Post on 11-Nov-2014
description
Tempo de castañas
Ceip Saco e Arce 2011
O Castiñeiro (Castanea sativa)
É unha árbore orixinaria de Asia Menor.
Os gregos e romanos estendérona por Europa, e máis tarde foi levada ao Novo Mundo.
Podemos atopala por toda Galicia, aínda que é máis frecuente nas montañas dos Ancares e do Caurel
Tamén son moi coñecidos os soutos da provincia de Ourense pola súa beleza.
Habita nos lugares frescos sobre solos lixeiros e profundos.
É unha especie cultivada dende hai milenios polos seus froitos e pola súa madeira.
Adáptase moi ben aos climas temperados, pode soportar fríos no inverno pero é moi sensible ás xeadas primaverais.
É unha árbore moi lonxeva que acada un gran tamaño, se se deixa medrar.
A copa é alta, esférica e moi densa.
Chega ata os 25 ou 35 metros e ten raíces profundas.
Pode vivir varios séculos, aínda despois de baleira-lo tronco polo efecto das pudricións. Cando abre o toro, reciben o nome de catubeiras ou caracochas.
Hai tempo servían para refuxio dos nenos cando ían ao campo co gando
Este é o castiñeiro máis vello de Galicia.Está en Pumbariños, Manzaneda. Calcúlase
que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 13,85
metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos estendidos, para abarcar todo o seu contorno
No ano 1995 foi declarado Monumento Natural
A súa cortiza é cincenta- pardusca ao principio, pero co tempo vaise tornando escura e con gretas máis ou menos verticais.
O tronco é groso e dereito, e está oco nos exemplares moi vellos.
As flores son de cor amarela.
A polinización é realizada por insectos.
As follas son simples, alternas, pecioladas, oblongo-lanceoladas e serradas.
As follas e a cortiza úsanse como menciñas polas propiedades astrinxentes (en diarreas, tos, inflamacións de gorxa, febre e reuma).Tamén se emprega para curtir e tinguir peles , e tamén en cestería, sen esquecer o seu grande valor ornamental.
• As follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus.
Arredor do castiñeiro desenvólvense moitas especies vexetais.
A castaña sirve de alimento a moitos animais salvaxes.
A sombra dun castiñeiro é boa e fresca.
E os soutos de castiñeiros dan lugar a paisaxes fermosas que enriquecen o patrimonio natural de Galicia.
Valor ecolóxico:
Valor económico:
• A madeira de castiñeiro é unha madeira nobre, de gran calidade: é boa, fermosa, e moi duradeira.
• En Galicia foi usada tradicionalmente para as vigas ou trabes da casa, para pontóns e táboas do piso, para facer armarios, chineros, cadeiras, escanos, mesas e bancos, para facer arcas…
• Tamén foi moi usada para traballos artísticos: esculturas, portas de eirexas, retablos,
A madeira
O froito do castiñeiro ten forma globosa, cunha cuberta chea de espiñas moi punzantes. É o ourizo.
A semente (a castaña) é comestible e madura no outono. É a protagonista da festa do Magosto tan estendida nas terras galegas.
Cando as castañas comezan a pingar, e dicir, cando abren os ourizos e deixan caer o froito, e o momento de recollelas co angazo. Logo a árbore atoleirase coa baloira para que caian as que aínda non o fixeron.
A castaña.
• A castaña é alimento para moitos animais. Pero tamén é alimento para o home dende o Paleolítico. Nos tempos en que non había patatas e os cereais andaban escasos, a castaña tiña moita importancia.
As castañas foron durante moito tempo unha fonte inestimable de hidratos de carbono, ata que a chegada da pataca as foi remprazando. Aínda se empregan de moitos xeitos : dánselle o gando ou cébanse os porcos; cómense crúas ou asadas, cocidas ou secas, con chourizos, con ovos ou leite. As que non se consumen lévanse ao canizo para secar.