Post on 19-Jul-2015
A SUBORDINACIÓN
TIPOS DE SUBORDINADAS
SUBSTANTIVAS
ADXECTIVAS
ADVERBAIS
As subordinadas
● As cláusulas subordinadas son aquelas que
dependen doutra unidade:
– Unha cláusula: Dixo que viña máis tarde.
– Unha frase: O veciño que vive no 4º é de Sintra.
Tipos de subordinadas
Segundo as funcións que desempeñen distínguense: Subordinadas substantivas: desempeñan funcións propias
dun substantivo (SUX, CD, MOD,TERMO...)
Subordinadas adxectivas: adoitan desempeñar a función característica do adxectivo (MOD).
Subordinadas adverbiais: a función que desempeñan é a propia dun adverbio (CC).
Subordinadas substantivas
● Desempeñan funcións propias dun substantivo ou
unha frase nominal:
– SUX: Paréceme mal que penses iso de min.
– CD: O concelleiro dixo que o problema tiña arranxo.
– ATR: Xurxo Piñeiro é quen está aí sentado.
– TERMO: Alégrome de que aprobases. Escribín esa novela
para que o público gozase con ela.
Lembra que os interrogativosnon se acentúan agás encasos de ambigüidade:
Díxolle que / qué quería.
Subordinadas substantivas
● Os nexos máis habituais:
– Conxuncións que / se: Lembra que chega ás seis. Pregunta se vés cear.
– Pronome / Adv. interrogativo: Non sei como cho teño que dicir.
– Relativas substantivadas: Quen supere esta proba é o gañador.
– Sen nexo: as cláusulas de inf. Cómpre mercarmos pan. Quere xantar ás dúas.
Subordinadas substantivas
Subordinada substantiva
Subordinadas substantivas
Subordinadas substantivas
Subordinadas adxectivas
● Reciben este nome porque se comportan como un
adxectivo e, xa que logo, poden desempeñar as
mesmas funcións ca este:
– Esa é a casa onde a coñecín.
– A muller que acaba de chegar é a xefa de servizo.
Subordinadas adxectivas
● Os nexos das subordinadas adxectivas son os
relativos, os cales substitúen o antecedente:
– Que, cuxo
– Onde, como, cando.
● À parte de ocupar o lugar do antecedente, o relativo
desempeña unha función sintáctica na cláusula
subordinada:
– Esa é a casa onde (CCL) a coñecín.
Subordinadas adxectivas
Subordinadas adxectivas
Subordinada adxectiva
● Tipos:
– Especificativas: limitan, precisan ou especifican o valor
expresado polo antecedente: O alumnado que enfermou
onte fará o exame o luns
– Explicativas: engaden unha información nova asociada
ao antecedente, sen limitar ou especificar o seu valor. Na
escrita márcanse entre comas: Os rapaces, que
enfermaron onte, farán o exame o luns.
Subordinada adxectiva. Nexos
Quen: sempre ten un referente humano. Trátase dunha
forma invariable en número. O verbo que a
acompaña sempre vai en singular agás no caso do
verbo “ser”:
– Os homes a quen saudei son meus amigos.
● Cuxo(s)/ Cuxa(s): forma propia do rexistro culto.
Concorda en xénero e número co seu antecedente:
– O escritor cuxas ideas admiras non é un exemplo a imitares na súa vida
privada.
Subordinada adxectiva. Nexos
● Canto(s)/-a(s): pode facer referencia a un
substantivo anterior con igual significado que “todo o
que” e pode ir reforzado por “todos”: Convidou a cantos o
felicitaron.
● Onde precisa un antecedente que exprese lugar
● Cando precisa un antecedente que exprese tempo
● Como precisa un antecedente que exprese modo
A casa onde me criei / O día cando naceu
Subordinadas adverbiais
● Desempeñan na cláusula as funcións propias dun
adverbio (CC)
● Adverbiais locativas: refiren o lugar e van
introducidas por onde ou a locución onde queira que.
– Onde queira que esteas, podes contar comigo.
– Puxen o libro de Bolaño onde está todo o teatro.
Subordinadas adverbiais
● Adverbiais temporais: refiren o tempo en que se realiza a acción. Os nexos máis frecuentes son: cando, mentres, antes de que, así que, cada vez que, desde que, tan pronto que...
– Cando a ve bota a correr cara a ela.
● Adverbiais modais: refiren o modo en que se realiza a acción. Os nexos empregados son como, conforme, segundo, de xeito que, sen que, como queira que...
– Faino como che dixen.
– Actúa segundo lle indica o director.
Subordinadas adverbiais