Post on 05-Mar-2016
description
“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”
“REIS E GOBERNOS DE ESPAÑA”
A lista comeza cos Reis Católicos cando a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón uniron
os seus reinos a través do matrimonio de Sabela I de Castela con Fernando II de
Aragón, aínda que os reinos seguiron tendo leis separadas e a denominación da
Monarquía incluía todos os reinos.
O termo España referíase á península Ibérica en conxunto até o recoñecemento
definitivo da independencia de Portugal en 1668 baixo o goberno de Carlos II e o título
Rei de España só se comezou a utilizar polos monarcas en 1874 (anteriormente Sabela
II utilizou o de Raíña das Españas).
SABELA I e FERNANDO V (II de Aragón até 1516), “Os Reis Católicos”, dende 1479 até 1504, abriron a posibilidade de integración dos reinos peninsulares.
XOANA I, “A Louca”, raíña dende 1504 até 1555. Filla dos Reis Católicos, casou con
FILIPE I, “O Fermoso” antecesor da Casa de Habsburgo, e que será rei consorte até a súa morte en 1506.
“Casa de Austria”
CARLOS I, “O Emperador Carlos V”, 1517 – 1556.
FILIPE II, “O Prudente”, 1556 – 1598. Unión de Portugal.
FILIPE III, “O Piadoso”, 1598 – 1621.
FILIPE IV, “O Grande” ou o “Rei Planeta”, 1621 – 1665.
CARLOS II, “O Enfeitizado”, 1665 – 1700. Independencia de Portugal 1668. Morre sen descendencia polo que lega o trono a Xosé Fernando de Baviera (que morre aos nove anos), e despois a Filipe de Anjou, ante a protesta de Carlos de Austria, co que iniciará a Guerra de Sucesión.
“Casa de Borbón”
FILIPE V, “O Animoso”, 1700 – 1746, establece a “Lei Sálica”
LUÍS I, “O Ben Amado”,1724, morreu de variola
FERNANDO VI, “O Xusto”, , 1746 – 1759, irmán de do precedente.
CARLOS III, 1759 – 1788, irmán de Fernando VI. Recupera Menorca e Florida.
CARLOS IV, 1788 – 1808, fillo do precedente.
Profesor: Diego Xesús López González.
“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”
“Casa de Bonaparte”
XOSÉ I, “Pepe Botella”, irmán de Napoleón , 1808 – 1814.
“Casa de Borbón”
FERNANDO VII, “O Desexado”, reina dende 1814 – 1833, obrigado a acatar a Constitución no “Trienio Constitucional: 1820 – 1823”. Unha vez reinstaurou o Absolutismo na “Década Ominosa”, publica a “Pragmática Sanción” co que se derrogaba a Lei Sálica, iniciando outro problema sucesorio entre a súa filla Sabela e o tío de esta Carlos María Isidro, que inicia a póla Carlista dos Borbóns.
SABELA II, 1833 – 1868, coa Rexencia de María Cristina de Borbón Dúas Sicilias até 1843. Foi destituída pola “Revolución Gloriosa en 1868, tralo cal fuxiu a Francia. Estableceuse un Goberno Provisional presidido por Francisco Serrano, dende o 18 de xuño de 1869 até o 2 de xaneiro de 1871 e, trala elaboración da Constitución de 1869, elixiuse a Amadeu de Savoia coma novo rei.
“Casa de Savoia”AMADEU I: 1871 – 1873.
“PRIMEIRA REPÚBLICA ESPAÑOLA: 1873 – 1874”
Foi o período político que viviu España dende o 10 de febreiro de 1873 até o 29 de decembro de 1874.
“Casa de Borbón”
AFONSO XII, “O Pacificador”, 1874 – 1885. Alternancia de partidos dende 1881. En 1885 ten lugar o Pacto do Pardo trala morte do rei polo que o gabinete conservador mudará polo liberal por iniciativa de Martínez Campos ante o medo a unha rebelión Republicana ou Carlista.
AFONSO XIII: 1885 – 1931 coa Rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena até 1902 e coa aceptación da Ditadura de Primo de Rivera entre 1923 – 1930”.
“SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA: 1931 – 1936”
Período político que existiu dende o 14 de abril de 1931, até o 1 de abril de 1939.
“DITADURA DE FRANCO: 1936 – 1975”
Período ditatorial dende o 1 de abril de 1939 até o 20 de novembro de 1975.
“Casa de Borbón”
XOAN CARLOS I: 1975 até hoxe. É o neto de Afonso XIII.
Profesor: Diego Xesús López González.