3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

39
TEMA 3. A PROSA DO 1º TERZO DO SÉC. XX TEMA 3. A PROSA DO 1º TERZO DO SÉC. XX LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI Lourenço Álvarez Lourenço Álvarez

Transcript of 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

Page 1: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

TEMA 3. A PROSA DO 1º TERZO DO SÉC. XXTEMA 3. A PROSA DO 1º TERZO DO SÉC. XX

LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXILITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI

Lourenço ÁlvarezLourenço Álvarez

Page 2: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

Recoméndase realizar o visionado desta presentaciónestando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen

Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte información, procedente de distintos recursos web:

Información sobre un autor citado

Información complementaria sobre un determinado asunto

Definición ou explicación dun concepto

Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto...

Page 3: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

A ÉPOCA DAS IRMANDADES. Contexto histórico

►► Desaparición da fidalguía rendista que acaparaba a propiedadedas terras

►► Consolidación dunha burguesía industrial e financeira

►► Adquisición progresiva da propiedade das terras por parte docampesiñado coa abolición do sistema foral

►► Desenvolvemento acelerado dos sectores secundario e terciario

►► Desprazamento de gran parte da poboación rural cara ás urbes

O inicio do século XX vén marcado por unha serie de importantes transformacións económicas e sociais

Page 4: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

O líder agrarista Basilio Álvarez

• Realiza unha loita radical pola abolición dos forosforos, contra o caciquismo e pola modernización do sector agrario

• Destacan as organizacións Solidaridad Gallega (1907) e Acción Gallega (1912), liderada por Basilio Álvarez

• Os postulados agraristas terán unha gran repercusión na obra de Cabanillas.

O MOVEMENTO AGRARISTA

Page 5: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

AS IRMANDADES DA FALA

• Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte.

• Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do Provincialismo e o Re-xionalismo

• A dignificación e promoción da lin-gua galega é un dos seus principios fundamentais

• Presentan, ademais das reivindica-cións culturais, un ideario político ben definido. Supoñen o inicio do nacionalismonacionalismo

• O seu voceiro é a revista A Nosa A Nosa TerraTerra

Page 6: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

• Potencian o uso do galego en todo tipo de ámbitos: ensino, xustiza, prensa, actos públicos, tradución de obras da literatura universal..

• Fundan editoriais (Céltiga, Alborada, Lar, Nós... ) e publicacións periódicas en galego (A Nosa Terra, Rexurdimen-to, Nós, Ronsel…)

• Publican Algunhas normas pra a unifi-cazón do idioma galego, traballo de ca-rácter normativo, e un dicionario caste-lán-galego

• Impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social: Conservatorio Nacional de Arte Galega (1918)

• Poñen en marcha o Seminario de Estudos Galegos (1923)

AS IRMANDADES: actividade cultural

O Seminario de Estudos Galegos

Institución fundamental na investi- gación da historia e cultura

de Ga- liza.

É creado por un grupo de mozos uni- versitarios, entre os que se

contan Lois Tobío, Bouza Brey e Filgueira Valverde, no outono de 1923.

Participan nel, como coordinadores dalgunhas das súas seccións, os in- telectuais máis destacados do gale- guismo: Castelao,Cuevillas e Risco, entre outros.

Page 7: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

• Obxectivos prioritarios: autonomía integral para Galiza, busca dunhas bases para facer posíbel un federa-lismo con Portugal.

• Institucións lexislativas e xudiciais propias, autonomía fiscal

• Cooficialidade do galego• Igualdade de dereitos da muller. • Reformas que rematen co

secular atraso da economía galega

Este programa será recollidopolo Partido Galeguista

durante a Segunda República.

AS IRMANDADES: actividade política

Page 8: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

O Partido Galeguista

Fundado en 1931, froito da confluencia de diversas for- zas nacionalistas de ideolo- xías heteroxéneas

Nas eleccións de 1936 ob-tén tres deputados nas

cor- tes xerais, entre eles o de Castelao

Redacta un Estatuto de Au- tonomía para Galiza, que se- rá aprobado maioritariamen- te en plebiscito, a pesar de que nunca chegará a entrar en vigor

Page 9: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

A PROSA NO 1º TERZO DO SÉCULO XX

Algunhas constantes temáticas da narrativa da época:

HUMORHUMOR

CELTISMOCELTISMO

MUNDO DE ALÉN-COVAMUNDO DE ALÉN-COVA

REIVINDICACIÓN IDENTITARIA E COMPROMISO SOCIALREIVINDICACIÓN IDENTITARIA E COMPROMISO SOCIAL

ETNOGRAFÍAETNOGRAFÍA

HISTORICISMOHISTORICISMO

EMIGRACIÓNEMIGRACIÓN

(O porco de pé de Risco, Cousas, Os dous de sempre de Cas-telao...)

(Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveirosde Risco, O purgatorio de D. Ramiro de Otero, Un ollo de vi-dro de Castelao...) (Arre-dor de si de Otero, Un ollo de vidro de Castelao...)

(Os camiños da vida de Otero, Cabalgadas en Sal-nés de Bouza Brey... )

(Camiñantes de Losada, Fuxidos de López Abente...)

(Cousas, Os dous de sempre de Castelao, Manecho o da rúa, Estebo de Lesta Meis...)

(O lobo da xente, A trabe de ouro e a trabe de alqui-trán de Risco, Dos arquivos do trasno de Dieste... )

Page 10: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

• Son coetáneos dos compoñentes do Grupo Nós, pero, a diferenza destes, prefiren a poesía e, sobre todo, o teatro

• LESTA MEIS: a súa obra narrativa reflic-te a súa experiencia vital na emigración

Manecho o da rúa

Estebo

Abellas de ouro

• CARRÉ ALVARELLOS: Fundador da edito-rial Lar e importante autor teatral

Naiciña

OS NARRADORES DAS IRMANDADES

Page 11: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

O GRUPO NÓS

• Créase en 1920 ao redor da revista Nós, que lle deu nome, e foi o principal referente cultural até 1936

• O grupo fundamental é o núcleo de Ourense: Vicente Risco, Otero Pedrayo e López Cuevillas. Con eles colaboran activamente na revista Castelao e Losada Diéguez

• Nacen na década de 1880, comparten o proxecto das Irmandades, colaboran no Seminario de Es-tudos Galegos e conflúen no Partido Galeguista.

Page 12: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

CARACTERÍSTICAS XERAIS DO GRUPO NÓS

• Rigorosa formación intelectual

• Procedencia social acomodada

• Evolución ideolóxica semellante: UNIVERSALISMO GALEGUISMO

• Son os creadores da prosa galega contemporánea presentando unha importante renovación temática e formal

• Algunhas palabras clave da súa proposta ideolóxica

UNIVERSALISMUNIVERSALISMOO

INADAPTACIÓN E INADAPTACIÓN E REBELDÍAREBELDÍA

NACIONALISMNACIONALISMOO

TRADICIÓN E TRADICIÓN E MODERNIDADEMODERNIDADE

Page 13: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

VICENTE RISCO• Posúe unha ampla formación intelectual. O seu interese

céntrase tanto na tradición etnográ-fica galega como nas novidades estéticas do seu tempo e no coñecemento e divulgación das culturas alleas e o esoterismo

• Etapas da súa evolución ideolóxica e literaria:

a) PREGALEGUISTAPREGALEGUISTA: Previa ao ingreso nas Irmandades: dirixe La Centuria. Mostra unha actitude cosmopolita e individualis- ta, afastada da realidade próxima

b) GALEGUISTAGALEGUISTA: Convértese nun dos princi- pais teóricos do nacionalismo (Teoría do nacionalismo galego) e desenvolve un in- tenso labor literario e político

c) NACIONAL-CATOLICISTANACIONAL-CATOLICISTA: Afástase do galeguismo e retoma a súa actitude indivi- dualista do seu inicio

Page 14: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

OBRA DE VICENTE RISCO

O bufón de El-Rei (1928)

Teoría do nacionalis- mo galego (1920)

“Nós, os inadaptados” (1933)

Mitteleuropa (1934)

Leria (1961)

Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919)

O lobo da xente (1925)

A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925)

A coutada (1926)

Os europeos en Abrantes (1927)

O porco de pé (1927)TeatroTeatro

EnsaioEnsaioNarrativaNarrativa

Page 15: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

O porco de pé

É a obra máis importante da narrativa de Risco

Narra a historia do inexplicábel ascenso de don Celidonio, personaxe materialista e vulgar, até a alcaldía da cidade

Contraponse a el o doutor Bieito Alveiros, encarnación do intelectual sensíbel e culto

Supón unha crítica feroz da degradación da sociedade burguesa

O estilo da novela destaca pola riqueza e variedade da linguaxe, o sarcasmo, a ironía, a hipérbole, o emprego de enumeracións acumulativas...

Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle pa-ra fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fa-zulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semella que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un pouco para baixo.

O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.

Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Ce-lidonio. Se lle escachasen a testa, que tiña que ser con pau‑ferro e picaraña, en lugar dunha sesada había ato-par un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espirito son a mesma zorza, mixturada e re-volta, co mesmo adubo de ourego e pemento.

Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a Alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita. Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e de Outras Sociedades. A parenta botou abrigo de chinchilla e petit-gris. Fixeron casa nova e teñen outro automóbil. Aínda podían ter máis.Vouvos referi-la vida de D. Celidonio e do seu sogro e principal Baldomero Garcia, aquel que lles berraba ós seus mancebos: "¡¡¡Cando na miña casa entra unha peseta, para que volva a saír, cómpre facer un expediente!!!"Deste xeito veréde-lo que vai de tempos a tempos.De camiño tamén vos hei contar algo do seu antitético antagonista o Dr. Alveiros, o libertador da momia de Tutankamen, pois se non pode concebe-la unha sen a outra, xa que ademais de tódalas outras cousas que aquí se han ver, alquimicamente, con respecto ó diñeiro, o Dr. Alveiros é o Solve, e o D. Celidonio é o Coagula.

Page 16: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

OTERO PEDRAYO

É un dos autores máis prolíficos da literatura galega: cultivou todos os xéneros e destacou polo seu saber enciclopédico e a súa oratoria privilexiada. É especialmente importante a súa obra narrativa,con títulos como Os camiños da vida e Arredor de si.

• De familia fidalga, culta e liberal, comeza a súa actividade cultural en Ourense, onde colabora con Risco e Cuevillas en La Centuria.

• Ao igual que os seus compañeiros do Grupo Nós toma conciencia da problemática do país e ingresa nas filas do galeguismo.

• Coordina a Sección de Historia do SEG, participa nas Irmandades e é elixido deputado polo Partido Nacionalista Republicano en 1931. Posteriormente participará activamente na fundación da Editorial Galaxia

Algunhas constantes da súa narrativa

TRADICIÓTRADICIÓ

NN

FIDALGUÍFIDALGUÍAA

PAISAXPAISAX

EE

ESTILO ESTILO BARROCOBARROCOEUROPEÍSMEUROPEÍSM

OOANÁLISE ANÁLISE PSICOLÓXICAPSICOLÓXICA

HISTORICISMOHISTORICISMOHISTÓRICO-CULTURALISTASHISTÓRICO-CULTURALISTAS: A romería de Xelmírez, Fra Vernero

HISTÓRICO-REALISTASHISTÓRICO-REALISTAS: Pantelas, home libre, Os camiños da vida...

PSICOLÓXICASPSICOLÓXICAS: Arredor de si, Devalar...

Clasificación das súas obras narrativas

Page 17: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

OBRA DE OTERO PEDRAYO

Pantelas, home libre (1925) O purgatorio de don Ramiro (1926) Escrito na néboa (1927) Os camiños da vida (1928) Arredor de si (1930) Fra Vernero (1934) Devalar (1935) O mesón dos ermos (1936) O señorito da Reboraina (1960)

NarrativaNarrativa

Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939)

Polos vieiros da saudade (1952)

Bocarribeira (1958)

PoesíaPoesía

TeatroTeatro

EnsaioEnsaio

A lagarada (1928) Teatro de máscaras (1934) O desengano do prioiro (1952) Noite compostelá (1973)

Page 18: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

Novela de tese, con vocación de ensaio, constitúe o retrato da Xeración Nós: a través do seu pro-tagonista, Adrián Solovio, álter ego do autor, narra o proceso de concienciación galeguista experimentado por Otero e os seus compañeiros de grupo

Narra, cunha certa visión nostálxica, a deca-dencia de dúas familias nobres do século XIX, que simbolizan o traspaso de poder da fidalguía rural á nacente burguesía urbana; e, con iso, a desaparición da sociedade rural tradicional galega, dominada polos fidalgos e polo clero

Consta de tres partes: “Os señores da terra”, “A maorazga” e “O estudiante”

Dúas obras fundamentais de OteroOs camiños da vidaOs camiños da vida

Arredor de siArredor de si

Unha das impresiós de Santiago, na noite: un xogo de fiestras alumeadas, algunhas como abertas moi enriba no ceo.O chófer métese polas Casas Reales, a praza do Pan, a Azabacheiría, a praza do Hospital, a Rúa Nova pra saír á carreteira de Ourense. Adrián endexamais sentira un asoballamento igoal. As grandes laxes, as disfor-mes arquitecturas na noite, un cantigar de fontes, a fuga de rúas embo-zadas en tebras, todo lle producía un deslumeamento, un vértigo grave, de grandeza infinda e ao mesmo tempo familiar. Adrián decatábase de que xeito se enchía no seu ser un oco hastra entón angustioso, agora cheo de seguridade e espranza. Na grande praza, detívose un istante. Conta o desenrolo dos soportás do Pazo de Raxoi. Aduviña algo marabi-lloso no Obradoiro[...].Adrián soña con durmir nunha daquelas casas de ilustres ferros barrocos nas solainas, pra agardar a mañán e facer, il soilo, sin a latricada do chófer, a descoberta de Compostela. ¿Que cousa enorme, solemne, vi-bradoira de serea eternidá, enche a noite?Adrián manda parar hastra que o soar morre mainamente. A vos harmo-ñosa do reló de Compostela. No leito Adrián procura o ecoar incompara-bre. Logo lembra un tremelocir de estrelas no Ulla, vilas dormiñentas, un aer máis tépedo ao chegar ás ribeiras. Estaban maduros os acios mestos asomando sobre os muros entoxados. Cando pisou a terra do camiño la-brego, as rodeiras dos carros déronlle unha seguridade que non atopaba nos asfaltos brillantes de Europa.

De alí a dous días, o herdeiro saíu xa ó empardecer: a súa figura cativa parecía máis pequeneira na fonda corredoira asombrada por grandes muros, xa enledizados pola esperta mocedade das silveiras agromadas. Preparábase -nubes griseiras no solpor acoubando catro trabes de lume roxo- unha noite de aire frío. O herdeiro entróu sin petar á porta, na casiña da María Prisco, apegada como un niño de bubela a uns volantes penedos; a vella sabía moito das vidas das mozas e estaba ó tanto do espertar fisiolóxico de moitas delas. Non se demoróu moito. Rubíu a parada da Seara e xa por dentro da finca seguíu hastra unha moutela de castiñeiros, choutóu noutro muro e por entre nabeiras de ferraias encetadas metéuse no monte das Baboseiras. Fuxía do camiño. Isto foi o que cavilóu o señor Brais, que rubindo dos fondales das Lamas cun petolo ó lombo, albiscóu ó señorito, póis os ollos dos paisanos vellos furan as tebras. Il mesmo camiñaba axiña pra escorrentar o medo. Os albres figurábanlle un bailar e algúns víñanselle a prantar diante; unha ponla retorta e rente ó chan chegóu. coma o brazo dun gafo a collelo polas pernas. Gracias a un anaco de luar que se afirmaba no ceo, chegóu á mitade do monte. Dende alí o val do río acugulábase de tebras que xurdían dos arboredos, das quebradas; deseguida foi noite pecha e conforme avanzaba erguiase o bruído do Miño no cachón.

Page 19: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

CASTELAO

A pesar de formar parte activa da empresa colectiva de Nós, Castelao presenta diver-xencias considerábeis a respecto dos mem-bros do grupo:

GRUPO NÓSGRUPO NÓS CASTELAOCASTELAO

Procedencia fidalga Extracción social popular

Pensamento de base cristiá

Tradicionalismo, idea-lización do pasado

Pensamento laico

Visión progresista do mundo

Culturalismo elitista Popularismo, compromiso activo coa sociedade

Page 20: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

A DIMENSIÓN POLÍTICA

• É fundamental na organización do nacionalismo galego ao redor do Partido Galeguista, polo que é elixido deputado en 1931 e 1936

• Redacta e promove o Estatuto de Autonomía para Galiza, que será refrendado en plebiscito en 1936

• Durante a guerra e a ditadura franquista, defende desde o exilio a causa republicana, converténdose en embaixador da República ante o mundo e formando parte do goberno no exilio

Page 21: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

A DIMENSIÓN ARTÍSTICA

A partir dos anos vinte, Castelao con-vértese na principal figura da arte galega, tanto na súa faceta de pintor, como nas de caricaturista e ilustrador de libros, sendo tamén un pioneiro do deseño publicitario galego

Atila en Galicia (1937)

Álbum Nós (1918)

Dibuxos de negros (1938)

Galicia mártir (1937) Milicianos

(1938)

Cousas da vida (1930)

- Yo nunca sentí la necesidad de saber gallego.- Es que esa necesidad no se siente en la barriga.

Page 22: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

OBRA LITERARIA

NarrativaNarrativa

Un ollo de vidro.Memorias dun

esquelete (1922)Cousas (1926/1929)Os dous de sempre (1934) Retrincos (1934)

TeatroTeatroOs vellos non deben de namo-

rarse (1941)

EnsaioEnsaioSempre en Galiza (1944)

Page 23: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

45 composicións moi breves de carácter popular, acompañadas dun debuxo, narradas con estilo sintético, grandes doses de humor, lirismo e vo-cación de compromiso coas clases populares

Temática variada: emigración, miseria do campesi-ñado, crenzas populares, traxedias humanas...

Dúas obras narrativas de CastelaoCousasCousas

Os dous de sempreOs dous de sempre Novela estruturada ao redor de dous personaxes antitéticos:

Pedro (movido unicamente por instintos primarios, materialista, conformista, falto de talento) e Rañolas (eivado e de orixe miserábel, é xeneroso e idealista e loita desesperadamente por mellorar como ser humano)

A narración, que vai alternando as historias de ambos os personaxes, con grande variedade de espazos, constrúese mediante unha acumulación de escenas que lembran a fórmula narrativa de Cousas

Si eu fose autor escribiría unha peza en dous lances. A obriña duraría dez minutos nada máis.

LANCE PRIMEIROÉrguese o pano e aparece unha corte aldeán. Enriba do estrume hai

unha va-ca morta. Ao redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio e tres nenos loiros.Todos choran a fío e enxoitan os ollos coas mans. Todos fan o pranto e din cousas tris-tes que fan rir, ditos paifocos de xentes labregas, angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca é unha gran disgracia. O pranto debe ter unha gracia choqueira, para que estoupen de risa os do patio de butacas.

E cando se fartan de rir os señoritos baixará o pano. LANCE SEGUNDO

Érguese o pano e aparece un estrado elegante adobiado co moito señorío. En-riba dunha mesa de pés ferrados de bronce, hai unha bandexa de prata, enriba da bandexa hai unha almofada de damasco, enriba da almofada hai unha cadeliña morta. A cadela morta semellará unha folerpa de neve. Ao seu redor chora unha fidalgona e dúas fidalguiñas novas. Todas elas fan o pranto e enxoitan as bágoas con paniños de encaixe. Todas van dicindo, unha a unha, as mesmas parvadas que dixeron os labregos diante da vaca morta, ditos tristes que fan rir,porque a mor-te dunha cadela non é para tanto.

E cando a xente do galiñeiro se farte de rir a cachón, baixará o pano moi amodiño. TEXTOS

UN RAPAZ QUE SERÍA QUEN DE MANXAR A SEU PAI POLAS PERNAS

A tía Ádega, chea de alifaces, non reparaba en sacalo da boca para mandarllo ós meniños de Farruco: un sobriño casado fóra da vila.A probe vella mantíñase de peixes pequenos, dos peixes que mercan as señoras gordas para botarllos ó gato, e todo por aforrar para os fillos de Farruco.En días sinalados a tía Ádega mandáballe ós sobriños un caixón cheo de cousas de comer, e quedábase cavilando no contentamento dos rapaces. A caixa sempre contiña lambetadas de mérito: chourizos, anacos de pernil, roscas de ovo, cachos de tarta, melindres, zucre...Farruco ben merescía as axudas da tía Ádega porque vivía feito un azacán; ¡el, que fora o mozo máis enfonchado da vila, por quen toleaban as mozas de máis porqué!Casárase Farruco e axiña comezaran a choverlle nenos do ceo. O mozo, denantes algareiro e parrandista, trocárase nun limón estruchado polo traballo e as cavilacións. Os nenos eran fazuleiros e bonitos, como anxelotiños de retablo barroco; pero compría moito pan para tantos peteiros abertos.A rolada dos nenos de Farruco enchía de rechouchíos o abrente do día, e o probe pai tiña que erguerse co corpo magoado polo traballo da véspera. Os rapaces non paraban de piar. Eles comían, comían, e as súas cariñas ledas e bonitas sempre amostraban o degoiro de comer. O probe Farruco chegou a decatarse de que as andorgas dos nenos endexamais se fartarían, e adicouse a traballar sen acougo, resiñado coa súa cativa sorte.Cando chegaba o caixón da tía Ádega, os rapaces bailaban ó seu redor e non saían da casa antramentras o caixón non se baldeirase nos seus bandulliños. Cando non había ningún rapaz de Farruco na rúa, era sinal de que chegara o caixón da tía Ádega.Eu quero contarvos un sucedido que amostra os degoiros de comida que sempre sentían os rapaces de Farruco. Estaba o probe pai ensumido en cavilacións, pois acababa de recebir un novo meniño, moi repoludo e bonito, certamente, pero que non traía consigo a comida do mañán, e achegouse a el Pedro, o fillo máis vello, que o despertou das súas cavilacións.—¿De onde veu o meniño, papai?E Farruco respondeulle, por decir algo:—Mandouno a tía Ádega no caixón das lambetadas.E Pedro, dispois dun anaco de meditación, volveu a perguntar, cos seus ollos de acibeche, brilantes de ledicia:—¿E cando o comemos?

Page 24: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

Ensaio xeográfico, histórico, libros de viaxes e evocación Ensaio xeográfico, histórico, libros de viaxes e evocación biográfica. En biográfica. En Ensaio históricoEnsaio histórico... presenta unha síntese do ... presenta unha síntese do desenvolvemento his-tórico e cultural de Galiza a través da desenvolvemento his-tórico e cultural de Galiza a través da súa historiasúa historia

Recolle a teoría política elaborada ao longo de varios anos. Recolle a teoría política elaborada ao longo de varios anos. Supón o fundamento teórico principal do nacionalismo Supón o fundamento teórico principal do nacionalismo galego. Realiza unha de-fensa radical da identidade nacional galego. Realiza unha de-fensa radical da identidade nacional de Galiza, baseada na súa reali-dade histórica, xeográfica, de Galiza, baseada na súa reali-dade histórica, xeográfica, económica, lingüística, cultural... fronte ao modelo económica, lingüística, cultural... fronte ao modelo centralista do Estadocentralista do Estado

Estuda a evolución ideolóxica do seu grupo xeracional; toca Estuda a evolución ideolóxica do seu grupo xeracional; toca temáticas como o nacionalismo, o celtismo, o atlantismo, a temáticas como o nacionalismo, o celtismo, o atlantismo, a tradición galega, o cosmopolitismo, as filosofías orientais a tradición galega, o cosmopolitismo, as filosofías orientais a sociedade centroeuropeasociedade centroeuropea

O ENSAIO

O ensaio en galego nace e consolídase neste período grazas á ac- tividade das Irmandades da Fala e o grupo Nós

É de contido eminentemente político e cultural; defende as teses do autogoberno galego e procura a divulgación e análise dos distin- tos sectores da cultura galega, así como das novidades da cultura europea

As canles de difusión son os medios de prensa escrita, en especial, A nosa terra e a revista Nós

VICENTE VICENTE RISCORISCO

“Nós, os inadaptados”Teoría do nacionalismo galegoMitteleuropa

TEXTOSOTERO OTERO PEDRAYOPEDRAYO

Ensaio histórico sobre a cultura galegaPolos vieiros da saudade

TEXTOSCASTELACASTELAOO

Sempre en GalizaTEXTOS

Page 25: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

O XORNALISMO

Ademais da prensa local e das revistas ilustradas, cobra especial importancia a prensa literaria e cultural

Os políticos e intelectuais galeguistas, conscientes da importancia deste medio para espallar o seu pensamento, crean publicacións de orientación política, como A nosa terra, ou cultural, como Nós e as revistas de o perfil vangardista

A NOSA TERRAA NOSA TERRA

Principal órgano de expresión Principal órgano de expresión das Irmandades e do Partido das Irmandades e do Partido Galeguis-ta entre 1916 e 1936, Galeguis-ta entre 1916 e 1936, recibe a co-laboración dos recibe a co-laboración dos principais intelec-tuais da principais intelec-tuais da época. A pesar da súa vo-época. A pesar da súa vo-cación política, inclúe tamén cación política, inclúe tamén ache-gas literarias e ensaios de ache-gas literarias e ensaios de críticacrítica

NÓSNÓS

Creada en 1920, é a publicación máis Creada en 1920, é a publicación máis destacada deste período. Pretende destacada deste período. Pretende mmodernizar o discurso literario en todos os odernizar o discurso literario en todos os xéneros, prestando espe-cial atención á xéneros, prestando espe-cial atención á narrativa.narrativa. Un dos seus obxectivos é pór a Un dos seus obxectivos é pór a cultura galega ao mesmo nivel das cultu-ras cultura galega ao mesmo nivel das cultu-ras europeas, accedendo directamente a elas, europeas, accedendo directamente a elas, sen o intermedio do castelán. Emprega con sen o intermedio do castelán. Emprega con nor-malidade o galego en disciplinas que até nor-malidade o galego en disciplinas que até entón estaban monopolizadas polo castelánentón estaban monopolizadas polo castelán

REVISTAS DE VOCACIÓN VANGARDISTAREVISTAS DE VOCACIÓN VANGARDISTA

Son revistas basicamente literarias, a Son revistas basicamente literarias, a mei-rande parte delas bilingües, que mei-rande parte delas bilingües, que recollen o movemento de renovación das recollen o movemento de renovación das artes a nivel europeo en xeral e galego artes a nivel europeo en xeral e galego en particular. Destacan Alfar, Ronsel, en particular. Destacan Alfar, Ronsel, Cristal ou ResolCristal ou Resol

Page 26: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

RAFAEL DIESTE

Forma parte do grupo dos novecentistasnovecentistas, promoción constituída por escritores algo posteriores á xeración Nós, vinculados ao Seminario de Estudos Galegos, influídos polas vangardas e orientados máis ben cara á poesía

A súa produción narrativa redúcese a un importante libro de relatos breves, Dos Dos arquivos do trasnoarquivos do trasno (1926)

Nesta obra combina o popular (argumentos ás veces próximos ás lendas, emprego de recursos propios da narrativa oral) co culto (artificios técnicos de ruptura do discurso narrativo) e o cotián (temáticas da realidade próxima) co fantástico (gusto polo misterio)

A unidade emotiva conséguese no conto pola obsesión do que ten de sobrevir.

O remate a de ter a virtude de facer simultáneas no espírito as imaxes que foron sucesivas.

A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en todos os currunchos do relato.

O remate é unha imaxe que fai estoupar o conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente.

O conto é unha pelica na que se sente o pulso dunha imaxe contida.

O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada

moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz.

Page 27: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

A PROSA DA 1º TERZO DO XX ESQUEMA PARA IMPRIMIR

A XERACIÓN NÓS

- Nace en 1920 ao redor da revista Nós, que lle deu nome, e foi o principal referente cultural até 1936- O grupo fundamental é o núcleo de Ourense: Vicente Risco, Otero Pedrayo e López Cuevillas. Con eles colaboran activamente na revista Castelao e Losada Diéguez- Son os creadores da prosa galega contemporánea presentando unha importante renovación temática e formal- Características:

► Procedencia social acomodada ► Rigorosa formación intelectual ► Ideoloxía nacionalista ► Inadaptación e rebeldía ► Vocación universalista ► Modernización da

cultura galega

- Posúe unha ampla formación intelectual. O seu interese céntrase tanto na tradición etnográfica galega como nas novidades estéticas do seu tempo e no coñecemento e divulgación das culturas alleas e o esoterismo

- Na época previa ao ingreso nas Irmandades, dirixe La Centuria e mostra unha actitude cosmopolita e individualis- ta. Despois,convértese nun dos principais teóricos do nacionalismo e desenvolve un intenso labor literario e político

-A novela O porco de pé é a obra máis importante da súa narrativa. Narra a historia do inexplicábel ascenso de don Celidonio, personaxe materialista e vulgar, até a alcaldía da cidade. Supón unha crítica feroz da degradación da so- ciedade burguesa da época

VICENTE RISCO

- De familia fidalga, culta e liberal, toma conciencia da problemática do país e ingresa nas filas do galeguismo. É membro das Irmandades, no SEG e no PG. Posteriormente participará na fundación da editorial Galaxia

- É un dos autores máis prolíficos da literatura galega: cultiva todos os xéneros e destaca polo seu saber enciclopé- dico e a súa oratoria privilexiada. É especialmente importante a súa obra narrativa,con títulos como Os camiños da vida e Arredor de si.

- Os camiños da vida narra, cunha certa visión nostálxica, a decadencia da fidalguía rural do século XIX fronte á nacente burguesía urbana. Arredor de si constitúe o retrato do proceso de concienciación galeguista experimenta- do por el mesmo e polos seus compañeiros de xeración

OTERO PEDRAYO

Page 28: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

CASTELAO

- POLÍTICO: é fundamental na organización do nacionalismo galego ao redor do Partido Galeguista, polo que é elixi- do deputado. Redacta e promove o Estatuto de Autonomía para Galiza e defende desde o exilio a causa republicana

- ARTISTA: figura principal da arte galega, como pintor e caricaturista: Álbum Nós, Cousas da vida, Galicia mártir

- OBRA NARRATIVA: Un ollo de vidro, Cousas, Os dous de sempre, Retrincos

► Cousas: relatos breves acompañadas dun debuxo, narrados con estilo sintético, humor, lirismo e voación de compromiso. Temática variada: emigración, miseria do campesiñado, crenzas populares, traxedias humanas...

► Os dous de sempre: Novela estruturada ao redor de dous personaxes antitéticos: Pedro (movido unicamente por instintos primarios, materialista, conformista, falto de talento) e Rañolas (eivado e de orixe miserábel, é xeneroso e idealista e loita desesperadamente por mellorar como ser humano)

O ENSAIO

- É de contido eminentemente político e cultural; defende as teses do nacionalismo galego e procura a divulgación e análise dos distintos sectores da cultura galega, así como das novidades da cultura europea

- Teoría do nacionalismo galego (Risco), Ensaio histórico sobre a cultura galega (Otero), Sempre en Galiza (Cas- telao). Esta última obra supón o fundamento teórico principal do nacionalismo galego. Realiza unha defensa radical da identidade nacional de Galiza, baseada na súa realidade histórica, xeográfica, económica, lingüística, cultural...

O XORNALISMO

- Publicacións de orientación política, como A nosa terra (voceiro das Irmandades) ou cultural, como Nós (a máis destacada deste período, que moderniza o discurso cultural galego) e revistas de perfil vangardista

RAFAEL DIESTE

- Escribe un importante libro de relatos breves, Dos arquivos do trasno: combina o popular (argumentos ás veces próximos ás lendas, emprego de recursos propios da narrativa oral) co culto (artificios técnicos de ruptura do dis- curso narrativo) e o cotián (temáticas da realidade próxima) co fantástico (gusto polo misterio)

Page 29: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

2

.- Le a declaración de intencións dos autores do primeiro número da revista Nós nesta ligazón [PRIMEIRAS VER- BAS]] e observa o seguinte mapa e responde a estas cues- tións: Cales eran os obxectivos da publicación? Reducíase o seu contido á temática galega?

A PROSA DO 1º TERZO DO XX ACTIVIDADES 1

1

3

.- Realiza o exercicio interactivo sobre a xeración Nós que se propón na seguinte páxina:

[IES OTERO PEDRAYO] .- Le os relatos de [COUSAS] “Ramón Carballo”, “Cando Bieito quedou orfo...”Foi por seguir os mandados...” “Chegou das Américas...”, “O pai de Migueliño....” e “Unha rúa nun porto...”, e visiona o [ÁLBUM NÓS] e os seguintes vídeos: PORTO PORTO LONXANOLONXANO e MIGUELIÑOMIGUELIÑO e re- flexiona sobre as diferentes facetas que presenta o tema da emigración en Castela

Frecuencia de aparición de diferentes culturas entre os artigos da revista Nós:

H: Hispanoamérica PB: BrasilC: cultura celta en xeral L: cultura latina clásica

Page 30: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

A PROSA DO 1º TERZO DO XX ACTIVIDADES

►► Compara as temáticas de ambos os relatos. A

que tipoloxía temática se pode adscribir cada

un deles?

2

5 .- Le os relatos de Risco “Do estraño caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros” e “O lobo da xentexente” e responde ás seguinte cuestións:

4 .- Relaciona cada un destes relatos de Cousas coa característica correspondente:

1. Relato lírico 1. ”Eu non teño mágoa do picariño...”2. Testemuño da vida da xente 2. “Na cova dos carcamáns vive...”3. Reflexión sobre a vida 3. “Chamábanlle a marquesiña...”4. Temática mariñeira 4. “Don Froitoso non vai polos camiños...”5. O mundo da emigración 5.- “O Rifante era un mariñeiro...”6. Perfil dun personaxe 6. “Todos cantos sabían algo da

historia...”7. Crenzas populares 7.- “O pai de Migueliño...”

►► Cal cres que resulta máis innovador a respec-to da narractiva da época? Xustifica a respos-ta

►► Procura outros relatos de autores do grupo Nós que toquen a temática de ultratumba

Page 31: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADASPROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS

Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas

Page 33: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

Na noite da derradeira novena de difuntos a eirexa estaba inzada de medos.En cada vela escentilaba unha ánima e as ánimas que non cabían nas velas acesas acochábanse nos currunchos sombrizos e dende alí fitaban os rapaces e facíanlles carantoñas.Cada luz que o sancristán mataba era unha ánima acesa que se desfacía en fíos de fume e todos sentíamos o bafo das ánimas en cada vela que morría.Dende entón o cheiro da cera traime a lembranza dos medos daquela noite.O abade cantaba o responso diante dunha caixa chea de ósos e no intre de finar o “paternóster” daba comenzo o pranto.Catro homes adiantábanse apartando mulleres enlouquecidas de door e cunha man erguían o ataúde e coa outra empuñaban unha facha.A procesión tiña remate no osario do adro. Os catro homes levaban o ataúde pendurado a rentes do chan e a facha deitada pingando cera por riba dos ósos. Detrás seguía o enxamio de mulleres ceibando laídos abrouxadores, moito máis arrepiantes que os do pranto nun enterro de afogados. E se as mulleres carpían, os homes esbagullaban calados.Naquela procesión todos tiñan por quen chorar e todos choraban.E aínda choraba Baltasara, unha rapaza criada pola caridá de todos que aparecera dentro dun queipo, a carón dun cruceiro, que non tiña pai nin nai nin por quen chorar; mais ela foi collida polo andacio do pranto e tamén se desfacía carpindo con todos os folgos.Camiño das casas unha veciña inquireu da rapaza:-¿Por quen chorabas, Baltasara?E ela dixo, saloucando:-¿O non ter por quen chorar parécelle pequena desgracia, señora?

A.mp3

Page 34: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

I.- Cando eu era rapaz chegou Ramón Carballo; viña con chaqueta de tarazona forrada de baeta vermella e unha gorra con visera de carei, como veñen os que van a navegar. Tamén traía o peito tatuado, que ben lle mirei eu un paxaro cunha carta no peteiro e o seu nome debaixo.

Lémbrome que Ramón Carballo foi a Bos Aires e volveu sen cartos. Logo foi á Habana e non trouxo diñeiro. Despois foi a New York e volveu tan probe como fora. Ramón Carballo aínda foi a non se sabe ónde e non volveu máis.

II.-Eiquí compría escribir unha novela; pero eu son home de ben e non debo conta-lo que non sei. Pero novela haina.

III.- M. Lavalet gana o seu pan vendendo restos humáns. M. Lavalet é un home arrepiante: ollos roxos de vidro, cabelos mortos de peluca vella, regos secos de suor luxado na testa, friaxe de éter nas mans e nos beizos a sustancia de moitos venenos.

Iste home vive no terceiro piso dunha rúa estreita de París.

Un día chamei cos cotelos á porta i entrei... Unha sala chea de ósos humáns, algúns aínda frescos, compoñía o “comercio” para médicos. Na sala de “curiosités”, para cosmopolitas, había moitas cousas: un feto momificado ollándose o embigo, unha caveira de gorila coa súa cresta de casco guerreiro, a pelexa da cabeza dun chino para sere colocada nunha armadura de escaiola.

Cando M. Lavalet soupo que eu era pintor amostroume unha gran coleición de coiros humáns tatuados e curtidos para facer petacas, carteiras...

Un dos coiros era do peito dun home, representando un paxaro cunha carta no peteiro e debaixo do deseño campaba iste nome: Ramón Carballo.

B.mp3

Page 35: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

Dende a fiestra da torre a condesiña ten os seus ollos chorosos enfiados na derradeira revolta do camiño, por onde un día fuxen a súa ledicia de namorada. Co verme dos ciumes rillándolle o corazón, a condesiña vai morrendo pouquiño a pouco na fiesta da torre.E pasan días e meses e anos, esculcando no camiño a volta do seu amor. E nun serán de pensamentos velaíños, relembrando aquel bico que se deron a furto, a condesiña belida morreuse de amor. Velaí como contan as xentes a morte da namorada.Este sartego encerra dende hai centos de anos as cinzas da malfadada condesiña, e a lenda que se conta de vellos a mozos colleu pulo sentimental no moimento de pedra, hucha misteriosa para todos os espíritos románticos.Unha vez foi aberto polos "intelectuales" da vila e dentro atoparon ósos, retrincos de lenzo, po e...carabuñas de cereixas para encher dúas cuncas.Por certo que o médico, home de moitos anteollos e de moita caspa na chaqueta, díxolle ó boticario:-A condesiña do que morreu foi dunha enchente de cereixas....Hai homes que non saben calar.

C.mp3

Page 36: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

Manter un animal para comelo non está ben, aínda que troquemos a súa carne na nosa propia carne; pero manter con agarimo un animal para levalo dispois á feira, paréceme unha mostra da ruindade humán.¡Un día de feira! Diñeiro, xuramentos falsos, meter burro por cabalo, comidas con pimento, pan reseso, viño cativo, tabernas acuguladas....A leda bullanga das feiras é tan mintireira como son as carantoñas do antroido, pois debaixo da ledicia hai tristura nos que venden e medo nos que mercan. O día de feira todos van de raposos e ninguén leva o corazón no peito, porque todos coidan que a xente de ben perde diñeiro nos tratos.O chorar dos cabirtos, que se laian coma fidalguiños esmirriados, pode ferir o peito dun home endeble; o noxento carpir dos porcos, que berran por calquera cousa abrouxa os nosos ouvidos e desfai toda compasión. Pola rúa van pasando, no remate da feira, os regueiros da dor animal; pero nas feiras hai algo máis.Os homes andan ó seu e non reparan na outra dor, na dor humán que sinten os animais de Deus. As probes vacas endoudecidas que chaman polos fillos, os probes puchos que van ó matadeiro chamando polas nais...Eu quero que todos seipan iste conto: Unha vez había dous bois que xa eran moi velliños e que traballaran xuntos toda a súa vida. O amo vendeunos para matar e tiveron que arredarse para sempre... E din que no intre da despedida díxolle un ó outro:- Adeus, meu compañeiro, e deica a feira de Soutomaor. (Na feira de Souto-maor había mercado de coiros.)

VOLVER A CASTELAO

D.mp3

Page 37: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

(I) Eu caracterizaría os homes do meu tempo preocupados polas cousas do espírito, di-cindo que eramos –e somos– os auténticos vencidos da vida [...] insatisfeitos, non confor-mistas, decote rebeldes. Vencidos da vida por inadaptados. [...]

Efectivamente: introvertidos fomos ata non chegar a nós o galeguismo.(II) Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible,

os inimigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. de aquí a concepción da arte como evasión. [...]

A nosa rebeldía consistía en segregármonos espiritualmente da sociedade, desapegár-monos das súas tendencias e dos seus problemas, isolármonos na nosa alteirosa indiferenza dos seus afáns e trafegos, das loitas e porfías e a cumprirmos o noso rol sen ledicia e sen pena, e principalmente sen interese ningún.

(III) Eramos sinxelamente individualistas. [...]Non hai máis que ver o diferente significado que agora e entón ten e tiña a

verba nós. Cando un do meu tempo dicía nós, se non refería endexamais aos da súa xeración, nin aos da súa clase; referíase decote a un pequeño agrupamento identificado no pensar e no fa-cer, a unha escola, a unha capela, a un cenáculo [...]

(X) Ora o problema é como sendo como eramos e como somos, individualistas, inadapta-dos, antisociais, antigregarios, introvertidos, puidemos vir parar nunha cousa que semella tan cotiá e gregaria, como é o nacionalismo galego que na esencia é a afirmanza teimosa da grei galega.[...]

Despois de tantas voltas e revoltas, despois da tantas viravoltas e trasvoltas polas lon-xanías do espazo e do tempo, en procura de algo inédito que nos salvara do habitual e vul-gar, viñemos dar na sorprendente descuberta de que Galicia, a nosa Terra, oculta ao noso ollar por un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofrecíanos un mundo tan esteso, tan novo, tan inédito, tan descoñecido, como os que andabamos a procu-rar por aí adiante.

V. RISCO: Nós, os inadaptados.

Galiza é unha nación. Galiza é un feito xeográfico e histórico que non se poden negar. Galiza é un orgaísmo vivo, que, polo feito de selo, ten dereito á vida.

Nós temos a obriga ineludible de desenrolar o seu xenio nacio-nal na fala, na arte, no pensamento, no dereito, no traballo e de bo-tar abaixo tódo-los impedimentos que se opoñan a elo [...]

Galiza pra ser enteiramente ceibe necesita dunha vontade na-cional, cómprelle un ‘querer’ de tódo-los galegos de ser nación. E nós temos o mandado de crear en Galiza, ise querer ser nación, en ardoroso pelerinaxe de fe, en culto relixioso pol-o ideal, chegando a toda-las concencias e mergullándose en tódo-los camiños” [...]

O Partido Galeguista defende a perduración das características da persoalidade galega e arela que Galiza, adequerindo concencia do seu propio ser, cultive o ideal de aquela persoalidade deica lo-grar un novo Rexurdimento do seu espírito

V. RISCO: Teoría do nacionalismo galegoVOLVER A ENSAIO

Page 38: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

Disfrutou Galicia desde o amencer dos tempos históricos dunha con-ciencia orixinal. Esa conciencia pervive aínda hoxe. Ela inspirou os perío-dos vitais de Galicia. Os períodos calados, mortos, significan un recolle-mento, un silencio da conciencia galega. O feito de que seguise existindo á espera de mellores tempos non dubidaremos en explicalo pola feliz e total adaptación da raza á terra.

Cando viu na cidade imitadora e sometida desterrado o seu idioma e esquecidos os costumes, seguiu incólume a profunda e sosegada vida do campo como reserva do porvir. Sobre a orixinalidade galega creada coas súas virtualidades esenciais na época céltica, pasaron sucesivamente a civilización romana, a cultura xermánica, o occidentalismo creador da Idade Media, o imperio español, a revolución mecánica e ideolóxica do século XIX. Agora pasan sutís, profundas, difíciles de captar, as novas determinantes do século. Ningunha delas matou a conciencia galega. Sou-bo adaptar algunhas e, incorporándoas e dirixíndoas, acadou períodos de eficacia superior. Soubo agardar polo fin doutras sen menosprezar a pro-pia esencia. A evocación de tales momentos será o obxectivo deste libro. Pero non queremos comenzalo sen indicar a individualidade de Galicia den-tro das culturas peninsulares. Non dubidaremos en ir buscar a súa orixe a un europeísmo superior.

R. OTERO PEDRAYO: Ensaio histórico sobre a cultura galega, 1933.

A historia do mundo concreta a súa enerxía criadora nalgunhas cidades selectas, e se, no mapa da conciencia moderna, Roma é a forza, París é a escola, Florencia a graza e Londres a orde, San-tiago é a fe, pero a fe vestida cunha evocación de soño e un camiño cara ao descoñecido. Ó mellor podía escribirse unha historia do mundo citando unha soa cidade: Compostela. Ela sen forza política e sen autoridade dogmática dinamizou o occidente, a peregrinación creou o camiño, e o camiño, ligando, elevando e afirmando as diver-sas xentes de Europa, foi vieiro de perfección da conciencia euro-pea”.

R. OTERO PEDRAYO: Ensaio histórico sobre a cultura galega

VOLVER A ENSAIO

Page 39: 3. a prosa do 1º terzo do séc. xx

A esta fala popular, viva e gloriosa, os imperialistas chámanlle dialecto. Mais eu preguntaríalles: “¿dialecto de que idioma? ¿do que vós chamades español?” De ningunha maneira, porque o idioma que vós impuxéchedes pola forza é un irmán menor do galego. ¿Acaso queredes dicir que é un dialecto do latín?”. Pois entón, chamádelle dialecto ao francés, ao italiano, ao rumano, porque ta-mén son fillos do latín e irmáns do galego.

E diríalles máis: “ Prohibíchedes o galego nas escolas para pro-ducir no espíritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Expulsáchedes o galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunais de xustiza e chegáchedes a castelanizar barba-ramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque des-pois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados”.  

A. R. CASTELAO, Sempre en GalizaVOLVER A ENSAIO

Galiza é unha auténtica nacionalidade. Tén un idioma proprio, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués cultivado literariamente cando a língoa de Castela andaba a gatas ; tén un territorio delimitado naturalmente, de formas doces y entranas duras [...]; tén problemas peculiares, de tan rara orixinalidade que sempre ficaron ao marxe das leis liberais de Hespaña [...]; tén unha cultura autóctona, manifestada en arte e sabiduría popular, [...]; tén, se quixéramos -que non queremos-, caraiterísticas diferenciaes de raza, pois somos predomiñantemente celtas. Galiza, pois, é unha nacionalidade his-pana, tan respetable como Castela e todol-os seus atributos son igualmente diños de respeto.

Non sendo posible negar a perduración dos atributos nacionaes de Galiza [...] é doado estimar a súa soberanía natural, y esta xerarquía anterior e su-perior âs formas políticas, non pode satisfacerse con atribucións precarias e restrinxidas, concedidas por gracia do Estado unitario, [...]. Non ; a gracia do Estado sóio enche as necesidades d-unha simple rexión [...] O sistema de Es-tatuos autonómicos é inadecoado e até ofensivo para os cataláns, galegos e vascos. Galiza, como Cataluña y Euzcadi, é unha nación e, por consiguente, ten dereito a federarse con outros povos igoaes a ela ; e non reconecerlle o de-reito de autodetermiñación -inclusive para vivir con absoluta independencia- será sempre un acto tiránico e antiliberal.

A. R. CASTELAO, Sempre en Galiza