A crise compromete o labor do Museo do Pobo...

4
tribución ao sostemento do Museo. En consecuencia, a asemblea acordou adiar a aprobación dos orzamentos para a próxima sesión do mes de maio, fa- cultando á Xunta Reitora para adaptalos en función da asignación que se aprobe nos orzamentos da Xunta de Galicia e doutros posibles ingresos. A campaña promovida en 2011 para incrementar os apoios externos tivo un éxito relativo. Se en 2011 conseguimos, grazas á vosa colaboración, 90 novos socios, ao longo do pasado ano incor- poráronse 57 máis, pero os esforzos para ampliar os patrocinios están a ter un resultado máis lento do previsto. Por outra parte, a crise tamén se deixa notar na afluencia de visitantes e, por ende, os xaneiro 1/2013 P.D. tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.es n correo electrónico: [email protected] Director: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores ingresos pola venda de entradas tam- pouco son suficientes para compensar a redución da asignación orzamentaria da Xunta de Galicia, que en 2013 se si- tuará, segundo as previsións, ao nivel de 2007. A situación complícase aínda ao suspenderse o ano pasado as axudas á contratación ao abeiro dos plans de fo- mento de emprego que a Consellería de Traballo viña mantendo desde 2002. Sirva esta información para encarecer o esforzo de todos, e moi principalmente dos membros do Padroado, para facer fronte a esta ameaza, que compromete seriamente o labor da nosa institución, empezando pola posibilidade de con- tar co cadro de persoal necesario para manter o Museo aberto ao público nun horario regular. NOVO HORARIO DE APERTURA AO PÚBLICO Por mor dos axustes económicos e a sus- pensión das axudas á contratación, que impiden dotar o cadro de persoal cos re- cursos necesarios, a Xunta Reitora acordou adaptar o horario de apertura do Museo para o presente ano 2013 ao que permiten as circunstancias. Mantense como día de peche o luns. Tampouco varía o horario de domingos e festivos, que se mantén de 11h00 a 14h00. Redúcese, en cambio, unha hora de apertura de martes a sábado, co que o horario pasa a ser de 10h30 a 14h00 e de 16h00 a 19h30. xaneiro 1 Sábado 15 de decembro celebrou asemblea ordinaria do Padroado do Museo do Pobo Galego, baixo a presi- dencia de Justo Beramendi e coa asis- tencia do secretario xeral de Cultura en funcións, Anxo Lorenzo. Xunto aos asuntos ordinarios, informes de xestión e aprobación do plan de actuación para o ano 2013, o Padroa- do abordou as dificultades que a insti- tución vén atravesando e os esforzos que se requiren por parte de todos os seus membros para lles dar solución, sen menoscabo da actividade cultural e o labor social do Museo. O secreta- rio xeral de Cultura referiuse aos inelu- dibles recortes nos orzamentos do seu departamento e, xa que logo, na con- A crise compromete o labor do Museo do Pobo Galego De esquerda a dereita, Lino Lema, tesoureiro; Francisco Fariña, presidente da Xunta Reitora; Justo Beramendi, presidente do Padroado; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Carlos García Martínez, director do Museo; Francisco J. Sanjiao, secretario do Padroado. (Foto Tino Viz – Margen).

Transcript of A crise compromete o labor do Museo do Pobo...

tribución ao sostemento do Museo. En consecuencia, a asemblea acordou adiar a aprobación dos orzamentos para a próxima sesión do mes de maio, fa-cultando á Xunta Reitora para adaptalos en función da asignación que se aprobe nos orzamentos da Xunta de Galicia e doutros posibles ingresos.

A campaña promovida en 2011 para incrementar os apoios externos tivo un éxito relativo. Se en 2011 conseguimos, grazas á vosa colaboración, 90 novos socios, ao longo do pasado ano incor-poráronse 57 máis, pero os esforzos para ampliar os patrocinios están a ter un resultado máis lento do previsto. Por outra parte, a crise tamén se deixa notar na afluencia de visitantes e, por ende, os

xaneiro 1/2013

P.D.

tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.es n correo electrónico: [email protected]: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández CerviñoRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas DíazAdministración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores

ingresos pola venda de entradas tam-pouco son suficientes para compensar a redución da asignación orzamentaria da Xunta de Galicia, que en 2013 se si-tuará, segundo as previsións, ao nivel de 2007. A situación complícase aínda ao suspenderse o ano pasado as axudas á contratación ao abeiro dos plans de fo-mento de emprego que a Consellería de Traballo viña mantendo desde 2002.

Sirva esta información para encarecer o esforzo de todos, e moi principalmente dos membros do Padroado, para facer fronte a esta ameaza, que compromete seriamente o labor da nosa institución, empezando pola posibilidade de con-tar co cadro de persoal necesario para manter o Museo aberto ao público nun horario regular.

NOVO HORARIO DE APERTURA AO PÚBLICO

Por mor dos axustes económicos e a sus-pensión das axudas á contratación, que impiden dotar o cadro de persoal cos re-cursos necesarios, a Xunta Reitora acordou adaptar o horario de apertura do Museo para o presente ano 2013 ao que permiten as circunstancias.

Mantense como día de peche o luns. Tampouco varía o horario de domingos e festivos, que se mantén de 11h00 a 14h00. Redúcese, en cambio, unha hora de apertura de martes a sábado, co que o horario pasa a ser de 10h30 a 14h00 e de 16h00 a 19h30.

xaneiro 1

Sábado 15 de decembro celebrou asemblea ordinaria do Padroado do Museo do Pobo Galego, baixo a presi-dencia de Justo Beramendi e coa asis-tencia do secretario xeral de Cultura en funcións, Anxo Lorenzo.

Xunto aos asuntos ordinarios, informes de xestión e aprobación do plan de actuación para o ano 2013, o Padroa-do abordou as dificultades que a insti-tución vén atravesando e os esforzos que se requiren por parte de todos os seus membros para lles dar solución, sen menoscabo da actividade cultural e o labor social do Museo. O secreta-rio xeral de Cultura referiuse aos inelu-dibles recortes nos orzamentos do seu departamento e, xa que logo, na con-

A crise compromete o labor do Museo do Pobo Galego

De esquerda a dereita, Lino Lema, tesoureiro; Francisco Fariña, presidente da Xunta Reitora; Justo Beramendi, presidente do Padroado; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Carlos García Martínez, director do Museo; Francisco J. Sanjiao, secretario do Padroado. (Foto Tino Viz – Margen).

xaneiro 2

EXPOSICIÓNS

PUBLICACIÓNS

>>

>>

>>

>>

>> FOTOTRABALLO 07_09_11Organiza: Fundación Nortempo

Mércores 6 de febreiro ás 19h30 inaugu-rarase a exposición que reune os traballos premiados nas tres últimas edicións do premio bienal de fotografía que convoca a Fundación Nortempo.

A primeira edición do certame convocou-se en 1997, pero desde o ano 2007 con-solidouse a modalidade de bienal na que se premia o mellor proxecto fotográfico relacionado exclusivamente co mundo do traballo, enfocado libremente a través de múltiples e variadas propostas. O xurado está presidido polo prestixioso fotógrafo Vari Caramés.

Os artistas presentes na mostra son Car-los Ordina e Carlos de Andrés, 1º e 2º pre-mio respectivamente da edición de 2007, Cristina de Middel que gañou en 2009 co proxecto “The City”, e Susana Girón, pre-miada en 2011 polo proxecto “Fe, pasión y destino”.

A luminosa mirada dos ollos de Isaac. Isaac Díaz Pardo. Obra dispersa

O Museo colabora neste caso coa Fun-dación do Pedrón de Ouro na publicación deste caderno, con edición e prólogo de Xosé Ramón Fandiño e que vé a luz gracias ao coidado do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que o in-clúe co número XXIV na súa serie Cadernos Ramón Piñeiro.

A publicación presentouse no Museo o pa-sado 9 de xaneiro, nun acto presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordena-ción universitaria, Jesús Vázquez Abad.

Entre amigos 2011. Fotos de Higinio Flores

ENTRE AMIGOS 2013

Chamada á participación

O próximo mes de maio vaise celebrar a XI edición de Entre amigos, mostra de fotogra-fía etnográfi ca das socias e socios do Museo do Pobo Galego, que organiza a Ofi cina dos Socios, coa coordinación da patroa Rosa Méndez.

As obras deberán ser enviadas ao Museo ata o 31 de marzo de 2013. As series, que pode-rán constar de entre 4 e 10 imaxes, en bran-co e negro ou cor, terán que ter un formato

No último tramo de 2012 publicáronse dous novos títulos:

Domingos de Andrade. Excelencia do barroco

Co gallo da exposición do mesmo título, a Consellería de Cultura, Educación e Orde-nación universitaria e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas asinaron un convenio para a edición dun libro que recolle contribucións dos profesores Ofelia Rey Castelao, Alfredo Vigo Trasancos, Miguel Taín Guzmán e Alber-to Sanjurjo, así como unha biografía prepa-rada por Manuel Vilar Álvarez. Esta publica-ción ten carácter non venal e está destinada fundamentalmente ao intercambio científi co.

Antonio Rodríguez Fraiz, abade de Campañó. 1912-1995

Xa dando cabo o ano viu a luz a biografía do patrón don Antonio Rodríguez Fraiz, prepa-rada polo director do Museo, Carlos García Martínez, e ilustrada con debuxos de Agustín Portela Paz, que tamén fora membro do Pa-droado. Esta obra, editada en colaboración coa Fundación do Pedrón de Ouro, conme-mora o centenario do nacemento do señor

papel de 20 x 30 ou 30 x 40 cm. e haberán vir acompañadas dun texto (unha páxina DIN A4) que faga constar a autoría, lugar e data da reportaxe, título da serie e unha breve análise ou descrición da mesma.

Para máis información, os socios e socias interesadas pódense poñer en contacto con Rosa Méndez ou Manuel Vilar no telé-fono 981 583620 ou no correo electrónico [email protected]

Esperamos a vosa participación e anticipamos o agradecemento a todos e todas as que deci-dades colaborar.

abade de Campañó, que se celebrou o 30 de novembro do pasado ano.

Esta última publicación está dispoñible para os socios do Museo cun 40% de desconto sobre o prezo de venda ao público, que é de 10 ˆ .

xaneiro 3

Insignia de ouro para o director do Museo

Ao remate da asemblea do Padroado do 15 de decembro, procedeuse á imposición da insig-nia de ouro ao director do Museo, Carlos García Martínez, un dos protagonistas da creación da institución á que, como fixo constar o presiden-te do Padroado na laudatio, vén dedicándose de forma intensa e constante desde hai trinta e sete anos, no ronsel dos primeiros presidente e director, respectivamente, Xaquín Lorenzo e Antonio Fraguas.

Reproducimos a seguir a intervención do noso director, porque nas súas palabras está conti-da unha parte menos coñecida da historia do Museo, aquela na que se nomean moitas das persoas que normalmente non aparecen nas crónicas ou nas memorias de xestión.

Meu agradecemento ao Padroado por ter-me concedido a insignia de ouro do MPG. É unha satisfacción poder estar nese grupo de amigos e mestres aos que se lles outorgou este caritel representativo da nosa institución (Xaquín Lorenzo, Antonio Fraguas, Isaac Díaz Pardo, Rafael Baltar e Luciano García Alén); pero, ao tempo, o recoñecemento vén acre-centar o compromiso que dende anos me obriga con esta casa. A satisfacción podía ser completa se estivesen aquí comigo, por ló-xicas e evidentes razóns, Justo Beramendi e Mª Xosé Fernández Cerviño.

Quen ía dicirnos ao lembrado Rafael Baltar, a Justo Beramendi e a quen vos fala que unha idea xurdida aló no ano 1975 na sobremesa dun excelente xantar no desaparecido restaurante Chocolate de Vilaxoán (e pasarmos logo indem-nes as temidas revoltas de Catoira, tal que fose unha proba iniciática), andado o tempo chegara a plasmarse no que hoxe é este centro.

Hai 35 anos, na mañá outonal e soleada dun sábado de outubro, inaugurábanse as primeiras salas do Museo. Foi de certo un día de conten-to para todos os que confluímos no agromar da empresa, e moi singularmente para aqueles que formaron no Seminario de Estudos Galegos, que de par do seu transcendental labor cientí-fico e cultural creara un museo etnográfico, un centro que para o NÓS “había ser a máis firme e significativa executoria da personalidade da Ga-liza, un moimento eterno ao pobo galego como criador e traballador”.

Naquel día estaban neste mesmo local, no que se celebrou o acto oficial, entón desamañado e inhóspito e que houbo que arranxar para a oca-sión, con moito enxeño e pouco tempo, Xaquín Lorenzo, Antonio Fraguas, Xosé F. Filgueira, vellos representantes do SEG, que xunto con Ramón Otero Pedrayo, morto había pouco máis dun ano e que xa o fixera por carta, lexitimaban unha institución que viña ser continuidade do iniciado no SEG e que a intelectualidade galega demandara reiteradamente e que agora emerxía, como proxecto, da man da sociedade civil.

A traxectoria dende aqueles afastados anos até hoxe é só un treito dun cumprido camiño aínda por percorrer, pero que precisou de traballo e de azos para arrostrar as dificultades e atrancos que se presentaron e cuns máis que escasos or-zamentos. E nesta tarefa porfiaron non poucas persoas.

Quixera dirixir unha breve ollada cara eses mo-mentos primeiros e recuperar para a memoria e a historia particular da casa a aquelas persoas que raras veces quedan nos papeis, que polo seu concurso para que a empresa se fixera rea-lidade deben figurar na Crónica do Museo. Ob-viamente sería longo o repertorio. Permitídeme, pois, evocar a algunhas, as máis xa desapare-cidas, e deixar constancia do recoñecemento a todas pola súa contribución á realidade que ho-gano é este centro.

Entre as máis presentes na miña lembranza está a de Modesto Rodríguez Figueiredo, galeguista cabal, letrado pontevedrés, defensor afouto e impulsor da creación do Museo, e asesor nos aspectos xurídicos verbo da definición da insti-tución, do carácter do Padroado, da redacción dos Estatutos e da súa legalización. Non puido participar na inauguración da obra na que puxo o seu empeño; en 1976 morría de amor á Terra nun acto na súa exaltación.

Moitos de vós sabedes que este edificio, cando o Concello de Santiago procedeu á súa cesión, a ruína afectaba a unha parte moi considerable do mesmo, en tal estado que unha avaliación feita polos arquitectos membros do Padroado, Alba-lat, Baltar, Bar Boo, Gallego e Portela, cifraba a súa rehabilitación na contía inalcanzable dos cen millóns de pesetas. Foi este un dos retos máis serios entre os moitos que se foron presentando. Nun primeiro momento aquela cifra fixo estreme-cer o proxecto, máis prevaleceu a forza do opti-mismo, e co concurso do Ministerio de Cultura, que dirixía Pío Cabanillas, quen presidira o acto inaugural do Museo e ao que hai que agradecer-lle o seu decisivo apoio, comezaron as primeiras obras de restauración do convento. Asemade e aos poucos o propio centro acometería ao seu cargo o acondicionamento de diversos espazos para salas. E aquí son de mencionar algúns dos propietarios de pequenas empresas, como Ma-nuel Sanín e Manuel Viqueira, quen sempre foron algo máis alá do contratado, ou as axudas desin-teresadas para as montaxes dos veciños o eba-nista Folgar e o escultor, artista da pedra, Fernan-do García Blanco, cos seus saberes e ferramenta sempre ao noso dispor, e mesmo o persoal do servizo de bombeiros que se encontraba no edi-ficio. Especial mención débeselle a José María Soriano, madrileño, socio aínda do Museo, que dirixía nos primeiros anos unha unidade do PPO aloxada neste edificio. Pola súa iniciativa prácti-cas dos alumnos aproveitáronse para arranxar algunhas salas, un pequeno local para reunións e albergar os poucos libros cos que comezou a biblioteca e preparar uns servizos sanitarios.

E tratándose dun acto no que a insignia do Mu-seo é tamén protagonista, creo de xustiza reme-

CON NOME PROPIO

>> morar a Xosé Manuel Gómez Vilasó, excelente fotógrafo e deseñador, quen foi do Padroado até o seu temperán e desafortunado falecemento. A el se lle debe o magnífico e definidor logotipo do centro, do que tanto gustou D. Xaquín Lorenzo. Colaborou coa súa experiencia no deseño das primeiras salas e na realización da maioría de fo-tografías que as ilustraron, e algunhas continúan a facelo. Paisaxes, arquitectura, artesáns e a súa produción, obxectos, foron fotografados en lon-gas sesións de traballo pola xeografía do país. Del foi o deseño das primeiras publicacións que abriron o Museo cara á sociedade.

E se Vilasó foi o fotógrafo, Pepe Pena foi o de-buxante. Sen dúbida eis un dos colaboradores máis singulares dos que pasaron por esta casa. Especializado en neurocirurxía e con aptitude filosófica, deixara o mundo da medicina polo máis axitado dun tercio da Lexión, aló en terra africana. Logo de anos volveu a Compostela e comezou a especializarse e experimentar no debuxo etnográfico e a confeccionar a maio-ría dos que se expoñen nas distintas salas e a colaborar en moitas das súas exposicións. Morrería no mellor da vida.

Durante un tempo o MPG conviviu co Museo Municipal instalado na parte máis conservada do edificio; a el estaban adscritos uns funcio-narios municipais, procedentes os máis do servizo de fielatos, que aínda había pouco que desaparecera. Eran prazas a amortizar e men-tres existiron, por acordo do Concello, pres-taron a súa asistencia na recepción, vixilancia e guía, posto que por entón o Museo non contaba con posibilidades para cubrir esas funcións. De primeiras a súa colaboración foi a menor posible, mais logo a maioría identifi-couse co seu traballo integrándose no mesmo. Algúns fixeron de guías, como Xosé Pintos ou Vicente Fraga, que no tocante á historia do edificio non o facían nada mal. Xesús Raposo, que sería un dos primeiros socios desta casa, exercía de encargado. Benito Neiro, o dos pés lixeiros, adeallo que se lle apuxera polo seu na-tural andar parsimonioso, que indo a correos podía investir, algunha taza de por medio, toda a mañá, era tamén estupendo gaiteiro, e como tal colaborou con algunha actividade do Mu-seo. Oufanábase de ser o oficial do Cabido catedralicio que tocaba a gaita capitular tras da comitiva dos xigantes na festa do patrón San-tiago. O último destes funcionarios municipais foi Manuel Pérez Brocos, atento responsable da recepción do Museo ate a súa xubilación.

Até aquí unha sucinta acordanza dalgunhas das persoas que nesta sede e co seu labor axudaron a que o centro naqueles cruciais momentos ini-ciara a súa singradura.

Mais a mirada ten que abranguer tamén ou-tras xentes, mormente do común, que coa súa colaboración desinteresada foron nos co-mezos fundamentais para a existencia e mes-mo a definición do MPG.

Hai poucos días, o pasado 30 de novembro, cumpríase o primeiro centenario do nace-

PáxinasInformativasdo Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego. San Domingos de Bonaval. 15703 Santiago de Compostela

tel. 981 583 620· fax 981 554 840 www.museodopobo.es · correo electrónico: [email protected]

xaneiro 4

mento de Antonio Rodríguez Fraiz, patrón fundador do MPG. En 1976, como un dos propagandistas na presentación do futuro Museo, escribía na prensa que este non podía ser obra duns cantos etnógrafos, an-tropólogos ou estudosos do pobo, no labor debían participar todos aqueles que senti-ran a responsabilidade de conservar o que o pobo creou durante séculos. Entendía que no novo centro tiñan que implicarse non só os versados e especialistas, senón tamén os membros da propia comunidade.

E neste punto non andaba descamiñado o abade de Campañó, pois era clave para o desenvolvemento da empresa. Na declaración de principios aprobada polo seu Padroado abrigábase a idea de que a institución a crear fose un museo da identidade, un lugar da memoria, co cometido de conservala pero tamén de transmitila. Para isto precisábase que os receptores o asumisen como un dos espazos depositarios desta memoria colectiva e, como tal, adecuado para a súa construción e transmisión. Este recoñecemento social non era un propósito fácil de acadar, e moito menos nalgúns segmentos do noso pobo empeñados en borrar a memoria de pertenza ao mesmo. Gradualmente foise logrando

aquel recoñecemento nalgunhas xentes do mundo do campo e do mar, artesáns rurais e vilegos, e de paseniño vaise conseguindo tamén nas cidades.

Dende o inicio houbo interese por parte dos máis diversos artífi ces, tanto do rural como das cidades, de que os seus traballos e saberes fosen patrimonializados nun museo, activando así a súa colaboración, que foi totalmente aberta.

Axiña as doazóns e depósitos sucedéron-se, ben individuais, de familias ou colecti-vos, o mesmo que a persoal colaboración de moitos dos doadores. Dende os come-zos as achegas foron medrando e hoxe conforman xa unhas relevantes coleccións etnográfi cas.

Doazóns e depósitos veñen ser válidos indi-cadores dese recoñecemento como lugar da memoria. Na actualidade, do total de rexis-tros de pezas das coleccións (11.552), o 60 % corresponden a doazóns e legados, o 28% a depósitos e só un 12% a compras. Unha signifi cativa porcentaxe do 88%. Resulta manifesto que sen a participación de todos estes colaboradores, moitos innominados, a realidade que hoxe coñecemos do MPG, de seguro que sería ben distinta.

Un recorda agora con señardade aqueles ini-ciais traballos de campo, nos que participaron Mª Xosé Fernández Cerviño e Salvador García-Bodaño, percorrendo parte da nosa xeografía na procura de materiais para as primeiras salas, da man dos máis variados artífi ces, aínda con conciencia e orgullo do ofi cio, en momentos de manifesto proceso de desarticulación da socie-dade rural e a correlativa perda de identidade.

Median 37 anos entre aquela inicial idea e a súa expresión actual. Poderá pedirse máis, pero o realizado non foi de certo escaso, se nos atemos ás circunstancias nas que tivo que desenvolverse o proxecto e, por suposto, con non poucas eivas. É xa un periplo, que merece unha crónica dende os balbos pasos do come-zo até esta altura do século XXI.

Queda agora o porvir. Se os retos nestes anos foron serios e dabondo, non o serán menos os que nos agardan, e algúns de entidade a enca-rar dende o compromiso con Galicia: prioritario asegurar o seu fi nanciamento; inaprazable levar a cabo a reforma do Museo, materializando o proxecto arquitectónico, museolóxico e mu-seográfi co integral, xa redactado; conveniente manter con rigor e seriedade a identidade insti-tucional do MPG; e indispensable, posto que os anos non limitan a vida dunha institución, pero si a dos individuos, a renovación xeracional.

Sempre á unha satisfacción dar noticia de patróns e socios que resultan distinguidos por diferentes conceptos. Tende por certo que, cando se produce algunha omisión, é por non termos coñecemento dela.

Neste caso, damos os máis cordiais pa-rabéns aos patróns que recibiron os Pre-mios da Cultura Galega 2012, que outor-ga a Xunta de Galicia: o poeta Salvador García-Bodaño Zunzunegui na categoría de Letras e o crítico cinematográfico e es-critor Miguel Anxo Fernández Fernández na de Creación audiovisual.

A Salvador García-Bodaño se lle debe felicita-ción por partida dobre, posto que a Universida-de de Santiago de Compostela lle concedeu a insignia de ouro, na súa condición de presiden-te do Ateneo de Santiago.

Os nosos parabéns así mesmo para o pa-trón Gerardo Fernández Albor, que está a recibir unha serie de recoñecementos que a periodicidade destas Páxinas non nos per-mite recoller con regularidade. Damos conta só do máis recente, a Gran Cruz de Isabel la Católica, coa que o goberno de España recoñece a traxectoria política e a entrega do que fora presidente da Xunta de Galicia.

Tamén felicitamos ao socio Xerardo Estévez Fernández, ex alcalde de Santiago de Com-postela, que foi distinguido coa medalla do Consejo Superior de los Colegios de Arqui-tectos de España.

PREMIOS

Con gran pesar informamos do pasamento da socia Carmen Álvarez Arcos, esposa do presidente do Padroado, Justo Beramendi. Carmen, natural de Almería, chegou a Galicia nos anos 70 e exerceu a docencia en varios centros de secundaria.

Tamén temos que lamentar a perda do socio Manuel Dourado Deira, escritor, profesor e activista cultural rianxeiro, colaborador

habitual de El Correo Gallego e Galicia Hoxe e membro do consello de redacción da revista Encrucillada. Unha das súas últimas colaboracións en prensa referíase ao problema que tratan os foros Natalidade e vellez en Galicia

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/natalidade-vellez-galicia/idEdicion-2012-11-02/idNoticia-774613/

Así mesmo, deixounos apenas comezado o ano Diego Bernal Vizoso, socio do Museo desde a primeira hora, persoa moi coñecida en Compostela como propietario dun bazar e xoguetería e membro dunha ampla familia de grande arraigo na cidade.

Vaia desde aquí a nosa fonda condolencia ás respectivas familias.

NECROLÓXICAS