Post on 11-Jul-2015
Que é o relevo?
● O relevo o conxunto de formas externas que presenta a superficie terrestre
● A ciencia xeográfica que se ocupa do estudio do relevo, a súa formación e modelado é a xeomorfoloxía
Factores do relevo: forzas internas (tectónicas), 1
● O paradigma explicativo da formación do relevo é a teoría da tectónica de placas.
● Segundo esta, a litosfera estaría dividida nunha serie de pezas (placas tectónicas) que se desprazarían sobre o astenosfera interactuando entre si nos seus bordes.
Video YOUTUBE
Factores do relevo: forzas internas (tectónicas), 2
ANIMACIÓN en Librosvivos.net
Factores do relevo: forzas internas (tectónicas), e 3
● As forzas tectónicas deforman os materiais da codia terrestre. Cando estes son comprimidos actúan de dous xeitos diferentes.
● Se os materiais son suficientemente plásticos ou as forzas actúan moi lentamente, fórmase un pregamento (deformación plástica).
● Cando os materiais son moi ríxidos ou a comprensión é moi brusca, aqueles rómpense e desprázanse xerando unha falla.
Factores do relevo: os axentes externos
A acción dos axentes externos (as augas, o xeo, o vento, os gases atmosféricos, os seres vivos...) son quen de producir cambios sobre os materiis xeolóxicos dando lugar ás diferentes formas de relevo observables no entorno a través dos procesos de meteorización, erosión, transporte e sedimentación.
Factores do relevo: a natureza das rochas (litolóxicos)
A natureza das rochas, os seus trazos físicos e químicos, condicionan as formas do relevo resultantes da acción dos factores tectónicos e dos axentes externos