Viaxe no tempo

Post on 06-Jul-2015

108 views 0 download

Transcript of Viaxe no tempo

Achegábanse os días máis longos do ano e iamos celebrar a festaanual do solsticio de verán.

A actividade no Clan era frenética. Os homessaíran de caza e as mulleres levabamosvarios días recolectando froitas, raíces, brotes, bulbos, tubérculos…. todo o necesario para poder preparar o xantar da festa, acontecemento tan esperado por todas e todos nós.

Nos días anteriores á cacería estiveramosrompendo e moendo as lándoas queapañáramos. Coa fariña resultante fixemos unhaespecie de pasta que aplastamos en forma depequenos pasteis que logo recubrimos conxarope de arce e puxémolos a secar ao sol.

A cacería sempre era un reto para os mozosdo poboado e unha grande responsabilidade paraos homes maiores que sabían da perigosidade edos riscos aos que se tiñan que enfrontar.

O feiticeiro da aldea preparara o ritual onde

implorara a protección dos cazadores contra

os espíritus malignos e encomendara á Nai

Terra que lles permitira cazar un animal para

poder sobrevivir.

Esa mañá moi

cedo os homes saíran

coas súas lanzas na

percura dun grande

oso das cavernas ao

que levaban

seguíndolle a pista

durante varios días.

A cacería fora

dificultosa pero entre

todos conseguiran

matalo e traelo ao

poboado.

Cando chegaron, as mulleres xa tiñamos

todo disposto para preparar o xantar e poder

cociñar para a gran festa. Despelexamos o

animal, troceamos a carne e fómola colocando

en pozos forrados de pedras que quentáramos

con lumeiradas, onde estaría asándose durante

un día enteiro.

Mentres se asaba a carne, preparamos unhaspotas de coiro que colgamos enriba dos lumes. Nunhas puxemos a ferver tubérculos e raíces variadas e noutras cociñamos espárragos silvestres, ceboliñas, cogumelos e diferentes tipos de verzas. Lavamos unha morea de follas de leituga silvestre e de dentes de león que serviríamos crúas cun prebe de graxa de oso quente, especias e sal que engadiremos a última hora. Por último preparamos os arandos, moras e frambuesas silvestres que servirían de sobremesa para o gran festín.

Xa está todo disposto para o gran día…

RIIIIIIINNNNNNGGGGG !!!!

Soa o espertador. Son as sete e media da

mañá e xa é hora de erguerme para ir ao

instituto.

Foi unha mágoa que xusto no momento de

ir celebrar a festa do solsticio de verán tivera

que volver á realidade.

Coido que sería fantástico poder facer unha

viaxe no tempo para poder vivir unha grande

aventura na Prehistoria.

TRABALLO REALIZADO POR:

ESPERANZA VÁZQUEZ

DOPICO