castelao e tantosoutros nomes ilustres, e da que hoxe forman par-

    te tan preclaras figuras da nosa cultura, está a moialta distancia dos meus merecementos. Mesmoporque o sei moi ben sabido, é fonda e sincera amiña gratitude diante desa fidalga xentileza queme tedes dispensado ao compensar coa vosa xe-nerosidade a miña falta de méritos.

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    26/68

    único daqueles protagonistas da fundación que

     viviu deica os nosos días. O único que puido par-ticipar da vida académica durante máis de 55 dos60 anos que a Academia ten de existencia. Com-prenderedes que non me faltan motivos de emo-ción ao vir ocupar, por xenerosa decisión vosa,unha vacante que representa toda a historia danosa Corporación.

    Don Manuel Banet Fontenla naceu nesta cida-de da Coruña no ano 1871. Aínda que na súa fa-milia abundaban os médicos e mais os xuristas,algúns deles eminentes, o futuro académico sen-tiuse decididamente inclinado pola profesión doseu pai, que pertencía á mariña mercante. A voca-

    ción navegante do adolescente Banet facíase máisteimosa canto máis firme era a oposición familiar,fundada en motivos de saúde.

    Forzado a renunciar á súa vocación, non mos-trou preferencia por ningunha das tres carreirasuniversitarias que entón podía cursar en Compos-tela —Medicina, Farmacia e Dereito—, e matricu-

    louse, con desgana e como ao azar, na facultadede Dereito. Con todo, fixo moi brillantemente oscursos da licenciatura, así como, máis tarde enMadrid, os de doutoramento.

    Na universidade compostelá foi discípulo de Alfredo Brañas, que exerceu unha profunda in-

    51 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 

    E, xunto coa gratitude, sinto tamén unha graveresponsabilidade: a de pasar a ocupar a vacantede don Manuel Banet Fontenla, aquel rexo varónque fixo da súa longa vida un facho exemplar delealdade á súa terra, ao seu pobo e á súa fala. Unhome de moitas e recoñecidas virtudes, entre asque destacaban, con diamantina claridade e fir-

    meza, as virtudes éticas, as que ennobrecen aconduta dos homes. Substituílo aquí na Acade-mia, a el que foi un dos fundadores —o únicodos fundadores que chegou deica os nosos días— e que durante máis de medio século de activida-de académica soubo conservar vivo e puro aquel

    alento inicial, é cousa que non pode deixar deemocionarme. Neste intre síntome co ánimo in- vadido pola quentura espiritual do entusiasmo eda fe que moveu a Fontenla Leal e a Curros Enrí-quez a promover dende a Habana a creación da

     Academia, e síntome rodeado, xunto coa vosapresenza, pola presenza invisible daqueles vene-

    rables patricios, contertulios habituais na LibreríaRegional de Carré Aldao, que souberon darlle rea-lidade á iniciativa. Toda esa fe impulsora e todaesa enerxía realizadora que lle deu vida, que lledeu alma e corpo á Academia Galega, chegoudeica nós personalizada por don Manuel Banet, o

    50  R a m ó n P i ñ e i r o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    27/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    28/68

    55 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 

    con tal fin unha Asemblea en Pontevedra, Banet

    Fontenla, polo seu ben gañado prestixio e polasúa veteranía nas reivindicacións galeguistas, foidesignado presidente da Asemblea. E naquel mes-mo ano foi tamén candidato galeguista para asCortes Constituíntes.

    Na actuación galeguista que seguiu á Asem-blea de Pontevedra, Banet tomou parte activa.

    Como era adoitado nel, sempre que se trataba dedefender os dereitos de Galicia estaba en primeiraliña. Hai que dicir que o galeguismo era para elun deber que dimanaba da súa fe relixiosa e doseu patriotismo español. Entendía que se Deus ofixo galego, por ser fiel á vontade do Creador tiñaque ser leal a Galicia; entendía tamén que se Es-paña é unha realidade diversa, a mellor maneirade ser bo español é defender e engrandecer esarealidade. A súa rexa ortodoxia galeguista viñasempre respaldada pola ortodoxia relixiosa e polosentimento español.

    Don Manuel era home totalmente movido

    pola fe. Mesmo por iso, as súas ideas e a súaconduta coincidían sempre; eran case a mesmacousa. Na súa rexa personalidade non había con-tradicións. O seu pensar e o seu sentir fundíanseno cerne do seu carácter e convertíanse en leiinalterable da súa conduta. Fosen cales fosen as

    54  R a m ó n P i ñ e i r o

    dificultades e os contratempos impostos pola rea-

    lidade dos feitos, as súas conviccións permanecí-an circias, como dotadas dunha inesgotable forzainterior.

    Os derradeiros anos da súa profesión notarialexerceunos na Coruña. Chegada a xubilación,nela se quedou a vivir o resto da súa longa vida.Neses anos, don Manuel Banet era xa un verda-

    deiro símbolo. Na Academia como en todo, a súaactitude era clara, sinxela e firme. Sentía especialpreocupación por canto se relaciona coa nosa lin-gua, sen dúbida porque tiña plena evidencia deque nela se acocha a clave da nosa personalida-de. Por iso era intransixente na súa utilización.

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    29/68

     A LINGUAXE E AS LINGUAS

    No panorama cultural dos nosos días bótasede ver que a preocupación pola linguaxe vai to-mando unha amplitude e unha relevancia crecen-tes. En boa parte, naturalmente, polas achegas dapropia ciencia lingüística; pero tamén e cada vezmáis, porque a investigación da linguaxe interesanoutros campos científicos, ou mesmo como me-dio de verificación da filosofía.

    No campo da lingüística, a investigación foisedesdobrando e diversificando en numerosos pun-tos de vista que deron lugar a outras tantas cien-cias especiais no estudo da linguaxe. Mentres uns

    orientan as súas pescudas cara á dimensión estru-tural, outros oriéntanas cara á dimensión fonoló-xica ou cara á dimensión semántica. Nomes comoos de Ferdinand de Saussure, Nikolai Trubetzkoy,Karl Vossler, Otto Jespersen, Roman Jakobson,

     André Martinet, L. Hjemslev, Noam Chomsky, en-

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    30/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    31/68

    tantes). Wittgenstein coida que os problemas filo-sóficos son envurullos que se producen na nosamente cando se desvía da lóxica da linguaxe.Para el a linguaxe é unha actividade natural dohome, tan natural como a dixestión ou a respira-ción, e é unha actividade que se realiza de distin-tos modos e para distintos fins (o labrego ou oinvestigador astronáutico, o tendeiro ou o militar,

    o burócrata ou o poeta lírico teñen os seus modosde usar a linguaxe e todos eles úsana, ademais,para distintos fins), o que dá lugar á existencia dediferentes e innumerables “xogos lingüísticos”. E éna catividade destes “xogos lingüísticos”, na súafunción usual  onde a linguaxe ten plenitude de

     vixencia, onde ten forza e autenticidade significa-tiva, onde ten verdadeira lóxica interna. Cando onoso pensamento se desvía desta vixencia “natu-ral” da linguaxe e segue a liña ideal do seu pro-pio razoamento, a linguaxe chega a quedar“ociosa” (“vai de vacacións”, di pintorescamente

     Wittgenstein), e o pensamento embica nos “pro-

    blemas filosóficos”. Máis que resolvelos, porquenon se poden resolver por non seren verdadeirosproblemas senón “perplexidades”, o que o filóso-fo ten que facer é devolvelos á súa raíz, someteros seus termos conceptuais á viabilidade significa-tiva na linguaxe usual. Ou sexa, Wittgenstein coi-

    61 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 

    mano. E tamén Gusdorf ve na linguaxe e no mitoformas radicais do vencellamento do home comundo.

    Outros, como Jaspers, interésanse polo senti-do da linguaxe sobre todo a procura do funda-mento do Ser. Jaspers ve na linguaxe a cifra detranscendencia.

    Heidegger, pola súa banda, recoñécelle á lin-

    guaxe o máximo rango ontolóxico en canto que aconsidera “a morada do Ser”.

     Ao francés Henri Lefebvre interésalle preferen-temente con referencia á sociedade. Para el a lin-guaxe vén ser a “forma” do contido social na súaglobalidade e sentido.

    Mención especial merece o filósofo austríacoLudwig Wittgenstein, inspirador dunha correntefilosófica que recibiu o nome de “filosofía lingüís-tica” e que acadou un gran desenvolvemento nomundo anglosaxón. Das dúas etapas en que sedivide a evolución do seu pensamento, a segunda

     —que tamén se chama “o derradeiro Wittgens-

    tein”— presta atención fundamental á linguaxe,que se converte en algo así como o medio de ve-rificación da filosofía (dicimos “medio”, non “prin-cipio”, pois non esquecemos as grandes debourasque a idea do “principio de verificación” provo-cou no positivismo lóxico e nas escolas concomi-

    60  R a m ó n P i ñ e i r o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    32/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    33/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    34/68

    xico da cibernética. Vemos, xa que logo, que asesixencias da lóxica, as da unificación da cienciae as da eficiencia tecnolóxica levarannos a unhalinguaxe puramente racional que poderemos cha-mar metalinguaxe e que debemos distinguir clara-mente da linguaxe propia.

    Despois de termos unha certa idea da impor-tancia da linguaxe na cultura contemporánea, e

    despois de termos deslindado, a grandes trazos, oseu eido propio, deberémonos deter a considerara linguaxe mesma. A linguaxe mesma, non a lin-guaxe en si mesma; ou sexa, a linguaxe como di-mensión humana, non como realidade obxectiva,como puro obxecto, porque ese é o labor dasciencias lingüísticas. E aquí interésanos a linguaxea un nivel máis profundo, ao nivel do seu signifi-cado antropolóxico.

    Do mesmo xeito que elaboramos a nosa an-tropoloxía partindo do concepto do homo

     sapiens , poderiámola elaborar partindo do con-cepto do homo loquens . Sería, quizais, un punto

    de partida máis rigoroso. Porque é xustamente apalabra, a facultade locutiva, a que lle dá aohome a súa peculiaridade ontolóxica.

    En primeiro termo, a palabra libera ao homeda súa dependencia sensorial coa realidade. Paranos decatarmos ben disto, reparemos nas restan-

    67 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 

    guaxe”. Mais trátase dunha transposición metafó-rica, porque a linguaxe é unicamente unha dasformas de comunicación: a comunicación verbal.Os sistemas comunicativos por medio de sinaisnon son linguaxe senón código. O estudo xeraldestes sistemas recibe o nome de Semioloxía.

    Se desbotamos do concepto de linguaxe tódo-los sistemas de comunicación non verbal, teremos

    deslindado o seu eido propio. Pero aínda nosresulta necesario reparar nun problema: o da“metalinguaxe”. De primeiras, o concepto de me-talinguaxe foi desenvolvido polos lóxicos mate-máticos (Russell, Tarski, Carnap) para resolveralgunhas dificultades formuladas por Wittgensteinno Tractatus . Hans Reichenbach explica no seulibro  A filosofía científica como a lóxica modernaesixe, para evitar certas antinomias, a distinciónde dous niveis de linguaxe: o que fala das cousase o que fala da linguaxe mesma. O que fala dascousas é a linguaxe; o que fala da mesma lingua-xe, é a metalinguaxe. Pero esta distinción, de

    enorme importancia non só na lóxica senón polainfluencia que tivo na elaboración da Semiótica,lévanos a outro concepto de metalinguaxe comolingua unificadora da heteroxénea multiplicidadedas ciencias e, máis urxentemente aínda, comolingua universal dese asombroso mundo tecnoló-

    66  R a m ó n P i ñ e i r o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    35/68

    futuro. Este pasar do presente ao pasado e dopresente ao futuro dálle ao home a experienciada liberdade, alonga as posibilidades do seu ser atodo o ámbito da temporalidade. A liberación dopuro presente supón por si mesma unha esixen-cia da liberdade.

    En terceiro lugar, a palabra libera ao home dadependencia instintiva coa especie. Mentres o

    animal está dotado pola especie dun equipo ins-tintivo que o vencella unilateralmente á realidadee prefixa o seu comportamento automático dentrodo nivel infranqueable das sensacións, o home,por medio da palabra, pasou do nivel das sensa-cións ao nivel das ideas. Vive, xa que logo, endous mundos, o instintivo e o racional. Mesmopor iso, porque está liberado do cego automatis-mo instintivo específico, o home é responsabledo seu propio destino.

    En cuarto lugar, a palabra libera ao home dadependencia psicolóxica coa colectividade. Vivin-do, como sempre viviu a especie humana, en

    agrupamentos colectivos, natural sería que o pesoimpositivo da colectividade como tal exercese unpleno e total dominio psicolóxico sobre cada un dosseus membros. Foi a palabra a que impediu estaabsorción, esta anulación da realidade individualde cada un, porque a través da palabra descubri-

    69 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 

    tes especies biolóxicas. O animal é escravo da re-alidade, coa que ten unha dependencia sensoriale instintiva da que non pode saír. Trátase dunhadependencia primaria, inmediata, material. Unha de-pendencia que o engloba, que o envolve coa rea-lidade mesma. O home, en cambio, creba estadependencia sensorial, instintiva, inmediata, en-globante, por medio da palabra. Nomeando as

    cousas libérase da súa opresión material. O nomeé unha representación simbólica da cousa nomea-da. A palabra dálle ao home unha representaciónsimbólica da realidade. Ou sexa, en lugar de serapreixado pola realidade, e é el quen a apreixasimbolicamente. Nomeando as cousas, aprópiasedelas, e independízase así, da súa opresión mate-rial. Pola contra, méteas dentro de si, lévaas con-sigo. Esta liberación nominativa é a base dopensamento, a que permitirá pasar da sensacióná idea.

    En segundo lugar, a palabra libera ao homeda dependencia temporal co presente. Mentres o

    animal vive preso na presenza inmediata —senso-rial— da realidade, ou sexa, nun perpetuo pre-sente, o home, transformándoa na substanciahumana da palabra, libérase desa presenza escra-

     vizante, deixa de vivir no puro presente. Grazas aiso, pódese trasladar ao pasado ou proxectarse no

    68  R a m ó n P i ñ e i r o

    1A l i l i0 R ó P i ñ i

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    36/68

    te ao medio, o home reacciona humanizando,espiritualizando a realidade dada por medio dalinguaxe, a través da palabra. A diferenza que haientre “medio” e “mundo” correspóndese coa dife-renza que hai entre o home e as demais especiesbiolóxicas. Unha diferenza que implica, ademais,distancia. Entre o home e as demais especies in-terponse a palabra. Por iso ten un profundo senti-

    do falar do homo loquens  cando pretendemosfundamentar unha antropoloxía.

     A palabra non é un puro e neutro reflexo ob-xectivo da realidade. Pola contra, é a condensa-ción expresivo-comunicativa da experienciahumana da realidade. Nela están presentes tanto arealidade como a percepción mesma. A realidade,naturalmente, na súa dobre dimensión exterior-in-terior. As dúas se unen na percepción. E as dúasse unen coa percepción na palabra. De aí que apalabra sexa a que lle permite ao home a súa rea-lización. A realidade exterior e a realidade interna,fundidas na percepción, na palabra fanse obxecti-

     vas simbolicamente. Sen esta obxectivación sim-bólica, o home non podería ser libre —ou sexa,non podería ser home— e quedaría irremediable-mente “dentro” da realidade. A singularidade onto-lóxica do home, de estar dentro da realidade,formar parte dela, e ao mesmo tempo estar fóra,

    71 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 

    mos a realidade persoal, a personalidade dos de-mais e, por contraste con ela, a nosa propia per-sonalidade. A colectividade aparece polo mesmo,como unha sociedade de persoas, que se é certoque teñen unha dimensión social, unha vida encomún con tódalas obrigas que iso leva consigo,non é menos certo que tamén teñen unha reali-dade individual e uns dereitos que lle son inhe-

    rentes.Cando dicimos que a palabra libera ao home

    da dependencia sensorial coa realidade, da de-pendencia temporal co presente, da dependenciainstintiva coa especie e da dependencia psicolóxi-ca coa colectividade, non queremos dicir que osanula. O que fai, ao substituílos simbolicamente,ou sexa, ao alonxalos da inmediatez da pura sen-sación, é liberar ao home de ser absorbido poresa dependencia. En lugar dunha dependenciaabsorbente do home coa realidade, co puro pre-sente, co instinto específico e coa colectividade, oque se dá é unha relación con elas. Pero unha re-

    lación na que o home ten un papel activo, inicia-tiva, responsabilidade.

    Pola palabra, o home converte o medio en“mundo”. O mundo é, en rigor, unha creación dohome. Mentres que o medio é unha realidade“dada”, o mundo é unha realidade “creada”. Fron-

    70  R a m ó n P i ñ e i r o

    73A l i n g u a x e e a s l i n g u a s72 R a m ó n P i ñ e i r o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    37/68

    estariamos condenados a repetir as mesmas expe-riencias e a adquirir da mesma maneira os mesmoslimitadísimos coñecementos que a experiencia in-dividual pode dar. Mais velaquí que o home, pornon estar choído dentro da realidade natural grazasá linguaxe, pode converter a experiencia privadaen coñecemento público. Ao facer comunicables,transmisibles, os saberes nados da experiencia in-

    dividual, xorde un saber colectivo en continuoarrequecemento. Ou sexa: nace a cultura, a reali-dade cultural. Pero a realidade cultural é tan esen-cial ao home como a realidade natural. O seu ser

     —o ser do home— afinca nas dúas. Do mesmoxeito que o seu patrimonio natural lle vén dadobioloxicamente, o seu patrimonio cultural vénlledado idiomaticamente.

    Estas son algunhas das consideracións que sepoden facer cando pensamos na significación an-tropolóxica da linguaxe. Aínda dentro do seu li-mitado desenvolvemento, abondan para sinalar aimportancia que ten para o home.

    Ora, a linguaxe como tal é unha facultade dohome. No terreo da realidade concreta, o que ver-dadeiramente temos son linguas. Do mesmo xeitoque o concepto de humanidade só acada realida-de viva a través dos numerosos pobos que acompoñen, o concepto de linguaxe só acada rea-

    73 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 

    poderse enfrontar con ela, débese xustamente álinguaxe, pois a palabra permítelle ao home unhaobxectivación simbólica de si mesmo.

    Cando dicimos que o home forma parte da re-alidade e ao mesmo tempo pódese enfrontar conela, non tratamos de dar del unha imaxe paradó-xica. Trátase unicamente de sinalar que, por unhabanda, forma parte da realidade natural e, por ou-

    tra banda, é “creador” dunha realidade cultural.Por medio da palabra —xa o dixemos— aprópia-se simbolicamente da realidade natural e así libé-rase da súa inmediateza opresiva. Ao mesmotempo, tamén por medio da palabra, obxectívasea si mesmo. Poder alonxarse, distanciarse, da in-mediatez opresiva da realidade natural —tantoexterna como interna— e transformalas nunha re-alidade simbólica como é a palabra, e poder, damesma maneira, liberarse do puro presente eabrir tódolos horizontes da temporalidade, per-mite que o home, sen deixar de formar parte darealidade natural, cree unha realidade nova, hu-

    manizada, que é a cultura.Se o home, como lles ocorre ás outras espe-cies, permanecese choído na realidade natural,coma elas estaría inmobilizado na experiencia in-mediata, sen outra fonte de coñecemento. E, co-mo a experiencia é privada de cada un, todos

    72  R a m ó n P i ñ e i r o

    75A l i n g u a x e e a s l i n g u a s74 R a m ó n P i ñ e i r o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    38/68

    buímos á linguaxe, á palabra. Cada lingua dállepersonalidade cultural ao seu pobo e transmítellaa cada un dos seus membros. A importancia an-tropolóxica da linguaxe, da palabra, recíbea cadaun a través da súa lingua. A palabra, como te-mos visto, é indispensable para que o home poi-da realizar o seu ser. Pero a palabra actúa enforma de lingua concreta. Cada pobo ten a súa.

    Cada home ten a do seu pobo. Nós, os galegos,temos a nosa.

    Despois de termos considerado a importanciaque a linguaxe acadou como preocupación cultu-ral e de termos reparado na súa significación an-tropolóxica a través das linguas concretas en quese realiza, xa nos podemos preguntar: ¿que ocorrecoa nosa lingua?, ¿cal é a actitude do pobo galego

     verbo da súa lingua? Ben podemos reparar unhamiga neste problema, no que interveñen variosfactores de confusión que debemos aclarar.

    Non imos ocuparnos agora de todos esesfactores de confusión. Escolleremos algúns dos

    que coidamos máis importantes. Quizais conveñareparar en tres prexuízos que, para os identifi-carmos, chamarémoslles: a) “prexuízo sociolóxico”;b) “prexuízo lingüístico”; c) “prexuízo ideoló-xico”.

    75 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 

    lidade viva a través das linguas que se falan. Esaunidade ideal que teimosamente procura e elabo-ra a nosa intelixencia, na realidade da vida tomasempre a forma da pluralidade. A interna forzalinguaxe, claro está, ten unha dinámica vital, por-que está enraizada na vida humana. Con razón te-ñen insistido neste punto notables lingüistas,entre os que agora podemos lembrar a Charles

    Bally. A realidade da linguaxe son as linguas.Dende un punto de vista ontolóxico, a pleni-

    tude do Ser, a súa riqueza intrínseca, esixe a plu-ralidade expresiva para se manifestar. Unha linguaúnica non podería manifestar toda a súa rique-za. Cada lingua é unha forma de manifestación,unha orixinal revelación do Ser.

    Dende un punto de vista sociolóxico, a linguaé o vehículo de realización da personalidade co-lectiva como tal. Cada pobo, antes de poder reali-zar o seu destino no tempo, na historia, precisarealizar a súa personalidade colectiva. A forma in-terna e viva desa personalidade é a lingua, xa que

    é a que lle dá unidade espiritual creadora. Por isocada lingua representa unha cultura orixinal. Conrazón Humboldt di que cada lingua traza un cír-culo máxico arredor do pobo que a fala.

    Cada unha das linguas realiza na comunidadesocial dos seus falantes as funcións que lle atri-

    74  R a m ó n P i ñ e i r o

    77A l i n g u a x e e a s l i n g u a s76 R a m ó n P i ñ e i r o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    39/68

    entre si en francés. Coa diferenciación idiomática,os grupos dominantes tratan de alongar a súaprepotencia dende o terreo político, económico esocial deica o terreo espiritual. Non se conformancon seren máis poderosos; queren, ademais, ser“superiores”. E para os que teñen o Poder, a ma-neira máis doada de se faceren superiores é infe-riorizando aos dominados. Tal foi a experiencia

    que a comunidade social galega padeceu duranteséculos.

    Esta discriminación social por medio da dife-renciación lingüística tivo como resultado o com-plexo colectivo de inferioridade que tan arraizadoestá na alma galega. Un complexo que se trans-mite de xeración en xeración e que, mesmo poriso, chegou a ser un trazo característico da nosapsicoloxía. Un complexo que nos grandes secto-res da masa popular tomou a forma de resignadapasividade, e nas minorías, igualmente acomple-xadas, que quixeron fuxir desa pasividade resig-nada, tomou a forma de auto-desfiguración

    mimética, da renuncia á personalidade propia easimilación imitativa da allea. Deu, pois, dous re-sultados: a aceptación pasiva, resignada, da infe-rioridade, por unha banda; a fuxida imitativa doalleo, pola outra. Nos dous casos, “servilismo”.Servilismo resignado, no primeiro; servilismo mi-

    77 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 

    O PREXUÍZO SOCIOLÓXICO

    Este prexuízo nace das vicisitudes históricasdo idioma. O feito de que durante varios séculoso galego teña sido arredado de toda vixencia ofi-cial e reducido á condición de lingua oral populartiña que producir —e produciu, claro está—, unhaprofunda discriminación sociolóxico-idiomática.

    Se a lingua do Poder, a lingua da cultura e a lin-gua do prestixio social era a lingua oficial mentresque o galego era só a lingua coloquial do pobotraballador, a divisoria lingüística convertíase, ine-

     vitablemente, en divisoria ou derrega social. Asminorías donas do poder político, do poder eco-nómico e do prestixio cultural —da autoridade

    social, en suma— utilizaban a lingua oficial comoarma de distinción, como signo de superioridade.Paralelamente, a gran comunidade popular, au-sente de tódalas formas de Poder e de todas elas

     vítima, quedaba sometida á experiencia contraria,ou sexa, á da inferioridade idiomática. Mesmo

    porque a lingua é a que define a personalidadecolectiva, o grupo social que se considera supe-rior tende a manifestar a súa superioridade pormedio da diferenciación idiomática. Todos sabe-des, por exemplo, que na Rusia anterior á granrevolución do ano 1917 a nobreza adoitaba falar

    76  R a m ó n P i ñ e i r o

    79 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 78  R a m ó n P i ñ e i r o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    40/68

     var a cabo a mobilización das enerxías colectivasna procura do progreso económico, social e cul-tural que demandan os tempos. A transformacióneconómico-social de Galicia ten que afincar nunhaprevia revolución espiritual que a libere —que adesentangarañe— das taras psicolóxicas que a ve-ñen eivando xeración tras xeración.

    O PREXUÍZO LINGÜÍSTICO

    Chamámoslle así a esa opinión escéptica que,con diversos matices, dubida das posibilidades donoso idioma apoiándose nalgúns feitos obxec-tivos, que en xeral pódense reducir a estes tres:o polimorfismo dialectal, a anarquía ortográfica e odesprestixio social. Considerémolos un por un.

     A variedade dialectal . Certamente, unha olla-da de conxunto sobre o mapa do galego vivoofrécenos un acusado panorama dialectal. Nonmenten, xa que logo, os que sinalan o feito. O queocorre é que, no plano oral, ese feito é común a

    tódalas linguas. Todas, en canto falas, son seme-llantes a redes dialectais, non só na súa extensiónxeográfica senón tamén nos estratos sociais. Asinvestigacións da socioloxía lingüística poñen demanifesto que nunha mesma cidade, poñamospor caso Madrid, París, Londres, Nova York, fálan-

    79g g

    mético, no segundo. Sentimento de inferioridadee comportamento servil. Velaí as graves taras psi-colóxicas do pobo galego.

    Mais o pobo non é responsable senón que é vítima de tales taras psicolóxicas. Vítima por do-bre camiño: polo das causas e polo das conse-cuencias. Verbo das primeiras, teñamos en contaque o sentimento de inferioridade naceu do aba-

    famento idiomático, que non foi creado senónpadecido polo pobo galego; verbo das conse-cuencias, reparemos en que o dobre servilismo

     —da resignación e do mimetismo—, ademais deesgazar ao pobo galego nesas dúas formas negati-

     vas de comportamento, impídelle a súa plena rea-lización ao impedirlle a confianza colectiva en simesmo.

    Este prexuízo sociolóxico antigalego —de tan re-mota orixe, de tan persistente acción e de tangraves resultados—, debe de ser o obxectivo máisurxente dos nosos esforzos de promoción de Ga-licia. Só así poderemos liberar ao noso pobo do

    sentimento colectivo de inferioridade e desedobre servilismo da resignación vencida ou dafuxida mimética. Temos que lle devolver o senti-mento da propia dignidade e, como consecuen-cia, a confianza solidaria en si mesmo, xa queeste é o punto de partida necesario para poder le-

    7

    81 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 80  R a m ó n P i ñ e i r o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    41/68

    g g

    neira. Tanto a unidade normativa como a unidadeortográfica son, digamos, a vestimenta externa doidioma, o seu ornato. É certo que unha lingua cul-ta require a vestimenta, o ornato da cultura. E nóstemos incorporado o noso idioma ás funciónsmáis requintadas da cultura sen nos preocupar-mos de substituír a súa coroza labrega de xuncospolo manto académico de liño. Cómpre facelo.

    Temos que o facer. Farémolo sen grandes dificul-tades.

    O desprestixio social Dos tres argumentos en que se apoian os es-

    cépticos, o da unificación da lingua escrita e o daunificación ortográfica non teñen gravidade e es-

    tán en vías de solución. Ten moita máis importan-cia, porque é realmente grave, o terceiroargumento, o do desprestixio social do idioma. Xao vimos antes, cando consideramos a súa xénesee as súas tremendas consecuencias psicolóxicas: ocomplexo colectivo de inferioridade. Fronte a este

    feito, os primeiros en reaccionar foron os intelec-tuais. En lugar de seguiren o camiño da resignaciónhumillada ou o da evasión mimética, afirmaron apersonalidade galega. Elevando a lingua populara lingua de cultura, comezaron a loita contra osentimento de inferioridade, ou sexa, comezaron

    se modalidades distintas das respectivas linguassegundo os estratos sociais que se investiguen.O dialectalismo non é unha característica privati-

     va do galego senón que no galego dáse igual quenas demais linguas faladas. A diferenza está enque o dialectalismo oral do castelán, do francésou do inglés, están como ocultos pola lingua es-crita, cuxa unidade normativa sérvelle de máscara

    ao dialectalismo oral. O castelán escrito, o francésescrito ou o alemán escrito teñen unha unidadeque ningún deles ten na súa realidade oral. O ga-lego escrito, en cambio, aínda non ten esa uni-dade normativa e máis ben reflicte a diversidadedo galego falado. Este atraso do galego con res-pecto desas linguas que vimos tomando de mo-

    delo comparativo non atinxe a nada substancial,ou sexa, a nada que teña que ver coa súa capaci-dade expresiva ou comunicativa. Trátase dun atra-so técnico que se poderá superar nun prazocurto, tan pronto como a nosa Academia conside-re facedeiro establecer as normas da unificación e

    os nosos escritores as impoñan na lingua literaria.

     A anarquía ortográficaO problema da anarquía ortográfica é aínda

    menos substancial que o anterior, por ser enteira-mente convencional. Resolverase da mesma ma-

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    42/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    43/68

    87 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 86  R a m ó n P i ñ e i r o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    44/68

    de ver en tódalas correntes doutrinais do pensa-mento contemporáneo, incluído, naturalmente, odas Encíclicas dos Papas. A realización da xustizasocial en Galicia esixe dúas cousas: redimir espiri-tualmente ao pobo do seu complexo de inferiori-dade —para que poida ser realmente un pobo—,e redimilo materialmente do seu atraso económi-co para que poida vivir dignamente. Para o po-

    ñermos en condicións de conquerir o necesarioprogreso económico-social, temos que o redimirpreviamente das súas taras psicolóxicas seculares.

     A arma redentora é o idioma, xa que o idioma foia arma que se utilizou para crealas. A concienciasocial do noso tempo será, pois, un factor pode-roso, decisivo, contra o desprestixio social da

    nosa lingua.

    III

     Algúns dos factores que presionan contra ogalego, por exemplo, os xornais ou a radio, teñen

    iniciado a súa contribución, que sen dúbida au-mentará, en favor do prestixio cultural e social dalingua.

     verdadeira situación non conduce ao escepticis-mo. Baseámonos nos seguintes feitos:

    I

     A reacción contra os efectos destrutivos docomplexo colectivo de inferioridade xa se inicioua xa gañou a primeira gran batalla: a do prestixio

    cultural da lingua. A incorporación oficial do gale-go como materia de estudo na nosa Universidadee o térense prestado varios institutos das nosas ci-dades para que nas súas aulas se leven a cabocursos de lingua galega, son manifestacións benevidentes destes progresos. Nunca antes de agoratiña ocorrido tal feito.

    II

    O espírito marcadamente social do noso tempocreará a plena identificación moral das minoríascultas coa masa popular do noso pobo. A po-

    boación campesiña e mariñeira de Galicia o mes-mo que as masas populares dos demais países,recibirá a solidariedade positiva, axudadora, quese deriva do sentimento de xustiza social que ca-racteriza ao noso tempo, e que é, digamos, ogrande ideal moral do século XX, como se bota

    89 A l i n g u a x e e a s l i n g u a s 88  R a m ó n P i ñ e i r o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    45/68

    como vemos, razóns de tipo fundamental para oescepticismo verbo do futuro idiomático. Pola

    contra, o panorama que se albisca é realmente es-peranzador.

    O PREXUÍZO IDEOLÓXICO

    Quédanos aínda o terceiro dos prexuízos, o

    que chamamos prexuízo ideolóxico. Chamámoslleideolóxico porque vai asociado a un tipo de ideo-loxía que en nome do progreso refuga a pluralida-de idiomática por coidar que debe ser substituídapola vixencia dunha única lingua universal. Xa onoso Curros bateu con ese problema, que resol-

     veu, por certo, adaptando as ideas aos sentimen-

    tos e propugnando que se ha de haber unhaúnica lingua, que esa lingua sexa o galego.

    Neste problema da lingua universal hai que si-nalar dous puntos de vista distintos: un, puramentecientífico, que concibe a posibilidade dunha lin-gua universal que sirva para a unificación dos con-

    ceptos de tódalas ciencias, ou que sirva de claveuniversal para ese mundo cada vez máis comple-xo da cibernética, e outro, máis ben ideolóxico,que ve na supresión das diversidades lingüísticase na implantación da lingua única universal unhanecesidade do progreso da humanidade.

    IV 

     A contradición pedagóxica da escola, polo im-perativo interno dos seus propios fins e pola esi-xencia externa da xustiza social, terá que seresolver en conformidade coas pautas universaisdo bilingüismo.

     V 

     A contradición pastoral da Eirexa é, sen lugara dúbidas, unha situación transitoria. O pulo ano-

     vador e vivificador do Concilio no fixo máis quecomezar. Non hai que se sorprender de que, nal-gúns casos, se apliquen medidas dispostas polo

    Concilio interpretándoas con mentalidade preconci-liar, como ocorreu no caso da nosa lingua verná-cula. Non pensemos que hai intención negativa.Non a pode haber. Os cambios profundos dementalidade requiren certo tempo para se acomo-daren á nova visión da realidade. Moito do noso

    clero, sobre todo de idade madura, neste proble-ma da lingua popular está aínda na fase de asimi-lación da nova mentalidade conciliar. Pero o puloanovador do Concilio segue e seguirá actuando.Da man dese pulo conciliar, a lingua galega serálingua litúrxica como tódalas demais. Non hai,

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    46/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    47/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    48/68

    96  R a m ó n P i ñ e i r o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    49/68

    que a Humanidade se realiza. Somos unha dasformas de expresión do pulo creador da vida hu-

    mana. Porque somos un pobo dotado dunha lin-gua e, polo mesmo, dunha cultura, somos unharealidade orixinal dentro do patrimonio humano.

     A nosa misión consiste en facer que esa realidadeorixinal acade a súa plenitude. Somos os respon-sables de que prospere ou fracase unha creación

    que a vida humana expresa a través de nós. Sepor un momento nos mergullamos no mundomental dos nosos campesiños, poderemos consi-derar metaforicamente á realidade humana comounha gran agra composta de moitas leiras diver-sas, cada unha delas cos seus propios froitos. Nóssomos unha desas leiras. O noso destino —a nosa

    responsabilidade— é cultivala e ofrecerlle os seusfroitos orixinais ao patrimonio cultural humano.

    DISCURSO DE RESPOSTA

    DEDOMINGO GARCÍA-SABELL

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    50/68

    Señores académicos:

    Hoxe é un día de festa maior na Real Acade-mia Galega. Ingresa nela un home de decisivasignificación para a vida cultural do país.

    Este home galego chámase Ramón Piñeiro Ló-

    pez. Velaquí o tendes: esguío, os ollos agranda-dos polos lentes de grosos cristais, as manstrabadas nun xesto que semella pechar sobre desi mesmo todo o pulo reflexivo da nobre testameditativa. Fala pouco. Sabe escoitar acotío. Pero,de vez en vez e sen que nos decatemos, a súa

     voz discreta e as súas mans expresivas deslígansedo silencio. Entón é cando en nós comeza oabraio. Un abraio que nos vai asolagando, senposible resistencia, no engado persuasivo queeste leve vulto humano está a comunicarnos.Cousas moi claras, cristalinas, evidentes. Cousas

    101 D i s c u r s o d e r e s p o s t a100  D o m i n g o G a r c í a - S a b e l l 

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    51/68

    Ramón Piñeiro está como cristalizado por unscantos eixes diamantinos que organizan o seu es-

    pírito, que o “con-forman” e que lle confiren asúa propia orixinalidade. Ao meu ver, tales eixesson os seguintes:

    Senso da responsabilidade. Realismo actuan-te e eficiente. Apertura humana fronte á realida-de específica dos demais ou cara á realidade

    xenérica do mundo. Ampla comprensión dascondicionantes psicolóxicas que rebolen, comoinqueda bichería, por baixo de calquera proble-ma individual ou colectivo, e aínda por moi abs-tracto, ou moi empaquetado de abstracto, queese problema veña. Capacidade clarificadora esintetizadora. Respecto aos outros. Rigor ético.

    Pulo para ir ao cerne mesmo dos fenómenos,dos que zuga, con exquisita finura de entende-mento, o seu derradeiro pouso intelixible. Orixi-nalidade creadora. Fonda e freada emotividade.Timidez absoluta.

     Vencellamento continuo ao mundo inmediato

    e ao mundo transcendente da terra. E senso da vivencia do ideal —esa mesma ligazón a Ga-licia— como a única forma de realización do des-tino da persoa. ¿Chamarémoslle a todo istopatriotismo? ¿E por que non? ¿En que consiste opatriotismo senón nesa estrutura complexa de in-

    que, deica tal intre, endexamais se nos tiñan oco-rrido pero que, de súpeto, fitamos brillar, ledas e

    fecundas, no ámbito do noso mundo mental. Así é Ramón Piñeiro. Un rego de auga maina

    que xorde livián entre penedos de montaña, e quechisco a chisco, se torna río, logo fervenza, des-pois mar. Agora ollamos con enlevo para a in-mensidade líquida que nos emociona e nos

    exalta, e que el soubo acadar co seu constante es-forzo. E esquecémonos da fontenla orixinaria.Pero a fontenla alí segue a deitar o seu lene bor-bollo purísimo que dá compango ao río, á ferven-za e ao mar.

     Así é Ramón Piñeiro: a mantenza de Galicia,dunha parte esencial de Galicia, sen alporizamen-

    tos, sen ademáns solemnes, sen verbas truculentas,sen trapelas dialécticas, sen tortas intencións.Queda dito: un limpo manantío de boa man de-reita.

    Mais nestes minutos importantes quixera euachegarme unha miga á interioridade humana e á

    significación cultural do noso novo académico.Pois a douta Corporación fíxome a honra de pe-dirme a contesta ao espléndido discurso que aca-bades de escoitar; coido que para facerlle unbreve comento é preciso, denantes, perfilar concerto detalle a entidade persoal do seu autor.

    103 D i s c u r s o d e r e s p o s t a102  D o m i n g o G a r c í a - S a b e l l 

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    52/68

    estendendo a perna para que calquera despreve-nido bata nela e dea coas fazulas no chan?

    Por iso, porque o filósofo que agora ingresana nosa Corporación é radical e é auténtico, ex-plícase o grande influxo que el exerce, sen busca-lo, na mocidade do país. Trátase dun influxo queimporta non tanto polo que Ramón Piñeiro poidaensinar —que é moito— canto polo que el, me-

    diante a súa presenza, adoutrina. Os rapaces apren-den a amar a Galicia na canle rigorosa, no vieirocinguido, na aberta comprensión deste home quemana enfervorizamento como outros manan tris-tura, que mana seguridade como outros mananresentimento disfrazado.

     Así é Ramón Piñeiro. Mais se el é así, ¿como é

    a súa obra?Pois sinxelamente, a obra é radical e é auténti-

    ca, e resulta, por tanto, un cristalino reflexo danódoa privativa da súa persoa profunda.

     Vexamos, como proba, unha meditación piñei-riana básica, unha meditación que se realiza nun

     verdadeiro ciclo ideatorio, coa súa formulación, oseu desenvolvemento, e as súas conclusións xus-tificativas. Unha totalidade que se ve como unhaforma envolta sobre de si mesma e, ao tempo,aberta ás suxestións e ás aportacións futuras.Unha forma simultaneamente cinguida ao tema

    terrelación home-terra natal en cuxo favor as al-mas nobres queiman a súa vida, chuchan a súa

    existencia e miran nas posibilidades prácticas depouco folgo para que medren, como árborespoderosas, os alentos transpersoais, os alentoscinguidos ao pobo verdadeiro, ao pobo en cons-tante, escura e esperanzada presenza?

    Se recollemos agora todas estas notas nun de-

    nominador común, penso eu que estaremos enfranquía para empregar dúas verbas importantes,a saber: radicalidade e autenticidade.

     A radicalidade é aquel aguillón do espíritoque turra dalgúns homes e os obriga, ineludi-blemente, a pescudar nas esencias e a fuxir dasaparencias. A autenticidade é aquel xeito de mos-

    trarse na propia obra e na propia persoa de talforma que axiña percibimos, sen precisión demaiores demostracións, que a tal obra ou a ditapersoa son como teñen que ser e non poden serde ningunha outra maneira. Ramón Piñeiro é radi-cal no que di e no que escribe. Ramón Piñeiro é

    auténtico na súa existencia e nos seus proxectos.E non pode ser de ningún modo distinto. Ditocon outras palabras: Ramón Piñeiro non é imaxi-nable fóra do horizonte da súa radicalidade e dasúa autenticidade. ¿Figúrase alguén ao novo aca-démico preparando argalladas de caza menor, ou

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    53/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    54/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    55/68

    111 D i s c u r s o d e r e s p o s t a110  D o m i n g o G a r c í a - S a b e l l 

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    56/68

    Por iso chama a atención, no lector avisado,que dous destes traballos de Ramón Piñeiro se

    traducisen ao castelán, na Arxentina, en 1961, cotítulo de  Dos ensayos sobre la saudade e que elessirvan de texto, para estudo e comento filosófico,na Facultade de Filosofía e Letras da Universidadede Bos Aires.

    Esta é pois unha das aportacións básicas que

    Ramón Piñeiro leva feito na pescuda da significa-ción da saudade. Dela xorden, como temos visto,dúas novas posibilidades: Por un lado o xermedunha futura filosofía de cerne netamente galegoe, por outro, a constitución da rede conceptual naque pescar o coñecemento radical do ser dohome de Galicia. A estrada queda aberta. Cómpre

    percorrela. E teño por sabido que el mesmo, o es-critor, o meditador, ha ser quen, a bo seguro, nosbrindará, en anos por vir, os complementos aoseu esquema, o froito dos seus novos, recomeza-dos paseos filosóficos.

    Mais agora, e co gallo do seu discurso de in-greso na nosa Academia, que acabades de escoitar,Ramón Piñeiro, ao cumprir a obriga protocolaria,alonga un chisco importante as esixencias do re-gulamento interno da corporación. Pois este dis-curso, que se somete gustoso a esas esixencias,atinxe, ao mesmo tempo, novos e altos fins.  A lin-

    tais de Gilbert Ryle, que se poden inserir de cheono rego doutrinal dos textos piñeirianos.

    Se hoxe temos a posibilidade de entender aohome da nosa terra nas súas específicas mani-festacións humanas, nas súas diferenciaciónsderradeiras, é porque denantes o noso novo aca-démico conferiu a tales futuras pescudas o chanconceptual, o pulo metafísico e o estilo medita-

    tivo que elas de sempre esixen, que elas acotíoreclaman. Non é facedeiro entender ren, na pers-pectiva antropolóxica, se non se asentan os pésda persoa discurridora no torrón inabalable dunhapura, estrita e ben recortada meditación ontoló-xica. Esa pura, estrita e ben recortada medita-ción ontolóxica velaí a temos, no lucidío ensaio

    piñeiriano que acabo de debuxar moi en es-quema.

    De forma que Ramón Piñeiro non só clarificaun modo distinto de pensar e, por ende, de fun-damentar, senón que mostra ben nidiamente porcerto, o vieiro real polo que facer, nos tempos

     vindeiros, o paseo descubridor e fecundador. Paraalcanzalo foi preciso que denantes se desen noescritor as cualidades humanas que sinalei ao co-mezo deste parladoiro, e que se resumían nasdúas verbas honestas de radicalidade e autenti-cidade.

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    57/68

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    58/68

    b d d d d

    117 D i s c u r s o d e r e s p o s t a

    E l l í t f id t ñ

    116  D o m i n g o G a r c í a - S a b e l l 

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    59/68

    cumpre como obedecendo a un mandado supe-rior, con estreito senso do deber, pero, ao mesmo

    tempo, cunha infinita cortesía comprensiva. Esacortesía —a que Nietzsche chamaba “cortesía docorazón”— crea un ámbito de folgura e de seguri-dade no que recibe o consello ou o adoutrina-mento. E a torna, por si e ante si, fecunda, defroito sazonado. ¡Cantas e cantas almas desnorta-

    das ten orientado a mente sintonizante de RamónPiñeiro!Para el as horas non contan. Ramón Piñeiro

    regala tempo como un patricio regala bens mate-riais. É o seu agasallo. Sempre a dar, sempre a en-tregar, sempre a escoitar, sempre a aturar nosdemais. E os demais case que nunca se decatan

    de que tal despilfarro custa caro, moi caro. Custana obra piñeiriana que se proxecta e se non levaa cabo. Custa en meditacións tronzadas que des-pois se non enderezan. Custa en estudo continuodo que sae, cando se leva a perfección, o intensoensaio, a grande obra da que todos sempre agar-damos luces e ensino. Ramón Piñeiro é unha manfurada que enriquece aos outros empobrecén-dose ela mesma. Teño matinado bastas veces quehabería de illar ao filósofo e montarlle unha gardade respecto para a defensa e boa administra-ción do seu tempo. E tamén teño pensado que se

    Esa canle velaí que a temos ofrecida, que a teñenos rapaces, como catecismo, nas breves páxinas

    diamantinas da parte derradeira do discurso piñei-riano. Que elas sirvan, que elas nos sirvan a to-dos, de esquema de pensamento no que taracearas nosas arelas, o noso sentimento e o noso pa-triotismo.

    Temos visto, xa que logo, en rápido desfile,

    dúas facianas importantes da obra de Ramón Pi-ñeiro: a faciana creadora e a faciana clarificadora.¿Remata aquí o perfil deste home galego? Dendelogo que non. Pois cabo de tales encomendasaínda é preciso engadir unha terceira, a da axudapersoal a cadaquén no afervoamento, na altura ena pureza do amor intelixente á terra. Sempre

    que alguén necesita de apoio para soster as súasmáis íntimas inquedanzas, sempre que alguénmostra unha fisura pola que ameaza derrubarse oseu casal de dedicación desinteresada a Galicia,sempre, en calquera sazón, boa ou mala, perti-nente ou impertinente, cómoda ou incómoda, alí atoparedes a Ramón Piñeiro, infatigable e cheode paciencia, apuntalando á persoa que se vénabaixo, soerguéndolle os azos quizais semivenci-dos, desentoldándolle os ollos inquiridores e xacansos. Trátase dunha tarefa escura, delicada erecuberta de abnegación que o noso escritor

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    60/68

    curos xa queda dito Había estupor Había cansa

    121 D i s c u r s o d e r e s p o s t a

    ción alcanzará un novo matiz Que algo nela vai

    120  D o m i n g o G a r c í a - S a b e l l 

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    61/68

    curos, xa queda dito. Había estupor. Había cansa-zo. E ti, tan livián, non coñecías nin o abraio, nin

    o cansazo. Ti seguías. A túa autenticidade radical,a túa raigaña de galego, como a dunha árboreinabalable, sostiña o teu corpo case que entrega-do. O tempo seguía desenvolvendo o seu incertonobelo. E pouco a pouco o que ti pedías, o que tipredicabas, resultou verdade. As portas dos veciñosasustados comezaron a entreabrirse. As esmolas xanon foron esmolas, senón regalías e esforzos benconcertados. Galicia acordaba do sono da inver-nía. As túas ideas tornábanse fermosas realiza-cións. Galaxia, Grial , a  Revista de Economía de Galicia, a Fundación Penzol —o máis vital danosa terra— débenche —en colaboración con

    dúas ou tres persoas máis— a súa farta prosperi-dade espiritual. E a súa fecundidade na cultura.

    Hoxe a colleita piñeiriana é, sinxelamente,enorme. Pero eu non podo esquecer endexamaisaquela imaxe túa de necesitado total a quen asmáximas miserias non asoballaban a esperanzado futuro. Porque tiveches fe, porque fuches ínte-gro, porque sufriches sen laio, porque sendo po-bre regalaches enerxía creadora, velaquí tes, boamigo do corazón, un recanto de calor humanano fogar comunal.

    ción alcanzará un novo matiz. Que algo nela vaitomar inédito rumbo. A presenza deste home re-

    colleito abonda xa para que algo se nos modifi-que a todos. O tempo, ese tempo que RamónPiñeiro tan acotío derrama, virá demostralo.

    Benvido. Pois, ao seo da Real Academia Gale-ga, Ramón Piñeiro, amigo, amigo sempre, exem-plo sempre e sempre escolante de todos nós.Benvido. Xa ía sendo sazón de que ti recibises,pola túa parte, un agasallo. Ben merecente es del.Eu seino con sabenza patética porque eu sei doteu vivir nos anos escuros. Naqueles anos en queti andabas como un pobre de pedir a bater entódalas portas procurando unha esmola de gale-guidade. Con fame, sen cartos, metido no currun-

    cho frío dos vagóns de terceira, nas inverníasgalegas, ti atravesabas o país coa mesma terca tei-ma, coa mesma calma e coa mesma seguridadecon que hoxe prestas ouvidos aos laios e ás arbi-trariedades dos demais. Un día apareciches cabode min. Viñas con poucos folgos, máis fraco quenunca, mal vestido, recén devolta a luz aos teusollos doentes. Estabas enfermo. E non te queixa-bas. Aínda tiñas, como sempre, o sorriso doado, ea mente aberta. Recibiras algunha esmola. Perotamén, en moitas veces, as portas bateran a rentesda túa faciana. Eran, Ramón Piñeiro, os anos es-

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    62/68

     APÉNDICE

    INFORME DE OTERO PEDRAYO

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    63/68

    INFORME E OTERO PE RAYO Á REAL ACADEMIA GALEGA

     Á Xunta de Goberno da Academia Galega,con fondo respeto e agarimo

    Só dispoñendo de pouco máis de media horapara chegaren estas letras ó debido correo, debenser elas de abondo curtas, pero inzadas para quenas escribe dun fondo e grave gozo, como o dunha

     vella albre de madrugueiros paxaros nun abrentede marzal. Pois debendo dictaminarse sobor dacandidatura de don Ramón Piñeiro para unha ca-deira na nosa Academia, imponse de seu, como ó

     verso a cadencia, o intre de luminoso amañecerna cultura galegoportuguesa do ensaio Significa-do metafísico da Saudade (Grial I, Presencia de Galicia, 1951), onde a doutrina, traballando enlongos e apaixonados silencios, agroma chea desentido. Con ela, de entón teima esencial do seupensar, Ramón Piñeiro, cebándoa de doces eunha miga preguizosas ribeiras de néboa, leva a

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    64/68

    ÍNDICE ONOMÁSTICOde temáticas, e sobre todo de información cultural

    128  R a m ó n O t e r o P e d r a y o

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    65/68

    ,galega e non galega, coas que garda de Ramón

    Piñeiro, que xunta ó seu poder de análise e viven-cia dos métodos e realidade da filosofía —comoLeibniz home do mundo e pensador— un senso eemoción expertas e vixiantes da actualidade, atao punto de non haber home quen coma el alenteno latexar do vivir galego. E xa lembrando comoeste home aínda novo e mestre na xornaleira con-

     versa, na carta, no exemplo e no silencio da novaxeración, de cuia obra pende o futuro e salvacióndo espírito da Galiza, vai de seu, a penas si fai fa-lla a formulación do parecer de quen, ó rubricareste dictame, xa imaxina como nosa Instituciónacollerá nos seus traballos a don Ramón Piñeiro

    coa seguranza de que os mestres que foron sealedarían —Pondal, Murguía, Curros, Castelao— ea cerne mocidade galega e as minorías intelectaisdo Occidente han sentir unha fonda alegría.

    Trasalba (Ourense), 29 de setembro de 1963.Ramón Otero Pedrayo

    130  Í n d i c e o n o m á s t i c o

    ÍNDICE

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    66/68

    Limiar ............................................................................................................ 9 A linguaxe e as linguas ....................................................... 47Discurso de resposta de DomingoGarcía-Sabell .................................................................................. 97

     Apéndice: Informe de Otero Pedrayoá R.A.G. .............................................................................................. 123

    Índice onomástico ...................................................................... 129

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    67/68

    Este libro, A LINGUAXE E AS LINGUAS

    de Ramón Piñeiro,rematouse de imprentarnos talleres de

    ,o día

  • 8/19/2019 A Linguaxe e as Linguas

    68/68