º EI... · Web viewSon moitosos pintores que nassúas obras plasman unha gran variedade de...

5
PROPOSTA SEMANA DO 20 – 26 ABRIL (6º EDUCACIÓN INFANTIL) Ola familias! Xa estamos comezandounha nova semana, e para non olvidarnos dos bos hábitos, imostraballar un pouquiño sobre algo tan importante como son as froitas e as verduras. Para iso, aquí tedes diferentes tipos de actividades-xogos, que nos gustaría que realizásedes. Podédesnos mandar fotos das vosasproduciónsfinais, vale? 1. Puzzle online de froitas http://es.hellokids.com/c_26384/juegos-gratuitos/juegos-de- puzzles/puzzles-infantiles-animales/puzle-de-petizoo Ademáis destepuzzle, nestapáxinahai varias actividades interesantes; botádelles un ollo e aquelas que fagades, nolodicides. 2. Xogo online de clasificar froitas e verduras. https://www.minilandgroup.com/playminiland/frutas-y- hortalizas.html 3. Comidas divertidas

Transcript of º EI... · Web viewSon moitosos pintores que nassúas obras plasman unha gran variedade de...

PROPOSTA SEMANA DO 20 – 26 ABRIL (6º EDUCACIÓN INFANTIL)

Ola familias!

Xa estamos comezandounha nova semana, e para non olvidarnos dos bos hábitos, imostraballar un pouquiño sobre algo tan importante como son as froitas e as verduras. Para iso, aquí tedes diferentes tipos de actividades-xogos, que nos gustaría que realizásedes. Podédesnos mandar fotos das vosasproduciónsfinais, vale?

1. Puzzle online de froitas

http://es.hellokids.com/c_26384/juegos-gratuitos/juegos-de-puzzles/puzzles-infantiles-animales/puzle-de-petizoo

Ademáis destepuzzle, nestapáxinahai varias actividades interesantes; botádelles un ollo e aquelas que fagades, nolodicides.

2. Xogo online de clasificar froitas e verduras.

https://www.minilandgroup.com/playminiland/frutas-y-hortalizas.html

3. Comidas divertidas

Ao longo do día, soemosfacer varias comidas: almorzo, xantar, merenda e cea, principalmente. Pois ben, nalgúndestes momentos gustaríanos que lledésedes renda solta á vosaimaxinación, e que fagadespratosorixinais. Pero a actividade non só consistirá en “decorar un prato”, senón que queremos abordar, tamén, a lectoescritura e a lóxica-matemática. Para iso, unha vez que rematedes coa vosa propia creación, queremos que anotedes todo aquilo que necesitástedes.

Por exemplo, na próxima creación necesitamos: unha hortaliza (cenoura) e froitas (dous arándanos e dúas mandarinas). A mandarina descompuxémola en vinte pedazos (“gajos” en castelán) e fixemosunha forma circular. Logo, cos arándanos…

Entendedes? Quedan aquí varios exemplos.

4. Cómo xerminar un cítrico (laranxa, limón…)

Seguro que pola casa todos tedes un limón, ouunhalaranxa… Pois ben, con esta froita, queremos que realices unhaxerminación e para que vos axude, tedes aquí o enlace a un vídeo onde se explica cómo facelo.

Gustaríanos que fagades un vídeo conenoou nena onde explique o que fixo e os coidadosprestadostódolos días (esta actividade será para observar no día a día os cambios que se van producindo).

https://www.youtube.com/watch?v=fOYj_S7zfOw&feature=youtu.be

5. Sopa de froitas

6. Arte con alimentos

Son moitosos pintores que nassúas obras plasman unha gran variedade de alimentos, como, por exemplo: Giuseppe Arcimboldo (a súa obra El verano), Pablo Picasso (La botella de vino)…Poisnesta ocasión, queremos que sexan os nenos e nenas os que se convirtan en auténticos pintores. Para iso, propoñémosvos que indaguedes sobre esta temática e intentedes reproducir algunha obra artística onde aparezan alimentos. Explicádelleaosvososfillos e fillasquen é o pintor, como se chama a obra, qué é o que aprecia nese cuadro… Incluso podedes “filosofar” un pouco con eles e preguntarlles, por exemplo: que che parece ese cuadro? que nos querría dicir o pintor? que cores utiliza? E, para os atrevidos, tamén podemos traballar se son obras abstractas, realistas…