6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas

22
TEMA 6. A PROSA ENTRE 1936 E 1976: TEMA 6. A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA (FOLE, BLANCO AMOR, OS RENOVADORES DA PROSA (FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS) CUNQUEIRO E NEIRA VILAS) LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI

Transcript of 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas

Page 1: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

TEMA 6. A PROSA ENTRE 1936 E TEMA 6. A PROSA ENTRE 1936 E 1976:1976:

OS RENOVADORES DA PROSA (FOLE, BLANCO OS RENOVADORES DA PROSA (FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS)AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS)

LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXILITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI

Page 2: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

Recoméndase realizar o visionado desta presentaciónestando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen

Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in-formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación:

Información sobre un autor citado

Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario

Ligazón a un arquivo de vídeo

Page 3: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

CONTEXTO HISTÓRICO

Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron. Encontramos tamén as influencias das correntes estéticas e de pensamento imperantes en Europa

►► Grande represión cultural e lingüística durante a ditadura fran- quista

►► Imposibilidade de publicar en galego até a década dos 50. Im- portancia da actividade cultural do exilio

►► Desenvolvemento da literatura comprometida, integrada con co- rrentes máis amplas da época: existencialismo, marxismo, paci- fismo...

►► A partir dos anos 50 e 60 reactívase a actividade literaria,so- cial e política en Galiza

►► Prodúcese un importante movemento de renovación da expresión formal e da temática da narrativa

Page 4: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

►► Continuadores da xeración Nós: novela de carácter máis tradicional, seguindo o modelo de Otero Pedrayo

R. CARVALHO CALEROR. CARVALHO CALERO: A xente da barreira (1950)

►► Realismo popular, etnográfico: narrativa breve, baseada nas lendas populares

ÁNXEL FOLEÁNXEL FOLE: Á lus do candil (1952)

►► Realismo social: intención de denuncia, crítica e análise da sociedade

E. BLANCO AMORE. BLANCO AMOR: A esmorga (1959). X. NEIRA VILASX. NEIRA VILAS: Memorias dun neno labrego (1962)

►► Realismo fantástico: elementos populares extraídos da realidade, mesturados con outros de carácter fantástico

ÁLVARO CUNQUEIROÁLVARO CUNQUEIRO: Merlín e familia (1955)

►► Nova Narrativa Galega: proxecto rupturista, renovador, tanto a ni- vel temático como formal, seguindo as tendencias europeas

X. L. MÉNDEZ FERRÍNX. L. MÉNDEZ FERRÍN: O crepúsculo e as formigas (1961)

LIÑAS TEMÁTICAS DA NARRATIVA (1936-1976)

Page 5: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

É un dos máis dos grandes autores de narra-tiva breve. Coa excepción dunha obra de tea-tro (O pauto do demo), a súa produción lite-raria céntrase no conto popular

ÁNXEL FOLE

VARIEDADE DE FONTESVARIEDADE DE FONTES: ademais dos inventados pola imaxinación do autor, grande parte dos relatos de Fole proceden da tradición oral e de acontecementos tirados da súa propia experiencia vital

TEMÁTICASTEMÁTICAS: centradas basicamente na realidade galega, mesturanunha realidade materialrealidade material, que ten como referencia as terras da

comarca do Courel, unha natureza salvaxe que marca a vida e o carácter das súas xentes, e unha realidade inmaterialrealidade inmaterial (ás veces exposta cunha certa ironía ou distanciamento) que recrea as crenzas sobrenaturais e supers-ticións da tradición rural galega: historias de aparecidos, premonicións, lendas mitolóxicas...

Aspectos temáticos da súa narrativa

PODEMOS ENTENDER A NARRATIVA DE FOLE

COMO UNHA ESPECIE DE TRATADO ETNO-

GRÁFICO DO MUNDO RURAL GALEGO

EMPREGO DE RECURSOS PROPIOS DA NARRACIÓN ORALEMPREGO DE RECURSOS PROPIOS DA NARRACIÓN ORAL: os seus contos están pensados máis “para contar” (modelo oral) que “para ler” (conto literario). Recorre a fórmulas da oralidade: apelacións directas ao receptor, ao que se prepara para o que se vai contar e do que reclama atención, presenza do narrador como protagonista supostamente real da historia...

REALISMO NARRATIVOREALISMO NARRATIVO: Os elementos fantásticos teñen case sempre unha xustificación realista (son produto das alucinacións ou delirios de personaxes)

NATURALISMO LINGÜÍSTICONATURALISMO LINGÜÍSTICO: Como consecuencia do desexo de reflectir a realidade galego tal como é, adopta un modelo de lingua oral, que reproduce a súa diversidade dialectal, introducindo mesmo formas vulgares e arcaizantes

Aspectos formais da súa narrativa

“Non se rían de min si lles digo que fun testigo dun documento firmado na cima dun freixo, alá na terra de Amandi... Xa haberá uns vinte anos. Faguía dous ou tres meses que eu estaba de mestre aló...”

Á lus do candil Á lus do candil (1953)(1953)Terra brava Terra brava (1955)(1955)Contos da néboa Contos da néboa (1973)(1973) Historias que niguén cre Historias que niguén cre (1981)(1981)

Obra narrativa

Page 6: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

Iníciase cun prólogo (”Terra do Courel”), de carácter etnográfico, que describe a xeografía e modo de vida desa comarca luguesa

Os catorce contos enmárcanse dentro dunha estrutura unificadora: son relatados por unha serie de personaxes reunidos varias noites ao redor do lume (“á luz do candil”) nunha vella torre durante unha gran nevarada que os mantén incomunicados. É unha técnica de encadramento semellante ao das coleccións de contos medievais

No artificio literario, os contos son transcritos o día seguinte, para poder lembralos, polo narrador da historia

Son relatos de tipo oral onde predomina a temática sobrenatural, relacionada coa comarca, tratados moitas veces cun sentido humorístico

Á lus do candil

TEXTOTEXTO

Page 7: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

Escritor dunha excepcional forza narrativa, é tamén autor dunha interesante obra poética (Ro-mances galegos, Poema en catro tempos, Cancio-neiro) e dramática (Farsas para títeres, Teatro prá xente). Home comprometido e progresista, é fundamental no proceso de renovación da narra-tiva galega

E. BLANCO AMOR

Presenta características renovadorascaracterísticas renovadoras que posteriormente desenvolverán os autores da Nova Narrativa Galega: espazos urbanos, personaxes marxinais, temática realista, expresión coloquial...

As súas obras están ambientadas en Auria (Ourense) e nelas predomina o narrador en 1ª persoa.

Algúns dos seus temas recorrentestemas recorrentes son o mundo da infancia e da ado-lescencia, as relacións familiares, a violencia, a marxinación, a represión política e lingúística, o afastamento da política das necesidades da xente...

Características da súa narrativa

A esmorga A esmorga (1959)(1959)

Os biosbardos Os biosbardos (1962)(1962)

Xente ao lonxe Xente ao lonxe (1972)(1972) Son sete narracións protagonizadas e relatadas en primeira persoa por rapaces (maioritariamente de condición humilde) nas que se representa un mundo infantil misterioso e cheo de emocións. Na reconstrución do Ourense da infancia do autor subxace unha certa crítica social

Constitúe unha visión da sociedade ourensá dos inicios do século XX. É a crónica dunha familia de clase traballadora que serve para analizar o contexto socio-político da época, ao tempo que se conforma a evolución persoal do seu protagonista adolescente. Formalmente, destaca a alter-nancia de narradores

Page 8: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

É unha das novelas máis importantes e influentes da literatura galega. Conta a historia de tres homes que, durante un día de esmorga, viven unha serie de tráxicas peripecias que os conducen inexorabelmen-te á morte e ao cárcere

Os personaxes: grande número de personaxes, que representan todos os estratos sociais. Cibrán, o protagonista e narrador: home sen vontade, incapaz de gobernar a súa propia vida, déixase arrastrar cara a traxedia; Bocas: irreflexivo,violento e de forte personalidade;Milhomes: covarde e efeminado

Distribución estrutural: consta de tres partes: un prólogo no que un autor-editor descobre a historia que se vai contar (“Documentación”), a declaración perante o xuíz de Cibrán, que constitúe o núcleo argumental da obra e un breve epílogo no que a autor-editor reaparece para informar da morte de Cibrán

A esmorga

Algunhas características formais renovadoras:

►► Redución temporal (a acción principal redúcese a 24 horas)

►► Ambientación urbana ou periurbana

►► Personaxes marxinais, problemáticos, movidos pola violencia e as fobias

►► Técnica “telefónica”

►► Linguaxe popular, coloquial

Significación: é unha novela sociolóxica na que se presentan dous mundos enfrontados que se rexen por códigos e normas diferentes: o do poder, asociado á opresión e ao emprego do castelán e o das clases populares, ignorantes e alienadas, asociadas ao emprego do galego, que sofren, nunha atmosfera de fatalismo, as consecuencias dunha sociedade opresiva TEXTOTEXTO

Page 9: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

Mestura do real co fantásticoMestura do real co fantástico. Dentro dun marco realista, introdúcense elementos marabillosos entrecruzados co común, cunha naturalidade tal que se borran as fronteiras entre realidade e fantasía

Predominancia da oralidade do estiloPredominancia da oralidade do estilo. O seu modelo lingüístico está no conto de tradición oral, no xeito popular de contar historias, con tendencia aos períodos extensos, o polisíndeto, as continuas digresións e o recurso ao diálogo

Presenza do humor e da ironíaPresenza do humor e da ironía, sempre de maneira sutil e amábel, que emprega ás veces para distanciarse da solemnidade

Lirismo e poeticidadeLirismo e poeticidade, presentes tanto no tratamento dos personaxes como na descrición de paisaxes e na evocación de tempos pasados

IntertextualidadeIntertextualidade. Abundantes referencias a outros textos literarios de moi variadas procedencias

Creación dun universo literario singularCreación dun universo literario singular, froito da combinación do mito, a tradición, o popularismo e a experiencia do cotián, e desbotando a temática social; atracción polo exotismo e as temáticas universais

Gusto polo relato breveGusto polo relato breve. Mesmo nas novelas se aprecia unha tendencia cara á disgregación, cara á construción da historia mediante a acumulación de pequenos relatos cunha estrutura moitas veces próxima á das caixas chinesas

Autor enormemente polifacético, é un importante poeta (Mar ao norde, Poemas do si e non, Cantiga nova que se chama riveira), dramaturgo (O incerto señor don Hamlet), xornalista e precursor na divulgación da temática de viaxes e da gastronomía. Pero destaca, sobre todo, por ser un dos narrado-res máis orixinais e creativos da nosa literatura

ÁLVARO CUNQUEIRO

Características da súa narrativa

Merlín e familia Merlín e familia (1955)(1955)As crónicas do sochantre As crónicas do sochantre (1956)(1956)Si o vello Sinbad volvese ás illas Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961)(1961)

Obra narrativaNovelas

Narrativa breve: as semblanzas

Escola de menciñeiros Escola de menciñeiros (1960)(1960)Xente de aquí e de acolá Xente de aquí e de acolá (1971)(1971)Os outros feirantes Os outros feirantes (1979)(1979)

Page 10: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

N A

R R

A T

I V

A L

O N

G A

: A

S N

O V

E L

A S

Merlín e familia

É unha sucesión de historias autónomas vertebradas arredor do personaxe de Merlín, que recibe no seu pazo de Miranda a visita de numerosos visitantes de terras lonxanas que lle presentan o seu caso ao mago e solicitan o seu consello

A estrutura destas historias é constante: presentación do caso – exposición do problema – solución de Merlín

O relato está contado polo paxe Felipe de Amancia, narrador tes-temuña

As crónicas do sochantre

A acción sitúase na Bretaña francesa na época da Revo-lución francesa

O personaxe principal, o sochantre (eclesiástico que dirixe un coro) de Pontivy é recollido por unha carruaxe na que viaxan varios defuntos, que lle relatan as súas historias

A obra integra unha pequena peza dramática: “A función de Romeo e Xulieta, famosos namorados”

Si o vello Sinbad volvese ás illas

Se en Merlín e familia se achega á temática artúrica, nesta novela parte do personaxe e do ambiente das historias das Mil e unha noites

Presenta un Sinbad vello, retirado no país de Bolanda, que relata (coa axuda non só da memoria senón tamén da imaxinación) historias pasadas, mentres agarda conse-guir unha nova nave que lle permita regre-sar ás aventuras do mar

O mariño, enganado, nunca conseguirá a nave e o seu idealismo, como en tantos outros relatos do autor, sucumbirá perante a dura imposición da realidade

A novela, centrada nun protagonista soña-dor, fracasado e nostálxico, flutúa entre a realidade e o soño, cuxos límites se revelan difíciles de percibir

Page 11: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

N A

R R

A T

I V

A

B R

E V

E :

A

S

S E

M B

L A

N Z

A S Escola de menciñeiros

Xente de aquí e de acoláOs outros feirantes

De características semellantes, estas obras están integradas por relatos de grande brevidade, centrados nun per-sonaxe peculiar ou insólito

Constitúen un fresco de tipos humanos que conforman unha especie de perso-naxe colectivo, reflexo da sociedade rural galega, mais que tamén integra valores universais

As temáticas son variadas: os oficios, a emigración, as malformacións físicas, os “creadores” ou soñadores, os tolos...

Entroncadas na oralidade, supoñen unha excelente mostra do realismo fantás-tico do autor

TEXTOTEXTO

Page 12: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

É autor dunha inxente produción narrativa e de numerosas traducións e estudos de investigación sobre a presenza da cultura galega en Cuba, onde vive gran parte da súa vida, comprometido co goberno revolucionario. Tamén cultiva a poesía. Podemos consideralo un dos pioneiros da litera-tura infantil en galego

X. NEIRA VILAS

A pesar de ser contemporáneo cos autores da Nova Narrativa Galega, non participa no proceso de renovación técnica e temática deste movemento

Os seus relatos, de carácter máis tradicional, mostran cun tratamento cruamente realista a vida da Galiza rural e da emi-gración. Os conflitos dos personaxes xorden do enfrontamento co medio, da loita cotiá pola sobrevivencia

Características da súa narrativaMemorias dun neno labrego Memorias dun neno labrego (1961)(1961)Xente no rodicio Xente no rodicio (1965)(1965)Camiño bretemosoCamiño bretemoso (1967) (1967)Historias de emigrantes Historias de emigrantes (1968)(1968) Cartas a Lelo (Cartas a Lelo (1971)1971)Aqueles anos de Moncho Aqueles anos de Moncho (1977)(1977)Querido Tomás Querido Tomás (1980)(1980)Nai (Nai (1980)1980)

Vivencia infantil no mundo da aldeaVivencia infantil no mundo da aldea: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo

Mundo rural observado desde un punto de vista do adultoMundo rural observado desde un punto de vista do adulto: Xente no rodicio, Querido Tomás

EmigraciónEmigración: Camiño bretemoso, Remuíño de sombras

Estampas líricas e semblanzasEstampas líricas e semblanzas: Lar, Nai

Clasificación temática

Page 13: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

É unha das novelas máis vendidas, traducidas e divulgadas da nosa literatura

Nárrase, desde a óptica crítica dun neno (Balbino), a vida dunha aldea galega da pos-guerra

Dáse unha visión do rural de miseria eco-nómica e moral, de opresión e inxustiza, de carencia de perspectivas de futuro

Fronte a este mundo, só se ofrece como alternativa salvadora a posibilidade da emi-gración

A novela está estruturada en breves capí-tulos que conforman unidades narrativas au-tónomas

Memorias dun neno labrego

“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea.

Coma quen di, un ninguén. E, ademais, pobre”

TEXTOTEXTO

Page 14: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

A PROSA ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR

ÁNXEL FOLE

► ► ASPECTOS TEMÁTICOS:

VARIEDADE DE FONTES: céntrase no conto popular; gran parte dos relatos están tirados da tradición oral

TEMÁTICAS:baseadas na realidade galega,mesturan unha realidade material (O Courel e as súas xentes) e unha realidade inmaterial que recrea as crenzas sobrenaturais e supersticións da tradición rural galega

► ► ASPECTOS FORMAIS:

EMPREGO DE RECURSOS PROPIOS DA NARRACIÓN ORAL: recorre a fórmulas da oralidade: apelacións direc- tas ao receptor, presenza do narrador como protagonista supostamente real da historia...

REALISMO NARRATIVO: Os elementos fantásticos teñen case sempre unha xustificación realista NATURALISMO LINGÜÍSTICO: Adopta un modelo de lingua oral, que reproduce a súa diversidade

dialectal, introducindo mesmo formas vulgares e arcaizantes

Obras: Terra brava , Á lus do candil: relatos de tipo oral onde predomina a temática sobrenatural tratada ás ve- ces cun sentido de distanciamento humorístico, relacionados coa comarca do Courel e do Incio

► ► Presenta características renovadoras que posteriormente desenvolverán os autores da Nova

Narrativa Galega: espazos urbanos, personaxes marxinais, temática realista, expresión coloquial... As súas obras están ambienta- das en Auria (Ourense) e nelas predomina o narrador en 1ª persoa. Algúns dos seus temas recorrentes son o mundo da infancia e da adolescencia, as relacións familiares, a violencia, a marxinación, a represión política e lin- güística, o afastamento da política das necesidades da xente...

Obras: A esmorga, Os biosbardos, Xente ao lonxe. A esmorga é unha das novelas máis importantes e influentes da literatura galega. Conta a historia de tres homes que, durante un día de esmorga, viven unha serie de tráxi- cas peripecias que os conducen inexorabelmente á morte. É unha novela de vocación sociolóxica que presenta im- portantes innovacións técnicas, temáticas e expresivas

BLANCO AMOR

Page 15: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

ÁLVARO CUNQUEIRO

► ► CARACTERÍSTICAS DA SÚA NARRATIVA:

- Creación dun universo literario singular, froito da combinación do mito, a tradición, o popularismo e a experien- cia do cotián, e desbotando a temática social; atracción polo exotismo e as temáticas universais

- Gusto polo relato breve - Presenza do humor e da ironía, sempre de maneira sutil e amábel - Lirismo e poeticidade - Mestura do real co fantástico

- Predominancia da oralidade do estilo - Intertextualidade: referencias a outros textos literarios

Obras: Novelas: - Merlín e familia: Merlín recibe no seu pazo a visita de viaxeiros que lle presentan o seu caso e

solicitan o seu consello - As crónicas do sochantre: un eclesiástico é recollido por unha carruaxe na que varios defun- tos lle relatan as súas historias - Si o vello Sinbad volvese ás illas: un Sinbad vello conta historias pasa- das, mentres agarda en van conseguir unha nova nave que lle permita regresar ás aventuras do mar Narrativa breve: as semblanzas:

- Escola de menciñeiros , Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes : están integradas por relatos moi breves, centrados nun personaxe peculiar ou insólito. Supoñen unha excelente mostra do realismo fantástico

NEIRA VILAS

► ► CARACTERÍSTICAS DA SÚA NARRATIVA:

- De carácter máis tradicional que os seus coetáneos, mostra cun tratamento cruamente realista a vida da Gali- za rural e da emigración. Os conflitos dos personaxes xorden do enfrontamento co medio, da loita cotiá pola sobrevivencia. En Memorias dun neno labrego, a súa novela máis importante, narra, desde a óptica crítica dun neno (Balbino), a vida de miseria e opresión dunha aldea galega da posguerra

► ► CLASIFICACIÓN TEMÁTICA: - Vivencia infantil no mundo da aldea: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo... - Mundo rural observado desde un punto de vista do adulto: Xente no rodicio, Querido Tomás...- Emigración: Camiño bretemoso, Remuíño de sombras...- Estampas líricas e semblanzas: Lar, Nai...

Page 16: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

A PROSA ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 1

1 .- Le os relatos “A caixa do morto” e “Os di- funtos falaban castelao” d’ A lus do candil e visiona as seguintes adaptacións: “O cadaleito” e

“Os difuntos...”

► ► Comenta o posicionamento do autor a respec- to do elemento marabilloso e da actitude adop- tada polos personaxes perante as manifesta- cións do sobrenatural

► ► Marca no texto as referencias propias da na- rración oral

2 .- Le “O salvamento” da obra de Blanco Amor Os biosbardos e responde ás seguintes cuestións:

► ► Visión dada da emigración e do noso país

► ► Cres que é importante o feito de que o relato estea narrado en primeira persoa por un neno? Analiza o personaxe do tío do narrador en contraste con este

Page 17: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

A PROSA ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 2

3 .- Visiona o seguinte fragmento da adaptación teatral da novela de Álvaro Cunqueiro Si o vello Sinbad volvese ás illas

► ► Reflexiona sobre a dualidade realidade – fantasía da obra

► ► Analiza o personaxe de Sinbad valorando a importancia na súa vida do pasado (lem- branzas), presente (vida no país de Bolanda) e futuro (proxectos)

4 .- Este fragmento é o comezo de Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas

► ► Repara na autodescrición de Balbino. Cres que pode ser a caracterización de calquera neno de aldea da época? En que momento histórico está localizada?

► ► Deduce a relación que pode existir entre Balbino e Manolito

► ► Interpreta o fragmento subliñado do final

Eu son... Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, probe. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai que lle tusa, a pesares do que lle acontecéu por causa miña. No vrao ando descalzo. O pó quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha pra espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, as dúas ou tres da mañán, pra ir co gando, restrevar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos. No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras pra encolgar farrapos. Murnas, frías, dedos sin tento. ¿Qué saben desto so nenos da vila! [...] Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terras que non coñezo. Nascín e crieime na aldea per agora síntoa pequena, estreita.

Page 18: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADASPROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS

Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas

Page 19: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

Nunha vila da ribeira do Sil acontecéu o que vos vóu contar. Fixé-rame moita gracia cando a ouvira.

O camposanto da vila queda a un tiro de escopeta da carretera, pouco máis ou menos. É unha vila pequena. O nome non fai ó caso. Era por unha tarde de outono, cara á noitiña. O camposanto aínda está ben arredado dila.

Na carretera, ó pé dunha corredoira que colle pra o camposanto, hai unha taberna. Vámoslle chamar a taberna do Vilo. [...]

Cando lle estaba servindo o camareiro un neto de viño, entróu co-rrendo na taberna un rapaciño de dazaoito anos. Viña coa lengua de fo-ra coma si viñesen tras il. Deixouse cair nun banco e dixo, dirixíndose a todos:

- ¡Que medo levéi! ¡E despóis dín que os difuntos non aparecen! ¡E falaban castelao! I aínda non era noite pecha...

Todos se arrechegaron a il. E preguntoulle o taberneiro, qui era groso e pousón:

- ¿Qué che pasóu, rapaz?E contestóu o rapaz:- Pois que me falóu un difunto cando eu pasaba a ras da

porta do camposanto. [...] ÁNXEL FOLE: Á lus do candil

VOLVER A FOLE

Page 20: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

-

-Non señor, non lle foi eisí como está nise papel que léron, que os papéis teñen conta do que lle poñen enriba, anque non foi moito o que entendín. Eiquí, o siñor, bulía moito a ler, e a máis diso non estamos moi afeitos a ouvir lér en castelán, que eiquí nono falamos; e cando un que non sexa señorito se bota a falalo, decímoslle que fala castrapo... Pro, con todo, non foi eisí anque o diga a Guardia Civil, a tía Esquilacha ou o sulsuncordia, con premiso da súa cara. Nin do escomenzo das cousas, nin do que veu dimpóis nin do remate, ninguén sabe nada porque ninguén viu nada, ou si o viron non repararon, que unha cousa é vere e outra reparare.

-

-Eu, coma xa dixen, que eiquí nono apuntaron, ía pra o meu traballo, eisí Deus me dea, que endexamáis saíra da miña casa, ou da casa da Raxada, que pra o conto ven sere o mesmo, tan determiñado a ir pra o traballo. [...]

BLANCO AMOR: A esmorgaVOLVER A BLANCO AMOR

Page 21: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

A VOADORA DE SERANTES

Estaba Manuuel Páramo botándolle un feixe de herba ás vacas, e a muller apoleirando as galiñas, á caída dunha serán de verán, cando delambos ouviron un asubío mesmo derriba das súas cabezas. Miraron pra o ceo, a ver de onde viña aquelo, que pasaba de asubío a trono, e viron pasar voando, nunha banqueta, á señora María de Fontes, que era conocida pola Voadora de Serantes, aínda que ninguén sabía de onde viñera o apodo. Pro ben sabía que era acertado, que a señora María voaba. Manuel e a súa muller correron a darlle o parte aos vecinos de deloutra banda do río. O señor Bastián de Cosme, liando despacio un cigarro, comentou:

—¡Non sabía que fose meiga!E non lle deu importancia ao asunto, recomendándolle a Manuel e maila muller que

calasen o conto e non se metesen na vida de naide.—Cadaquén gaña a vida como pode, sentenciou.Pro ao día seguinte, o señor Bastián chamou a Manuel Páramo, e díxolle que aquela

noite despertara soñando coa señora María de Fontes, e que se lembrara de que a tal morrera facía polo menos tres anos, e que vindo el no Castromil, cruzárase coa xente que viña do cabodano. Estando falando do asunto Bastián e Manuel, escoitouse outra vez o asubío mui forte, que durou ben os seus cinco minutos.

—¡Esa tola seica quer levarse os nosos tellados!, dixo o señor Bastián.A verdade foi que non deixou nin unha soia mazá nos mazaeiros.

O señor Bastián foi visitar a un amigo, que era fogueteiro e chamábanlle O Gaiteiro de Vedra, e encarregoulle catro bombas de palenque, as máis potentes que fixera nunca. O señor Bastian e Manuel Páramo montaron garda coas bombas na man e a mecha presta, agardando a que pasase voando María de Fontes, sentada na súa banqueta. Choveu catro días seguidos, e logo escampou, e veu un día fermoso e soleado.

—¡De hoxe non pasa!, dixo o señor Bastián.E así foi. Eran as seis dadas cando se escoitou o asubío de cando en vez

interrumpido por uns tronos xordos, que metían medo. María de Fontes viña polo áer, como a primeira vez que a vira Manuel Páramo, sentada na súa banqueta. O señor Bastián soplou no cigarro de a carto e prendeu lume na mecha das bombas de palenque, unha tras outra. Foron catro enormes estampidos seguidos que deberon escoitarse no Ferrol. Ouviuse un grande berro, e medio minuto despois caeron diante de Basián e Manuel e as súas asustadas mulleres, unha zapatilla colorada e dous pesos amadeos. Ben mirada a zapatilla, resultou que estaba chea de plumas de corvo. Bastián e Manuel decidiron enterrar a zapatilla no monte, e repartir o capital.

Pro aqués pesos amadeos estaban enmeigados. Pola noite, saían de onde os tiñan gardados o señor Bastián e mais Manuel Páramo, e andaban polo aer, petando contra as paredes, ou chinchándose a eles mesmos nas lousas das cociñas. Na casa de Bastián romperon un espello, e na de Manuel Páramo seis copas que había no aparador e que lle tocaran nunha rifa, en Ordes. Despois da noite de farra, os dous pesos volvían mui humildes ao lugar onde os pousaran os seus novos donos.

—¡Hai que cambíalos!, dixo Bastián.E foron delambos veciños a Betanzos e almorzaron ben, con remate de café e copa,

pro ao ir pagar, o taberneiro deuse conta de que aqués dous pesos eran falsos, e enmourecían canto máis os miraba. Foi unha vergoña para Bastián e Manuel, os caes tiveron que contar a historia ao brigada da Garda Civil. Este pediulles aos dous amigos que lle regalaran os pesos falsos, que non lles servían pra nada, e ademais quitábaos de disgustos como aquel. Pro ao día seguinte, cando o brigada devandito llos amosou ao cobrador de contribucións, resultou que eran legais. Somentes se facían os falsos cando os querían cambiar.

ALVARO CUNQUEIRO: Os outros feirantesVOLVER A CUNQUEIRO

Page 22: 6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas

[...] Agora vexo ben o azul de alá endiante, onde o río dá a volta darre-dor do penedo. Vexo como se espalla ese rachón de ceo, esa guichola cin-guida polas nubes viaxeiras. Tantos anos aquí, nesta aldea mortiza, dando por ollado e sabido cánto hai, hastra que caio na conta de que nada conozo. Todo é vello e novo ó mesmo tempo. Todo está e non está. E eu ando a beliscarme pra saber de min, pra ter a seguranza de que son e de que estou. Dende que se me deu por traguer as miñas cavilacións aquí, á orela da ponte, véxolle un novo anchor ó mundo e avivecen en min, en mestura de anduriña e toupa, uns degaros tolos de fuxir e un sono de pedra vella que se afunde maina e silandeira no miolo da terra. O río sigue no seu, coma fai catro ou cinco ou cen mil anos. Sigue rolan-do, moendo o tempo e luindo pelouros con feroce teimosía; badúa, ruxe, agurgulla en escumas, fura nas raiceiras, e eu vexo nel a vida, o alento de cada hora dándolle feitío á eternidade, e síntome cativa no arrimo desta orela, destas pedras carricentas postas polo xenio andeiro dos romanos.

E a xente qué dirá, qué dirán os que pasan e me ven aquí unha tardiña e outra, cos ollos pousados na auga e no verdume dos árbores e da erba do resío. Qué pensarán desta muller, desta mestra solteira, corentesete anos cumpridos, solteira e soia, que remoi lembranzas e dalle ó beo do tempo matinando que as semáns do vrao non dan pasado e mellor fora que non houbese vacacións. Ou talvez non pensen nada, boas tardes tenga usté e

acabouse, cumprido de rotineira, pois cadaquén anda no seu e non é pouco. Son eu quen maxina todo esto porque non teño outra urxencia que me abure, nin home pra atender e querer, coitada, nin vaca bruando, nin millo que apo-dreza, e avíome o mellor que podo, limpo a casa, poño en axeito as bonecas e sallo, cansa das paredes que me atafegan, e de «Chicha», a gata, e dos cazo-los de cada día. Así vou mirrando, por fora e por dentro, voume ensumindo a por de cavilacións e de lembranzas, en renques de horas igoales e valdeiras, pedra que moi, rebola que achanza, e por veces teño ganas de sairme da carrileira e facer algo novo, algo que estoure e crebe as leis da boa crianza, do sorriso que acocha unha moura procesión de por dentro; algo que pode ser vivir cun home porque me peta, ou guindarme da ponte embaixo. iCalquera cousa! Pero vese que non podo, non, áchome coutada por lonxanos adibales que me non deixan sair do rego herdado... E agora choro, coitada, mentras a noite foi caindo sobre o canto das arráns e o ir e vir dos morcegos; choro e sinto noxo e acedume a causa de lle ter dado ó sarillo de tales ideas no maxín, todo porque me botei a pensar nos rapaces, deses nenos que se alonxaron de min por unha tempada anque siguen na aldea, vrao nemigo e soedoso. Voltarán en setembre á miña pobre escola, co rechoucheo de sempre, e outra vez serei aboa e nai de todos eles, e algúns non han de vir por teren cumprido os cator-ce anos, pero a vida sigue e terei darredor a uns cantos pequerrechos, novi-ños, de a e i o u por primeira vez.[...] (NEIRA VILAS, Querido Tomás)

VOLVER A NEIRA VILAS