Presentación Quérote+

Post on 18-Jul-2015

119 views 5 download

Transcript of Presentación Quérote+

O IES Afonso X O Sabio,Cambre

Instituto de Educación Secundaria que imparte ESO, PCPI, Bacharelato e os ciclos de FP de Administración e Finanzas de Grao Medio e Superior.

● 734 alumnos e alumnas

● 514 estudantes de ESO

● 125 estudantes de 3ºESO. Seis 3ºESO (3ºA,B,C,D,E e PDC)

● 70 docentes

O IES. “Afonso X O Sabio” entrou en funcionamento no curso 1999-00

● O alumnado reflicte a problemática do entorno:

– Falta de arraigo,

– Familias desestruturadas,

– Problemas de conciliación da vida laboral e familiar,

– Falla de alternativas para a xuventude, etc.

● O centro conta con numerosos plans e proxectos de innovación educativa.

● O centro conta con alumnado do rural (maioritariamente da zona de Cecebre) e das poboacións da área metropolitana de A Coruña (Cambre e O Burgo.

● O contexto socioeconómico é baixo e a taxa de abandono e de fracaso escolar é baixa. Inda que está mellorando.

Plans e proxectos de innovación educativa

Seccións bilingües e programas europeos

– Matemáticas (1º e 4ºESO) en inglés

– Música (2ºESO e 1ºBACH) en inglés

– Debuxo (3ºESO) en francés

– Auxiliares de conversa

– Comenius multilateral: “Destroying stereotypes, building a new Europe”

Contratos-programa

● Desde o ano 2011 desenvólvense as liñas de Reforzo, orientación e apoio; mellora da lectura, escritura e cálculo e Mellora da convivencia.

● O ano 2012 ampliamos á liña de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia

● Este curso académico solicitouse, ademais, a liña de Mellora da calidade na xestión dos centros.

PROXECTA

● Curso 2012-2013: Galicons-net, Parlamento Xove, Xogade, Rede de centros escolares solidarios, Quérote+, Terra, Meteoescolas, Salvavidas, Climántica, Clases sen fume.

● Curso 2012-2013: Froita na escola, Quérote+, Xogade, Meteoescolas e Consumópolis.

Educación financeira e ABALAR

● Programa de Educación financeira desde o curso 2010-2011 desenvolvido en Xeografía e Historia (3ºESO) Obradoiro de iniviativas emprendedoras (3ºESO e 4ºESO) e nos ciclos de FP.

● Programa Abalar: Desde o curso 2012-2013 en 1ºESO. Este curso estase implementando en 2ºESO.

Plan de formación en centros

● Desde o curso 2012-2013 desenvolvemos un plan de formación en centros.

● Dous itinerarios:

– Integración das TIC

– Formación en convivencia e mediación

Quérote+ no noso centro

● Necesidade de traballar a educación en valores dun xeito transversal

● Implicación do profesorado

● Traballo interdepartamental.

● Posibilidade de formación para o profesorado.

Curso 2012-2013

● Desenvolvéronse obradoiros de cinco temáticas: convivencia, uso responsable das TIC, imaxe corporal, afectividade e o fenómeno do botellón.

● O horario estableceuse desde vicedirección e o departamento de orientación.

● O proxecto incluiuse na acción titorial, pero participaron docentes das distintas materias de 3ºESO.

Problemas

● Temáticas propostas:

– Superpostas con outros programas do centro.

– Consideración dos docentes de que algunhas das temáticas debíanse traballar noutros niveis educativos.

● Número de sesións:

– O número foi considerado elevado por moitos docentes.

– Problemas de organización das aulas.

Curso 2013-2014.

Escolla entre dous itinerarios: Socializando e Coñecéndonos

COÑECÉNDONOS

PROPOSTAS DO NOSO CENTRO

● Necesidade de interaccionar o proxecto con outros proxectos e programas do centro.

● Necesidade de reutilizar os recursos do centro.

● Coordinación desde a acción titorial pero con pretensión de chegar ao maior número de docentes do curso e do centro.

Cómo imos afrontar cada obradoiro

● Convivencia: en relación co equipo de dinamización de convivencia, incluido o alumnado.

● Imaxe corporal e autoestima: traballo en conxunto entre o equipo de orientación e o concello de Cambre.

● Afectividade e sexualidade: dinamización de o profesorado do departamento de orientación.

I Curso de mediación escolar. Curso 2006-07I Curso de mediación escolar. Curso 2006-07

Organizaranse obradoiros específicos para 3ºESO nas semanas previas ao obradoiro de convivencia de Quérote+

– Alumnado axudante,

– Alumnado mediador,

– Docentes formados nos cursos de mediación.

Avaliación

● Pretendemos que o alumnado sexa parte activa do seu propio aprendizaxe.

● En colaboración co departamento de debuxo, elaborarase material sobre as temáticas traballadas.

● Estanse elaborando unhas enquisas para cubrir polo alumnado e polo profesorado asistente ás actividades.

● Realizaranse entrevistas aos docentes participantes e tamén a un número significativo de estudantes.