Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

Post on 16-Jul-2016

184 views 1 download

description

A ARTE BARROCA EN ESPAÑA. O BARROCO COMPOSTELÁ

Transcript of Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

A ARTE BARROCA EN ESPAÑA

A época do Barroco coincide en España cunha época de dificultades políticas e bélicas, de perda

da hexemonía e de diminución de metais preciosos procedentes das colonias americanas. Pero

esta situación contrasta co extraordinario desenvolvemento cultural, de modo que o século XVII é

denominado Século de Ouro.

A arte Barroca española é maioritariamente relixiosa pois eran a principal clientela e está mooi

influída polos principios da Contrarreforma.

A ARQUITECTURA

En España realizáronse fundamentalmente obras relixiosas.

Construíronse con materiais pobres (ladriño ou cachotaría), reservándose os sillares de pedra

para as fachadas, e utilizouse unha abundante decoración para ocultalos.

Entre as intervencións urbanísticas máis destacadas están as prazas maiores, entre as que

destacan Madrid (Gómez de Mora) e Salamanca.

Os arquitectos máis destacados do Barroco español foron os irmáns Churriguera. Crearon un

estilo propio, chamado churrigueresco, que se caracterizou pola decoración recargada. A eles

débeselles a praza maior de Salamanca.

Tamén destaca Pedro Ribera, autor do Hospicio de Madrid, e Fernando de Casas e Nóvoa,

autor da fachada do Obradoiro na catedral de Santiago de Compostela.

Entre os construtores de grandes palacios sobresaen arquitectos italianos como Juvara e

Sacchetti en Madrid.

A ESCULTURA

A escultura barroca española presenta algunhas características que a diferencian da europea.

Seguiu o camiño trazaado no Renacemento. En España realizáronse principalmente retablos e

imaxes en madeira policromada e estufada, conseguindo gran realismo no tratamento das

anatomías, para decorar os templos e para as procesións.

As figuras eran moi expresivas e de grande emotividade. Buscan mover a piedade e a

devoción nos fieis.

O movemento conseguíase co uso de liñas diagonais.

Os principais escultores do Barroco español foron Gregorio Fernández, Martínez Montañés,

Pedro de Mena e Alonso Cano.

A PINTURA.

O século XVII considérase o Século de Ouro da pintura española, porque neste período alcanzou

o seu maior esplendor.

A Igrexa continuaba encargando obras relixiosas, pero os monarcas e a nobreza demandaban

retratos e temas mitolóxicos.

Xunto aos efectos tenebristas, moitos pintores evolucionaron dando entra a obras máis

iluministas e de contrastes menos acentuados.

Entre os principais pintores españois do Barroco destacaron José Ribera, chamado o

Spagnoletto, Francisco de Zurbarán, Bartolomé Esteban Murillo e Diego Velázquez.Velázquez

foi sen dúbida o mellor artista do Barroco español.

JOSÉ RIBERA.

Naceu en Xátiva (Vlencia) pero desenvolveu a súa carreira en Italia. Seguiu o naturalismo e o

tenebrismo de Caravaggio, aínda que utiliza un maior colorido e os seus personaxes mostran

actitudes máis serenas.

FRANCISCO DE ZURBARÁN.

Pintor extremeño, formado en Sevilla. A súa primeira etapa está moi influída polo tenebrismo de

Caravaggioo, pero despois adquire un estilo propio. É moi coñecido polos seus cadros relixiosos,

especialmente de frades, e polos seus bodegóns.

Zurbarán pintou unha serie de santas, ás que representa como damas nobres ataviadas con

elegantes vestidos da época.

BARTOLOMÉ ESTEBAN MURILLO.

Nacido en Sevilla, pintou sobre todo temas relixiosos, especialmente Inmaculadas. Tamén realizou

cadros costumistas, escenas da vida cotiá protagonizadas por nenos e pícaros.

Murillo representa a realidade pero con certa tenrura que é característico da súa pintura.

DIEGO RODRÍGUEZ DE SILVA VELÁZQUEZ

Velázquez loitou toda a súa vida para logar que se considerase a pintura como unha arte e non

como un traballo manual, e consegiuno: o rei nomeouno para diversos altos cargos e

concedeulle o ingreso na orde de Santiago, algo reservado ao máis selecto da nobreza.

Velázquez caracterízase por:

• Uso maxistral da luz e da perspectiva aérea, que xunto ao sfumato, lle permiten "pintar o

aire".

• As súas composicións son complexas, con diversos planos e focos de luz.

• Realismo das escenas e profundidade psicolóxica dos personaxes (capta a

personalidade dos retratados), que trata sempre de humanizar.

Rembrandt

Velázquez pintou temas moi variados: retratos, escenas mitolóxicas e cotiás, cadros

relixiosos ...

Naceu en Sevilla e entrou, con 11 anos, a formarse no taller do pintor Francisco Pacheco. Alí

adquiriu un estilo moi influído polo realismo e polo tenebrismo. Desta primeira etapa destaca

Vella fritindo ovos e O augador.

Aos 24, o Conde Duque de Olivares, chamouno para retratar o rei e, pouco espois, foi nomeado

pintor de cámara de Felipe IV. En Madrid, fixo numerosos retratos da familia real e de moitos

personaxes da corte. O contacto coa pintura italiana da colección real fixo que transformara o

seu estilo, abandoando os tonos ocres por outros máis claros. Desta etapa destaca O triunfo de

Baco ("Os Borrachos").

En 1631 realizou a súa primera viaxe a Italia, onde afondou no estudo do nu e da pespectiva.

Aclarou a súa paleta. A fragua de Vulcano.

Retornaría a Madrid e realizaría numerosos retratos da familia real, personaxes importantes

da corte e de bufóns (non se recrea en mostrar as deformidades físicas ou mentais, senón que

os retrata con toda a dignidade). Nesta etapa xa emprega unha pincelada moi solta, sen definición

dos contornos. Retratos ecuestres como o do Príncipe Baltasar Carlos ou o do Conde Duque

Olivares. Retratos de bufóns como O bufón Calabaciñas, Pablo de Valladolid, O neno de

Vallecas ou Sebastián de Morra.

Na súa segunda viaxe a Italia alcanzou a perfección técnica que plasmou nas súas obras mestras

posteriores. Desta etapa destaca o retrato do papa Inocencio X e o do seu propio criado Juan de

Pareja. Tamén realizou a Venus do espello.

A súa etapa final é en Madrid. Neste período conseguiu unha pincelada máis solta, e nalgúns

puntos acumulaba a pasta acadando efectos sorprendentes. Conseguiu empregar a luz

representando de forma magnífica a perspectiva aérea. As Meninas, As fiandeiras e Mercurio e

Argos.

O BARROCO COMPOSTELÁ

En Galicia, a arte barroca supuxo unha das etapas de maior esplendor artístico e comprende o

século XVII e a primeira metade do XVIII. Boa parte da arte barroca galega é relixiosa.

O centro do Barroco galego foi a cidade de Santiago de Compsotela. A arquitectura barroca

transformou a cidade, comezando pola catedral, á que se lle engadiron as torres e a fachada do

Obradoiro. O Barroco introduciu nos edificios unha abudante decoración con elementos vexetais

(froitas, follas) ao tempo que aparecen novos elementos, como columnas salomónicas,

frontóns rotos e grandes volutas.

En Santiago de Compostela destacan arquitectos como Domingo de Andrade, autor da fachada

de San Domingos de Bonaval e da torre do Reloxo da catedral, e Fernando de Casas e

Nóvoa, autor da fachada do Obradoiro.

O máis destacado do Barroco compostelán do século XVIII é o barroco de placas, que se

caracteriza pola utilización dunha decoración xeométrica de grandes placas e cilindros que

aumentan os contrastes de claroscuro e a sensación de movemento nas fachadas. Destacan

as fachadas pano do mosteiro de Santa Clara, obra de Simón Rodríguez, e a casa do cabido,

na praza de Praterías, de Clemente Fernández Sarela.

A arquitectura civil está representada polos numerosos pazos que se construíron neste período en

Galicia. Nalgúns casos combinan a arquitectura e a natureza creando fermosos xardíns, coma no

pazo de Oca.

O Barroco supuxo tamén un urbanismo que pesna a cidade como un teatro. O mellor exemplo é

Santiago de Compostela. A falta de grandes avenidas, a praza constitúese no punto de interese.