04c a consolidación dos reinos europeos
Transcript of 04c a consolidación dos reinos europeos
A CONSOLIDACIÓN DOS REINOS EUROPEOS
2º ESO
Roberto López
A partir do século XII aumentou a produción agrícola en Europa.
Isto produciuse por varias causas:
Cultiváronse novas terras. Implantouse a rotación trienal de
cultivos. Introducíronse novas técnicas: arado
de veso, novos cultivos e a xeneralización do regadío e os muíños.
Como consecuencia, mellorou a alimentación e a poboación medrou.
1. A mellora da agricultura e o crecemento da poboación
Rotación trienal
Arado de veso
O comercio coñeceu un gran desenvolvemento a partir do século XII.
A causa foi que, ao aumentar a poboación, demandábanse máis produtos, e había que transportalos.
Había dúas rutas marítimas principais: a ruta do Mediterráneo e a ruta do Atlántico e o Báltico.
O desenvolvemento do comercio e a banca
Medios de transporte Principais rutas do comercio medieval
Os mercadores intercambiaban os seus produtos nas feiras. O comercio veuse favorecido pola aparición de novas técnicas
bancarias: créditos e letras de cambio.
Letra de Cambio
Feira medieval de Zafra (Badaxoz)
A partir do século XII as cidades volveron medrar. Aínda así, as cidades medievais eran pequenas, as máis grandes tiñan 50.000 habitantes.
2. O RENACER DAS CIDADES
Principais cidades medievais españolas
Cidade medieval de Carcassonne. Francia
As cidades medraron por distintas causas:
A emigración dos campesiños, atraídos pola liberdade que ofrecían as cidades.
Ofrecen mellores condicións de vida.
A instalación dos mercadores, porque nas cidades se situaban os mercados.
As cidades tiñan o seu propio goberno, o concello.
As causas do crecemento das cidades
Torre da pólvora (último vestixo do Concello medieval) . Praga
O goberno das cidades
As cidades combinaban funcións relixiosas, administrativas e económicas
Cada cidade contaba co seu goberno: Primeiro unha asemblea de veciños Despois formáronse concellos resididos polo alcalde Estes concellos foron quedando nas mans de familias ricas.
Os concellos ocúpanse de aspectos como a seguridade e defensa da cidade, recadación de impostos , hospitais, escolas, …
Había grandes diferenzas entre eles:
Propietarios moi ricos e principais mercadores. Controlan o goberno da cidade
Artesáns e tendeiros modestos. Son a maioría da poboación.
Pobres e marxinados . Non teñen traballo e mendigaban.
Nas cidades tamén había aljamas ou
xudarías e mourarías
Os habitantes das cidades
Os habitantes das cidades eran os burgueses.
3. A CIDADE MEDIEVAL
As cidades medievais
Están rodeadas de murallas con portas que se
pechan pola noite
As casas son de madeira, moi xuntas e con
pequenas hortas
Divídense en barrios con rúas
estreitas e sinuosas sen
empedrar Os edificios importantes son
a catedral, o concello a lonxa
e os palacios
O ambiente é moi insán. Non hai sumidoiros, nin recollida de lixo
O crecemento da poboación e das cidades provocou un aumento do número de artesáns.
Os artesáns elaboraban os seus produtos a man, con poucas ferramentas.
O centro de traballo era o obradoiro, que estaba situado na vivenda do propietario e tiña un reducido número de traballadores.
Os artesáns dunha mesma profesión vivían na mesma rúa
4. O AUXE DA ARTESANÍA. Os artesáns
Os artesáns dun mesmo oficio asociábanse en gremios,
Cada gremio tiña un estatuto, no que se especificaban as normas do oficio.
Os gremios controlaban a produción,as materias primas, o número de traballadores, a xornada de traballo, a calidade dos produtos e os prezos.
Os gremios
Os gremios ocupábanse de axudar aos seus membros, atendendo a enfermos, viúvas e orfos. As veces creaban hospitais para os seus membros e familiares
O oficial era o traballador experto do obradoiro. Recibía un salario polo traballo.
O aprendiz era un mozo que quería aprender o oficio. Traballaba sen percibir un salario, vivía na casa do mestre e era mantido por el.
A composición dos oficios
Cada oficio estaba dividido en tres categorías de artesáns:
O mestre era o dono do obradoiro. Obtiña os beneficios e sufría as perdas. Eran os que dirixían e controlaban o gremio.
A partir do século XII os reis foron aumentando o seu poder
dentro dos seus reinos: Crearon exércitos propios e impuxéronse aos señores feudais. Fortaleceron a administración e as leis.
5. O REFORZAMENTO DAS MONARQUÍAS
O rei e a súa corte
Aliáronse coas cidades, ás que
concederon cartas de liberdades e privilexios, a cambio de que os axudasen na súa loita contra os nobres.
Reinos europeos no século XIV
Os reis comezaron a convocar Cortes ou Parlamentos. Neles estaban representados os nobres, os clérigos e algunhas cidades. Deste xeito, os reis pretendían reducir o poder dos nobres.
Os reis loitaron contra os nobres e entre eles para ampliar os seus dominios.
Os conflitos tiñan a súa orixe en disputas sucesorias ou polo desexo de ampliar as fronteiras dos distintos reinos
Creación dos parlamentos e enfrontamento entre reinos
O rei Xaime I preside unha sesión das Cortes de Aragón
6. A CRISE DO SÉCULO XIV
Causas da crise
FAME GUERRAS PESTE
Malas colleitas
(esgotamento das terras)
Cambios de
cultivos (para a industria)
Guerra dos Cen anos
Rebelións
campesiñas
Revoltas urbanas
A desnutrición e as malas condicións hixienicas
facilitaron a propagación