Presentación de PowerPoint - edu.xunta.gal para clase.pdfToda esa auga está repartida nos...

Post on 04-Aug-2019

218 views 0 download

Transcript of Presentación de PowerPoint - edu.xunta.gal para clase.pdfToda esa auga está repartida nos...

A HIDROSFERA

Hidrosfera é o conxunto de augas presentes na Terra.

Ocupa máis do 70% da superficie do planeta.

Toda esa auga está repartida nos océanos, mares, ríos, casquetes polares, lagos, glaciares, augas subterraneas, atmosfera, etc.

A auga pura é un líquido incoloro, inodoro e insípido.

COMPOSICIÓN DA AUGA

Na Natureza pode presentarse en estado sólido (neve, xeo), líquido (choiva, océanos, ríos) e gasoso (vapor no aire).

Tamén forma parte de todos os seres vivos e de moitos produtos elaborados polo home.

Está formada por moléculas de 3 átomos: un de osíxeno e dous de hidróxeno (H2O).

A auga presenta unha serie de propiedades características que fan que sexa un elemento moi importante para a vida na Terra.

PROPIEDADES DA AUGA

> É un gran regulador da temperatura e dos climas.

> Disolve gran cantidade de substancias sen reaccionar con elas.

> O xeo é menos denso que a auga líquida, polo tanto flota nela.

> Absorbe unha gran cantidade de calor sen aumentar moito a temperatura.

DISTRIBUCIÓN DA AUGA NA TERRA

Total de auga no planeta

Auga mariña 97 %

Auga doce 3 %

Total de auga doce

Xeo 79 %

Auga doce superficial 1 %

Augas subterráneas 20 %

Nos lagos 50 %

No solo 38 %

Nos ríos 1 %

Nos seres vivos 1 %

Total de auga doce superficial

Na atmosfera 10 %

Estímase que na Terra hai uns 1.400 millóns de km3 de auga: (1.400.000.000.000.000.000.000 litros).

Pero a maior parte dela é salgada e non serve para regar, nin para a industria, nin

o fogar e tampouco se pode beber.

De toda a auga doce que hai a maior parte está conxelada

ou no subsolo, en lugares pouco accesibles.

A que serve para o consumo tampouco está

igualmente repartida por todo o planeta.

CICLO DA AUGA O ciclo da auga permite recuperar e distribuir gran parte da auga doce

que se perde continuamente por filtración, evaporación, volta ó mar, etc.

USO E CONSUMO DA AUGA

ESPAÑA

De toda a auga que se consome no mundo a agricultura leva, por término medio, un 70%, a industria o 20% e so o 10% é para uso doméstico.

O consumo e os usos que se lle dan a auga varían bastante duns países a outros: os máis ricos gastan moita máis auga que os países menos desenvolvidos.

CONTAMINACIÓN DAS AUGAS

A composición natural das augas modifícase pola presenza de elementos de distintos tipos que alteran a súa calidade e fan que sexa prexudicial para as persoas e para moitos seres vivos.

CONTAM

INACIÓN DA A

UGA

CONTAMINANTES BIOLÓXICOS

CONTAMINANTES QUÍMICOS

CONTAMINANTES FÍSICOS Vertidos de auga quente

Elementos radiactivos

Bacterias, virus, fungos e protozoos.

Fertilizantes e praguicidas

Petróleo, gasolina, gasóleo, …

Metais pesados: mercurio, chumbo, ...

Deterxentes, graxas, plásticos, ...

TRATAMENTO DAS AUGAS DOMÉSTICAS

As augas que usamos nas nosas casas, pobos e cidades, soen estar sometidas a dous tipos de procesos: a potabilización (antes de usala) e a depuración (despois de ser usada por nós).

DEPURACIÓN DA AUGA

A depuración é o conxunto de procesos ós que se somete ás augas usadas polas persoas para devolvelas á Natureza do xeito máis parecido ó seu estado natural.

http://cienciasnaturales.es/DEPURACION.swf

AFORRO DE AUGA

Case a mitade da auga que se consome a diario nunha casa podería ser substituida por auga recollida da choiva (augas pluviais).

A ESCASEZA DE AUGA DOCE

En moitos lugares do mundo, millóns de persoas (polo xeral mulleres e nenos) adican a maior parte do seu tempo a buscar e transportar auga.

A ESCASEZA DE AUGA DOCE

Máis de 1.000 millóns de persoas (1/6 da poboación mundial) non teñen acceso a auga potable.

Case 2 millóns de nenos morren cada ano por enfermidades provocadas por augas non potables.

A ESCASEZA DE AUGA DOCE

En moitas ocasións teñen que consumir auga que non está en moi boas condicións ou non é potable.

A ESCASEZA DE AUGA DOCE

As sequías, as inundacións e a falta de sistemas de saneamento son causas de malnutrición e de enfermidades en moitas partes do mundo.

Máis de 2.000 millóns de persoas (1/3 da poboación) non dispoñen de inodoros, sumidoiros nin saneamento das augas residuais.

A sobreexplotación dos recursos hidrolóxicos e a contaminación poden deixarnos sen un

elemento imprescindible para a vida na Terra.

O coñecemento do problema e a concienciación de cada un de nós pode evitar a desaparición de miles de especies e millóns de persoas.