8. - aelg.gal · para culminar os estudos de Filosofía e Letras, declina esta oferta...

2
Galicia Hoxe 14/05/09 18 Oxalá que a decisión de converter Ramón Piñeiro en dedicatario do Día das Letras Galegas neste ano 2009 sirva para abrir un necesario debate e análise da nosa historia contemporánea e, sobre de todo, para situar cada quen no seu lugar, sen camuflaxes nen cambiadelas. Tememos que non sexa aínda así, por moito que serias e honestas investigacións e aportacións documentais de recente publicación (Beiras; Franco Grande; Méndez Ferrín; Francisco Rodríguez;dossiers de Terra e Tempo; Miguel Barros; Xoán Carlos Garrido Couceiro; Mercedes Queixas Zas; Carlos F. Velasco Souto...), para alén de publicacións de hai anos, como, por exemplo e por citarmos só unha, o número 111 da revista Grial, permitan sobradamente estabelecer con rigor os termos da cuestión ideolóxico-política nucleada por Piñeiro, fóra do ámbito da haxiografía ou da universalización en falso do seu pensamento. O que segue non é máis que unha esquemática relación de flashes significativos arredor dos cais penso que se podería abrir un debate pausado que facilitase o avanzo do coñecemento e non a súa parálise rotineira e interesada. Cabe a contemplación e exame de Ramón Piñeiro desde fóra da súa órbita de pensamento e praxe, por exemplo, desde a óptica do nacionalismo contemporáneo que representou a súa antítese ou ben cabe a análise desde dentro do seu proprio pensamento, desde dentro da súa lóxica. De unha e de outra serán debedoras as seguintes aproximacións: 1 . Consideramos Ramón Piñeiro un político nato, con vocación e exercicio de tal non só antes da guerra civil española, senón inmediatamente despois. Tendo posibilidades económico-amicais de ficar en Madrid, após o seu encarceramento, para culminar os estudos de Filosofía e Letras, declina esta oferta (Ben-Cho-Shey) e volta para a Galiza, onde comeza un labor de recuperación posíbel da cultura galega, a través do reinicio editorial (Galaxia) e mais un labor netamente político dirixido á inmobilización do Partido Galeguista, os contactos con forzas políticas estatais e europeas, o ideario europeísta, o afastamento de calquer opción nacionalista e o amparo e control dos xóvens que, á altura, comezaban a ter inquietudes político-culturais en relación coa súa terra, coa Galiza, e, desde ela, co mundo (Beiras, Franco Grande, Méndez Ferrín, Avilés de Taramancos...). Todo o dito, en liña coa posición mantida, en franca oposición a Castelao e os nacionalistas galegos de América (Arxentina, fundamentalmente) verbo non só da constitución do Consello de Galiza, en 1944, senón, claramente, a respeito dun proxecto político dito galeguista, inteiramente vaciado dos presupostos do nacionalismo galego (Antón Vilar Ponte, Castelao, Ramón Vilar Ponte...). A súa actividade política, pois, dos cincuenta, sesenta e décadas seguintes é continuación da reiniciada, nunha dirección completamente diverxente do “galeguismo” ( = nacionalismo) histórico dos anos trinta. 2. Este labor político explica, en parte, a escaseza, fóra de centos de cartas, de obra escrita, de carácter doutrinal, filosófico ou político. Non estamos ante un perfil cuantitativa ou cualitativamente literario nos seus trazos principais, senón ante un político que acredita na conveniencia de privar ao país de forzas políticas proprias, de signo nacionalista, e, simultaneamente, na conveniencia de “galeguizar” desde unha elite concienciada as organizacións políticas españolas actuantes na Galiza. 3. Non cabe falar, por tanto, dunha revisión ou revisitación do nacionalismo galego, senón da súa clausura, da súa liquidación. Simplesmente, non se considera, no seu pensamento e na súa práctica pedagóxica e conspirativa, opción adecuada, porque se manexa como desexábel mesmamente a súa antítese: a conveniencia de que na Galiza se residencien fórmulas partidarias homologábeis ás europeas occidentais; a exclusión de calquer formulación marxista- comunista; o europeísmo que permita unha federalización “por arriba”, na ilusión de eliminar soberanías estatais... 4. A semántica actual de “galeguismo”, válida tanto “para un roto como para un descosido”, por dicérmolo coloquialmente, nun acordeón de significados que vai desde o nada en termos xurídico-políticos, isto é, a apelación sentimental que a nada compromete, até a caracterización de certa facción do PSOE ou do ideario do Partido Popular, por conseguinte, a desemantización do seu significado histórico, até chegar a facelo antónimo mesmo do nacionalismo, a semántica actual de “galeguismo”, dicemos, xéstase xa embrionariamente na década dos cuarenta do 8. A galeguidade a tempo parcial

Transcript of 8. - aelg.gal · para culminar os estudos de Filosofía e Letras, declina esta oferta...

Galicia Hoxe 14/05/09

18

Oxalá que a decisión de converter Ramón Piñeiro en dedicatario do Día das Letras Galegas neste ano 2009 sirva para abrir un necesario debate e análise da nosa historia contemporánea e, sobre de todo, para situar cada quen no seu lugar, sen camuflaxes nen cambiadelas. Tememos que non sexa aínda así, por moito que serias e honestas investigacións e aportacións documentais de recente publicación (Beiras; Franco Grande; Méndez Ferrín; Francisco Rodríguez;dossiers de Terra e Tempo; Miguel Barros; Xoán Carlos Garrido Couceiro; Mercedes Queixas Zas; Carlos F. Velasco Souto...), para alén de publicacións de hai anos, como, por exemplo e por citarmos só unha, o número 111 da revista Grial, permitan sobradamente estabelecer con rigor os termos da cuestión ideolóxico-política nucleada por Piñeiro, fóra do ámbito da haxiografía ou da universalización en falso do seu pensamento.O que segue non é máis que unha esquemática relación de flashes significativos arredor dos cais penso que se podería abrir un debate pausado que facilitase o avanzo do coñecemento e non a súa parálise rotineira e interesada. Cabe a contemplación e exame de Ramón Piñeiro desde fóra da súa órbita de pensamento e praxe, por exemplo, desde a óptica do nacionalismo contemporáneo que representou a súa antítese ou ben cabe a análise desde dentro do seu proprio pensamento, desde dentro da súa lóxica. De unha e de outra serán debedoras as seguintes aproximacións: 1. Consideramos Ramón Piñeiro un político nato, con vocación e exercicio de tal non só antes da guerra civil española, senón inmediatamente despois. Tendo posibilidades económico-amicais de ficar en Madrid, após o seu encarceramento, para culminar os estudos de Filosofía e Letras, declina esta oferta (Ben-Cho-Shey) e volta para a Galiza, onde comeza un labor de recuperación posíbel da cultura galega, a través do reinicio editorial (Galaxia) e mais un labor netamente político dirixido á inmobilización do Partido Galeguista, os contactos con forzas políticas estatais e europeas, o ideario europeísta, o afastamento de calquer opción nacionalista e o amparo e control dos xóvens que, á altura, comezaban a ter inquietudes político-culturais en relación coa súa terra, coa Galiza, e, desde ela, co mundo (Beiras, Franco Grande, Méndez

Ferrín, Avilés de Taramancos...). Todo o dito, en liña coa posición mantida, en franca oposición a Castelao e os nacionalistas galegos de América (Arxentina, fundamentalmente) verbo non só da constitución do Consello de Galiza, en 1944, senón, claramente, a respeito dun proxecto político dito galeguista, inteiramente vaciado dos presupostos do nacionalismo galego (Antón Vilar Ponte, Castelao, Ramón Vilar Ponte...). A súa actividade política, pois, dos cincuenta, sesenta e décadas seguintes é continuación da reiniciada, nunha dirección completamente diverxente do “galeguismo” ( = nacionalismo) histórico dos anos trinta. 2. Este labor político explica, en parte, a escaseza, fóra de centos de cartas, de obra escrita, de carácter doutrinal, filosófico ou político. Non estamos ante un perfil cuantitativa ou cualitativamente literario nos seus trazos principais, senón ante un político que acredita na conveniencia de privar ao país de forzas políticas proprias, de signo nacionalista, e, simultaneamente, na conveniencia de “galeguizar” desde unha elite concienciada as organizacións políticas españolas actuantes na Galiza. 3. Non cabe falar, por tanto, dunha revisión ou revisitación do nacionalismo galego, senón da súa clausura, da súa liquidación. Simplesmente, non se considera, no seu pensamento e na súa práctica pedagóxica e conspirativa, opción adecuada, porque se manexa como desexábel mesmamente a súa antítese: a conveniencia de que na Galiza se residencien fórmulas partidarias homologábeis ás europeas occidentais; a exclusión de calquer formulación marxista-comunista; o europeísmo que permita unha federalización “por arriba”, na ilusión de eliminar soberanías estatais... 4. A semántica actual de “galeguismo”, válida tanto “para un roto como para un descosido”, por dicérmolo coloquialmente, nun acordeón de significados que vai desde o nada en termos xurídico-políticos, isto é, a apelación sentimental que a nada compromete, até a caracterización de certa facción do PSOE ou do ideario do Partido Popular, por conseguinte, a desemantización do seu significado histórico, até chegar a facelo antónimo mesmo do nacionalismo, a semántica actual de “galeguismo”, dicemos, xéstase xa embrionariamente na década dos cuarenta do

8. A galeguidade a tempo parcial

Na imaxe, un dos retrataos que lle fi xo Manolo Blanco

a Ramón Piñeiro para‘El Correo Gallego’

Galicia Hoxe 14/05/09

19

I século XX (reléase a correspondencia Castelao-Piñeiro e os informes dos galeguistas do interior, por exemplo...). En todo caso, fica claro que os galegos deberíamos “facer política” dentro de e a través do noso ingreso en organizacións estatais.

5. A “galeguización” das forzas políticas estatais supuxo a entrega dun capital galeguista, como recurso de lexitimación na actuación autónomica delas, que o precisaban mesmamente para mellor operaren na política de ámbito galego, ao tempo que significou o intento de descapitalizar ou deslexitimar politicamente o nacionalismo actuante como tal. Todo isto explica a presenza activa e elocuente, non sotto voce, de Ramón Piñeiro, xunto con Benxamín Casal, Carlos Casares e Alfredo Conde, como “independentes” nas listaxes do PSOE nas primeiras eleicións autonómicas (1981) e a súa actuación política subsecuente, con, por exemplo, votación afirmativa, en Novembro de 1982, para a ilegal desposesión dos seus direitos como deputados, regulamentariamente adquiridos un ano antes, de Bautista Álvarez, Lois Diéguez e Claudio López Garrido, ou cun activo papel na redacción e aprobación da Lei de Normalización Lingüística (Xuño de 1983), que axiña sería impugnada perante o Tribunal Constitucional por parte do mesmo partido, o PSOE, no goberno español, ao que servía Piñeiro. A mesma “disciplina”, en forma de silencio clamoroso, contemplaremos cando Francisco Vázquez perpetra ilegalidades lingüísticas a eito unha vez que toma posesión como alcalde da Coruña.

6. Se falarmos en acertos predictivos, por parte de Piñeiro, o resultado non é, desde logo, positivo. A “galeguización” da antiga UCD, do PSOE, da antiga AP ou do posterior PP mesmo pode provocar hilaridade insá, téndomos en conta decisións históricas como as xa apontadas, ou as brutais reconversións (desmantelamentos) industriais de Vigo ou Ferrol, ou a política agrícola, ou a pesqueira, ou a idem lingüístico-cultural ou... tantos e tantos itens de actuación política real e concreta. A “federalización” europea concretouse na constitución dunha Unión Europea que ignora olimpicamente as entidades subestatais, isto é, nacións, “pobos” na terminoloxía de Piñeiro ou diferenzas con aspiración a status xurídico-político proprio. Os Estados non só non desapareceron

nen se diluíron, senón que seguen a existir como xendarmes necesarios do sistema capitalista e de todas as súas axencias e intereses. A concepción de quimera que se atribuía neste pensamento á organización dun sindicalismo galego nacional tamén ficou desmentida na práctica: á vista está a existencia dunha central sindical nacional(ista). O desexo-prognóstico dunha socialdemocracia e mais dunha democracia cristiá á galega continúa sendo un desideratum (e non é para se congratular, mais a realidade é esta...). En conclusión. A “fórmula maxistral” de Piñeiro, como definición biográfico-ideolóxica: “bioloxicamente galego, historicamente español, culturalmente europeu”, no seu escisionismo, colide frontalmente cos presupostos modernos do nacionalismo galego (histórico e actual) que visa residenciar no pobo galego e en todos os seus habitantes non só direitos de “terra” ou de “cultura” senón direitos plenos como suxeitos titulares de principios xurídico-políticos. É xustamente este dualismo o que combateron os pensadores e políticos nacionalistas dos anos vinte e trinta do século pasado. A súa preocupación polo progreso da lingua galega, con numerosos froitos promovidos, colide (nova contradición) coa entrega política a quen a desprezaba, no sentido aritmético e no sentido político do termo. O apoliticismo, en vinculación galega e auto-organizativa, que se predica para os galegos no seu conxunto, é desmentido por unha politización extrema ao servizo doutros amos, isto é (Manifesto Realidade Galega, onde se manipulou a presenza de Jenaro Marinhas del Valle ou de Ricardo Carvalho Calero, que nunca o asinaron...), ao servizo dos partidos políticos españois concorrentes na Galiza na lide eleitoral derivada da promulgación da Constitución e mais do Estatuto. A antítese de Ramón Piñeiro, en fin, é un outro Ramón: Ramón Vilar Ponte (1890-1953), que tamén convidamos cordialmente a ler a todos os galegos e galegas de hoxe e que sofreu, por certo, as feridas do ostracismo interior por parte do círculo piñeirista. En suma: galeguidade a tempo parcial / galeguidade a tempo completo (e non estamos a nos referir a sentimentos ou desexos, senón a principios

políticos e á práctica deles derivada).

Pilar García Negro. Filóloga e xerente da Fundación Bautista Álvarez