Post on 24-May-2015
Palabra de VidaPalabra de Vida
Xuño 2012Xuño 2012
«Traballade non polo pan que se acaba,senón polo que dura ata a vida eterna. Este é o pan que vos
dará o Fillo do Home». (Xn 6, 27).
Xesús, despois de dar de comer á multitude coa multiplicación dos pans xunto ao lago Tiberíades,
cruzou á outra banda ás agachadas, á zona de Cafarnaún,
para escapar da multitude que quería facelo rei.
Non obstante, moitos se puxeron a buscalo e deron con el. Con todo, El non acepta o seu
entusiasmo demasiado interesado.
Comeron o pan milagroso, pero quedaron na pura vantaxe material sen captar o significado profundo dese pan, que amosa que Xesús é o enviado do Pai
para dar a verdadeira vida ao mundo.
Ven nel soamente un taumaturgo, un Mesías terreal, capaz de darlles o alimento material en
abundanciae a bo prezo. Xesús neste contexto
diríxelles as palabras:
«Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura ata a vida eterna. Este é o pan que vos dará o Fillo do
Home».
O “alimento que non perece” é a mesma persoa de Xesús
e é tamén a súa ensinanza, xa que oque Xesús ensina e a súa persoa son unha soa
cousa.
Lendo a seguir, máis
adiante, outras
palabras de Xesús,
vese que este
“pan que non perece”
se identifica tamén
co corpo eucarístico
de Xesús.
Polo tanto, pódese dicir que o “pan que non perece” é Xesús en persoa que se nos dá na súa Palabra e na
Eucaristía.
«Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura ata a vida eterna. Este é o pan que vos dará o Fillo do
Home».
A imaxe do pan aparece a miúdo na Biblia, omesmo que a da auga. O pan e a auga representan os
alimentos primarios, indispensables para a vida do home.
Xesús, aplicando a si mesmo a imaxe do pan,quere dicir que a súa persoa e a súa ensinanza
son indispensables para a vida espiritual do home,
así como o é o pan para a vida do corpo.
Sen dúbida, o pan material é necesario. Xesús mesmo procuroullo milagrosamente á
multitude. Pero por si só non abonda.
O home lleva en si mesmo – tal vez sen darse perfectamente conta disto – unha fame de verdade, de
xustiza, de bondade, de amor, de pureza, de luz, de paz, de alegría, de infinito,
de eternidade, que nada no mundo pode ateigar.
Xesús proponse a si mesmo como o único capaz de saciar a fame interior do home.
«Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura ata a vida eterna. Este é o pan que vos dará o Fillo do
Home».
Non obstante, ao presentarse como o “pan de vida”, Xesús non se limita a afirmar a necesidade de nutrirse del, é dicir, de que é necesario crer nas súas palabras
para ter a vida eterna,senón que quere inducirnos a facer a experiencia del.
De feito, coa palabra «traballade non polo pan que se acaba», fainos unha invitación apremante; di que é
necesario poñer en práctica todos os medios posiblespara procurarse este alimento. Xesús non se impón,
senón que quere ser descuberto, quere ser experimentado.
Certamente, o home coas súas soas forzas non é capaz
de alcanzar a Xesús. Pode facelo por un don de Deus.
Porén, Xesús invita continuamente o home a dispoñerse a acoller o don de si mesmo, que Xesús
lle quere dar.
E xustamente esforzándose en poner en práctica a súa Palabra, o home chega á fe plena nel,saborea a súa Palabra como se saborea
un pan recente e saboroso.
«Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura ata a vida eterna. Este é o pan que vos dará o Fillo do
Home».
A Palabra deste mes non ten por obxecto un punto particular da ensinanza de Xesús (por exemplo: o
perdón das ofensas, o desapego das riquezas, etc.), senón que nos volve levar á mesma raíz da vida cristiá que é a nosa relación persoal con Xesús.
Eu penso que o que comezou a comprometerse a vivir a súa Palabra e sobre todo o mandamento do amor ao
próximo,síntese de todas as palabras de Deus e de todos os
mandamentos,advirte dalgún modo que Xesús é o “pan” da súa vida,
capaz de ateigar os desexos do seu corazón,a fonte da súa ledicia, da súa luz.
Poñéndoa en práctica chegou a gustar a Palabra, polo menos un pouco, como a verdadeira resposta aos
problemas do home e do mundo. E, dado que Xesús, “pan de vida”, fai don supremo de si mesmo na
Eucaristía, acode espontaneamente a recibir con amor a Eucaristía e esta ocupa
un lugar importante na súa vida.
Entón, é necesario que quen de nós teña
feito esta estupenda
experiencia, coa mesma premura coa que Xesús impulsa
a procurar o “pan da vida”,non garde para si
o seu descubrimento,senón que o
comunique a outros para que moitos
encontren en Xesústodo o que o seu
corazónbusca desde sempre.
É un enorme acto de amor que fará aos seus próximos
para que eles tamén coñezan a verdadeira vidaxa desde esta terra e teñan a vida que non morre.
Que máis se pode desexar?
«Traballade non polo pan que se acabas, senón polo que dura ata a vida eterna. Este é o pan que vos
dará o Fillo do Home».
(Xn 6, 27).
““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, escrito en agosto 1985.
Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 96 linguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, escrito en agosto 1985.
Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 96 linguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto,
uníndose á diocese, é
“A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”:
“Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na
celebración da Eucaristía”. Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a
palabra viva.“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que
nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así nos evanxelizaremos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis,
individualmente e colectivamente” (C.L.).
Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo
electrónico: catequese@planalfa.es). GRAZAS.