6.338 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nde animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de...

8

Transcript of 6.338 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nde animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de...

Page 1: 6.338 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nde animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de mellora gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación
Page 2: 6.338 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nde animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de mellora gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación
Page 3: 6.338 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nde animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de mellora gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación

6.338 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 91 L Venres, 11 de maio de 2001

Orde do 26 de abril de 2001 pola quese fai público o estándar racial do Guichoou Quisquelo e se crea o libro xenealóxicoda raza.

As distintas características sociais, culturais eambientais nas que un pobo leva a cabo as súasactividades levan consigo a aparición de razas ani-mais que se adaptan a estas necesidades e ó medio.

A Unión Europea e outras organizacións interna-cionais como a FAO instan os gobernos a promoverena protección, valoración e conservación das razasde animais domésticos en perigo de extinción.

Dentro do Plan de mellora gandeira de Galicia,no que se establecen liñas xerais para a recuperacióne conservación das razas autóctonas en perigo deextinción e, tras dun período de documentación, deestudio e de prospección do agro galego na buscade animais da especie canina, comprobouse a exis-tencia dunha poboación canina comunmente deno-minada polos criadores como Guicho ou Quisquelo,composta por exemplares que gardan entre si unhascaracterísticas similares e diferenciadoras doutrasrazas xa descritas.

A situación social vivida en Galicia durante oderradeiro século, empurrou a gran parte da nosapoboación á emigración, sendo o regreso destes emi-grantes unido á mellora na situación económica omotivo da entrada de razas foráneas que en granparte desprazaron as nosas razas autóctonas, queactualmente se atopan en grave perigo de extinción.

Debido ó interese xenético, social e cultural quesupón para Galicia a recuperación, conservación efomento da raza Guicho ou Quisquelo, e encadradono seu programa de recuperación e conservación,resulta procedente a publicación do seu estándarracial e a implantación do seu libro xenealóxico,tendo en conta o Real decreto 391/1992, do 21 deabril, polo que se regula o recoñecemento oficialdas organizacións ou asociacións de criadores deanimais de raza que leven ou creen libros xenea-lóxicos, que incorpora ó ordenamento xurídico inter-no a Directiva 91/174/CE, do 25 de marzo, relativaás normas zootécnicas e xenealóxicas que regulana comercialización de animais de raza e pola quese modif ican as direct ivas 77/504/CEE e90/425/CEE.

Por todo isto e de acordo co disposto no artigo30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e noemprego das facultades que me confire a Lei 1/1983,reguladora da Xunta e do seu presidente.

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase a regulamentación espe-cífica do Libro Xenealóxico da Raza Guicho ou Quis-

Page 4: 6.338 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nde animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de mellora gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación

No 91 L Venres, 11 de maio de 2001 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 6.339

quelo e o seu estándar racial, que figuran respec-tivamente como anexo I e II desta orde.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Producción Agro-pecuaria para dictar cantas disposicións sexan nece-sarias para o desenvolvemento e cumprimento destaorde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súapublicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.

Juan Miguel Diz GuedesConselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria

ANEXO I

REGULAMENTACIÓN ESPECÍFICA DO LIBRO XENEALÓXICO DA RAZA GUI-

CHO OU QUISQUELO

1. Libro xenealóxico: rexistro, ficheiro ou sistemainformatizado onde se inscriben cans de raza puraGuicho ou Quisquelo, facendo mención dos seusascendentes, descendentes e os méritos recibidosnas súas cualificacións morfolóxicas (fenotipo),como reproductor e de traballo (se procede), sendoo órgano responsable e competente a Conselleríade Agricultura Gandería e Política Agroalimentaria,que poderá delega-la súa xestión en organizaciónsrecoñecidas oficialmente pola dita autoridade com-petente para tales efectos.

2. Xestión do Libro Xenealóxico da Raza Guichoou Quisquelo.

A Consellería de Agricultura, Gandería e PolíticaAgroalimentaria será o órgano competente paraleva-lo Libro Xenealóxico da Raza Guicho ouQuisquelo.

Non obstante, cando un clube da raza Guicho ouQuisquelo, con recoñecemento oficial, segundo Realdecreto 391/1992, do 21 de abril, BOE do 24 deabril e demais lexislación concordante; reúna as con-dicións de medios e infraestructura para a correctaxestión do libro xenealóxico, a Consellería de Agri-cultura, Gandería e Política Agroalimentaria pode-ralle encomendar ó dito club a súa levanza. En todocaso, a propiedade, inspección e intervención dolibro xenealóxico será competencia da Conselleríade Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. O Libro Xenealóxico da Raza Guicho ou Quis-quelo constará dos seguintes rexistros:

1) Sección anexa:

1.1. Rexistro de Nacementos.

1.1.1. Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN).

1.2. Rexistro de Adultos.

1.2.1. Rexistro Fundacional (RF).

1.2.2. Rexistro Auxiliar de Adultos (RA).

2) Sección principal:

2.1. Rexistro de Nacementos.

2.1.1. Rexistro Principal de Nacementos (RN).

2.2. Rexistro de Adultos.

2.2.1. Rexistro Definitivo (RD).

2.2.2. Rexistro de Méritos (RM).

SecciónsRexistros

Sección anexa Sección principal

Rexistro de nacementos Rexistro auxiliar de nacementos(RAN)

Rexistro principal de nacemen-tos (RN)

Rexistro de adultos Rexistrofundacional

(RF)

Rexistroauxiliar

(RA)

Rexistrodefinitivo

(RD)

Rexistrode méritos

(RM)

Para a inscrición dun animal en calquera dos rexis-tros xenealóxicos que lle corresponda, o titular ouo seu representante legal deberá solicitalo de xeitoexpreso nun impreso normalizado e aprobado, parao efecto, pola Comisión Rectora do Libro Xenea-lóxico da Raza Guicho ou Quisquelo e acreditandoos criterios de inscrición especificados nesta orde.

O paso de animais dun rexistro a outro prodúceseautomaticamente segundo o establecido nesta regu-lamentación.

Como referendo ós rexistros deste libro xenealóxicoe para maior garantía de inscrición e identificacióndos exemplares neles, a Comisión Rectora do LibroXenealóxico poderá realiza-las dilixencias e inves-tigacións que coide pertinentes para aclarar cantosextremos considere necesarios, podendo, así mesmo,recorrer á verificación do parentesco mediante ascorrespondentes probas de paternidade.

O libro xenealóxico desta raza contará con dúasseccións, sección anexa e sección principal, en cadaunha das cales haberá tres rexistros.

a) Sección anexa:

Poderán ser inscritos os cans que carecen totalou parcialmente de documentación xenealóxica queacredite a súa ascendencia, pero que, polas súascaracterísticas étnicas, poidan contribuír á mellorada raza.

* Rexistro Auxiliar de Nacementos (RAN): nelinscribiranse todos aqueles animais, de pais e/ouavós rexistrados, en que alomenos sempre un dosseus proxenitores ou avós se atope no RexistroFundacional.

* Rexistro Fundacional (RF): rexistraranse aque-les animais, maiores de 24 meses, con pais des-coñecidos ou non rexistrados e que previamenteteñan pasado a confirmación de raza.

Este rexistro ten unha vixencia limitada, que virádeterminada pola Comisión Rectora do Libro Xenea-lóxico.

Page 5: 6.338 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nde animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de mellora gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación

6.340 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 91 L Venres, 11 de maio de 2001

* Rexistro Auxiliar de Adultos (RA): incluirá aque-les animais inscritos no Rexistro Auxiliar de Nace-mentos que a partir dos 18 meses, obrigatoriamentedeberán pasa-la confirmación de raza.

b) Sección principal:

Poderán ser inscritos os cans de raza pura.

* Rexistro Principal de Nacementos (RN): ins-cribiranse todos aqueles animais que proveñan depais, avós e bisavós que estean inscritos no LibroXenealóxico da Raza.

* Rexistro Definitivo (RD): os animais procedentesdo Rexistro Principal de Nacementos, para poderseren inscritos neste Rexistro Definitivo, deberánpasa-la confirmación de raza a partir dos 18 meses.

Rexistro de Méritos (RM): é para aqueles animaisadultos, inscritos no Rexistro Definitivo, que polassúas cualidades morfolóxicas (fenotipo), reproduc-toras (xenéticas) e de traballo (se procede), des-taquen significativamente sobre o resto dos animaisrexistrados. Excepcionalmente e consensuado polocomité técnico e criadores do libro xenealóxico, unhavez autorizado pola autoridade competente, poderíanincluírse animais inscritos no Rexistro Auxiliar deAdultos ou no Fundacional.

4. Comisión Rectora do Libro Xenealóxico.

Conforme o establecido nesta regulamentación ecomo salvagarda das actividades do libro xenealóxi-co e garantía da súa pureza racial, funcionará unhacomisión denominada Comisión Rectora do LibroXenealóxico, de exemplares, que terá a constitucióne cometidos seguintes:

Composición da Comisión Rectora do Libro Xenea-lóxico:

a) Presidente: o subdirector xeral de Sanidade eProducción Animal ou persoa na que delegue.

b) Inspector director técnico: o xefe do Serviciode Producción Animal ou persoa na que delegue.

c) Secretario: un veterinario do Servicio de Pro-ducción Animal.

d) Vocais:

Un técnico cualificador da raza nomeado, para oefecto pola Consellería de Agricultura, Gandería ePolítica Agroalimentaria.

O presidente do Club da Raza Guicho ou Quis-quelo, recoñecido oficialmente pola autoridade com-petente, ou persoa na que delegue.

Competencias da Comisión Rectora do LibroXenealóxico.

a) Aprobar, se procede, as solicitudes de inscriciónde animais nos distintos rexistros do libro xenea-lóxico.

b) Expedi-los respectivos documentos xenealóxi-cos.

c) Atende-las incidencias que xurdan do normalfuncionamento do libro xenealóxico, así como resol-ve-las reclamacións que puideran presentarse.

d) Propoñe-las modificacións do prototipo racialou da regulamentación específica do libro xenea-lóxico que consideren convenientes.

e) Valida-los técnicos cualificadores da raza.

f) Dicta-las instruccións oportunas e establece-losdocumentos necesarios para o correcto funcionamen-to do réxime interno do libro xenealóxico.

5. Criterios de inscrición.

O criador deberá inscribi-la camada nada no prazode 6 meses.

1. Para que os cans de raza pura poidan ser ins-critos na sección principal deberán:

a) Provir de pais, avós e bisavós que estean ins-critos no libro xenealóxico da raza recoñecido ofi-cialmente pola autoridade competente.

b) Ter sido declarada a cubrición e a notificacióndo nacemento da camada, nun prazo de 30 días apartir da data de nacemento, en impresos asinadospolos propietarios dos proxenitores, e autorizadospara tal fin pola Comisión Rectora do Libro Xenea-lóxico, detallando o número total de cachorros nados.

c) Ter sido identificados despois do nacemento,logo da verificación do cumprimento dos requisitoscontidos nesta orde.

d) No intre de formaliza-la solicitude de inscricióndas camadas, o criador deberá achega-los datoscorrespondentes á identificación de cada un doscachorros. Non obstante, se por algunha razón o cria-dor non pode achega-los datos de identificación dal-gún dos cachorros nados, faráselle entrega dun xus-tificante provisional de inscrición no que figuraráa obriga que adquire o criador ou o novo propietariode identificalo e xustifica-la identificación perantea Comisión Rectora do Libro Xenealóxico, no prazomáximo de 9 meses desde a data de nacemento.

e) Cumpri-lo estándar racial e os requisitos míni-mos da raza conforme o previsto na presente orde.

2. Para que os cans de raza poidan ser inscritosna sección anexa deberán:

a) Axustarse ó estándar da raza.

b) Ter sido declarada a cubrición e a notificacióndo nacemento da camada, nun prazo de 30 días apartir da data de nacemento, en impresos asinadospolos propietarios dos proxenitores, e autorizadospara tal fin pola Comisión Rectora do Libro Xenea-lóxico, detallando o número total de cachorros nados.

c) Ser identificados despois do nacemento, de acor-do cos requisitos previstos nesta orde.

d) No momento de formaliza-la solicitude de ins-crición das camadas, o criador deberá achega-losdatos correspondentes á identificación de cada undos cachorros. Non obstante, se por algunha razón,o criador non pode achega-los datos de identificación

Page 6: 6.338 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nde animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de mellora gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación

No 91 L Venres, 11 de maio de 2001 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 6.341

dalgún dos cachorros nados, faráselle entrega dunxustificante provisional de inscrición no que figuraráa obriga que adquire o criador ou o novo propietariode identificalo e xustifica-la identificación perantea Comisión Rectora do Libro Xenealóxico, no prazomáximo de 9 meses desde a data de nacemento.

e) Reuni-las características mínimas de confor-midade cos requisitos previstos nesta orde.

3. Os animais deberanse someter ó proceso deconfirmación de raza requirido, realizado por persoalexperto, nomeado para tal efecto pola Comisión Rec-tora do Libro Xenealóxico, co obxecto de compro-ba-la súa aptitude para a cría e a ausencia de defectoszootécnicos e psíquicos de carácter transmisible.

Será preceptivo un resultado positivo na confir-mación de raza, para capacita-los exemplares confins reproductivos e inclusión da súa futura des-cendencia no libro xenealóxico da raza.

6. Identificación de exemplares.

Todo animal inscrito será identificado, para efectosdo libro xenealóxico, mediante un transponder (mi-crochip), implantado subcutaneamente no ladoesquerdo do pescozo ou subsidiariamente a tatuaxena cara interna da orella dereita, ou polo métodoque aprobe a Comisión Rectora do Libro Xenea-lóxico.

O transponder ou microchip terá prioridade sobrea tatuaxe e deberá axustarse á Norma ISO 11784,podendo ser lido por un lector englobado na NormaISO 11785.

ANEXO II

ESTÁNDAR RACIAL DO GUICHO OU QUISQUELO

Orixe: Galicia. España. Europa.

Función zootécnica ou da raza: can de caza.

A. Breve resumo histórico.

I. Orixe da raza.

De orixe indoeuropea, posiblemente sexa unha dasrazas máis antigas da Península Ibérica, traído pro-bablemente polos pobos precélticos atlánticos e osceltas, xunto co resto das invasións nórdicas e xer-mánicas (suevos, britanos, visigodos e normandos);debido ás súas grandes semellanzas e orixe común,probablemente está emparentado co västgötaspetssueco ou can dos visigodos, así como tamén coscorgi galeses cardigan e pembroke.

Neste sentido, hai que sinalar que xa en temposprecélticos, na idade de bronce, os oestrimnios man-tiñan relacións marítimas comerciais con Irlanda,oeste de Inglaterra (Britannia), Bretaña (Armórica),Países Baixos e Dinamarca, era a vella ruta mega-lítica; coa explotación do estaño dos montes e oouro dos ríos, estableceuse un comercio no que seexportaba estaño, cobre, ouro, prata, peles e cerá-mica. Así, pezas da metalurxia galega (armas, obxec-tos utilitarios, xoiería de ouro e bronce) foron ato-padas en toda a costa atlántica.

En relación con este tipo de cans, os celtas dazona do País de Gales e Cornualles (britanos) uti-lizábanos para a cacería e apreciaban moito os seusdotes de intelixencia e vixilancia, polo que o admi-tían nas súas casas e confiábanlle a custodia dosnenos.

II. Área de orixe e de dispersión.

A súa orixe esténdese por toda a área noroccidentalda Península Ibérica, con montañas de 600 m a800 m sobre o nivel do mar, con zonas de montecon espesa vexetación arbustiva, do tipo do toxo,uces, carrasca, carpaza, codesos, xesta, etc., queconforman un monte baixo, moi pechado, quebradoe arborado.

Actualmente, distribúese fundamentalmente portódalas zonas de coello de monte de Galicia, nasprovincias de Pontevedra (Silleda, Lalín, Rodeiro,Dozón, Agolada, etc), Ourense (Oímbra, Verín,A Mezquita, etc.), atopándose tamén de xeito espo-rádico algúns exemplares pola zona centro das pro-vincias de Lugo e A Coruña. Son moi solicitadose requiridos polos cazadores.

B. Prototipo racial.

1) Características xerais.

Aparencia xeral.

Animal de tipo lupoide, de perfil recto, de pequenotamaño, duns 30-42 cm na cruz, mesomorfo, har-monioso nas súas proporcións, coas orellas guichas,de onde toma o nome (guicho). As femias son lixei-ramente máis miúdas e de proporcións máis lonxi-líneas.

Temperamento e comportamento.

Presentan un carácter inquedo e vivaz que, xuntocoa súa rusticidade, combatividade, bravura, arroxo,axilidade, resistencia e tenacidade sobre o terreogalego (é un can totalmente adaptado ós toxos, sil-veiras e monte baixo) e a súa particular forma defura-las toxeiras, fano inmellorable na caza do coellode monte en Galicia, onde outras razas non son quende traballar; podendo ser empregado en ocasiónspara atopar e levantar da cama o raposo e, mesmo,o porco bravo, sendo por isto enormemente valoradopolos cazadores.

Animal silencioso na procura da caza, no momentode atopa-lo rastro recente e fresco, moi próximo ócoello, avisa dun xeito sonoro característico, xuntocos típicos movementos ostensibles e moi rápidosdo rabo.

2) Características rexionais.

Cabeza.

A cabeza é de tamaño medio e ben proporcionadaco resto do corpo, na súa forma e aspecto lembra,en ocasións, o raposo, cunha expresión vivaz e inte-lixente. Cranio largo e plano entre as orellas. Adepresión frontonasal é nítida pero moderadamentemarcada, o fociño redúcese gradualmente ata o nariz,sendo algo máis curto có cranio. Nariz normal. Os

Page 7: 6.338 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nde animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de mellora gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación

6.342 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 91 L Venres, 11 de maio de 2001

beizos son normais, con tendencia a ser moi aper-tados e a mordedura é en forma de tesoira. Os ollosson medianos, ovalados e de cor en relación coacapa.

A característica máis salientable é que presentanas orellas totalmente erguidas (guichas), evidencián-dose aínda máis durante a caza que é a súa granpaixón; son de mediano tamaño, afiadas, ríxidas caraás puntas, móbiles e recubertas de pelo moi fino.

Pescozo.

Presenta un pescozo de bo porte, musculoso, detamaño medio e proporcionado coa cabeza e o corpodo animal.

Tronco.

O tronco é compacto, harmónico. A liña dorso-lumbar non debe ser demasiado alongada, sendo rec-ta e lixeiramente descendente, sen formar conca-vidade; co dorso recto e musculoso, cun lombo curtoe forte. Cruz dos cadrís curta, forte, larga e poucocaída. Tórax amplo, profundo, con costelas redon-deadas, cun perímetro torácico que adoita excedernun cuarto a alzada á cruz. Ventre non voluminoso,que se recolle levemente ata as virillas. O rabo nor-malmente lévaa baixo ou horizontal, levantándoocando está en acción pero sen enroscalo.

Extremidades.

As extremidades deben ser rectas, fortes e benverticais e dereitas, proporcionadas tanto en lonxi-tude como en grosor ó tronco e ó resto do animal,dando en conxunto impresión de harmonía quecaracteriza estes animais. O pequeno tamaño nonvai en contra da harmonía nas súas formas e doconxunto xeral do animal.

Extremidades anteriores.

A escápula debe formar un ángulo de 45º respectodo plano horizontal e co brazo forma unha inclinaciónde 90º. Os cóbados están ben implantados e adhe-ridos ás costelas, con liberdade de movementos. Aspatas deben se-lo máis dereitas posible. Os pés sonde tamaño pequeno, curtos e ovalados, con almofadasplantares robustas e ben redondeadas. Unllas curtase duras.

Extremidades posteriores.

Nádega forte e flexible. Coxa musculosa e lixei-ramente máis longa cá distancia do xarrete ó chan.Os xarretes son dereitos e paralelos. Estructura óseaforte. Os pés son de tamaño pequeno, curtos e ova-lados, con almofadas plantares robustas e ben redon-deadas. Unllas curtas e, en ocasións, algúns exem-plares presentan esporóns, e sexta unlla, nas extre-midades posteriores.

Movemento.

Soltos, activos e rápidos.

Manto.

Capa (cor).

No referente ás capas (cores), atópanse practica-mente todas, desde as areas, amarelas, canelas, cho-colate/fígado, etc., normalmente cunha cor uniformeou tamén binarios e ternarios; nestes casos, amosanas outras cores nas extremidades, pescozo, fociñoe/ou cara (fígado-canela, negro-canela, area-branco,negro-canela-branco, etc.), así como tamén exem-plares alobados (pelos de cor amarela e, nas puntas,negros), atigrados escuros ou grises, con pelo decobertoira escura no dorso, o pescozo e as costas,descendendo cara ás costelas; zonas de gris claroou amarelas no fociño, gorxa, peito e pés. As par-ticularidades brancas localízanse fundamentalmentenas extremidades e dedos, peito, pescozo, cara, foci-ño e borlón do rabo.

Pelo.

O pelo é denso, mesto e de lonxitude media, enocasións, atópanse animais cun pelo de cobertoiraalgo máis longo e con subpelo, sendo preferidos poralgúns cazadores, por estaren mellor protexidos fron-te ás xeadas da alba.

Tamaño e peso.

Alzada á cruz.

Machos de 34-42 cm; femias de 30-38 cm.

Peso.

Machos 8-12 kg; femias 6-10 kg.

C. Faltas, defectos e faltas e defectos descua-lificables.

C.1. Faltas.

Calquera desviación dos criterios mencionados.

C.2. Defectos.

Orixina a diminución máis ou menos acusada dal-gunha función determinada do animal, podendo sertotal, parcial ou rexional, dependendo do grao enque se vexa menoscabada a aptitude esencial doanimal:

-Coxeiras en extremidades.

-Ablacións ou mutilacións en orellas e rabo.

-Ausencia de pezas dentarias por extraccións.

-Traumatismos nos ollos con perda de visión.

C.3. Faltas e defectos descualificables.

Son aquelas características que en absoluto seaxustan ós criterios mencionados no estándar raciale son excluíntes por si mesmas:

-Anomalías psíquicas.

-Defectos anatómicos ou de tipo, ligados a xenesindesexables:

Inestabilidades ou desequilibrios de carácter.

Agresividade extrema sen provocación.

Epilepsia.

Page 8: 6.338 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nde animais domésticos en perigo de extinción. Dentro do Plan de mellora gandeira de Galicia, no que se establecen liñas xerais para a recuperación

No 91 L Venres, 11 de maio de 2001 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 6.343

Monorquidia e criptorquidia.

Displasia de cadeira.

Ananismo acondroplásico.

Atrofia progresiva da retina.

Exoftalmia.

Peches incorrectos das arcadas dentarias: enog-natismos e prognatismos.

Ausencia de máis de dous premolares.

Albinismos.