Tema 3 arte romano

Post on 05-Dec-2014

826 views 11 download

description

 

Transcript of Tema 3 arte romano

ARTE CLÁSICO: ROMA

Introdución A manifestación artística máis importante dos

romanos foi a ARQUITECTURAArquitectura que reflexa o carácter práctico

dos romanosAs principais obras non son templos senón

grandes obras públicasA arquitectura romana será tamén para facer

propaganda como símbolo do poder e do prestixio de Roma

1.- CONTEXTO HISTÓRICOA orixe de Roma prodúcese no s. VIII a. C., da unión

de varias aldeas.Os ETRUSCOS: pobo do norte de ITALIA conquistan

Roma no S. VII a. C. e impoñen a MONARQUÍAA arquitectura etrusca influirá na romana co uso do

ARCO E BÓVEDAA finais do S. VI a. C. os romanos expulsan os

etruscos e instauran un novo réxime político: A REPÚBLICA.

A república esta dirixida pola aristocracia: PATRICIOS

Etruscos invaden o Lazio e conquistan

Roma

Territorio ocupado polos

gregos: MAGNA GRECIA

CARTAGO loita contra Roma pola conquista do

Mediterraneo GUERRAS PÚNICAS

Durante a República os romanos iniciarán as súas conquistas.

No S. III a. C. teñen conquistada toda a P. Itálica e inician a súa expansión polo Mediterraneo loitando contra os Cartaxineses nas GUERRAS PÚNICAS, que remata co triunfo de Roma, facéndose co control do Mediterraneo

No S. II a. C. conquistan GRECIA ( Gran influxo para os Romanos)

A república comeza a ter problemas dada a dificultade para gobernar tanto imperio

Tras enfrontamentos e guerra civis, OCTAVIO AUGUSTO convértese no primeiro emperador dando inicio o IMPERIO ROMANO.

O imperio divídese en dúas etapas:ALTO IMPERIO ( S. I a.C. – S II)BAIXO IMPERIO (S. III – S. V)

ALTO IMPERIO: periodo de máximo esplendor do imperio romano. Durante esta época prodúcese a PAX ROMANA, tamén se inicia a ROMANIZACIÓN.

A nivel artístico destacan como emperadores tanto VESPASIANO, TITO, TRAXANO e ADRIANO. Todos son membros da dinastía FLAVIA

Os emperadores promoven as construcións para reflexar o seu poder

TERRITORIOS QUE FORMAN O IMPERIO

ROMANO

Conquista romana de Grecia na batalla de Corinto no 146

a. C.

Conquista romana de Grecia na batalla de Corinto no 146

a. C.

O Baixo Imperio e un periodo de crise a todos os niveis, tanto económico, artistico, cultural

Algúns emperadores trataron de solucionar esta crise395 o emperador TEODOSIO O GRANDE divide o

Imperio Romano en dous: IMPERIO ROMANO DE OCCIDENTE: Honorio IMPERIO ROMANO DE ORIENTE: Arcadio

No 476, os Bárbaros destruen o Imperio Romano de Occidente.

O Imperio de oriente sobrevive o ataque e convértese no IMPERIO BIZANTINO que perdura ata 1453

División do Imperio romano en dous por TEODOSIO O GRANDE

no 395

Occidente: capital Roma,

emperador Honorio

Occidente: capital Roma,

emperador Honorio

Oriente:Capital

costantinoplaEmperador Acadio

Oriente:Capital

costantinoplaEmperador Acadio

Invasións BARBARAS: Destruíron o

Imperio romano de occidente

Cronoloxía

Periodo da monarquía (S. VIII – 510 a. C.)

Periodo da república ( 510 – 27 a. C.)

Periodo do imperio (27 a. C. – 476)

2.- CONTEXTO CULTURAL E ARTÍSTICOO mundo cultural romano será ECLÉCTICO, xa

que recibirá e asimilará a influencia doutras culturas sobre todo A GREGA e a ETRUSCA

O espírito práctico dos romanos fará que se desenrolen aspectos culturais propios.

O eclécticismo obsérvanse tamén na relixión, xa que adoptan o panteón de deuses gregos.

Ademaís de eclécticos, tamén mostras algo orixinal: O SEU CARÁCTER PRÁCTICO E FUNCIONAL

Dos Etruscos toman o ARCO e a BÓVEDA

Os romanos teñen que construir grandes obras de forma barata e rápida, polo que deben empregar materiais lixeiros e baratos.

Son os primeiros en valorar a importancia do espazo interior nas súas obras.

Tamén, as súas obras reflexan o poder e o prestixo de Roma fronte os conquistados.

A nivel escultórico copiarán as obras gregas, pero tamén serán orixinais:Retrato realista Relevo histórico: facían propaganda do seu

poder

Escultura : imago maiorumEstatua Barberini.

S. I a. C.

Columna de Traxano

Relevo histórico

3.- CARACTERÍSTICAS XERAIS DA ARQUITECTURAA cidade é o centro da vida no mundo romanoO sentido práctico dos romanos levanos a utilizar

estructuras que tiñan os seus campamentos militares

A cidade estaba amurallada e tiña forma cuadrada.

Organizábase en torno a dúas ruas: CARDODECUMANO

Donde se cruzan sitúanse os principais edificios da cidade: FORO

Urbanismo Modelo repíteo o

longo do imperioBaséase no

campamento militar

Dous eixes:Cardo DecumanoCentro: o foro

Utilízan materiais baratos e lixeiros como o ADOBE (que adoptan dos etruscos)

Tamén utilizan o LADRILLO e o MORTEIRO OU FORMIGÓN, material inventado polos romanos que consiste en aglutinar cascotes de pedra e cantos rodados cunha mestura de area e cal

Utilizan o arco e a bóveda.Os edificios recúbrenos con mármore.Utilizan as ordes arquitectónicas gregas, que

darán ós edificios un aspecto máis luxose e decorativo

Tamén inventan dúas novas ordes arquitectónicas:ORDEN TOSCANA: sustitue aorden dórica e

diferenciase en que ten basa e o fuste e lisoORDEN COMPOSTA: mestura no capitel elementos

xónicos e corintiosOutro rasgo orixinal é o desexo de facer as

construcións máis decorativas, por iso mezclan diferentes ordes arquitectónicos no exterior

Certo ECLECTICISMO, pero tamén unha gran orixinalidade

A tipoloxía dos edificios foi moi variada

Orden TOSCANO

Orden COMPOSTO

Obras de enxeneríaNestas obras observase o espírito práctico e

orixinal dos romanos.Son obras de carácter utilitario, donde

demostran os seus coñecementos de enxeñería

O carácter monumental é unha forma de amosar o mundo o seu poder.

Destacan:CALZADASPONTESACUEDUCTOS

CALZADAS: Serviron para facilitar as comunicación entre as partes do Imperio.Este sistema chegou a estar moi perfecionado, permitindo unir zonas moi distantes do Imperio

PONTES: Case tódolos pobos construíran pontes para cruzar rios, pero os romanos realizan pontes de gran tamaño e enorme dificultade. As pontes eran arcos de medio punto continuados con dintel , que proporcionaba ritmo e harmonía a construción. Estes arcos apoiábanse sobre piares moi grosos, que descargaban o peso sobre os cimentos

ACUEDUCTOS: Construción orixinal romana, que reflexa a súa mentalidade práctica. Servían para transportar auga ás cidades. Xeralmente estaban divididos en dous corpos, nos que se empregaban arcos de medio punto. Destaca ACUEDUCTO DE SEGOVIA

CALZADAS ROMANAS

PONTES ROMANAS

ACUEDUCTOS

ACUEDUCTO DE SEGOVIA

Edificios para espectáculosEran edificios destinados á diversión dos

cidadáns As dimensións monumentais que presentan

amosan o sentido práctico pero tamén o símbolo do poder.

A meirante parte destes edificios realizáronse durante o Alto Imperio.

As principais construcións son :TEATROANFITEATROCIRCO

TeatroNon é unha creación romana, senón grega.Forma semicircular, igual có gregoPARTES:

CÁVEA: Espazo semicircular con asentos onde se coloca o público

ORCHESTRA: lugar onde se colocaban o coro e os músicos, diante de cávea. Era circular fronte a grega que é semicircular.

PROSCENIO: Situado diante da escena. Maís alto que o gregoESCENA: lugar onde se facían as presentacións. O muro do

fondo está decorado con columnas e nichos onde se colocan estatuas.

Un dos máis interesantes é o TEATRO DE MÉRIDA

Teatro de Mérida

AnfiteatroConstrución orixinal romana.Podía ter planta elíptica ou

circular. Tamén se lle chama COLISEO.Edificio destinado a espectáculos públicos:loita de

gladiadores, combates navais.Gran importancia durante o Alto Imperio.Gran monumentalidade e belezaDestaca: COLISEO OU ANFITEATRO FLAVIOExterior: varios pisos en altura con arcos de medio punto e

columnas clásicaspartes:

AREA: espazo central onde se representaba o espectáculo MURO: rodeando a area, con dúas portas situadas nos

estremos CÁVEA: lugar onde se sitúa o público CÁRCERES SUBTERRÁNEAS: situadas debaixo da area

Novas tipoloxías: anfiteatro

Anfiteatro flavio

Interior Coliseo

Dependencias baixo a Area

Dependencias baixo a Area

basílica

TEMPLOSOs templos romanos teñen influencias da arte

grega e etruscaDous tipos:

TEMPLOS RECTANGULARES: recollen influencia do templo grego. Son de menor tamaño e sitúanse no centro da cidade. Só teñen escalóns na fachada principal como os etruscos. Son próstilos e pseudoperípteros. Só naos ou cella. Sen decoración exterior

TEMPLOS MIXTOS: Creación romana

Templo romano:Templo de la Fortuna Viril. S. I a.C.

Templos mixtosCreación romana.Domina o valor do espazo interior.Nestes templos combinan a planta rectangular coa

planta circular. A entrada o templo consiste nun pórtico rectangular

concebido á maneira dos templos gregos.Detrás do pórtico sitúase o templo propiamente ditoSó se pode acceder pola fachada principal. Poténciase

a visión frontal do edificioValórase o seu espazo interior.O templo mixto máis grandioso e representativo é o

PANTEÓN DE ROMA

Panteón de Roma

Vista interior do Panteón de Roma

Cúpula Casetonada

Monumentos conmemorativosNon teñen un carácter utilitario.Eran monumentos que se erixían para

conmemorar vitorias romanas. A través delas Roma amosa o seu poder ó

exteriorDestacaron durante o alto imperio.Destacan dous tipos:

ARCO DE TRIUNFO: arco de TitoCOLUMNA CONMEMORATIVA: Columna de

Traxano

Relevos columna traxana

Arco de tito

Relevo do Arco de Tito

Detalle do Relevo do Arco de Tito