Post on 26-Sep-2020
Sábado, 20 de Marzo
12:00h. No salón de actos da Casa de Cultura “Manuel María”, de Foz, presentación con
asistencia de autoridades e representacións de organizacións locais do programa da
Semana Santa de San Martiño de Mondoñedo. Nestes días será presentado este mesmo
programa en outras localidades de Galicia e Asturias. A programación completa desta
Semana Santa pode consultarse na páxina dixital do Concello de Foz.
(www.concellodefoz.es).
Domingo, 21 de Marzo
12:30h. No local social da Confraría do Desencravo de San Martiño de Mondoñedo, sito
no barrio de Ferreiravella, asemblea anual desta asociación, da cordo coa convocatoria
que lle foi enviada os socios.
Sábado, 27 de Marzo (Sábado de Pasión)
19:45h. No Centro Social do Caritel, recepción na honra das autoridades, confrades,
convidados e veciños. Apertura dunha exposición audiovisual sobre a Semana Santa
de San Martiño.
20:00h. Na Basílica de San Martiño, acto do Pregón da Semana Santa a cargo de D. Luis
García Calvo, criminólogo e gran colaborador da Semana Santa de San Martiño. A
continuación, apertura da VII Semana de Música “Xosé Alonso”, a cargo do Alcalde de
Foz, D. José María García Rivera. Seguidamente concerto da Coral Polifónica de Foz.
- Entrega do premio do IV Concurso Fotográfico sobre a Semana Santa de San Martiño,
certame patrocinado por Autolusa. Este galardón foi concedido a Carlos Andrade
Rodríguez.
- Entrega dos pergameos de confrades de honra da Confraría do Desencravo, a José
Manuel Romero Moreno, Gerardo Novo Rodríguez e Martín Alonso Díaz.
- Recepción dos novos confrades.
- Clausura do acto por D. Antonio Dominguez Martínez párroco de San Martiño.
Domingo, 28 de Marzo. (Domingo de Ramos)
11:45h. Bendición de ramos e palmas na Praza da Basílica. Seguidamente, procesión
ata a basílica coa cruz da parroquia e as capelas do Bispo Santo, O Carme e A Ermida,
ademais de varias imaxes.
12:00h. Misa de Domingo de Ramos na Basílica e a continuación, concerto do
Quinteto de Metais Omega Brass Ensemble (Semana da Música “Xosé Alonso”). Esta
agrupación tamén actuará nos cultos relixiosos indicados.
Mércores, 31 de Marzo. (Mércores Santo)
A partires das 18:30h. na basílica, acto penitencial anual.
19:30h. Misa da comunión.
20:00h. Oficio de Tebras, recuperado nesta basílica no 2008, despois de máis de 50 anos
sen desenvolverse. Trátase dun conxunto literario e musical paralitúrxico de gran beleza
que remata co tocar as carracas (rinchas). Esta é unha obra adaptada e traducida ao
galego de Arximiro López Rivas, sacerdote, coordinador da revista “Lvcensia” de Lugo.
A peza ten unha duración aproximada de dez minutos.
A continuación, concerto extraordinario do Grupo de Música Antiga Martín Codax de
Santiago (Semana de Música “Xosé Alonso”)
Xoves, 1 de Abril. (Xoves Santo)
18:00h. Na Basílica, Misa da Cea do Señor co acto do Lavatorio e a comunión xeral da
parroquia. Despois de esta Misa da Cea do Señor, o Santísimo Sacramento é trasladado
ata o Monumento en procesión. San Martiño é unha das poucas parroquias que nesta
cerimonia as varas do Palio son portadas por homes e mulleres de forma paritaria.
No Acto do Lavatorio cabe mencionar que os Doce Apóstolos que se prestan voluntarios,
escenificarán a última Cea do Señor; acto en si moi emotivo, e que vai ser representado
con traxes e utensilios típicos daquela época.
Venres, 2 de Abril. (Venres Santo)
12:00h. Na Basílica antiga catedral, proclamación da madriña dos actos do Venres
Santo, Esther Díaz Castedo, viúva do falecido Xosé Alonso e que foi portavoz de esta
Confraría.
A continuación, solemne Viacrucis polo interior do templo. Este Calvario será
teatralizado con textos do poeta local Saros. En cada estación será lida unha estrofa pola
Asociación Cultural “Os Rueiros”, creada recentemente na nosa parroquia.
Coincidindo coa undécima estación deste Viacrucis terá lugar O Cravado (cravado de
Xesucristo na Cruz), acto único da Pasión que se desenvolve en toda Galicia.
12:30h. Acto das Sete Palabras que concluirá co canto da Salve Mariñeira polo Coro
Parroquial de Foz. Nestes dous actos intervirán máis de medio cento de persoas, entre
os que figuran os que son traxes bíblicos (con gran vistosidade) dan vida aos principais
persoeiros que protagonizaron a Paixón e Morte do Nazareno. Ás sobrias, pero emotivas
ambientacións dunha antiga catedral románica, engádese a aportación musical de
compoñentes da Escola Municipal de Música e o Coro Parroquial de Foz.
12:45h. Concerto especial de Venres Santo, a cargo do Coro Parroquial de Foz
(Semana de Música “Xosé Alonso”)
16:45h. No Centro Social do Caritel, recepción na honra das autoridades, confrades,
convidados e veciños.
17:00h. Liturxia do Venres Santo na basílica antiga catedral. Seguidamente, acto do
Desencravo, que na pasada edición estreou novo formato, unha obra do Confrade de
Honra Luis García Calvo. Configura este acto a pasaxe teatralizada do Descendemento de
Xesucristo da Cruz o seu enterro. Da parte musical ocupase a actriz Alba Mesa (Semana
de Música “Xosé Alonso”).
18:00h. Polo barrio medieval do Caritel (percorrido tradicional), procesión do Santo
enterro, cos pasos do Cristo Xacente, Virxe das Dores, San Xoán Evanxelista e María
Magdalena (levada por mulleres). Nesta procesión participará a Banda da Escola
Municipal de Música de Foz. Á recollida da procesión no templo, homenaxe á Virxe
da Soidade, a cargo da actriz Alba Mesa.
FESTA DA PASCUA
Sábado, 3 de Abril. (Sábado Santo)
20:30h. No adro e na basílica, actos da liturxia do Sábado Santo (bendición do lume e da
auga e procesión das candeas).
21:00h. Na basílica, misa solemne, cantada pola Coral Polifónica de la Sociedad de
Sada.
21:30h. Concerto da Coral Polifónica de la Sociedad de Sada. (Semana de Música
“Xosé Alonso”)
Domingo, 4 de Abril. (Domingo de Resurrección)
12:30h. Na Basílica, misa solemne de Domingo de Resurrección, aplicada polos
confrades e familiares falecidos, e dunha forma moi especial polos que morreron no
derradeiro ano, José Alonso Sánchez e José Manuel Rodríguez Gómez.
13:00h. Concerto do Grupo Arranztrio de Burela.
Con este concerto será clausurada a VII Semana de Música “Xosé Alonso”.
13:30h. Solta de pombas de paz e actuación do gaiteiro O Cascarelo no adrio da
Basílica.
14:30h. Xantar de Pascua no recinto do Centro Social. As tarxetas para asistir a este
almorzo poden reservarse no Bar O Candil (Centro Social) ou diante da organización
desta festa comunitaria: Teléfono 609 983 695.
VII SEMANA DE MÚSICA “XOSE ALONSO” EN SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO
(FOZ)
(Marzo-Abril de 2010)
Organizan: Confraría do Desencravo e Concello de Foz.
Patrocina: O Concello de Foz.
Sábado, 27 de Marzo
Coral Polifónica de Foz.
Domingo, 28 de Marzo (Domingo de Ramos)
Quinteto de Metais
Omega Brass Esemble
de Santiago de Compostela.
Mércores, 31 de Marzo (Mércores Santo)
Grupo de Música Antiga Martín Codax
De Santiago de Compostela.
Venres, 2 de Abril (Venres Santo)
Coro Parroquial de Foz.
Banda da Escola Municipal de Música de Foz.
Alba Mesa.
Sábado, 3 de Abril (Sábado Santo)
Coral Polifónica de La Sociedad de Sada.
Domingo, 4 de Abril (Domingo de Pascua)
Grupo Arranztrio de Burela. Clausura da VII Semana de Música “Xosé Alonso”