15_GracielaPaz_01_liques.pdf

11
 OS LIQUES NO SEU MEDIO. OS LIQUES COMO BIOINDICADORES  Graciela Paz Bermúdez. Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo Que son os liques?  Os liques son organismos que, coa aparencia dun individuo simple, son en realidade o resultado da asociación dun fungo e unha alga, pero cun aspecto e comportamento moi diferente ao dos seus dous integrantes illados. Algo similar ao que sucede cos compostos químicos de  propiedades moi diferentes ás dos elementos que os forman. Dentro do lique o fungo denomínase micobionte e a alga fotobionte. Os fotobiontes, son cianobacterias ou clorofíceas. Os xéneros  Nostoc entre as primeiras e Trebouxia e Trentepohlia, entre as verdes, son os máis frecuentes. A maioría dos fotobiontes poden atoparse, tanto na natureza vivindo libres como na asociación liquénica. En cambio, os micobiontes son incapaces de desenvolverse se non están asociados a un fotobionte porque obteñen os seus nutrientes, case por completo, dos compostos sintetizados por este. Esta característica, xunto co feito de que o micobionte conserva a capacidade de reprodución sexual, fai que moitas veces se interprete a asociación como un parasitismo suave máis que como unha simbiose mutualista. Imaxe na que se mostra o micobionte (M) como carcer eiro das células do fotobionte Como son os liques?  O corpo dos liques denomínase talo, son moi variados en tamaño, forma e cor pero podemos clasificalos atendendo á forma, en tres categorías (biotipos) fundamentais:  1.- Talos en costra  ou crustáceos,  forman costras tan pegadas ao substrato (pedra ou codia xeralmente) que son imposibles de desprender del. Son o tipo máis estendido e presentan moitas variacións. Poden formar unha costra superficial máis ou menos grosa, ou estar case por completo incluídos no substrato do que destacan como manchas de cor diferente.

Transcript of 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

Page 1: 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 1/11

 

OS LIQUES NO SEU MEDIO. OS LIQUES COMO BIOINDICADORES 

Graciela Paz Bermúdez. Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo Que son os liques? 

Os liques son organismos que, coa aparencia dun individuo simple, son en realidade o

resultado da asociación dun fungo e unha alga, pero cun aspecto e comportamento moi diferente aodos seus dous integrantes illados. Algo similar ao que sucede cos compostos químicos de

 propiedades moi diferentes ás dos elementos que os forman.

Dentro do lique o fungo denomínase micobionte e a alga fotobionte. Os fotobiontes, son

cianobacterias ou clorofíceas. Os xéneros  Nostoc  entre as primeiras e Trebouxia  e Trentepohlia,

entre as verdes, son os máis frecuentes. A maioría dos fotobiontes poden atoparse, tanto na natureza

vivindo libres como na asociación liquénica.

En cambio, os micobiontes son incapaces de desenvolverse se non están asociados a un

fotobionte porque obteñen os seus nutrientes, case por completo, dos compostos sintetizados por

este. Esta característica, xunto co feito de que o micobionte conserva a capacidade de reprodución

sexual, fai que moitas veces se interprete a asociación como un parasitismo suave máis que como

unha simbiose mutualista.

Imaxe na que se mostra o micobionte (M) como carcereiro das células do fotobionte Como son os liques? 

O corpo dos liques denomínase talo, son moi variados en tamaño, forma e cor pero podemos

clasificalos atendendo á forma, en tres categorías (biotipos) fundamentais: 1.- Talos en costra ou crustáceos, forman costras tan pegadas ao substrato (pedra ou codia

xeralmente) que son imposibles de desprender del. Son o tipo máis estendido e presentan moitas

variacións. Poden formar unha costra superficial máis ou menos grosa, ou estar case por completo

incluídos no substrato do que destacan como manchas de cor diferente.

Page 2: 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 2/11

Page 3: 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 3/11

 

3.- Talos fruticulosos teñen aspecto de pequenos arbustos. Están moi ramificados e únense

ao substrato por un ou poucos puntos. Poden ter pequenas pólas cilíndricas ou estar formados por

cintas estreitas. A ramificación abondosa e a facilidade para desprendelos son as súas características

diferenciais.

Talos fruticulosos

Onde podemos atopalos? Os liques son organismos cosmopolitas e ubiquistas, podemos atopalos en calquera lugar da

superficie terrestre e en moitos substratos naturais sendo os máis comúns as codias das árbores

(liques epífitos, sendo variables nas distintas especies arbóreas e segundo a idade da árbore), sobre

madeira en descomposición (liques lignícolas), nas codias moi recubertas por briófitas (liques

muscícolas), directamente sobre a terra (liques terrícolas), ou sobre as rochas (liques saxícolas,tamén sobre cemento). Estes últimos teñen un importante papel como primeiros colonizadores das

rochas, polo que interveñen nas primeiras etapas de formación dun solo ao producir alteración física

e química delas.

Page 4: 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 4/11

 

Talos lignícolas sobre pau  Talos saxícolas sobre granito 

Evidentemente, os liques non diferencian se as pedras que colonizan están nun medio

natural ou se están formando parte dalgunha construción importante para o patrimonio cultural

(dolmens, igrexas, castelos, cruceiros...). Isto lévanos ao concepto de biodeterioro; é dicir, a alteración por parte de seres vivos (liques, briófitas, algas...) do substrato rochoso que forma parte

de construcións interesantes para o ser humano.

Page 5: 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 5/11

 

Parede de granito dun castelo colonizada por talos foliáceos de cor laranxa

Pero os liques tamén poden vivir sobre substratos artificiais como cemento, sobre sinais de

tráfico, en bancos de prazas e xardíns, etc. A súa ausencia é rara e case sempre é debida a unha alta

contaminación atmosférica.

Liques colonizando un enreixado

Coche abandonado no Courel colonizado por liques

Que aplicacións interesantes teñen para o ser humano?  Ao longo da historia da humanidade o ser humano empregou distintas especies de liques

 para diferentes cuestións: como alimento en zonas do planeta onde son os produtores primarios

dominantes (zonas árticas e desertos), para tinxir tecidos, na industria da perfumería como fixadores

Page 6: 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 6/11

 

de determinadas sustancias aromáticas, en farmacia como anticatarrais.

Tecidos tinxidos con liques xunto coas especies empregadas

Pero hoxe en día se teñen unha aplicación importante é a de bioindicadores; os liques son

excelentes indicadores da contaminación do ar. A súa sensibilidade coñécese dende finais do século

XIX e, desde entón, téñense empregado como bioindicadores de moitos tipos de contaminantes con

métodos moi diferentes. Algunhas características da fisioloxía dos talos liquénicos explican a súa

sensibilidade e o seu amplo uso como bioindicadores: carecen de mecanismos que impidan a

absorción e a eliminación de compostos tóxicos e son perennes con actividade ao longo do ano, de

xeito que acumulan elementos e compostos de todo tipo no seu talo.

Existen métodos moi variados para avaliar a contaminación mediante liques, algúnsrealízanse no laboratorio (por exemplo, análise do contido do contaminante, da relación entre

clorofila e feofitina, etc.), outros coma a análise cuantitativa da biodiversidade liquénica dunha área

e as análises cualitativas que analizan as especies presentes, realízanse con mostraxes no campo e

normalmente sobre os liques epífitos. As escalas cualitativas baséanse no coñecemento do distinto

limiar de tolerancia ao SO2 das especies. Algunhas son tan sensibles que só son capaces de vivir en

lugares de ar puro, outras toleran concentracións que serían tóxicas para moitos seres vivos.

Page 7: 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 7/11

 

Lámina editada polo Natural History Museum of London onde se mostran diferentes especies de

liques epífitos presentes en función do grao de contaminación 

OBXECTIVOS 

+ Observar a presenza de liques en distintos hábitats, tanto naturais como artificiais, aprendendo a

empregar a terminoloxía ecolóxica axeitada.

+ Coñecer a utilidade destes organismos como bioindicadores.

MATERIAL 

+ Unha zona con árbores (xardíns ou paseos) na que se poden observar “in situ” talos de liques en

distintos hábitats (saxícolas, epífitos, lignícolas, etc.)

+ Lupas de man.

+ Caderno de campo para anotar e/ou debuxar

ACTIVIDADES 

1.-Observar os liques en diferentes substratos aplicando os termos axeitados (saxícola, epífito,

terrícola, etc.). En xeral preséntanse sobre as codias unha gran variedade de crustáceos e foliáceos e,

en menor medida, fruticulosos. O grao de diversidade varía en función da especie arbórea e a idade

do individuo; por exemplo, nas novas ou sobre especies de codia lisa predominan os talos en

costra; nos chopos ou pradairos de codia pouco ácida atópanse especies que non aparecen en

carballos e menos nas coníferas, etc.

2.-Identificar os tipos morfolóxicos con axuda dunha lupa, observar a presenza de rizinas nos

 biotipos foliáceos

Page 8: 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 8/11

 

3.-Aplicar unha escala simple de medida de contaminación aceda (Escala adaptada da proposta para

Galicia por Carballal & García Molares (1987-88) actualizada por González-Torres et al. (2006) 

ESCALA SIMPLE Unha escala simplificada na que non é necesario identificar as especies, pódese aplicar en árbores

de mediana idade que presenten unha biodiversidade liquénica ben desenvolvida.

1. Non hai liques ou só algúns crustáceos de cor amarela

Máis de 70 µgr de SO2 / m3 de ar

Candelariella vitellina, un lique crustáceo que resiste contaminacións altas 

2. Ademais de talos crustáceos amarelos aparecen outros crustáceos de cor branca, gris ou verdosa

moitas veces. Poden atoparse algúns talos foliáceos amarelos, ou grises con lóbulos estreitos

Aproximadamente 60 µgr de SO2 / m3 de ar

Talos crustáceos de cores claras 3. Poden aparecer as especies anteriores e, ademais, talos foliáceos verdosos ou grises de lóbulos

anchos …………………………………. Aproximadamente 40 µgr de SO2 / m3 de ar

Page 9: 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 9/11

 

Os talos foliáceos de lóbulos anchos preséntanse a contaminacións baixas 4. Os talos foliáceos fanse dominantes e empezan a aparecer talos fruticulosos, ás veces de pequeno

tamaño ………………………………… Menos de 30 µgr de SO2 / m3 de ar

Page 10: 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 10/11

Page 11: 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf

http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 11/11

 

BIBLIOGRAFÍA 

Carballal, R .- 2003- Líquenes. In: Rodríguez Iglesia, F. ed. Galicia Naturaleza. Vol. XLII: 18-75.

Hércules de ediciones S.A. A Coruña.

Carballal Durán, M. R. & García Molares, A.-1987-88-Líquenes epífitos como indicadores de la

contaminación atmosférica, II.- Utilización de una escala cualitativa en la ciudad de Vigo (España)- Lazaroa, 10:243-251.

González-Torres, D., M.E. López de Silanes & G. Paz-Bermúdez-2006-Determinación de la

contaminación atmosférica en la ciudad de Pontevedra mediante bioindicadores liquénicos.  Nova

 Acta Científica Compostelana (Bioloxía), 15:37-46.Izco, J., E. Barreno, M. Brugués, M. Costa, J. Devesa, F. Fernández, T. Gallardo, X. Llimona, E.

Salvo, S. Talavera & B. Valdés -2004-. Botánica. McGraw-Hill Interamericana de España, S.A.U.

Madrid.

Llimona, X. (Ed.) -1985- Plantes inferiors. En “Enciclopedia Catalana”. Barcelona. 

 Nash III, T.H. (Ed.) -1996- Lichen Biology. Cambridge Univ. Press. Cambridge.

Pérez-Valcárcel, C.;López Prado, M.C. & López de Silanes Vázquez, M. E.-2003-Guía dos liques

de Galicia.-Baía Edicions. A Coruña.

Purvis, W. -2000- Lichens- Natural History Museum .London 

Recursos en Internet www.lichen.com Lichens of North America

www.lichens.ie Lichens of Ireland

www.thebls.org.uk  British Lichen Society

http://dbiodbs.units.it/carso/chiavi_pub21?sc=310 Los macrolíquenes epifitos de España. Una guía

interactiva

www.botany.hawaii.edu/cpsu/lichen1.html Welcome to the world of lichenologywww.sharnoffphotos.com Fotos de liques

www.ucm.es/info/seliquen/ Página web de la Sociedad Española de Liquenología (SEL)

http://ocid.nacse.org/lichenland/ Fun with lichens