Post on 11-Jul-2015
30 de xaneiro
Día Escolar da PazDía Escolar da PazDía Escolar da PazDía Escolar da Paz e e e e Non ViolenciaNon ViolenciaNon ViolenciaNon Violencia
CEIP PONTE DOS BROZOS – Arteixo
Curso 2013 - 2014
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
30 de Xaneiro30 de Xaneiro30 de Xaneiro30 de Xaneiro
En 1993 a Organización das Nacións Unidas (ONU) recoñece o 30 de
xaneiro como o Día Internacional da Paz e Non Violencia.
O día Escolar da Paz celébrase desde o ano 1964 e foi establecido
polo poeta e educador mallorquino Llorenc Vidal.
A mensaxe é que este día é o do “ Amor universal, a non violencia e
a paz”.
Símbolos da PazSímbolos da PazSímbolos da PazSímbolos da Paz
Pomba branca con oliva
CDN – Círculo da Paz
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Pomba branca con oliva
A pomba branca levando unha póla de oliveira no peteiro ten
unha orixe milenaria e está fortemente unida á cultura xudeu-cristiá.
No Antigo testamento, Noé envía unha pomba branca para que
atope terra trala inundación, despois dun tempo a pomba regresa á
Arca cunha póla de oliveira no peteiro, o que é entendido como que a
inundación rematara e que Deus estaba en paz coa humanidade.
Na actualidade, a pomba branca pode representar dous tipos de
paz:
A pomba coa póla de oliveira no
peteiro representa o desexo de manter
a paz acadada; mentres que se a
representamos voando, como cando a
botamos ao aire, simboliza o desexo de
acadar a paz e a pomba e o
mensaxeiro que transmite o noso
desexo.
CDN – Círculo da Paz
O CDN -símbolo da Campaña do Desarme Nuclear-
popularizouse nos anos 60 e 70, especialmente no Reino Unido, tras
comezar a ser utilizado contra a guerra en xeral polo movemento
hippie e as protestas contra a Guerra de Vietnam por todo o mundo.
Foi deseñado polo artista británico Gerald Holtom en 1958 como o
emblema dunha das maiores marchas antinucleares da historia que
tivo lugar nese ano.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
O símbolo CDN está fortemente ligado ao da pomba branca. As
liñas representan a pata da pomba e o circulo a Terra, simbolizando
desta maneira a paz mundial.
GhandiGhandiGhandiGhandi
O 3o de xaneiro, tamén, conmemoramos a data en que Mahatma
Ghandi foi asasinado.
Mohandas Karamchand Gandhi(1869-1948), foi un
líder político e espiritual hindú que coa súa loita pacífica e
as súas accións de non violencia logrou a independencia da
India do imperio Británico.
Defensor da igualdade e a xustiza, predicou có exemplo
vivindo na pobreza e axudando aos más desfavorecidos.
Fomentou a transformación social do seu país coa súa
teoría da non –violencia.
Gandhi pensaba que a mellor forma de combater o odio e as
armas eran o amor e a paz.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
A violencia é o medo aos ideais dos demais. O máis atroz das cousas malas da xente mala é o silencio da xente boa.
Aínda que foi proposto para o Premio Nobel da Paz varias veces
nunca o gañou.
Algúns Algúns Algúns Algúns gañadores do Premio gañadores do Premio gañadores do Premio gañadores do Premio Nobel da PazNobel da PazNobel da PazNobel da Paz
1901 .- Frédéric Passy, Francia
Foi un dos principais fundadores da Unión
Interparlamentaria e o primordial organizador do
primeiro Congreso Universal pola Paz.
1901 .- Jean Henri Dunant, Suíza
Polo seu traballo na creación do
Comité Internacional da Cruz Vermella.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
1927.- Ferdinand Buisson, Francia
Fundador e presidente da Liga para os
Dereitos Humanos.
1977.- Amnistía Internacional
Por protexer os dereitos humanos dos
presos de conciencia.
1991.-Aung San Suu Kyi, Birmania
Pola súa loita non violenta pola democracia e
os dereitos humanos.
1993.- Nelson Mandela, Sudáfrica
Pola súa loita contra a segregación
racial, apartheid.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
2003.- Shirin Ebadi, Irán
Concedéronllo pola súa loita pola
democracia e os dereitos humanos,
centrándose na loita polos dereitos
das mulleres e nenos.
2011.- Leymah Gbowee, Liberia
Pola súa loita non violenta pola
seguridade das mulleres e polos
dereitos das mulleres á plena
participación no traballo de
consolidación da paz.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
1. Comprensión lectora.
1. Que día se celebra o Día Escolar pola Paz e non Violencia?
o 21 de setembro
o 30 de xaneiro
o 31 de xaneiro
2. Desde que ano se celebra o Día Escolar pola Paz?
o 1964
o 1954
o 1974
3. Quen estableceu o Día Escolar pola Paz?
o Mahatma Ghandi
o FrédéricPassy
o Llorenc Vidal.
4. En que ano a Organización das Nacións Unidas
recoñeceron o 30 de xaneiro como o Día Escolar da Paz e
Non Violencia?
o 2003
o 1993
o 1983
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
5. Cales son os símbolos da Paz?
o Unha pomba branca e un corazón.
o O círculo do CDN, un corazón e unha pomba.
o O círculo do CDN e a pomba branca.
6. A orixe da pomba branca cunha póla de oliveira é...
o Musulmá.
o Xúdeu-cristiá.
o Xúdeu-romana.
7. Que movemento empeza a utiliza o círculo do CDN como
símbolo contra a guerra?
o Románticos.
o Hippie.
o Pacifistas.
8. Que outra conmemoración se celebra o 30 de xaneiro?
o O asasinato de Ghandi.
o A liberdade de Nelson Mandela.
o A entrega do 1º Premio Nobel da Paz.
9. Cal destes personaxes non gañou o Premio Nobel da Paz?
o Leymah Gbowee
o Nelson Mandela.
o Mahatma Ghandi.
10. O CEIP Ponte dos Brozos pertence á Rede de escolas de Amnistía Internacional, en que ano gañou esta organización o Nobel da Paz?
o 1987
o 1977
o Nunca
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
2. Xogamos coas palabras.
� Atopa nesta sopa de letras a palabra PAZ en diferentes
idiomas.
PAZ - PAU - BAKÉ – PEACE – PAIX – PACE – SALAM -
VREDE – FRIEDEN – MIRE
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
3. Investigamos
� No documento sobre a Paz, fálase dos Premios Nobel da Paz. Investiga
en que país se conceden estes premios e cal é a súa orixe.
� O colexio pertence á “Red de Escuelas de Amnistía Internacional”, esta
ONG gañou o premio Nobel en 1977, investiga que fai esta
organización e que actividades realizamos no colexio en colaboración
con ela.
� Os premios Nobel da Paz concédense a persoas e organizacións de todo
o mundo.
- Ten España algún premio Nobel da Paz?
- Que país ten máis premios deste tipo?
4. Propoñemos.
� Que podemos facer nós para axudar a acadar a paz no mundo?
Elabora unha lista de 5 propostas e ponas en común cos teus
compañeiros/-as de aula.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
5. Xogamos.
� Rodea e colorea a pomba que se repite.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
� Risca as dúas pombas que miran en sentido contrario ás
outras.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
� Busca as 9 diferenzas.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
� Constrúe algunha destas pombas.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
6. Coloreamos.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
7. Material
� Lims sobre a Paz
http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/paz2/paz.html
http://dl.dropboxusercontent.com/u/4518185/paz/lim.swf?libro=paz.lim
Negros e Brancos.- David Mckee (conto) http://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/julia/brancos.html
� Webs
Recursos https://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/Home/paz
https://sites.google.com/site/recursospazceipvictorsaenz/
http://biblioforte.blogspot.com.es/2013/01/recursos-para-o-dia-da-paz-2013.html
Mandela http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/2014/01/dia-da-paz-recursos-educativos-sobre.html
Nenos soldado. http://www.es.amnesty.org/redescuelas/materiales-para-el-
profesorado/ninos-y-ninas-soldados/
� Cancións
Concordias de papel - Sés
http://www.youtube.com/watch?v=bSaqzASo5yY
El derecho de vivir en paz- Luar na Lubre e Ismael Serrano
http://www.youtube.com/watch?v=yWJ3u2BVZ3A&list=PL10A14F7DA3810317
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Varias no mesmo enlace http://www.youtube.com/watch?v=FiqVKUGy4ec&list=PLD714620EF7695F
08
Niño soldado. Ska-P
http://www.youtube.com/watch?v=NSjljdPWMTI
� Videos.
Zapatos
http://www.youtube.com/watch?v=mHVPWd0tfc0
La paloma de la Paz. (conto) http://www.youtube.com/watch?v=vd0In7yfSpw
Nenos soldado.
http://www.youtube.com/watch?v=EmLoqhFakaA
8. Lecturas relacionadas.
- O nacemento do Dragón.- Wang Fei, Marie Sellier .- Ed. Kalandraka
“ Cando os homes e as mulleres de toda China
descubriron o dragón imaxinado polos seus fillos, pareceulles tan fermoso que, por primeira vez, estiveron todos de acordo.”
- Comandante Hussi.- Jorge Araujo.- Ed. Kalandraka
“A guerra truncou a súa nenez e converteuno nun neno- Soldado que conviviu de preto coa morte, a miseria, a anguria...”
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Xaneiro 2014
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
- Un barco no ceo.- Quentin Blake.- Ed. Kalandraka
“ Nenas e nenos de todo o mundo crearon unha arca voadora que vai salvando a quen sofre pola violencia.”
- Negros e brancos.- David Mckee.- Ed. Xerais
“ Hai tempo, todos os elefantes eran brancos ou negros, e
odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra.”
- A guerra dos números.- Juan Darién.- Ed. OQO
“UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía
envexa dos demais. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS”
- A pomba dona Paz.- Ramón Caride.- Ed. Xerais
“Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha
casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan
polas prazas e os camiños”
- Fume.- Antón Fortes.- Ed. OQO
“Soño cun dragón verde de lingua negra que me quere papar. As casas tamén son verdes, como a herba do noso
xardín con bambán, onde antes xogabamos ao balón papá e mais eu. Bótoo moito de menos. Mamá dime que pronto nos
imos reunir.”