U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )

Post on 11-Jan-2016

82 views 0 download

description

U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 ). - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )

PA S E O R A C I O N A L I S TA P O L A A R Q U I T E C T U R A D E V I G Oh ttp ://x o r n a l.v ig o .o r g /m ed i/x o r n a l/n o tic ia s /d o c/11 7 1 6 3 0 4 3 2 r a cio

a n a lis m o .p d f

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha 01)

A cidade de Vigo dispón dun repertorio de edificios e construcións racionalistas que están integrados na paisaxe urbana e que se pretende difundir e valorar; nesta síntese recóllese unha selección das obras máis significativas desta corrente da arquitectura marcada polas reinterpretacións locais ao longo dunha década (1934-1944).

O racionalismo como manifesto construtivo asúmese en Vigo, a partir de 1932, polo arquitecto Francisco Castro Represas, quen manifesta que “a arquitectura racionalista é unha arte utilitaria”, en contraposición ás tendencias rexionalistas que primaban ata ese momento. O racionalismo en Vigo establece unha ponte, ata mediados dos anos corenta, coas correntes europeas caracterizadas pola vangarda.

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha 02)

O Concello de Vigo, co pa-trocinio da Fundación Caixa Galicia, promoveu un progra-ma divulgativo da arquitectura racionalista en Vigo consisten-te na edición dunha publica-ción cuxo autor é o arquitecto Jose L. Varela Alén e na co-locación de placas identificati-vas dos edificios deste roteiro. Convidámosvos a seguir a ruta proposta, paseando polas rúas viguesas imaxinando o contexto das construcións, a época e a forma de vida da-quel momento.

EDIFICIO GALOYA (Ficha I)

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha I)

A idea de dinamismo, vin-culada a imaxes aerodiná-micas de orixe expre-sionista queda reflectida na forma resultante do edificio dedicado funda-mentalmente a oficinas. Os ocos de ventá repítense marcando franxas verti-cais, amortecidas polo ma-terial cerámico e o seu de-buxo da parte superior, que se mestura cunha cantería con escaso orna-mento nas plantas infe-riores.

EDIFICIO GALOYA Ano 1934 Romualdo Madariaga Céspedes,

arq. r/ Travesía Príncipe, nº 2/Porta do

Sol/Policarpo Sanz.

EDIFICIO SANCHÓN (Ficha II)

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha II)

EDIFICIO SANCHÓN Ano 1934 Francisco Castro Represas

arq. r/ Travesía Príncipe, nº 2/Porta do

Sol/Policarpo Sanz.

Neste edificio Francisco Castro intenta facer convi-vir dúas linguaxes arquite-ctónicas en principio con-trapostas: o emprego dos modos tradicionais de construción exemplificados pola local utilización do granito e elementos for-mais que proveñen dunha linguaxe renovadora, no que a simplicidade de for-mas se refire. A singula-ridade do portal e escaleira merecen un recoñecemen-to especial.

EDIFICIO CRESPO FILGUEIRA (Ficha III)

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha III)

Moitos dos elementos empregados no edificio Sanchón reaparecen nesta obra. Mestura motivos de forte ver-ticalidade (remates la-terais) con outros hori-zontais (balcóns e ven-tás). O portal é outro exemplo de xenerosa concesión de espazos a quen accede dende o exterior.

EDIFICIO CRESPO FILGUEIRAAno 1938Francisco Castro Represas, arq.r/ Cuba 2

BANCO DE ESPAÑA/CASA DAS ARTES (Ficha IV)

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha IV)

O terreo en esquina onde se levanta o edificio atópase fronte ao edificio García Barbón proxectado por A. Palacios, o que condicionou seguramente ao arquitecto na realiza-ción dun chafrán na inter-sección dos dous planos de fachada ás dúas rúas. Fachada sen apenas elementos ornamentais. Dis-tribución arredor dun gran patio iluminado cenitalmen-te, esquema repetido neste tipo de edificios.

BANCO DE ESPAÑA/ CASA DAS ARTES Ano 1938 Romualdo Madariaga

Céspedes, arq. r/ Policarpo Sanz c/v

Reconquista.

EDIFICIO DE CESÁREO GONZÁLEZ (Ficha V)

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha V)

EDIFICIO CESÁREO GLEZ Ano 1938 Francisco Castro

Represas, arq. Praza de Portugal, 2

Un dos poucos exemplos de emprego de materiais inu-suais na fachada, resolta con fábrica de ladrillo rebo-cado e pintado. A volume-tría exterior encarna unha das mellores versións aero-dinámicas do raciona-lismo na cidade, con gran-de economía formal no seu tratamento: balcóns en cur-va de peto macizo, ollos de boi e ventás e esgrafiados horizontais. Excelente esca-leira de formas aerodiná-micas.

EDIFICIO DE ALONSO GIMÉNEZ(Ficha VI)

Solar do antigo edificio de oficinas Alonso Giménez demolido en 2006 supuestamente para rehabilitar...únicamente su fachada.

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha VI)

EDIFICIO ALONSO GIMÉNEZ Ano 1940 Jenaro de la Fuente

Álvarez, arq. r/ Pontevedra/Areal

Edificio de oficinas de tres fachadas, sendo a do chafrán a que se erixe con maior presen-za e altura. Desprovisto de ornamentación. Os muros portantes de cantería de granito con-dicionarán as dimen-sións dos ocos. O ele-mento da escaleira e os espazos comúns son de brillante execución e xenerosidade.

EDIFICIO CURBERA (Ficha VII)

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha VII)

Introducción na cidade de Vigo dun edificio de grande altura. Fachada principal con acentuada simetría, cun eixe moi marcado vertical-mente, incluso cromáticamente, re-servando as superficies laterais á horizontalidade reflectida nos ocos de ventás e balcóns rematados en curva. Marcada austeridade nos or-namentos. As formas aerodinámi-cas repítense nun xeneroso acceso

EDIFICIO CURBERA Ano 1940 Jenaro de la Fuente Álvarez, arq. r/ Pontevedra/Areal

EDIFICIO IGLESIAS CURTY (Ficha VIII)

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha VIII)

EDIFICIO IGLESIAS CURTY Ano 1940 Jenaro de la Fuente

Álvarez, arq. r/ Reconquista/Praza de

Compostela

A confluencia de diferentes estilos volve a estar pre-sente: as ideas que prove-ñen do ideario racionalista reflíctense na volumetría e tratamentos exteriores (o-cos apaisados, elementos saíntes sinxelos e super-postos e vidros curvos). Por outra banda xorden liñas verticais e enmar-cados nos ocos de esqui-na. Edificio mutilado no re-mate en esquina o que lle resta presenza. Vidrieras únicas no interior.

EDIFICIO IGLESIAS CURTY (Ficha IX)

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha IX)

Quizais sexa este edificio onde Je-naro de la Fuente aplica de ma-neira máis sincera as ideas costru-ctivas, espaciais e formais máis afíns ao racionalismo iso si, fóra de contexto polo ano de execución. Combinación de tres prismas dedi-cados a diferentes funcións. Gran-de economía formal e ornamental. Outros dos exemplos onde non se emprega granito na fachada.

ESCOLA DE COMERCIO Ano 1940 Jenaro de la Fuente Álvarez,

arq. Avenida de Torrecedeira.

EDIFICIO DE VIVENDAS PERNAS (Ficha X)

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha X)

EDIFICIO VIVENDAS PERNAS

Ano 1941

Francisco Castro Represas, arq.

Praza de América.

A posibilidade de realizar un edificio en cuarteirón triangular permitirá ao arquitecto por en práctica moitas das ideas raciona-listas en canto a materiais empregados e na austeri-dade ornamental, con pre-dominio da horizontali-dade no conxunto salvo excepcións de elementos verticais nas frente cen-trais. Claridade na distri-bución das vivendas, dan-do fronte á rúa ou ao gran espazo interior.

EDIFICIO DE VIVENDAS ALBO (Ficha XI)

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha XI)

A prolongación no tempo na exe-cución do edificio determinou que se realizaran cambios sobre o proxecto orixinal máis acordes co novo réxi-me, adoptando interpretacións neo-clásicas e elementos reinterpretados doutras linguaxes. Pero o edificio mantén as súas franxas horizontais que unifican os ocos de ventá, rema-tados en curva, incluídos os vidros e os pregos das ventás en esquina.

EDIFICIO ALBO Ano 1940 Jenaro de la Fuente

Álvarez,arq. Avenida de Torrecedeira.

REAL CLUB NÁUTICO (Ficha XII)

UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha XII)

REAL CLUB NÁUTICO Ano 1940 Francisco Castro Represas,

arq. Avenida de Torrecedeira.

Edificio estrictamente liga-do ao Club Náutico de San Sebastián, redactado quin-ce anos antes. Ao ser inu-sual reflectir o ideario ra-cionalista na posguerra, o edificio mostra unha apa-riencia de barco a través das formas e elementos ae-rodinámicos que asoman ao mar. Empregouse unha no-vidosa cimentación de pilo-tes baixo a auga que emer-xen unidos por unha sutil estrutura de formi-gón.