Post on 02-Feb-2016
description
XORNAL DO C.E.I.P. PLURILINGÜE A FRAGA
Número 15 ano 2012
2
Limiar .......................................................................................... pax. 3
Mellora ....................................................................................... pax. 4
Adiviñas ...................................................................................... pax. 5
O globo e o neno.................................................................... pax. 6 e 7
Visitaron o noso colexio ......................................................... pax. 8 e 9
Proxectos da nosa aula ....................................................... pax. 10 e 11
Estratexias para mellorar a comprensión lectora ............... pax. 12 e 13
Lume nas fragas ................................................................. pax. 14 e 15
O recanto de Audición e Linguaxe ...................................... pax. 16 e 17
Fotomatón ......................................................................... pax. 18 e 19
O noso invernadoiro .......................................................... pax. 20 e 21
Os nosos persoeiros ........................................................... pax. 22 e 23
Healthy Tips ....................................................................... pax. 24 e 25
Recuncho da poesía ........................................................... pax. 26 e 27
Letras Galegas 2012 ........................................................... pax. 28 e 29
Pasatempos ....................................................................... pax. 30 e 31
A Fraga en internet ................................................................... pax. 32
Que é a ANPA e que facemos ........................................... pax. 33 e 34
An interview with Maria ........................................................... pax. 35
Portada: Judit Goti Hermida, 6º Educación Primaria
Contraportada: Traballos realizados para a Axenda 21
3
Benqueridos lectores e lectoras:
Un ano máis estamos con todos vós para, a través do noso xor-nal “A Fraga”, dar a coñecer unha pequena mostra do que día a día se fai no centro. Co tempo formará parte dos nosos recordos e lem-branzas porque nel están recollidos diferentes momentos da vida es-colar.
Todos os membros do colexio colaboramos con toda a ilusión posible nesta nova edición nº 15 da nosa revista: alumnos, mestres e ANPA, á que lle damos as grazas pola súa colaboración e labor desin-teresada; dende os maiores ata os máis pequenos; dende os que ma-nexan mellor as novas tecnoloxías ata os que non as manexan tan ben, pero teñen outras habilidades..., todos aportamos algo.
Despedimos o alumnado de 6º de educación primaria ao que lles desexamos unha boa andaina na súa nova etapa e damos a ben-vida aos alumnos de 4º de educación infantil que comezaron a súa etapa escolar no centro.
E animamos tamén a pais, nais e educadores a que potencien o uso da lingua galega entre os nenos e nenas, xa que é unha das maiores riquezas culturales que podemos adquirir.
4
5
6
O GLOBO E O NENO
HABÍA UNHA VEZ UN
GLOBO QUE VOABA POLO
CEO.
DE SÚPETO ESTOUPOU E
CAEU NA AUGA.
NA AUGA HABÍA PEIXES, TIBURÓNS E SERPES QUE
COMERON AO GLOBO E MORRERON.
7
ANTÓN ESPERTOU E FOI CORRENDO A CONTARLLO
A SÚA NAI PERO EN-
TÓN VIU AO GLOBO
NO CEO E QUIXO
SALTAR MOI ALTO
P AR A C O L LE L O .
NON PUIDO PERO SEGUIU
CORRENDO TRAS EL E
CAEU. CANDO ANTÓN SE
LEVANTOU TIÑA SANGUE
NOS BEIZOS E VOLTOU A
SÚA CASA.
ALÍ A SÚA NAI CALMOU A
ANTÓN CUN BICO.
COLORÍN, COLORADO ESTE CONTO ESTÁ
REMATADO.
OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS
8
VISITARON O NOSO COLEXIO
O 26 de abril visitaron o noso colexio os nenos/as de ASPANAES. Comparti-mos con eles unha película de debuxos, plantamos pementos e cantamos “la vaca lechera”.
Pasámolo moi ben e agardamos que volten en vindeiras ocasións. Como agasallo deixaron unha canción escrita con debuxos que reproducimos a con-tinuación.
9
OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS
10
11
1º de Educación Primaria
12
Estratexias para mellorar a comprensión lectora
A comprensión lectora é a capacidade para entender o que se le, tanto en referencia ao sig-nificado das palabras que forman un texto, como con respecto á comprensión global do texto mesmo.
Cada vez son máis os alumnos/as aos que lles resulta difícil sacar información do que len, interpretala e reflexionar sobre a mesma.
A comprensión lectora mellora coa práctica. Tanto pais como educadores debemos ter pre-sente que a lectura debe de ser un pracer, non unha obriga. Sería ideal fomentar o hábito da lectura dende pequenos na casa, con contos ou adiviñanzas, e animar aos nenos/as a ler eles sós, sen axuda, progresivamente.
Hai que escoller lecturas interesantes axeitadas á súa idade, intereses persoais e actitu-des para facilitar que o feito de ler sexa sempre un pracer.
O obxectivo é que amose cada vez maior interese e que se esforce en comprender o que le, por iso o contido deberá de estar acorde cos seus coñecementos, cun vocabulario axeitado e sen formas gramaticais ou construcións sintácticas que lle resulten frustrantes.
Calquera momento é bo para motivar ao neno, como ler carteis mentres se pasea pola rúa ou pedirlle que nos conte que estivo lendo na clase ese día. Tamén pode ler tebeos, revistas ou artículos de periódicos acordes á súa idade, o que resultaría outra boa opción.
13
Actividades para mellorar a comprensión lectora tamén dende a casa.
Propoñer situacións nas que sexa necesario ler unha receita de cociña, as instrucións dun xogo, o artículo dunha revista, o menú dun restaurante, un anuncio publicitario…
Buscar a palabra fantasma: seleccionar un texto no que se suprimen varias palabras fáciles de deducir polo contexto da historia. O neno debe adiviñar cales son esas pala-bras que faltan.
Plantexar un tema calquera e quen consiga máis información sobre el, gaña (utilizar revistas, dicionarios, enciclopedias)
Técnica da idea principal: amosamos ao neno/a a imaxe dunha acción concreta (por exemplo, fotos dunha revista, periódico) e se ofrecen diferentes textos que a descri-ban. A continuación, deberá escoller aquel que mellor a explique.
Tamén pode realizarse sen necesidade de debuxo algún: despois de ler o fragmento dun texto, lle pedimos que explique o sentido principal e o tema do que acaba de ler. Outra boa idea é subliñar a que el/ela pense que pode ser a idea principal de cada parágrafo.
Resumir: se le un texto, o neno debe escribir unha ou dúas frases que o resuman. Ou ben, debe contar en poucas palabras de que trata a historia.
Despois da lectura, realizar un debuxo ou unha dramatización (pequena representa-ción teatral) sobre o contido.
Escribir finais distintos para unha mesma historia.
Completar e ordenar frases, facer sopas de letras, responder preguntas relacionadas co texto...
Lectura simultánea: ler unha frase e, a continuación, enunciar outra co mesmo signifi-cado pero con palabras distintas, máis sinxelas. Así, aprende vocabulario e compren-de máis facilmente o que acaba de ler.
Ler coidadosamente títulos, encabezados e pés de páxina, dado que aportan en pou-cas palabras moita información relevante que nos axuda a comprender mellor o tex-to.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
14
LUME NAS FRAGAS
As Fragas do Eume
que bonitas son! ,
plantáronlles lume
no seu corazón.
Agora están tristes,
xa non teñen cor ,
árbores e paxaros
todos cheos de dor.
Os animais teñen medo
e as plantas tamén
o lume xa esta preto,
non se vai salvar ninguén!
Moita xente axudou,
duros días de traballo,
bombeiros e hidroavións
cargando auga no lago.
Logo comezou a chover,
as cinzas ían cara o río.
Daquela eran os peixes
os que corrían perigo.
A natureza é moi fermosa
e non a podemos estragar,
porque senón os animaliños
non teñen onde se abrigar.
Tamén a nosa fraga
está chea de vida,
así que ten tino,
amiguiño,
cando vaias á fraga,
ten moito tino,
que o lume,
a natureza consume.
15
NO PRIMEIRO TRIMESTRE FOMOS FACER UNHA PEQUENA
VISITA Á TORRE DE HÉRCULES. INVESTIGAMOS UN POUCO
SOBRE ESTE MONUMENTO CORUÑÉS.
16
O RECANTO DE AUDICIÓN E LINGUAXE
DESCUBRE AS NOTICIAS VERDADEIRAS OU FALSAS DOS NOSOS REPORTEIROS:
Corresponsais no Ceip A Fraga: ANDREA, BRAIS E SERGIO de 5º Primaria
No concello coruñés das Pontes abrirase
un centro comercial moi grande chama-
do “MARIÑALEDA City”. As obras do
enorme edificio comezarán en agosto
deste mesmo verán. Axudarán na súa
construción todos os nenos dos colexios
das Pontes.
Verdadeiro ou Falso?
Vaise inaugurar un PARQUE ACUA-
TICO onde a xente das Pontes poderase
bañar, practicar esquí acuático con mo-
tos de auga no lago e facer moitas acti-
vidades para que todos nos divirtamos.
V
ou F?
Os alumnos do cole da Fraga traballan
nun programa no que ensinan aos seus
país a reciclar calquera cousa
(plásticos, papel, vidro,recollida de ta-
póns, mediciñas…)
V ou F?
No colexio da Fraga hai un club
de lectura que dirixe unha teacher de Chicago (Estados Uni-dos).
V ou F? Os xogadores Valeron e Rochela
fixeron unha visita no 2010 ao Club Deportivo AS PONTES para coñecer aos nenos. Foi un mércores ás 8 da noite no cine Alovi.
V ou F? No próximo mes de xaneiro do
2013 inagurase un circuito de Karts que está na saida das Pon-tes. Este vai ser un lugar moi famoso e para a inaguración vira Michel Teló ( o cantante de
“Ay si eu chi pego”).
Os alumnos da Fraga foron este inverno a unha excursión a unha estación de esquí, onde estivemos 3 días a case –8 gº baixo cero (casi
morremos de frío!), pero pasámolo moi ben!! V ou F? Unha mestra da Fraga contraeu unha enfermida-de chamada “gripe extraterrestre” moi difícil de cu-rar. Como secuelas ten a habilidade de suspender aos nenos e nenas que non se chamen Justin Biber. Verdadeiro ou Falso?
Verdadeiro ou Falso?
17
O RECANTO DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Si ao pronunciar te trabas
coas palabras,
practica con trabalinguas
porque trabalinguando,
trabalinguando
iraste destrabalinguando!
Os alumn@s de 5º e 6º de Infantil, Nerea e Pablo (1º), Carla e Laura (2º) e Lucía (3º).
Con esta bocaza... TOD@S TEMOS ALGO QUE DICIR...!”
18
19
20
Este curso temos unha novidade no
noso colexio. O ConceIlo construíunos un
invernadoiro na zona de campo do patio.
É bastante grande e a nós pareceunos moi
bonito, polo menos gústanos moito ir a el.
O primeiro que fixemos foi dividilo en catro partes e poñerlle un cartel a cada unha delas:
unha para os/as de infantil e outras tres para cada un dos ciclos de primaria. Desta manei-
ra todos temos un sitio reservado e sabemos onde podemos poñer as nosas plantas.
Os máis “madrugadores” en utilízalo foron os de
infantil, que fixeron una plantación de amoro-
dos e xa están as plantas bastante grandes.
A ver se teñen sorte e as poden probar antes de
rematar este curso.
Logo fómonos animando o resto dos cursos. Os de cuarto trouxemos das nosas casas
sementes de moitos tipos e fómolas botando na terra.
21
A maioría naceron ben e medraron tanto que tivemos que transplantalas
noutras macetas máis grandes, así que temos a esperanza de verlles os froitos axiña.
Tamén cabe a posibilidade de que levemos aquelas que non collan no invernadoiro
para as nosas casas e así darlles a oportunidade de seguir medrando.
No solo do invernadoiro tamén nacerá
unha arboriña, que nos gustou moito e
decidimos facernos cargo dela, puxémola
nunha maceta e pretendemos plantala fóra, no
patio, cando medre o suficiente.
Os coidados do invernadoiro é algo
que nos resulta divertido; cada dous ou
tres días imos regar as plantas e mirar se
necesitan algunha outra cousa.
Establecemos unha orde de encargados,
de forma que cada día un de nós se
encarga de levar a regadeira e as
ferramentas necesarias.
Alumnado de 4º de Primaria
22
OS NOSOS PERSOEIROS
D. ENRIQUE RIVERA ROUCO
Coñecido como o Cura dos Chaos polo seu lugar de nacemento, D. Enri-
que Rivera (1938-2003) merece un lugar destacado na historia de As Pontes.
Na súa vida cabería diferenciar dúas facetas: a pastoral, que desenvolveu na
súa localidade natal e en diversas parroquias dos arredores, sendo as de
Roupar e Aparral as derradeiras que rexentou; e a cultural, como estudoso da
historia, etnografía e modos de vida das localidades polas que pasou.
O seu libro “Historia de Puentes de García
Rodríguez” (1976) marca un punto de
partida no coñecemento da historia da lo-
calidade polos seus habitantes, sendo obra
de consulta imprescindible ata os nosos
días. Un libro de formato sinxelo, que
agora nos semella antigo tendo en conta a impresión en branco e negro das
fotografías e o tipo de letra, pero que en 157 páxinas recolle os aspectos fun-
damentais do noso pobo desde os tempos máis remotos ata finais dos anos 70.
Desenvolveu un importante labor como Cronista oficial de As Pontes a
partir dos anos 80. Os seus artigos sobre lugares ou personaxes destacados, a
súa colaboración nos medios de comunicación locais e mesmo provinciais, así
como as súas achegas a publicación especializadas en historia e etnografía fan
del un referente imprescindible para coñecemento da contorna.
23
Despois do seu paso pastoral pola parroquia de Santa María de As Pontes,
é destinado a Roupar, atendendo tamén Aparral. Alí é recibido con grande le-
dicia, porque xa era coñecido, apreciado e admirado desde facía tempo. A estan-
cia de D. Enrique resultou fructífera en todos os campos: no eclesiástico, sendo
recordado pola súa disposición e dilixencia en atender as necesidades e peti-
cións da veciñanza; e no social e cultural, xa que acometeu con éxito a restau-
ración do templo parroquial e tentou por todos os medios devolver ao campa-
nario, estragado por un lóstrego, a súa forma orixinal, aínda que sen conse-
guilo.
Pero o aspecto polo que
será sempre recordado D. Enri-
que Rivera é o seu lado hu-
mano. Os que o coñeceron e tra-
taron descríbeno como un home
bo e servicial, amable, inteli-
xente e campechano. Un monu-
mento de pedra preto do seu
admirado val do Chaos, fainos
recordalo a cotío.
Pero a mellor homenaxe que lle podemos render a D. Enrique é seguir
traballando cada día polo noso pobo, seguindo o seu exemplo.
Alumnado de 5º de Primaria
24
25
Primary 5th Grade
26
Para ler estes poemas, dificultades vas ter
Deberás mirar do dereito e do revés.
E nalgún caso, un espello has poñer.
Romina e Lucía Ramudo
Alba e Javi
Miriam e Aldara
María e Paula
27
Antía, Mireia e Lucía Corral
Emilio e Joan
Jessica e Adriana
Sara e Xoel Laura e Sabela
Alumnado de 3º de Primaria
28
LETRAS GALEGAS 2012 A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de
Maio, foi instituÍda no ano 1963 pola Real Academia
Galega para conmemorar a publicación do libro de
Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio
de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en
lingua galega.
"Cantares Gallegos", está considerada como a obra li-
teraria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e
da cultura galega moderna..
A primeira homenaxea-
da , no ano 1963, foi a
mesma Rosalia de Cas-
tro seguindolle en anos
posteriores Alfonso Cas-
telao, Eduardo Pondal,
Francisco Añón, Curros
Enríquez, López Cuevil-
las…
29
Valentin Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en
Lérez (Pontevedra) e morreu o 19 de abril de 1987.
Estudou Bacharelato en Pontevedra e máis tarde,
dereito en Santiago.
Distinguese dende moi novo como xornalista, dirixindo
durante cinco anos o xornal Galicia e colaborando en
diferentes medios de prensa Galegos e madrileños.
En 1924 é condenado a un mes de cárcere polo carácter
dos seus artigos.
En 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas
Cortes Constituíntes.
En 1942 empezou a dirixir a revista Industrias
pesqueras.
En 1964 foi nomeado membro da Real Academia
Galega.
En 1977 foi elixido Senador
por Pontevedra, dentro da
Candidatura Democrática
Galega.
Destacou no campo xuridico
relacionado co mundo da
pesca, sendo autor de varios
libros sobre esta materia.
Deuse a coñecer como poeta con Pranto Matriarcal,
adicado a Castelao. Posteriormente publicou Sementeira
do vento e Cen chaves de sombra.
Alumnado de 6º E.P.
VALENTIN PAZ ANDRADE
30
PaSaTemPos
Axúdalle a atopar o camiño ata o agasallo SUDOKU
Localiza nesta sopa de letras o nome de seis animais que saen pola noite.
A M B T C E Ñ T R N
M O U C H O U E A V
C R L D B S S A P O
E C A T R D C F O T
T E S B D B R A S B
R G T C E A L M O H
L O B O G H A B E C
B R P I N T E G A N
31
Busca as sete diferenzas
Une os números do 1 ao 25 Busca o intruso e arrodea
e colorea
32
“A Fraga” en Internet
Queremos anticiparvos que, en breve, imos poner en marcha un blog que sirva de punto de encontro entre
nenos e nenas, familias, docentes, ANPA e comunidade educativa en xeral.
Neste blog atoparedes, fundamentalmente, información relacionada co día a día do colexio, das
actividades que se realizan, información de interese, recursos educativos, materiais diversos, novas do
Consello Escolar ou da ANPA, así como os enlaces aos demais blogs do colexio e á páxina web oficial do
centro, etc…
Como data de posta en marcha temos previsto o día 5 de xuño, Día Mundial do Medioambiente,
que conmemoraremos con, ademais de diversas actividades didácticas, coa publicación neste blog dun
Boletín Medioambiental, froito dos traballos realizados por todos os cursos do cole para o proxecto
Axenda 21 Escolar de Galicia.
A dirección web do blog é “http://ceipafraga.blogspot.com”. Entre tanto se tedes alguna suxestión, idea o
información que consideredes interesante, facédenola chegar.
Ata pronto!!
Equipo TIC
33
Que é a A.N.P.A. e que facemos
A A.N.P.A. Medoñas é unha Asociación de Nais e Pais sen ánimo de lucro cuxo obxe-
ctivo xeral é facer posible que os nen@s pertencentes a CEIP a Fraga realicen actividades
distintas das académicas co fin de complementar a súa formación como cidadáns. Ao mes-
mo tempo pretende contribuír ao coñecemento, divulgación e trasmisión das costumes e
cultura galegas.
A súa directiva está formada por nais e pais de alumn@s do centro que adican o seu tempo
e esforzo de xeito desinteresado para lograr este obxectivo. Dentro das distintas activida-
des que vén desenvolvendo a A.N.P.A. podemos destacar:
Taller de plástica
No presente curso uníronse as actividades de manualidades e pintura. As clases son
levadas a cabo por Carmen Bellas, licenciada en Belas Artes e cunha longa experiencia como
monitora. Nas clases trabállanse diferentes técnicas dependendo da idade dos rapaces e ao
remate do curso escolar exponse unha mostra dos traballos realizados no "Mercado Vello".
Esta exposición está aberta a todo o público que desexe admirar a creatividade dos nosos
pequen@s artistas.
Obradoiro de Teatro
Este obradoiro conta cunha traxectoria de 7 cursos no noso colexio, cuns excelentes
resultados. Está dirixido por Montserrat Piñón, diplomada en Educación Infantil, monitora
de teatro na escola de Teatro de Narón e integrante do grupo teatral "PINCOPE". Neste
ano, debido á súa maternidade, o curso está sendo capitaneado polo seu compañeiro Pepa-
blo. A actividade ten lugar os martes de 17 a 18 horas.
Obradoiro inglés de conversa
Esta actividade é unha novidade neste curso e está sendo impartida por Sara Ramos,
licenciada en Filoloxía Inglesa. As clases impártense no colexio os martes e os xoves a dife-
rentes horas dependendo da idade de os nen@s.
34
Festas e celebracións populares.
A ANPA participa na celebración das festas do Magosto, Nadal, Entroido e Fin de
Curso, aportando as bebidas e lambetadas propias de cada data como castañas, orellas,
etc. Tamén convida ao chocolate con churros o Día da Paz grazas ao traballo altruísta de
Carmen Mota, nai dun dos nosos alumnos.
Na Festa de Fin de Curso motiva a todo os alunm@s do pobo a disfrutar de diferentes
obradoiros e xogos populares para despedir todos xuntos o curso.
Por último, contribúe nalgunha das festas sufragando os gastos da actuación de teatro.
Agasallos e subvencións
Esta asociación dende hai tempo subvenciona parte das excursións dos seus soci@s
durante o ano escolar e obsequia con numerosos agasallos aos nen@s do colexio, tanto de
maneira individual como colectiva.
Almorzos
Desde o curso 2010-2011 a A.N.P.A. encárgase de organizar o programa “Almorzos
no Cole” co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.
Actividades deportivas
A A.N.P.A. intenta promover e estimular a práctica do deporte como actividade físi-
ca, mental, lúdica e preventiva entre os nosos nenos a través da participación en ligas, tor-
neos, carreiras, maratóns e calquera outro evento deportivo que se celebre na localidade.
A directiva da ANPA participa no desenvolvemento e organización de actividades
tan populares na nosa vila como son a liga escolar de fútbol sala, os distintos maratóns de
fútbol sala de ABRENTE, o Torneo Anual de Xadrez, a Carreira de San Xosé e a Carreira
Campo a Través.
Queremos aproveitar estas liñas para agradecer a todas aquelas persoas que dun
ou outro xeito contribuíron co seu tempo, esforzo, ganas e ideas a ir consolidando un mo-
delo de asociación que cremos fundamental no funcionamento do Colexio. Co seu apoio
reiterado os nosos fillos puideron gozar dunha educación máis alá da meramente académi-
ca e aínda que todos esteamos acostumados a que estas actividades formen parte, ano
tras ano, do quefacer diario de nosos pequenos, requiren unha mínima organización e
tamén a comprensión e apoio de todos os integrantes da nosa asociación.
35
An interview with Maria Icía : Hi Maria! We would like to ask you some questions
for the school Magazine?
Maria: yes, of course.
Alex: Where are you from?
Maria: I´m from Chicago.
Anxo: Where were you born?
María: I was born in Manila and I grew up in Chicago.
Judit: What´s your job in Chicago?
María: I´m an economist.
Leticia: Why did you come here?
María: To improve my Spanish.
Oliver: Do you miss your family and friends?
María: Yes, especially Finn.
Alex: Do you like A Fraga School?
María: Yes, of course. I love it.
Talía: Do you like As Pontes?
María: Yes.
Icía: What do you like best in Spain?
María: I like monasteries, churches and castles.
Leticia: Have you ever done The Camino de Santiago?
María: Yes, two times. The first time from Roncesvalles to
Santiago and the second time from Santiago to Finisterre.
Anxo: Have you got brothers or sisters?
María: Yes, I have only brothers.
Malena: Have you got pets?
María: Yes, I have a Golden Retriever. His name is
Osborne.
Judit: What´s your favourite colour?
María: Burgundy red.
Luis José: What´s your favourite food?
María: Seafood.
Malena: Do you like playing sports?
María: Yes, I like playing tennis.
Oliver: What´s the soccer team in Chicago?
María: Chicago Fire.
Talía: do you like fashion?
María: Yes, I like modern but conservative style.
Thank you Maria!
You are very nice with us.
We are going to miss you!
Avda da Habana s/n
Teléfono e fax: 981 45 14 04
E-mail: ceip.afraga@edu.xunta.es
Web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipafraga/
Blog: http://ceipafraga.blogspot.com/
A C
onfe
rencia
das
Nac
ións
Unid
as s
obre
Med
io A
mbi
ente
e
Des
envo
lvem
ento
que
tivo
luga
r en
Río
de
Xan
eiro
en 1
992
apro
bou, co
mo
un d
os s
eus
doc
um
ento
s m
áis
releva
nte
s, a
Axe
nda
21. En r
ealid
ade
a Axe
nda
21 s
ignifica
un p
lan d
e
trab
allo
glo
bal par
a o
sécu
lo X
XI, u
n p
lan d
e ac
ción
das
Nac
ións
Unid
as p
ara
un d
esen
volv
emen
to s
ostibl
e, q
ue
com
pre
nde
e
conxu
nta
cues
tión
s am
bien
tais, ec
onóm
icas
, so
ciai
s e
cultura
is. A
Axen
da 2
1 E
scolar é o com
prom
iso do C
EIP
A F
raga
para
traballar pola calid
ade am
biental e a sostibilid
ade d
o centro
educativo e o seu
contorn
o, aceptan
do a sú
a p
arte de
respon
sabilidad
e en m
ellorar o presen
te e o futu
ro de tod
os
e contribu
índo así, d
esde o seu
nivel loca
l, á sostibilidad
e
global do p
laneta.