2017 28 DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE E A SEGURIDADE …PDF].pdf · da saúde e a seguridade no...

2
n n A sinistralidade laboral en España aumentou decontino desde a aprobación da reforma laboral Desde a aprobación da reforma laboral no ano 2012, rompeu a tendencia á redución xeneralizada da sinistralidade que se viña rexistrando desde o ano 2000. O discurso oficial que asocia este incremento do número de accidentes de traballo á recuperación da acvidade económica e do emprego é falso, xa que tamén se produciron incrementos significavos dos índices de incidencia que expresan a sinistralidade relava, independentemente do volume de poboación empregada. Os danos á saúde derivados da acvidade laboral incrementáronse porque aumentaron a precariedade e a intensificación do traballo e mais pola debili- dade do sistema prevenvo español. n n O incremento da precariedade ten a súa orixe na debilitación da negociación colectiva e na perda de dereitos O actual mercado de traballo está determinado por diversos fac- tores de precariedade. A temporalidade caracteriza máis do 90 % dos novos contratos asinados cada ano. A súa duración é moi cur- ta, o 40 % dura menos dun mes. E os contratos a tempo parcial xa supoñen máis dun terzo do total, a inmensa maioría non volun- tarios. A alta rotación de contratos de tan curta duración impide garanr os dereitos de información e formación sobre os riscos e medidas prevenvas existentes na empresa. Por outra parte, cada vez é máis frecuente e está máis estendida a descentraliza- Na Europa dos últimos anos, tras a crise económica, asistimos a un panorama de recortes e perdas de dereitos que, unido a fenómenos como o avance electoral da ultradereita ou o brexit, constitúe un terreo fértil no que xermolan con éxito as proclamas xenófobas, racistas e machistas que dividen a clase traballadora segundo a súa nacionalidade, crenza, xénero, idade ou orientación sexual. A desesperación na busca dun emprego ou o medo a perdelo desvía a atención das condicións de tra- ballo e achaia o camiño para as desigualdades. A imposición dunhas condicións de traballo máis des- favorables para un colectivo concreto non só é unha inxustiza, senón que constitúe un precedente que, ao cabo, esténdese ao resto das persoas traballado- ras. E cando a perda de dereitos afecta a protección da saúde e a seguridade no traballo, convértese nun risco para a saúde de todas e todos. No ámbito laboral, a precariedade é a maneira máis habitual de discriminar. A precariedade converteuse no modelo principal de inserción no emprego, e os colectivos que se viron obrigados a pasar polo seu filtro son os que manteñen peores condicións e, polo tanto, os que teñen maiores riscos de sufrir danos derivados do traballo, sexan accidentes de traballo ou enfermidades profesionais. Mulleres, migrantes, xente moza e, en xeral, os colectivos máis vulnera- bles son discriminados á hora de accederen a un posto de traballo, o que os aboca a ocupar aqueles empregos que acumulan maiores taxas de tempora- lidade e parcialidade e, pola súa vez, relacionados con maiores índices de sinistralidade. 28 de abril DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE E A SEGURIDADE NO TRABALLO A DISCRIMINACIÓN DÁNANOS A TODAS 2017

Transcript of 2017 28 DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE E A SEGURIDADE …PDF].pdf · da saúde e a seguridade no...

Page 1: 2017 28 DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE E A SEGURIDADE …PDF].pdf · da saúde e a seguridade no traballo, convértese nun risco para a saúde de todas e todos. No ámbito laboral,

n n A sinistralidade laboral en España aumentou decontino desde a aprobación da reforma laboralDesde a aprobación da reforma laboral no ano 2012, rompeu a tendencia á redución xeneralizada da sinistralidade que se viña rexistrando desde o ano 2000. O discurso oficial que asocia este incremento do número de accidentes de traballo á recuperación da actividade económica e do emprego é falso, xa que tamén se produciron incrementos significativos dos índices de incidencia que expresan a sinistralidade relativa, independentemente do volume de poboación empregada. Os danos á saúde derivados da actividade laboral incrementáronse porque aumentaron a precariedade e a intensificación do traballo e mais pola debili-dade do sistema preventivo español.

n n O incremento da precariedade ten a súa orixe na debilitación da negociación colectiva e na perda de dereitosO actual mercado de traballo está determinado por diversos fac-tores de precariedade. A temporalidade caracteriza máis do 90 % dos novos contratos asinados cada ano. A súa duración é moi cur-ta, o 40 % dura menos dun mes. E os contratos a tempo parcial xa supoñen máis dun terzo do total, a inmensa maioría non volun-tarios. A alta rotación de contratos de tan curta duración impide garantir os dereitos de información e formación sobre os riscos e medidas preventivas existentes na empresa. Por outra parte, cada vez é máis frecuente e está máis estendida a descentraliza-

Na Europa dos últimos anos, tras a crise económica, asistimos a un panorama de recortes e perdas de dereitos que, unido a fenómenos como o avance electoral da ultradereita ou o brexit, constitúe un terreo fértil no que xermolan con éxito as proclamas xenófobas, racistas e machistas que dividen a clase traballadora segundo a súa nacionalidade, crenza, xénero, idade ou orientación sexual.

A desesperación na busca dun emprego ou o medo a perdelo desvía a atención das condicións de tra-ballo e achaia o camiño para as desigualdades. A imposición dunhas condicións de traballo máis des-favorables para un colectivo concreto non só é unha inxustiza, senón que constitúe un precedente que, ao cabo, esténdese ao resto das persoas traballado-ras. E cando a perda de dereitos afecta a protección da saúde e a seguridade no traballo, convértese nun risco para a saúde de todas e todos.

No ámbito laboral, a precariedade é a maneira máis habitual de discriminar. A precariedade converteuse no modelo principal de inserción no emprego, e os colectivos que se viron obrigados a pasar polo seu filtro son os que manteñen peores condicións e, polo tanto, os que teñen maiores riscos de sufrir danos derivados do traballo, sexan accidentes de traballo ou enfermidades profesionais. Mulleres, migrantes, xente moza e, en xeral, os colectivos máis vulnera-bles son discriminados á hora de accederen a un posto de traballo, o que os aboca a ocupar aqueles empregos que acumulan maiores taxas de tempora-lidade e parcialidade e, pola súa vez, relacionados con maiores índices de sinistralidade.

28 de abril

DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE E A SEGURIDADE NO TRABALLO

“A DISCRIMINACIÓN DÁNANOS A TODAS”

n A discriminación no traballo pon en perigo a saúde e a seguridadede todas as persoas traballadoras

20

17

Page 2: 2017 28 DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE E A SEGURIDADE …PDF].pdf · da saúde e a seguridade no traballo, convértese nun risco para a saúde de todas e todos. No ámbito laboral,

28 abril. Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

Como cada 28 de abril, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo, CCOO e UGT imos recordar as persoas traballadoras que faleceron ou perderon a saúde mentres gañaban a vida, e comprometémonos a loitar durante o resto do ano para acabar coa preca-riedade, a desigualdade e as inxustas condicións de traballo que hai tras os accidentes e as enfermidades de orixe laboral.

Neste contexto e no marco do 28 de Abril, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Tra-ballo, CCOO e UGT reafirmámonos na idea de que para mellorar a prevención de riscos e reducir os danos á saúde producidos polo traballo cómpre acabar coas desigualdades, e para lograr isto propoñemos:

4 Derrogar as normas que impiden que todos os colec-tivos teñan o mesmo grao de protección da súa saúde, en particular as reformas laborais que estenderon a precarie-dade, instalando o medo a perder o emprego, individuali-zando as relacións laborais, dificultando o exercicio efecti-vo de dereitos e profundando na desigualdade.

4 Reverter a reforma do marco xurídico das mutuas, que supuxo un recorte nos dereitos de traballadoras e traballa-dores e que só serviu para que estas invadiran competen-cias dos servizos públicos, privatizando a xestión de acti-vidades que deberían ser exclusivas da Seguridade Social.

4 Intensificar as políticas activas en materia de preven-ción, dotando cos suficientes medios económicos e huma-nos os organismos técnicos como o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo ou os institutos autonó-micos.

4 Reforzar os mecanismos de control do cumprimento da lexislación en materia de igualdade nas empresas e de loita contra a fraude laboral e a economía somerxida.

4 Desenvolver a Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020, facendo especial fincapé en todas as cuestións relacionadas coas enfermidades de orixe laboral.

4 No marco da empresa, cómpre recuperar os investi-mentos en prevención e o lugar central da negociación co-lectiva nas relacións laborais. A negociación colectiva está estreitamente ligada á presenza de sindicatos nos centros de traballo, o que constitúe a mellor garantía para o exerci-cio de dereitos e para a protección da saúde.

4 O establecemento da figura do delegado e delegada de prevención territorial ou sectorial, xa que en España existen máis dun millón de empresas con menos de seis traballadores/as, nas que traballan dous millóns de persoas que non teñen dereito a elixir un delegado de persoal. O obxectivo sería asegurar o exercicio ao dereito á saúde e á seguridade e os niveis de protección a estes traballado-res e traballadoras nos mesmos termos que no resto das empresas.

ción produtiva entre as empresas españolas, o que provoca unha externalización dos riscos laborais cara aos autónomos e traba-lladores de pemes e subcontratas. Pero o máis grave é que prac-ticamente todos estes indicadores de precariedade empeoran se nos centramos nos colectivos máis vulnerables, converténdose a desigualdade nun dos factores que inflúen máis negativamente nos danos para a súa saúde.

n n As mulleres teñen maior probabilidade de sufrir unha enfermidade laboralDesde 2013, o número de partes comunicados de enfermidade profesional con baixa en mulleres é superior en termos absolutos ao dos homes, malia ocuparen un volume menor de poboación, e desde que en 2012 rebrotou a sinistralidade, os incrementos dos accidentes de traballo en mulleres son maiores que entre os homes. As condicións de traballo nos sectores e actividades máis feminizados sufriron con máis rigor os efectos da crise e das políticas de axuste, o que, unido á falta de políticas eficaces de igualdade de xénero e de conciliación nas empresas, contribúe á deterioración da saúde das traballadoras.

n n Ser mozo ou moza supón ter máis risco de sufrir un accidente laboralOs índices de incidencia de accidentes de traballo con baixa no ano 2015 entre menores de 30 anos superan amplamente a me-dia do resto das persoas traballadoras. A situación máis grave dáse no tramo entre 16 e 19 anos (44 % de desviación). A altísima taxa de desemprego que sofre o colectivo e a precarización dos seus empregos condenan a nosa xuventude a unhas condicións de traballo que poñen en risco a súa seguridade e saúde.

n n A sinistralidade laboral mortal entre as persoas maiores é preocupanteÉ máis doado que perda a vida a poboación laboral de máis idade. A partir dos 55 anos, os índices de incidencia dos accidentes de traballo mortais duplícanse debido á falta de políticas preventivas que garantan a adaptación ou o cambio do posto de traballo en función das características persoais, así como dunha vixilancia da saúde adecuada, tal como exixe a lexislación.

n n A economía somerxida oculta os danos para a saúde das persoas migrantesA poboación migrante vese abocada en moitos casos ás activida-des e sectores máis precarizados e, o que é aínda peor, á econo-mía somerxida. Non existe a prevención de riscos nos traballos «en negro» e os danos ocasionados á saúde non se rexistran nes-tas situacións de explotación.

n n As persoas con discapacidade teñen maiores riscos de sufrir acoso no traballoAs persoas con discapacidade sofren con maior frecuencia acoso laboral. Os dereitos que as asisten en relación coa adaptación do posto de traballo son a miúdo a orixe destas condutas, ocasionan-do neste colectivo tan vulnerable estrés laboral e a deterioración da súa saúde.