Post on 25-May-2020
PXA 2019/2020
Concello: BOIRO Código de Centro: 15001502
Director Secretaria
J. Gustavo Romero García Sesa Novo Boo
Aprobado en Claustro e en Consello Escolar nas xuntanzas do 15/10/2018.
Enviado á inspección educativa o día 18/10/2018.
1
ÍNDICE
Páxs.
1.- Datos xerais e horario do Centro 2
2.- Obxectivos específicos 4
3.- Concreción anual do PEC 5
4.- Estratexias metodolóxicas e organizativas de atención ao alumnado con NEE 6
5.- Cadro de organización pedagóxica 8
6.- Plan de actuación do equipo directivo 9
7.- Plan de actuación dos órganos colexiados 10
8.- Órganos de coordinación docente 12
9.- Quendas de vixilancia 28
10.- Formación do profesorado 31
11.- Libros de texto 32
12.- Programa anual de actividades complementarias e extraescolares 33
13.- Plan de autoprotección de Centro 44
14.- Persoal non docente 45
15.- Potenciación das relacións coas familias 46
16.- Transporte escolar 47
17.- Comedor escolar 47
18.- Plan de utilización das instalacións do Centro 48
19.- Plan xeral de avaliación do Centro 48
20.- Plan anual de lectura 49
21.- Seguimento e avaliación da actividade do auxiliar de conversa 52
22.- Concreción do Plan de Convivencia 52
23.- Avaliación individualizada de terceiro e sexto de primaria 52
Anexos: 53
Anexo I. Plan anual do departamento de orientación
Anexo II. Plan de igualdade
Anexo III. Información Espazo Familias Boiro
Anexo IV. Proxectos nos que participa o Centro
Anexo V. Contratos-Programa
2
1.- DATOS XERAIS DO CENTRO
Código: 15021500 Nome: CEIP Santa Baia
Dirección: Avda. Compostela, 48 Código postal:15930 Localidade:Boiro Concello:Boiro
Provincia:A Coruña. Teléfono: 881866595 Fax: 881866597
Páxina web: santabaia.es Correo electrónico:ceip.santabaia@edu.xunta.es C.I.F.: Q6555406E
Unidades Catálogo Funcionan
Educación Infantil 6 6
Educación Primaria 17 17
TOTAL 23 23
Composición xurídica e funcional Catálogo Funcionan
Educación Infantil 8 8
Educación Primaria 16 16
Filoloxía Inglesa 3 3
Filoloxía Francesa/Pri 1 1
Educación Musical 2 2
Educación Física 2 2
E.E. Pedagoxía Terapéutica 1 2
Audición e Linguaxe 1 2
Orientación 1 1
Educación Relixiosa 1+1it.
TOTAL 35 39
Persoal non docente Consellería Concello
Auxiliar Administrativo 1
Conserxe 1
Persoal de Limpeza 2
Coidadora 2
TOTAL 6
3
O horariodo Centro para todo o curso:
Lectivo, as mañás de luns a venres de 08:45h a 13:45h.
Tarde de martes de 16:00h a 19:00h.
Importante: Cando un
alumno/a teña que ausentarse
da escola por calquera motivo
(médico,...) farao sempre
baixo a responsabilidade dun
adulto. Este cambio
producirase sobre todo en
horas de recreo ou nos
cambios de clase para non
interromper a marcha da
actividade docente. Cada vez
que un adulto veña a recoller a
un neno deberá cubrir un
impreso de autorización de
saída onde quedarán
rexistrados os seus datos
persoais, de ser preciso
poderase pedir autorización
dos titores e DNI.
O horario de Primaria e Infantil adáptase a 25 sesións para procurar o equilibrio entre todas as materias de
acordo cos horarios fixados pola: orde do 25 de xuño de 2009 e o decreto 105/2014.
As tardes ocúpanse en actividades programadas polo Concello, ANPA, Centro, Club baloncesto...,Estas
actividades serán dirixidas por monitores, agás as realizadas na biblioteca do centro, posto que neste caso
os responsables serán os mestres de garda. O horario establecido é de 16:00 a 18:00 tódolos días lectivos
agás os martes, que será de 16:00 a 17:00h. Os mércores poderá acudir á biblioteca do centro calquera
membro da comunidade educativa.
A Anpa ven realizando o servizo de “madrugadores” (de 7:30 ao inicio das clases) e de “comedor escolar”
(desde o remate e ata as 16:00h). Por ter as prazas completas, varios usuarios desprázanse ao restaurante
Chicolino (empresa responsable do cátering) en autobús. Teñen a información destes servizos na web.
A distribución de días lectivos ven determinada na Orde do 12 de xuño de 2017. Entre as direccións dos
Centros do Concello, acordamos elixir os mesmos días non lectivos locais, tal e como se recomenda en dita
orde, seguindo unha fórmula democrática. Cada claustro propón dous días, e os máis solicitados asúmense
por todos os Centros. Para este curso solicítanse o 20de marzo e o 4 de maio como non lectivos.
As sesión de avaliación realizaranse nas seguintes datas:
AVALIACIÓNS 1º
TRIMESTRE
2º
TRIMESTRE
3º
TRIMESTRE
DATA SESIÓNS DE
AVALIACIÓN
10.12.19 24.03.20 09.06.20 INFANTIL
1º e 2º PRIMARIA
17.12.19 31.03.20 16.06.20 3º,4º,5º e 6º
PRIMARIA
DATA ENTREGA
BOLETÍNS 20.12.19 03.04.20 19.06.20
INFANTIL
PRIMARIA
4
2.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O CURSO. MEDIDAS E RECURSOS
Obxectivos Medidas Recursos
Mellorar a convivencia da comunidade
educativa.
Para toda a comunidade educativa.
Aumentar as enriquecedoras relacións
co contorno do Centro.
Claustro.
Facilitar a coordinación entre os
distintos equipos docentes.
Alumnado.
Actuar sobre os focos de conflitos entre
o alumnado con medidas de prevención.
-Distintas asociacións que colaboran co
centro.
- Solicitude de creación do Consello
Escolar municipal.
-PFPP.
- Fluxo da información a través do
planning mensual e a programación
semanal.
- Consello dos nenos.
- Patios Dinámicos e inclusivos.
Mellorar o estado xeral do edificio. Mellorar e intensificar a relación cos
representantes do Concello
Solicitar á xefatura territorial as melloras
estruturais precisas
Solicitudes para o concello:
- Reparación do teito do patio cuberto de
primaria.
- Reparación do valado do patio.
- Distintas obras de mantemento.
- Pintado das aulas.
Colaborar coas actividades propostas
desde o concellerías.
Mellorar a coordinación e actuacións do
persoal do concello no Centro.
Solicitudes para a xefatura territorial:
- Reparación e mellora do lucernario
- Substitución das ventás.
- Reparación da cuberta do patio de
infantil.
Aumentar o control e seguridade dos
usuarios do transporte escolar.
Actualizar o protocolo elaborado o curso
pasado.
Reunións coas coidadoras.
Aumentar os contactos ca empresa e
Anpa.
-Libro de incidencias.
-Carteis identificativos; dos autobuses,
coidadoras e alumnado.
- Zona no patio na que se organizan os
usuarios.
- Porta de acceso determinada.
- Listaxes actualizados aos implicados en
canto se produza algunha modificación.
Renovar o PEC. Dar protagonismo á CCP Elevar as propostas ao claustro.
Potenciar os hábitos saudables e a
conciencia da necesidade dun
desenvolvemento sostible da sociedade
na comunidade educativa.
Definir as pautas de traballo do equipo
de dinamización de actividades
extraescolares.
Renovar o proxecto Voz Natura.
Aumentar as actividades no horto
escolar.
Inculcar as medidas de aforro enerxético
e a recollida selectiva.
Organizar actividades predeportivas con
outros centros.
Sinal sonora 5 minutos antes de saír ao
patio para promover dinámicas correctas
na alimentacón.
-Dotación económica da fundación
promotora do programa Voz Natura.
-Asesoramento das distintas asociacións
colaboradoras.
-Charlas dirixidas ao alumnado das
asociacións da contorna do Centro.
-Informar sobre os distintos colectores
que ten o Centro (pilas, aceite usado,
compostoiro, tóners...) á comunidade
educativa.
- Continuar no plan de "Deporte
Escolar"
-Megafonía do centro.
-Participación no programa "Froita
Fresca na Escola.
Promover a formación do profesorado. Continuar co PFPP. -Seminario: TIC- EVA Edixgal.
5
Transmitir toda a información ao
claustro por medio do correo electrónico
corporativo.
-Seminario: patios inclusivos.
-Promoción de distintos cursos de
formación externos ao Centro.
Aumentar a implicación das familias nas
actividades do colexio.
Mellorar o fluxo de información.
Aumentar o número de reunións.
Dar cabida á súa participación en
distintas actividades do Centro.
Creación do espazo familias.
-Actualización semanal da web.
-AbalarMóbil.
-Cooperación ca Anpa.
-Actividades dirixidas á súa
participación.
- Espazo familias en colaboración con
outros centros educativos, o CAFI e o
Concello.
3.- CONCRECIÓN ANUAL DO PEC
Durante o presente curso vaise a reelaborar o Proxecto Educativo, para adaptalo á nova normativa e
realidade do Centro.
Partimos de:
Análise das características socioeconómicas e sociais.
Análise dos:
Axentes internos: Alumnado, Pais/nais, ANPA, persoal docente e non docente.
Axentes externos: Concello, institucións, asociacións…
Obxectivos, contidos, competencias, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe avaliables:
especificacións dos criterios de avaliación que permiten definir os resultados de aprendizaxe, e que
concretan o que o alumno debe saber, comprender e saber facer en cada disciplina: deben ser
observables, medibles e avaliables,criterios de avaliación, Plans, metodoloxía, Comisións, (que
darán pautas de actuación) recursos, materiais, Consello Escolar (como órgano consultivo, xerencia
administrativa, dirección…).
Principios Pedagóxicos como base do clima e cultura de centro, do seu sistema relacional e de
convivencia, ademais da súa organización, a través de estruturas, que potencien as distintas
actividades, conseguindo deste xeito, os principios e prioridades que satisfagan as necesidades e
demandas detectadas.
Obxectivos Centro
En liñas xerais o que se pretende é:
Ter sempre presente o NOF e o Plan de Convivencia.
Actualizar todos os documentos do Centro.
Obxectivos Profesorado
Aproveitar ao máximo os recursos persoais do Centro.
Establecer coordinacións eficaces.
Fomentar o traballo cooperativo.
Asumir e transmitir os Principios Educativos do centro.
Atender en todo momento as demandas dos alumnos/as e dos pais, mantendo un clima positivo e de
confianza entre ambas partes.
Obxectivos Alumnado
Favorecer o proceso de ensino aprendizaxe, usando estratexias motivadoras e significativas.
Responder ás necesidades Educativas dos nenos/as, a través de atención individualizada e reforzos
educativos, e se fose preciso, adaptacións curriculares.
6
Difundir dereitos e deberes entre o alumnado.
Mellorar as relacións interpersoais.
Facer de forma periódica reunións de delegados para incentivar a participación democrática.
Fomentar a coeducación dende as titorías e o centro.
Obxectivos Familias
Implicar aos pais/nais na educación dos seus fillos.
Manter niveis de información adecuados.
Realizar as reunións de principio de curso(setembro) e todas as que se consideren necesarias.
Colaborar coa ANPA.
Levar a cabo a hora de titoría de pais/nais. Martes de 16:00h -17:00h
Información e entrega de boletíns informativos trimestralmente.
Facer partícipes a nais e pais en actividades concretas, como talleres ou actividades a nivel Centro.
Obxectivos coas institucións
Aproveitar na medida do posible as ofertas feitas polas distintas institucións, adaptándoas ás nosas
necesidades.
Todo isto sérvenos para a Avaliación de Programacións, Plans, Proxectos, modificación de todo aquilo
cuxo resultado non sexa o previsto, co fin de reaxustalos á dinámica da nosa realidade e da innovación da
cultura do traballo en equipo con espazos e tempos específicos. En definitiva, un proceso permanente de
investigación-acción de forma acordada por toda a Comunidade Educativa.
4.- ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS E ORGANIZATIVAS DE ATENCIÓN AO ALUMNADO
CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
As estratexias metodolóxicas e organizativas distribuiranse segundo os seguintes ámbitos:
A nivel de aula
Están orientadas a acadar o seguinte:
A individualización ao máximo dos procesos de ensino-aprendizaxe para respectar os diferentes
estilos cognitivos e de aprendizaxe, a través dunha atención personalizada, procurando conxugar a
economía docente coa autonomía do alumnado por medio do uso de estratexias e técnicas para
aprender a aprender.
Destácanse aspectos tales como:
A motivación, a través de actividades funcionais.
Clima de traballo axeitado, aberto e participativo.
O fomento dunha autoestima positiva.
A educación en valores e habilidades sociais.
Metodoloxía baseada no traballo colaborativo a desenvolver en grupos heteroxéneos,
empregando programas que favorezan a inclusión.
Adaptación de tempos, instrumentos e procedementos de avaliación segundo as
necesidades individuais do alumnado, tendo sempre presente o principio de inclusión.
O Departamento de Orientación facilita, cando se demanda, as propostas e programas necesarios
para axudar a acadar o anteriormente exposto.
As programacións de nivel e aula elabóranse dende unha perspectiva onde o proceso de
planificación educativa debe incluír as diferenzas e excluír as desigualdades, dando a cada alumn@
ferramentas e estratexias destinadas a favorecer o seu crecemento a partires do que é e de onde se
atopa.
7
Para a prevención de dificultades están previstas, entre outras, as seguintes medidas:
-Agrupacións heteroxéneas e equilibradas nas aulas para favorecer a coeducación.
-Desdobres, na medida das dispoñibilidades organizativas do centro, para facilitar a adquisición de
contidos.
-Información, por parte da Orientadora, no mes de setembro aos titores/as asignados a un novo
grupo, para informar do alumnado que presenta n.e.a.e.
A nivel de alumnado
Como estratexias de prevención de dificultades, no mes de setembro os titores/as asignados a un
novo grupo serán informados sobre o alumnado que presenta n.e.a.e., por parte da Orientadora.
Dentro do Plan de Convivencia creouse o CONSELLO DOS NENOS, onde cada grupo conta con
un ou varios representantes. Neste grupo trátase toda a problemática, intereses, propostas…do
alumnado. Segue unha secuencia:
Propostas-Ideas-Participación-Solucións- Mellorar- Encontros- Comunicación-Opinión.
Conta con dous representantes do claustro que son o director e a orientadora do centro e reúnense
unha vez ao mes en horario de recreo.
Como medida ordinaria, levarase a cabo o reforzo educativo co alumnado, que presenta un desfase
curricular ou que atopa unha maior dificultade na aprendizaxe de contidos considerados básicos, é
impartido polo titor/a.
Cando se considera necesario e as condicións o permiten colabora outro profesorado nalgunha(s)
sesión(s). O apoio dirixido ao reforzo:
-En Educación Infantil efectúao o profesorado adscrito a esta etapa con esta función.
-En Educación Primaria é solicitado polos/polastitores/as no mes de OutubroaoXefe de Estudios,
que adscribe ao profesorado en función da maiordispoñibilidade horaria e respectando a pertenza
aomesmo nivel, ou etapa por esta orde.
A medida desenvólvese na aula ordinaria.
En canto as medidas extraordinarias destacan:
a)O apoio das especialistas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Interviránco
alumnado de necesidades específicas de apoio educativo cando así o sinale o correspondente
informe psicopedagóxico.
A intervención deste profesorado lévase a cabo dentro da aula á que pertence o alumno/a, e
desenvólvese fóra da mesma cando:
- Se utiliza o Programa PASS de Intervención Cognitiva (PPIC).
- Se segue tratamento de dislalias e trastornos da linguaxe.
-Existe alumnado de necesidades educativas especiais que, para determinadas actividades do
programa de intervención, precisa un esforzo de atención e concentración que non conseguiría
dentro da aula ordinaria.
-As actividades de apoio programadas interrompen o normal desenvolvemento da clase no grupo de
referencia.
O número máximo de sesións de apoiofóra da aula é de 8 semanais como así o establece a Orden de
27 dediciembre de 2002 por la que se establecen las condiciones y criterios para la escolarización
en centros sostenidos con fondos públicos del alumnado de educación no universitaria con
necesidades educativas especiales ( “… durante un tempo que no excederá la tercera parte de la
jornada escolar.”)
8
En setembro, a toma de decisións sobre a asignación e distribución dos apoios a cargo do
profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e Audición en Linguaxe realízase considerando
como criterios prioritarios os seguintes:
1. Alumnado con necesidades educativas especiais
2. Alumnado con n.e.a.e. con Adaptación Curricular Significativa
3. Alumnado con n.e.a.e. sen Adaptación Curricular Significativa que repite curso.
4. Alumnado con n.e.a.e. sen Adaptación Curricular Significativa.
Como norma xeral, o alumnado con necesidades educativas especiais máis importantes, recibe
maior número de horas de apoio e, na medida do posible, se lle asigna profesorado especialista en
PT e/ou AL con destino definitivo no centro para favorecer a continuidade da figura de referencia.
O profesorado-titor adapta o horario da aula para facilitar traballar a mesma área co alumnado que
queda en clase e co que se apoia fóra.
b)As adaptacións curriculares significativas serán elaboradas no primeiro trimestre do curso,
polo/a titor/a que contará coa colaboración do/a orientador/a e outros especialistas: de área,
Pedagoxía Terapéutica e/ou Audición e Linguaxe.
Empregamos esta medida en casos que requiren modificacións significativas nun ou máis elementos
prescritivos do currículum, podendo ser requirida polo alumnado con necesidades educativas
especiais, o alumnado con alta capacidade intelectual ou aquel con necesidade específica de apoio.
Despois da avaliación inicial reunirase o profesorado que imparte clase ao alumno/a, o profesorado
de PT/AL, a Xefatura do D.O. e a Xefatura de Estudos, para decidir se procede a elaboración da
ACS e en que áreas.
O/A titor/a manterá contactos periódicos co profesorado de PT e/ou AL, co obxecto de coordinar a
actuación educativa.
Cando menos, en cada sesión de avaliación efectuarase unha revisión da evolución escolar
quedando recollido no documento "informe de seguimento trimestral de ACS.
A nivel de centro
Ao longo deste curso continuarase coa implementación do Programa Patios Dinámicos, iniciado o
curso pasado a través do PFPP. Realizarase nas sesións de recreo dos martes e dos xoves. Nestas
sesións do xoves e durante 3 meses (de outubro a decembro), colaborará co grupo de mestras do
centro, persoal e usuarios de AMICOS.
Así mesmo, continuarase coa formación no eido da inclusión a través dun Seminario incluído no
PFPP, para dar respostas axeitadas ao alumnado con neae.
Dende o departamento de orientación ofreceranse pautas e orientacións para o profesorado ante as
reunións xerais e as entrevistas individuais coas familias.
Dende o centro establecerase dende o principio de curso unha continua colaboración e intercambio
de información cos servizos sociosanitarios e centros de procedencia do alumnado. Esta
coordinación dos equipos docentes cos servizos externos que atenden ao noso alumnado con n.e.a.e.
(Amicos, Aspanaes, gabinetes privados…) realízase a través de reunións nas que, con carácter
xeral, asisten o/a titor/a, especialistas en PT e/ou AL, e a Orientadora.
A entrada principal conta cunha CAIXA DE CORREOS onde se poderán insertartodas aquelas
ideas, propostas, preocupacións, observacións… do centro, para poder ser atendidas pola
comunidade educativa. Hai unha persoa encargada da lectura, clasificación e seguimento. O seu uso
está destinado a todos aqueles membros da comunidade educativa.
5.- CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA
(Reflíctese no DOC)
9
6.- PLAN DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO
Director:J. Gustavo
Romero García
Xefe de Estudos: Daniel
VázquezDieste
Secretaria: Sesa Novo Boo
Luns Martes Mércores Xoves Venres
8:45 9:40
DIRECCIÓN XEFATURA SECRETARÍA
9:40 10:35 DIRECCIÓN DIRECCIÓN
XEFATURA
SECRETARÍA
Horario de atención do
equipo directivo
10:35 11:30
SECRETARÍA XEFATURA XEFATURA DIRECCIÓN
12:00 12:55
DIRECCIÓN SECRETARÍA
DIRECCIÓN DIRECCIÓN
12:55 13:45
XEFATURA SECRETARÍA DIRECCIÓN
OBXECTIVOS
ACTUACIÓNS
Fomentar a participación do profesorado nas accións da dirección. Reunións: niveis, dinamizacións,
Claustro, CCP e Consello Escolar.
Incluíndo nas convocatorias
información precisa dos temas a
tratar.
Optimizar a organización de horarios, reunións, actividades... Reunións continuas do xefe de
estudos cos docentes do centro.
Programación semanal e planning
mensual.
Contribuír a que a relación entre os diferentes estamentos do Colexio
(alumnado, profesorado, pais e nais, e outro persoal ó servizo no
centro) sexan cordiais e respectuosas.
-Reunións e comunicacións con
todos estamentos.
-Mellorar a comunicación e
información actualizando web, con
notas,circulareseAbalarMóbil.
Delimitar as funcións e responsabilidades dos distintos órganos de
funcionamento da comunidade educativa (unipersoais, colexiados,...)
dentro dun clima de cooperación, colaboración e coordinación.
- Reunións dos órganos
competentes para o funcionamento
do centro.
- Actividades de coordinación entre
eles.
Facilitar a coordinación e relación do profesorado a nivel de Centro e
a súa relación con outras entidades.
- Contactos coas institucións locais.
- Actividades conxuntas con centros
da localidade.
Conseguir que a coordinación didáctica e metodolóxica entre niveis
sexa unha norma de traballo no centro.
-Revisión, adecuación e
coordinación dos criterios de
avaliación, promoción,…
10
Facilitar e potenciar a formación e a información do profesorado:
Asistencia a cursiños, xornadas, reunións,...
Subscricións a revistas de carácter
pedagóxico- didáctico.
- PFPP e promoción de outros
cursos de formación.
- Difusión de revistas e xornais
Potenciar o uso da biblioteca escolar e mellorar a dotación de recursos - Que Equipo de biblioteca, dispoña
de sesións para maximizar o uso
dos recursos da biblioteca e
recuperar propostas de outras
dinamizacións.
- Continuar co PLAMBE.
-Apertura o mércores pola tarde a
toda a comunidade educativa.
Favorecer un clima propicio que permita a implantación de proxectos
de innovación educativa e participación en grupos de traballo.
-Implicación da dirección nas
iniciativas propostas polos
membros do claustro.
Impulsar a función titorial, así como a participación dos pais/nais nas
actividades do centro.
- Reunións cos pais, individuais e
colectivas.
- Circulares informativas.
- Invitacións a participar/colaborar
nas actividades de Centro.
- Facilitar recursos a Anpa.
O equipo Directivo manterá dúas horas semanais de Coordinación. Unha na que se xuntarán Director, Xefe
de Estudos e Orientadora e outra na que estarán Director, Xefe de Estudos e Secretaria. Para calquera
cuestión que tratar con algún membro do equipo directivo, dirixirse á secretaría ou conserxería para
concretar unha xuntanza.
7.- PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS COLEXIADOS
Os ÓRGANOS COLEXIADOS reuniranse preceptivamente en sesión ordinaria unha vez por trimestre e
sempre que os convoque o seu presidente ou o solicite un terzo, polo menos, dos seus membros. En todo
caso reunirase ao inicio e ao remate do curso.
Tentarase que as reunións do consello escolar se celebren en día e hora que posibiliten a asistencia de todos
os membros.
11
O consello escolar :
- Avaliar a programación xeral anual
do centro, sen prexuízo das
competencias do claustro do
profesorado, en relación coa
planificación e organización docente.
Temporalización: Outubro
(aprobación).
- Analizar e valorar o funcionamento
xeral do centro, a evolución do
rendemento escolar e os resultados
das avaliacións internas e externas en
que participe o centro.
Temporalización: todo o curso.
- Promover as relacións e a
colaboración escola-familia e
fomentar a participación dos sectores
e a súa formación. Temporalización:
durante todo o curso.
- Aprobar o Proxecto Educativo do
Centro e as modificacións que se
fagan nos diferentes plans e proxectos
do centro.
- Coñecer a resolución de conflitos
disciplinarios e velar por que se
ateñan á normativa vixente.
- Promover a conservación e
renovación das instalacións e do
equipo escolar e emitir informe sobre
a obtención de recursos
complementarios.
- Supervisar e aprobar a Xustificación de Ingresos e Gastos do Centro, velando polo
cumprimento da execución do Proxecto de Orzamento. Temporalización: Outubro, Xaneiro
e Xuño.
- Constituír no seu seo as Comisións económica e de convivencia.
O claustro de mestres e mestras:
- Aprobar e avaliar as concrecións curriculares e os aspectos pedagóxicos da PXA.
Temporalización: todo o curso.
- Realizar o seguimento da consecución de obxectivos do PXA. Temporalización:todo o curso.
- Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os
resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro. Temporalización: todo
o curso.
- Promover iniciativas no ámbito da experimentación e innovación pedagóxica, así coma na
formación do profesorado. Temporalización: todo o curso.
- Fixar os criterios de orientación, titoría, reforzo e recuperación do alumnado.
Director/Presidente: Gustavo Romero García Xefe de Estudos: Daniel Vázquez Dieste Representantes do Claustro: Mª del Mar Rodríguez Ramos Ana Mª LojoDieste JoséCardesaArtieda Pablo Pena Lozano Sergio Somoza Viturro* Representantes Nais/Pais: EugenioLozanoLijó Ana Belén Silva Abuín Mª Elena García Blanco Mónica Díaz Fernández Mª Dolores García Tarela* Representante Concello: María LuisaOuteiral* Representante do Persoal de Administración e Servizos: Mª Dolores Sánchez Alcalde Secretaria: Sesa Novo Boo
*Novosmembros por cese dos titulares.
12
Temporalización: todo o curso.
- Propoñer medidas que favorezan a convivencia. Temporalización: todo o curso.
- Facer propostas de traballo aos equipos de dinamizació, a outros órganos colexiados e
institucións. Temporalización: todo o curso.
- Seguimento e valoración dos Plans e Proxectos Educativos.
8.- ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE
8.1.- CCP
Gustavo Romero Director Daniel Vázquez Xefe de Estudos
María Basavilbaso Orientadora Eva Castro Coordinadora Infantil PiliEstévez Coordinador a1º nivel
MªJoséLourés Coordinadora 2º nivel Mar Rodríguez Coordinador 3º nivel
Ana Ramos Coordinadora 4º nivel David Pérez Coordinador 5º nivel
María Ons Coordinadora 6º nivel Agustina Caramés Coordinadora EDL Beatriz de la Torre Coordinadora de Biblioteca
Mari Lojo Coordinadora ED extraescolares Pablo Pena Coordinador equipo TIC
Paula Fernández PT Mª EugeniaBlanco PT
RocíoLence AL Lara Miguéns AL
Respecto das súas competencias, aclaramos que serán as reguladas polas distintas normativas e a que se
acordou no claustro:
Coordinar o traballo das distintas dinamizacións para o correcto funcionamento das actividades
Complementarias do Centro.
Elección da secretaría da CCP: (pendente).
8.2.- COMISIÓN DA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º
Estará constituída por:
- Gustavo Romero (director) que a presidirá.
- Daniel Vázquez (Xefe de estudos)
- María Basavilbaso González (Orientadora)
- Paulina González Domínguez (Titora de 3º)
A súa función é informar e coordinar o proceso de avaliación tal e como se indique na orde anual que se
publica no mes previo á proba. De igual xeito, colaborará coa administración educativa para o que sexa
requirida.
De celebrarse no Centro unha avaliación para sexto curso, incluirase como membro desta comisión a
DonaSusana Albarrán Gómez(titora de 6º)
13
8.3.- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
En cumprimento do establecido no artigo 4º do Decreto 120/1998, do 23 de abril, o Departamento queda
integrado polas seguintes persoas:
Mª EugeniaBlanco Aragón: Mestra especialista en PT
Paula Fernández Martínez: Mestra especialista en PT
Lara Miguéns Salnés: Mestra especialista en AL
RocíoLenceCordero: Mestra especialista en AL
María Basavilbaso González: Orientadora, Xefa do Departamento
Reunirase semanalmente, os martes, en horario de 16:00 a 17:00h e adicaranse ao desempeño das funcións
que lle son encomendadas ao Departamento de Orientación na normativa vixente así como ao deseño e
elaboración de materiais para o desenvolvemento, por parte dos/das titores, de actividades propostas no
presente Plan, promoción da formación do profesorado e calquera outros, de carácter metodolóxico, a
petición do profesorado.
8.4.- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DAS TIC
DINAMIZACIÓN
Tecnoloxías da Información e da Comunicación
Compoñentes Nivel
María Otero Inf
Cristina Bermejo Varela Inf
Pablo Pena Lozano(Coordinador) 1º
Carmela Cerecedo Sánchez 2º
Ana Rodríguez Ruibal 3º
Elena López Santana 4º
JoséCardesaArtieda 5º
Daniel Vázquez Dieste 6º
Paula Fernández Martínez 6º
É competencia do equipo TIC
- A dinamización dos espazos comúns relacionados cas TIC: espazos con ordenador e canón para
proxeccións, Encerados dixitais comúns, Web do centro, Blogs, etc.
- Creación dun planning para a utilización destes recursos a fin de optimizar o seu aproveitamento.
- Tramitar calquera incidencia relacionada coas TIC no centro.
- Ofrecer formación al profesorado para que poida incluír las TIC no seu quefacer diario.
- Elaboración dunha guía de recursos educativos relacionados cas TIC
- A instalación de novos programas informáticos será realizada unicamente polo director ou persoa na que
este delegue.
- Actualizar inventario dos recursos tecnolóxicos dispoñibles.
- Colaborar coas actividades de Centro canalizando a información e propostas a través da rede interna e
aportando materiais dixitais adecuados.
O coordinador organizará o equipo para responsabilizarse do mantemento básico dos equipos e das contas
das aplicacións Kizoa, ISSU, Youtube e a web do centro.
14
8.5.- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
DINAMIZACIÓN
Actividades Complementarias
Compoñentes Nivel
Mª CarmenLojoDieste(Coordinadora) Inf
Eva María Castro Camiña Inf
Ana LojoDieste Inf
Beatriz Durán Suárez 1º
Lara Miguéns Sanles 2º
Paulina González Domínguez 3º
AnaRamosVillanustre 4º
Juan Carlos Puga Fandiño 5º
Sergio Somoza Viturro 5º
María P. Ons Miranda 6º
Este equipo encárgase da organización das actividades complementarias a nivel Centro e a coordinación
das efemérides. Tamén se ocupa do desenvolvemento das tarefas relacionadas co horto escolar, actividade
que forma parte do Proxecto Voz Natura, do que recibe asesoramento e apoio económico.
O equipo de actividades complementarias e extraescolares está composto por 10 persoas dos distintos
niveis de educación infantil e primaria, que se marcan os seguintes obxectivos:
Elaborar actividades co fin de lograr os obxectivos dos contidos programados.
Recuperar e valorar costumes e tradicións.
Fomentar unha actitude crítica respecto da publicidade e consumo.
Favorecer o achegamento a actividades artísticas como as visitas a museos, teatros…
Desenvolver a lóxica e a capacidade creativa valorando e respectando as creacións propias e
mailas alleas.
Apreciar os valores básicos que rexen a vida e convivencia humana, comportarse de forma
solidaria rexeitando calquera tipo de discriminación.
Recoñecer e analizar aspectos importantes da situación medioambiental no contorno, así
como espertar a sensibilidade e contribuír na súa defensa, conservación e mellora (reciclaxe de
papel, recollida de pilas e de tapóns de plástico).
Desenvolver a autoestima e a capacidade de establecer relacións afectivas co entorno.
Colaborar en actividades grupais.
Respectar as normas establecidas.
Identificarse co contorno social e cultural máis próximo, coñecendo e estimando as súas
xentes, festas, tradicións…, respectando a diversidade social e cultural.
Aprender e respectar a cultura e a lingua da comunidade, favorecendo o seu emprego en
distintas actividades e tendo unha estreita colaboración co equipo de dinamización lingua
galega.
A programación de actividades organizada por esta dinamización está recollida no punto 12 do presente
documento.
15
Ademais, este equipo asume a realización dos proxectos relacionados co horto escolar.
PLANO
DO
HORTO
Obxectivos:
- Aproveitar ó máximo a terra cultivable para abastecernos dos seus produtos.
- Consumir alimentos naturais e ecolóxicos.
- Ser responsables do material, ó igual que recoñecer os distintos utensilios que usamos para o cultivo
das verduras e hortalizas.
- Habituar aos nenos ao consumo de hortalizas.
- Conseguir que esperte o interese pola agricultura nos nenos e que aprendan as técnicas do cultivo ás
que non soen estar habituados.
- Incentivar a participación de toda a comunidade educativa nas actividades desta dinamización.
- Que sexa un banco de recursos vivo para distintas unidades didácticas de todas as áreas e niveis
educativo
Actividades .
- Realizaranse as actividades correspondentes co mantemento do horto : cavar,
limpar, plantar ……
- Participarase no plan proxecta a través da modalidade Froita na escola no mes
de novembro e abril.
- Participarase no proxecto “ Voz Natura “ intentando difundir unha mensaxe de
respecto a natureza e hábitos saudables.
Organización
- Realizarase unha táboa con quendas de traballo segundo os cursos a participar.
Tamén será máxima prioridade a separación de residuos.
Obxectivos:
- Espertar a concienciación da necesidade e posibilidade da reutilización do material empregado
anteriormente
- Recoñecer e analizar aspectos importantes da situación medioambiental.
- Espertar a sensibilidade en canto á relación que o medio ambiente ten cunha mellor calidade de vida
de toda a sociedade.
16
- Favorecer o axeitado tratamento e recollida de pilas co fin de reducir o seu impacto ambiental ao
igual que tomar conciencia dos efectos nocivos que o seu mal emprego poden producir.
Actividades propostas:
- Recollida selectiva de papel en cada aula.
- Recollida de pilas por aula que logo periodicamente son acumuladas no depósito
correspondente.
- Recollida de aceite no seu colector para posteriormente reciclalo.
- Organizar o Comando Verde.
8.6.- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR
1.- OBXECTIVOS:
Partindo da análise dos resultados obtidos no curso 2018/2019, o equipo de biblioteca proponse os
seguintes obxectivos para o curso 2019/2020.
a) Consolidar as actividades de dinamización levadas a cabo en cursos anteriores.
b) Potenciar a coordinación cos diferentes equipos do centro.
c) Levar a cabo campañas de animación á lectura de acordo con temáticas xerais, coas conmemoracións ou
celebracións de datas significativas do calendario escolar.
d) Manter actualizado o blog.Pedirase a colaboración do equipo de TIC.
e) Potenciar a busca de información e investigación en distintos soportes.
f) Realizar actividades de formación do equipo de coordinación da biblioteca e do profesorado no uso da
biblioteca escolar para mellorar a xestión e dinamización da mesma.
g) Deseñar e poñer en práctica actividades graduadas de formación de usuarios autónomos da biblioteca.
h) Fomentar a colaboración con diferentes institucións e asociacións da contorna.
i) Adquirir o mobiliario e equipamento necesario.
k) Acadar un maior grao de implicación do profesorado, tanto nas actividades de xestión coma nas
dinamizadoras.
l) Adquirir os fondos necesarios intentando equilibrar a colección.
m) Fomentar a participación das familias.
n) Seguir o Proxecto Lector de Centro.
ñ) Continuar co Club de Lectura para o alumnado de sexto nivel (pendente de confirmar).
2.- ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO.
O equipo de biblioteca estará formado durante este curso polas seguintes persoas:
Albarrán Gómez, Susana
Basavilbaso González, María
CardesaArtieda, José
De la Torre Díaz, María Beatriz
Estévez Sixto, Pilar
López Roda, Pilar
LourésIllán, María José
Mosquera Gómez, Verónica
Mosquera Sixto, Sandra
Novo Boo, Sesa
Pérez García, David
17
A persoa coordinadora é María Beatriz De la Torre Díaz, con carácter definitivo no centro.
Durante o mes de setembro, a biblioteca permanecerá pechada para rematar distintas tarefas de
organización: sinalización de andeis, rexistro e catalogación de novos fondos, organización e formación do
equipo de axudantes, decoración específica do proxecto, elaboración de carnés de novos usuarios,
adecuación da mascota ao novo proxecto…
Constituirase, ao igual que o curso pasado, un equipo de axudantes de biblioteca formado por
nenos/as de 5º e 6º curso que colaborarán cos mestres/as no préstamo e devolución de libros, colocando
libros nos estantes, axudando aos máis pequenos, etc.
Ao comezo do mes de outubro, os membros da comisión da biblioteca xunto co equipo de axudantes
da mesma, colaborarán cos titores/as no desenvolvemento dunha actividade de formación de usuarios/as
dirixida a todo o alumnado e orientada a presentar a organización e funcionamento da biblioteca de xeito
que os nenos/as poidan comezar ou retomar o uso autónomo desta. Será nesta sesión cando se presente o
proxecto, “Xapón. Xogos Olímpicos” e se fará entrega dos carnés aos novos usuarios.
Así mesmo, realizaremos unha xuntanza con todo o profesorado para explicar o funcionamento e a
xestión de préstamos a través do MEIGA.
As normas de uso da biblioteca escolar serán transmitidas a todos os usuarios a través de carteis e
trípticos nos que se recollan as normas, distribución dos materiais, posibilidades de uso do carné,
horario…
Para que cada grupo poida dispoñer dunha sesión semanal de traballo, favorecerase a organización
dun horario onde cada titor disporá dunha hora á semana asignada no horario,na que fará os empréstitos e
as actividades de animación á lectura e educación documental que consideren oportunas, sempre contando
co apoio da comisión.
As xuntanzas desta dinamización terán lugar un martes ao mes e na sesión estimada por Xefatura de
Estudos dentro do calendario de reunións do centro.
Nos tempos de lecer, para que os rapaces e rapazas poidan realizar consultas ou gozar deste tempo
coa lectura de libros, revistas,…, organizaranse quendas de garda, preferentemente vixiadas polos
compoñentes da biblioteca.
A biblioteca permanecerá a disposición do alumnado en horario de recreo cun mestre/a responsable
(pertencente o equipo da biblioteca) e o grupo de alumnos voluntarios, que se encargarán de levar a cabo
os préstamos e devolucións. Este curso tamén poderán gozar da lectura e de xogos de mesa ao aire libre no
novo recuncho do patio. Durante as tardes, o horario será de 16:00 a 18:00 h, agás os martes que será de
16:00 a 17:00h.
A partir do mes de outubro, esta abrirá os mércores pola tarde para os alumnos e as súas familias.
Durante estas tardes poderanse realizar préstamos, tanto para os nenos/as como para os pais e se levarán a
cabo distintas actividades de animación a lectura (contacontos en familia,obradoiros, relatores…) contando
coa colaboración dos pais/nais e da biblioteca municipal.
A persoa responsable disporá de catro sesións de dedicación á biblioteca (sempre que non teña que
substituír) para cumprir coas funcións que lle corresponde.Conta co equipo de apoio, do cal , a un dos
membros se lle asignou unha sesión de adicación no seu horario. Traballarase así na preparación e posta en
marcha de diferentes actividades e no apoio e asesoramento dos diferentes grupos na súa hora semanal de
biblioteca, tal e como consta nas instrucións do Plambe
3.- ACTIVIDADES.
Organización e xestión.
- Formación do alumnado colaborador e seguimento da súa actividade.
- Actualización da guía de uso da biblioteca.
18
- Adquisición de fondos.
- Dar publicidade ás novidades.
- Dinamización do blog.
- Atender a caixa de suxestións para alumnado e profesorado.
- Mantemento dos lectores electrónicos.
- Elaboración de normas de uso do recuncho do patio.
- Elaboración de normas da mesa Lego.
- Expurgo de fondos obsoletos.
Dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, integración no currículo e contribución á
alfabetización múltiple ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado.
- Desenvolvemento do proxecto documental integrado: Xapón e xogos olímpicos. Será o fío condutor
das actuacións e conmemoracións do ano.
- Elaboración e distribución de guías de lectura.
- Difusión dos recursos da biblioteca a través do blog e páxina web.
- Apoio ás necesidades do profesorado.
- Demostracións utilización dos xogos de mesa da Biblioteca.
Formación de usuarios e adquisición da competencia informacional.
- Xornada de información aos mestres/as sobre a organización e funcionamento da biblioteca (CDU,
normas de biblioteca, xestión de préstamos no programa MEIGA).
- Xornadas de presentación con cada grupo para dar a coñecer a organización e funcionamento da
biblioteca (titores e algún membro do equipo de biblioteca).
- Alumnos/as colaboradores: BIBLIOAXUDANTES. Manteríase esta proposta de traballo que xa se ten
desenvolto dun xeito moi satisfactorio nestes últimos cursos. A este alumnado se lle fai un
chamamento, firma un acordo de responsabilidade cara á tarefa, se lle informa das pautas de actuación
e se organizan as quendas de biblioteca de cada un deles.
- Distribución de guía de funcionamento da biblioteca para alumnos/as e pais/nais.
- Elaboración dunha guía para aprender a buscar e tratar a información.
- Recuncho DIXITAL: xa está dotado de catro PC de sobremesa e catro portátiles.Traballaremos na
ampliación de contidos neste portal para que acolla a tódolos niveis, áreas e intereses.
- Recuncho MULTIMEDIA: durante este curso completarase, organizarase e estableceranse as normas
deste espazo.
- Recuncho para a exploración e o descubrimento: realizaranse contos e outras actividades coa mesa de luz
e poñerase en funcionamento a mesa de construcións con pezas LEGO.
Fomento da lectura e desenvolvemento do proxecto lector de centro.
- Elaborar o Plan anual de lectura.
- Lecturas compartidas.
- Apadriñamento lector.
- Visitas á Biblioteca Municipal.
- Contacontos nos recreos.
- Patios dinámicos, espazo de lectura e xogos de mesa.
- Elaboración de vídeos con recomendacións lectoras do alumnado.
- Booktrailers.
19
- Incrementar o número de mochilas viaxeiras, estendendo o seu uso a 4º, 5º e 6º nivel.
- Celebracións promovidas dende a Biblioteca que implicarán actividades específicas organizadas dende
a mesma:
o 24 de outubro de 2019: Día da Biblioteca.
o novembro de 2019 : mes da CIENCIA en galegonas bibliotecas.
o 30 de xaneiro de 2020: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
o 8 de marzo de 2020: Día Internacional da Muller.
o entre o 20 e o 24 de abril de 2020: Semana do libro.
o Do 11 ao 15 de maio de 2020: Semana das Letras Galegas.
- Celebracións non promovidas dende biblioteca que a implican cun carácter secundario facendo
actividades como exposición de fondos, presentación de información, paneis decorativos... como
Magosto, a Semana da prensa, día de Rosalía ...
- Actividades en familia con periodicidade mensual: obradoiros, contacontos…
Avances cara a unha biblioteca inclusiva.
- Poñer en marcha iniciativas co enfoque de “Lectura Fácil” na Biblioteca destinadas a facilitar a
lectura a grupos de alumnado con necesidades educativas específicas.
- Inclusión de imaxes comunicaticas na sinalizaciónda Biblioteca.
- Selección de materiais e fondos específicos para alumnado con necesidades específicas.
- Facilidades de préstamo de fondos e de acceso ás novas tecnoloxíasao alumnado máis
desfavorecido social e/oueconomicamente.
- Introdución á elaboración de Contacontos Inclusivos.
- Ampliación de audio-libros.
Outras actuacións.
- Formación do profesorado pertencente ao equipo de biblioteca.
- Actividades destinadas ás familias (charlas, obradoiros…).
4.- AVALIACIÓN
A avaliación do proxecto será permanente ao longo de todo o curso, introducindo as modificacións
necesarias co fin de garantir o bo funcionamento das actividades. Así mesmo, realizarase unha avaliación
final que valore, entre outros, os seguintes aspectos:
Grao de consecución dos obxectivos propostos.
Grao de implicación do profesorado, das familias e dos axentes externos implicados no
desenvolvemento das actuacións propostas.
As estratexias metodolóxicas empregadas.
A adecuación dos cambios realizados na organización da biblioteca (catalogación de libros, servizo de
préstamo, horario de apertura,…)
Clima lector no centro.
Para realizar a avaliación final valoraremos os seguintes indicadores:
Enquisas para recoller os puntos de vista dos implicados na actividade da biblioteca (alumnado,
profesorado e familias).
20
Número de préstamos realizados.
Nivel de participación do alumnado nas actividades.
Número de visitas ao blog.
Utilización dos recursos da biblioteca por parte del profesorado.
Calidade dos traballos realizados.
As conclusións da avaliación final, así como as propostas de mellora, se as houbese, incluiranse, ao
rematar cada curso escolar, na memoria anual do plan servindo como referente para a revisión das
actuacións ao inicio do curso seguinte.
8.7.- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
DINAMIZACIÓN Lingua Galega
Compoñentes Nivel
IsabelBlanco Hermo inf.
Lorena Pais Abeijón inf.
Lucía Ares Rodríguez 1º
Mª Bolivia Insua Fernández 2º
Agustina Caramés Hermo(Coordinadora) 2º
Mar Rodríguez Ramos 3º
RocíoLenceCordero 3º
Antonio Miragaya Veras 4º
Uxía Blanco Aragón 5º
Gustavo Romero García (director) 6º
É competencia do equipo de normalización lingüística:
1. Presentar a través do claustro, propostas ao equipo directivo para a fixación dos obxectivos de
normalización lingüística que se incluirán no proxecto educativo de centro.
2. Propoñer ao claustro, para a súa inclusión nas programacións, o plan xeral para o uso do idioma, no cal
se deberá especificar, cando menos:
a) Medidas para potenciar o uso da lingua galega nas actividades do centro.
b) Proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellorar a
competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
3. Propoñer ao claustro, para a súa inclusión nas programacións, o plan específico para potenciar a
presenza da realidade galega, cultura, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, literatura, arte,
folclore, etc. no ensino.
4. Elaborar e dinamizar un plan anual de actividades tendentes á consecución dos obxectivos incluídos nos
plans anteriores.
5. Presentar para a súa aprobación no Consello Escolar o orzamento de investimento dos recursos
económicos dispoñibles para estes fins.
6. Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establece na súa
normativa específica.
É responsabilidade do coordinador:
Elaborar programacións e memorias.
Coordinar as distintas responsabilidades dos membros do equipo.
Levantar actas.
21
Acudir ás reunións de coordinadores de zona e informar dos acordos ao resto do equipo.
Poderíanse nomear responsables para cada unha destas funcións, ou realizalo todo entre todos:
-Supervisión do correcto uso do idioma nos documentos do Centro.
-Actualización da web.
-Merca de materiais e xestión económica.
-Previsión de actividades.
-Encargado de recompilar datos e fotos para a memoria.
ADDENDA DO PROXECTO LINGÜÍSTICO
INTRODUCIÓN/XUSTIFICACIÓN
“Reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos, facilitándolle
ao alumnado unha oferta educativa que lle axude a percibir a utilidade da lingua e que o
capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente o seu emprego sexista en
todos os ámbitos”.
Dende o EDLG contribuirase a afondar neste precepto da Lei de Normalización Lingüística,
que segue vixente no actual Decreto 79/2010, de 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino
non universitario de Galicia; desenvolvendo esta tarefa nun marco de respecto e tolerancia cara
a outras linguas e culturas, nun clima de traballo colaborativo e coordinado cos demais equipos
do centro, e asumindo o noso compromiso persoal como docentes.
1. ACTIVIDADES E ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE EMPREGADAS PARA QUE
O ALUMNADO ADQUIRA, DE FORMA ORAL E ESCRITA, O COÑECEMENTO
DAS DÚAS LINGUAS OFICIAIS. Propiciaremos todo tipo de actuacións que favorezan o uso e práctica das distintas linguas
dende o Equipo directivo, o departamento de orientación, o EDLG, así como as demais
coordinacións dos equipos docentes. Ademais das actividades realizadas nas liñas de
actuación definidas no punto 7 do noso documento marco, trataremos de levar a cabo as
seguintes actividades e estratexias para o fomento das dúas linguas oficiais:
Tendo en conta os materiais relacionados coas TIC, daremos ao profesorado información
sobre materiais didácticos, lingüísticos e pedagóxicos existentes.
Recompilación e creación de poemas de temática determinada.
Consulta e interpretación de cancioneiros de ambas linguas.
Faremos visitas culturais e educativas para participar en actividades organizadas dende o
Centro, o Concello ou outros organismos.
Realizar actividades relacionadas co xogo tradicional comparando con aspectos
socioculturais doutros lugares.
Fomento da tradición oral.
Recompilación de traballos realizados polo alumnado.
Recompilación de actividades de elaboración de receitas do mundo.
Realización de obras teatrais en todas as linguas.
22
2. CAMBIOS APROBADOS POLO CENTRO E AUTORIZADOS POLA
CONSELLERIA NO CASO DE MODIFICACIÓN NA IMPARTICIÓN DE
MATERIAS EN LINGUA ESTRANXEIRA.
Seccións bilingües. Cremos que este novo proxecto en 4º, 5º e 6º de Educación Primaria é
unha forma de mellorar na competencia lingüística dos alumnos/as e unha clara aposta pola
dimensión europea dos centros de ensino. Ao mesmo tempo promóvese o uso da lingua nun
contexto máis distendido, distinto do habitual estudo do inglés, o que fai que os nenos/as
descubran a utilidade do seu uso nun ámbito diferente. O claustro marcouse como obxectivo
seguir ampliando as seccións bilingües en plástica en inglés, cando os recursos persoais sexan
suficientes.
Así mesmo, pensamos que isto fomenta actitudes máis respectuosas cara as persoas de
diferentes países, xa que nos pon en contacto con outras visións culturais diferentes, así como
o uso de tecnoloxías de maneira eficaz e proveitosa a través dos distintos proxectos que serán
levados a cabo nesta materia.
Tamén hai que considerar de forma positiva unha modificación tanto na forma de traballar
dos alumnos/as como de todos os membros participantes neste proxecto, xa que se impón
unha dinámica máis cooperativa.
A ampliación das seccións bilingües en Primaria fai posible a mellora das diferentes destrezas
da Lingua Estranxeira e isto facilita a adquisición da lingua dun modo máis sinxelo.
Participación no proxecto europeo Erasmus+ka101.
3. INFORMACIÓN E VALORACIÓN DOS PROGRAMAS E ACTIVIDADES PARA O
FOMENTO E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA REALIZADOS NO CURSO
ANTERIOR
Consideramos que a gran maioría dos obxectivos propostos na programación foron
traballados e acadados, así pois queremos facer pé na importancia de ter en consideración os
seguintes de cara ao vindeiro curso por terse traballo menos ou nalgún caso apenas nada, así
pois, debemos ter en conta os seguintes, que se relacionan co contexto do centro e o
profesorado:
Seguir coa liña de traballo desenvolvida este ano, establecendo dende o comezo do curso o que se
vai facer, de maneira que no mes de setembro teñamos propostas claras para cada trimestre.
Coidar o tempo de reunión, intentando que haxa máis momentos de encontro entre os membros do
Equipo para favorecer a comunicación e o traballo cooperativo; así como unha relación máis fluída
a través do correo electrónico.
Mellorar a eficiencia na entrega de documentos gráficos (fotos) para incorporar aos documentos que
se requiren á hora de solicitar axudas da Administración.
Incluír as actividades propostas pola ANPA como parte da programación do Samaín (túnel do
terror, procesión da Santa Compaña) e valorar a posibilidade de que o ano que non se celebra o
Samaín pola mañá -posto que se alterna co Magosto- se manteña pola tarde por conta dos membros
da ANPA, é dicir, que se respecte dun xeito ou doutro esta celebración tan exitosa e participativa no
noso centro.
Contemplar a posibilidade de que dentro das seccións bilingües se inclúan como parte da
programación de Plástica algunhas actividades que xa teñen carácter estable no centro.
Incrementar a colaboración continuada co Concello e outras institucións empregando a lingua
galega como elemento vehicular.
Informar dos cambios lingüísticos que se produzan, para acadar un galego normativo e
normalizado a nivel de goberno e administración do centro.
23
Unha vez analizadas as actividades levadas a cabo ao longo do pasado ano académico, o
EDLG deixou constancia na súa memoria das seguintes suxestións de mellora de cara o
actual curso, coa intención de favorecer a mellora do funcionamento do equipo, e en xeral, do
proceder do centro:
Tendo en conta que o noso centro é moi numeroso e que os Equipos están formados por
varios mestres/as (en principio un por nivel), faise necesario a distribución de tarefas xerais
en canto os obxectivos propios de cada Equipo, e máis concretamente o EDLG. Así pois, é
necesario analizar e prever con maior claridade o conxunto de tarefas que se levarán a cabo
durante todo o curso co gallo de distribuír equitativamente as tarefas entre os mestres/as. De
todos os xeitos, non se poden descoidar as reunións, é dicir, a pesar de ter distribuídas as
tarefas faise necesario o traballo cooperativo e o debate de todas as decisións.
A idea de establecer a comezo de curso un proxecto xeral ou liña de traballo e actuación
común parécenos axeitada, desta maneira todos traballamos seguindo uns mesmos obxectivos
obtendo uns resultados comúns, amplos e significativos. De todos os xeitos, apóiase a idea de
non cinguirnos a un só proxecto senón por exemplo, a dous ou tres, dependendo das
características dos mesmos. A temática destes proxectos estaría ben decidila colexiadamente.
Sería moi adecuado marcar as liñas de actuación do vindeiro curso antes de rematar xuño,
para dese xeito poder buscar e pensar no verán novas actividades e, xa dende os primeiros
días de curso, en setembro, poder programar a maior parte do proxecto, evitando deste xeito a
improvisación.
4. INFORMACIÓN E VALORACIÓN SOBRE O PROGRAMA E ACTIVIDADES PARA
O FOMENTO E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA A DESENVOLVER NO
CURSO ACTUAL.
Antes de proceder á elaboración das actividades, terase en conta que estas deberán estar
directamente relacionadas con obxectivos concretos citados anteriormente e con destinatarios
axeitados, tratando de aplicalas a dous aspectos ben diferenciados: normalizar (en contextos
castelán- falantes) e dignificar (en contextos galego - falantes).
Por outra banda, terase en conta que o principal receptor das actividades programadas será o
conxunto do alumnado, e o que se pretende é unha participación dinámica e activa de todos
eles, tratando de potenciar un uso positivo da nosa lingua, fuxindo de estereotipos negativos
cara o emprego do galego.
Na planificación das actividades deberase ter en conta, que, aínda que se realiza unha
programación a comezos de curso, non se trata dunha listaxe pechada, senón que se poderán
ir engadindo novas propostas que poden ir xurdindo ao longo do curso.
Unha vez formulados os obxectivos que se pretenden acadar ao longo deste curso 2018/2019,
e partindo destes, serán expostas as actividades que se poden levar a cabo dende o Equipo de
Dinamización Lingüística do Galego:
Realización das enquisas sociolingüísticas no noso centro.
Levar a cabo recompilacións de regueifas, cantigas, contos e tradicións da zona.
Dar a coñecer a orixe, historia e tradicións propias da zona ou doutros lugares de Galicia para
algunhas celebracións:magosto, Día da Candeloria, Entroido, ... e a partir destas propor
reflexións e debates entre os alumnos.
Amosar personaxes típicos galegos, coma por exemplo, o Apalpador no tempo do Nadal.
Entrega de unidades didácticas fotocopiables axeitadas a cada etapa (Infantil e Primaria) e a
cada nivel (no caso de Educación Infantil) para conmemorar datas coma a do Magosto,
Samaín, Entroido, Día do Libro, Día das Letras Galegas, ...
24
Realización de exposicións e actos abertos a toda a comunidade educativa sobre a celebración
das festas tradicionais: Samaín, Magosto, Nadal, Entroido, Letras Galegas.
Achega de listaxes de páxinas web que poidan axudar aos titores/as ou especialistas a afondar
nalgunha destas celebracións.
Degustación de produtos típicos achegados polas familias do alumnado, por exemplo, no
caso do Samaín, do Outono e do Entroido, onde se realiza unha pequena exposición e
posteriormente proba de doces típicos traídos polas nais e pais do noso alumnado.
Campañas de animación á lectura coa realización de:
o Marcapáxinas, adhesivos, ...
o Trípticos con lecturas recomendadas para as vacacións de Nadal e para o verán.
o Exposición de carteis e materiais proporcionados pola Xunta de Galicia.
o Realización de contos, cómics, poemas, biografías de autores, ...
Ambientación do Centro e colocación de murais alusivos ás distintas celebracións.
Exposición dos traballos realizados polos alumnos/as: textos, debuxos, caricaturas...
Recompilación dalgúns traballos do alumnado, quedando á disposición de todos os que os
queiran revisar na biblioteca do centro.
Difusión e participación en diversas actividades organizadas e promovidas polo Concello de
Boiro, ou por outras asociacións, en relación ao emprego do galego ou á difusión da cultura
propia de Galicia.
Pedirlle a pais/nais, avós/avoas que participen activamente na realización de obradoiros ou
charlas para o alumnado.
Realización de saídas didácticas relacionadas co ámbito da lingua galega e das tradicións
populares.
Programación de visitas ao centro por parte de contacontos, escritores, ilustradores ou
artesáns.
Coordinación en colaboración do Departamento de Deportes do Concello e outros centros
escolares de xornadas deportivas, de xogos tradicionais ou todas aquelas que difundan a
cultura galega.
A continuación elaborarase unha exemplificación das actividades que o Equipo de
Dinamización Lingüística adoita realizar ao longo do curso:
O OUTONO o Dar a coñecer tradicións típicas desta época do ano.
o Exposición de froitos do Outono e a súa degustación.
o Traballar unidades didácticas adaptadas aos distintos niveis e etapas sobre esta
estación do ano.
O MAGOSTO. o Unidades didácticas.
o Enlaces web.
o Cantigas do magosto.
o Recompilación de regueifas antigas típicas da zona.
o Exposición de murais.
SAMAÍN o Dar a coñecer a historia desta tradición.
o Recompilación de receitas típicas destas datas.
o Decoración do centro.
o Actividades relacionadas para traballar co encerado dixital.
NADAL. o Dar a coñecer figura e a historia do Apalpador.
25
o Realización de postais con este personaxe.
DÍA DA PAZ. o Amosar o feito que orixina esta celebración.
o Promover reflexións e debates sobre o tema.
o Realización de carteis alusivos á paz redactados en galego.
DÍA DA CANDELORIA ou DÍA DO AMOR EN GALICIA (2 de febreiro): o Dar a coñecer a lenda que orixina esta celebración.
o Concurso de poesías.
DÍA DE ROSALÍA: o Dar a coñecer o por que deste día.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA (8 de marzo): o Investigar sobre a figura de mulleres galegas con relevancia na nosa historia,
escollidas entre diversos ámbitos.
o Realización de bandas deseñadas a partir das súas biografías.
o Elaboración de retratos.
o Creación de catálogos cos traballados seleccionados de entre todo o alumnado que
queden a disposición de quen os precise na biblioteca do centro.
DÍA DO LIBRO (23 de abril): o Escoller libro de autores galegos para traballar de forma colectiva nas aulas.
o Achega de fichas para o alumnado.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: Coa finalidade de conmemorar o 17 de maio, Día
das Letras Galegas, ao longo desta semana realizaranse actividades coma as seguintes:
o Dar a coñecer o/a autor/a homenaxeado/a (Antón Fraguas) e a súa obra.
o Realizar as unidades didácticas sobre o/a autor/a, axeitada para esas idades,
proporcionadas polo EDLG.
o Realizar actividades co Encerado Dixital.
o Expoñer traballos relativos á súa obra nas diversas estancias do colexio, contando coa
axuda da Internet para a procura de información sobre a vida do homenaxeado.
o Realización de debuxos e caricaturas do autor.
o Creación de marcapáxinas para empregar de forma individual no Plan Lector.
o Colocación dos carteis enviados pola Xunta.
DÍA MUNDIAL DO AMBIENTE (5 de xuño): o Estudo dalgunhas das árbores propias da nosa zona.
o Plantación de sementes en botes reciclados dentro das aulas. Posteriormente,
entregaranse as árbores ao persoal do Concello para que poida repoboar zonas onde
tiveron lugar incendios.
Proponse dar continuidade aoPINTADO DOS MUROS DO CENTRO escolar, onde se irán
poñendo diferentes palabras que vaian xurdindo ao longo de canda conmemoración ou
celebración.
O equipo de Dinamización Lingüística determinará os mecanismos e instrumentos necesarios
para a consecución de datos que lles permitan coñecer o grao de cumprimento dos obxectivos
inicialmente propostos, tales coma:
Realización de enquisas e estatísticas sobre o emprego da lingua galega.
Observación directa.
En función desta análise, estableceranse as oportunas modificacións e axustes.
Segundo o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo, a avaliación do Proxecto
Lingüístico do Centro debe ser aprobado e avaliado polo Consello Escolar (art. 14º).
26
Previamente, realizaremos unha valoración deste no seo do claustro, onde tamén se debaterán
as diferentes propostas. As conclusións que se obteñan expoñeranse no consello escolar,
quen, como xa indicamos, aprobará o Proxecto Lingüístico. Este proxecto remitiráselle cada
catro cursos escolares ao servizo de Inspección Educativa. Anualmente, elaborarase unha
addenda do proxecto lingüístico na cal conste:
Os resultados das actividades e estratexias de aprendizaxe utilizados para que o alumnado
adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das linguas oficiais.
Información e valoración dos programas e actividades para o fomento e dinamización da
lingua galega realizados polo centro educativo no curso anterior e información do que se vai
desenvolver no seguinte ano académico.
Sé é o caso de que haxa unha modificación na impartición de materias en lingua(s)
estranxeira(s), informarase sobre os cambios aprobados polo centro e autorizados pola
Consellería competente en materia de educación.
Así mesmo, no mes de xuño, na memoria anual, recollerase a avaliación dos seguintes ítems:
Consecución dos obxectivos propostos.
Análise das actuacións dinamizadoras levadas a cabo.
Valoración do grao de implicación dos membros da Comunidade Educativa.
Análise dos materiais e recursos empregados.
Progreso do alumnado na adquisición de competencias lingüísticas tendo en conta as
propostas realizadas.
Valoración da incidencia do proxecto na Comunidade Educativa.
Avaliación dos resultados das actividades levadas a cabo: consecución do obxectivo,
participación, interese...
LINGUA EN QUE SE IMPARTEN AS MATERIAS NO CENTRO
Con respecto á distribución lingüística curricular, no centro cúmprese o Decreto de plurilingüismo.
O profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, tendo en conta a lingua do
contorno procurando que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua
oficial de Galicia dentro dos límites de cada nivel.
Na etapa de Educación Infantil, nos últimos anos, atopámonos cunha situación con lixeiro
predominio do galego sobre o castelán. Tendo en conta que o obxectivo que se persegue é que o alumnado
manteña a súa lingua nai (neste caso o galego) e que vaia acadando progresivamente unha boa competencia
na lingua castelán, consideramos que o camiño a seguir será a utilización do galego de xeito habitual polos
docentes, xa que nos niveis educativos posteriores, neste Centro, o alumnado castelán falante é maioritario.
Así mesmo haberá que comprobar periodicamente o grao de dominio do castelán por parte do alumnado
para que acaden a competencia a un nivel axeitado.
Dado que a oralidade é a característica xeral desta etapa tratarase de que o alumnado que ten como
lingua o galego consolide esta e amplíe os seus usos ás diferentes situacións que xurdan na vida escolar.
Polo tanto, mentres non cambie a situación, a preparación para a lecto-escritura realizarase en
galego, o método e o material a utilizar queda a criterio do equipo de profesorado de infantil.
Na etapa de Educación Primaria as materias de linguas impártense no idioma de referencia,
matemáticas en castelán e ciencias naturais e sociais en galego.
O uso da lingua no resto das actividades repártese do seguinte xeito:
Música.- galego
Relixión.- galego
Plástica.- castelán/inglés
Educación Física.- castelán
27
Materias 1º 2º 3º 4º 5º 6º
Idioma C G C G C G C G C G C G
LING. GALEGA 4 4 4 4 4 3
LING. CASTELÁ
4 4 4 4 4 3
LINGUA INGLESA
MATEMÁTICAS 5 5 4 4 5 5
CCSS 3 2 3 2 2 3
CCNN 2 2 2 2 2 2
PLÁSTICA 1 1 1
MÚSICA 1 1 1 1 1 1
REL./ VALORES
1 2 1 1 1 1
EDUC. FÍSICA 2 2 2 2 2 2
LIB. CONFIG. 1 1
TOTAL 12/11 12/10 11/11 11/10 11/10 10/11
Segundo o Artigo 3.2 do decreto 79/2010 de 20 de maio, as programacións e outros documentos didácticos das materias de lingua
redactaranse, con carácter xeral, na lingua respectiva. En canto ao resto de materias elaboraranse as programacións, con carácter xeral, en
Lingua Galega.
8.8.- EQUIPOS DE NIVEL
Reuniranse unha vez ao mes, cando o coordinador ou a xefatura de estudos o convoque.
EQUIPOS DE NIVEL 19/20
Infantil Compoñentes Nivel Din.
IsabelBlanco Hermo 4a EDL
SandraMosquera Sixto 4b Biblio
Cristina Bermejo Varela 5a TIC
Verónica Mosquera Gómez 5b Biblio
Mª CarmenLojoDieste 6a Extr.
Lorena Pais Abeijón 6b EDL
Eva María Castro Camiña(Coord.) Apoio Extr.
María Otero Pérez Apoio TIC
Ana LojoDieste Inglés Extr.
4º
Compoñentes Grupo Din.
Elena López Santana A TIC
Beatriz de la Torre Díaz B Biblio
Antonio Miragaya Veras C EDL
Ana Ramos Villanustre(Coord.) Inglés Extr.
María Basavilbaso González Orient. Biblio
1º
Compoñentes Grupo Din.
PiliEstévez Sixto(Coord.) A Biblio
Bea Durán Suárez B Extr.
Lucía Ares Rodríguez Inglés EDL
Pablo Pena Lozano Reli TIC
Sesa Novo Boo E.F. Biblio
5º
Compoñentes Grupo Din.
JoséCardesaArtieda A TIC
David Pérez García(Coord.) B Biblio
Sergio Somoza Viturro C Extr.
Uxía Blanco Aragón PT EDL
Juan Carlos Puga Fandiño EF Extr.
28
9.- QUENDAS DE VIXILANCIA
Recreos, todos os días da semana están organizados da mesma maneira que este:
Os responsables das gardas cada día:
2º
Compoñentes Grupo Din.
Mª Bolivia Insua Fernández A EDL
MªJoséLourésIllán(coord.) B Bibl.
Agustina Caramés Hermo C EDL
Carmela Cerecedo Sánchez Música TIC
Lara Miguéns Sanlés AL Extr.
6º
Compoñentes Grupo Din.
Daniel Vázquez Dieste A TIC
María P. Ons Miranda(Coord.) B Extr.
Susana Albarrán Gómez C Bibli.
Paula Fernández Martínez PT TIC
Gustavo Romero García Mus. EDL
3º
Compoñentes Grupo Din.
Paulina González Domínguez A Extr.
Pilar López Roda B Biblio
Mar Rodríguez Ramos(Coord.) C EDL
Ana Rodríguez Ruibal Reli TIC
RocíoLenceCordero AL EDL
30
ACLARACIÓNS SOBRE AS GARDAS DE RECREO
Zonas e funcións:
Zonas e funcións: PORTA PATIO E PASILLOS DENTRO
o Control de acceso ao centro. Os nenos non poden estar entrando e saíndo.
o Axudar e atender aos posibles accidentados (banco vermello)
o Non pode haber nenos, sen mestre, nas aulas.
PATIO CUBERTO
o Coidar que non se xogue con balóns.
o Atentos aos baños deste patio. Que non xoguen neles aos nenos.
o Olladas ao corredor de infantil, non poden pasar ao aparcamento, e controlar que o portal
sur estea pechado.
CAMPO FÚTBOL + CARBALLEIRA
o Controlar que xogue o curso que lle toca.
o Levar a chave do horto por se lles vai o balón alí.
o Especial atención aos conflitos do campo de fútbol e aos xogos dos pequenos na carballeira
(pedradas, furados na valla que delimita ca casa veciña, paus…).
CAMPO BALONCESTO
o Especial atención á varanda da rampla de acceso ao pavillón.
o Controlar entrada ao pavillón.
ZONA SUR PORTA BUS
o Zona cega para o resto dos Mestres, prestar especial atención a esta garda.
o Especial atención ao portalón e porta de saída/entrada do alumnado transportado.
PATIO INFANTIL
o Facer respectar os recunchos de xogo, non deixando que os xoguetes saian da zona que lle
corresponde.
o No patio exterior, especial atención a que o alumnado non lance obxectos fóra do recinto.
BIBLIOTECA
o Non se pode comer.
o Hai que ordenar a biblioteca antes de saír.
o Non pode haber nela alumnado con "castigo".
ZONA NORTE
o Coidar que non pasen á zona do aparcamento, nin que se suban ás xardineiras ou varandas.
o Controlar que o portal norte estea pechado.
o Especial atención á carballeira.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
Importante non dilatarse no tempo de acudir ás gardas. Se temos que ausentarnos un momento, que sexa
despois de estar no posto, avisando a un compañeiro que se atope cerca.
Calquera incidencia coas quendas, facelo chegar á xefatura.
As posibles incidencias destacables co alumnado durante o recreo, informar aos respectivos titores.
Os Mestres de garda deben coidar a subida ás aulas, tanto na primeira sesión coma á entrada do
recreo, mantendo ás dúas filas polas escaleiras para minimizar perigo de empurróns e caídas.
Importante que os accesos ó Centro estean pechados. Especial atención ao alumnado de nee.
31
Importante que os accesos ao Centro estean pechados. Especial atención ao alumnado denee.
Zonas con balón só no campo de fútbol, baloncesto, voleibol e entre pavillón e ximnasio.
Coidar que non se colguen das varandas.
Responsables da supervisión das actividades extraescolares(gardas de tarde) que se realizan no Centro de
16:00 a 18:00h.
LUNS MÉRCORES XOVES VENRES
Ana Rguez
María Ons
Uxía Blanco
Ana Ramos
Agustina Caramés
PiliEstévez
David Pérez
Lara Miguéns
IsabelBlanco
Paula Fernández
Pilar López
Mª JoséLourés
Bea de la Torre
María Basavilbaso
Ana Lojo
MariLojo
Eva Castro
Sesa Novo
Susana
SandraMosquera
Gustavo Romero
Lucía Ares
Antonio Miragaya
Sergio Somoza
VeroMosquera
Cristina Bermejo
Carmela
Cerecedo
María Otero
Lorena Pais
Bolivia Insua
Dani Vázquez
JoséCardesa
Mar Rodríguez
Paulina González
Bea Durán
Pablo Pena
Juan Carlos
Rocío
Elena
Cadro de gardas para atender ao alumnado de transporte escolar.
O 1 indica garda de entrada de o 2 de saída:
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
Eva 1 1 1 1
Mar 1/2 1/2
Paula 2 2 2 2
José C. 1/2 1/2
Dani 2 2
Gus 1 1
10.- FORMACIÓN DO PROFESORADO
A formación do profesorado constitúese como un dos elementos de calidade do sistema educativo e xa que
logo debe ser unha acción prioritaria do profesorado no seu conxunto e do equipo directivo que a
impulsará, coordinará e apoiará de xeito preferente.
Ademais de facer chegar a todos os membros do claustro a información sobre todas as actividades
formativas das que teñamos coñecemento, este ano continuaremos coPFPPno centro, con dúas liñas de
32
traballo“Convivencia escolar e clima da aula e relación coas familias” e “Integración didáctica das TIC.
Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital”. Consta de dous apartados:
Seminario (20h): Introdución ao EVA Edixgal.
o Curso (2h):Edixgal no centro e na casa (só para nais/pais)
Seminario (20h): Inclusión do alumnado NEAE no ámbito escolar.
Ademais, o profesorado asiste, de xeito individual, a diferentes actividades de formación organizadas
pordiversos organismos como é o Centro Autonómico de Formación do Profesorado (CAFI)
11.- LIBROS DE TEXTO
Por razóns coherentes e pedagóxicas, desde o Centro non se solicitou o cambio de libros de texto na última
convocatoria realizada cada seis anos pola Consellería, para o 3º nivel de primaria.
Continuamos cunha negativa que nos obriga a traballar con textos inadecuados. Continuaremos solicitando
a autorización ao cambio.
- O 5º e 6º curso de primaria anexouse ao proxecto eDixgal.
33
12.- PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Ao longo do curso o equipo de dinamización da biblioteca escolar, mércores de 16:00h a 18:00h,
organiza actividades para o alumnado ou alumnado/familias do Centro.
Desde o departamento de cultura do Concello convídannos a concertos, obras de teatro…
O departamento de deportes realiza os recreos dos luns, un taller de voleibol no pavillón do Centro.
Este curso será a cargo de adestradores do Boiro Voleibol (C.V. Cabo de Cruz).
Departamento de música organiza a Baia Rock Band(martes) e o ED da Biblioteca o xadrez (xoves)
e ambos en conxunto a BaiaRadio (mércores), que se propón desde o Consello dos Nenos. Tamén
desde a biblioteca se organiza aos biblioaxudantes e bibliopatio. Extraescolares ocúpase do
comando verde.
O club de baloncesto que leva o nome do colexio, realiza todas as tardes adestramentos no pavillón,
nos que se pode inscribir calquera membro da comunidade educativa.
A Cruz Vermella local, realiza un programa para traballar valores positivos para á sociedade
chamado LUDIEDUCA, que se desenvolve de outubro a xuño cunha sesión mensual nos grupos de
terceiro nivel.
Desde o obradoiro de emprego de hostalaría de Boiro, organizan a actividade “Almorzo Saudable”
que diriximos ao alumnado de infantil e 1º nivel de primaria. Unha sesión por grupo, de 10:45 a
11:30h.(pendente de confirmar)
Na mesma liña do punto anterior, realizaremos o programa "Froita fresca" en dúas quendas de 10
días lectivos consecutivos. A primeira comeza o 11 de novembro e a segunda o 25 de maio.
O departamento de deportes, en colaboración cos mestres de EF do Centro, realizan distintas
actividades/competicións deportivas intercentros ao longo do curso.Os rapaces a rapazas do colexio
participan en distintas actividades deportivas que organiza o concello de Boiro (duatlón,
carreiras…) así como nas organizadas polo Deporte en Idade Escolar “XOGADE”. Estas
actividades son de carácter voluntario, polo que participan os nenos e nenas que están interesados.
Irán acompañados polos mestres de Educación Física e polos mestres de apoio que sexan
necesarios.
Boiro coEduca. Programa organizado e subvencionado polo Concello de Boiro. Tres sesións para
un grupo de 4-6ºde primaria e para todos os mestres do centro. Debe realizarse antes do 15 de
novembro.
Espazo Familias. En coordinación con todos os centros educativos boirense realizaranse sesións en
horario non lectivo para adultos (sustentado polas ENAPAS do CAFI) e en horario lectivo para
alumnado de 5º e 6º de primaria (5 sesións no 2º e 5 no 3º trimestre, a través das subvencións dos
contratos-programa). Todo con apoio do Concello de Boiro a nivel infraestructuras (está pendente a
partida económica que pode asignarlle)
As distintas conmemoracións e actividades a nivel centro deste curso:
1º TRIMESTRE:
Samaín
A festa do samaíncelebrarase o 30 de outubro. Este curso, a súa organización correrá a cargo da
ANPA. O profesorado colaborará de xeito voluntario na organización da exposición de cabazas e da
degustación de produtos típicos.
Obxectivos:
Celebrar unhaxornada de convivencia da comunidade escolar
Estimular a creatividade e sociabilidade
Potenciar o coñecemento do patrimonio cultural, costumes e tradicións
Actividades propostas:
34
Exposición de cabazas e acendido de candeasaosolpor.
Exposición e degustación de produtos típicos.
Día da Biblioteca:24 de outubro de 2019.
- Reflexionar sobre os beneficios que aporta a biblioteca.
- Aprender a importancia dunha correcta orde e clasificación dos diferentes libros da biblioteca.
- Adquirir nocións sobre as normas e regras da biblioteca para potenciar o seu bo uso.
- Fomentar o interese pola lectura.
- Aprender o funcionamento da biblioteca municipal.
- Actividades que se propoñen: visita á biblioteca municipal, sesión de formación de usuarios,
entrevista a un bibliotecario...
Magosto A data de celebración prevista é o 8 de novembro, no lugar de San Ramón de Bealo. De seren as
condiciónsmeteorolóxicas adversas, a actividadetería lugar no recinto escolar, en data a precisar.
Participa todo o alumnado e profesorado, e as coidadoras como persoal non docente.
Obxectivos:
Celebrar unhaxornada de convivencia da comunidade escolar.
Por en práctica actitudes de respecto polo medio ambiente, como a recollida e selección de
desperdicios.
Contactar por medio destaactividadeao aire libre coa natureza, mellorando o respecto polamesma e
o coñecemento do entorno.
Estimular a creatividade e sociabilidade por medio da participación en distintos xogos populares.
Potenciar o coñecemento do patrimonio cultural, costumes e tradicións.
Actividades propostas:
Xornada de convivencia ao aire libre
Realización de xogos populares
A importancia da castaña galega en Xapón, actividadeproposta desde a dinamización de biblioteca
en relación cotraballo común de centro para o presente curso sobre tal país.
Degustación de castañas asadas.
Nadal: mes de decembro.
Obxectivos:
- Acercarse ás tradicións xaponesas desta época do ano.
- Implicar ás familias na recollida de elementos da natureza.
- Respectar outras culturas
Actividades:
- Elaboración de mensaxes que desexen boa sorte no Aninovo.
- Preparación de centros feitos con bambú, pino,…(chamados kadomatsu) cos materiais recollidos
polas familias.
2º TRIMESTRE:
Entroido A data queda pendente de decidir polo claustro
A temática será " Xapón e os Xogos Olímpicos"
Obxectivos:
- Recuperar costumes e tradicións ancestrais.
- Facer estudos das tradicións e costumes nas diferentes zonas.
- Realizar traballos artísticos e lograr a participación do grupo.
- Fomentar a imaxinación creadora e respectar as ideas dos demais.
- Fomentar o sentido crítico.
Actividades propostas :
35
- Realización de disfraces e caretas fomentando a cooperación das familias.
- Elaboración e degustación de sobremesas propios desta época do ano.
- Pasarrúas compartido co CEIP Praia Xardín, tamén poderá participar unha comparsa da Anpa.
Día da Paz: 30 de xaneiro
Obxectivos:
- Dar a coñecer a historia de SadakoSasaki.
- Concienciar aos nenos e nenas da importancia de resolver conflictos de maneira pacífica.
Actividades:
- Visionado da curta “ Sadako e as mil grúas de papel”.
- Organización dun obradoiro para elaborar as grúas de origami.
- Decoración do centro cas grúas da Paz.
3º TRIMESTRE:
Día do Autismo (2 de abril)
- Celebrarase no centro una actividade para conmemorar o día mundial da concienciación do autismo.
Será una xornada dirixida tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias, tendo como
obxectivo principal a inclusión a través do acercamento e concienciación de toda a comunidade
educativa.
Día do Libro (23 de abril)
- Celebrar e conmemorar o día do libro.
- Fomentar a lectura como entretemento.
- Contrubruír a crear oportunidades lectoras.
- Actividades: apadriñamento lector, agasallo marcapáxinas (elaboración propia), o meu libro preferido
da miña infancia.
Romaría das Letras Galegas Obxectivos:
Promover o respecto e coñecemento da cultura e lingua propias de Galicia.
Estimular o emprego da lingua galega.
Coñecer o labor do autor homenaxeado en 2020: Ricardo CarvalhoCalero, a súa importancia e o seu
significado.
Respectar a diversidade social e cultural.
Potenciar o coñecemento do patrimonio cultural, costumes e tradicións.
Celebrar unhaxornada de convivencia da comunidade escolar.
Actividades propostas:
Elaboración de traballos e unidades didácticas sobre a figura á que se lle dedica o Día das Letras
Galegas, Ricardo CarvalhoCalero.
Paneis informativos.
Elaboración dun mural sobre a vida e obra do autor/a en cuestión.
Realización dunharomaría con temática a detallar.
NOTA :
Proponse traballar estas celebracións conxuntas todo o centro. No presente curso, delimitouse a
organización de cada actividade a nivel centro a unha dinamización en concreto para unha mellor
organización e coordinación.
O resto de conmemoracións de obrigado cumprimento ( Día Internacional contra a Violencia de Xénero -
Día da Constitución - Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos- Día da Paz - Día Internacional
da Muller Traballadora - Día Mundial dos Dereitos do Consumidor - Semana da Prensa - Día Mundial da
Saúde - Día de Europa - Día mundial do medio ambiente - Día da Discapacidade - Día Universal da
Infancia - Día Internacional contra o acoso escolar) serán postas en marcha a nivel aula.
36
INTERNIVEIS
Actividade: Xornada multideporte
Organizadores:
XOGADE e mestres EF do Centro Mestres participantes: Mestres de EF e titores de apoio
Data prevista celebración:
Entre novembro e maio. Horario:
10:00 a 13:30h
Alumnado participante: Grupos de 3º a 6º nivel
Lugar de realización: Pavillóns do Centro Participantes
Descrición da actividade:
Xornada multideporte con diferentes centros educativos da comarca..
Actividade: Campo a través comarcal
Organizadores:
Secretaría Xeral para o Deporte Mestres participantes: Mestres de EF e titores de apoio
Data prevista celebración:
29 de novembro
Horario:
10:00 a 13:30h
Alumnado participante: Voluntarios de 2º a 6º nivel
Lugar de realización: Estadio deportivo "A Fieiteira",
Ribeira.
Descrición da actividade:
Xornada comarcal de campo a través onde participan Centros de toda a comarca.
Actividade: Campo a través intercomarcal
Organizadores:
Secretaría Xeral para o Deporte Mestres participantes: Mestres de EF e titores de apoio
Data prevista celebración:
17 de xaneiro de 2020 Horario:
10:00 a 13:30h
Alumnado participante: Clasificados voluntarios de 2º a 6º nivel
Lugar de realización:Noia
Descrición da actividade:
Xornada de campo a través onde participan Centros das comarcas zona sur-oeste.
Actividade: Campo a través provincial
Organizadores:
Secretaría Xeral para o Deporte Mestres participantes: Mestres de EF e titores de apoio
Data prevista celebración:
01de febreiro de 2020 Horario:
10:00 a 13:30h
Alumnado participante: Clasificados voluntarios de 2º a 6º
nivel
Lugar de realización:Pobra
Descrición da actividade:
Xornada de campo a través onde participan Centros de toda ACoruña.
37
EDUCACIÓN INFANTIL
Actividade: Campo a través galego
Organizadores:
Secretaría Xeral para o Deporte Mestres participantes: Mestres de EF e titores de apoio
Data prevista celebración:
6 de marzo de 2020
Horario:
10:00 a 13:30h
Alumnado participante: Clasificados voluntarios de 2º a 6º
nivel
Lugar de realización:Carballo
Descrición da actividade:
Xornada de campo a través onde participan Centros de todaGalicia.
Actividade: Concerto de Nadal
Organizador :
Banda de música de Boiro e
Carmela
Mestres participantes :
Carmela (mestra de música)
Data prevista celebración:
22 decembro do 2019
Horario: 21:00h
Alumnado participante:
Voluntarios de 3ºde educación
primaria
Lugar de realización:
Boiro
Descrición da actividade:
Realizarase un concerto conxuntamente ca BMB de Boiro e o CEIP Santa María do Castro de
Cabo de Cruz, fomentando así a participación activa e conxunta espertando un espírito de
colaboración, goce e entusiasmo .
Actividade: Títeres Tanxarina “A Galiña Azul
Organizadores:
Equipo de infantil
Mestres participantes:
MaryLojo, Lorena, Rocío, María B. e Loli (coidadora).
Data prevista celebración:
10-10-19
Horario:
11:30
Alumnado participante:
6º Educación infantil
Lugar de realización:
A Cachada - Boiro
Descrición da actividade:
É un espectáculo que misturatíteres e actores baseado no conto de Carlos Casares.
38
PRIMEIRO NIVEL DE PRIMARIA
Actividade: Teatro Galicreques “Brancaneves e os 7 enaniños
Organizadores:
Equipo de infantil
Mestres participantes:
Cristina, Vero, MaryLojo, Lorena, María O., Eva e Loli
(coidadora).
Data prevista celebración:
14-10-19
Horario:
11:30
Alumnado participante:
5º, 6º Educación infantil
Lugar de realización:
Teatro de Principal – Santiago de Compostela
Descrición da actividade:
É un espectáculo de teatro, contos e títeres para os máis pequenos.
Actividade: Baobad Teatro “Baila Roque Baila
Organizadores:
Equipo de infantil
Mestres participantes:
Cristina, Vero, María Otero, Eva.
Data prevista celebración:
22-10-19
Horario:
11:30
Alumnado participante:
5º Educación infantil
Lugar de realización:
A Cachada - Boiro
Descrición da actividade:
É un espectáculo de teatro, contos e títeres para os máis pequenos.
Actividade: Granxa- EscolaSerantellos
Organizadores:
Equipo de infantil
Mestres participantes:
Isa, Sandra, Cristina, Vero, Mary L., Lorena, María Otero (apoio),
Eva (apoio) e Loli (coidadora).
Data prevista celebración:
5-5-2020; 19-5-2020
Horario:
10:30 -17:30
Alumnado participante:
4º, 5º, 6º Educación infantil
Lugar de realización:
Cambados
Descrición da actividade:
Consiste nun día de convivencia que lles permite adquirir actitudes de respecto á natureza e ao mundo rural.
Actividade: SAÍDA SANTIAGO COMPOSTELA.
Organizadores: Mestras de nivel.
Mestres participantes:Titoras e 2 mestr@s de apoio.
Data prevista celebración:
28 de novembro. Horario:
8:45 a 13:45
Alumnado participante: Alumnado de 1º nivel
Lugar de realización: Santiago de Compostela
Descrición da actividade:
Asistencia ao Teatro organizado pola Fundación Abanca para ver a obra “A nena e o grilo”.
Visita ao Museo de Historia Natural.
39
SEGUNDO NIVEL DE PRIMARIA
Actividade: SAÍDA SANTIAGO COMPOSTELA.
Organizadores: Mestras de nivel.
Mestres participantes:Titoras e 1 mestr@ de apoio.
Data prevista celebración:
16 de xuño. Horario:
8:45 a 19:00
Alumnado participante: Alumnado de 1º nivel
Lugar de realización: Fornelos de Montes
Descrición da actividade:
Visita á granxa escola Kirico.
Actividade: VISITA A MUSEOS E INSTITUCIÓNS CULTURAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE
GALICIA
Organizadores:
MESTRAS TITORAS
Mestres participantes:
MESTRAS TITORAS E ALGÚN MESTRE OU MESTRA DE
APOIO
Data prevista celebración:
PENDENTE DE OFERTAS
CULTURAIS
Horario:
ENTRE AS 9:00 E AS 13:45 (APROXIMADAMENTE)
Alumnado participante:
ALUMNADO DO 2º NIVEL
Lugar de realización:
PENDENTE
Descrición da actividade:
REALIZARASE ALGUNHA VISITA A MUSEOS OU OUTRAS INSTITUCIÓNS CULTURAIS DA
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, SE HOUBER UNHA OFERTA DE ACTIVIDADES QUE
ESTIVESEN RELACIONADAS COS CONTIDOS QUE NUN MOMENTO DETERMINADO SE
ESTIVESEN A TRABALLAR NA AULA E SEMPRE E CANDO FOSEN APROPIADAS PARA O
ALUMNADO DO SEGUNDO NIVEL.
Actividade: VISITAS Á CONTORNA E A ESPAZOS NATURAIS DA ZONA DE A CORUÑA
Organizadores:
MESTRAS TITORAS
Mestres participantes:
MESTRAS TITORAS E ALGÚN MESTRE OU MESTRA DE
APOIO
Data prevista celebración:
PENDENTE
Horario:
ENTRE AS 9:00 E AS 13:45
Alumnado participante:
ALUMNADO DO 2º NIVEL
Lugar de realización:
PENDENTE
Descrición da actividade:
REALIZARASE ALGUNHA VISITA Á CONTORNA CO FIN DE VIVENCIAR OU AFONDAR
NALGÚN TEMA TRABALLADO NAS ÁREAS DE CIENCIAS SOCIAIS E NATURAIS.
40
TERCEIRO NIVEL DE PRIMARIA
Actividade: VISITA A UN PARQUE MULTIAVENTURA OU A UNHA DAS ILLAS ATLÁNTICAS
Organizadores:
MESTRAS TITORAS
Mestres participantes:
MESTRAS TITORAS E ALGÚN MESTRE OU MESTRA DE
APOIO
Data prevista celebración:
FIN DE CURSO,
PROBABLEMENTE XUÑO
Horario:
ENTRE AS 9:00 E AS 18:00 HORAS APROXIMADAMENTE
Alumnado participante:
ALUMNADO DO 2º NIVEL
Lugar de realización:
Por determinar
Descrición da actividade:
REALIZARASE UNHA VISITA A UN PARQUE MULTIAVENTURA OU A UNHA DAS ILLAS
ATLÁNTICAS. NON SE PODE CONCRETAR A PRINCIPIO DE CURSO POSTO QUE AS
EMPRESAS QUE XESTIONAN ESTAS DÚAS SAÍDAS NON TEÑEN DESEÑADOS OS
PROGRAMAS PARA O ANO 2020. UNHA VEZ QUE PUBLIQUEN OS SEUS PROGRAMAS, AS
TITORAS DO SEGUNDO NIVEL ESCOLLERÁN A SAÍDA MÁIS AXEITADA PARA O
ALUMNADO.
Actividade: ASISTENCIA A OBRAS DE TEATRO E CONCERTOS
Organizadores:
MESTRAS TITORAS
E MESTRA DE MÚSICA
Mestres participantes:
MESTRAS TITORAS E ALGÚN MESTRE OU MESTRA DE
APOIO
SE HAI DISPOÑIBILIDADE HORARIA TAMÉN A MESTRA
DE MÚSICA
Data prevista celebración:
PENDENTE
Horario:
ENTRE AS 9:00 E AS 13:45
Alumnado participante:
ALUMNADO DO 2º NIVEL
Lugar de realización:
PENDENTE
Descrición da actividade:
ASISTIRASE A ALGUNHA DAS OBRAS DE TEATRO E A ALGÚN CONCERTO QUE OFERTE O
CONCELLO DE BOIRO (OU OUTRO CONCELLO PRÓXIMO), SEMPRE QUE SEXA APROPIADO
PARA A IDADE DO ALUMNADO DE 2º.
Actividade:Teatro de inglés
Mestres participantes:
Especialista de inglés, titoras de 3º
nivel e algún máis como apoio.
Mestres participantes:
Especialista de inglés, titoras de 3º nivel e algún máis como apoio.
Data prevista celebración:
1º ou 2º trimestre. Horario:
Toda a xornada lectiva.
Alumnado participante:
3º Nivel Primaria
Lugar de realización: Por determinar.
Descrición da actividade: Asistencia a unha obra de teatro en inglés e segundo a localidade na que se
realice, aproveitaremos o resto da mañá con algunha actividade complementaria.
41
CUARTO NIVEL DE PRIMARIA
ACTIVIDADE: saída aos museos da Coruña
ORGANIZADORES:titores de cuarto MESTRES
PARTICIPANTES:titores+orientadora
DATA PREVISTA: 28 de xaneiro HORARIO: 9.00H / 19:00H
ALUMNADO PARTICIPANTE: 54
alumnos/as de cuarto.
LUGAR DE REALIZACIÓN: A Coruña
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: visita guíadaá Casa das Ciencias e o Domus.
Proxección no planetario.
ACTIVIDADE: saída fin de curso.
ORGANIZADORES:titores de cuarto MESTRES PARTICIPANTES:titores +
profesores a concretar
DATA PREVISTA: fin de curso ( mes de
xuño)
HORARIO: 9.00H / 19:00H
ALUMNADO PARTICIPANTE: 54
alumnos/as de cuarto.
LUGAR DE REALIZACIÓN: por concretar
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: por concretar.
Actividade:Saídapola contorna
Organizadores:
Titoras do nivel. Mestres participantes:
Titoras de 3º nivel e algún máis como apoio.
Data prevista celebración:
2º Trimestre. Horario:
Toda a xornada lectiva.
Alumnado participante: 3º Nivel Primaria
Lugar de realización: O noso concello.
Descrición da actividade:
Aproveitaremos para coñecer algúns dos lugares naturais ou patrimoniais máis destacados do noso concello.
Actividade:Saída a Allariz
Organizadores:
Titoras do nivel. Mestres participantes:
Titoras de 3º nivel e algún máis como apoio.
Data prevista celebración:
3º Trimestre Horario:
De 8:30 a 19:00h.
Alumnado participante: 3º Nivel Primaria
Lugar de realización: Concello de Allariz.
Descrición da actividade:
Complementará o coñecemento da nosa comunidade incluíndo actividades relacionadas coa natureza, co
patrimonio e coa historia.
42
QUINTO NIVEL DE PRIMARIA
SEXTO NIVEL DE PRIMARIA
Actividade: Teatro en inglés
Organizadores: Departamento de
inglés.
Mestres/as participantes:o profesorado do nivel, mestres/as
de inglés, mestre/a de PT e a coidadora.
Data prevista celebración: mes
de xaneiro de 2020
Horario: dende as 8:45 ata as 13:45 aproximadamente.
Alumnado participante:todo o
alumnado de 5º nivel .
Lugar de realización:na cidade de Santiago de Compostela.
Descrición da actividade: sairemos en autobús do colexio ata Santiago e viceversa.
Actividade: Visita a Illa de Arousa
Organizadores: o profesorado de
nivel.
Mestres/as participantes:o profesorado do nivel, mestre/a
de PT e a coidadora.
Data prevista celebración: no 3º
trimestre (a finais de maioa ou
comezos de xuño. Dependendo do
dia asignado pola empresa que
realiza a actividade).
Horario: dende as 8:45 ata as 19:00 horas
aproximadamente.
Alumnado participante:todo o
alumnado de 5º nivel.
Lugar de realización:nunha das Illas do Parque Atlántico
(Illa de Arousa).
Descrición da actividade: sairemos en autobús do colexio ata a Illa de Arousa, onde realizaremos
actividades acuáticas con piraguas, un taller de anualidades e unha búsqueda do tesouro.
Actividade: Roteiro pola contorna
Organizadores:
Titores
Mestres participantes:
Titores de 6º, apoios e coidadora
Data prevista celebración:
1º trimestre
Horario:
Lectivo
Alumnado participante: 6º Lugar de realización: Ribeira do río Coroño
Descrición da actividade:
Enmarcada no proxecto "H2O, Fonte de vida". Acuíferos e fervenzas da contorna.
Actividade: A Ribeira Sacra
Organizadores: Titores
Mestres participantes:
Titores de 6º, apoios e coidadora.
Data prevista celebración:
2º trimestre
Horario:
Toda a xornada
Alumnado participante: 6º Lugar de realización: Canóns do Sil
Descrición da actividade: Acuíferos creados polo home e modificación da paisaxe. A súa importancia.
43
AMBIENTACIÓN DO CENTRO
Esta será levada a cabo polas distintas dinamizacións existentes, colaborando entre elas de forma
cooperativa e participativa, coordinada polo ED de actividades extraescolares e complementarias.
CONFERENCIAS E CHARLAS
Este tipo de actividades levarase a cabo cando xurda a ocasión. Participará o alumnado ao que van dirixidas
e os titores e mestres necesarios.
CONCLUSIÓN
Neste curso intentarase levar a cabo tódalas actividades programadas coa colaboración dos distintos
equipos de dinamización.
ANPA TORRE DE GOIÁNS
A Anpa, ademais de conmemoracións e saídas escolares co alumnado en xornadas non lectivas, organiza
as actividades extraescolares para o alumnado do Centro:
As datas seleccionados pola ANPA para a realización das seguintes actividades son:
- SAMAIN, mércores 30 de Octubre, de 16:30 a 19:30
- VISITA PAXES REAIS: na semana do 16 ao 20 de Decembro de 2019.
- ENTROIDO: 21 de Febreiro de 16:30 a 19:30
- FIN DE CURSO: 19 de xuño, de 16:30 a 19:30 de 2020
- ACAMPADA 3º, 4º e 5º, del 19 ao 21 de xuño de 2020
- EXCURSIÓN 6º: 13 ao 16 de Xuño de 2020. Como coincide en xornadas lectivas, as datas desta
excursión quedan supeditadas á participación dalgún mestre/a do Centro.
- FOTOGRAFÍA RECORDO ESCOLAR; realizarase durante o mes de Decembro, en datas por
concretar, nos cursos de 4º e 6º de infantil e 2º, 4º e 6º de primaria.
Ao longo do curso, levaranse a cabo distintas actividades (cursos de cociña, elaboración de xabóns….),
pero a día de hoxe non temos as datas confirmadas.
Actividade: Illa de Arousa
Organizadores:
Titores de 6º
Mestres participantes:
Titores de 6º, apoios e coidadora
Data prevista celebración:
3º trimestre
Horario:
Toda a xornada
Alumnado participante: 6º Lugar de realización: Illa de Arousa
Descrición da actividade:
O océano Atlántico. Vida, importancia e ocio.
44
Actividades extraescolaresorganizadas pola Anpapara o presente curso académico:
13.- PLAN DE AUTOPROTECCIÓN DE CENTRO
O Concello de Boiro debe facerse cargo dun Plan de Evacuación específico dado que o edificio é de
responsabilidade Municipal, volveremos a realizar a solicitude.
O plan do que dispón o Centro pretende preparar á Comunidade Escolar para desaloxar o edificio ante
situacións que eventualmente poden producirse pero que non se poden prever.
Contamos cunha sinalización horizontal no patio do centro no punto de encontro para organizar mellor o
reconto e planos de evacuación en todos os espazos do centro.
Realízase a revisión de extintores segundo a normativa vixente.
Habituarse aos simulacros de evacuación do centro é a creación duns hábitos de comportamento na
autoprotección que o alumnado debe ter presentes durante a súa vida.
Realizaranse un por trimestre, e tentarase contar para o do segundo trimestreca presenza de corpos de
seguridade (protección civil, bombeiros…)
Os exercicios prácticos de evacuación deberán ter en conta:
O sinal de alarma serán tres ou máis toques de timbre continuados.
O director, ou outro membro do equipo directivo en quen delegue,organiza o exercicio.
En cada planta haberá un profesor que actuará como coordinador, que será designado polo director ou
membro do equipo directo responsable. Seránmestras/es de garda, responsabilizándose de que non
quede ningunha persoa atrás. Pechar as portas dos espazos que estean evacuados.
O conserxe, no uso das súas funcións, colaborará cos profesores, prestando especial atención á apertura
das portas de saída e ao ascensor.
LUNS MARTES MERCORES XOVES VENRES
DE
16:00
A
17:00
PEQUENOS
CIENTIFICOS
15€/mes
PATINAXE EN
LINEA
(Primaria)
Pabellón
12€/mes
INFORMÁTICA
(iniciación a
internet e
ofimática)
PRIMARIA
12€/mes
MANUALIDADES
e RECICL-ART
15€/mes
XIMNASIA
ACROBÁTICA/
PARKOUR
Ximnasio
15€/mes
INTELIXENCIA
EMOCIONAL
(Primaria)
15€/mes
MULTIDEPORTE
12€/mes
INGLÉS LÚDICO
(infantil ata 2º
primaria )
12€/mes
INGLÉS LÚDICO
(3º a 6º de
Primaria )
12€/mes
DE
17:00
A
18:00
COCIÑA DIVERTIDA
15€/mes
BADMINTÓN
(Primaria)
12€/mes TÉCNICAS DE
ESTUDIO
De 3º a 6º Primaria
15€/mes
XOGO
PSICOMOTRIZ
(Infantil)
12€/mes
PISCINA
10,50€/mes
Clases de 45’.
3 horarios:
16:45/17:30/18:45
O rango horario
non é a escoller,
asignase según
idades e grupos
TENIS
5-6 anos: 16:30 a 17:20
7-8 anos: 17:20 a 18:10 9-10 anos: 18:10 a 19:00
11-12 anos: 19:00 a 19:50
PRECIO CURSO: 50€
MULTIBAILE
12€/mes
HABILIDADES
SOCIALES e
COMUNICACIÓN
18€/mes
45
Unha vez escoitada a alarma, tres toques, sairase das aulas e dependencias ata o punto de encontro.
O desaloxo de cada planta do edificio farase por grupos, de forma ordenada e sen mesturarse.
Os profesores favorecerán a saída animando aos alumnado a efectuala de maneira ordenada e rápida.
Á saída do edificio irán ao patio do centro, e situaranse no punto de encontro, ao fondo do patio.
Os camiños de evacuación estarán sempre libres de obstáculos.
As portas de saída ao exterior permanecerán abertas ata que o edificio quede totalmente baleiro.
Todo o profesorado debe informarse das medidas de emerxencia do ascensor (non se poderá empregar
en caso de emerxencia).
Nos exercicios de simulacro:
Non se considerarán como saídas as ventás.
Os alumnos non deberán ser avisados nin da hora nin do día do simulacro.
Unha vez comprobado a saída do persoal, así como o tempo invertido, volverase de novo ás aulas.
Os distintos andares do centro están indicados con sinais de emerxencia ao igual que a situación das
Saídas de Emerxencia e extintores(revisados) nas distintas dependencias.
Esquema de emerxencia por accidente ou enfermidade grave:
Ter en conta o listaxe de alumnado situado na sala de mestres (contén foto e descrición do motivo de
estar neste programa) incluído no Programa de Alerta Escolar. Se se atopa dentro deste, chamar ao 112
e seguir as instrucións.
Se a lesión ou doenza o require, chamar aos pais ou titores legais de inmediatoesenon se localizan,
chamar aos servizos de urxencias e seguir as instrucións do técnico do 112/061.
Entregar ás familias o modelo que temos na sala de mestres e deixar en dirección o correspondente
informe.
14.- PERSOAL NON DOCENTE
Conserxe Do 16 de xuño ao 15 de
setembro
8:00 – 14:00h 30h semanais
Horario Do 16 de setembro ao
15 de xuño
8:00 – 14:30h
E martes de 16:00 a 18:30h
35h semanais
(28h30’ semana
sindicato)
Conserxe de reforzo En ausencia do conserxe e para traballos que requiran máis dunha persoa.
Durante o presente curso conseguiuse que o concello destinase todos os venres un conserxe ao Centro,
posto que o titular quincenalmente ten liberación sindical. Ao ser sempre a mesma persoa, a dinámica do
Centro non se vería tan afectada, xa que os venres que coinciden utilizaríanse para coordinación e labores
de mantemento que precisan máis dunha persoa.
Aux. admin Do 1 de xullo ao 31 de
agosto
Horario reducido Aprox. 10h
semanais
Horario Do 1 de setembro ao 30
de xuño
8:30 – 14:00h
E martes de 16:00 a 18:30h
30h semanais*
*Virá o martes pola tarde os meses de setembro, marzo e xuño. Así como as semanas que a requira a
dirección (comunicando con suficiente antelación)
Persoal limpeza
Do 16 de xuño ao 15 de
setembro
7:00 – 13:00h 30h semanais
Do 16 de setembro ao
15 de xuño
6:30–9:00h e 14:00– 18:30h 35h semanais
46
Coidadoras (Auxiliar técnico
educativo)
Días lectivos
(unha só L-M) 8:45 – 13:45h
Completan horario
os días de saídas
extraescolares.
Prestan servizos complementarios para a asistencia e formación dos escolares con neae, atendendo a estes
na ruta escolar, limpeza e aseo... e demais necesidades análogas. Colaboran no cambio de aulas ou servizos
escolares, na vixilancia persoal destes, nas clases en ausencia do mestre e colaboran na vixilancia dos
recreos, etc... dos que serán responsables os mestres.
15.- POTENCIACIÓN DAS RELACIÓNS COAS FAMILIA
Dada a importancia que ten a intervención da familia no proceso educativo dos escolares é preciso
potenciar as relacións entre escola e familia. Preténdese un Centro aberto a toda a Comunidade educativa.
De maneira regrada establecemos un día semanal de titorías e reunións xerais por niveis. Individualmente o
profesorado buscará permanentemente a intervención das familias, implicándoas no desenvolvemento da
aprendizaxe.
O horario de atención ás familias é os martes de 16:00 a 17:00h. Para unha mellor atención e que resulte
máis proveitosa a reunión, recoméndase realizar unha previa cita, aínda que non é necesario.
De acordar coa familia outra hora de reunión por motivos xustificados, debe de comunicarse á xefatura de
estudos, para poder prever unha posible redistribución de espazos/gardas.
De acordo coa normativa vixente, durante os meses de setembro e de outubro, os/as mestres/as titores/as
terán unha reunión cos pais dos alumnos/as para presentarlles información básica relativa a programacións
didácticas que teñan preparado para o curso que comeza. Nesa mesma reunión irase dando unha serie de
pautas e recomendacións para o normal desenvolvemento do curso. Esta información básica incluirá os
obxectivos, contidos e criterios de avaliación do ciclo ou curso correspondente, os mínimos esixibles para
obter unha valoración positiva, os criterios de cualificación e os procedementos de avaliación da
aprendizaxe que se vaian utilizar. Tamén se deben recordar as NOF e proxectos nos que participa o centro.
Outros canles de relaciónfamilia-escola daranse:
- Por un lado na xestión e organización do centro a través do Consello Escolar.
- Por outro, participando na vida e actividades da aula e centro. Colaborando nas distintas tarefas
que propoñan os titores ou os distintos equipos docentes.
- ESPAZO FAMILIAS: en colaboración o resto dos centros educativos, vanse a ofertar distintas
xornadas de formación para familias de maneira trimestral.
- Xuntanzas diversas onde se recollen as propostas e reflexións individuais.
No Centro existe un Anpa, que ademais de encargarse de servizos educativos como dúas rutas de transporte
escolar, comedor e madrugadores, organizan distintos tipos de actividades extraescolares. Algunhas delas
incluíndo a participación de toda a comunidade educativa. Consideramos fundamental manter unhas
estreita colaboración con esta Anpa tan activa e comprometida ca vida escolar.
47
16.- TRANSPORTE ESCOLAR
O Centro dispón de transporte escolar en dúas modalidades, cun total de 107 usuarios:
O transporte financiado pola Consellería de Educación:
Liña 1:Paradas bus: Mobles Guadalupe, Barraña, Saltiño, Rotonda de Graso, Seán, Brión, Piñeiro,
Boliña, Rotonda Cimadevila, Gasolinera. Só para nenos que se matricularon previa nova distribución de
Zonas Educativas, posto que agora considérase só o casco urbano (inferior a 2kms) a zona deste Centro.
Dado que non se completa a capacidade do autobús con este alumnado, de maneira excepcional e
renovando anualmente, poden ser usuarios alumnado
matriculado despois da nova zonificación ata completar
prazas.
Transporte para o alumnado casco urbano
organizado pola ANPA.:
Liña 2: Espiñeira, avenida da Constitución.
Liña 3: Boiro de Arriba.
Todas as liñas son cubertas pola
mesma empresa.
Hai unha entrada ao recinto escolar
para o alumnado transportado na
zona sur do patio, que mellora a
seguridade dos usuarios do transporte
escolar.
A dirección do centro custodia un
caderno de rexistro de incidencias, e
mantén reunións periódicas cas
coidadoras do autobús.
O alumnado de menor idade (infantil
e 1º nivel) van identificados cunhas
cartolinas co seu nome, liña e parada.
17.- COMEDOR ESCOLAR
Este servizo escolar está xestionado pola Anpa Torre de Goiáns en modalidade de Cátering cunha empresa
boirense.Este curso atenden a 70 usuarios (algúns deles de maneira esporádica). Hai tres monitoras
encargadas deste servizo cun total de 48 comensais no comedor do centro, e os 22 restantes no restaurante
responsable do cátering, ao que se desprazan nun servizo de transporte que os volve a deixar no centro
sobre as 16:00h.
Desde o concello comprometéronse a realizar unha ampliación do comedor escolar durante este curso para
intentar dar o servizo a todas as familias que o precisen.
Alumnado usuario LIÑA 1 (36)
Infantil 10
Primaria 26
Alumnado usuario LIÑA 2 e 3 (71)
Infantil 17
Primaria 54
48
O horario abrangue desde o remate das actividades lectivas ata o comezo das actividades extraescolares
(13:45 a 16:00 horas)
17.1.- MADRUGADORES
Neste espazo, a Anpa tamén organiza o servizo de "Madrugadores", cun monitor desde as 7:30h ata as 8:45
que comeza a xornada lectiva. Conta con unha coidadora para uns 19 usuarios (algúns deles de maneira
esporádica.
18.- PLAN DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO
Adaptarase ao disposto no capitulo III-9 da Orde do 22 de xullo de 1997.
O Club Baloncesto Santa Baia, como entidade allea, dispón da autorización da xefatura territorial a partires
do informe do Consello Escolar. Esta entidade fai uso diario do pavillón, sempre fóra de horario lectivo,
renovando anualmente a solicitude á dirección do Centro.
Os mestres do Centro poderán facer unha solicitude ao equipo directivo para a utilización de
espazos.Realizarana cunha simple nota onde apareza o nome do mestre/a, data, horario e pequena
descrición da actividade a realizar. No mesmo documento a dirección reflectirá a aceptación ou non da
solicitude.
En caso de modificar as condicións do local (cambio de mobiliario, equipos multimedia,…)
responsabilizaranse de deixalo no estado inicial cando remate a actividade.
Outros membros da comunidade educativa de maneira ocasional:
O Consello Escolar ten a potestade de autorizar ou denegar a utilización de espazos. Por razóns de
operatividade, delega esta facultade na dirección do centro.
A dirección informará ao Consello Escolar, na seguinte reunión que se produza, das solicitudes autorizadas
e as denegadas así como dos motivos, para a súa ratificación ou revogación por este órgano colexiado.
ANPA, Concello, organismos oficiais, entidades privadas, … presentarán a solicitude por escrito ao/á
Director/a na que figurará o nome do responsable da actividade, as datas, horarios e a finalidade da mesma.
Se os/as solicitantes non cumprisen as condicións impostas poderá revocarse a autorización parcial ou
totalmente.
Para a utilización do pavillón polideportivo deberá acompañarse á solicitude a certificación ou copia dunha
póliza de R.C. que cubra a responsabilidade das actividades.
En tódolos casos os solicitantes deberán comprometerse a deixar as instalacións no estado en que se lles
deixaron; de non ser así faranse cargo dos gastos que ocasione a súa reparación e/ou adecuación.
Para un uso ocasional/excepcional, precisarase a autorización da dirección do Centro, e non pode alterar o
calendario docente.
19.- PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO
Ao remate do curso, cada Equipo e Comisión existentes no organigrama do Centro, elaborarán a súa
Memoria Final na que deberán avaliarse tódalas actividades realizadas e o grao de consecución dos
obxectivos propostos na programación.
O Claustro de Profesores avaliará o grao de cumprimento e execución da Programación Xeral Anual, con
carácter previo á Avaliación que deberá realizar o Consello Escolar.
49
A avaliación da Programación Xeral Anual de Centro debe conseguir unha mellora da súa calidade así
como unha mellora no aproveitamento dos recursos dispoñibles.
A información clara, obxectiva e fiable que esta avaliación nos proporcione contribuirá tamén á toma de
decisións sobre bases sólidas.
20.- PLAN ANUAL DE LECTURA
1. INTRODUCIÓN
O Plan Anual de lectura é un programa de accións para o desenvolvemento do Proxecto Lector de
Centro, encamiñado a mellorar as competencias básicas de lectura e de escritura do alumnado en todas as
áreas do currículo.
A adquisición de estratexias de busca, selección, valoración, uso e produción de información en
diferentes soportes e formatos, así como a adquisición do hábito lector, ou cando menos, de espertar o
gusto pola lectura, son imprescindibles para a adquisición das competencias básicas, especialmente a
competencia en comunicación lingüística, competencia dixital, conciencia e expresións culturais e
aprender a aprender.
2. OBXECTIVOS
Incrementar e estimular os hábitos de lectura de toda a comunidade educativa.
Favorecer a comprensión lectora e a lectura fluída e expresiva.
Contribuír a mellorar a competencia do alumnado na expresión oral e escrita.
Desenvolver as habilidades no proceso de busca de información tanto nos soportes tradicionais como nas
novas tecnoloxías.
Potenciar o uso da biblioteca escolar como un centro de recursos eficaz para a ensinanza e o aprendizaxe
e como o elemento dinamizador da actividade lectora, fomento de valores e compensadora de
desigualdades do alumnado atendendo á diversidade.
Continuar traballando en proxectos comúns, que permitan afondar a todo o profesorado nunha mesma
temática.
Potenciar a implicación de toda a comunidade educativa na creación de hábitos lectores como parte da
rutina diaria.
3. ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS E TEMPOS PARA A LECTURA
O centro conta cunha Biblioteca Escolar na que cada grupo de alumnos/as ten reservada unha hora
semanal co seu titor/a para realizar actividades de fomento da lectura, ALFIN, formación de usuarios,
préstamo…
A Biblioteca permanecerá aberta en horario de tarde de 16:00 a 18:00 agás os martes. A partir do
mes de outubro, as tardes dos mércores, os alumnos poderán vir acompañados das familias. Durante esta
tarde se poderán realizar préstamos e se levarán a cabo distintas actividades de animación á lectura
(contacontos, obradoiros...).
Cada grupo de alumnos dedicará un tempo diario á lectura non inferior a trinta minutos, tal e como
indica a LOMCE, capítulo tres, artigo 15: “ A lectura constitúe un factor fundamental para o
desenvolvemento de estratexias de comprensión lectora de todo tipo de textos e imaxes, en calquera
soporte e formato. Co fin de fomentar o hábito da lectura, os centros docentes organizarán a súa práctica
docente de xeito que se garanta a incorporación dun tempo diario de lectura non inferior a trinta minutos”
4. DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR
A Biblioteca Escolar é o axente dinamizador de todas as actividades relacionadas coa lectura,
expresión oral e expresión escrita polo que organizan e propoñen actividades como:
50
Préstamo nos recreos e ás aulas, dramatizacións das lecturas, recitais poéticos, concursos de contos,
contacontos ... que implican directamente ao alumnado.
Motivación, ambientación e decoración de espazos con exposición de fondos para as diversas
conmemoracións e temáticas traballadas ao longo do curso escolar.
Proposta e organización de encontros con autores, ilustradores, …
Proxección de curtas e exposición de libros relacionadas con distintas conmemoracións: magosto, nadal,
primavera, entroido, Letras Galegas,…
Mochilas viaxeiras.
Club de lectura.
Apertura da biblioteca ás familias os mércores pola tarde.
Recuncho de biblioteca para pais na planta baixa.
Ademais das actividades propostas para o alumnado, profesorado e familias tamén se levan a cabo
outras actividades como: catalogación, expurgo, selección e merca de novos fondos, xestión e organización
da biblioteca, elaboración de carnés, formación de usuarios e colaboradores, exposición e difusión de
fondos, trípticos ou dípticos de recomendacións, etc.
5. RUTINAS DE LECTURA
Lévanse a cabo distintas iniciativas fomentadas desde o equipo de biblioteca como son:
contacontos, recitais de poesía, concurso contos, obradoiros de escritura, cómic… que fomentan o
implicación tanto do alumnado como das familias en actividades sistemáticas de lectura e de expresión
escrita e oral.
O profesorado implícase directamente na creación deste hábito. Ademais, o alumnado de primaria
tamén leva a cabo lecturascolectivasdelibros que posúe o centro e que forman parte dos itinerarios lectores
que se detallarán a continuación.
ITINERARIO LECTOR:
4º Educación Infantil
Colores – HervéTullet.Kónicos (castelán)
Que tal estás? –Silvia Pérez Tato.Kalandraka (galego)
5º Educación Infantil
Un poco de mal humor –IsabelCarrier. Juventud (castelán)
O libro dos porcos – Xosé Manuel González Barreiro. Kalandraka (galego)
6º Educación Infantil
No me han invitado alcumpleaños –SusannaIsern.Nubesocho (castelán)
Unha casa a medida – DanielaKulot. Kalandraka (galego)
1ºnivel
A princesa que bocexaba a todas horas. CarmenGil – OQO (galego)
A nube de cores. Agustín Fernández Paz – Sotelo Blanco (galego)
Las princesas también se tiran pedos. Illan Bremara – Algar (castelán)
Cuentos para aprender a convivir. BegoñaIbarrola – SM (castelán)
2º nivel
Quen me quere adoptar? MarinaMayoral – Xerais Merlín (galego)
A nube de cores. AgustínFenández Paz – Sotelo Blanco (galego)
El jajilé azul. ÚrsulaWölfel – El barco de vapor (castelán)
Las sonrisas perdidas. Begoña Oro – El barco de vapor (castelán)
3º nivel
Lía e as zapatillas de deporte. María Reimóndez – Xerais (galego)
51
Catro amigos pillabáns. Ramón Caride – Xerais (galego)
El superzorro. RoalDahl – Alfaguara (castelán)
El secuestro de la bibliotecaria. MargaretMahy – Alfaguara (castelán)
4º nivel
O meu pesadelo favorito. María Solar. Galaxia.
CapublicitaRoja. Alain Serres. SM.
5º nivel
Ás de mosca para anxo. Fina Casalderrey. Xerais.
Nata y chocolate. Alicia Borrás. Anaya.
6º nivel
Escarlatina a cociñeira defunta. Ledicia Costas. Xerais.
Grandes genios de la Historia en 25 historias. JavierAlonso. Montena.
6. RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS
Como recursos humanos podemos mencionar:
O alumnado, principal axente que executa e recibe o acto lector e en torno a quen xiran a maioría
das propostas. Os que como conta contos e dramatizando textos, achegan os libros aos demais
compañeiros e compañeiras. Os alumnos e alumnas colaboradoras en actividades de préstamo, colocación
de libros e mantendo ordenada a biblioteca.
As familias, que teñen un importante papel na motivación, no desenvolvemento e na consolidación
de hábitos lectores e que de forma progresiva se van incorporando e animando a colaborar nas actividades
de lectura, en contadores de contos, , “mochilas viaxeiras” ,… ou simplemente acompañando aos seus
fillos/-as á biblioteca, ou agasallándoos cun libro.
O profesorado e os diferentes equipos que proporcionan as estratexias necesarias para a adquisición
das competencias lingüísticas, para aprender a aprender, motiva para a lectura e a escritura e propón
actividades varias. Ademais colabora e participa como axente motivador nas diferentes propostas que se
fan ao longo do curso.
O Equipo de Biblioteca, formado por profesorado dos diferentes niveis, coordinado por unha
persoa responsable da biblioteca escolar, intentando xestionar e dinamizar eficazmente os fondos existentes
e dalos a coñecer á comunidade educativa.
Entre os recursos materiais están:
O material curricular do alumnado
A biblioteca escolar e os fondos bibliográficos e audiovisuais que hai nela ou en préstamo nas bibliotecas
de aula.
7- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
Para a avaliación utilizaranse enquisas que recollan tanto os aspectos a avaliar como as propostas de
mellora.
Valoraranse aspectos como:
Melloras ao longo do curso na competencia lingüística do alumnado.
Participación nas diferentes actividades e propostas feitas ao longo do curso.
Adquisición de hábitos lectores .
Traballo cooperativo e organización.
Actividades levadas a cabo .
Implicación das familias.
Grao de utilización dos recursos da biblioteca escolar.
52
Préstamos realizados ao alumnado e ao grupo clase.
Incremento de fondos e difusión entre os membros da comunidade escolar.
Satisfacción do alumnado, do profesorado e das familias.
Cumprimento dos obxectivos do Plan Anual.
Tendo todas as aportacións en conta, elaborarase unha memoria onde se recolla o resultado do traballo e as
propostas de mellora.
21.- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE DO AUXILIAR DE CONVERSA
A xefatura de estudos velará polo cumprimento do o horario e da correcta adaptación do auxiliar ás NOF e
ao Plan de Convivencia.
O seguimento e avaliación será realizado a través da observación do traballo diario. Este seguimento será
responsabilidade dos membros do departamento de inglés do centro, que tamén valorarán a implicación do
auxiliar de conversa nos proxectos levados a cabo ao longo da súa estancia no Centro.
22.- CONCRECCIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA
Documento elaborado, aprobado e enviado á inspección durante o curso pasado.
Procuramos que este plan contribúa á consecución dos seguintes obxectivos xerais:
a) Facilitarlles aos órganos de goberno e ao profesorado instrumentos e recursos en relación coa prevención
da violencia e a mellora da convivencia no centro.
b) Concienciar e sensibilizar a comunidade educativa sobre a importancia dunha adecuada convivencia
escolar e sobre os procedementos para mellorala e acadar un ambiente educativo que permita o óptimo
aproveitamento dos recursos que a sociedade pon á disposición do alumnado.
c) Fomentar nos centros educativos os valores, as actitudes e as prácticas que permitan mellorar o grao de
aceptación e cumprimento das normas e avanzar no respecto á diversidade e no fomento da igualdade entre
homes e mulleres.
d) Facilitar a prevención, a detección, o tratamento, o seguimento, a xestión e a resolución dos conflitos
que se poidan producir no centro e aprender a utilizalos como fonte de experiencia e aprendizaxe.
e) Facilitar a prevención, detección e eliminación de todas as manifestacións de violencia, especialmente
do acoso escolar, da violencia de xénero e das actitudes e comportamentos xenófobos e racistas.
Durante este curso,ademais das propostas no plan (consello dos nenos e caixa de correos da convivencia),
poñemos en marcha as xurdidas dos PFPP e dos Contratos-Programa:
- Patios dinámicos.
- Creación espazos no patio do recreo que estimulen a inclusión eunhasociabilización adecuada.
- Accesibilidade cognitiva.
23.- AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO E SEXTO
Non se veñen realizando as probas de sexto, e se non recibimos instrucións diferentes, este curso
tampouco. As probas serán realizadas como sempre no mes de maio, irán destinadas aos nenos de terceiro,
segundo a normativa vixente.
Estamos pendentes de recibir as instrucións referidas ao presente curso.
O pasado curso o resultado das probas non foron significativos dada a pouca asistencia do alumnado,
menos do 10%.
ANEXOS
Anexo I: PLAN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Anexo II: PLAN DE IGUALDADE
Seguindo a instrución da dirección xeral de educación, formación profesional e innovación
educativa publicada o 6 de setembro de 2019, realizaremos o plan de igualdade do Centro
durante este curso, e formará parte dos anexos deste documento no 2020-2021. Mentres
tanto, non deixamos de lado o obxectivo de este plan e realizamos anexámonos a
actividades como a que presentamos neste Anexo II, neste caso promovido polo concello de
Boiro (Boiro CoEduca).
Anexo III: ESPAZO FAMILIAS BOIRO
Consideramos importante dar a coñecer a toda a comunidade educativa este movemento
xurdido dos centros boirenses.
Anexo IV: PROXECTOS NOS QUE PARTICIPA O CENTRO
2
INDICE
1. Xustificación .................................................................................................................................... 3 1.1. Normativa específica 1.2. Marco psicopedagóxico 1.3. Contexto 2. O Departamento de Orientación ..................................................................................................... 3 2.1. Composición 2.2. Reunións 3. Accións prioritarias .......................................................................................................................... 4 4. Obxectivos ....................................................................................................................................... 5 4.1. Co alumnado 4.2. Co profesorado 4.3. Coas familias 5. Planificación Xeral e Temporalización ............................................................................................. 6 6. Estratexias de intervención ............................................................................................................. 7 7. Recursos .......................................................................................................................................... 8 8. Criterios de seguimento e avaliación do Plan.................................................................................. 8
3
1. XUSTIFICACIÓN
1.1. Normativa específica. Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e
profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de abril). Orde do 24 de xullo do 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da
orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998 (DOG do 31 de xullo).
Circular 10/2010 das Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instruccións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde de 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de educación non universitaria con necesidades educativas especiais.
1.2. Marco psicopedagóxico Na Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE), sinálanse, entre outros, os principios de calidade, cooperación, equidade, liberdade, igualdade de oportunidades, non discriminación… Destácase a equidade garante da igualdade de oportunidades para o pleno desenvolvemento da personalidade a través da educación, a inclusión educativa, a igualdade de dereitos e oportunidades que axuden a superar calquera discriminación e a accesibilidade universal á educación, e que actúe como elemento compensador das desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais, con especial atención ás que se deriven de calquera tipo de discapacidade. 1.3. Contexto O noso centro atópase nun dos concellos que forman parte da península do Barbanza, situado o sur-oeste da provincia de A Coruña. Está adscrito ó IES Nº1 “A Cachada”. Conta con 6 unidades de Educación Infantil e 18 de E. Primaria.
Nº de alumnos/as: 482 Nº de profesores/as: 39 entre os/as que se inclúen dúas profesoras de Pedagoxía Terapéutica, dúas de Audición e Linguaxe, dúas de apoio a E. Infantil e a Orientadora. Persoal non docente: Unha administrativa, un conserxe, dúas coidadoras e persoal de limpeza.
2. O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2.1 Composición
En cumprimento do establecido no artigo 4º do Decreto 120/1998, do 23 de abril, o Departamento queda integrado polas seguintes persoas:
María Eugenia Blanco Aragón: Profesora especialista en PT Paula Fernández Martínez Profesora especialista en PT
Lara Miguéns Salnés Profesora especialista en AL Rocío Lence Cordero: Profesora especialista en AL María Basavilbaso Gonzalez: Orientadora, Xefa do Departamento
4
2.2. Reunións
Celebraranse semanalmente, os martes, en horario de 16:00 a 17:00h, e de modo extraordinario en cantas outras ocasións se considere necesario. Serán destinadas ao desempeño das funcións que lle son encomendadas ao Departamento de Orientación na normativa vixente.
Asemade a Orientadora coordinarase con:
O profesorado especialista de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe sen establecer unha sesión dentro do horario lectivo, pero sempre que sexa necesario realizaranse reunións dentro do mesmo, notificando antes ao xefe de estudos.
O IES Nº 1 “A Cachada” trimestralmente, e de modo extraordinario en cantas outras ocasións se considere necesario.
3. ACCIÓNS PRIORITARIAS En base ás instruccións da Circular 10/2010, considéranse accións prioritarias:
1. Relacionadas coa inclusión e a diversidade: Asesorar ao equipo directivo sobre o contido do proxecto educativo e os
documentos que o integran, especialmente sobre as medidas de atención á diversidade e a acción titorial.
Elaborar e poñer en práctica programas destinados á prevención e detección precoz de dificultades de aprendizaxe.
Axustar as propostas de apoio educativo á realidade de cada alumna ou alumno con intervencións inclusivas e orientadas polo potencial de aprendizaxe do alumnado.
Asesorar aos departamentos, equipos docentes e profesorado en xeral nos procesos de axuste e desenvolvemento das concrecións curriculares, das programacións de curso e/ou ciclo, das medidas de reforzo educativo e nas adaptacións curriculares.
Facilitar asesoramento a toda a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e recursos para a atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
2. Relacionadas coa acción titorial: Colaborar co profesorado titor no desenvolvemento das medidas contempladas
no Plan de Acción Titorial (PAT), asesorando á totalidade da comunidade educativa sobre o sistema educativo, os procesos de admisión, as accións de acollida, os cambios de centro e a participación na organización e no goberno dos centros.
Colaborar cos diferentes equipos docentes no deseño e elaboración de protocolos para a realización da avaliación inicial do alumnado.
3. Relacionadas coa convivencia e coa educación en valores: Deseñar e poñer en práctica programas destinados á promoción da convivencia e
a resolución pacífica dos conflitos, asesorando na elaboración do Plan de Convivencia do centro.
Asesorar á comunidade educativa sobre a elaboración e aplicación das normas de organización e funcionamento.
4. Relacionadas co plan de orientación, co plan anual e coa memoria de cada curso:
5
Manter actualizado o plan de orientación, concretando no plan anual do departamento as actuacións previstas para o curso, os seus destinatarios, os responsables da súa execución e a temporalización correspondente.
Realizar a memoria final do curso en base ao desenvolvemento do plan anual, cunha adecuada fundamentación das propostas de mellora que procedan para o curso seguinte.
5. Relacionadas cos procesos de avaliación e calidade: Colaborar nos diferentes procesos de avaliación do centro, nos termos que se
establezan. Asesorar á totalidade da comunidade educativa sobre os proxectos de mellora e
calidade do sistema educativo. 4. OBXECTIVOS 4.1. Co alumnado
Realizar o seguimento personalizado do seu proceso de aprendizaxe.
Favorecer a inclusión e a participación do alumnado no seu grupo e no conxunto da dinámica escolar.
Fomentar a transmisión dos valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a igualdade, o respecto e a xustiza.
Favorecer a solidariedade e a tolerancia con outras etnias e con outros/as nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo.
Fomentar no grupo de alumnos/as o desenvolvemento de actitudes participativas, tanto no centro como no entorno.
Favorecer o autocoñecemento e a autoestima.
Mellorar as habilidades sociais.
4.2. Co profesorado
Tomar decisións de cara á mellora da orientación educativa.
Dar resposta axeitada ás NEAE.
Orientar na realización das adaptacións curriculares.
Facilitar as aprendizaxes significativas do alumnado.
Fomentar a formación permanente do profesorado.
4.3. Coas familias
Contribuír a manter unha relación fluída entre os pais e o profesorado.
Proporcionar información sobre a organización e funcionamento do centro.
Proporcionar información sobre os/as seus/súas fillos/as.
Promover a súa implicación na acción educativa.
Favorecer a súa colaboración no fomento entre os/as nenos/as da autorresponsabilidade, da adquisición de hábitos de traballo e estudio, da lectura, etc.
6
5. PLANIFICACIÓN XERAL E TEMPORALIZACIÓN:
ACTIVIDADES AXENTES DE REALIZACIÓN
Setembro e Outubro:
Constitución do Dpto. de Orientación Entrevistas co profesorado con nova titoría, entre o que se
inclúe o profesorado de nova incorporación, para proporcionar pautas sobre alumnado con NEAE. Entrevistas coas familias. Elaboración de resumes. Ditames de escolarización. Organización de apoios e reforzos. Elaboración do Plan do Departamento de Orientación. Confección de horarios de atención ao alumnado con NEAE Avaliacións de alumnado. Realización de Informes Psicopedagóxicos Asesoramento a familias sobre aspectos que poden incidir
na mellora do rendemento do alumnado. Asesoramento ao profesorado sobre aspectos que poden
incidir na mellora do rendemento do alumnado Coordinación da atención ás NEAE coas profesoras de P.T.,
A.L., as Coidadoras, os equipos docentes e o equipo directivo.
Elaborar materiais destinados á organización e planificación
dos apoios visuais necesarios para unha axeitada resposta ás necesidades individuais do alumnado.
Lectura, análise e avaliación dos programas de intervención
levados a cabo o curso anterior co alumnado, para unha posterior adecuación de cara ao presente curso.
D.O. Orientadora Orientadora Orientadora D.O. /Orientadora/ Xefe de Estudios Orientadora Orientadora/ Xefe de Estudios
Orientadora e Profesorado de A.L. Orientadora Orientadora Orientadora/Profesorado especialista de PT/AL Orientadora Profesorado especialista de PT/AL Profesorado especialista de PT/AL
De Outubro a Xuño:
Estudio de casos individuais á proposta do/a titor/a ou
familia. Asesoramento e colaboración na elaboración das
Adaptación Curriculares. Avaliacións de alumnado. Realización de Informes Psicopedagóxicos e Dictames de
Escolarización. Colaboración co E.O.E. para informes que conclúan en
dictames de escolarización, así como, para avaliacións específicas en función das características do alumnado. Asesoramento sobre formación de profesorado. Seguimento das medidas de Reforzo Educativo e das
Adaptacións Curriculares Significativas. Asesoramento a familias sobre aspectos que poden incidir
na mellora do rendemento do alumnado. Entrevistas e resumes.
Orientadora e titores/as Orientadora/PTs/ALs Orientadora e Profesoras de AL Orientadora Orientadora Orientadora Orientadora/Profesorado de PT e AL Orientadora
7
Asesoramento a profesorado sobre aspectos que poden incidir na mellora do rendemento do alumnado. Intervención directa con alumn@s que presentan
dificultades de base emocional. Coordinación da atención ás NEAE coas profesoras de P.T.,
A.L. a Coidadora, os equipos docentes e o equipo directivo. Coordinación da intervención do Departamento coas
distintas institucións e profesionais que inciden na atención ao alumnado: familias, E.O.E., Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e calquera outro profesional que participe na atención aos/ás alumnos/as. Realización de informes. Coordinación mediante a realización de reunións na
intervención do alumnado que comparte escolarización con Centros de Educación Especial (Aspanaes, Amicos..) Participación nas sesións de avaliación. Realización de informes trimestrais para as familias. Planificación conxunta, co IES Nº1 “A Cachada”, do Plan de
Transición á E.S.O. para o alumnado de 6º de E.P. Participación no desenvolvemento de programas que
elaboren ou promovan os E.O.E. Planificación de actividades e posta en práctica para a
Conmemoración do día do autismo (2 de abril). Elaboración de material específico para traballar co
alumnado.
Orientadora/Profesorado de PT e AL Orientadora Orientadora Orientadora PTs/ALs/Orientadora PTs/ALs Orientadora/PTs, ALs PTs e ALs Comunidade educativa Orientadora/PTs eALs Orientadora, PTs e ALs PTs e ALs
Pautas de acción terminal. Xuño:
Elaboración de Informes de Final de Etapa para alumnado con N.E.A.E. Elaboración de informes individualizados, resume da
intervención realizada, co alumnado con n.e.a..e. Aportación de conclusións e recomendacións na Xunta de
avaliación final. Elaboración da Memoria de actividades do D.O. (avaliación
do programa orientador). Elaboración da previsión de apoios de cara ao curso que
ven, segundo o seguimento, alta e baixas do alumnado ao longo do presente curso.
Orientadora PTs/ALs Orientadora/PTs/ALs Orientadora Orientadora/PTs/ALs
6. ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN A perspectiva da intervención basease nun modelo de asesoramento e concreción de programas segundo demandas, ainda que o Departamento realiza tamén propostas, por iniciativa propia, en función das necesidades detectadas. As tarefas a realizar distribuiranse segundo os sectores e persoas implicadas considerándose imprescindible actuar dende un marco de corresponsabilidade. A intervención, por parte do profesorado especialista, co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo realízase fóra da aula ordinaria cando:
8
o Se utiliza o Programa PASS de Intervención Cognitiva (PPIC) que require, para a súa aplicación, que o alumnado acuda a aula de Pedagoxía Terapéutica un mínimo de dúas sesións semanais
1.
o Se segue tratamento de dislalias e outros trastornos da linguaxe. o Existe alumnado de necesidades educativas especiais que, para determinadas
actividades do programa de intervención, precisa un esforzo de atención e concentración que non conseguiría dentro da aula ordinaria.
o As actividades de apoio programadas interrompen o normal desenvolvemento da clase no grupo de referencia.
No tocante aos apoios que o profesorado, en horario de garda e/ou apoio de nivel, realiza terán lugar dentro da aula, entendéndoos tal e como se recolle no Plan de Atención á Diversidade
2.
A avaliación dos reforzos abranguerá tódalas fases -inicial, procesual e final- na que participarán os distintos axentes que actúan de forma directa ou indirecta; poñendo en común a información aportada respectivamente pola familia, o profesorado e mailo propio alumnado. 7. RECURSOS Os recursos empregados serán aqueles dos que dispón o centro, tanto materiais como persoais e de espazo, podendo recorrer a axentes externos cando así o requira a actuación demandada ou programa.
Recursos persoais: orientadora, membros do Departamento, coidadoras, profesorado, familias e profesionais externos.
Recursos técnicos: ordenador, programas informáticos, outros materiais audiovisuais, tests, rexistros, enquisas, fichas, bibliografía.
Recursos económicos: 497.77€ para o 1º Trimestre. O resto do curso pendente do orzamento do ano 2019. 8. CRITERIOS DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN A avaliación realizarase ao longo do curso, reflectíndose ao remate do mesmo na memoria do plan de orientación. Tentarase valorar a maneira na que se levou á práctica a programación prevista, atendendo a:
Obxectivos acadados.
Accións programadas e adecuación das mesmas aos obxectivos propostos.
Aspectos positivos e negativos no desenvolvemento do plan.
Adecuación dos recursos dispoñibles.
Adecuación da temporalización e horarios.
Grao de participación e satisfacción da comunidade educativa nas actividades realizadas.
Observacións e anotacións recollidas das impresións dos titores e titoras.
1 Segundo se establece no Plan de Atención á Diversidade estas saídas da aula ordinaria deberán coincidir naquelas áreas nas que
o alumnado atopa menores dificultades, e en ningún caso cando teñan especialista. Así mesmo establécese que o titor/a porá en práctica as medidas que considere oportunas para que o/a alumno/a non se vexa negativamente afectado por esta circunstancia. 2 “O traballo de dous profesores/as na aula facilita a atención á diversidade do grupo de alumnos/as. Cando se produza esta circunstancia o profesorado de apoio evitará sentar sempre ó lado dos que teñen dificultades, para que non se estableza unha relación de dependencia ou manipulación do profesorado por parte do alumno ou alumna de que se trate”.
BOIRO CO-EDUCA:IGUALDADE CONTRA
AS VIOLENCIASMACHISTAS
DOSSIER INFORMATIVO
PROGRAMA COEDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN DAVIOLENCIA DE XÉNERO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
MARCO XERAL1.O programa Boiro Co-educa: Igualdade contra as violencias machistas enmárcase nas medidas eaccións destinadas á erradicación das violencias contra as mulleres e á promoción das relaciónsigualitarias, de acordo co establecido no Pacto de Estado contra a violencia de xénero para aactuación coa poboación infantil. Concretamente, propón unha intervención de impacto co alumnado de 4º, 5º e 6º de educaciónprimaria dos centros educativos do concello de Boiro, para a prevención das violencias machistas apartir dos principios da coeducación. O programa busca introducir e/ou fomentar a perspectiva de xénero traballando conxuntamente coprofesorado e co alumnado para rachar cos estereotipos e condicionantes de xénero e para aconsecución de recursos básicos para a prevención, identificación e transformación de dinámicasdiscriminatorias ou condutas de dominio e violencia entre o alumnado.
2. OBXECTIVOS
1
Fomentar a incorporación da perspectiva de xénero a través da coeducación nas prácticasdocentes e no contido das aulas para previr as violencias
Traballar co profesorado para a adquisición de coñecementos específicos sobre as violenciasmachistas, a súa raíz na socialización de xénero e os seus mecanismos de transmisión.
Fomentar a toma de conciencia sobre a diversidade de xénero, de sexualidade, de modelosfamiliares, estereotipos e roles sociais
Desenvolver ferramentas e habilidades que permitan detectar sinais de violencia e discriminaciónentre o alumnado.
Detectar estereotipos de xénero e xenófobos, sistemas de crenzas imperantes e dinámicasdiscriminatorias dentro das aulas.
Identificar como os estereotipos supoñen unha limitación á liberdade persoal e a calidade de vidade persoas e grupos, traballando especificamente o xeito en que operan os estereotipos dexénero.
Socializar e fomentar referentes alternativos aos estereotipos imperantes, traballando así para ofomento da inclusión da diversidade.
Fomentar o desenvolvemento de condutas e habilidades que permitan ao alumnado construírunha vida libre de violencia, recoñecendo as condutas violentas en si mesmos e noutras persoas,e desenvolvendo habilidades persoais de auto-protección.
4. ACCIÓNS CONCRETASA DESENVOLVER
4.1 SESIÓNS DE TRABALLO CO PROFESORADO DEPRIMARIA
Boiro Co-educa intervén simultaneamente co profesorado e co alumnado co obxectivo dualde promover a incorporación dun enfoque co-educativo por parte das mestras e os mestresno seu labor docente, e fomentar a igualdade de xénero e o establecemento de relaciónsnon violentas entre o alumnado.
Realizaranse dúas sesións formativas dunha duración estimativa dedúas horas e media para o profesorado de primaria en cada un doscentros educativos. As sesións están destinadas ao conxunto doclaustro dos CEIP, tendo particular importancia a asistencia doprofesorado responsable das aulas onde se leven a cabo as acciónsBoiro Co-educa destinadas ao alumnado. O traballo co profesorado busca fomentar a incorporación daperspectiva de xénero nas prácticas docentes e sentar as basespara o desenvolvemento de estratexias de coeducación eprevención das violencias machistas propias de cada centroeducativo e impulsadas dende o profesorado.
O contido das sesións formativas será: 1ª Sesión: Desigualdade de xénero, discriminación e violencias machistas: orixe emecanismos de reprodución da desigualdade entre mulleres e homes na infancia. 2ª Sesión: Educar en igualdade: co-educación, afectividade e violencia entre o alumnado.Nesta sesión presentarase, a modo de caso práctico, o traballo a desenvolver co alumnado.
2
Alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria e profesorado dos CEIP do concello de Boiro.
3. POBOACIÓN DIANA
Estas sesións teñen os seguintes obxectivos:
Previr e erradicar as dinámicas de violencia e bullying entre o alumnado.
5. Prazo de execuciónAs accións do programa desenvolveranse entre o mes de setembro e o 15 de novembro de 2019.
3
Realizaranse tres sesións dunha hora e media en cada centro educativo , nas que se abordaránas seguintes temáticas a través de dinámicas experienciais e participativas: 1ª Sesión: Socialización de xénero.2ª Sesión: Auto-coidado, emocións e límites persoais.3ª Sesión: Violencias de xénero na parella.
4.2 SESIÓNS DE TRABALLO CO ALUMNADODE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA
Fomentar modelos de relacións xustas, equitativas e baseadas nos coidados e o respectoentre o alumnado.
Fomentar a expresión de emocións, necesidades e desexos, e a identificación dos medos,ameazas e agresións entre o alumnado.
Fomentar a acción e a no pasividade ante situacións de discriminación ou violencia,entendendo que o silencio perpetúa a violencia e converte en cómplice a quen non actúapara freala.
Servir de modelo ao profesorado para o deseño de estratexias de prevención e abordaxe dasviolencias de xénero a través da coeducación.a.
Espazo Familias
Boiro
1. PRESENTACIÓN DO ESPAZOFAMILIAS-BOIRO
Como algunhas persoas xa coñecedes o ESPAZOFAMILIAS é unha asociación que xorde
dende tres centros escolares de Boiro durante o curso 2018-2019 coa intención de crear un
programa de prevención, formación e reflexión para as familias do noso alumnado e de todos
aqueles centros do concello que desexasen sumarse.
O obxectivo era tan complexo como caro pero conseguímolo. Os centros escolares sumáronse
e o CAFI financiou o 95% do proxecto, o Concello o resto.
O proxecto levouse a cabo co deseño de catro encontros con especialistas en condutas
adolescentes nos que familias e persoal vinculado á educación nos encontramos no Auditorio de
A Cachada para conversar sobre retos educativos, novas e vellas adicións ou novas formas de
relación afectivo-sexual...
Tras a avaliación final concluímos que o programa debe seguir e incluso ampliarse.
2. ALGÚNS DOS NOSOS OBXECTIVOS PARA O CURSO 2019-2020.
Por iso, neste curso 2019-2020 estamos iniciando unha segunda etapa con tres obxectivos
básicos.
2.1. A maior implicación dos centros escolares .
Durante este mes de xullo convocamos unha reunión na que asistimos todos os centros
escolares da vila, así que podemos afirmar con moita satisfacción que, se inicialmente o
proxecto xurdiu dende os centros de IES A Cachada, IES Praia Barraña e CPI Santa Baia, agora
estamos implicados todos os centros de Boiro.
2.2. A consolidación do proxecto .
A avaliación positiva do proxecto realizada polas persoas asistentes obríganos a seguir coa
programación dos encontros coas familias. E neso andamos. Durante o verán reunímonos cos
profesionais participantes e xa estamos concretando temas e tempos. Seguimos pendentes da
confirmación do financiamento do CAFI e a Consellería de Educación a través do proxecto piloto
das ENAPAS. Todo parece indicar que será posible pero, de non conseguila, xa estamos a
pensar en alternativas como os Contrato-Programas ou a colaboración das ANPAS.
Aínda temos marxe para decidir. Así que vos iremos contando.
2.3 . A ampliación do proxecto.
A asociación EspazoFamiliaS e as familias implicadas cremos necesario ampliar este programas
de prevención ao alumnado. Sentimos que dende a Consellería de Educación non existe un
programa de prevención real, limitándose a cubrir esta demanda con iniciativas puntuais, xerais
e de irregular resultado como O Plan Director onde Garda Civil, Policía, Exército, Protección
Civil e DGT, entre outros, imparten charlas; e obrigando aos Departamentos de Orientación e as
Xefaturas de estudo a recorrer ao voluntariado de organizacións como a Cruz Vermella. Algo
que non nos convence.
Por iso, estamos traballando no deseño dun PROGRAMA DE INTERVENCIÓN REAL dentro
das aulas no marco do Plan De Acción Titorial que desenvolve cada un dos centros.
(* a seguinte información pode non ser necesaria agora. Valorádeo.)
Este Programa de Intervención conta con tres fases
1. Estudio da realidade do centros con:
a) enquisas anónimas realizadas polo equipo de Psicoloxía do Consumidor da USC.
b) análise de resultados e reunións informativas co Concello e axentes interesados
da zona, coas familias e os docentes.
Espazo Familias
Boiro
c) deseño do programa de intervencións.
2. Desenvolvemento das intervencións.
- As intervencións serán desenvolvidas por profesionais e especialistas en
adolescentes. Neste caso as intervencións serán levadas a cabo pola psicóloga
especialista en condutas adolescentes Belén Montesa e o seu equipo. Levan
traballando en proxectos similares durante anos, por exemplo en Ames e os seus
centros escolares.
- As intervencións estarán dirixidas ao alumando de 5º e 6º de primaria e aos grupos
de ESO.
- Serán desenvolvidas dentro das aulas.
- Programadas de forma concentrada. Unha semana por trimestre. Cinco sesións
por grupo durante.
3. Devolución de resultados.
Reunión cos equipos directivos e de Orientación coa valoración das intervencións e
informacións concretas de casos problemáticos.
**
O financiamento do Programa.
Para o financiamento deste Programa de Intervención Real contamos cos dúas posibles vías:
a) O Concello.
Durante o verán mantivemos conversas coa nova corporación e, na reunión celebrada a
principios de agosto na que presentamos o proxecto, evidenciouse un interese e vontade
de cooperación que nos anima a ser optimistas. Estamos pendentes dunha resposta
concreta. Se é así, o financiamento do proxecto estaría cuberta.
b) Contrato-Programa.
Se a resposta é negativa ao financiamento do proxecto atoparía unha alternativa nos
Contrato-Programa. En EspazoFamiliaS estamos a traballar nesta segunda opción. A
idea consistiría en que cada un dos centros que conforman EspazoFamiliaS solicite un
Contrato-Programa na liña de Convivencia. Así, coa suma do orzamento adxudicado a
cada programa de cada centro financiariamos, se non todo o Programa de Intervención,
polo menos a parte central: ás intervencións dentro das aulas.
3. CONCLUSIÓNS.
En definitiva, podemos afirmar que tras un ano con este proxecto piloto e ilusionante neste
curso 2019-2020 ESPAZOFAMILIAS consolídase e amplíase.
- Xa estamos implicados todos os centros.
- Contamos có interese das familias.
- Temos a complicidade da nova corporación municipal.
So faltan dous factores:
- a confirmación do Concello e da Consellería de Educación en materia de
financiamento. Se non, buscaremos alternativas menos ambiciosas.
- a vosa complicidade como claustro na promoción, divulgación ( insistide nas vosas
titorías) e a colaboración cun proxecto no que cremos pero que é tan necesario
como complexo.
Moitas grazas.
Proxectos Asociacións/Institucións coas que colaboramos PLAMBE BEGA (Bibliotecas escolares de Galicia)
eDixgal Amtega
Patios dinámicos Pfpp / Amicos
Accesibilidade cognitiva Contratos-programa
Baia Rock Band EMB (escola de música de Boiro)
Erasmus+Ka101 Programas Europeos
Seccións bilingües EDUlingüe
Proxecto ELISA USC
Horto escolar Voz Natura
Froita fresca na escola FOGGA
Almorzos saudables Obradoiro de emprego Concello de Boiro
Xuntamos dous mundos Centro de Día de Boiro
Espazo Familias Espazo Familias Boiro
Recollida selectiva Callejeros Barabanza, Redace...
Educación viaria Policía Local de Boiro
Integramares Amicos
Ludi-Educa Boiro Cruz Vermella
Volei no recreo CV Cabo de Cruz - BOIRO VOLEIBOL
Xadrez na biblio ED da Biblioteca
Anexo V
Contratos programa 2019-2020
A Lei orgánica 2/2011, de 3 de maio, de educación, no seu Capítulo I Título Preliminar destaca a calidade
da educación para todo o alumnado; a equidade, a inclusión educativa e a non discriminación, sendo as
administracións educativas, segundo o Título II da citada lei, as que disporán os medios necesarios paraque
todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional.
O Decreto 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado
doscentros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, apunta no seu Capítulo VII Artigo 44 de
innovación educativa, que a Consellería coa competencia en materia de educación, fomentará
ainvestigación e a innovación da resposta educativa, sendo obxectivos disto os ámbitos enunciados
nospuntos 2.a) convivencia, 2.c) prácticas de educación inclusiva e 2.e) aqueles outros que redunden
namellora da atención á diversidade. Relacionado con isto, a lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e
participación da comunidade educativa, no seu Título I Artigo 3 enuncia os fins da convivencia nos centros
docentes, resultando garantes para a nosa solicitude de participación.
Tendo como referente o marco lexislativo exposto que avala a nosa participación e, como continuidade á
boa acollida e aos resultados da nosa primeira experiencia cos contratos-programa realizados o curso
pasado, cremos necesario ofertar á comunidade educativa a renovación das liñas de actuación comezadas
na anterior convocatoria e ampliar unha nova liña partindo das necesidades detectadas e as prioridades
reflectidas no actualizado PE do Centro.
A liña REFÓRZA-T, axudará a responder a aquel alumnado que procede de familias con nivel
sociocultural máis baixo e para os que, dado a diminución de recursos humanos no centro, non existe unha
axeitada resposta educativa que parta das súas necesidades individuais e que lles axuden a afrontar o seu
proceso de ensino-aprendizaxe.
A liña IGUÁLA-T, axudará a reverter actitudes pouco axeitadas observadas no centro relacionadas co
xénero, as diferenzas individuais, á competitividade ... e posibilitará ferramentas para a abordaxe neste eido
que desde as titorías se realice en actuacións futuras.
A liña CON-VIVE, contribuirá á xestión positiva dos conflitos e axudará a potenciar as competencias
socio-emocionais do alumnado para conseguir unha resolución pacífica dos conflitos que poidan xurdir na
convivencia diaria, posibilitando tamén á súa extrapolación para a vida en sociedade.
A liña INCLÚE-T centrada na creación de espazos, dinámicase xogos para todo o alumnado, con especial
atención ao alumnado NEE, e no desenvolvemento de estratexias entre o profesorado, axudará a potenciar
a socialización e un clima inclusivo no Centro.