Post on 11-Jul-2015
Proxecto:
“NOVAS TECNOLOXÍAS, ROBOTS E EDUCACIÓN”
Curso 2011/2012IES Nº1 Ribeira
MONTANDO OS ROBOTS I…
Aí van unhas cantas fotos do alumnado de 4º de ESO montando os robots. Temos algún alumno de 3º infiltrado…
Coma sempre que se sacan fotos: algúns posan para elas, outros intentan escapar e, os menos, nin se decatan.
Só aparecen dous grupos co robot rematado, non che sei! Serán os primeiros que acabaron, despois seguro que me esquecín da cámara
Estades todas e todos moi guapas e guapos!