3º coresma b bene pagola 2012
-
Upload
nuria-m-nunez-elissetche -
Category
Documents
-
view
411 -
download
4
Transcript of 3º coresma b bene pagola 2012
11 de marzo de 20123º Coresma (B)
Xoán 2,13-25Red evangelizadora BUENAS NOTICIASAxuda a construír a Casa do Pai. Pásao.
José Antonio Pagola
Música:Mahier-Adagio;present: B. Areskurrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain
Acompañado dos seus discípulos, Xesús sobe por
primeira vez a Xerusalén para celebrar as festas da Pascua.
Vendedores de bois, ovellas e pombas
ofrecendo aos peregrinos os animales que
necesitan para sacrificalos en honra
de Deus.
Ao asomarse ao recinto que rodea o Templo,
encóntrase cun espectáculo
inesperado.
Cambiadores instalados nas súas mesas traficando co cambio de
moedas pagás pola única moeda oficial aceptada polos sacerdotes.
Xesús énchese de indignación.
O narrador describe a súa reacción de
maneira moi gráfica: cun látego saca do recinto sagrado os
animais, envorca as mesas dos
cambiadores botando por terra as súas moedas, e grita:
«Non convertades nun mercado a casa de
meu Pai».
Xesús séntese como un estraño naquel lugar.
O que ven os seus ollos nada ten que ver co verdadeiro culto a seu Pai.
A relixión do Templo converteuse nun negocio onde os sacerdotes buscan bos ingresos, e onde os peregrinos tratan de
“mercar" a Deus coas súas ofrendas.
Xesús lembra seguramente
unhas palabras do profeta Oseas que
repetirá máis dunha vez ao
longo da súa vida: «Así di Deus:
Eu quero amor e non
sacrificios».
Aquel Templo non é a casa dun Deus PaiAquel Templo non é a casa dun Deus Pai na que todos se acollen mutuamentena que todos se acollen mutuamente
coma irmáns e irmás. coma irmáns e irmás. Xesús non pode ver alí Xesús non pode ver alí esa "familia de Deus“esa "familia de Deus“
que quere ir formando cos seus seguidores. Aquilo que quere ir formando cos seus seguidores. Aquilo non é senón un mercado onde non é senón un mercado onde cada un busca o seu negocio.cada un busca o seu negocio.
Non pensemos que Xesús está condenando unha relixión primitiva, pouco evolucionada.
A súa crítica é máis profunda. Deus non pode ser o protector e encubridor
dunha relixión tecida de intereses e egoísmos.
Deus é un Pai ao que só Deus é un Pai ao que só se pode dar culto se pode dar culto
traballando por unha traballando por unha comunidade humana comunidade humana
máis solidaria e fraterna.máis solidaria e fraterna.
Case sen darnos conta, todos nos podemos converter hoxe en "vendedores e cambiadores" que non saben vivir senón
buscando só o seu propio interese. Estamos convertendo o mundo nun gran mercado onde todo
se merca e se vende, e corremos o risco de vivir incluso a relación co Misterio de Deus de maneira mercantil.
Temos que facer das nosas comunidades Temos que facer das nosas comunidades cristiás un espazo onde todos nos cristiás un espazo onde todos nos poidamos sentir na poidamos sentir na «casa do Pai»«casa do Pai»..
Unha casa acolledora e cálida onde a Unha casa acolledora e cálida onde a ninguén se lle pechen as portas, onde non ninguén se lle pechen as portas, onde non
se exclúe nin discrimina a ninguén.se exclúe nin discrimina a ninguén.
Unha casa onde aprendemos a escoitar o sufrimento dos fillos máis desvalidos de Deus
e non só o noso propio interese.
Unha casa onde podemos invocar a Deus
como Pai porque nos sentimos os seus fillos
e buscamos vivir coma irmáns.
A INDIGNACIÓN DE XESÚS
Acompañado dos seus discípulos, Xesús sobe por primeira vez a Xerusalén para celebrar as festas da Pascua. Ao asomarse ao recinto que rodea o Templo, encóntrase cun espectáculo inesperado. Vendedores de bois, ovellas e pombas ofrecendo aos peregrinos os animais que necesitan para sacrificalos en honra de Deus. Cambiadores instalados nas súas mesas traficando co cambio de moedas pagás pola única moeda oficial aceptada polos sacerdotes.
Xesús énchese de indignación. O narrador describe a súa reacción de maneira moi gráfica: cun látego saca do recinto sagrado os animais, envorca as mesas de os cambiadores botando por terra as súas moedas, grita: «Non convertades nun mercado a casa de meu Pai».
Xesús séntese como un estraño naquel lugar. O que ven os seus ollos nada ten que ver co verdadeiro culto a seu Pai. A relixión do Templo converteuse nun negocio onde os sacerdotes buscan bos ingresos, e onde os peregrinos tratan de “mercar" a Deus coas súas ofrendas. Xesús lembra seguramente unhas palabras do profeta Oseas que repetirá máis dunha vez ao longo da súa vida: «Así di Deus: Eu quero amor e non sacrificios».
Aquel Templo non é a casa dun Deus Pai na que todos se acollen mutuamente coma irmáns e irmás. Xesús non pode ver alí esa "familia de Deus" que quere ir formando cos seus seguidores. Aquilo non é senón un mercado onde cada un busca o seu negocio.
Non pensemos que Xesús está condenando unha relixión primitiva, pouco evolucionada. A súa crítica é máis profunda. Deus non pode ser o protector e encubridor dunha relixión tecida de intereses e egoísmos. Deus é un Pai ao que só se pode dar culto traballando por unha comunidade humana máis solidaria e fraterna.
Case sen darnos conta, todos nos podemos converter hoxe en "vendedores e cambiadores" que non saben vivir senón buscando só o seu propio interese. Estamos convertendo o mundo nun gran mercado onde todo se merca e se vende, e corremos o risco de vivir incluso a relación co Misterio de Deus de maneira mercantil.
Temos que facer das nosas comunidades cristiás un espazo onde todos nos poidamos sentir na «casa do Pai». unha casa acolledora e cálida onde a ninguén se lle pechan as portas, onde non se exclúe nin discrimina a ninguén. Unha casa onde aprendemos a escoitar o sufrimento dos fillos máis desvalidos de Deus e non só o noso propio interese. Unha casa onde podemos invocar a Deus como Pai porque nos sentimos os seus fillos e buscamos vivir coma irmáns.
José Antonio Pagola