1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior...

23
1

Transcript of 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior...

Page 1: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

1

Page 2: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

2

1. Introdución….…………………………………………………………………………... 3

2. Medidas relacionadas cos ERTEs por forza maior………………………..………. 4

3. Medidas relacionadas cos ERTEs por ETOP…………………………………..….. 5

4. Medidas aplicables aos ERTES por forza maior e ETOP………………………….6

5. Medidas de apoio aos traballadores autónomos relacionados coa prestación por cese de actividade………………………………………………………………………..15

6. Outras medidas de interese……………………………………………………..….. 22

Page 3: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

3

A situación de emerxencia sanitaria causada polo COVID-19 está a producir aínda

efectos para as empresas e o emprego, que esixen manter as medidas

extraordinarias previstas no Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas

urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-

19, e no Real Decreto-lei 18/2020, do 12 de maio, de medidas sociais en defensa

do emprego, en tanto as causas referidas nas devanditas disposicións impiden a

recuperación íntegra da actividade das mesmas, e as medidas excepcionais

vinculadas ás mesmas en materia de protección por desemprego e cotizacións á

Seguridade Social.

O obxectivo do Real Decreto-lei 24/2020, do 26 de xuño, de medidas sociais de

reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do

sector industrial cuxo é, precisamente, modular as medidas extraordinarias e

excepcionais previstas no Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, cuxa vixencia

termina o día 30 de xuño de 2020, prorrogando o seu espírito pero adaptándoas ao

momento actual. Os seus fundamentos son a persistencia dos efectos da crise

sanitaria no funcionamento regular das empresas e a súa capacidade de prestación

íntegra de servizos, o carácter non homoxéneo da devandita recuperación e a

posibilidade de que poidan restablecerse, cun alcance limitado, certas restricións de

actividade por razóns sanitarias.

Page 4: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

4

Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO

1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020,

do 17 de marzo, xa solicitados, poderán prorrogarse como máximo, ata o 30 de setembro de 20201.

2. As empresas, deberán proceder a reincorporar ás persoas traballadoras afectadas polo ERTE, na medida necesaria para o desenvolvemento da súa actividade, primando os axustes en termos de redución de xornada (por

exemplo, reincorporando a dous traballadores a media xornada, en lugar de incoporar a un a xornada completa e manter ao outro no ERTE)

3. As empresas afectadas por un ERTE por forza maior deberán comunicar á autoridade laboral a renuncia total, no seu caso, ao ERTE autorizado, no prazo de 15 días desde a data de efectos daquela. Tamén deben comunicar ao SEPE as variacións correspondentes nos datos contidos na solicitude colectiva inicial de acceso á protección por desemprego.

En todo caso, estas empresas e entidades deberán comunicar ao SEPE as variacións que se refiran á finalización da aplicación da medida respecto a a totalidade ou a unha parte das persoas afectadas, ben no número destas ou ben na porcentaxe de actividade parcial da súa xornada individual, cando a flexibilización das medidas de restrición que afectan á actividade da empresa permita a reincorporación ao traballo efectivo daquelas.

1 Ampríase o prazo que finalizaba o 30 de xuño ata o 30 de setembro.

Page 5: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

5

Art. 2 RD-Lei 24/2020, de 26 de xuño

Regúlanse as especialidades para os ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción (ETOP) distinguindo dúas situacións: 1.- Os ERTEs por ETOP que estean vixentes á data de entrada en vigor do presente Real Decreto-lei 24/2020, de 26 de xuño (é dicir, o 27 de xuño) manteñen as condicións previstas na comunicación final da empresa ata a data de finalización referida na mesma. 2.- Os ERTEs por ETOP iniciados tras a entrada en vigor do Real Decreto-Lei 24/2020, de 26 de xuño (é dicir, o 27 de xuño) e ata o 30 de setembro de 2020, resultaralles de aplicación o artigo 23 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, coas seguintes especialidades:

Poderanse iniciar a tramitación estando vixente un ERTE por forza maior.

Se retrotraerán os efectos á data na que finaliza o ERTE por causa de forza maior cando o debido a causas ETOP se inicie despois de finalizado aquel, é dicir, cando se inicie a continuación dun ERTE por forza maior a súa data de efectos se retrotraerá á data de finalización deste.

PROHIBICIÓN DE CONTRATACIÓN: As empresas en ERTE POR FORZA MAIOR ou ETOP non poderán contratar: A norma

prohibe ás empresas en ERTEs a realización de horas extraordinarias, o establecemento ou a continuación de externalizaciones da actividade e a concertación de novos contratos, xa sexan de manera directa ou a través

dunha empresa de traballo temporal (ETT).

Excepción: As empresas en ERTE só poderán contratar ou externalizar tarefas se os

traballadores do seu centro de traballo non poden por formación, capacitación e outras razóns obxectivas ou xustificadas, realizar as funcións encomendadas ao empregado que se contrata ou á externalización. Para iso, a empresa deberá informar previamente os representantes legais dos traballadores. Esta prohibición, que durará mentres estea vixente o ERTE é sancionable en caso de incumprimento.

Page 6: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

6

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS EN MATERIA DE PROTECCIÓN POR DESEMPREGO

Art. 3 RD-Lei 24/2020, de 26 de xuño

Establécese a extensión na aplicación ata o 30 de setembro2 das medidas de protección por desemprego previstas no art. 25 (apartados 1 ao 5) do Real Decreto-Lei 8/2020, tanto aos ERTEs por FORZA MAIOR, coma aos ERTEs por ETOP cuxa data de inicio sexa anterior ao 27 de xuño (data de entrada en vigor do RDL 24/2020, de 26 de xuño) e aos ERTES POR REBROTES (regulados no apartado 2 da disposición adicional primeira do RDL 24/2020)3:

1) Recoñecemento do dereito á prestación contributiva das persoas traballadoras sen período de carencia, é dicir, sen tempo mínimo de cotización. No caso de que un traballador afectado por un ERTE non cumpra cos 360 días cotizados, podería beneficiarse da prestación por desemprego no tempo que dure o estado de alarma, sen importar en número de días que teña cotizados (antes da aprobación desta medida, o traballador soamente tiña dereito á prestación por desemprego se cotizara 360 días nos últimos 6 anos).

2) Non se computará o tempo de percepción da prestación a efectos de

consumir períodos máximos de percepción.

Os traballadores que estean nesta situación poderán ter acceso ao pago por desemprego o tempo que a súa empresa manteña o ERTE, sen que eses días conten como gastados.

2 Amplíase o prazo máximo, que finalizaba o 30 de xuño ata 30 de setembro. 3 Esténdense ademais as especiais medidas de protección por desemprego ás persoas que sexan afectadas polos novos expedientes que se tramiten en caso de rebrote, aos que se refire a disposición adicional primeira.

Page 7: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

7

3) Poderán acollerse socios traballadores de sociedades laborales e das cooperativas. Neste caso, segundo o artigo 4 do Real Decreto-lei 9/2020, do 28 de marzo, cando por falta de medios adecuados ou suficientes a Asemblea Xeral das sociedades cooperativas non poida ser convocada para a súa celebración a través de medios virtuais, o Consello Reitor asumirá a competencia para aprobar a suspensión total ou parcial da prestación de traballo das súas socias e socios e emitirá a correspondente certificación para a súa tramitación.

En relación aos traballadores fixos descontinuos e aqueles que realizan

traballos fixos e xornais que se repiten en datas certas reguladas no art. 25.6 do Real Decreto-Lei 8/2020, as medidas extraordinarias en materia de protección por desemprego esténdense ata o 31 de decembro de 2020.

As empresas deben comunicar ao SEPE a baixa nas prestacións daquelas

persoas traballadoras ue deixen de estar afectadas polas medidas de suspensión ou redución con carácter previo á súa efectividade.

No caso de ERTES POR ETOP nos que a data da decisión empresarial se comunique á Autoridade Laboral tras o 27 de xuño (data da entrada en vigor do RDL 24/2020), a empresa deberá formular solicitude colectiva de prestacións por desemprego, en representación das persoas traballadoras, no modelo establecido para o efecto na páxina web ou sede electrónica do SEPE.

No suposto de que durante un mes natural se alternen períodos de actividade e de inactividade, así como nos supostos de redución da xornada habitual, e nos casos nos que se combinen ambos, días de inactividade e días en redución de xornada, a empresa deberá comunicar a mes vencido, a través da comunicación de períodos de actividade da aplicación certific@2, a información sobre os días traballados no mes natural anterior.

No caso dos días traballados en redución de xornada, as horas traballadas converteranse en días completos equivalentes de actividade4.

4 Para iso dividirase o número total de horas traballadas no mes entre o número de horas que constituísen a xornada

habitual da persoa traballadora con carácter previo á aplicación da redución de xornada.

Page 8: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

8

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS EN MATERIA DE COTIZACIÓN VINCULADAS AOS

ERTES POR FORZA MAIOR E ETOP5

EMPRESAS E ENTIDADES CON ERTEs POR FORZA MAIOR TOTAL VIXENTES6:

Disposición adicional 1ª do RD-Lei 24/2020, de 26 de xuño

Quedarán exoneradas do abono da achega empresarial á cotización á Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta (Desemprego, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional), devindicadas nos meses de xullo, agosto e setembro de 2020, nas porcentaxes e condicións que se indican a continuación:

Respecto das persoas traballadoras destas empresas que continúen coas súas actividades suspendidas a partir do 1 de xullo de 2020 e dos períodos e porcentaxes de xornada afectados pola suspensión:

En empresas de menos de 50 traballadores ao 29.02.2020

En empresas de 50 ou máis traballadores ao 29.02.2020

A exención será:

70% das cotizacións devindicadas en xullo

do 60 % das cotizacións devindicadas en agosto

do 35 % das cotizacións devindicadas en setembro

A exención será:

50% das cotizacións devindicadas en xullo

do 40 % das cotizacións devindicadas en agosto

do 25 % das cotizacións devindicadas en setembro

5 Antes só podían beneficarse das medidas extraordinaria por cotización ás empresas afectadas por ERTEs por

FORZA MAIOR. Agora abrese esta posibilidade tamén ás empresas afectadas por ERTEs por ETOP. 6 Estas porcentaxes son menores que os establecidos ata o 30 de xuño, que eran do 100% para as empresas con

menos de 50 traballadores e do 75% para as de máis de 50, pero a cambio esta figura non desaparece coa chegada do 30 de xuño.

Page 9: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

9

NO CASO DE REBROTES: As empresas e entidades que, a partir do 1 de xullo de 2020, vexan impedido o desenvolvemento da súa actividade pola adopción de novas restricións ou medidas de contención que así o impoñan nalgún dos seus centros de traballo, poderán beneficiarse, respecto das persoas traballadoras, previa autorización dun ERTE de forza maior7, das porcentaxes de exención previstos a continuación:

En empresas de menos de 50 traballadores ao 29.02.2020

En empresas de 50 ou máis traballadores ao 29.02.2020

A exención será:

O 80% da achega empresarial devindicada durante o período de peche, e ata o 30 de setembro

A exención será:

o 60% da achega empresarial devindicada durante o período de peche, e ata o 30 de setembro.

CASO DE EMPRESAS E ENTIDADES CON ERTEs POR FORZA PARCIAL:

Art. 3 RD-Lei 24/2020, de 26 de xuño

Quedarán exoneradas do abono da achega empresarial á cotización á Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta (Desemprego, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional), devindicadas nos meses de xullo, agosto e setembro de 2020, nas porcentaxes e condicións que se indican a continuación:

Respecto das persoas traballadoras que reinicien a súa actividade a partir do 1 de xullo de 2020, así como daqueloutras referidas no artigo 4.2.a) do Real Decreto lei 18/2020, do 12 de maio, e dos períodos e porcentaxes de xornada traballados a partir dese momento:

Respecto das persoas traballadoras destas empresas que continúen coas súas actividades suspendidas a partir do 1 de xullo de 2020 e dos períodos e porcentaxes de xornada afectados pola suspensión:

En empresas de menos de 50 traballadores ao 29.02.2020

En empresas de 50 ou máis traballadores ao 29.02.2020

En empresas de menos de 50 traballadores ao 29.02.2020

En empresas de 50 ou máis traballadores ao 29.02.2020

A exención será do 60% da achega empresarial devindicada en xullo, agosto e setembro de 2020

A exención será do 40% da achega empresarial devindicada en xullo, agosto e setembro de 2020

A exención será do 35% da achega empresarial devindicada en xullo, agosto e setembro de 2020

A exención será do 25% da achega empresarial devindicada en xullo, agosto e setembro de 2020.

7 Faise referencia neste caso a empresas que actualmente están activas pero que se vexan obrigadas a pechar como consecuencia dun rebrote do virus, as cales se permitirá que poidan acollerse a un ERTE de forza maior total, que contaría cunha exoneración de cotas para as empresas do 80% se o seu persoal é inferior a 50 traballadores e do 60% se ten máis de 50 traballadores.

Page 10: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

10

CASO DE EMPRESAS E ENTIDADES CON ERTEs POR ETOP8:

Art. 3 RD-Lei 24/2020, de 26 de xuño

As empresas que decidisen a suspensión de contratos ou redución da xornada por ETOP regulados no 23 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, con anterioridade ao 27 de xuño (entrada en vigor do RDL 24/2020, de 26 de xúño, así como aquelas empresas que iniciaran un ERTE por ETOP tras a finalización dun ERTE por FORZA MAIOR, quedarán exoneradas do abono da achega empresarial á cotización á Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta, devindicadas nos meses de xullo, agosto e setembro de 2020, nas porcentaxes e condicións que se indican a continuación:

Respecto das persoas traballadoras que reinicien a súa actividade a partir do 1 de xullo de 2020 e dos períodos e porcentaxes de xornada traballados a partir dese momento:

Respecto das persoas traballadoras destas empresas que continúen coas súas actividades suspendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2020 e dos períodos e porcentaxes de xornada afectados pola suspensión:

En empresas de menos de 50 traballadores ao 29.02.2020

En empresas de 50 ou máis traballadores ao 29.02.2020

En empresas de menos de 50 traballadores ao 29.02.2020

En empresas de 50 ou máis traballadores ao 29.02.2020

A exención será do 60% da achega empresarial devindicada en xullo, agosto e setembro de 2020

A exención será do 40% da achega empresarial devindicada en xullo, agosto e setembro de 2020

A exención será do 35% da achega empresarial devindicada en xullo, agosto e setembro de 2020

A exención será do 25% da achega empresarial devindicada en xullo, agosto e setembro de 2020.

As exencións na cotización aplicaranse pola Tesourería Xeral da Seguridade

Social (TGSS) a instancia da empresa mediante declaración responsable a través do Sistema REDE antes de que se solicite o cálculo da liquidación de cotas correspondentes e previo cumprimento das formalidades de comunicación dos ERTES por forza maior.

8 Os ERTEs de causas obxectivas pasan agora a ter exencións de cotas, antes só aplicables aos ERTEs de forza maior. O obxectivo é facilitar a transición dos segundos aos primeiros agora que xa finalizou o estado de alarma. Así, as empresas e entidades afectadas por ERTEs de forza maior deberán proceder a reincorporar aos traballadores, primando os axustes en termos de redución de xornada.

Page 11: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

11

As exoneracións na cotización non terán efectos para as persoas

traballadoras, manténdose a consideración do período en que se apliquen como efectivamente cotizado para todos os efectos.

PERSOAS TRABALLADORAS INCLUIDAS EN ERTEs QUE NON SEXAN BENEFICIARIAS DE

PRESTACIÓNS DE DESEMPREGO Disposición adicional segunda RD-Lei 24/2020, de 26 de xuño

Esténdese o beneficio relativo a considerar como cotizado o tempo de duración do expediente de regulación temporal de emprego polas causas dos artigos 22 e 23 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo (ERTEs POR FORZA MAIOR E ETOP) aos traballadores incluídos nos expedientes de regulación temporal de emprego cando non teñan dereito á prestación por desemprego9, considerándolles para estes efectos en situación asimilada á de alta.10.

Nestes casos, a base de cotización a ter en conta durante os períodos de

suspensión ou redución de xornada será a media das bases de cotización dos seis meses inmediatamente anteriores ao comezo das devanditas situacións.

9 Tales como, por exemplo, os asimilados a traballadores por conta allea aos que se refire a letra c) do apartado 2 do artigo 136 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro. 10 O establecido nesta disposición será aplicable, unicamente, durante os períodos de aplicación das exencións na cotización contemplados no artigo 24 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo; no artigo 4 do Real Decreto-lei 18/2020, do 12 de maio, e no artigo 4 do Real Decreto-Lei 24/2020, do 26 de xuño.

Page 12: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

12

LÍMITES RELACIONADOS CO REPARTO DE DIVIDENDOS

Art. 5 RD-Lei 24/2020, de 26 de xuño

1. Exclúense da posibilidade de prórroga dos ERTEs por FORZA MAIOR e dos

ERTEs por ETOP durante este período, as empresas e entidades que teñan o seu domicilio fiscal en paraísos fiscais.

2. Salvo para as entidades que ao 29 de febreiro de 2020 tivesen en alta menos de 50 traballadores, ou asimilados, as sociedades mercantís ou outras persoas xurídicas que se acollan á prórroga dos ERTEs por forza maior ou ETOP regulados neste RD-Lei e que utilicen os recursos públicos destinados aos mesmos, non poderán proceder ao reparto dos dividendos correspondentes ao exercicio fiscal en que apliquen estes ERTEs, salvo se devolvan a parte correspondente á exoneración de cotas da Seguridade Social.

3. Así mesmo, establécese que non se terá en conta ese exercicio en que non se distribúan dividendos a efectos do exercicio do dereito de separación dos socios en caso de falta de distribución de dividendos (regulado no art. 348.bis.1 da Lei de sociedades de capital: con carácter xeral, se trascorren 5 exercicios desde a inscripción no RM da sociedade e esta non fixera un reparto suficiente de dividendos o socio que fixera constar a súa protesta en acta terá dereito á separación se a Xunta Xeral non acorda a distribución como dividendo de alomenos o 25% dos beneficios obtidos durane o exercicio anterior sempre que se obtiveran beneficios nos tres exercicios anteriores).

Page 13: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

13

A SALVAGARDA DO EMPREGO APLICARASE TAMÉN AOS ERTES POR ETOP

A obriga de manter o emprego durante os 6 meses seguintes á data da reanudación da actividade11, circunscríbese non só as empresas con ERTES por forza maior total ou parcial12, como establecera o Real Decreto-Lei 18/2020, senon tamén ás empresas con ERTEs por ETOP que se beneficien das medidas laborais previstas no art. 4 do RDL 24/2020.

Para as empresas que se beneficien por primeira vez das medidas extraordinarias previstas en materia de cotizacións a partir da entrada en vigor do presente real decreto-lei, o prazo de 6 meses do compromiso ao que se refire este precepto empezará a computarse desde a entrada en vigor do presente real decreto-lei, e dicir, desde o 27 de xuño.

Como se regula o compromiso de mantemento do emprego na disposición adicional sexta do Real Decreto-Lei 8/2020, do 17 de marzo?

1. Entenderase incumprido o compromiso de mantemento de emprego nos supostos de despedimento ou extinción dos contratos dos traballadores afectados por ERTES por forza maior (art. 22 RDL 8/2020)

2. Non se entenderá incumprido o compromiso de mantemento nos seguintes supostos:

o extinción de contrato por despedimento disciplinario procedente, o dimisión, morte, xubilación ou incapacidade permanente total,

absoluta ou gran invalidez da persoa traballadora,

11 Entendese por reanudación da actividade a reincorporación ao traballo efectivo de persoas afectadas polo

expediente, aínda cando sexa parcial ou só afecte a parte do persoal. 12 Hai que recordar que a Disposición final 1ª do RD-Lei 18/2020 pola que se modificou a Disposición adicional 6ª do

RD-Lei 8/2020, circunscribía ás empresas con ERTEs por forza maior total ou parcial a obriga de manter o emprego durante os 6 meses seguintes á data da reanudación da actividade. Agora tamén é aplicable as empresas con ERTEs por ETOP.

Page 14: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

14

o fin do chamamento das persoas con contrato fixo-descontinuo (só se é interrupción e non despedimento),

o contratos temporais por expiración do tempo convido ou a realización da obra ou servizo que constitúe o seu obxecto ou cando non poido Realizarse de forma inmediata a actividade obxecto de contratación.

Non resultará de aplicación o compromiso de mantemento do emprego

naquelas empresas nas que concorra un risco de concurso de acredores nos termos do artigo 5.2 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, Concursal.

Este compromiso de mantemento do emprego, valorarase en atención ás

características específicas dos distintos sectores e a normativa laboral aplicable, tendo en conta, en particular, as especificidades daquelas empresas que presentan unha alta variabilidade ou estacionalidade no emprego.

O incumprimento do compromiso de mantemento de emprego supoñerá o

reintegro da totalidade do importe das cotizacións de cuxo pago resultaron exoneradas, coa recarga e os intereses de demora correspondentes.

AMPLIACIÓN A 30 DE SETEMBRO DAS MEDIDAS DE SALVAGARDA DO EMPREGO RECOLLIDAS NO RD-LEI

9/2020, DE 27 DE MARZO

Art. 7 RD-Lei 24/2020, de 26 de xuño

En paralelo á ampliación ao 30 de setembro das medidas flexibilizadoras dos ERTE, o art. 7 do Real Decreto-Lei 24/2020, de 26 de xuño, prorroga a aplicación dos artigos 2 e 5 do Decreto-Lei 9/2020, do 27 de marzo, estendendo ata esa data as dúas medidas seguintes: 1.- A forza maior e as causas ETOP nas que se amparan os ERTES derivados do COVID-19 non poden entenderse como xustificativas da extinción do contrato de traballo nin do despedimento (art. 2 RDL 9/2020). 2.- A suspensión dos contratos temporais, incluídos os formativos, de relevo e interinidade, por ERTE debido a forza maior ou a causas ETOP, interromperá o cómputo da súa duración e dos períodos de referencia equivalentes ao período suspendido respecto das persoas traballadoras afectadas (art. 5 RDL 9/2020).

Page 15: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

15

PRÓRROGA DAS EXENCIÓNS NA COTIZACIÓN DOS TRABALLADORES AUTÓNOMOS QUE PERCIBISEN A

PRESTACIÓN EXTRAORDINARIA POR CESE DE ACTIVIDADE DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Art. 8 RD-Lei 24/2020, de 26 de xuño

1. Establécese unha prórroga das exención das cotas da Seguridade Social para os autónomos que viñesen percibindo a prestación extraordinaria, que incluía unha axuda económica e unha exención das cotas. Así, a partir do 1 de xullo de 2020, o traballador autónomo que estivese de alta no RETA ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar e viñese percibindo o 30 de xuño a prestación extraordinaria por cesamento de actividade prevista no artigo 17 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, terán dereito a unha exención das súas cotizacións á Seguridade Social e formación profesional coas consecuentes contías13:

MES DE XULLO MES DE AGOSTO MES DE SETEMBRO

100% das cotizacións 50% das cotizacións 25% das cotizacións

2. A base de cotización que se terá en conta a efectos da determinación da exención será a base de cotización que tivese en cada un dos meses indicados.

3. A exención na cotización dos meses de xullo, agosto e setembro manterase durante os períodos nos que os traballadores perciban prestacións por

13 O título II do Real Decreto- Lei 24/2020, do 26 de xuño, establece medidas para a protección dos traballadores autónomos que teñen por obxecto aliviar, no ámbito da Seguridade Social, de forma progresiva, a carga que o inicio ou continuación da actividade unha vez levantado o estado de alarma debe asumir e que ten as súas consecuencias na economía familiar. Por iso, prevese unha exención progresivamente descendente na obrigación de cotizar durante os tres primeiros meses seguintes ao levantamento do estado de alarma para aqueles traballadores que estivesen a percibir ao 30 de xuño a prestación por cesamento de actividade recollida no artigo 17 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, que alcanza o 100% no mes de xullo, o 50% en agosto e o 25% no mes de setembro.

Page 16: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

16

incapacidade temporal ou calquera outros subsidios sempre que se manteña a obrigación de cotizar.

4. A exención de cotización será incompatible coa percepción da prestación por cesamento de actividade.

PRESTACIÓN POR CESAMENTO DA ACTIVIDADE E TRABALLO POR CONTA PROPIA

Art. 9 RD-Lei 24/2020, de 26 de xuño

Prevese substituír a prestación extraordinaria por cesamento de actividade -cuxa vixencia finaliza o 30 de xuño- pola prestación de cesamento de actividade prevista na Lei Xeral da Seguridade Social por un período de tres meses, ata o 30 de setembro. Ademáis prevese a posibilidade de compatibilizar esta prestación co traballo por conta propia sempre que se cumpra cuns requisitos, medida que está destinada a garantir uns ingresos que axuden ao traballador autónomo a manter a actividade. Trátase dunha axuda adicional, de carácter ordinario para os autónomos que vexan caer un 75 % os seus ingresos no trimestre de verán -de xullo a setembro- fronte á mesma tempada do ano anterior.

Neste sentido os traballadores autónomos que viñesen percibindo ata o 30 de xuño a prestación extraordinaria por cesamento de actividade prevista no artigo 17 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, poderán solicitar a prestación por cesamento de actividade ordinaria prevista no artigo 327 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, sempre que concorran os seguintes requisitos (art. 330.1):

a) Estar afiliados e en alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, no seu caso.

Page 17: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

17

b) Ter cuberto o período mínimo de cotización por cesamento de actividade14. d) Non cumprir a idade ordinaria para causar dereito á pensión contributiva de xubilación, salvo que o traballador autónomo non tivese acreditado o período de cotización requirido para iso. e) Acharse ao corrente no pago das cotas á Seguridade Social. Con todo, se na data de cesamento de actividade non se cumprise este requisito, o órgano xestor convidará o pago ao traballador autónomo para que no prazo improrrogable de 30 naturais ingrese as cotas debidas. A regularización do descuberto producirá plenos efectos para a adquisición do dereito á protección.

Non se esixe o cumprimento do requisito c) do art. 330.1 da Lei Xeral da Seguridade Social: atoparse en situación legal de cesamento de actividade.

Ademáis, o acceso a esta prestación esixirá acreditar unha redución na facturación durante o terceiro trimestre do ano 2020 de polo menos o 75 % en relación co mesmo período do ano 2019, así como non obter durante o terceiro trimestre de 2020 uns rendementos netos superiores a 5.818,75 euros. Para determinar o dereito á prestación mensual se prorratearán os rendementos netos do trimestre, non podendo exceder de 1.939,58 euros mensuais.

Ata cando se podera disfrutar esta prestación? Esta prestación poderá percibirse como máximo ata o 30 de setembro de 2020. A partir desta data só poderase continuar percibindo esta prestación de cesamento de actividade se concorren todos os requisitos do artigo 330 da Lei Xeral da Seguridade Social.

14 A duración da prestación por cesamento de actividade estará en función dos períodos de cotización efectuados

dentro dos 48 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade dos que, polo menos, 12 deben ser continuados e inmediatamente anteriores á devandita situación de cesamento conforme á escala establecida no art. 338 da Lei Xeral de Seguridade Social.

Page 18: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

18

A quen corresponde o recoñecemento da prestación?

O recoñecemento á prestación se levará a cabo polas mutuas colaboradoras ou o Instituto Social da Mariña con carácter provisional con efectos do 1 de xullo de 2020 se se solicita antes do 15 de xullo, ou con efecto desde o día seguinte á solicitude noutro caso, debendo ser regularizada a partir do 31 de xaneiro de 2021. As Mutuas serán también quenes fagan o seguimento e control das prestacións recoñecidas.

PRESTACIÓN POR CESAMENTO DA ACTIVIDADE PARA TRABALLADORES DE TEMPADA

Art. 10 RD-Lei 24/2020, de 26 de xuño

Incluese unha prestación para os autónomos de tempada15, que como consecuencia das especiais circunstancias que a pandemia provocou víronse imposibilitados para o inicio ou o desenvolvemento ordinario da súa actividade, que se homologa á que desde o inicio do estado de alarma tiveron os autónomos.

15 Para os efectos deste precepto considéranse traballadores de tempada aqueles traballadores autónomos cuxo

único traballo ao longo dos últimos dous anos desenvolveuse no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar durante os meses de marzo a outubro e permanecesen en alta nos citados réximes como traballadores autónomos durante polo menos cinco meses ao ano durante ese período. Para estes efectos considerarase que o traballador desenvolveu o seu único traballo durante os meses de marzo a outubro sempre que o alta como traballador por conta allea non supere os de 120 días ao longo dos anos 2018 e 2019.

Page 19: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

19

Cales son os requisitos para poder solicitala?

a) Estar de alta e cotizado no Réxime Especial de Traballadores Autónomos

ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar como traballador por conta propia durante polo menos cinco meses no período comprendido entre marzo e outubro, de cada un dos anos 2018 e 2019.

b) Non estar de alta ou asimilado ao alta durante o período comprendido entre o 1 de marzo de 2018 e o 1 marzo de 2020 no réxime de Seguridade Social correspondente como traballador por conta allea máis de 120 días.

c) Non desenvolver actividade nin estar dado de alta ou asimilado ao alta durante os meses de marzo a xuño de 2020.

d) Non percibir prestación algunha do sistema de Seguridade Social durante os meses de xaneiro a xuño de 2020, salvo que a mesma fose compatible co exercicio dunha actividade como traballador autónomo.

e) Non obter durante o ano 2020 uns ingresos que superen os 23.275 euros.

f) Acharse ao corrente no pago das cotas á Seguridade Social. Con todo, se non se cumprise este requisito, o órgano xestor convidará o pago ao traballador autónomo para que no prazo improrrogable de trinta días naturais ingrese as cotas debidas. A regularización do descuberto producirá plenos efectos para a adquisición do dereito á protección.

Cal é a contía da prestación?

A contía será o equivalente ao 70 % da base mínima de cotización que corresponda pola actividade desempeñada no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos ou, no seu caso, no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.

Page 20: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

20

Cal é a duración?

A prestación poderá comezar a devindicarse con efectos do 1 de xuño de 2020 e terá unha duración máxima de 4 meses, sempre que a solicitude se presente dentro do primeiros quince días naturais de xullo. En caso contrario os efectos quedan fixados ao día seguinte da presentación da solicitude.

Existe obriga de cotizar durante a percepció da prestación?

Non existirá obrigación de cotizar, permanecendo o traballador en situación de alta ou asimilada ao alta no réxime de Seguridade Social correspondente.

Cales son as incompatibilidades?

Esta prestación será incompatible co traballo por conta allea e con calquera prestación de Seguridade Social que o beneficiario viñese percibindo salvo que fose compatible co desempeño da actividade como traballador por conta propia. Así mesmo será incompatible co traballo por conta propia cando os ingresos que se perciban durante o ano 2020 superen os 23.275 euros. Polo que se refire aos traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, a prestación por cesamento de actividade será incompatible ademais coa percepción das axudas por paralización da frota.

Poden solicitala os socios traballadores de sociedades cooperativas de traballo asociado?

Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado que optasen polo seu encuadramiento como traballadores por conta propia no réxime especial que corresponda terán dereito igualmente a esta prestación extraordinaria, sempre que reúnan os requisitos establecidos.

Page 21: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

21

A quen corresponderá a xestión desta prestación?

A xestión desta prestación corresponderá ás mutuas colaboradoras coa Seguridade Social ou ao Instituto Social da Mariña.

Cando se poderá solicitar?

O recoñecemento da prestación poderá solicitarse en calquera momento durante o período comprendido entre a entrada en vigor da norma (27 de xuño) e o mes de outubro de 2020. As entidades xestoras, de acordo coa solicitude presentada e os documentos no seu caso achegados, ditará a resolución provisional que sexa procedente, estimando ou desestimando o dereito.

Page 22: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

22

Xunto a estas medidas laborais, o real decreto-lei establece a creación do

Fondo Español de Reserva para Garantías de Entidades Electrointensivas FCPJ ( FERGEI), dotado inicialmente con 200 millóns de euros, a través do cal o Estado cobre os riscos que asumen os consumidores electrointensivos ao adquirir a enerxía eléctrica mediante contratos a medio e longo prazo.

As disposicións adicionais do real-decreto lei, entre outras medidas, delegan

na Comisión de Seguimento tripartita o seguimento das medidas e crean unha comisión de seguimento das medidas de apoio para recuperar a actividade dos autónomos no ámbito da Seguridade Social, a cal estará integrada polas persoas para o efecto designadas polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, así como pola Asociación de Traballadores Autónomos (ATA), a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos ( UPTA) e a Unión de Asociacións de Trabadores Autónomos e Emprendedores ( UATAE).

Tamén ordena formalizar por escrito no prazo dun mes os contratos de

traballo verbais dos pescadores vixentes no momento de entrada en vigor do Real decreto-lei (27 de xuño) e recoñece a condición " ultraperiférica" do arquipélago canario ata a reanudación do tráfico aéreo internacional.

Finalmente incorpora ao ordenamento xurídico unha directiva sobre a repatriación dos pescadores establecendo que os armadores de buques pesqueiros que enarboren pavillón español e entren nun porto estranxeiro deberán subscribir un seguro obrigatorio ou garantía financeira equivalente que garanta o dereito dos pescadores enrolados á repatriación ao seu país en determinados supostos.

Page 23: 1. Introdución€¦ · 4 Arts. 1 do RD-Lei 24/2020, do 26 de xuñO 1. Os ERTEs por forza maior regulados no artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, xa solicitados,

23

AVISO XURÍDICO IMPORTANTE

O presente texto está destinado únicamente ao seu uso como instrumento

documental. Ten carácter meramente informativo e non exhaustivo. Tampouco ten

carácter vinculante nin validez xurídica alguna, debendo comprobarse sempre a

súa vixencia e a exactitude dos datos nas fontes legais e administrativas

correspondentes. Por tanto, para fins xurídicos consulte os textos legais publicados

nos boletíns oficiais.

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de

Compostela non se fai responsable do seu contido.

Para calquera dúbida ou consulta, pode remitirnos un mail a [email protected] ou ben contactar telefónicamente no

981596800.