A Lenda da Cova do Rei Cintolo

2
EQUIPO DE BIBLIOTECA C.E.I.P. VICTOR SÁENZ A lenda da Cova do Rei Cintolo BIBLIOGRAFIA: diccionario dos seres míticos galegos; Pequena Mitoloxia de galicia; ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 2001. ? González Reboredo, Xosé Manuel, Hércules para soñar, A Coruña 2002. Galicia de lenda; Só, que se saiba, xa hai moitos anos, o intentaron dous irmás de Trasancos, agora Ferrol. Levaban teas para alumar, cans para correr o monstro, un Libro de Ler e Desler, e armas das que había antes de inventarse as de fogo. De saíren ben, o maior casaría coa moza e o menor quedaría co pazo e os tesouros. Entraron na cova, pero non saíron endexamais. E alí están, vivos, mortos ou encantados, con Cintolo e Manfada, co monstro que os garda, que se cadra sexa o mesmo Tuba, o pérfido bruxo de Oretón.

description

Boletín coa adaptación da Lenda do Rei Cintolo para a Campaña de Animación á Lectura Lendo Lendas do CEIP Victor Sáenz

Transcript of A Lenda da Cova do Rei Cintolo

Page 1: A Lenda da Cova do Rei Cintolo

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

A lenda daCova do

Rei Cintolo

BIBLIOGRAFIA:

diccionario dos seres míticos galegos;

Pequena Mitoloxia de galicia;

?Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Edición

Xerais, Vigo 1999.?Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,

Edición Xerais, Vigo 2001.?

González Reboredo, Xosé Manuel,Hércules para soñar, A Coruña 2002.

Galicia de lenda;

Só, que se saiba, xa hai moitos anos, o intentaron dous irmás de Trasancos, agora Ferrol. Levaban teas para alumar, cans para correr o monstro, un Libro de Ler e Desler, e armas das que había antes de inventarse as de fogo. De saíren ben, o maior casaría coa moza e o menor quedaría co pazo e os tesouros.

Entraron na cova, pero non saíron endexamais. E alí están, vivos, mortos ou encantados, con Cintolo e Manfada, co monstro que os garda, que se cadra sexa o mesmo Tuba, o pérfido bruxo de Oretón.

Page 2: A Lenda da Cova do Rei Cintolo

A cova do Rei Cintolo ten a boca de entrada no lugar de Supena, da parroquia de Argomoso, no concello de Mondoñedo, quilómetros baixo terra de ga l e r ías , con es ta lac t i tas e estalagmitas e columnas, rios que hai que cruzar, lagoas da augas mansas naquel inmenso escuro, poboado de morcegos e pantasmas.

Non hai moitos anos, tantos que nin se acorda, había alí unha cidade con casas de cristaleiras relucentes, rúas limpas, xente tranquila, súbdita dun rei bo chamado Cintolo. Este rei tiña unha filla chamada Manfada á que os principes e os reis solteiros de moitos reinados á redonda pretendían. Mais nin a ela nin ao pai lles acaían; uns por brutos, outros por malos, os máis por vellos e pouco refinados.

Cando isto ocorr ía , Hollvrudet saíra na busca de Tuba e cando tropezou con el atrevesoulle o corazón coa súa espada. Pero de nada valeu o seu valoroso xesto. Ao regresar a Brea só atopou unha cova. A cidade, coa xente toda, o rei, a princesa, quedaron encantados.

-Veño tratar a voda con Manfada. Se é polas boas, mellor. Se é polas malas, tamén.

Hollvrudet, polo amor que lle tiña a Mafalda, ofreceulle axuda ao rei Cintolo e déronlle contestación ao groseiro de que non.

Tuba, que era vedoiro, convocou ao seu consello de magose decidiron dar un escarmento. Pero saíulles mal e extralimitáronse. O trono que provocaron derrubou toda cidade coa xente e as pertenzas.

Ata que, un día, chegou á cidade un conde monzo de nome Hollvrudet.

Mafanda fíxouse nel, era aposto, gustáballe cantar á luz da lúa e dicir fermosas palabras. Viase vir o casorio.

Pero neses días chegou tamén con todo o seu exército o rei Tuba de Oretón. Era vello e gordo, arrogante e propenso ás baldrogadas. Acampou na praza e mandoulle recado a rei Cintolo:

Hai que no clareo dalgúns días ve na boca da cova unha moza de cabelos de ouro, de ollos azuis, peiteándose cun peite de ouro e un espello de prata. A máis dun e de dous lles ten pedido que a desencanten, que había casar con eles, e a cova habíase converter nun pazo de mármore e ouro. E se non fose polo monstro xigante que a vixía, grande coma un cabozo mariñao, calquera se atrevería a intentalo.