2.Oraciones Primaria (San Vicente 2015)_gl
description
Transcript of 2.Oraciones Primaria (San Vicente 2015)_gl
ORACIÓNS PARA A SEMANA DO 21 AO 25 DE SETEMBRO
3º, 4º, 5º e 6º de Primaria
LUNS:
San Vicente, ti ensináchesme
que para seguir os teus pasos
hai que servir aos demais.
Axúdame a ser servizal,
a preocuparme polos demais,
a vivir pensando neles.
Ensíname a axudar,
a ser xeneroso e aberto,
a estar sempre disposto
para dar unha man.
Quero ser solidario e amar os demais
con xestos, feitos e actitudes,
non só con palabras.
MARTES:
Señor Xesús, ti que te quixeches facer pobre,
fai que teñamos ollos e corazón para os pobres;
e que che recoñezamos a ti neles;
na súa sede, na súa fame, na súa soidade.
Axúdanos a ser caritativos
como o foi San Vicente de Paúl.
Dános forza e valentía para que como el
sexamos xenerosos e esteamos dispostos
a axudar a todos, especialmente aos máis necesitados.
MÉRCORES:
Dános, Señor, uns ollos atentos para descubrir
as necesidades dos pobres, ao estilo de San Vicente.
Dános, Señor, pés lixeiros para correr e comprometernos
cos que necesitan axuda.
Dános, Señor, corazón grande, ao estilo de San Vicente
para comprender todas as miserias.
Dános, Señor, valentía, coraxe e capacidade de compromiso
para participar en accións caritativas. Amén.
XOVES: Mirar a San Vicente é deixarse contaxiar polo seu amor total cara aos pobres.
A súa vida totalmente entregada aos demais deixou na nosa terra unhas pegadas que
debemos seguir, porque hoxe tamén, son moitas as persoas que esperan axuda.
Vicente de Paúl fíxose como o "Bo Samaritano", co corazón baleiro de si mesmo,
fíxose PRÓXIMO dos máis necesitados da terra.
Señor, dános fortaleza para que sexamos capaces de seguir estas pegadas,
e non volvamos as costas ante as necesidades dos nosos irmáns, os pobres. Amén
VENRES: No día grande da túa festa, queremos felicitarte e pedirche que nos axudes a vivir como
verdadeiros fillos de Deus, irmáns de Cristo e de todos os homes.
Que creamos en Deus Pai, cheo de misericordia.
Que pensemos en tantos irmáns nosos
que hoxe están a pasar fame de pan e necesitados dun traballo.
Que sempre esteamos dispostos a prestar unha axuda con xenerosidade.
Que aprendamos de ti, Vicente de Paúl, a ver en cada persoa necesitada
a imaxe de Cristo que nos interroga.
O amor fai grandes as persoas e o egoísmo empequenéceas.
Que entendamos que nacemos para amar e o AMOR que non se dá, se perde.
San Vicente, ensínanos a valorar a vida e amar de verdade como ti o fixeches. Amén.