1.-Define as seguintes palabras relacionadas co deporteº... · – Non _[poñer, 2ª pl., pres....

15
1.-Define as seguintes palabras relacionadas co deporte: CAMBRA: APUPO: CHIFRE: CAMBADELA: SEAREIRO: BANCADA: MANIOTAS: ADESTRADOR: CANASTRA: XUTE: 2.- Colocar os pronomes persoais no lugar axeitado para que o enunciado teña sentido. 1. Se ... conta... a min (mo) eu non ... vou... revelar a Xan (llo). Por que ... digo... (cho)? Pois porque ...apetece... (me). 2. ...dixen ...(te ou che), ...dígo... (te ou che) e ...direi... (te ou che) que ... amo... (te ou che), que ... amei... (te ou che) e ... amarei ... (te ou che) para o resto dos meus días, miña parruliña! 3. ... contaron... (me) que ... puxeras... moi leda (te ou che) cando ... dixeron... (te ou che) que ... tocara... a lotaría do Nadal (te ou che), ... tocou... pouco (te ou che), mais algo ... tocou... (te ou che). 4. Mi madriña, ... saíu... a burra capada (te ou che) ... dixo...(lle) a nai ao fillo cando ... entregou... o boletín de notas falsificado (lle). 5. As redes sociais ... son... moito máis bonitas (te ou che) se ... pos... na nosa lingua (as). 6. Non ... vaias... (te ou che), rianxeira, que ... vas... marear (te ou che). Di a cantiga que tanto ... gusta ... (te ou che). 7. ... vou... comer... a bicos (te ou che), ... díxo... o pai ao seu bebeciño (lle) 8. A profesora ... mandou ... saír da clase (a) para que ... calmase... (se). Ela... fixo... (o) e ...calmou... axiña (se) 9. ... vexo ... moi ben de saúde (a), María, ...nóta... ben (selle) que ... coida... decote (se). 10. A nós ... gustan... as películas (nos) nas que non ... hai ... malos malísimos (che ou te)

Transcript of 1.-Define as seguintes palabras relacionadas co deporteº... · – Non _[poñer, 2ª pl., pres....

1.-Define as seguintes palabras relacionadas co deporte:

CAMBRA:

APUPO:

CHIFRE:

CAMBADELA:

SEAREIRO:

BANCADA:

MANIOTAS:

ADESTRADOR:

CANASTRA:

XUTE:

2.- Colocar os pronomes persoais no lugar axeitado para que o enunciado teña sentido.

1. Se ... conta... a min (mo) eu non ... vou... revelar a Xan (llo). Por que ... digo... (cho)? Pois porque ...apetece... (me).

2. ...dixen ...(te ou che), ...dígo... (te ou che) e ...direi... (te ou che) que ... amo... (te ou che), que ... amei... (te ou che) e ... amarei ... (te ou che) para o resto dos meus días, miña parruliña!

3. ... contaron... (me) que ... puxeras... moi leda (te ou che) cando ... dixeron... (te ou che) que ... tocara... a lotaría do Nadal (te ou che), ... tocou... pouco (te ou che), mais algo ... tocou... (te ou che).

4. Mi madriña, ... saíu... a burra capada (te ou che) ... dixo...(lle) a nai ao fillo cando ... entregou... o boletín de notas falsificado (lle).

5. As redes sociais ... son... moito máis bonitas (te ou che) se ... pos... na nosa lingua (as).

6. Non ... vaias... (te ou che), rianxeira, que ... vas... marear (te ou che). Di a cantiga que tanto ... gusta ... (te ou che).

7. ... vou... comer... a bicos (te ou che), ... díxo... o pai ao seu bebeciño (lle) 8. A profesora ... mandou ... saír da clase (a) para que ... calmase... (se). Ela... fixo... (o) e ...calmou... axiña (se) 9. ... vexo ... moi ben de saúde (a), María, ...nóta... ben (selle) que ... coida... decote (se). 10. A nós ... gustan... as películas (nos) nas que non ... hai ... malos malísimos (che ou te)

3. Completa estas palabras con h se o precisan.

__ectárea __irmán __ola __impo

__emisferio pro__ibir __orta __inchar

__ata __armónico alco__ol __ombro

ex__uberante ba__! __enrique __elena

__ipermercado __orfo __arpa __ernia

4.-Transforma este fragmento que está en estilo directo en estilo indirecto.

-Ti es ese que andas coa teima de atopar unha muller que se chame Isolda?

-Si, señor.

-Pois en Venta de Baños hai unha viúda con ese nome.

-Nova ou vella?

-Qué sei eu! Coido que é churreira.

Tanto tiña metido no seu maxín o noso Tristán a novela famosa, que non puido dubidar de que aquela

Isolda de Venta de Baños fose nova e fermosa.

Os outros feirantes (1979), Álvaro Cunqueiro

5.-Realiza un pequeno diálogo no que interveñan un árbitro de fútbol e un seareiro

6.- Utiliza sinónimos para os seguintes verbos:

ENLEAR:

SALIENTAR:

ENGADIR:

MATINAR:

XULGAR:

7.-Forma os antónimos destas palabras utilizando un prefixo:

DICIR SA ESPIONAXE

VANTAXE PERSOAL EMPREGO

SATISFEITO RESPONSABLE ENLEAR

8.- Coa axuda do dicionario define as seguintes palabras:

AZO:

ENXURRADA:

ARROMBAR:

GORENTAR:

REMORSO:

9.-Completa con B ou V:

–A miña moto ti__o unha a__aría a causa da forte chu__ia.

_Unha multitude de __ol__oretas in__adía os campos próximos á casa.

–O a__ogado ía no seu mara__illoso automó__il falando polo mó__il.

–Miña a__oa le__a__a na _olsa dous paquetes de a__elás.

–Mo__e ese sofá de __im__io que lle teño que pasar a __asoira ao chan do __estíbulo.

10.- Escribe a forma de indicativo que se indica:

Roer: 1ª sing. presente:

Oír:3ª sing.pret.imperfecto:

Seguir: 3ª sing. presente:

Sorrir: 2ª pl. pret. imperfecto:

Distribuír:1ª sing. presente:

Crer: 3ª pl.futuro:

Sentir: 2ª sing.presente:

Posuír: 2ª pl. pret. imperfecto:

Cubrir: 2ª sing. presente:

Atraer:1ª pl.presente:

11.- Conxuga os seguintes tempos verbais:

Presente de indicativo do verbo TUSIR:

Presente de subxuntivo do verbo DURMIR:

Pretérito imperfecto de indicativo do verbo MOER:

Pretérito perfecto de indicativo do verbo CONDUCIR:

Presente de indicativo do verbo FERIR:

Pretérito perfecto de indicativo do verbo CONSTRUÍR:

Presente de subxuntivo do verbo MOER:

Pretérito imperfecto de indicativo do verbo DIMINUIR:

Presente de indicativo do verbo PADECER:

12.- Subliña os complementos directos das seguintes oracións e indica que tipo de unidade desempeña a función de CD.

– As galiñas levounas a raposa.

– Os concelleiros non avisaron os veciños.

– Nas festas de San Froilán comen moito polbo.

– Betanzos vive a independencia musical.

– Os deportistas galegos teñen opcións claras para conseguir catro medallas.

–Rusia firma a paz con Xeorxia impulsada pola

13. Elixe a opción correcta.

A función de complemento directo pode estar desempeñada por:

a) Unha frase nominal, unha frase substantiva e o pronome persoal átono.

b) Unha frase substantiva, unha frase preposicional, unha frase adxectiva e un pronome persoal átono.

c) Unha frase nominal, unha frase substantiva, unha frase preposicional, unha oración e o pronome persoal átono.

14. Substitúe o pronome átono de complemento directo das seguintes oracións por un enunciado do tipo que se indica entre parénteses.

– Non a volverei ver ata final de curso (frase preposicional).

–Rompeuna cun martelo e non quedou nada dela (frase nominal).

– Miña nai tróuxoos para agasallar os meus amigos (frase substantiva).

– A estilográfica que me regalou tena de prata (frase nominal).

– Antón comeunos para contentar a súa avoa (frase substantiva).

– Leveino de paseo pola mañá cedo (frase preposicional).

15.-

PAMPÍN

Non sei se é nome ou alcume. Chámanlle Pampín. Se é nome propiamente, segundo os documentos, é

tamén alcume, nome feito por nós, por todos nós... Un nós de moita largueza, no que caben rafegas de

vento mariñeiro, disputas de gavotas arremuiñadas, escumas e ondas a correr pola area... É un mozote un

pouco fazuleiro, ancho e duro. Vai sempre cunha caniña pequena e ben arrefeitada como unha batuta. Vai

pola ribeira facendo moitos relanzos. E coa caniña mil estremonías. A un neno deulle dous croques tan

suaves, tan cheos de maxia, que o neno tivo unha súpeta e calada surrisa, e deixou de xogar un intre. A

outro quitoulle a boina e fíxoa xirar na punta da cana. De seguida devolveulla e seguiu asubiando non sei

que. Repara en todas as cousas, failles cariños ás pedras, e se algún sueste ou calquera outra prenda cae

dunha balconada, Pampín é sempre o que avisa.

Hai un pouco estaban dúas lanchas demasiado xuntas a bater. Pampín foi nunha gamela a desapartalas.

Onte –avenlle moitos días– axudou a turrar da rede. Pasaba por alí, e axudou. Cando chegou o cope,

Pampín divirtiuse moito poñendo medo a un neno cun cangrexo. Despois reparou nunha cunchiña

pequerrecha que fora copiando os ceos de moitas matinadas, colleuna e foise. Non se lembrou de cobrar o

quiñón. Certo é que despois volveu e apañou algúns peixiños que quedaran na area. Agora disque ten

mentes de ir navegar. Poida que si. Levará a súa caniña e irá petando amorosamente con ela nas cousas do

mundo. E cando, de volta, desembarque no peirao asubiando ou facendo que asubía, choutará pola ribeira

a noticia, inxel, estourante, lucinte: —¡Veu Pampín!

Rafael Dieste: Dos arquivos do trasno

16.- Sinala o tempo e o espazo deste relato (elementos da narración)

17.-Realiza un resumo do relato.

18.-Corrixe os seguintes castelanismos:

ACEITUNAS: BIZCOCHO GUISANTES:

MEMBRILLO: BESUGO: CONEXO:

CALAMAR: LECHUGA: ZANAHORIA:

RAPE: MERLUZA: PULPO:

19.- Escribe un enunciado coas seguintes palabras, no que se vexa claramente o seu significado.

– Chacinaría:

– Molete:

– Chícharos:

– Cachelos:

– Cabaciña:

– Porros:

20.- Indica, nas formas verbais subliñadas nos enunciados, o seguinte:

a. Tema e morfemas.

b. Persoa, número, tempo e modo.

c. Indica se son regulares ou irregulares.

– Era luns pola tarde e as horas marcharan nun asubío.

– Ás catro da tarde chegaba o tren que viña de Ribadeo.

– Quixemos achegarnos ao lugar sen que se desen conta.

– Pasarían moitos anos antes de que volvese acontecer outro feito coma aquel.

– Puñan as carteiras enriba da mesa e saían correndo a xogar.

– Fixestes unha boa trasnada.

21.- Completa os seguintes enunciados co verbo indicado en cada caso.

– Eu non _____ [espir, 1ª sg., pres. ind.] ao rapaz, se queres lo [espir, 1ª sg., pres. ind.) os dous xuntos.

_____ [amontoar, 3ª sg., pret. ind.] no faiado os xoguetes do seu fillo.

– Cando chamou, xa______[chegar, 1ª pl. antepret.] á casa.

– Dixo que xa lle _______[poñer, 2ª pl. pospret.] o ferrollo á porta.

– Xa____[andar, 3ª pl. copret.] moito cando os _ [coñecer, 3ª pl., pret.].

– Non _[poñer, 2ª pl., pres. subx.] os pés enriba da mesa.

22.-Conxuga o pretérito perfecto dos seguintes verbos irregulares e marca as súas raíces:

DAR-SER-PODER-SABER-DICIR-VER-VIR-ESTAR

23.-Conxuga o presente de subxuntivo dos seguintes verbos irregulares:

DAR-CABER-ESTAR-SER-PODER

24. Identifica se teñen ou non complemento indirecto as seguintes oracións. Ten en conta que non todas teñen CI.

Non CI Si CI

– Hai que lle subir un pouco ao pantalón __ __

– Regaloulles un xadrez aos fillos __ __

– Tiroulle a pelota á irmá __ __

– Tirou a pelota ao aire __ __

– O meu avó estache feito un mozo __ __

– Contou aquela historia ao público da sala __ __

– O director viu a obra de teatro e dixo que era boa __ __

25.Completa cada oración cun complemento indirecto.

– Dedicou unha canción ________________________________

– Pide o enderezo _____________________________________

– Ela indicou _________________________________________

– Xela dixo ___________________________________________

26.-Completa con n ou ñ:

SI…ALAR CA…O…AZO ENXE…OSO DA…ADO COMPO…ENTE XARDI…ERÍA ESTRA…EZA DESENGA…AR CO…ECEMENTO CA…AVAL

ALBA…ELERÍA ENDEMO…ADO

27. Subliña os complementos circunstanciais das seguintes oracións e indica de que tipo son.

– Fomos onte pola mañá de excursión.

– Na miña vila hai moitas moscas no verán.

– A semana pasada fostes pescar luras a Pedramea.

– Esta noite van cear cuns amigos de meu pai.

– Viviron naquela casa os primeiros anos da súa vida.

28.-Corrixe os erros que afectan ás vogais neste texto:

Nunca tuvera enemigos, pero o contratempo que sufrirá había uns meses indicaba ben ás claras que a

odiaban. E ela, incapaz ata daquela de sentir rencor soubo que, si aínda tiña forzas para seguir adiante,

debíallo ao inimaxinable pracer da venganza.

Día e noite vixiaban a garida do asesino. Tumbada na cama, axudada dos prismáticos, vía perfectamente

todo o que ocurría naquel sinestro edificio de en frente. Antes non adoitaba meter o fuciño na vida dos

demais, pero nun corto espazo de tempo, tamén as persoas coma ela podían sofrer transformacións

inexplicables.

Tomaba notas a diario incluíndo sempre rigurosos dibuxos do que observaba. Si alguna noite conseguía

dormir un par de horas, espertaba irritada polo seu descuido…Non deixaba que nada interrumpise a súa

única ocupación. A venganza é un prato que se sirve frío.

29.-Di que recursos estilísticos se están empregando nos seguintes versos:

O vento muxe como unha vaca

Que sorte e que delicia vivir neste mundo tan ben feito tan xusto e tan feliz.

Os corazóns dos homes feitos están de pedra

Do mar pola orela mireina pasar no bico unha estrela na fronte un cantar.

Digo cecais non digo

Choraba o monte e choraba a campía

30.-Observa a repetición de varias palabras ao longo deste texto. Para evitar que se repitan, substitúeas

por expresións equivalentes(sinónimos, pronomes persoais, adverbios)

Para saber quen somos os raposos hai que escoitar o que din os raposos e, ben o sabedes, os raposos non

temos boa prensa; nunca tivemos boa prensa os raposos. Aos raposos chámannos furafollas, periquiños,

sete mentiras, trasgos e como do que fomos os raposos ao que somos os raposos hai leria para nunca

acabar, e aínda nos queda aos raposos moita máis guerra que dar, convén, se vos parece, que me

prestedes atención, que escoitedes e aprendades, que no que nos pasou aos raposos está o fermento do

que nos vai pasar aos raposos.

Antonio Reigosa: Memorias dun raposo

31.- Corrixe os seguintes castelanismos:

CUNA TENEDOR TALADRO CUCHARA

ALAMBRE PARRILLA SARTÉN TUERCA

PAÑAL CUCHILLO LEXÍA ALFILER

CANDADO SONAXEIRO SACACORCHOS ESPRIMIDOR

PLANCHA DESTORNILLADOR

32.-Subliña os adverbios e as locucións adverbiais que atopes nas seguintes oracións e indica de que

clase son:

a)Abofé que a cociña parece bastante grande.

b)Non esperamos fóra polos teus amigos?

c)Seica se divertiu abando na festa de antonte.

d)Daquela a muller viña a miúdo pola nosa casa.

e)É moito mellor que escollas un ao chou.

33.-Substitúe o subliñado por un destes adverbios ou locucións:

A cotío, a miúdo, ao chou, a carón, por aí, se cadra, apenas

-Chegará a tempo? Quizais si, pois a súa casa está mesmo aí ao lado.

-Ese é un bo traballo para Rafa, non ves que está de bo humor en todo momento?

-Non ten boa saúde e case non traballa.

-Esa cazadora debeuche custar aproximadamente uns douscentos euros.

-Meu pai fai a quiniela frecuentemente; pero… pon os signos a rumbo!

34.-Completa cada oración cunha forma en voz pasiva do verbo que se indica:

-Vós……….por todas as compañeiras e os compañeiros . QUERER

-O permiso xa…………..o día anterior. PEDIR

-Esta exposición …………………mañá pola concelleira de cultura. INAUGURAR

-A nosa casa ……………………polo meu avó no ano 1960. CONSTRUÍR

- Os poemas …………..polo propio autor. RECITAR

35.-Localiza o complemento axente en cada unha das oracións do exercicio anterior.

36.-Escribe correctamente estas palabras, completándoas con l ou r.

P…AIA ANUB…ADO C…AREXAR P…ACIDAMENTE

INF…AMACIÓN INSENSIB…E P…ATA DESP…AZARSE

REF…EXIONAR P…AGA P…EAMAR DIAB…URA

37.-Completa con l ou r en cada palabra, segundo a familia á que pertenza:

Rec…utar rép…ica sop…ete sup…ir desemp…ego f…oreiro

b…anquear ab…andar af…ouxar ap…azamento f…autista c…ausurar

p…anificar c…avo transp…antar desp…umar pub…icación cump…ido

esc…avitude ob…igación súp…ica ac…aración ap…icación p…ácido

38.-Forma substantivos derivados destes verbos usando sufixos:

ADESTRAR ESMAGAR MOLLAR PERCORRER SUBIR

EMPUXAR CHEGAR TECER FREAR MOVER

39.-Substitúe o subliñado por unha preposición: perante, durante, sen, mediante, agás, canda, onda, segundo, malia.

-Chegou ao mesmo tempo ca nós e pasou alí a tarde enteira, no mesmo sitio ca Isabel.

-Ninguén conseguiu entrar a non ser ti! Pero foi por medio da túa tía.

-A pesar de atrasarse un pouco, aínda puido firmar o contrato estando diante o notario.

-Desde o punto de vista de André, é mellor quedar privados de recreo ao longo de todo o mes.

40.-Subliña as contraccións nas que haxa algunha preposición e indica por que palabras está formada cada unha:

Nestas vacacións, polas tardes, penso ir á Praia cos amigos. Alí xuntarémonos cuns rapaces que xa coñecemos doutros anos e aproveitaremos o tempo ao máximo. Diso esttou segura! Dalgúns non sei nada dende hai tempo, pero acórdome ben deles. E moito tempo, pero acórdome ben deles. E moito levo pensado nalgún! Si, naquel tan guapo; dese lémbrome máis. Pero dentro duns días…

41.-Define as seguintes oracións segundo o suxeito e segundo a natureza do predicado:

a) Saíron do partido con moita présa.

b)Fuches atendida por un médico.

c)Moncho marchou ás catro para Vigo.

d)Pola tarde estaban moi contentos.

e)Acabamos o bocadillo en dous minutos.

42.-Analiza sintácticamente (EN ÁRBORE) as cláusulas b), c) ,e d) do exercicio anterior.

43.-Completa con CC ou C:

SELE….IÓN FRA….IONAR INTRODU…IÓN AFE…IONADO DI…IONARIO

CON –CT-/-T-:

RESPE….AR CONDU….OR CONFLI…O DI….ADO OBXE…..O

44.-a) Cales son os principais subxéneros teatrais?

b)Explica cales son as características principais da comedia

c)Como se marca nunha obra teatral o cambio de acto?

d)Como se indica nunha obra teatral o cambio de escena?