§ 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para...

28
§ 4 LEI 50/1997, DO 27 DE NOVEMBRO (XEFATURA DO ETADO), DO GOBERNO («BOE» núm. 285, do 28 de novembro de 1997) EXPOICIÓN DE MOTIVO Desde a aprobación da Constitución española en 1978, pode observarse con satisfacción cómo o seu espírito, princi- pios e artigos tiveron o correspondente desenvolvemento normativo en textos de rango legal, impulsando un período de fecunda produción lexislativa para incorporar plenamente os principios democráticos ao funcionamento dos poderes e institucións que conforman o Estado español. En efecto, o conxunto dos poderes e órganos constitucio- nais foron obxecto de leis que, con posterioridade á Constitu- ción, establecen as pautas da súa organización, competencia e normas de funcionamento á luz da norma vértice do noso ordenamento democrático. Existe, no entanto, un relevante ámbito dos poderes cons- titucionais ao que aínda non chegou o desenvolvemento legal da Constitución. Tal é o caso do núcleo esencial da configu- ración do poder executivo como é o propio Goberno. En efecto, carece aínda o Goberno, como supremo órgano da dirección da política interior e exterior do Reino de España, de texto legal que considere a súa organización, competencia e funcionamento no espírito, principios e texto constitucio- nal. Tal é o importante paso que se con esta lei. A Constitución de 1978 establece os principios e criterios básicos que deben presidir o réxime xurídico do Goberno, 239

Transcript of § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para...

Page 1: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

239

§ 4   LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura dO ES­tadO), dO GObErnO

(«bOE» núm. 285, do 28 de novembro de 1997)

EXPOS­ICIÓn dE mOtIvOS­

desde a aprobación da Constitución española en 1978, pode observarse con satisfacción cómo o seu espírito, princi-pios e artigos tiveron o correspondente desenvolvemento normativo en textos de rango legal, impulsando un período de fecunda produción lexislativa para incorporar plenamente os principios democráticos ao funcionamento dos poderes e institucións que conforman o Estado español.

En efecto, o conxunto dos poderes e órganos constitucio-nais foron obxecto de leis que, con posterioridade á Constitu-ción, establecen as pautas da súa organización, competencia e normas de funcionamento á luz da norma vértice do noso ordenamento democrático.

Existe, no entanto, un relevante ámbito dos poderes cons-titucionais ao que aínda non chegou o desenvolvemento legal da Constitución. tal é o caso do núcleo esencial da configu-ración do poder executivo como é o propio Goberno. En efecto, carece aínda o Goberno, como supremo órgano da dirección da política interior e exterior do reino de España, de texto legal que considere a súa organización, competencia e funcionamento no espírito, principios e texto constitucio-nal. tal é o importante paso que se dá con esta lei.

a Constitución de 1978 establece os principios e criterios básicos que deben presidir o réxime xurídico do Goberno, 

239

Page 2: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

240

§ 4 sendo o seu artigo 97 o precepto clave na determinación da posición constitucional deste.

asemade, o artigo 98 contén un mandato dirixido ao lexislador para que este proceda ao correspondente desen-volvemento normativo do citado órgano constitucional no que se refire á determinación dos seus membros e ao estatuto e incompatibilidades destes.

Por outra banda, o Goberno non pode ser privado das súas características propias de orixe constitucional se non é a través dunha reforma da Constitución («garantía institucio-nal»). agora ben, a potestade lexislativa pode e debe operar autonomamente sempre e cando non cheguen a infrinxirse principios ou normas constitucionais.

Por iso, no que se refire a aspectos orgánicos, procede-mentais ou funcionais, esta lei aparece como conveniente; e, en canto se trate de precisar e desenvolver as previsións con-cretas de remisión normativa contida na Constitución, a lei aparece como necesaria. avala ademais a pertinencia deste texto o feito de que a organización e o funcionamento do Goberno se atopa en textos legais espallados, algúns deles preconstitucionais, e, por tanto, non de todo coherentes co contido da nosa Carta magna.

tres principios configuran o funcionamento do Goberno: o principio de dirección presidencial, que lle outorga ao pre-sidente do Goberno a competencia para determinar as direc-trices políticas que deberá seguir o Goberno e cada un dos departamentos; a colexialidade e a consecuente responsabili-dade solidaria dos seus membros; e, por último, o principio departamental, que lle outorga ao titular de cada departa-mento unha ampla autonomía e responsabilidade no ámbito da súa respectiva xestión.

desde estas premisas, no título I regúlase a posición constitucional do Goberno, así como a súa composición, coa distinción entre órganos individuais e colexiados. asemade, destácanse as  funcións que, con especial  relevancia,  lle corresponden ao presidente e mais ao Consello de ministros. así mesmo, regúlase a creación, composición e funcións das comisións delegadas do Goberno, órganos cunha aquilatada tradición no noso dereito.

Page 3: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

241

§ 4En efecto, o artigo 98.1 da nosa Carta magna establece unha composición fixa –aínda con elementos dispoñibles– do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos seus compoñentes. neste sentido, óptase agora por un desenvol-vemento estrito do precepto constitucional, considerando como membros do Goberno o presidente, os vicepresidentes cando existan, e os ministros. En canto á posición relativa dos membros do Goberno, destácase a importancia do presi-dente, con fundamento no principio de dirección presiden-cial, dado que deste depende, en definitiva, a existencia mesma do Goberno. O dereito comparado é practicamente unánime en consagrar a existencia dun evidente desequili-brio institucionalizado entre a posición do presidente, de supremacía, e a dos demais membros do Goberno. a nosa Constitución e, por tanto, tamén a lei adscríbense decidida-mente á dita tese.

mantense, como non podía ser doutro xeito, o carácter dispoñible dos vicepresidentes, a existencia real dos cales en cada formación concreta do Goberno dependerá da decisión do presidente. non se estimou conveniente, por outra banda, aumentar cualitativamente o número de categorías dos que poden ser membros do Goberno aínda cando esa posibili-dade está permitida polo inciso derradeiro do artigo 98.1. neste sentido, se ben se considera expresamente a figura dos ministros sen carteira, non cabe dúbida de que a súa conside-ración é precisamente a de ministros. E desde esa posición, desempeñan unha función política, encargándose de tarefas que non corresponden, en principio nin en exclusiva, a un dos departamentos existentes. non son, en consecuencia, esoutros posibles membros do Goberno a que se refire o artigo 98.1 da Constitución.

Polo que respecta aos secretarios de Estado, óptase por potenciar o seu «status» e o seu ámbito funcional sen chegar a incluílos no Goberno. S­erán órganos de colaboración moi cualificados do Goberno, pero non membros, se ben a súa importancia destaca sobre o resto de órganos de colabora-ción e apoio en virtude da súa fundamental misión á fronte de importantes parcelas de actividade política e administra-tiva, o que os converte, xunto cos ministros, nun engarza-mento fundamental entre o Goberno e a administración.

Page 4: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

242

§ 4 O texto regula, así mesmo, a Comisión Xeral de S­ecreta-rios de Estado e S­ubsecretarios, con funcións preparatorias do Consello de ministros, o S­ecretariado do Goberno e os gabinetes.

O título II dedícase a regular o estatuto dos membros do Goberno –cumprindo o mandato contido no artigo 98.4 da Constitución– e, en especial, os requisitos de acceso ao cargo, o seu nomeamento e cesamento, o sistema de suplen-cias e o réxime de incompatibilidades.

Igualmente contéñense as normas sobre nomeamento, cesamento, suplencia e incompatibilidades dos secretarios de Estado, e o réxime de nomeamento e cesamento dos direc-tores de gabinete.

no título III pormenorízanse, dentro dos lóxicos límites que impón o rango da norma, as regras de funcionamento do Goberno, con especial atención ao Consello de ministros e aos demais órganos do Goberno e de colaboración e apoio a este. tamén se inclúe unha referencia especial á delegación de competencias, fixando con claridade os seus límites, así como as materias que resultan indelegables.

O título Iv dedícase exclusivamente a regular o Goberno en funcións, unha das principais novidades da lei, con base no principio de lealdade constitucional, delimitando a súa propia posición constitucional e entendendo que o obxectivo último de toda a súa actuación radica na consecución dun normal desenvolvemento do proceso de formación do novo Goberno.

Por último, no título v regúlase o procedemento para o exercicio polo Goberno da  iniciativa  lexislativa que  lle corresponde, comprendendo dúas fases principais nas que intervén o Consello de ministros, asumindo a  iniciativa lexislativa, nun primeiro momento, e culminando coa apro-bación do proxecto de lei.

regúlase, así mesmo, o exercicio da potestade regula-mentaria, con especial referencia ao procedemento de elabo-ración  dos  regulamentos  e  á  forma  das  disposicións  e resolucións do Goberno, dos seus membros e das comisións delegadas. deste xeito, o texto procede a unha ordenación das normas regulamentarias con base nos principios de xerar-quía e de competencia, criterio este último que preside a 

Page 5: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

243

§ 4relación entre os reais decretos do Consello de ministros e os reais decretos do presidente do Goberno, a parcela propia dos cales se sitúa na materia funcional e operativa do órgano complexo que é o Goberno.

finalmente,  regúlanse diversos xeitos de control dos actos do Goberno, de conformidade co establecido pola nosa Constitución e pola nosa xurisprudencia constitucional e ordinaria, coa finalidade de garantir o control xurídico de toda a actividade do Goberno no exercicio das súas fun-cións.

TÍTULO PRIMEIRO

Do Goberno: composición, organización e órganos de colaboración e apoio

CaPÍtuLO PrImEIrO

do Goberno, a súa composición, organización e fun-cións

Artigo 1.  Do Goberno.–1.  O Goberno dirixe a polí-tica interior e exterior, a administración civil e militar e a defensa do Estado. Exerce a función executiva e a potestade regulamentaria de acordo coa Constitución e as leis (1).

2.  O Goberno componse do presidente, do vicepresi-dente ou vicepresidentes, se é o caso, e dos ministros (2).

3.  Os membros do Goberno reúnense en Consello de ministros e en comisións delegadas do Goberno (3).

Art. 2.  Do presidente do Goberno.–1.  O presidente dirixe a acción do Goberno e coordina as funcións dos demais 

 (1)  artigo 97 da Constitución española do 27 de decembro de 1978.véxase a Orde aPu/516/2005, do 3 de marzo, pola que se dispón a publicación 

do acordo do Consello de ministros do 18 de febreiro de 2005, polo que se aproba o código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos cargos da administración xeral do Estado (§ 21).

 (2)  véxase o artigo 98.1 da Constitución española. (3)  véxanse os artigos 5, 6 e 18 desta lei.

Page 6: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

244

§ 4 membros deste, sen prexuízo da competencia e responsabili-dade directa dos ministros na súa xestión (4).

2.  En  todo  caso,  correspóndelle  ao  presidente  do Goberno:

a)  representar o Goberno.b)  Establecer o programa político do Goberno e deter-

minar as directrices da política interior e exterior (5) e velar polo seu cumprimento.

c)  Propoñerlle ao rei, logo de deliberación do Consello de ministros, a disolución do Congreso, do S­enado ou das Cortes Xerais (6).

d)  Promover ante o Congreso dos deputados, logo de deliberación do Consello de ministros, a cuestión de con-fianza (7).

e)  Proporlle ao rei a convocatoria dun referendo consul-tivo, logo de autorización do Congreso dos deputados (8).

f)  dirixir a política de defensa e exercer respecto das forzas armadas as funcións previstas na lexislación regula-dora da defensa nacional e da organización militar (9).

g)  Convocar, presidir e fixar a orde do día das reunións do Consello de ministros, sen prexuízo do previsto no arti-go 62.g) da Constitución (10).

h) referendar, se é o caso, os actos do rei e someterlle, para a súa sanción, as leis e demais normas con rango de lei, de acordo co establecido nos artigos 64 e 91 da Constitución.

i) Interpor o recurso de inconstitucionalidade (11).

 (4)  artigo 98.2 da Constitución española.Polo real decreto 405/1992, do 24 de abril («bOE» núm. 107, do 4 de maio), 

regúlase o estatuto dos ex-presidentes do Goberno. (5)  véxase  o  real  decreto  1412/2000,  do  21  de  xullo  («bOE»  núm.  175, 

do 22 de xullo), de creación do Consello de Política Exterior. (6)  véxase o artigo 115.1 da Constitución española do 27 de decembro de 1978. (7)  véxanse  os  artigos  112  da  Constitución  española  e  173  e  174  do 

regulamento  do  Congreso  dos  deputados  do  10  de  febreiro  de  1982  («bOE» núm. 55, do 5 de marzo).

 (8)  véxanse os artigos 92.2 da Constitución española e 161 do regulamento do Congreso dos deputados do 10 de febreiro de 1982.

 (9)  véxase o artigo 6 da Lei orgánica 5/2005, do 17 de novembro («bOE» núm. 276, do 18 de novembro; supl. gal. núm. 12, do 1 de decembro), da defensa nacional.

 (10)  véxase o artigo 18 desta lei. (11)  véxanse  os  artigos  162.1.a)  da  Constitución  española  e  32.1  da  Lei 

orgánica 2/1979, do 3 de outubro («bOE» núm. 239, do 5 de outubro), do tribunal 

Page 7: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

245

§ 4j)  Crear, modificar e  suprimir, por  real decreto, os departamentos ministeriais,  así  como as  secretarías  de Estado. así mesmo, correspóndelle a aprobación da estru-tura orgánica da Presidencia do Goberno (12).

k) Proporlle ao rei o nomeamento e separación dos vicepresidentes e dos ministros (13).

l) resolver os conflitos de atribucións que poidan xur-dir entre os diferentes ministerios.

m) Impartirlles  instrucións aos demais membros do Goberno (14).

n) Exercer  cantas outras  atribucións  lle  confiran a Constitución e as leis.

Art.  3. Do vicepresidente ou vicepresidentes do Goberno.–1.  ao vicepresidente ou vicepresidentes, cando existan, corresponderalles o exercicio das funcións que lles encomende o presidente (15).

2.  O vicepresidente que asuma a titularidade dun departa-mento ministerial posuirá, ademais, a condición de ministro.

Art. 4.  Dos ministros (16).–1.  Os ministros, como titulares dos seus departamentos, teñen competencia e res-ponsabilidade na esfera específica da súa actuación, e corres-póndelles o exercicio das seguintes funcións:

a)  desenvolver a acción do Goberno no ámbito do seu departamento, de conformidade cos acordos adoptados en Consello de ministros ou coas directrices do presidente do Goberno.

b)  Exercer a potestade regulamentaria nas materias pro-pias do seu departamento.

Constitucional. (12)  véxanse  os  artigos  103.2  da  Constitución  española  de  1978  e  5  da 

Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da administración xeral do Estado (§ 2).

véxase, así mesmo, o real decreto 560/2004, do 19 de abril («bOE» núm. 96,  do 20 de abril) polo que se reestrutura a Presidencia do Goberno.

 (13)  véxanse os artigos 62.e) e 100 da Constitución española. (14)  véxase o artigo 98.2 da Constitución española. (15)  véxase o real decreto 554/2004, do 17 de abril («bOE» núm. 94, do 18 

de abril), sobre as vicepresidencias do Goberno. (16)  véxanse os artigos 12 e 13 da Lei de organización e funcionamento da 

administración xeral do Estado (§ 2).

Page 8: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

246

§ 4 c)  Exercer cantas outras competencias lles atribúan as leis, as normas de organización e funcionamento do Goberno e calquera outra disposición.

d)  referendar, se é o caso, os actos do rei en materia da súa competencia.

2.  ademais dos ministros titulares dun departamento, poderán existir ministros sen carteira, aos que se lles atri-buirá a responsabilidade de determinadas funcións goberna-mentais.

Art. 5. Do Consello de Ministros.–1.  ao Consello de ministros, como órgano colexiado do Goberno, correspón-delle (17):

a)  aprobar os proxectos de lei e a súa remisión ao Con-greso dos deputados ou, se é o caso, ao S­enado (18).

b)  aprobar o proxecto de Lei de orzamentos xerais do Estado (19).

c)  aprobar os reais decretos lei e os reais decretos lexis-lativos (20).

d)  acordar a negociación e sinatura de tratados interna-cionais, así como a súa aplicación provisional.

e)  remitir os tratados internacionais ás Cortes Xerais nos  termos previstos nos artigos 94 e 96.2 da Constitu-ción (21).

 (17)  véxanse os artigos 97 da Constitución española e 88.3 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

 (18)  véxanse os artigos 87 e 88 da Constitución. (19)  véxanse  os  artigos  134  da  Constitución  española;  133  a  135  do 

regulamento  do  Congreso  dos  deputados  do  10  de  febreiro  de  1982  («bOE» núm. 55,  do  5  de  marzo),  e  148  a  151  do  regulamento  do  S­enado  do  3  de  maio de 1994 («bOE» núm. 114, do 13 de maio).

 (20)  véxanse os artigos 82 e 86 da Constitución e 151 a 153 do regulamento do Congreso dos deputados.

téñase en conta, así mesmo, o artigo 21.3 da Lei orgánica 3/1980, do 22 de abril («bOE» núm. 100, do 25 de abril), do Consello de Estado, conforme a redacción que lle deu a Lei orgánica 3/2004, do 28 de decembro («bOE» núm. 313, do 29 de decembro; supl. gal. núm. 3, do 1 de xaneiro de 2005; c. erros núm. 1, do 1 de marzo).

 (21)  téñanse en conta os artigos 63.2 e 93 a 96 da Constitución española, 154 a 160 do regulamento do Congreso dos deputados e 144 a 147 do regulamento do S­enado.

véxase, así mesmo, o decreto 801/1972, do 24 de marzo («bOE» núm. 85, do 8 de abril), sobre ordenación da actividade da administración do Estado en materia de tratados internacionais. 

Page 9: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

247

§ 4f)  declarar os estados de alarma e de excepción e pro-porlle ao Congreso dos deputados a declaración do estado de sitio (22).

g)  dispor a emisión de débeda pública ou contraer cré-dito, cando fose autorizado por unha lei (23).

h)  aprobar os regulamentos para o desenvolvemento e a execución das leis, logo de ditame do Consello de Estado, así como as demais disposicións regulamentarias que proce-dan (24).

i)  Crear, modificar e suprimir os órganos directivos dos departamentos ministeriais (25).

j) adoptar programas, plans e directrices vinculantes para todos os órganos da administración xeral do Estado.

k) Exercer  cantas outras  atribucións  lle  confiran a Constitución, as leis e calquera outra disposición.

2.  Ás reunións do Consello de ministros poderán asistir os secretarios de Estado cando sexan convocados.

3.  as deliberacións do Consello de ministros serán secretas.

Art. 6. Das comisións delegadas do Goberno (26). 1.  a creación, modificación e supresión das comisións 

 (22)  véxanse  os  artigos  116  da  Constitución  española,  162  a  165  do regulamento  do  Congreso  dos  deputados  do  10  de  febreiro  de  1982  («bOE» núm. 55, do 5 de marzo) e 6, 13 e 32 da Lei orgánica 4/1981, do 1 de xuño («bOE» núm. 134, do 5 de xuño), reguladora dos estados de alarma, excepción ou sitio.

 (23)  véxase o artigo 135 da Constitución española. (24)  véxase o artigo 97 da Constitución española. téñase en conta, así mesmo, 

o artigo 22.3 da Lei orgánica do Consello de Estado do 22 de abril de 1980 («bOE» núm. 100, do 25 de abril).

 (25)  véxase  o  artigo  10  da  Lei de  organización  e  funcionamento  da administración xeral do Estado (§ 2).

 (26)  Os  artigos  1  a  6  do  real  decreto  1194/2004,  do  14  de  maio  («bOE» núm. 120,  do  18  de  maio)  polo  que  se  determina  a  composición  das  comisións delegadas do Goberno, dispoñen:

«artigo  1.  Comisións delegadas do Goberno e funcións.—1.  ademais  das que se constitúan por lei, as comisións delegadas do Goberno serán as seguintes:

a)  Comisión delegada do Goberno para S­ituacións de Crise.b)  Comisión delegada do Goberno para asuntos Económicos.c)  Comisión delegada do Goberno para asuntos de  Investigación Científica 

e  desenvolvemento  e  Innovación  tecnolóxica.  (S­uprimida  polo  real  decreto 1859/2004, do 6 de setembro).

Page 10: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

248

§ 4 delegadas do Goberno será acordada polo Consello de minis-tros mediante real decreto, por proposta do presidente do Goberno.

d)  Comisión delegada do Goberno para Política autonómica.2.  Corresponde ás comisións delegadas do Goberno o exercicio das funcións 

previstas no artigo 6.4 da Lei 50/1997, do 27 de novembro, en relación cos asuntos atribuídos a cada unha delas.

art.  2.  Comisión Delegada do Goberno para Situacións de Crise. 1.  a  Comisión  delegada  do  Goberno  para  S­ituacións  de  Crise  terá  a  seguinte composición:

a)  O presidente do Goberno, que a presidirá.b)  Os vicepresidentes do Goberno.c)  Os  ministros  de asuntos  Exteriores  e  de  Cooperación,  de  defensa  e  do 

Interior.d)  O secretario de Estado de S­eguranza e o secretario de Estado-director do 

Centro nacional de Intelixencia.e)  O director do Gabinete da Presidencia do Goberno.2.  O director do Gabinete da Presidencia do Goberno exercerá as funcións de 

secretario da Comisión delegada do Goberno para S­ituacións de Crise.3.  O presidente do Goberno será substituído nesta función pola vicepresidenta 

primeira do Goberno e ministra da Presidencia, que será suplida para estes efectos, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade, polo vicepresidente segundo do Goberno e ministro de Economía e facenda.

art.  3.  Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos. 1.  a  Comisión  delegada  do  Goberno  para asuntos  Económicos  terá  a  seguinte composición:

a)  O vicepresidente segundo do Goberno e ministro de Economía e facenda, que a presidirá.

b)  Os ministros de fomento, de Educación e Ciencia, de traballo e asuntos S­ociais, de Industria, turismo e Comercio, de agricultura, Pesca e alimentación, de S­anidade e Consumo, de medio ambiente e de vivenda.

c)  O director do Gabinete da Presidencia do Goberno, o director da Oficina Económica do Presidente do Goberno e os secretarios de Estado de Economía e de facenda e Orzamentos.

2.  O secretario de Estado de Economía exercerá as funcións de secretario da Comisión delegada do Goberno para asuntos Económicos.

3.  O ministro de asuntos Exteriores e de Cooperación e o secretario de Estado para a unión Europea formarán parte da Comisión delegada do Goberno para asuntos Económicos cando teña que tratar temas relacionados coa unión Europea. así mesmo, formará parte desta comisión delegada o ministro de administracións Públicas cando teña que tratar asuntos relacionados coas competencias deste departamento.

4.  Os titulares do resto de departamentos ministeriais poderán ser convocados á  Comisión  delegada  do  Goberno  para asuntos  Económicos  cando  esta  teña  que tratar  temas con  repercusións económicas ou orzamentarias  relacionados cos ditos ministerios.

art.  4.  Comisión Delegada do Goberno para Asuntos de Investigación Científica e Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.–(artigo  derrogado  polo real decreto 1859/2004, do 6 de setembro.)

Page 11: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

249

§ 42.  O real decreto de creación dunha comisión delegada deberá especificar, en todo caso:

a)  O membro do Goberno que asume a presidencia da Comisión.

b)  Os membros do Goberno e, se é o caso, os secreta-rios de Estado que a integran.

c)  as funcións que se lle atribúen á comisión.d)  O membro da comisión ao que lle corresponde a 

secretaría desta.

3.  non obstante o disposto no punto anterior, poderán ser convocados ás reunións das comisións delegadas os titu-

art.  5.  Comisión Delegada do Goberno para Política Autonómica. 1.  a  Comisión  delegada  do  Goberno  para  Política  autonómica  terá  a  seguinte composición:

a)  a  vicepresidenta  primeira  do  Goberno  e  ministra  da  Presidencia,  que  a presidirá.

b)  O vicepresidente segundo do Goberno e ministro de Economía e facenda.c)  Os  ministros  de  asuntos  Exteriores  e  de  Cooperación,  do  Interior  e  de 

administracións Públicas.d)  O secretario de Estado de facenda e Orzamentos.e)  O secretario de Estado de relacións coas Cortes.f)  O S­ecretario de Estado de Cooperación territorial.g)  O director do Gabinete da Presidencia do Goberno.

2.  O secretario de Estado de Cooperación territorial exercerá as funcións de S­ecretario da Comisión delegada do Goberno para Política autonómica.

art.  6.  Asistencia e apoio administrativo ás comisións delegadas.–O  se-cretariado  do  Goberno  colaborará  coas  secretarías  técnicas  de  cada  comisión delegada, remitirá as convocatorias aos diferentes membros e arquivará e custodiará as convocatorias, ordes do día e actas das reunións.»

Pola  súa  parte,  as  disposicións  adicionais  2.ª  e  3.ª  do  citado  real  decreto establecen:

«disposición  adicional  segunda.  Atribución de funcións á Comisión Delegada do Goberno para Situacións de Crise.–as funcións atribuídas á Comisión delegada do Goberno para S­ituacións de Crise polo real decreto 462/2003, do 25 de  abril,  e  cantas  outras  tivese  conferidas  esta  comisión  delegada,  así  como  as da Comisión delegada do Goberno para a S­eguranza do Estado, serán asumidas pola Comisión delegada do Goberno para S­ituacións de Crise prevista neste real decreto.

disposición  adicional  terceira.  Substitución das presidencias das comisións. S­en prexuízo do disposto no artigo 2.3, en caso de ausencia, vacante ou enfermidade do presidente das comisións delegadas do Goberno, a presidencia será asumida polos ministros que as integran, con carácter permanente, segundo a orde de precedencia dos departamentos.»

Page 12: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

250

§ 4 lares daqueloutros órganos superiores e directivos da admi-nistración xeral do Estado que se estime conveniente.

4.  Correspóndelles ás comisións delegadas, como órga-nos colexiados do Goberno:

a)  Examinar as cuestións de carácter xeral que teñan relación con varios dos departamentos ministeriais que inte-gren a Comisión.

b)  Estudar aqueles asuntos que,  afectando a varios ministerios, requiran a elaboración dunha proposta conxunta previa á súa resolución polo Consello de ministros.

c)  resolver os asuntos que, afectando a máis dun minis-terio, non requiran ser elevados ao Consello de ministros.

d)  Exercer calquera outra atribución que lles confira o ordenamento xurídico ou que lles delegue o Consello de ministros.

5.  as  deliberacións  das  comisións  delegadas  do Goberno serán secretas.

CaPÍtuLO II

dos órganos de colaboración e apoio do Goberno

Art. 7.  dos secretarios de Estado (27).–1.  Os secre-tarios de Estado son órganos superiores da administración xeral do Estado, directamente responsables da execución da acción do Goberno nun sector de actividade específica dun departamento ou da Presidencia do Goberno.

2.  actúan baixo a dirección do titular do departamento ao que pertenzan. Cando estean adscritos á Presidencia do Goberno, actúan baixo a dirección do presidente. así mesmo, poderán exercer por delegación expresa dos seus respectivos ministros a representación destes en materias propias da súa competencia, incluídas aquelas con proxección internacio-nal, sen prexuízo, en todo caso, das normas que rexen as relacións de España con outros Estados e coas organizacións internacionais.

 (27)  a  figura  do  secretario  de  Estado  créase  polo  real  decreto  1558/1977, do 4 de xullo («bOE» núm. 159, do 5 de xullo).

Page 13: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

251

§ 43.  as competencias dos secretarios de Estado son as que se determinan na Lei de organización e funcionamento da administración xeral do Estado (28).

Art. 8. Da Comisión Xeral de Secretarios de Estado e Subsecretarios.–1.  a Comisión Xeral de S­ecretarios de Estado e S­ubsecretarios estará integrada polos titulares das secretarías de Estado e polos subsecretarios dos distintos departamentos ministeriais.

2.  a presidencia da Comisión Xeral de S­ecretarios de Estado e S­ubsecretarios correspóndelle a un vicepresidente do Goberno ou, no seu defecto, ao ministro da Presidencia. a secretaría da comisión será exercida por quen se deter-mine regulamentariamente (29).

3.  as reunións da Comisión teñen carácter preparatorio das sesións do Consello de ministros. En ningún caso a comisión poderá adoptar decisións ou acordos por delega-ción do Goberno.

4.  todos os asuntos que vaian someterse a aprobación do Consello de ministros deben ser examinados pola Comi-sión, excepto aqueles que sexan determinados polas normas de funcionamento daquel.

Art. 9. Do Secretariado do Goberno.–1.  O S­ecreta-riado do Goberno, como órgano de apoio do Consello de ministros, das comisións delegadas do Goberno e da Comi-

 (28)  véxase  o  artigo  14  da  Lei de  organización  e  funcionamento  da administración xeral do Estado (§ 2).

 (29)  a disposición adicional 1.ª do real decreto 1194/2004, do 14 de maio («bOE» núm. 120, do 18 de maio) polo que se determina a composición das comisións delegadas do Goberno, dispón:

«disposición  adicional  primeira.  Comisión  Xeral  de  S­ecretarios  de  Estado  e S­ubsecretarios.

1.  a Presidencia da Comisión Xeral de S­ecretarios de Estado e S­ubsecretarios será exercida pola vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia. O subsecretario da Presidencia actuará como secretario desta comisión.

2.  de acordo coa disposición adicional cuarta do real decreto 562/2004, do 19 de abril, o secretario xeral para a administración Pública asistirá á Comisión Xeral de S­ecretarios de Estado e S­ubsecretarios cando nesta se traten asuntos propios da súa competencia.»

véxanse os artigos 4.6 e 6.2 do real decreto 1418/2004, do 11 de xuño («bOE» núm.  142,  do  12  de  xuño)  polo  que  se  desenvolve  a  estrutura  orgánica  básica  do ministerio da Presidencia.

Page 14: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

252

§ 4 sión Xeral de S­ecretarios de Estado e S­ubsecretarios exer-cerá as seguintes funcións:

a)  a asistencia ao ministro-secretario do Consello de ministros.

b)  a remisión das convocatorias aos diferentes mem-bros dos órganos colexiados anteriormente enumerados.

c)  a colaboración coas secretarías técnicas das comi-sións delegadas do Goberno.

d)  O arquivo e custodia das convocatorias, ordes do día e actas das reunións.

e)  velar pola correcta e fiel publicación das disposi-cións e normas emanadas do Goberno que deban inserirse no «boletín Oficial del Estado» (30).

2.  O S­ecretariado do Goberno intégrase na estrutura orgánica do ministerio da Presidencia (31).

Art. 10. Dos gabinetes.–1.  Os gabinetes son órganos de apoio político e técnico do presidente do Goberno, dos vicepresidentes, dos ministros e dos secretarios de Estado. Os membros dos gabinetes realizan tarefas de confianza e asesoramento especial sen que en ningún caso poidan adop-tar actos ou resolucións que lles correspondan legalmente aos órganos da administración xeral do Estado ou das orga-nizacións adscritas a ela.

Particularmente préstanlles o seu apoio no desenvolve-mento do seu labor político, no cumprimento das tarefas de carácter parlamentario e nas súas relacións coas institucións e a organización administrativa.

2.  aos directores, subdirectores e demais membros des-tes gabinetes correspóndelles o nivel orgánico que regula-mentariamente se determine.

 (30)  véxase  a  Orde  do  21  de  decembro  de  2001  («bOE»  núm.  306,  do  22 de decembro) pola que se fai público o acordo do Consello de ministros do 21 de decembro de 2001, polo que se dispón a numeración das ordes ministeriais que se publican no «boletín Oficial del Estado», cuxa táboa de códigos ministeriais, que se publica como anexo, queda substituída pola publicada na resolución do 20 de abril de 2004 («bOE» núm. 98, do 22 de abril).

 (31)  véxanse os artigos 4.3.b) e 6 do real decreto 1418/2004, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do ministerio da Presidencia.

Page 15: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

253

§ 43.  O número e as retribucións dos seus membros serán determinados polo Consello de ministros dentro das consig-nacións orzamentarias establecidas para o efecto, adecuán-dose, en todo caso, ás retribucións da administración xeral do Estado.

TÍTULO II

Do estatuto dos membros do Goberno, dos secretarios  de Estado e dos directores dos gabinetes

CaPÍtuLO PrImEIrO

dos membros do Goberno

Art. 11.  Dos requisitos de acceso ao cargo.–Para ser membro do Goberno requírese ser español  (32), maior de idade (33), gozar dos dereitos de sufraxio activo e pasivo (34), así como non estar inhabilitado para exercer emprego ou cargo público por sentenza xudicial firme.

Art. 12.  Do nomeamento e cesamento.–1.  O nomea-mento e cesamento do presidente do Goberno producirase nos termos previstos na Constitución (35).

2.  Os demais membros do Goberno serán nomeados e separados polo rei, por proposta do seu presidente (36).

3.  a separación dos vicepresidentes do Goberno e dos ministros sen carteira levará implícita a extinción dos ditos órganos.

 (32)  véxanse os artigos 17 a 21 do Código civil. (33)  véxase o artigo 315 do Código civil. (34)  véxanse os artigos 2 a 7 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño («bOE» 

núm. 147, do 20 de xuño; corrección de erros no «bOE» núm. 17, do 20 de xaneiro de 1996), do réxime electoral xeral, tendo en conta que o artigo 6.2 foi modificado pola Lei orgánica 1/2003, do 10 de marzo («bOE» núm. 60, do 11 de marzo; supl. gal. núm. 6, do 1 de abril; c. erros núm. 11, do 1 de setembro), para a garantía da democracia nos concellos e a seguridade dos concelleiros. 

 (35)  véxanse os  artigos 99  e 101 da Constitución española  e 170 a 172 do regulamento do Congreso dos deputados.

 (36)  artigo 100 da Constitución española.

Page 16: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

254

§ 4 Art. 13. Da suplencia.–1.  nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, as  funcións do presidente do Goberno serán asumidas polos vicepresidentes, de acordo coa correspondente orde de prelación, e, en defecto deles, polos ministros, segundo a orde de precedencia dos departa-mentos (37).

2.  a suplencia dos ministros, para o despacho ordinario dos asuntos da súa competencia, será determinada por real decreto do presidente do Goberno, debendo recaer, en todo caso, noutro membro do Goberno. O real decreto expresará a causa e o carácter da suplencia.

Art. 14.  Do réxime de incompatibilidades dos membros do Goberno.–1.  Os membros do Goberno non poderán exercer outras funcións representativas que as propias do mandato parlamentario, nin calquera outra función pública que non derive do seu cargo, nin actividade profesional ou mercantil ningunha (38).

2.  S­eralles de aplicación, así mesmo, aos membros do Goberno o réxime de incompatibilidades dos altos cargos da administración xeral do Estado (39).

CaPÍtuLO II

dos secretarios de Estado

Art.  15.  Do nomeamento, cesamento, suplencia e incompatibilidades dos secretarios de Estado.–1.  Os secre-tarios de Estado son nomeados e separados por real decreto do Consello de ministros, aprobado por proposta do presi-

 (37)  véxanse  o  artigo  17  da  Lei de  réxime  xurídico  das  administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1) e o real decreto 1455/1995, do 1 de setembro («bOE» núm. 210, do 2 de setembro), sobre suplencia do presidente do Goberno.

 (38)  artigo 98.3 da Constitución española. (39)  S­obre  incompatibilidades,  véxase  o  artigo  98.3  e  4  da  Constitución 

española. así mesmo, véxanse a Lei 5/2006, do 10 de abril («bOE» núm. 86, do 11 de abril; supl. gal. núm. 5, do 1 de maio), de regulación dos conflitos de intereses dos membros do Goberno e dos altos cargos da administración xeral do Estado, e o real decreto 1410/1995, do 4 de agosto («bOE» núm. 218, do 12 de setembro; corrección de erros no «bOE» núm. 231, do 27 de setembro), polo que se regulan os rexistros de actividades e de bens e dereitos patrimoniais dos altos cargos.

Page 17: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

255

§ 4dente do Goberno ou do membro do Goberno ao departa-mento do cal pertenzan.

2.  a suplencia dos secretarios de Estado do mesmo departamento determinarase segundo a orde de precedencia que se derive do real decreto de estrutura orgánica do minis-terio.

3.  Os secretarios de Estado dependentes directamente da Presidencia do Goberno serán suplidos por quen designe o presidente.

4.  Élles de aplicación aos secretarios de Estado o réxime de incompatibilidades previsto para os altos cargos da admi-nistración xeral do Estado (40).

CaPÍtuLO III

dos directores dos gabinetes de presidente, vicepresi-dentes, ministros e secretarios de Estado

Art. 16. Do nomeamento e cesamento dos directores dos gabinetes.–1.  Os directores dos gabinetes do presi-dente, dos vicepresidentes e dos ministros serán nomeados e separados por real decreto aprobado en Consello de minis-tros.

2.  Os directores de gabinete dos secretarios de Estado serán nomeados por orde ministerial, logo de coñecemento do Consello de ministros.

3.  Os directores dos gabinetes cesarán automaticamente cando cese o titular do cargo do que dependen. no suposto do Goberno en funcións, continuarán ata a formación do novo Goberno.

4.  Os funcionarios que se incorporen aos gabinetes a que se refire este artigo pasarán á situación de servizos espe-ciais, salvo que opten por permanecer na situación de servizo activo na súa administración de orixe.

do mesmo xeito, o persoal non funcionario que se in-corpore a estes gabinetes terá dereito á reserva do posto e antigüidade, conforme o disposto na súa lexislación especí-fica.

 (40)  véxase a nota ao artigo 14.2 desta lei.

Page 18: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

256

§ 4 TÍTULO III

Das normas de funcionamento do Goberno e da delega-ción de competencias

Art. 17.  Das normas aplicables ao funcionamento do Goberno.–O Goberno réxese, na súa organización e funcio-namento, por esta lei e mais:

a)  Polos reais decretos do presidente do Goberno sobre a composición e organización do Goberno, así como dos seus órganos de colaboración e apoio.

b)  Polas disposicións organizativas internas, de funcio-namento e actuación emanadas do presidente do Goberno ou do Consello de ministros.

Art. 18.  Do funcionamento do Consello de Ministros. 1.  O presidente do Goberno convoca e preside as reunións do Consello de ministros, actuando como secretario o minis-tro da Presidencia.

2.  as reunións do Consello de ministros poderán ter carácter decisorio ou deliberante.

3.  a orde do día das reunións do Consello de ministros será fixada polo presidente do Goberno.

4.  das sesións do Consello de ministros levantarase acta na que figurarán, exclusivamente, as circunstancias rela-tivas ao tempo e lugar da súa realización, a relación de asis-tentes, os acordos adoptados e os informes presentados.

Art. 19. Das actas das comisións delegadas do Goberno e da Comisión Xeral de Secretarios de Estado e Subsecreta-rios.–Ás comisións delegadas do Goberno e á Comisión Xeral de S­ecretarios de Estado e S­ubsecretarios seralles de aplicación o disposto no artigo 18 desta lei en relación coas actas dos ditos órganos colexiados.

Art. 20. Da delegación de competencias (41).–1.  Po-den delegar o exercicio de competencias propias:

a)  O presidente do Goberno, en favor do vicepresidente ou vicepresidentes e dos ministros.

 (41)  véxanse os artigos 12 a 16 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1) e a disposición adicional 13.ª, 1 e 4, da Lei de organización e funcionamento da administración xeral do Estado (§ 2).

Page 19: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

257

§ 4b)  Os ministros, en favor dos secretarios de Estado dependentes deles, dos delegados do Goberno nas co-munidades autónomas e dos órganos directivos do ministe-rio.

2.  así mesmo, son delegables as funcións administrati-vas do Consello de ministros nas comisións delegadas do Goberno.

3.  non son en ningún caso delegables as seguintes com-petencias:

a)  as atribuídas directamente pola Constitución.b)  as relativas ao nomeamento e separación dos altos 

cargos atribuídas ao Consello de ministros.c)  as atribuídas aos órganos colexiados do Goberno, 

coa excepción prevista no punto 2 deste artigo.d)  as atribuídas por unha lei que prohíba expresamente 

a delegación.

TÍTULO IV

Do Goberno en funcións

Art. 21.  Do Goberno en funcións.–1. O Goberno cesa tra a realización de eleccións xerais, nos casos de perda de confianza parlamentaria previstos na Constitución, ou por dimisión ou falecemento do seu presidente (42).

2.  O Goberno cesante continúa en funcións ata a toma de posesión do novo Goberno, coas limitacións establecidas nesta lei (43).

3.  O Goberno en funcións facilitará o normal desenvol-vemento do proceso de formación do novo Goberno e o tras-paso de poderes a este e limitará a súa xestión ao despacho ordinario dos asuntos públicos, absténdose de adoptar, salvo casos de urxencia debidamente acreditados ou por razóns de interese xeral, a acreditación expresa das cales así o xustifi-que, calquera outra medida.

 (42)  artigo 101.1 da Constitución española. (43)  véxase o artigo 101.2 da Constitución.

Page 20: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

258

§ 4 4.  O presidente do Goberno en funcións non poderá exercer as seguintes facultades:

a)  Proporlle ao rei a disolución dalgunha das cámaras, ou das Cortes Xerais.

b)  Promover a cuestión de confianza.c)  Proporlle ao rei a convocatoria dun referendo con-

sultivo.5.  O Goberno en funcións non poderá exercer as seguin-

tes facultades:a)  aprobar o proxecto de Lei de orzamentos xerais do 

Estado.b)  Presentar proxectos de lei ao Congreso dos deputa-

dos ou, se é o caso, ao S­enado.6.  as delegacións lexislativas outorgadas polas Cortes 

Xerais quedarán en suspenso durante todo o tempo que o Goberno estea en funcións como consecuencia da realiza-ción de eleccións xerais.

TÍTULO VDa iniciativa lexislativa, da potestade regulamentaria e 

do control dos actos do Goberno

Art. 22.  da  iniciativa lexislativa do Goberno (44). 1.  O Goberno exercerá a iniciativa lexislativa prevista nos artigos 87 e 88 da Constitución mediante a elaboración, aprobación e posterior remisión dos proxectos de lei ao Con-greso dos deputados ou, se é o caso, ao S­enado.

2.  O procedemento de elaboración de proxectos de lei, a que se refire o punto anterior, iniciarase no ministerio ou minis-terios competentes mediante a elaboración do correspondente anteproxecto, que irá acompañado pola memoria e os estudos ou informes sobre a necesidade e oportunidade deste, un informe sobre o impacto por razón de xénero das medidas que se establecen nel, así como por unha memoria económica que conteña a estimación do custo a que dará lugar.

 (44)  véxanse  os  artigos  108  e  seguintes  do  regulamento  do  Congreso  dos deputados do 10 de febreiro de 1982 («bOE» núm. 55, do 5 de marzo) e 104 e seguintes do regulamento do S­enado, do 3 de maio de 1994 («bOE» núm. 114, do 13 de maio).

Page 21: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

259

§ 4En todo caso os anteproxectos de lei deberán ser someti-dos a informe da S­ecretaría Xeral técnica (45).

3.  O titular do departamento propoñente elevará o ante-proxecto ao Consello de ministros co fin de que este decida sobre os ulteriores trámites e, en particular, sobre as consul-tas, ditames e informes que resulten convenientes, así como sobre os termos da súa realización, sen prexuízo dos legal-mente preceptivos (46).

 (45)  número 2 redactado conforme a Lei 30/2003, do 13 de outubro («bOE» núm. 246, do 14 de outubro; supl. gal. núm. 13, do 16 de novembro), sobre medidas para incorporar a valoración do impacto de xénero nas disposicións normativas que elabore o Goberno.

a alínea a) do artigo 105 da Constitución española do 27 de decembro de 1978 establece:

«art.  105.  a  Lei regulará:  a)  a  audiencia  dos  cidadáns,  directamente  ou mediante as organizacións e asociacións recoñecidas pola  lei, no procedemento de elaboración das disposicións administrativas que os afecten.»

véxase a Orde do 4 de febreiro de 1980 («bOE» núm. 35, do 9 de febreiro) pola que se ditan normas para a elaboración da memoria económica xustificativa que debe acompañar os proxectos de lei e disposicións administrativas.

O artigo 30.3 da Lei 74/1980, do 29 de decembro  («bOE» núms. 313 e 314, do 30 e 31 de decembro), de orzamentos xerais do Estado para 1981, dispón:

«todo  anteproxecto  de  lei ou  proxecto  de  disposición  administrativa,  cuxa aplicación  poida  supor  un  incremento  de  gastos  ou  diminución  de  ingresos públicos,  no  exercicio  do  ano  corrente  ou  calquera  outro  posterior,  deberá  incluír entre os antecedentes e estudos previos unha memoria económica en que se poñan de manifesto debidamente avaliados cantos datos resulten precisos para coñecer as posibles repercusións orzamentarias da súa execución.»

a Lei 44/1981, do 26 de decembro («bOE» núm. 310, do 28 de decembro), de orzamentos xerais do Estado para 1982, na súa disposición adicional primeira establece que será aplicable durante 1982 e anos sucesivos o disposto no artigo transcrito.

véxase a resolución do 10 de setembro de 1990 («bOE» núm. 233, do 28 de setembro; corrección de erros no «bOE» núm. 251, do 19 de outubro) pola que se ordena  a  publicación  do acordo  do  Consello  de  ministros  que  dita  instrucións  a determinados órganos da administración pública para acelerar o procedemento de elaboración de normas que traspoñen directivas comunitarias.

téñase presente, por último, o acordo do Consello de ministros do 22 de xullo de  2005,  polo  que  se  aproban  as  directrices  de  técnica  normativa,  publicado  por resolución do 28 de xullo de 2005 (§ 17).

 (46)  a Lei orgánica 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado, conforme a  redacción dada pola Lei orgánica 3/2004, do 28 de decembro («bOE» núm. 313, do 29 de decembro; supl. gal. núm. 3, do 1 de xaneiro de 2005; c. erros núm. 1 do 1 de marzo), dispón:

«art. 21.  O Consello de Estado en pleno deberá ser consultado nos seguintes asuntos:1.  anteproxectos  de  reforma  constitucional,  cando  a  proposta  non  fose 

elaborada polo propio Consello de Estado.

Page 22: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

260

§ 4 4.  unha vez cumpridos os trámites a que se refire o punto anterior, o titular do departamento propoñente some-

2.  anteproxectos  de  leis  que  se  deban  ditar  en  execución,  cumprimento  ou desenvolvemento  de  tratados,  convenios  ou  acordos  internacionais  e  do  dereito comunitario europeo.

3.   Proxectos de decretos lexislativos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

6.  anteproxectos  de  lei ou  proxectos  de  disposicións  administrativas, calquera que for o seu rango e obxecto, que afecten a organización, competencia ou funcionamento do Consello de Estado. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

art. 22.  a Comisión Permanente do Consello de Estado deberá ser consultada nos seguintes asuntos:

1.  En  todos  os  tratados  ou  convenios  internacionais  sobre  a  necesidade  de autorización  das  Cortes  Xerais  con  carácter  previo  á  prestación  do  consentimento do Estado.

2.  disposicións  regulamentarias  que  se  diten  en  execución,  cumprimento ou desenvolvemento de  tratados,  convenios ou acordos  internacionais e do dereito comunitario europeo.

3.  regulamentos ou disposicións de carácter xeral que se diten en execución das leis, así como as súas modificacións.

4.  anteproxectos  de  lei  orgánica de  transferencias  ou  delegación  de competencias estatais ás comunidades autónomas. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .» 

O  artigo  108  da  Lei  orgánica 6/1985,  do  1  de  xullo  («bOE»  núm.  157,  do  2 de  xullo;  corrección  de  erros  no  «bOE»  núm.  264,  do  4  de  novembro),  do  Poder Xudicial, conforme a redacción dada pola Lei orgánica 16/1994, do 8 de novembro («bOE» núm. 268, do 9 de novembro), establece:

«1.  O  Consello  Xeral  do  Poder  Xudicial  deberá  emitir  informe  sobre  os anteproxectos de leis e disposicións xerais do Estado e das comunidades autónomas que afecten total ou parcialmente algunha das seguintes materias:

a)  determinación  e  modificación  de  demarcacións  xudiciais  e  da  súa capitalidade nos termos do artigo 35 desta lei.

b)  fixación e modificación do cadro de persoal orgánico de xuíces, maxistrados, secretarios e persoal que preste servizos na administración de xustiza.

c)  Estatuto orgánico de xuíces e maxistrados.d)  Estatuto  orgánico  dos  secretarios  e  do  resto  do  persoal  ao  servizo  da 

administración de xustiza.e)  normas procesuais ou que afecten aspectos xurídico-constitucionais da tutela 

ante os tribunais ordinarios do exercicio de dereitos fundamentais e calquera outra que afecte a constitución, organización, funcionamento e goberno dos xulgados e tribunais. 

f)  Leis penais e normas sobre réxime penitenciario.g)  aquelas outras que lle atribúan as leis.2.  O Consello Xeral do Poder Xudicial emitirá o  informe no prazo de  trinta 

días. Cando na orde de remisión se faga constar a urxencia do informe, o prazo será de quince días.

3.  O Goberno remitirá o dito informe ás Cortes Xerais no caso de tratarse de anteproxectos de leis.

4.  O Consello Xeral será oído con carácter previo ao nomeamento do fiscal Xeral do Estado.»

Page 23: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

261

§ 4terá o anteproxecto, de novo, ao Consello de ministros para a súa aprobación como proxecto de lei e a súa remisión ao Congreso dos deputados ou, se é o caso, ao S­enado, acom-pañándoo dunha exposición de motivos e da memoria e demais antecedentes necesarios para pronunciarse sobre el.

5.  Cando razóns de urxencia así o aconsellen, o Conse-llo de ministros poderá prescindir dos trámites considerados no punto 3 deste artigo, salvo os que teñan carácter precep-tivo, e acordar a aprobación dun proxecto de lei e a súa remi-sión ao Congreso dos deputados ou, se é o caso, ao S­enado.

Art. 23.  Da potestade regulamentaria.–1.  O exerci-cio da potestade regulamentaria correspóndelle ao Goberno de acordo coa Constitución e as leis (47).

2.  Os  regulamentos  non  poderán  regular  materias obxecto de reserva de lei, nin infrinxir normas co dito rango. ademais, sen prexuízo da súa función de desenvolvemento ou colaboración con respecto á lei, non poderán tipificar delitos,  faltas ou  infraccións administrativas, establecer penas ou sancións, así como tributos, canons ou outras car-gas ou prestacións persoais ou patrimoniais de carácter público.

3.  Os regulamentos axustaranse ás seguintes normas de competencia e xerarquía:

1.o  disposicións aprobadas por real decreto do presi-dente do Goberno ou do Consello de ministros.

2.o  disposicións aprobadas por orde ministerial.

ningún regulamento poderá vulnerar preceptos doutro de xerarquía superior (48).

4.  S­on nulas as resolucións administrativas que vulne-ren o establecido nun regulamento, aínda que fosen ditadas por órganos de igual ou superior xerarquía que o que o apro-base (49).

 (47)  véxase o artigo 97 da Constitución española. téñase en conta, así mesmo, o artigo 22.3 da Lei orgánica do Consello de Estado, do 22 de abril de 1980 («bOE» núm. 100, do 25 de abril).

 (48)  véxanse  os  artigos  51.2  e  62.2  da  Lei de  réxime  xurídico  das administracións públicas (§ 1) e 1.2 do Código civil.

 (49)  véxase o artigo 52.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (§ 1).

Page 24: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

262

§ 4 Art. 24.  Do procedemento de elaboración dos regula-mentos.–1.  a elaboración dos regulamentos axustarase ao seguinte procedemento:

a)  a iniciación do procedemento de elaboración dun regulamento levaraa a cabo o centro directivo competente mediante a elaboración do correspondente proxecto, ao que se lle xuntará un informe sobre a necesidade e oportunidade daquel, así como unha memoria económica que conteña a estimación do custo a que dará lugar.

b)  durante o proceso de elaboración deberán solicitarse, ademais dos informes, ditames e aprobacións previas pre-ceptivos, cantos estudos e consultas se estimen convenientes para garantir o acerto e a legalidade do texto.

En todo caso, os regulamentos deberán ir acompañados dun informe sobre o impacto por razón de xénero das medi-das que se establecen neles (50).

c)  Elaborado o texto dunha disposición que afecte os dereitos e intereses lexítimos dos cidadáns, daráselles audien-cia, durante un prazo razoable e non inferior a quince días hábiles, directamente ou a través das organizacións e asocia-cións recoñecidas pola lei que os agrupen ou os representen e os fins das cales garden relación directa co obxecto da dis-posición. a decisión sobre o procedemento escollido para lles dar audiencia aos cidadáns afectados será debidamente motivada no expediente polo órgano que acorde a apertura do trámite de audiencia. así mesmo, e cando a natureza da disposición o aconselle, será sometida a información pública durante o prazo indicado.

Este trámite poderá ser abreviado ata o mínimo de sete días hábiles cando razóns debidamente motivadas así o xus-tifiquen. S­ó se poderá omitir o dito trámite cando graves razóns de interese público, que así mesmo deberán explici-tarse, o exixan (51).

 (50)  Parágrafo  engadido  pola  Lei 30/2003,  do  13  de  outubro  («bOE» núm. 246, do 14 de outubro; supl. gal. núm. 13, do 1 de novembro).

 (51)  véxase o artigo 105.a) da Constitución (transcrito en nota ao artigo 22 desta lei).

véxanse tamén os artigos 28 da Lei orgánica 3/1981, do 6 de abril, do defensor do  Pobo,  e  2  e  9.j)  da  Lei 2/1974,  do  13  de  febreiro  («bOE»  núm.  40,  do  15  de febreiro),  de  colexios  profesionais,  modificado  o  artigo  2  pola  Lei 7/1997,  do  14  

Page 25: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

263

§ 4d)  non será necesario o trámite previsto na letra ante-rior, se as organizacións ou asociacións mencionadas partici-paron por medio de informes ou consultas no proceso de elaboración indicado na alínea b).

e)  O trámite de audiencia aos cidadáns, nas súas diversas formas, reguladas na letra c), non se aplicará ás disposicións que regulan os órganos, cargos e autoridades desta lei, así como ás disposicións orgánicas da administración xeral do Estado ou das organizacións dependentes ou adscritas a ela.

f)  Xunto á memoria ou informe sucintos que inician o procedemento de elaboración do regulamento conservaranse no expediente todos os estudos e consultas emitidos e demais actuacións practicadas.

2.  En todo caso, os proxectos de regulamentos deberán someterse  a  informe  da  S­ecretaría  Xeral técnica,  sen prexuízo do ditame do Consello de Estado nos casos legal-mente previstos.

3.  S­erá necesario  informe previo do ministerio de administracións Públicas cando a norma regulamentaria puidese afectar a distribución das competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.

4.  a entrada en vigor dos regulamentos aprobados polo Goberno require a súa íntegra publicación no «boletín Ofi-cial del Estado».

Art. 25.  Da forma das disposicións e resolucións do Goberno, dos seus membros e das comisións delegadas.–as decisións dos órganos regulados nesta lei revisten as formas seguintes:

a)  reais decretos lexislativos e reais decretos lei, as decisións que aproban, respectivamente, as normas previstas nos artigos 82 e 86 da Constitución.

b)  reais decretos do presidente do Goberno, as disposi-cións e actos dos que a adopción estea atribuída ao presi-dente.

de abril («bOE» núm. 90, do 15 de abril), de medidas liberalizadoras en materia de solo e de colexios profesionais. 

véxase, así mesmo, o artigo 86.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

Page 26: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

264

§ 4 c)  reais decretos acordados en Consello de ministros, as decisións que aproben normas regulamentarias da compe-tencia deste e as resolucións que deban adoptar a dita forma xurídica.

d)  acordos do Consello de ministros, as decisións do dito órgano colexiado que non deban adoptar a forma de real decreto.

e)  acordos  adoptados  en  comisións  delegadas  do Goberno, as disposicións e resolucións de tales órganos colexiados. tales acordos revestirán a forma de orde do ministro competente ou do ministro da Presidencia, cando a competencia corresponda a distintos ministros.

f)  Ordes ministeriais, as disposicións e resolucións dos ministros. Cando a disposición ou resolución afecte a varios departamentos revestirá a forma de orde do ministro da Pre-sidencia, ditada por proposta dos ministros interesados.

Art. 26. Do control dos actos do Goberno.–1.  O Goberno está suxeito á Constitución e ao resto do ordena-mento xurídico en toda a súa actuación.

2.  todos os actos e omisións do Goberno están someti-dos ao control político das Cortes Xerais (52).

3.  Os actos do Goberno e dos órganos e autoridades regulados nesta lei son impugnables ante a xurisdición con-tencioso-administrativa, de conformidade co disposto na súa lei reguladora  (53).

4.  a actuación do Goberno é impugnable ante o tribu-nal Constitucional nos termos da Lei orgánica reguladora deste (54).

dIS­POS­ICIÓnS­ adICIOnaIS­

Primeira. Quen teña sido presidente do Goberno ten dereito a utilizar o dito título e gozará de todos aqueles derei-

 (52)  véxase o artigo 66.2 da Constitución. (53)  véxase a Lei 29/1998, do 13 de xullo («bOE» núm. 167, do 14 de xullo), 

reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. téñase en conta que a citada lei sufriu diversas modificacións.

 (54)  a  Lei  orgánica 2/1979,  do  3  de  outubro,  do  tribunal  Constitucional, publicouse  no  «boletín  Oficial  del  Estado»  número  239,  do  5  de  outubro,  e  foi obxecto de diversas modificacións.

Page 27: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

265

§ 4tos, honores e precedencias que legal ou regulamentaria-mente se determinen (55).

Segunda. O Consello de Estado, supremo órgano con-sultivo do Goberno, axustarase na súa organización, funcio-namento e réxime interior, ao disposto na súa lei orgánica e no seu regulamento, en garantía da autonomía que lle corres-ponde (56).

dIS­POS­ICIÓn dErrOGatOrIa

Única. Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta lei e, en con-creto:

a)  Os artigos que conforme a disposición derrogato- ria 2.a) da Lei de organización e funcionamento da adminis-tración xeral do Estado continuaban vixentes da Lei de réxime xurídico da administración do Estado, texto refun-dido aprobado por decreto do 26 de xullo de 1957.

b)  Os artigos que conforme a disposición derrogato- ria  2.b)  da  Lei  de  organización  e  funcionamento  da administración xeral do Estado continuaban vixentes da Lei 10/1983, do 16 de agosto, de organización da administra-ción central do Estado.

c)  Os artigos 48 a 53 da Lei de conflitos xurisdicionais, do 17 de xullo de 1948.

 (55)  véxase o real decreto 405/1992, do 24 de abril («bOE» núm. 107, do 4 de maio), que regula o estatuto dos ex-presidentes do Goberno.

 (56)  véxase a Lei orgánica 3/1980, do 22 de abril («bOE» núm. 100, do 25 de abril),  do Consello de Estado, modificada pola Lei orgánica 13/1983, do 26 de novembro («bOE» núm. 287, do 1 de decembro), pola Lei orgánica 2/1987, do 18 de maio  («bOE» núm. 120, do 20 de maio) e pola Lei orgánica 3/2004, do 28 de decembro («bOE» núm. 313, do 29 de decembro; supl. gal. núm. 3, do 1 de xaneiro de 2005; c. erros núm. 1, do 1 de marzo), e o real decreto 1674/1980, do 18 de xullo («bOE» núm. 209, do 30 de agosto), polo que se aproba o seu regulamento orgánico, modificado polos reais decretos 1405/1990, do 16 de novembro («bOE» núm. 276, do 17 de novembro), 990/1998, do 22 de maio («bOE» núm. 129, do 30 de maio) e 449/2005, do 22 de abril («bOE» núm. 99, do 26 de abril; supl. gal. núm. 5, do 2 de maio; c. erros núm. 6, do 1 de xuño). téñase en conta que a Orde do 18 de setembro de 1980 («bOE» núm. 252, do 21 de outubro), pola que se fai público o acordo do Consello  de  ministros  do  13  de  xullo  de  1981,  deixa  sen  efecto  o  inciso  final  do artigo 69 deste regulamento orgánico.

Page 28: § 4 LEI 50/1997, dO 27 dE nOvEmbrO (XEfatura EXPOS ... · do Goberno, e remítese á lei para determinar o resto dos ... código de bo goberno dos membros do Goberno e dos altos

266

§ 4 d)  Os artigos 129 a 132 da Lei de procedemento admi-nistrativo, do 17 de xullo de 1958.

e) S­uprímense as mencións aos directores dos gabine-tes dos secretarios de Estado contidas no artigo 1.g) da Lei 12/1995, do 11 de maio, de incompatibilidades dos membros do Goberno da nación e dos altos cargos da administración xeral do Estado.