A división celular

25
A DIVISIÓN CELULAR Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

Transcript of A división celular

A DIVISIÓN CELULAR

Bioloxía e Xeoloxía

4º ESO

A división (reprodución) celular

□ Proceso polo cal unha célula se divide en

dúas células fillas xenéticamente idénticas

entre sí e á célula proxenitora.

□ Mitose: forma de división celular

predominante nas células eucariotas.

□ Finalidade:

□ Reprodución (unicelulares)

□ Crecemento do corpo (pluricelulares)

□ Renovación de tecidos (pluricelulares)

Organización do ADN no núcleo

□ CROMATINA: asociación de ADN e proteínas que se

atopa no núcleo da

célula en interfase (cando

non se divide).

□ CROMOSOMA: estrutura

formada por cromatina

condensada (e previamente duplicada)

que aparece cando a célula se vai dividir.

Tipos de cromosomas

•Centrómero na parte media

•Brazos de igual lonxitude METACÉNTRICOS

•Centrómero desprazado cara un lado

•Brazos lixeiramente desiguais SUBMETACÉNTRICOS

•Centrómero moi desprazado cara un dos extremos

•Brazos moi desiguais ACROCÉNTRICOS

•Centrómero nun dos extremos

•Só se visualiza un brazo TELOCÉNTRICOS

Análise de cromosomas □ CARIOTIPO: conxunto de cromosomas dun individuo

□ As células somáticas humanas teñen 23 parellas de

cromosomas (DIPLOIDES)

□ 22 parellas de AUTOSOMAS + 1 parella de CROMOSOMAS SEXUAIS (X e Y)

□ Cada parella de cromosomas está formado por 2

CROMOSOMAS HOMÓLOGOS (con xenes para o mesmo

carácter na mesma posición)

□ Os gametos humanos teñen 23 cromosomas (HAPLOIDES)

O ciclo celular □ Conxunto de procesos que teñen lugar nunha célula desde

que se forma ata que se divide.

A mitose □ División do núcleo celular para dar lugar a dúas céulas fillas

con idéntica información xenética que a célula nai

A mitose - Profase

□ Condensación da

cromatina cromosomas

□ Desaparición da envoltura

nuclear

□ Desaparición do nucleolo

□ Duplicación dos centriolos

e desprazamento cara os polos

□ Formación do fuso

acromático

A mitose - Metafase

□ Unión dos centrómeros dos

cromosomas co fuso

acromático

(perpendiculares)

□ Alineación dos

cromosomas no plano

ecuatorial da célula

Placa metafásica

A mitose - Anafase

□ Separación das cromátidas

irmás de cada cromosoma

cromosomas fillos

□ Acurtamento das fibras do

fuso acromático

Desprazamento das cromáticas cara un dos

polos da célula

A mitose - Telofase

□ Os cromosomas fillos atópanse en cadanseu

polo celular

□ Descondensación dos

cromosomas cromatina

□ Desaparición do fuso

acromático

□ Reaparición da envoltura

nuclear

□ Reaparición do nucleolo

A citocinese □ División do citoplasma entre as dúas células fillas.

□ Normalmente ocorre simultáneamente coa telofase.

Animación

A meiose □ Proceso de división celular mediante o cal a partir dunha

célula diploide se producen 4 células haploides (gametos)

□ Ten lugar nos órganos produtores de gametos

1ª División meiótica

(Meiosis I)

2ª División meiótica

(Meiosis II)

A profase I □ Condensación da cromatina → CROMOSOMAS

□ Desaparición da envoltura nuclear

□ Desaparición do nucleolo

□ Duplicación do centrosoma e desprazamento cara os polos da célula

□ Formación do fuso acromático

□ Emparellamento de cromosomas homólogos

□ Entrecruzamento: intercambio de material xenético entre cromátidas homólogas → RECOMBINACIÓN XENÉTICA

Metafase I, Anafase I e Telofase I

METAFASE I

□ Os cromosomas homólogos únense ás fibras do fuso

acromático a través dos centrómeros

□ As parellas de cromosomas homólogos alinéanse no

plano ecuatorial da célula

ANAFASE I

□ Sepáranse as parellas de cromosomas homólogos

□ Cada cromosoma resultante ten dúas cromátidas é

diferente ós orixinais porque posúen fragmentos do

seu homólogo (recombinación)

TELOFASE I e CITOCINESE

□ Fórmanse dúas células fillas haploides co seu material

xenético duplicado

Meiose II PROFASE II

□ Fórmase de novo o fuso acromático

METAFASE II

□ Os cromosomas únense ás fibras do fuso e

alinéanse no plano ecuatorial da célula

ANAFASE II

□ Sepáranse as cromátidas irmás de cada cromosoma → CROMOSOMAS FILLOS (algúns

deles teñen unha mestura de material

xenético de ambos cromosomosmas

homólogos)

TELOFASE II e CITOCINESES

□ Descondénsanse os cromosomas,

desaparece o fuso, reaparecen a envoltura

nuclear e o nucleolo

□ Dividese o citoplasma

□ RESULTADO: 4 células fillas haploides

Animación

Importancia biolóxica da meiose

□ Formación de gametos cun

número haploide de cromosomas →

Mantenemento do número de

cromosomas dos

individuos con

reproducción sexual

Formación de gametos

Importancia biolóxica da meiose □ Variabilidade xenética

□ Distribución independente dos cromosomas

□ Recombinación xenética

□ Fecundación ó azar dos gametos

□ A variabilidade xenética confire maior capacidade de adaptación ó

medio e supervivencia

□ A variabilidade xenética é a base da evolución xenética

Animación

Diferencias entre mitose e meiose

Vídeo

A clonación □ Procedemento polo cal se poden obter copias

xenéticamente idénticas dun xene, dunha célula ou dun

individuo

CLONACIÓN EN PLANTAS

(reprodución asexual)

Técnicas de micropropagación en

plantas (cultivo de tecidos)

Clonación reproductiva en animais

mediante transferencia de embrións

clonados

Clonación reproductiva en animais a

partires de células somáticas

A clonación terapéutica