Post on 15-Aug-2020
PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO
DE ORIENTACIÓN
IESMIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ
CURSO ACADÉMICO: 2019-2020
Plan de Orientación 2019-20 - 2 -
INDICE
1.- INTRODUCCIÓN: Páx. 5
1.1.- MARCO TEÓRICO. Páx. 5-8
1.1.1.- QUE É ORIENTACIÓN. Páx. 8
1.1.2.- PRINCIPIOS DA ORIENTACIÓN. Páx. 8-9
1.2.- MARCO LEXISLATIVO. Páx. 9-13
2.- XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO: Páx. 14
2.1.- ANÁLISE DO CONTEXTO. Páx. 14-20
2.2.- ESTRUCTURA ORGANIZATIVA DO DPTO. DE ORIENTACIÓN. Páx. 20-21
3.- OBXECTIVOS. Páx. 22
3.1.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS. Páx. 23-24
4.- PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIAS: Páx. 25-27
4.1.- PLAN DE APOIO AO PROCESO DE ENSINANZA – APRENDIZAXE. ATENCIÓN Á
DIVERSIDADE: Páx. 28
4.1.1- OBXETIVOS XERAIS E ACTUACIÓNS. Pax. 28-32
4.1.2- ACTIVIDADES. Pax. 32-33
4.1.3- RECURSOS. Pax. 33-34
4.1.4- AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN. Pax. 34
Plan de Orientación 2019-20 - 3 -
4.2.- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL ( PAT ): PAX. 35
4.2.1- INTRODUCCIÓN. Páx. 35-36
4.2.2- OBXETIVOS DO PAT. Páx. 37-39
4.2.3- ACTUACIÓNS PARA DESENVOLVER NA ACCIÓN TITORIAL. Páx. 40-51
PLAN DE ACTIVIDADES: TITORIAS DE 1º DA ESO.
PLAN DE ACTIVIDADES: TITORIAS DE 2º DA ESO.
PLAN DE ACTIVIDADES: TITORIAS DE 3º DA ESO.
PLAN DE ACTIVIDADES: TITORIAS DE 4º DA ESO.
4.2.4- PROGRAMA BÁSICO DE HABILIDADES SOCIAIS. Páx. 52-53
4.2.5- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL E OS EQUIPOS EDUCATIVOS. Páx. 54-55
4.2.6- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL E AS FAMILIAS. Páx. 55-56
4.2.7- METODOLOXIA. Páx. 56
4.2.8- RECURSOS. Páx. 56
4.2.9- AVALIACIÓN DO PAT. Páx. 57
4.2.10.- OUTRAS ACTUACIÓNS. Páx.58
4.3.- PLAN DE ORIENTACION ACADÉMICA E PROFESIONAL ( POAP ):Pax. 59
4.3.1- INTRODUCCIÓN.Pax. 59-61
4.3.2- MADUREZ VOCACIONAL E ELECCIÓN PROFESIONAL. Pax. 61
Plan de Orientación 2019-20 - 4 -
4.3.3- RECOLLIDA DE INFORMACIÓN. Pax. 62
4.3.4- OBXETIVOS. Pax. 62-64
4.3.5- ACTUACIÓNS. Pax. 65-66
4.3.6- BLOQUES TEMÁTICOS. Pax. 66-68
4.3.7- ACTIVIDADES. Pax. 68-69
4.3.8- ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN. Pax. 69-70
4.3.9- CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PLAN. Pax. 71-72
ANEXO I. PROGRAMACIÓN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA. Pax.73-98
Plan de Orientación 2019-20 - 5 -
1.- INTRODUCCIÓN
1.1.- MARCO TEÓRICO
A importancia da orientación educativa xurde directamente das propias características
do sistema educativo e das condicións do mundo laboral. Por unha parte, hai unha serie de
factores que se derivan do propio sistema educativo que fan necesaria a orientación, entre
estes cabe sinalar os seguintes:
A ampliación do período de escolarización, no que hai que atender a un amplo e
heteroxéneo alumnado con diferentes intereses, motivacións e aptitudes, fai
necesario o deseño e implementación de medidas de atención a esa diversidade.
Relacionado con isto, o recoñecemento do dereito do alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo, a ser atendidos nos contornos máis normalizados,
seguindo os principios de integración escolar propugnados no artigo 49 da
Constitución; así mesmo o Real Decreto 1/2013 polo que se aproba o texto
Refundido da Lei Xeral de Dereitos das persoas con discapacidade e a súa
integración social e nas leis que se desenvolven, afondan, tamén, na necesidade da
orientación no sistema educativo.
Por último, a maior complexidade das opcións formativas que se ofertan ós
alumnos/as, concretadas no espazo de opcionalidade, itinerarios e modalidades de
bacharelato, a estruturación da formación profesional en familias profesionais e
ciclos formativos e tamén a crecente oferta de titulacións universitarias, moitas
delas novidosas, son outro motivo da necesidade da orientación vocacional.
Ademais das necesidades orientadoras ligadas ó sistema educativo, á estrutura
socio-produtiva, caracterizada polos cambios tecnolóxicos rápidos que levan
aparellados transformacións de profesións, así como a aparición e desaparición
doutras, xunto á inestabilidade e precariedade laboral que caracteriza o mercado
laboral, dificultan notablemente a toma de decisións vocacionais do alumnado.
Plan de Orientación 2019-20 - 6 -
Isto esixe unha intervención orientadora sistemática dende a escola de cara a
desenvolver a madurez vocacional da xente nova.
Seguindo a Bisquerra, entendemos a orientación como “o proceso de axuda continuo e
sistemático, dirixido a tódalas persoas, en tódolos aspectos, poñendo un énfase especial na
prevención e no desenvolvemento coa implicación de diferentes axentes educativos
(titores/as, orientadores/as, profesores/as).
No marco da nova reforma educativa, considerase a orientación como algo
inherente á propia educación, que trata de contribuír á formación integral do alumnado, á
implicación e ao seguimento das familias e do resto dos axentes da comunidade educativa.
A súa tarefa consiste en promover e facilitar o desenvolvemento persoal, educativo e
profesional do alumnado a través da axuda técnica e do asesoramento necesarios.
A orientación e a acción titorial convértense nun dos factores determinantes da
calidade e mellora do ensino. Así aparece na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de
educación e se ratifica a Lei Orgánica para a Mellora Da Calidade Educativa 8/2013, Artigo
1, “A orientación educativa e profesional dos estudantes, como medio necesario para o
logro dunha formación personalizada, que propicie unha educación integral en
coñecementos, destrezas e valores”.
Coa LOMCE e en liña coa recomendación 2006/962/EC, do 18 de decembro de
2006, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as competencias clave para a
aprendizaxe permanente, incorpóranse ao currículo e considérase que “as competencias
claves son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e o seu
desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social e o
emprego”.
A orientación enténdese como un continuo que comeza coa escolarización do
alumnado e remata ao final do ensino universitario; un continuo que inclúe a toda a
poboación escolar ao marxe do tipo e grao de diversidade que presente.
Plan de Orientación 2019-20 - 7 -
Os principios sobre os que se fundamenta o concepto e as funcións de orientación,
coherentes cos de comprensividade e diversidade, fan referencia a unha tarefa:
xeneralizada, continuada, preventiva, integrada na función docente, potenciadora da
intervención social e respectuosa coa orixinalidade do alumnado.
Os distintos documentos lexislativos sinalan que a función orientadora e titorial
constitúen os servizos que o sistema educativo oferta co obxectivo de optimizar o ensino. A
orientación enténdese como un continuo ó longo de todo o proceso educativo do
alumnado, dende o comezo da súa escolarización, un continuo que inclúe a toda a
poboación escolar á marxe do tipo e grao de diversidade que presente.
Dita orientación será unha tarefa educativa máis que debe estar plenamente
integrada no deseño curricular seguido polo centro, dita tarefa cooperativa será
competencia de todo o profesorado e en especial dos titores e do propio Departamento de
Orientación. Deste xeito orientar será educar para a vida (que as aprendizaxes dos alumnos
sexan funcionais) e educar na capacidade de tomar decisións.
A nivel legal a orientación educativa e profesional na ensinanza secundaria queda
vertebrada e desenvólvese en tres niveis:
Na aula, acción titorial.
No centro, departamento de orientación.
Servizos externos, equipos de orientación específicos.
Todo isto baixo unha formulación sistémica de intervención, é dicir, orientación como
proceso e responsabilidade compartida por todo o equipo docente, coordinada polo
orientador e máis polos servizos externos de apoio.
Plan de Orientación 2019-20 - 8 -
O feito de que a orientación se considere como un proceso continuo e global que inclúe
a toda a poboación escolar e cuxa finalidade última é a formación integral do alumnado en
tódalas súas dimensións, esixe que aquela sexa unha tarefa compartida por toda a
comunidade educativa, asesorados polos Departamentos de Orientación, e implica a
superación de modelos de actuación de carácter clínico.
Na actualidade todo apunta a que o Modelo de Intervención por Programas é o máis
adecuado de cara a ofertar unha orientación que supere a intervención reactiva, na
dirección de artellar intervencións proactivas, dirixidas ao conxunto da comunidade
educativa.
Nas actividades orientadoras que realice o Departamento de Orientación combinarase
a intervención baseada en Programas, coas necesarias intervencións individualizadas de
asesoramento e consulta aos diferentes membros da comunidade educativa, cando sexa
necesario, a orientadora participará directamente na implementación dos programas
deseñados.
1.1.1 Que é orientación?
É unha tarefa cooperativa, competencia de todo o profesorado, especialmente dos
titores e apoiado no departamento de orientación. É responsabilidade do equipo directivo,
dos profesores/as e das propias familias. Constitúe unha axuda ou asistencia técnica
estimulante, pero non supoñerá a asunción da liberdade do orientado na súa toma de
decisións, o que constitúe unha responsabilidade persoal e intransferible.
Orientar é, polo tanto, educar para a vida e educar na capacidade para tomar
decisións.
Educar para a vida, as aprendizaxes que realizan os/as alumnos/as deben ser
funcionais, estar en conexión co seu medio e gardar relación co futuro que lles espera.
Plan de Orientación 2019-20 - 9 -
Educar na capacidade para tomar decisións, asesorando aos/as alumnos/as sobre os
diferentes itinerarios e opcións, facilitándolles coñecemento de si mesmos e capacitándoos
para a aprendizaxe.
1.1.2.- Principios da orientación.
A concepción da orientación está sustentada e fundamentada nos principios de
prevención, desenvolvemento e intervención social. A acción orientadora deberíase
anticipar ás situacións ter en conta a necesidade real e non centrarse nunha demanda
concreta:
.- Prevención: orientación como un dereito de todo educando en todo momento e non
unicamente cando aparece unha problemática específica.
.- Desenvolvemento: os/as alumnos/as na súa interacción co medio van estruturando as
súas capacidades, habilidades e destrezas e maila a súa personalidade. Trátase de crear un
contexto motivador que estimule eses cambios.
.- Intervención social: a intervención orientadora non debe ter en conta só ó individuo,
senón que debe dirixirse ó contexto educativo e social no que se desenvolve.
1.2.- MARCO LEXISLATIVO
As actuacións que se leven a cabo dende o Departamento de Orientación partirán en
todo caso do sinalado nas disposicións seguintes:
Lei Orgánica 8/1985, de 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.
Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
Lei Orgánica 8/2013, de decembro, para a mellora da calidade educativa
Real Decreto 83/1996, de 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento
Orgánico dos Institutos de Educación Secundaria.
Plan de Orientación 2019-20 - 10 -
Decreto 324/1996, de 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos
Institutos de Educación Secundaria.
Orde do 1 de agosto de 1997 polo que se ditan instrucións para o desenvolvemento
do Decreto 324/1996 polo que se aproba o regulamento orgánico dos Institutos de
Educación Secundaria e se establece a súa organización e funcionamento.
Real Decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo
básico da Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación
secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Real Decreto-lei 5/2016, de 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación
do calendario de implementación da Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a
mellora da calidade educativa.
Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a
obtención dos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de
Bacharelato, de acordo co disposto no Real Decreto-lei 5/2016, de 9 de decembro,
de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implementación da Lei
Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
Resolución do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no
Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do
bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Decreto 107/2014 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos de
Formación Profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema
educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais
básicos.
Decreto 120/1998, de 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e
profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
Plan de Orientación 2019-20 - 11 -
Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e o funcionamento
da Orientación Educativa e Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia
regulado polo Decreto 120/1998.
Circular 18/2007 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativas de
Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se ditan instrucións para
unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación
educativa e profesional das ensinanzas escolares de Galicia.
Circular 10/ 2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para coordinar as actuacións
prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional na comunidade
autónoma de Galicia.
Resolución do 11 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento, no curso académico 2018/ 2019, do currículo establecido no
Decreto 86/ 2015, do 25 de xuño, de educación Secundaria obrigatoria e do
bacharelato, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Resolución do 16 de abril de 2019, da dirección de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento da avaliación final da educación secundaria obrigatoria nos centros
docentes da Comunidade autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/2019.
Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso
2019/2020 nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Resolución do 29 de maio de 2019, da dirección Xeral de educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento, no curso académico 2019/2020, do currículo establecido no
Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do
Bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Plan de Orientación 2019-20 - 12 -
E outras disposicións relevantes para o traballo a desenvolver polo departamento en
cuestión, como por exemplo, no ámbito da Atención á Diversidade:
- Orde do 6 de outubro de 1995, pola que se regulan as adaptacións do currículo nas
ensinanzas de réxime xeral.
- Orde do 31 de outubro de 1996, pola que se regula a avaliación psicopedagóxica
dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as
ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a
realización do ditame de escolarización.
- Circular 9/1999 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación
Profesional pola que se ditan instrucións para a atención á diversidade na
Educación Secundaria Obrigatoria.
- Orde do 27 de decembro de 2002 polo que se establecen as condicións e criterios
para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de
ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG 30-I-2003).
- Orde do 20 de febreiro pola que se establecen as medidas de atención específica ao
alumnado procedente do estranxeiro.
- Circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa, pola que regulan algunhas medidas de atención á diversidade
para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade
do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se
imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación.
Plan de Orientación 2019-20 - 13 -
No Ámbito da Convivencia:
Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia y participación de la comunidad
educativa.
Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de
xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de
convivencia escolar.
Plan de Orientación 2019-20 - 14 -
2.- XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO.
2.1.- ANÁLISE DO CONTEXTO.
O IES Miguel Ángel González Estévez é un centro de Secundaria que conta coa
Etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, e coas etapas postobrigatorias de secundaria
como o Bacharelato, coas tres modalidades, Ciencias, Ciencias Sociais e Humanidades e
Artes e no presente curso tamén con dous Ciclos Formativos da familia profesional de
Actividades Físicas, o primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior de
Acondicionamento Físico e o segundo curso do Ciclo Formativo de Grao Superior de
Animación de actividades físicas e deportivas.
Na etapa de Secundaria recibe a maioría do alumnado dun centro de Primaria, o
CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro- Carril e algúns alumnos/as dos outros centros de
Vilagarcia como do CEIP A Escardia, do CEIP a Lomba, do CEIP San Tomé ...
Na etapa de Bacharelato ademais dos nosos alumnos/as de cuarto nútrese do
alumnado do IES de Catoira e ao Bacharelato de Artes veñen alumnos de todo o Salnés.
O centro na etapa da ESO, conta con 230 alumnos/as escolarizados no curso 2019-
2020.
Educación Secundaria Obrigatoria:
ESO TOTAL MOZOS MOZAS
1º ESO 59 36 23
2º ESO 63 31 32
3º ESO 61 26 35
4º ESO 47 25 22
TOTAL 230 118 112
Plan de Orientación 2019-20 - 15 -
1º de ESO: Dous grupos cun desdobre en tres grupos en tódalas materias.
ALUMNADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS
DE 1º ESO
1ºA 19 12 7 3
1ºB 20 12 8 2
1ºC 20 12 8 3
TOTAL 59 36 23 8
2º de ESO: Tres grupos.
ALUMNADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS
DE 2º ESO
2ºA 20 10 11 1
2ºB 21 12 11 1
2ºC 22 9 10 1
TOTAL 63 31 32 3
3º de ESO: Tres grupos.
ALUMNADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS
DE 3º ESO
3ºA 20 9 11 1
3ºB 20 7 13 2
3ºC 21 10 11 0
TOTAL 61 26 35
Plan de Orientación 2019-20 - 16 -
4º de ESO: Dous grupos.
ALUMNADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS
DE 4º ESO
4ºA 24 12 12 6
4ºA 23 13 10 5
total 47 25 22 11
Etapa de Secundaria Postobrigatoria
1º de Bacharelato: Tres grupos
1º DE BACH ALUMNADO RAPACES RAPAZAS REPETIDORES/AS
DE 1º BACH
1ºA
CIENCIAS
22 12 10 0
1ºB
HUMANID. E
CC.SOCIAIS
30 8 22 4
1ºC
ARTES
16 2 14 2
TOTAL 68 22 46 6
Plan de Orientación 2019-20 - 17 -
2º de Bacharelato: Tres grupos
2º DE
BACH
ALUMNADO RAPACES RAPAZAS REPETIDORES/AS
DE 2º BACH
2ºA
CIENCIAS
42 22 20 1
2ºB
HUMANID.
E
CC.SOCIAIS
24 9 15 3
2ºC
ARTES
31 3 28 2
TOTAL 97 34 63 6
Ciclos Formativos de grao Superior
CLICLOS
FORMATIVOS
ALUMNADO RAPACES RAPAZAS
1º
CFGS
ACD. FÍSICO
29 24 5
2º
CFGS
A.A.F.D.
A.
6 6 0
Plan de Orientación 2019-20 - 18 -
ALUMNADO
CURSO ACADEMICO
2019/2020
TOTAL
MOZOS
MOZAS
ESO 230 118 112
BACHARELATO 165 56 109
CICLOS
FORMATIVOS
35 30 5
TOTAL 430 204 226
No tocante ás Medidas de Atención á Diversidade, para o curso 2019/20, contamos:
1º ESO:
Desdobramento dos dous grupos de primeiro en tres grupos, sendo estes
hetroxéneos.
Programa de reforzo nas materias instrumentais básicas, concretamente
Matemáticas e Lingua Castelá e Literatura, con 15 alumnos/as que están
exentos da segunda lingua estranxeira.
Reforzo dentro da aula e fora das profesoras especialistas en Pedagoxía
Terapéutica nas materias de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e
Literatura, Matemáticas.
Reforzo específico por parte dos profesores/as das distintas materias.
Catro alumnos con Adaptación Curricular significativa, un en 1º ESO A e tres
en 1º B.
Aplicación do protocolo de TDAH y TEA para dous alumnos/as que cursan
este nivel.
Plan de Orientación 2019-20 - 19 -
2º ESO:
Programa de reforzo nas materias instrumentais básicas, concretamente
Matemáticas e Lingua Castelá e Literatura, con ??? alumnos/as que están
exentos da segunda lingua estranxeira.
Reforzo dentro da aula e fora das profesoras especialistas en Pedagoxía
Terapéutica nas materias de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e
Literatura, Matemáticas, Xeografía e Historia e Tecnoloxía
Reforzo específico por parte dos profesores/as das distintas materias.
Seis alumnos con Adaptación Curricular significativa.
Aplicación do protocolo de TDAH y TEA para seis alumnos/as que cursan
este nivel.
3º ESO:
Reforzo dentro da aula e fora das profesoras especialistas en Pedagoxía
Terapéutica nas materias de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e
Literatura e Matemáticas Aplicadas
Reforzo específico por parte dos profesores/as das distintas materias.
Catro alumnos/as con Adaptación Curricular significativa.
Aplicación do protocolo de TDAH y TEA para catro alumnos/as que cursan
este nivel.
4º ESO:
Reforzo específico por parte dos profesores/as das distintas materias.
Seguimento titorial e familiar e apoio específico dos prefesores/as das
distintas materias, seguindo o protocolo de TDAH para tres alumnos/as que
cursan este nivel.
Plan de Orientación 2019-20 - 20 -
Coordinación e seguimento coa ONCE por una alumno con deficiencia visual
en 4º ESO A.
Optatividade que responde as necesidades e intereses do alumnado
Nos cursos de bacharelato mantense a aplicación do protocolo de TDAH xa que
contamos con dous alumnos/as en 1º e catro en 2º bacharelato.
A avaliación destas necesidades aquí sinaladas constitúe o punto de partida da
intervención orientadora nun modelo de Intervención por programas. Trátase de analizar o
contexto educativo concreto, para determinar as posibles necesidades de orientación e
despois priorizalas. Para realizar o noso plan de actuación debemos partir dunha análise do
PEC, e da Memoria Anual do Departamento de Orientación, tendo en conta as
características dos diferentes membros que compoñen a comunidade educativa, entorno
socio-económico e cultural, centro, alumnos/as e familias.
O claustro está constituído no curso 2019/2020 por 50 profesores/as.
O horario de apertura do instituto durante o curso 2019-2020 será de Luns a
Venres, de 9.00 a 14.35, e os martes de 16.30 a 18.10.
2.2.-ESTRUCTURA ORGANIZATIVA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.
O departamento de Orientación leva a cabo unha importante labor sobre todo en
relación coa orientación académica e profesional do alumnado, e o traballo a desenvolver
en relación ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
O Departamento de Orientación para o curso 2019/20 estará composto por:
Xefa do Departamento de orientación . .................. Cristina Goris Mayán
Prof. Ped. Terapéutica:…......................................... Amparo Sobrado Janeiro
Prof. Ped. Terapéutica:…......................................... Natalia María Santos Raposo
Plan de Orientación 2019-20 - 21 -
Titora do Ámbito Socio-Lingüístico:.........................
Titora do Ámbito Científico-Técnico:.......................
Para realizar o Plan anual de actuación, fundamentámonos nos diferentes documentos
do centro, así como nos datos da memoria final do pasado curso e as propostas e
modificacións feitas para levar a cabo neste curso académico.
Tódolos membros do departamento de orientación farán unha reunión mensual do
departamento de orientación do IES, e unha semanal de atención aos pais e nais do
alumnado, ademais daqueloutras de carácter extraordinario que se consideren necesarias.
No horario da Xefa do Departamento de orientación, a orientadora terá unha hora á
semana de coordinación cos titores da E.S.O. por cada nivel educativo.
Con respecto á coordinación externa, co fin de asegurar a coordinación entre o
Departamento e as diferentes institucións do entorno (centros adscritos y da zona,
institucións sanitarias, servizos sociais do concello, servizos de emprego, empresas, Spad
de Vilagarcía….) manteremos contactos periódicos conforme vaian xurdindo necesidades
ou conforme vaiamos desenvolvendo as actuacións programadas.
Ó remate do curso académico a xefatura do departamento de orientación, redactará
unha memoria na que se recollan as modificacións introducidas no proceso de
desenvolvemento do Plan ou programas; a valoración do grao de consecución de
obxectivos establecidos no Plan Anual; a implicación e participación dos diferentes
profesionais que colaboren nel; e as conclusións e propostas concretas de mellora.
Plan de Orientación 2019-20 - 22 -
3.- OBXECTIVOS:
Tendo en conta todo o sinalado ao longo do punto anterior, os obxectivos xerais
que se perseguirán dende o Departamento de Orientación deste centro durante o presente
curso académico 2019- 20 serán os seguintes:
1. Contribuír á persoalizacion da educación favorecendo o desenvolvemento de
tódolos aspectos da persoa concreta e individualizada.
2. Prever as dificultades de aprendizaxe e contribuír a superalas cando se
produzan, axustando a resposta educativa ás necesidades particulares do
alumnado.
3. Favorecer os procesos de madurez persoal, social e profesional así como o
desenvolvemento da propia identidade e dun sistema de valores.
4. Resaltar os aspectos orientadores da educación: “orientación en/e para a
vida”, atendendo ó contexto real dos alumnos e ó futuro que poidan proxectar para
si mesmos, favorecendo a adquisición de aprendizaxes funcionais.
5. Contribuír na axeitada relación e coordinación entre os distintos integrantes
da comunidade educativa para favorecer o desenvolvemento integral do alumno
Co traballo que se pretende levar a cabo arredor destes obxectivos xerais inténtase
abarcar tres dimensións fundamentais do alumnado como son:
Persoal e familiar, entendendo ao alumnado como persoa individual que
forma parte dunha familia.
Escolar e social, entendendo ao alumno como persoa que interacciona con
outros e que debe integrarse na sociedade.
Vocacional e profesional, entendendo o/a alumno/a como unha persoa que
deseña o seu propio proxecto de vida e se prepara para a súa inserción
profesional.
Plan de Orientación 2019-20 - 23 -
3.1 Obxectivos específicos:
Respecto ao profesorado:
Asesorar ós órganos directivos en aspectos psicopedagóxicos e colaborar con eles na
organización e planificación de actividades educativas do centro.
Deseñar xunto ao profesorado medidas de reforzo, Adaptacións curriculares,
Programas de Reforzo.
Colaborar co profesorado na prevención e detección de dificultades e problemas de
aprendizaxe nos alumnos/as.
Asesorar ó profesorado para a realización dunha avaliación inicial, continua e
integradora, unificando criterios e procedementos para a avaliación e promoción dos
alumnos.
Asesorar ao profesorado sobre as medidas de atención a diversidade que se pretenden
levar a cabo neste curso.
Colaborar na axeitada coordinación e asesoramento aos equipos docentes, a través da
labor titorial, para atender de xeito integral as necesidades do alumnado.
Coordinar a labor dos/as titores/as, segundo o Plan de Acción Titorial e plantexar as
modificacións oportunas en dito Plan.
Asesorar e colaborar co profesorado que o demande nos tres ámbitos de actuación da
orientación.
Colaborar cos departamentos que o precisen sobre as medidas de atención á
diversidade, segundo o PXAD.
Respecto ao alumnado:
Proporcionar aos alumnos estratexias e procedementos que faciliten o seu proceso de
aprendizaxe.
Contribuír, na ESO, á consolidación, no alumnado, a través do PAT e dos programas que
se realicen, de hábitos de estudo e de traballo; preparalos/as para a súa incorporación
a estudos posteriores e para a súa inserción laboral, e formalos/as para o exercicio dos
seus dereitos e das súas obrigas na vida como cidadáns e cidadás.
Plan de Orientación 2019-20 - 24 -
Contribuír a que o alumnado adquira formación, madureza intelectual e humana,
coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e
incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia.
Informar e asesorar, ao alumnado, sobre as súas posibilidades educativas e sociais.
Favorecer o desenvolvemento vocacional.
Respecto ás familias:
Fomentar e facilitar as relacións dos pais e nais cos profesores/as para atopar solucións
os problemas educativos que afecten os seus fillos.
Implicar ós pais nas actividades de apoio e reforzo dos seus fillos, principalmente en
alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.
Establecer canles de comunicación, coordinación e colaboración, a través do PAT, para
a súa implicación no proceso de formación persoal e escolar dos seus fillos.
Potenciar a súa participación a través de reunións, entrevistas, colaboración coas
ANPAs, información na web, nas diferentes actuacións e programas que se establezan
dentro do ámbito de actuación da orientación.
Respecto ao centro:
Colaborar e asesorar na elaboración e nas modificacións dos diferentes documentos do
centro e en especial nos que afecten ao relacionado coa orientación académica e
profesional e a atención a diversidade.
Implicar ao departamento de orientación na mellora da convivencia escolar.
Asesorar e colaborar na organización e funcionamento xeral do IES.
Respecto a outros organismos e institucións:
Contacto, colaboración e coordinación co Concello e cos seus servizos, en especial co
de educación e servizos sociais.
Contacto, coordinación e colaboración cos equipos de orientación específicos de
Pontevedra.
Plan de Orientación 2019-20 - 25 -
4.- PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIAS.
Definición de accións prioritarias.
Primeiro trimestre:
Constitución do departamento de orientación.
Revisión e, se procede, modificación do Plan de Acción Titorial, do Plan de
Orientación Académica e Profesional e do Plan de Apoio ao Proceso de ensino-
aprendizaxe.
Avaliación psicopedagóxica de alumnos con necesidades específicas de apoio
educativo e proposta das medidas curriculares oportunas.
Revisión e, se procede, actualización dos informes que poida presentar o alumnado
con necesidades específicas de apoio educativo escolarizados no centro.
Organización e coordinación da labor a desenvolver durante o curso polas
profesoras especialistas de Pedagoxía Terapéutica.
Organización e coordinación da labor a desenvolver ao longo do curso polos titores
dos ámbitos lingüístico-social e científico-técnico asignados ao departamento.
Coordinación, xunto coa Xefatura de Estudos, do traballo a desenvolver polos
titores/as cos seus respectivos grupos de alumnos e alumnas.
Posta en contacto e reforzar a coordinación co centro adscrito e planificación do
traballo a desenvolver no mesmo no ámbito de orientación.
Desenvolvemento dos Planos de Acción Titorial, Apoio ao Proceso de Ensino-
aprendizaxe e de Orientación Académica e Profesional, desenvolvemento dos
programas a tratar dende cada ámbito.
Posta en marcha do Plan de Convivencia e actuacións de carácter anual.
Elaboración e desenvolvemento da concreción anual do Plan Xeral de Atención á
Diversidade.
Ter en conta as competencias claves sinaladas na LOMCE e contribuír ao seu
desenvolvemento e avaliación no alumnado, nas actividades realizadas dende o
PAT, de POAP e nas intervencións de atención a diversidade.
Plan de Orientación 2019-20 - 26 -
Continuar co coñecemento e co establecemento de canles de colaboración e
coordinación cos diferentes servizos do Concello.
Segundo trimestre:
Avaliación psicopedagóxica de alumnos con necesidades específicas de apoio
educativo e, proposta das medidas curriculares oportunas.
Aplicación de programas de intervención específicos en función das necesidades
detectadas ao longo do trimestre anterior.
Establecemento de contactos periódicos cos responsables da orientación no centro
adscrito ao IES.
Atención ás demandas que poidan ir xurdindo por parte de calquera membro da
comunidade educativa.
Desenvolvemento dos Planos de Acción Titorial, Apoio ao Proceso de Ensino-
aprendizaxe e de Orientación Académica e Profesional.
Terceiro trimestre:
Aplicación de programas de intervención específicos.
Desenvolvemento dos planos de Acción Titorial, Apoio ao proceso de
Ensino-aprendizaxe e de Orientación Académica e Profesional.
Proposta das medidas curriculares que se consideren máis oportunas para
os alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (continuación).
Identificación e elaboración dun pequeno informe de todos os alumnos con
necesidades específicas de apoio educativo que se poidan incorporar ao
centro no vindeiro curso, todo elo en colaboración cos responsables dos
centros de procedencia.
Análise e avaliación do traballo desenvolvido ao longo do curso, así como
detección das necesidades que no ámbito da orientación será preciso
solventar no futuro, establecendo as liñas prioritarias de traballo a seguir en
vindeiros cursos.
Plan de Orientación 2019-20 - 27 -
A todas estas actuacións é preciso engadir outras que, debido ao seu carácter xeral,
non se poden concretar nun período de tempo específico. Trátase, en concreto, de
actuacións coma as seguintes.
o Dotación do Departamento de Orientación de todos aqueles recursos técnicos e
materiais que se consideren oportunos e necesarios.
o Participación do Departamento de Orientación na revisión e, se procede
modificación ou elaboración dos documentos do centro.
o Establecemento de contactos cos servizos educativos, sociais, culturais, presentes
no contorno en que se ubica o centro para o desenvolvemento de accións
conxuntas.
o Asesoramento e apoio, tanto colectivo como puntual/individual, aos distintos
grupos que constitúen a comunidade educativa.
o Implementación dos programas elixidos en cada ámbito dende o PAT ( Plan de
acción titorial), POAP, e na Atención á diversidade.
Convén sinalar que as accións aquí enumeradas constitúen, como o seu propio nome
indica, liñas xerais de actuación que será preciso concretar ao longo do curso e dentro dos
ámbitos de :
Plan de Apoio ao proceso de Ensino-aprendizaxe. Atención á diversidade.
Plan de Acción Titorial. Potenciación da Acción titorial.
Plan de Orientación académica e profesional.
A continuación desenvolveránse as actuacións dende cada un destes Plans.
Plan de Orientación 2019-20 - 28 -
4.1.- PLAN DE APOIO AO PROCESO DE ENSINANZA – APRENDIZAXE
4.1.1.- OBXECTIVOS XERAIS
ACTUACIÓNS
Asesoramento Curricular e
organizativo:
Colaborar, xunto co resto dos
Departamentos, na revisión,
modificación e elaboración dos
documentos de centro.
Formular propostas á Comisión de
Coordinación Pedagóxica sobre
aspectos psicopedagóxicos.
Facilitar o desenvolvemento
curricular e metodolóxico da
LOMCE e o seu traslado á práctica
docente.
Informar á CCP da lexislación
referida a algún dos ámbitos de
actuación do Departamento,
favorecendo a comprensión da
lexislación novidosa.
Asesorar sobre as modificacións
pertinentes na implantación da
nova lei educativa LOMCE,
calendario e modificacións.
Traballar dende a CCP aspectos
metodolóxicos e da avaliación das
Difusión e análise de toda a normativa
vixente e de todas as novidades
lexislativas. (LOMCE).
Revisión, adaptación e difusión dos
criterios de avaliación, promoción e
titulación da ESO, Bacharelato e Ciclos
Formativos de Grao Superior.
Asesoramento ao profesorado en aspectos
metodolóxicos e organizativos das
programacións da aula.
Informe inicial do presente curso
académico, onde se fai una valoración da
situación académica de todo o alumnado
da ESO.
Valoración global das aptitudes escolares
do alumnado do Primeiro Ciclo da ESO.
(1º, 2º e 3º da ESO.)
Informe trimestral de Avaliación,
realizando unha valoración cuantitativa e
cualitativa dos resultados académicos,
analizando os factores e causas dos
Plan de Orientación 2019-20 - 29 -
Competencias.
Asesorar no desenvolvemento do
NOF.
Desenvolver o Plan de Atención a
Diversidade.
Colaborar no desenvolvemento do
Plan de Convivencia do centro.
Participar nas reunión da CCP,
realizando propostas para a
adecuación dos diferentes
proxectos do centro á realidade na
que nos desenvolvemos.
Participar nos procesos de
avaliación e seguimento do
alumnado, así como na avaliación
do centro, propoñendo medidas
para mellorar as súas aprendizaxes.
Asesorar aos equipos educativos
nas fases de deseño,
desenvolvemento e avaliación do
proceso de ensino- aprendizaxe.
Buscar a cooperación entre tódolos
responsables do proceso de
ensinanza- aprendizaxe do
alumnado para optimizar os
resultados do mesmo e conseguir o
desenvolvemento integral dos/as
alumnos/as.
mesmos, así como propoñer propostas de
mellora psicopedagóxicas que favorezan o
proceso de ensinanza/ aprendizaxe do
alumnado.
Elaboración do boletín informativo a pais
e nais.
Implicación no desenvolvemento do Plan
Lector.
Participar na avaliación inicial do
alumnado.
Elaboración e desenvolvemento do Plan
Xeral de Atención á Diversidade.
Participar no desenvolvemento do Plan de
convivencia mediante a posta en marcha
de programas específicos que impliquen
una mellora da convivencia.
Contribuír a fixar pautas e estratexias de
traballo na posible revisión e elaboración
do PEC, especialmente nas decisións
relacionadas cos aspectos
psicopedagóxicos e metodolóxicos, na
avaliación, na atención a diversidade, nos
Plan de Orientación 2019-20 - 30 -
Colaborar co profesorado na
prevención e detección de
necesidades e problemas de
aprendizaxe e na planificación e
realización de tarefas ou
actividades dirixidas a súa solución.
temas transversais, na titoría e na
orientación.
Desenvolvemento da concreción do plan
xeral de atención a diversidade na PXA en
coordinación co Equipo Directivo.
Atención á Diversidade e ao
alumnado con Necesidades Específicas
de Apoio Educativo( Orientadora e
profesoras de pedagoxía terapéutica):
Detectar e previr as necesidades de
aprendizaxe que presentan os
alumnos/as neste centro.
Prestar atención e apoio( directo/
indirecto) ás necesidades de
aprendizaxe que se detecten para
posibilitar situacións que
enriquezan a aprendizaxe e
desenvolvemento dos alumnos/as
que as manifesten.
Proporcionar ao alumnado una
resposta educativa de calidade que
posibilite o máximo
Posta en marcha do Plan de Atención á
Diversidade.
Adaptacións de Aula e medidas de reforzo
educativo. Asesoramento nos programas
de reforzo e asesoramento nos informes
dos alumnos/as propostos para esta
materia.
Participar xunto ao profesorado na
prevención e detección de problemas de
aprendizaxe e outras necesidades,
realizando as avaliacións psicopedagóxicas
necesarias.
Realizar informes iniciais de
asesoramento para o profesorado
implicado na ensinanza dos alumnos/as
de NEAE.
Elaboración, asesoramento e coordinación
das Adaptacións Curriculares.
Plan de Orientación 2019-20 - 31 -
desenvolvemento das súas
potencialidades.
Organizar recursos persoais e
materiais ao departamento de
orientación para facilitar una
resposta educativa adecuada a todo
o alumnado.
Propoñer á CCP os criterios e
procedementos para a realización
das adaptacións curriculares.
Realizar o seguimento do proceso
de aprendizaxe do alumnado que
presente dificultades de
aprendizaxe, que se incorpora do
estranxeiro ou necesidades
educativas asociadas a
sobredotación intelectual e TDAH.
Fomentar a participación,
colaboración e implicación das
familias no proceso educativo dos
seus fillos.
Colaborar na organización de actividades
de apoio e reforzo e realizar o seguimento
das ACIS.
Elaboración dos Informes
Psicopedagóxicos de aqueles alumnos/as
nos cales detéctanse dificultades no seu
proceso de ensinanza/ aprendizaxe.
Actualización dos Informes
psicopedagóxicos do alumnado que
presenta NEAE.
Elaboración dos informes educativos do
departamento de Orientación del
alumnado que solicita as bolsas do MEC
para alumnado NEAE.
Informes do seguimento das reunións de
Equipos Educativos e sesións de
Avaliación.
Informes do alumnado proposto para
cursar a Formación Profesional Básica ou
PMAR.
Elaboración do Proxecto de PMAR, no
caso de solicitar dita medida para o
seguinte curso académico.
Entrevistas coas familias de todo o
alumnado que leve medidas de atención a
diversidade, para comunicarlles a decisión
e coñecer a súa aceptación o
rexeitamento da mesma.
Plan de Orientación 2019-20 - 32 -
Manter entrevistas e encontros cos
profesores/as, alumnos/as, e familias co
fin de recoller e achegar a información e a
cooperación precisas para dar resposta as
necesidades do alumnado.
Seguimento dos plans de recuperación de
os/as alumnos/as con materias pendentes
de cursos anteriores. (Modelo entregado
pola Inspección educativa).
Seguimento dos plans de Recuperación
dos/as alumnos/as repetidores de cada
curso. (Modelo entregado pola Inspección
educativa).
4.1.2.- ACTIVIDADES A DESENVOLVER RESPECTO A:
Centro/ Profesores:
- Participación activa nas reunións da Comisión de Coordinación Pedagóxica,
asesorando nos aspectos psicopedagóxicos e metodolóxicos ou en calquera
outro tema.
- Colaborar cos Departamentos Didácticos na planificación e seguimento das
diferentes medidas de atención á diversidade que teñamos postas en marcha,
reforzos educativos, apoios, adaptacións curriculares, ,...
- Asesorar ao profesorado na elaboración das programacións didácticas.
- Asesorar ó profesorado sobre criterios metodolóxicos que poidan previr
dificultades de aprendizaxe.
- Colaborar co centro adscrito en cantas actividades sexa requirida.
Plan de Orientación 2019-20 - 33 -
Alumnos/as:
- Colaborar na realización das avaliacións iniciais proporcionando asesoramento e
apoio técnico sobre a súa realización.
- Aplicación de probas psicométricas ós alumnos de 1º y 2º de ESO como medida
preventiva e co fin de dar resposta ás súas necesidades.
- Realizar as avaliacións psicopedagóxicas cando sexa necesario.
- Planificar xunto cos titores, actividades de mellora das técnicas e estratexias de
aprendizaxe dos alumnos.
- Seguimento dos alumnos que presenten dificultades académicas para adoptar
algunha medida de atención.
- Realizar sesións de orientación académica e profesional.
Familias:
- Orientar ás familias sobre calquera aspecto ou dúbida que poida xurdir respecto
ó proceso de ensinanza- aprendizaxe do seu fillo/a.
- Entrevistas individuais co/a titor/a e a orientadora cando sexa necesario.
- Proporcionarlles información sobre as diferentes opcións académicas que poida
seguir o seu fillo/a e implicalos no proceso educativo.
- Reunións iniciais para explicar as características do desenvolvemento evolutivo
no que se encontran os seus fillos/as e os aspectos fundamentais do seu curso.
- Reunións de orientación educativo-profesional no terceiro trimestre.
4.1.3.- RECURSOS:
A nivel xeral podemos distibguir entre :
- Persoais: Equipo Directivo, Equipo docente, membros do
Departamento de Orientación, equipo de orientación específico,
pais, servizos sociais, Servizo de Inspección Educativa,...
Plan de Orientación 2019-20 - 34 -
- Materiais: bibliográfico, webgráfico, material elaborado polo
Departamento de Orientación,...
4.1.4.- AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN DE APOIO AO PROCESO DE ENSINANZA
APRENDIZAXE.
Este plan está sometido a un proceso continuo de avaliación que se desenvolverá
en diferentes momentos, para conseguir a coherencia que precisa.
Estes momentos son:
Avaliación inicial: realizada ao comezo do proceso de planificación para adaptar o
plan ao entorno onde vai a desenrolarse.
Avaliación procesual: posúe un carácter formativo dado que fai posíbel o
seguimento do proceso e, en consecuencia, a toma de decisións máis adecuada en
función dos aspectos observados. Os foros de discusión son o propio Departamento
de Orientación, a Comisión de Coordinación Pedagóxica, o Equipo Directivo e as
reunións semanais cos Titores/as por niveis.
Avaliación final: Realizada ao final do curso e con carácter sumativo. O resultado
quedará plasmado na memoria final onde se reflexan os logros e dificultades
atopadas, así como os aspectos que incidirán positiva ou negativamente no
desenvolvemento do plan.
Plan de Orientación 2019-20 - 35 -
4.2.- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
4.2.1.- INTRODUCCIÓN:
Preséntasenos o traballo titorial, como unha tarefa ampla e complexa, que a través
da planificación de sucesivas accións, poida redundar en beneficio do desenvolvemento
cognitivo dos alumnos e alumnas, e da súa participación e integración na vida social; a
través dunha aprendizaxe acerca das súas posibilidades e da toma de conciencia dos
factores das súas respectivas situacións que han de considerar de cara a ir adoptando
decisións relacionadas co seu futuro persoal, académico e profesional.
Neste sentido, a acción titorial deberá tender a favorecer a integración e participación
dos alumnos na vida do centro, a realizar o seguimento personalizado do seu proceso de
aprendizaxe e a facilitar a toma de decisións respecto ao seu futuro académico e
profesional.
Será un medio onde o fin sexa aprender a aprender, é dicir, adquirir e poñer en práctica
estratexias de planificación, avaliación, autoavaliación e control, e falamos de aprender a
aprender tanto no referente á responsabilidade e autonomía que cada quen debe ir
adquirindo para asimilar significativamente contidos máis propiamente escolares, como
contidos relativos ao coñecemento de si mesmo para planificar, avaliar e controlar as
accións persoais encamiñadas cara un fin concreto, e os que se refiren ao coñecemento de
si mesmo como ser social e parte dunha comunidade.
Sabemos, por outra parte, que o aprendizaxe sobre si mesmo, o escolar e o social están
intimamente relacionados e conflúen en moitas das nosas accións , entre elas, por
exemplo, a toma de decisións con respecto ao futuro a curto, medio e longo prazo tan
importantes para a persoa, que debe integrarse no medio social, de aquí a pouco tempo,
como adulto.
Plan de Orientación 2019-20 - 36 -
Unha das finalidades que pode ter o traballo titorial co grupo de alumnos é a de
reforzar a adquisición dalgunhas habilidades, sobre todo as referidas á comunicación
(expresar ideas oralmente e por escrito e incluso de forma gráfica, enunciar preguntas
pertinentes, escoitar para comprender, aportar razoamentos argumentados), as
relacionadas coa resolución de problemas (xerar ideas, hipóteses e predicións, avaliar e
contrastar ideas e hipóteses, reflexionar antes de seleccionar, identificar alternativas), pero
será válido este plantexamento unicamente se se realiza coordinadamente, ou ao menos
conxuntamente, é dicir, se a sesión titorial supón un reforzo e non unha hora na que se
realizan traballos aillados dun contexto. Isto non quere dicir en absoluto que nas sesións de
titoría haxa que realizar traballos de actividades de reforzo dos contidos conceptuais
doutras áreas: os contidos conceptuais de traballo na sesión titorial é aconsellábel que
sexan da área persoal e social, pero os contidos procedimentais serán os comúns aos
doutras áreas. Outra aportación interesante do traballo titorial na aula é a posibilidade que
se plantexa de traballar cos alumnos/as distribuídos en pequenos grupos o que favorece a
integración afectiva e social e consolida ao grupo en torno a unha serie de valores
(cooperación, participación, aceptación dos demais, etc).
Por último, non hai que esquecer a dimensión informativa e orientadora que ten a
función titorial, referida ao asesoramento e seguimento dos alumnos/as mediante accións
coordinadas nas que é necesario implicar aos pais e nais de cara ás sucesivas tomas de
decisións, que irán marcando os itinerarios de formación co fin dunha futura inserción
profesional.
Neste sentido a figura do titor é unha peza clave, pero necesita, para exercer este
cometido de maneira eficaz, a implicación de toda a comunidade educativa, e máis
especificamente do Departamento de Orientación.
Plan de Orientación 2019-20 - 37 -
4.2.2.- OBXECTIVOS DO PAT :
Para o presente curso pretendemos acadar os seguintes obxectivos :
- Impulsar o desenvolvemento psicosocial dos alumnos/as:
- Facilitar a integración no grupo clase e no centro.
- Fomentar a participación nas actividades do centro.
- Desenvolver un nivel adecuado de autoconcepto e autoestima.
- Favorecer o desenvolvemento da madurez vocacional.
- Transmitir actitudes e valores propios das sociedades democráticas.
- Conseguir unha maior igualdade entre ambos sexos, evitando marcar os
roles culturais, diferenciadores de cada xénero.
- Favorecer o desenvolvemento integral do alumnado a través de diferentes
actividades centradas nas seguintes áreas:
- Ensinar a pensar: ocúpase do desenvolvemento das capacidades cognitivas,
pódese traballar en tódalas materias e tamén pode levarse a cabo de forma
explícita e sistemática, a través dun programa de ensinar a pensar.
- Ensinar a ser persoas: Identidade e autoestima. Esta liña plantexa o
desenvolvemento da identidade persoal do alumno/a e o logro dunha imaxe
positiva de si mesmo e de uns sentimentos de autoestima e autoconfianza.
- Ensinar a convivir e ensinar a comportarse: A aprendizaxe da convivencia
nos centros educativos se produce, na súa gran maioría, a través do modo
en que eles conviven e pretende preparar ao alumnado para una integración
social positiva.
Por outra banda, como medio para o desenvolvemento e crecemento da
capacidade de relación e convivencia, son obxecto de atención as
habilidades sociais que permiten ao alumnado entaboar unas relacións máis
ricas e positivas cos outros. Así mesmo, cobran importancia as dinámicas
grupais que axudan aos alumnos/as a desenvolver capacidades de
comunicación e actitudes de respecto.
Plan de Orientación 2019-20 - 38 -
- Ensinar a decidirse
A capacidade para tomar decisións é de gran interese pola súa incidencia nas
situacións ordinarias da vida, e pretende facilitar aos alumnos/as un método
que lles permita tomar decisións sobre os propios estudos e en canto a
estudos posteriores que queiran realizar, xa que isto convértese nunha
decisión para o desenvolvemento do seu proxecto persoal de vida.
- Dotar aos titores, dende o Departamento de Orientación, dun apoio nas súas
tarefas:
- Soporte documental escrito e referencias bibliográficas.
- Datos diagnósticos dos alumnos (no seu caso).
- Instrumentos de recollida de datos.
- Recoller información, xunto cos titores, sobre os ámbitos de actuación
prioritarios en cada grupo durante o curso, e en función de elo, delimitar e
planificar conxuntamente actuacións (con obxectivos, contidos, actividades)
para realizar nas sesións titoriais.
- Coordinación entre todos os titores/as e entre estes e o resto do
profesorado.
- Intervir co Equipo Educativo nas decisións sobre avaliación, promoción e
titulación.
- Colaborar na formulación do consello orientador ao termino de cada curso
da ESO e para a incorporación do alumno/a á Formación Profesional Básica.
Así mesmo, colaborar co profesor/a-titor/a na elaboración dos informes
para a incorporación do alumno/a nun Programa de Mellora da Aprendizaxe
e Rendemento.
- Prevención e detección de posibles problemas entre o alumnado.
- Optimizar o proceso de Ensinanza- Aprendizaxe :
- Previr e detectar dificultades de aprendizaxe.
- Coordinar os procesos de avaliación.
Plan de Orientación 2019-20 - 39 -
- Coordinar as respostas educativas.
- Adecuar o currículo ó contexto escolar e ás necesidades educativas.
- Impulsar o desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe autónomo.
- Coordinar ao equipo docente:
- Fomentar o desenvolvemento dunha avaliación continua.
- Coordinar o axuste das programacións.
- Contribuír á formación do profesorado.
- Orientar ás familias na súa labor educativa:
- Fomentar a súa participación na vida do centro.
- Proporcionar información sobre a marcha dos seus fillos/as.
- Asesorar en situación de conflito.
Plan de Orientación 2019-20 - 40 -
4.2.3- ACTUACIÓNS PARA DESENVOLVER NA ACCIÓN TITORIAL
PLAN DE ACCIÓN TITORIAL DE 1º DA ESO 2019/ 2020
OBXECTIVOS XERAIS:
Conseguir un adecuado progreso no proceso de Ensinanza/ Aprendizaxe do
alumnado, previndo calquera dificultade que poida aparecer no mesmo.
Promover a cohesión do grupo-clase, desenvolvendo actividades que faciliten o
coñecemento mutuo e a participación de todos los/as alumnos/as.
Colaborar na identificación das NEAE e no axuste da resposta educativa ás
mesmas.
Previr o absentismo escolar.
Reforzar as técnicas e hábitos de traballo intelectual.
Favorecer o coñecemento persoal de cada un/a e a aceptación de si mesmo.
Encauzar os problemas e inquedanzas do alumnado, en colaboración co
Delegado e Subdelegado.
Asesorar e informar, aos alumnos, sobre as posibilidades educativas: elección
de materias específicas, criterios de promoción,...
TRIMESTRE SEMANA SESIÓNS DE TITORIA
PRIMEIRO
TRIMESTRE
16-20/09/19 “ Xornada de Acollida”
23-27/09/19 “ Cohesión de grupo: La pelota”
Debuxamos as nosas mans
30-04/10/19 “ Elección de delegado/a”
07-11/10/19 “Ficha de recollida de datos”
Cuestionario individual
14-18/10/19 “Departamento de orientación.
Proba de Aptitudes escolares Tea II”
21-25/10/19 Cohesión de grupo: La maleta
Plan de Orientación 2019-20 - 41 -
28-30/10/19 “Departamento de orientación.
Proba de razoamento lóxico. D-48”
04-08/11/19 “Por unha vida en igualdade”
11-15/11/19 “No a Violencia de xénero”
“ Martina Volve a Brillar”
18-22/11/19 “No a Violencia de xénero”
“ Cerramos a porta a violencia”
25-29/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”
Abrimos as portas a igualdade.
02-05/12/19 “Preparación das vacacións de Nadal”
09-13/12/19 “Pre-avaliación”
16-20/12/19 “Post-avaliación”
SEGUNDO
TRIMESTRE
08-10/01/20 “Educación en Valores. Igualdade de oportunidades”
Documental de camiño á escola.
13-17/01/20 Video Forum do documental “Camiño á escola”
20-24/01/20 “Educación en Valores. Igualdade de oportunidades”
27-31/01/20 “Educación para a saúde”
Internet e as redes sociais. Dependencia I
03-07/02/20 Internet e as redes sociais. Dependencia II
10-14/02/20 “Principais perigos de Internet”
17-21/02/20 “Aspectos positivos de internet”
02-06/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da
muller Traballadora I”
09-13/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da
muller Traballadora II”
16-20/03/20 “O teito de Cristal”
23-27/03/20 “Pre-avaliación”
30-03/04/20 “Post-avaliación”
Plan de Orientación 2019-20 - 42 -
TERCEIRO
TRIMESTRE
14-17/04/20 “O Día do Libro””
20-21/04/20 “O Día do Libro”
27-30/04/20 “Planificación final do curso”
04-08/05/20 “Os Exames finais I”
11-15/05/20 “Os Exames finais II”
18-22/05/20 “Criterios de Promoción e Avaliación Final ESO”
25-29/05/20 “Presentación de 2º ESO”
01-05/05/20 “Avance de coñecemento da optatividade na etapa de
secundaria”.
09-13/06/20 “Avaliación final do curso, ventos de verán"
16-20/06/20 “Conclusións Finais do Curso”
Plan de Orientación 2019-20 - 43 -
PLAN DE ACCIÓN TUTORIAL DE 2º DA ESO 2019/ 2020
OBXETIVOS XERAIS:
Conseguir un adecuado progreso no proceso de Ensinanza/ Aprendizaxe do
alumnado, previndo calquera dificultade que poida aparecer no mesmo.
Promover a cohesión do grupo- clase, desenrolando actividades que faciliten o
coñecemento mutuo e a participación de todos los/as alumnos/as.
Contribuír a delimitar os alumnos/as que necesiten Adaptacións Curriculares.
Previr o absentismo escolar
Reforzar as técnicas e hábitos de traballo intelectual.
Favorecer o coñecemento persoal de cada un e a aceptación de si mesmo.
TRIMESTRE SEMANA SESIÓNS DE TITORIA
PRIMEIRO
TRIMESTRE
16-20/09/19 “ Xornada de Acollida”
23-27/09/19 “ Cohesión de grupo: La pelota”
Os meus gustos
30-04/10/19 “ Elección de delegado/a”
07-11/10/19 “Ficha de recollida de datos”
Cuestionario individual
14-18/10/19 “Departamento de orientación.
Proba de razoamento lóxico. D-48”
21-25/10/19 “Departamento de orientación.
Proba de Aptitudes escolares Tea II”
28-30/10/19 “Por unha vida en igualdade”
04-08/11/19 “No a Violencia de xénero”
“ Martina Volve a Brillar”
11-15/11/19 “No a Violencia de xénero”
“ Cerramos a porta a violencia”
18-22/11/19 “No a Violencia de xénero”
“ Cerramos a porta a violencia”
Plan de Orientación 2019-20 - 44 -
25-29/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”
Abrimos as portas a igualdade.
02-05/12/19 “Preparación das vacacións de Nadal”
09-13/12/19 “Pre-avaliación”
16-20/12/19 “Post-avaliación”
SEGUNDO
TRIMESTRE
08-10/01/20 “Educación en Valores. Igualdade de oportunidades”
Visionado da película “Con amor Simón”
13-17/01/20 “Educación en Valores. Igualdade de oportunidades”
Visionado da película “Con amor Simón”
20-24/01/20 “Educación en Valores. Igualdade de oportunidades”
Diversidade Sexual
27-31/01/20 “Cómic Diversidade sexual”
03-07/02/20 “Principais perigos de Internet”
10-14/02/20 “Aspectos positivos de internet”
17-21/02/20 Internet e as redes sociais. Dependencia
02-06/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da
muller Traballadora I”
09-13/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da
muller Traballadora II”
16-20/03/20 “O teito de Cristal”
23-27/03/20 “Pre-avaliación”
30-03/04/20 “Post-avaliación”
TERCEIRO
14-17/04/20 “O Día do Libro””
20-21/04/20 “O Día do Libro””
27-30/04/20 “Autoestima e Autoconcepto”
04-08/05/20 “Planificación final do curso”
11-15/05/20 “Os Exames finais ”
18-22/05/20 “Criterios de Promoción e Avaliación Final ESO”
Plan de Orientación 2019-20 - 45 -
TRIMESTRE 25-29/05/20 “Presentación de 3º ESO”
01-05/05/20 “Coñecemento da optatividade na etapa de
secundaria”.Matemáticas Aplicadas e académicas.
Toma de decisións
09-13/06/20 “Avaliación final do curso, ventos de verán"
16-20/06/20 “Conclusións Finais do Curso”
Plan de Orientación 2019-20 - 46 -
PLAN DE ACCIÓN TUTORIAL DE 3º DA ESO 2019/ 2020
OBXETIVOS XERAIS:
Conseguir un adecuado progreso no proceso de Ensinanza/ Aprendizaxe do
alumnado, previndo calquera dificultade que poida aparecer no mesmo.
Promover a cohesión do grupo- clase, desenrolando actividades que faciliten o
coñecemento mutuo e a participación de todos los/as alumnos/as.
Previr o absentismo escolar
Reforzar as técnicas e hábitos de traballo intelectual.
Favorecer o coñecemento persoal de cada un e a aceptación de si mesmo.
Afondar no coñecemento do perfil académico / profesional da opción elixida.
TRIMESTRE SEMANA SESIONES DE TUTORIA
PRIMEIRO
TRIMESTRE
16-20/09/19 “ Xornada de Acollida”
23-27/09/19 “Normas do Organización Funcionamento e
Convivencia”
30-04/10/19 “ Elección de delegado/a”
07-11/10/19 “ Elección de delegado/a”
“Coñecemento e cohesión de grupo.
Os nosos gustos”
14-18/10/19 “Ficha de recollida de datos”
Cuestionario indivudual
21-25/10/19 “Educación en Valores”
Monólogo “Non so doen os golpes” Pamela
Palenciano
28-30/10/19 “Educación en Valores”
Monólogo “Non so doen os golpes” Pamela
Palenciano
Escalera da Violencia de Pepa e Pepe
Plan de Orientación 2019-20 - 47 -
04-08/11/19 Debate dos monólogos
11-15/11/19 Proba de razoamento D-48
18-22/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”.
Pechamos as portas a violencia
25-29/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”.
Abrimos as portas a igualdade
02-05/12/19 “Preparación festival de Nadal”
09-13/12/19 “Pre-avaliación”
16-20/12/19 “Post-avaliación”
SEGUNDO
TRIMESTRE
08-10/01/20 “Atención a diversidade sexual”
Conceptos básicos
13-17/01/20 Educación en valores.
Respecto: película “Con amor Simón”
20-24/01/20 Educación en valores.
Respecto: película “Con amor Simón”
27-31/01/20 “Día da paz, fai a paz e non a guerra”
03-07/02/20 “Principais perigos de Internet”
10-14/02/20 “Aspectos positivos de internet”
17-21/02/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da
muller Traballadora I”
02-06/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da
muller Traballadora II”
09-13/03/20 “O teito de Cristal”
16-20/03/20 “Pre-avaliación”
23-27/03/20 “Post-avaliación”
14-17/04/20 “¿Qué farei o próximo curso?”
20-21/04/20 “Para decidir ben, aprender a decidir”
27-30/04/20 “O Día do Libro”
Plan de Orientación 2019-20 - 48 -
TERCEIRO
TRIMESTRE
04-08/05/20 “Os Exames finais I”
11-15/05/20 “Organización do tempo na recta final do curso”
18-22/05/20 “Criterios de Promoción e Avaliación Final ESO”
25-29/05/20 “Presentación de 4º ESO”
01-05/05/20 “A relación de cuarto cos estudios posteriores”
09-13/06/20 “Presentación e diferencias entre o bacharelato e a
Formación Profesional”
16-20/06/20 “Estudios superiores”
17-21/06/19 “Avaliación final do curso, ventos de verán"
Plan de Orientación 2019-20 - 49 -
PLAN DE ACCIÓN TUTORIAL DE 4º DA ESO 2019/ 2020
OBXETIVOS XERAIS:
Conseguir un adecuado progreso no proceso de Ensinanza/ Aprendizaxe do
alumnado, previndo calquera dificultade que poida aparecer no mesmo.
Promover a cohesión do grupo- clase, desenrolando actividades que faciliten o
coñecemento mutuo e a participación de todos los/as alumnos/as.
Previr o absentismo escolar.
Reforzar as técnicas e hábitos de traballo intelectual.
Favorecer o coñecemento persoal de cada un e a aceptación de si mesmo.
Afondar no coñecemento do perfil académico / profesional da opción elixida.
Orientar ante as novas exixencias académicas que supón un curso terminal.
Educar ao alumno/a educativa y profesionalmente ante a elección de opcións
para estudios posteriores.
Favorecer o proceso da toma de decisións respecto ao seu futuro académico y
profesional:
Informar sobre os diferentes camiños académicos ( Estudos universitarios,
Formación Profesional Específica, Becas, Outros estudos non regrados...).
Afondar no coñecemento e posibilidades reais do alumnado( persoais,
aptitudinais, actitudinais, intereses, motivacións, económicas etc...).
Preparar ao alumnado para afrontar a selectividade académica e profesional.
TRIMESTRE SEMANA SESIÓNS DE TITORIA
16-20/09/19 “ Xornada de Acollida”
23-27/09/19 “Cohesión de grupo: Intereses académicos –
profesionais do noso grupo”
30-04/10/19 “ Elección de delegado/a”
07-11/10/19 “Cuestionario inicial”
14-18/10/19 “Presentación do Programa de Toma de Decisiones”
Plan de Orientación 2019-20 - 50 -
PRIMEIRO
TRIMESTRE
21-25/10/19 “Coñecendo os meus intereses I”
28-30/10/19 “Coñecendo os meus intereses II”
04-08/11/19 “Información sobre o Bacharelato I” “Coñecendo as
miñas aptitudes”
11-15/11/19 “Información sobre a EBAU” “Coñecendo a miña
personalidade”
18-22/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”.
25-29/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”.
Abrimos as portas ao feminismo
02-05/12/19 “Preparación Festival de Nadal”
09-13/12/19 “Pre-avaliación”
16-20/12/19 “Post-avaliación”
SEGUNDO
TRIMESTRE
08-10/01/20 “Atención a diversidade sexual”
Conceptos básicos
13-17/01/20 Educación en valores.
Respecto: película “Con amor Simón”
20-24/01/20 Educación en valores.
Respecto: película “Con amor Simón”
27-31/01/20 “Día da paz, fai a paz e non a guerra”
03-07/02/20 “Preparando o festival do entroido”
10-14/02/20 “Coñecendo as miñas aptitudes”
17-21/02/20 “Coñecendo a miña personalidade”
02-06/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da
muller Traballadora II”
09-13/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da
muller Traballadora II”
16-20/03/20 “Pre-avaliación”
23-27/03/20
Plan de Orientación 2019-20 - 51 -
25-29/03/19 “Post-avaliación”
TERCEIRO
TRIMESTRE
01-05/04/19 “Principais perigos de Internet”
08-12/04/19 “Aspectos positivos de internet”
23-26/04/19 “Acércase a Toma de decisións”
29-03/05/19 “Os Ciclos Formativos e a Universidade”
06-10/05/19 “ Bolsas de estudos” petición on line
13-16/05/19 “Estudios no extranxeiro, bolsas de veran e bolsas de
estudos”
21-24/05/19 “Revisión completa do proceso de toma de decisións”
27-31/05/19 “Os exames finais I”
03-07/05/19 “Os exmes finais II”
10-14/06/19 “Criterios de Titulación”
17-21/06/19 “Avaliación final do curso, ventos de verán"
Plan de Orientación 2019-20 - 52 -
4.2.4-PROGRAMA BÁSICO DE HABILIDADES SOCIAIS PARA A EDUCACIÓN SECUNDARIA
OBRIGATORIA
Seguindo a circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención a diversidade
para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria se elabora un programa básico de
habilidades sociais que contempla, actuacións para o desenvolvemento cognitivo, para o
autocoñecemento e a mellora da autoestima.
INTRODUCCIÓN:
As habilidades sociais son condutas que facilitan a relación interpersoal, de maneira
non agresiva nin inhibida, senón asertiva. As habilidades sociais non son simples normas de
urbanidade, impostas pola sociedade e internalizadas por cada uno de nos; senón condutas
verbais e non verbais que facilitan una relación interpersoal asertiva. Por exemplo de
habilidades sociais podemos citar calquera conduta hábil de comunicación interpersoal,
coma:
- Saber escoitar,
- saber eloxiar o ben feito, saber desculparse polo mal feito,
- saber dicir non, e presentar una queixa e tamén saber recibila,
- saber mostrar desacordo,
- saber negociar e pórse de acordo con quen non se estaba,
- saber expresar os sentimentos e facer fronte ó medo ó ridículo
ou ao fracaso.
E dicir, ter habilidades sociais é ser persoa, relacionarse ben cos demais, ser
auténtico e asertivo.
OBXECTIVOS:
1. Educar na empatía, ensinar mediante exercicios, discusións e reflexión individual,
que existen outras persoas e que hai que telas en conta e respetalas.
2. Adestrar no diálogo, saber escoitar e comunicar con claridade o pensamento.
Plan de Orientación 2019-20 - 53 -
3. Ensinar a negociar, a poñerse de acordo de maneira xusta.
4. Desenvolver a solidaridade, que coñezan a alegría de compartir o material, que
participen democraticamente nas discusións e toma de decisións.
5. Adestrar para unha crítica construtiva da realidade persoal e social.
6. Animarlles a poñerse de acordo , sobre as normas de convivencia que afectan a
todo o grupo.
ACTIVIDADES
- HABILIDADES COGNITIVAS: Vantaxes, inconvenientes. Regras e normas. O
que queremos. As nosas prioridades e as dos demais. Explicacións e
decisións.
- CRECEMENTO MORAL.
- HABILIDADES SOCIAIS. Control emocional e asertividade.
Plan de Orientación 2019-20 - 54 -
4.2.5- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL E OS EQUIPOS EDUCATIVOS
- COORDINACION DOS TITORES CO EQUIPO EDUCATIVO
a) Coordinar a labor educativa dos profesores que imparten clase no grupo, o cal supón:
- Poñer en común as programacións das distintas áreas e criterios de avaliación, ver as
conveniencias de relacións interdisciplinares por áreas ou posibles axustes ou
adaptacións dos obxectivos e contidos ás necesidades do grupo de alumnos.
- Analizar co grupo de profesores e no seu caso coa Orientadora as dificultades e hábitos
dos alumnos respecto ao estudo e planificar técnicas de traballo mediante actividades
en todas as materias.
- Establecer criterios para organizar grupos de traballo ou distribución de alumnos na
aula.
- Establecer criterios para contemplar a atención á diversidade.
- Velar para que as probas e os traballos encomendados ós alumnos se distribúan
adecuadamente.
b) Deseñar e preparar co Departamento de Orientación medios e instrumentos para as
sesións de Avaliación: fichas de observación do profesor, de autoavaliación dos alumnos,
guías para o seu desenvolvemento, etc...
c) Coordinar as sesións de avaliación.
d) Coordinar cos demais titores do mesmo nivel, coa Xefatura de Estudos e o
Departamento de Orientación o Plan de Acción Titorial e as actividades orientadoras.
- ACTUACIÓNS DO TITOR/A E OS EQUIPOS EDUCATIVOS
Primeiro trimestre:
Coñecer o grupo - clase e establecer criterios comúns de traballo.
Traballar a avaliación inicial, os obxectivos, contidos e materiais da primeira avaliación.
Detectar aqueles posíbeis alumnos/as que presentan NEAE, para poñelo en
coñecemento do Departamento de Orientación e comezar a valoración necesaria de
cada caso.
Seguimento e coordinación das Medidas de Atención á Diversidade.
Plan de Orientación 2019-20 - 55 -
Segundo trimestre:
Seguimento do grupo clase.
Promover a introdución das técnicas de estudo nas distintas materias.
Seguimento e coordinación das Medidas de Atención á Diversidade.
Terceiro trimestre:
Seguimento do grupo-clase.
Preparación da avaliación final e criterios para a avaliación dos alumnos.
Valoración final das Medidas de Atención á Diversidade.
4.2.6 - PLAN DE ACCIÓN TUTORIAL E AS FAMILIAS
- COORDINACIÓN DO TITOR COAS FAMILIAS
a.- Contribuír ó establecemento de relacións fluídas cos pais e nais para facilitar a conexión
entre o centro e a familia.
b.- Implicar aos pais nas actividades de apoio ó aprendizaxe e orientación dos seus fillos.
c.- Informar aos pais de todos aqueles aspectos que afecten á educación de seus fillos.
d.- Manter unha liña fluída de información bidireccional centro- familias, cooperando cos
titores/as na súa relación coas familias.
e.- Facilitar o tránsito da Educación Primaria á Educación Secundaria Obrigatoria e no seu
caso ao Bacharelato.
f.- Facilitar información relativa á etapa educativa que cursan e o funcionamento do
Centro.
- ACTUACIÓNS DOS TITORES/AS E AS FAMILIAS
Primeiro trimestre:
- Información relativa ao nivel académico que curse(planes, promoción, titulación).
- Información sobre o plan de traballo a realizar co alumnado e canles de comunicación
cos responsables de titoría.
- Información sobre as actividades do centro e o rendemento académico do alumnado.
- Seguimento sobre a adaptación ao nivel educativo no que está matriculado e a seu
progreso e avances no seu proceso de Ensinanza/aprendizaxe.
Plan de Orientación 2019-20 - 56 -
Segundo trimestre:
- Seguimento do rendemento escolar.
- Entrevistas e reunións a partir das sesións de avaliación ou decisións do equipo
directivo.
Terceiro trimestre:
- Información e orientación sobre a continuidade dos estudos e saídas profesionais.
- Promoción, titulación e atención á diversidade.
4.2.7 -METODOLOXÍA :
A nivel orientativo recoméndase que o titor parta dun respecto pola personalidade
de cada alumno, da súa individualidade e das necesidades específicas que presente. Debe
ter en conta as ideas previas de cada alumno e as súas preferencias. Favorecerá actitudes
positivas, solidarias e cooperativas a través de actividades participativas, interactivas e
constructivas.
4.2.8-RECURSOS:
A nivel xeral podemos sinalar:
Guión para as reunións do titor cos pais.
Guión para as entrevistas titoriais.
Ficha resumo do historial de cada alumno.
Recursos TIC.
Documentos.
Prensa.
Dossier de Orientación Educativa e Profesional.
Cuestionarios, test, probas sociométricas.
Material bibliográfico segundo o tema a traballar.
Plan de Orientación 2019-20 - 57 -
4.2.9- AVALIACIÓN DO PAT:
A avaliación do PAT farase en base a:
Criterios de avaliación, nas titorías poderían ser entre outros os seguintes:
- Nivel de planificación.
- Organización.
- Interese e motivación suscitado.
- Rendemento.
- Adecuación das actividades, materiais...
Avaliaremos inicialmente para partir das necesidades detectadas e das directrices da CCP
e do PAT anterior. Cada actividade será avaliada ó rematar polos alumnos, titor e polo
Departamento de Orientación nas reunións semanais, av.continua. O propio plan será
avaliado ó final para recoller os logros e dificultades atopadas.
E aos instrumentos de avaliación, empregando entre outros:
- Observacións.
- Entrevistas.
- Cuestionarios.
- Análise de tarefas.
- Intercambio de información.
- Etc.
O PAT será avaliado por tódolos participantes no seu deseño e desenvolvemento, é
dicir, por alumnos, titores, Departamento Orientación, profesores, xefes de estudos, CCP,
Claustro, familias.
Plan de Orientación 2019-20 - 58 -
4.2.10.- OUTRAS ACTUACIÓNS
Ademais dos tres ámbitos especificados, continuando coa liña de actuación de anos
anteriores, realizaranse entre outras as seguintes actuacións:
- Contactos regulares cos distintos membros dos Servicios Sociais do Concello, de Saúde Mental, e IMELGA (Instituto Medicina Legal de Galicia.)
- Relacios co SPAD, CIM, CRU VERMELLA, SAUDE MENTAL, LAR, e demais entidades que traballan a nivel local.
- Actividades en colaboración co Servicio Preventivo de Asistencia de Drogodependencias do Concello de Vilagarcía ( nos niveis de 1º, 2º,3º e 4º ESO) no primeiro trimestre:
“Uso seguro e responsable das TIC” – 1º da ESO
“Prevención en educación sexual” 3º ESO
“Prevención, abuso de alcohol”- 2º ESO
“Conceptos básicos sobre drogas”-4 ESO
- EDUCACIÓN VIAL( POLICÍA LOCAL)
- CRUZ VERMELLA XUVENTUDE:
Acoso escolar
Uso das TICS e redes sociales.
Salud sexual
Habilidades sociales.
Plan de Orientación 2019-20 - 59 -
4.3.- PLAN DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL E PROFESIONAL
4.3.1.- INTRODUCCIÓN:
“A orientación académica e profesional debe entenderse como un proceso que se
debe desenvolver durante toda a Educación Secundaria, adquirindo unha especial
relevancia en aqueles momentos nos que a elección entre distintas opcións pode
condicionar en gran medida o futuro académico e profesional dos estudantes, como
acontece no paso de terceiro de ESO ao cuarto, na elección de materias de libre
configuración de centro, materias troncais de opción,…, de itinerarios académicos no
Bacharelato o de Ciclos Formativos de Formación Profesional.”
“O proceso de orientación académica e profesional será un elemento fundamental
para a elaboración do consello orientador que para cada alumno debese formular ao
termino de cada curso da ESO, así como para a incorporación dun alumno á Formación
Profesional Básica. Dito consello debe entenderse como unha proposta colexiada do
equipo educativo na que, tendo en conta as expectativas manifestadas polo alumno,
recomendaránselle as opcións educativas ou profesionais máis acordes coas súas
capacidades, intereses e posibilidades. O Departamento de Orientación participará na
elaboración do consello orientador, especialmente cando o alumno requira unha
orientación máis personalizada para tomar a súa decisión respecto ás diferentes
alternativas que se lle presenten.”
“No desenvolvemento do plan de orientación académica e profesional prestarase
singular atención á superación de hábitos socias discriminatorios por razón de sexo que
condicionen o acceso aos diferentes estudos.”
A orientación académica e profesional dos alumnos/as é un proceso, e como todo
proceso é complexo, lento e continuado. É complexo porque nel hai que conxugar moitas
variables de diversa índole e grao (personalidade, aptitudes, valores, situación familiar e
económica, ofertas educativas e posibilidades de acceso).
Plan de Orientación 2019-20 - 60 -
É lento porque hai que respectar os ritmos evolutivos e de aprendizaxe que, aínda
que se suceden con certa rapidez ocupan, no obstante, algúns anos, e é continuado
precisamente porque é evolutivo e, polo tanto, require a atención nas distintas etapas:
atención enfocada dende distintos ámbitos, especialmente familiar e institucional, e dentro
da institución na que estamos require a colaboración de toda a comunidade, si ben hai
aspectos puntuais de responsabilidade máis especifica dos titores/as en colaboración cos
equipos educativos y do Departamento de Orientación.
Esta responsabilidade necesita, para poder levarse a cabo, unha implicación do
centro, en aspectos tanto organizativos como de unificación de criterios, que son os que,
ao fin e ao cabo, van quedar reflectidos no PEC.
Por tanto e tendo en conta que a orientación académica e profesional non consiste
en realizar accións puntuais en momentos determinados senón en guiar o proceso que van
atravesando os alumnos de cara a poderlles orientar mellor para decisións que adoptar por
si mesmos, parece fundamental traballar, entre outros aspectos, o aspecto preventivo e de
recollida de datos por unha parte e, por outra, o aspecto educativo referido a aprender a
tomar decisións, aspecto este último intimamente relacionado co aprender a aprender, xa
que supón educar aos alumnos/as na adquisición de habilidades e estratexias
metacognitivas.
Estamos falando da importancia que ten o traballar en cada materia de estudo os
contidos procedimentais e actitudinais, posto que son estes fundamentalmente os que
axudan ao alumno/a a facerse consciente da súa responsabilidade no proceso de
ensinanza-aprendizaxe, e que proporcionan unha linguaxe instrumental de
enfrontamento a situacións novas, planificación das accións, busca e selección de
información, autoavaliación en canto a que aínda necesita aprender...
Plan de Orientación 2019-20 - 61 -
En definitiva, estes instrumentos son os que axudan a tomar decisións
responsábeis. A experiencia como persoas adultas e como estudantes que fomos e
seguimos sendo, nos evidencia claramente que cando unha persoa adquiriu habilidades e
estratexias determinadas é algo que ten como bagaxe, e non soamente non se esquece
senón que, mediante o exercicio e as sucesivas experiencias vanse mellorando e incluso
transferindo a situacións similares.
4.3.2- MADUREZ VOCACIONAL E ELECCIÓN PROFESIONAL
A capacidade de decidirse no que concirne ao rol que se desexa ter na sociedade, a
través dunha determinada profesión, se denomina habitualmente madurez vocacional.
Inclúe actitudes cara a toma de decisións, comprensión da demanda laboral, actividades
de planificación de capacidades vocacionais, ademais da propia elección vocacional. Un
adolescente ou novo está vocacionalmente maduro cando sabe o que quere e o que pode
facer na vida e en consecuencia, está capacitado para desenvolver o proceso de decidirse a
emprender un determinado camiño.
Dende as consideracións anteriores se comprende que o desenvolvemento dun
currículo integral e persoalizado, como o que se define para a ensinanza secundaria,
implica ensinar aos xovenes a capacidade de tomar decisións significativas para a súa vida
e, especificamente educar para aquelas decisións que afectan ao seu futuro. Conducir ao
estudante ao desenrolo dunha madurez vocacional, capaz de realizar tomas de decisións
autónomas e acordes coas súas capacidades e intereses, figura como unha das funcións
ineludibles da acción titorial e orientadora, tradicionalmente denominada vocacional u
orientación profesional.
Plan de Orientación 2019-20 - 62 -
4.3.3.- RECOLLIDA DE INFORMACIÓN
O estudante, por norma xeral, ten unha experiencia limitada de si mesmo e do
entorno laboral que lle rodea e por iso necesita axuda antes de facer a súa elección. É
frecuente, entre a xente nova, optar polo futuro sen recibir ningunha preparación
específica, o que conduce en bastantes casos ao abandono prematuro dos estudos
emprendidos. Ou o que é peor, finalizar a preparación profesional coa sensación de facer
unha elección equivocada e verse obrigado a buscar traballo nese campo ocupacional, coa
considerable insatisfacción persoal e social.
En ocasións, a influenza de determinados condicionantes externos que actúan
persistentemente ao longo da vida, forzan ao individuo a facer unha elección mediatizada,
sen deterse a pensar si o desempeño da alternativa elixida vai resultarlle satisfactoria no
futuro. Entre estes axentes decisorios externos están a familia, o contexto social, a presión
ambiental e os medios de comunicación que, a través de estereotipos sociais deciden, por
exemplo, a conveniencia de certas carreiras para rapaces e outras para rapazas, ou estiman
en maior grado os traballos con status profesional mellor considerado. Unha intervención
educativa á hora de decidir vocacionalmente evitaría na maioría dos casos, que a decisión
fose tomada a última hora, ou que outras persoas a tomaran en vez do interesado.
4.3.4- OBXETIVOS
Coordinar a Orientación Académico-Profesional dos alumnos ao longo da súa
permanencia no centro, especialmente nos cambios de ciclo ou curso e ante a elección
de diferentes opcións académicas, formativas e profesionais.
Axudar ao alumno a reflexionar sobre o seu futuro vocacional e profesional.
Proporcionar o alumno/a estratexias, información e recursos necesarios que lle
proporcionen un coñecemento mais obxectivo de si mesmo.
Lograr que o alumno adquira un mellor coñecemento de si mesmo: Capacidades,
rendemento, personalidade, autoconcepto, etc....
Plan de Orientación 2019-20 - 63 -
Poñer ao alumno en coñecemento da realidade en canto aos estudos e profesións.
Ofrecerlle un marco de referencia permanente en relación con aquelas oportunidades
culturais e vocacionais que lle ofrece o entorno e as diferentes institucións.
Procurar que o alumnado leve a cabo unha toma de decisión o máis acorde posíbel
coas súas características persoais (capacidades e intereses), as posibilidades que le
ofrece o entorno en canto a estudos e profesións e os recursos económicos que dita
decisión implica.
Lograr que o alumnado descubra por si mesmo en base a información recibida, a súa
verdadeira orientación (autoorientación).
Ofrecer ao alumnado un servizo de asesoramento “permanente “ que lle axude
naqueles momentos nos que debe enfrontarse con situacións de tomas de decisións.
Proporcionar o alumno/a información sobre a estrutura do sistema educativo e as
opcións e itinerarios tanto académicos como profesionais que se lles ofrecen ó termino
de cada curso ou etapa.
Facilitar ós alumnos/as aproximación ó mundo do traballo, proporcionándolle
información sobre o entorno socio-laboral e axudándolle na adquisición de habilidades
e estratexias de búsqueda de emprego.
Desenvolver no alumno/a a capacidade crítica a través da aprendizaxe de hábitos de
análise e reflexión que lle permitan unha toma de decisións autónomas, maduras e
responsables.
Orientar ao alumnado na elección de alternativas, facendo que analice as vantaxes e
desvantaxes das diferentes opcións educativas e profesionais, examinando as que
mellor se axusten ás súas posibilidades e preferencias.
Asesorar e colaborar coas familias para implicalas e facelas partícipes deste proceso de
orientación académico- profesional.
Evitar actitudes sexistas en canto á elección de campos profesionais.
Plan de Orientación 2019-20 - 64 -
O programa de orientación vocacional profesional quedará estruturado nunha serie de
funcións:
- Función de avaliación:
- Avaliación obxectiva
- Avaliación subxectiva; Técnicas como:
- Observación puntual e sistemática.
- Rexistro acumulativo.
- A entrevista.
- Charlas a pais/alumnos.
- Autoavaliación: Mediante unha serie de preguntas e reflexións que xiran
en torno a súa situación persoal, escolar e profesional, o alumno vai
tomando conciencia e, a súa vez, aprende a formar as súas propias
decisións.
- Función de información: (coñecemento das alternativas ), dita información haberá
de ser:
- Obxectiva, veraz e actualizada.
- Completa en canto a alternativas ofrecidas polo sistema
educativo.
- Dinámica, o cambio profesional é un todo continuo.
- Función de asesoramento, de axuda á toma de decisións.
Plan de Orientación 2019-20 - 65 -
4.3.5- ACTUACIÓNS
A nivel xeral:
Coordinación e apoio o alumnado, familia, profesorado.
Proporcionar o material , formación e información necesaria ós diferentes
membros da comunidade educativa .
Alumnos/as:
Actuacións dirixidas a que os alumnos/as se coñezan e valoren dunha forma
axustada ás súas capacidades, motivacións e intereses. A través de actividades
de autocoñecemento, desenvolveranse fundamentalmente no 1º ciclo da ESO e
nos primeiros trimestres de 4º da ESO.
Actuacións destinadas a facilitar información suficiente ó conxunto do alumnado
sobre as diferentes opcións educativas e laborais relacionadas con cada etapa
educativa e de maneira especial sobre aquelas que ofrezan o seu entorno. Estas
actuacións as levaremos a cabo a través dun Programa de Orientación
Académico-Profesional. Desenvolveranse durante o segundo e terceiro
trimestre de 3º e 4º da ESO.
Actuacións dirixidas o/a alumno/a para que sexa capaz de tomar as súas propias
decisións. A desenvolver en 2º,3º,4º ESO.
Actuacións concretas de orientación académico-profesional cos alumnos/as de
Bacharelato e Ciclos formativos de Grao Superior ao longo de todo o curso.
Actuacións dirixidas a superación de hábitos sociais discriminatorios por razón
de sexo que condicionan o acceso a diferentes estudios e profesións.
Plan de Orientación 2019-20 - 66 -
Profesores/as:
Proporcionar material e apoio necesario para desenvolver as diferentes
actuacións.
Asesorar sobre diferentes actividades que se poden levar a cabo.
Favorecer a incorporación nas diferentes áreas/ materias/ actividades que se
relacionen co currículo correspondente.
Colaborar na elaboración do Consello Orientador.
Familias:
Proporcionar información tanto académica como profesional respecto o seu
fillo/a, sobre todo en alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.
Implicalas en actividades que se desenvolvan respecto á Madurez Vocacional
dos seus fillos.
Asesorar ás familias sobre as posibilidades que pode seguir/escoller o seu fillo/a.
4.3.6.- BLOQUES TEMÁTICOS:
Coñecemento de si mesmo:
Capacidades
Intereses
Preferencias
Actitudes
Aspiracións
Valores
Situación familiar
Expectativas
Motivacións
Plan de Orientación 2019-20 - 67 -
Información sobre a estrutura do sistema educativo:
Estrutura
Optativas
Avaliacións Finais ESO e Bacharelato
Oferta educativa: regrada, non regrada
Ciclos Formativos
Itinerarios educativos do Bacharelato
Bolsas e axudas ao estudo
Outros centros de estudos
Requisitos de acceso
Probas de acceso
Etc.
Estructura do mundo socio-laboral:
Sectores produtivos
Perfís profesionais
Campos profesionais
Relacións laborais
Entorno socioeconómico próximo
Perspectivas de ocupación
Etc
Proceso de inserción á vida activa:
Itinerario de inserción
Habilidades sociais
Método de búsqueda de emprego
Entrevistas de selección
Organismos relacionados coa inserción laboral
Cartas de presentación, currículo vitae...
Etc
Plan de Orientación 2019-20 - 68 -
Toma de decisións (mediante a resolución de problemas) :
Definir o problema
Buscar alternativas
Analizar as alternativas
Escoller unha alternativa
Poñer en práctica dita alternativa
Encarar a situación de forma crítica e responsable
Revisar o proceso
4.3.7.- ACTIVIDADES:
A nivel xeral podemos sinalar:
Cuestionarios de exploración inicial, recollida de datos e comentario grupal.
Estudo da traxectoria escolar persoal.
Estudo de casos.
Entrevistas individuais e coas familias.
Elaborar organigrama do sistema educativo coas posibles saídas ao termo de
cada curso/etapa.
Visitas a outros centros con diferente oferta educativa, no terceiro trimestre,
para os alumnos de 4º ESO.
Saída a EDUGAL, no segundo trimestre.
Estudio do mercado laboral local e provincial.
Recollida, análise e comentario de noticias de prensa relacionadas coa
actividade económica.
Clasificación de profesións en campos profesionais.
Identificar actitudes sexistas no mundo laboral.
Visitas a empresas.
Entrevistas, coloquio de profesionais, empresarios.
Vídeos.
Plan de Orientación 2019-20 - 69 -
Algún xogo de roles, de simulación.
Elaboración de cartas de presentación, currículo vitae...
Participación no Consello Académico.
4.3.8.- ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN.
No desenvolvemento das liñas de actuación antes expostas (así coma na concreción
das mesmas por medio de diferentes actividades), o Departamento de Orientación e os
demais axentes implicados recorrerán, segundo demande o caso, a estratexias diversas de
intervención como poden ser:
- Emprego de: cuestionarios, técnicas grupais, entrevistas, observación, revisión de
documentación, guías informativas…
- Aplicación e seguimento de programas diversos, tanto de elaboración propia coma xa
publicados
- Realización de reunións informativas co alumnado, xa sexa de forma colectiva ou
individual.
- Establecemento de contactos e coordinación con outros servizos externos ao centro:
outros D.O., servizo galego de colocación, puntos de información xuvenil, centros
universitarios de orientación…
- Realización de charlas e conferencias, así coma posibles visitas a outros centros de
ensino.
Todas estas estratexias deberán partir da base constituída polos postulados
presentados dende:
O enfoque constructivista das aprendizaxes escolares e da intervención pedagóxica.
E dende o enfoque sistémico da intervención psicopedagóxica.
Así mesmo, para o desenvolvemento de todas as estratexias mencionadas, faise
necesario contar con diversidade de recursos técnicos e materiais, os cales se irán
adquirindo segundo as necesidades que vaian xurdindo ao longo de todo o curso.
Plan de Orientación 2019-20 - 70 -
Dende o Departamento de Orientación, nas accións emprendidas, procurarase unha
metodoloxía activa e participativa, que implique tanto á comunidade educativa como aos
servizos do entorno no que se sitúa, con accións globais que repercutan en todo o proceso
educativo.
Na intervención, as tarefas para cada actividade serán distribuídas segundo os sectores
e persoas implicadas, procurando responsabilizar a cada cal da súa labor na tarefa para
unha mellor consecución dos obxectivos, a este efecto procurarase a corresponsabilidade,
da cooperación, a coordinación e o traballo en grupo de toda a comunidade educativa.
Os recursos empregados serán aqueles dos que dispoña o centro, tanto materiais como
persoais e espaciais, podendo acudir a axentes externos cando así o requira a actuación
demandada ou programada, procurando sempre un rendemento óptimo e o mellor
aproveitamento dos recursos existentes. Exemplo destes recursos serán os persoais (
profesorado, titores, orientadora, E.O.E, axentes externos…), do contexto ( servizo galego
de colocación, empresas, concello, familias, axentes de desenvolvemento local, ….) e
materiais ( cuestionarios, inventarios, tests, ordenadores…)
Respecto á temporalización, dicir que a programación do tempo especificarase para
cada actividade, no desenvolvemento dos planes de actuación, sen descoidar aquelas
demandas de actuación que poidan xurdir ao longo do curso e poderanse ter en
consideración á hora de incluílas nos plans correspondentes.
Plan de Orientación 2019-20 - 71 -
4.3.9- CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PLAN
O proceso de avaliación ten un carácter continuo e comprende tres funcións
básicas, referidas a unha fase concreta ou momento determinado do proceso avaliativo:
1.- Avaliación inicial: permite coñecer a realidade educativa e as necesidades do
contexto do que se deriva a intervención antes de desenvolver un plan ou programa
específico.
2.- Avaliación formativa ou procesual: proporciona información durante o
desenvolvemento do proceso para efectuar os cambios e axustes necesarios.
3.- Avaliación sumativa ou final: determina o alcance ou aplicabilidade dun plan ou
programas no seu conxunto e as posibles modificacións para conseguir unha mellora.
Como criterios de avaliación do plan pódense considerar:
a) Eficacia ( relación entre obxectivos propostos e os acadados) e eficiencia (xestión de
medios aplicados para conquerir os obxectivos).
b) Comprensividade e Pertinencia ( adecuación do plan ás necesidades ).
c) Satisfactoriedade e Suficiencia ( relación entre os obxectivos desexados e as necesidades
existentes).
d) Coherencia e Obxectividade ( adecuación e grao de consistencia das propostas).
e) Aplicabilidade, Funcionalidade e Utilidade ( capacidade de solución e grao de
aplicación).
f) Relevancia ( grao de importancia para cubrir necesidades).
g) Progreso ( relación entre prestacións efectivas e as previstas).
h) Actualización ( grao de adecuación a situacións reais).
Para realizar a avaliación e seguimento do plan teranse en conta os datos aportados
polos diferentes cuestionarios de avaliación e autoavaliación, as observacións, propostas e
conclusións dos diferentes membros da comunidade educativa e de tódolos implicados na
Plan de Orientación 2019-20 - 72 -
acción orientadora, en función dos resultados acadados e das posibilidades de
continuidade e propostas de mellora na calidade do proceso orientador.
Vilagarcía de Arousa, a 30 de setembro de
2019.
Asdo.: A Orientadora: Asdo: Profesora de Pedagoxía Terapéutica:
Cristina Goris Mayán Amparo Sobrado Janeiro
Asdo: Profesora de Pedagoxía Terapéutica:
Natalia María santos Raposo
Asdo: Titor do Ámbito Socio-Lingüístico: Asdo: Titora do Ámbito Científico-Tecnolóxíco:
Plan de Orientación 2019-20 - 73 -
ANEXO I. PROGRAMACIÓN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
Curso académico 2019/2020
Plan de Orientación 2019-20 - 74 -
PROGRAMACIÓN
PARA O ALUMNADO
CON
NECESIDADE ESPECÍFICA DE
APOIO EDUCATIVO (ACNEAE)
CURSO 2019/2020
PROFESORADO DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
· AMPARO SOBRADO JANEIRO
· NATALIA M.ª SANTOS RAPOSO
Plan de Orientación 2019-20 - 75 -
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN. Páx 76
2. FUNCIÓNS DAS MESTRAS DE PT. Páx 76-78
3. ORGANIACIÓN DA RESPOSTA EDUCATIVA 79-97
3.1 NECESIDADES. Páx 79-80
3.2 OBXECTIVOS. Pax 80-81
3.3 METODOLOXÍA. Páx 82
3.4 ACTIVIDADES. Páx 82-83
3.5 RECURSOS. Páx 83
3.6 AVALIACIÓN. Páx 83-84
3.7 TEMPORALIZACIÓN. Páx 85-86
3.8 ALUMNADO CON NEAE. Páx 86-96
3.9 HORARIOS AULA PT. 96-97
4. CONCLUSIÓN. 98
Plan de Orientación 2019-20 - 76 -
1.INTRODUCIÓN
Neste documento preséntanse aqueles aspectos relacionados coa programación
que as mestras de Pedagoxía Terapéutica levarán a cabo no IES Miguel Ángel González
Estévez (Vilagarcía de Arousa). Reflíctense as estratexias a seguir, a metodoloxía, a
temporalización, os obxectivos e a organización da resposta educativa. Expóñense as
actuacións a realizar co alumnado que precisa unha axuda determinada e que grazas ós
principios de normalización e inclusión están presentes nas aulas ordinarias dos centros
educativos, tal e como se recollen nas normativas vixentes, tanto autonómicas como estatais.
No tocante ás datas do período escolar, contextualización do centro, o seu
organigrama, as súas características, os recursos e a atención ó alumnado con NEAE,
remitimos ó Proxecto Educativo, á Programación Xeral Anual e á Programación do
Departamento de Orientación na cal se inclúe este documento.
2. FUNCIÓNS DA MESTRA DE PT
O desenvolvemento das capacidades cognitivas, motrices, comunicativas,
emocionais e de inserción social do alumnado, constitúe o obxectivo fundamental da nosa
actuación. Segundo as características específicas do alumnado que reciba o apoio,
distinguiranse dous tipos de actuacións, tanto de carácter pedagóxico, curricular e
organizativo, como relativas á utilización dos recursos específicos.
Plan de Orientación 2019-20 - 77 -
O campo de actuación das mestras de PT, queda enmarcado dentro dun modelo de
colaboración conxunta cos outros profesionais da educación (titor/a, especialistas,
orientadora) e coas familias, contextualizado dentro dos espazos naturais de
desenvolvemento do alumnado, co fin de proporcionarlle o reforzo pedagóxico necesario
para a consecución con éxito dos obxectivos propostos. Terase en conta que o intercambio
de información e o establecemento de pautas de actuación sexan conxuntas e o máis
coordinadas posible.
As estratexias baséanse na colaboración, de xeito que toda a comunidade escolar e
os diferentes servizos educativos e profesionais que participen na atención do alumnado se
sintan implicados, tendo presente o papel primordial da figura dos titores en toda a
actividade educativa do grupo como axente principal da mesma. Este traballo colaborativo
desenvolverase a través de diversas xuntanzas que favorezan o intercambio fluído de
información e propostas.
Ao comezo de curso levarase a cabo unha avaliación inicial do alumnado, que
xunto coa avaliación psicopedagóxica daquel alumnado que o precise, determinará a
elaboración da Adaptación Curricular Significativa en caso necesario, as cales realizará o
profesorado da área adaptada, en colaboración co titor/a e o DO. Todo isto co fin de
proporcionar unha resposta o máis axustada posible ás súas necesidades. Estas deberán ser
o máis normalizadas posibles, axeitándose en todo momento ó ritmo de aprendizaxe e ás
necesidades detectadas no alumnado e en función das súas capacidades, intereses e
motivacións.
Plan de Orientación 2019-20 - 78 -
Tendo en conta todo o anterior escollerase a modalidade de apoio que se
considere máis beneficiosa para o alumnado. A intervención realizarase fundamentalmente
na aula ordinaria e excepcionalmente na aula de apoio, segundo a dispoñibilidade horaria,
constituíndo así un apoio directo, sempre en coordinación co profesorado das materias,
pretendendo así apartar o menos posible ao discente do currículo ordinario. Nos alumnos/as
que teñan ACS, o traballo rexerase polo ditado neste documento, mantendo un contacto
permanente co titor/a ou profesorado especialista.
O mestre de PT deberá realizar, entre outras, as seguintes tarefas, tal e como se
expón no D.120/1998 do 23 de abril, no que se regula a orientación educativa e profesional
na Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se
establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional:
- Contribuír na identificación e avaliación das NEAE.
- Atender directamente ao alumnado con NEAE en forma de reforzo pedagóxico
ou no modo que se determine.
- Colaborar coa Comisión de Coordinación Pedagóxica.
- Colaborar cando sexa necesario cas/cos titores/as ou profesorado especialista na
elaboración das adaptacións curriculares significativas, no seu seguimento e avaliación.
- Aquelas funcións que se nos asignen, como apoio ó alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo (ACNEAE).
Plan de Orientación 2019-20 - 79 -
3. ORGANIZACIÓN DA RESPOSTA EDUCATIVA
Segundo a orde do 27 de decembro de 2002 a intervención co alumnado de NEAE
se desenvolverá de xeito habitual dentro da aula e soamente fóra en casos excepcionais e sen
poder exceder da 3ª parte da xornada escolar.
A nosa función é reforzar dentro da aula ao ACNEAE a través das ACS e/ou RE
(reforzos educativos) e, nas sesións levadas a cabo na aula de apoio, traballar
individualmente cos ACNEE algúns obxectivos específicos, buscando satisfacer unha serie
de necesidades que presenta segundo as pautas establecidas na súa adaptación curricular
significativa.
En todo momento haberá coordinación entre os profesionais que van atender ó
alumnado, cun intercambio de información e o establecemento de pautas de actuación
conxuntas.
3.1.NECESIDADES:
Establécense as seguintes necesidades a traballar:
* Necesitan que se desenvolvan (dentro das súas posibilidades) os procesos
psicolóxicos básicos (atención, percepción e memoria).
* Necesitan descubrir a funcionalidade das aprendizaxes escolares e
xeneralización das mesmas.
* Necesitan adquirir as destrezas básicas para mellorar a súa competencia a nivel
curricular.
* Necesitan dunha organización do seu traballo diario, tanto no centro coma na
casa.
Plan de Orientación 2019-20 - 80 -
* Necesitan traballar a linguaxe non verbal: xestos, expresión corporal, o contacto
ocular.
* Necesitan adquirir e desenvolver habilidades sociais e respectar as normas
establecidas.
* Necesitan adquirir e desenvolver habilidades básicas de autonomía persoal .
* Necesitan aceptar ós seus compañeiros e busca-la interacción con eles.
* Necesitan que se respecte o seu ritmo de aprendizaxe, esixíndolle acorde ás súas
posibilidades e limitacións.
* Necesitan que dende o ámbito familiar fomenten a súa independencia, seguindo
unhas mesmas pautas.
3.2.OBXECTIVOS:
Tendo en conta as necesidades do alumnado, establécense os seguintes obxectivos
xerais:
* Facilitar ao alumnado o acceso ao currículo.
* Adoptar as medidas organizativas e recursos persoais e materiais do centro que
faciliten a atención á diversidade.
* Garantir a inclusión social e escolar.
* Fomentar o desenvolvemento das aprendizaxes instrumentais básicas.
* Establecer criterios de avaliación axeitados as súas necesidades.
* Fomentar actitudes participativas.
* Contribuír ao desenvolvemento emocional.
* Desenvolver habilidades sociais propias da súa idade.
* Mellorar o autoconcepto e a autoestima.
Plan de Orientación 2019-20 - 81 -
* Favorecer o bo clima social da aula.
* Desenvolver as aprendizaxes básicas funcionais que lles permitan vivir nunha
situación o máis normalizada e autónoma posible.
* Mellorar a expresión oral, escrita, o razoamento e o cálculo.
* Fomentar o hábito e o gusto pola lectura.
* Mellorar as competencias lectoras: comprensión, velocidade e fluidez.
* Acadar un nivel axeitado de comprensión e expresión oral para comunicarse e
para facilitar a aprendizaxe nas distintas materias.
* Priorizar as aprendizaxes matemáticas funcionais: dominio do número,
operacións básicas, resolución de problemas.
* Traballar os prerrequisitos básicos para a aprendizaxe (atención, percepción,
memoria).
* Potenciar a colaboración das familias no proceso educativo dos seus fillos/as.
* Garantir un coñecemento real e positivo das posibilidades e limitacións dos seus
fillos/as.
* Fomentar a súa relación, participación e contacto cos distintos membros da
comunidade educativa.
Plan de Orientación 2019-20 - 82 -
3.3.METODOLOXÍA:
A metodoloxía basearase nos seguintes principios de intervención:
* Partirase do nivel de competencia curricular e de desenvolvemento do alumnado,
traballando dentro da súa zona de desenvolvemento próximo.
* Promoverase a actividade mental tendo en conta o seu potencial de aprendizaxe
e outorgándolle na medida do posible autonomía á hora de traballar, de forma que sexa un
suxeito activo.
* Favorecerase a curiosidade e o interese por aprender, tratando de que as
aprendizaxes sexan motivadoras (aprender aprender).
* Fomentaranse as aprendizaxes significativas.
* Garantirase a funcionalidade das aprendizaxes.
* Organizaranse os contidos mediante un enfoque globalizador.
* Potenciarase a interacción entre toda a comunidade educativa.
* Fomentarase unha autoestima e un autoconcepto positivos.
* Estableceranse pautas de comportamento claras e concisas.
* Evitaranse condutas sobreprotectoras para garantir unha vida autónoma e
independente no seu contorno máis próximo.
3.4.ACTIVIDADES:
Na elaboración das actividades teremos en conta que:
* Sexan motivadoras, variadas e dinámicas.
* Estimulen a participación, solidariedade e non discriminación.
* Promovan a actividade mental do alumnado.
* Integren contidos de distinto tipo.
Plan de Orientación 2019-20 - 83 -
* Presenten grados de dificultade axustados e progresivos.
* Admitan niveis diferentes de intervención.
* Poidan resolverse empregando distintos enfoques.
* Admitan a interacción do alumnado.
* Permitan a xeneralización das aprendizaxes.
3.5.RECURSOS:
Os recursos a empregar serán o máis variados e estimulantes posible para
motivar ao alumnado e evitar caer na rutina. Preténdese a participación activa e
procurarase o uso daqueles materiais que mellor se adapten ás características e
necesidades persoais do alumnado. Se fose necesario, elaborarase ou tentarase conseguir o
material específico que sexa requirido.
Entre os recursos humanos contamos con titoras/es, profesorado especialista,
departamento de orientación, equipo directivo, organismos, institucións (XUNTOS,
ONCE…) familia, etc.
3.6.AVALIACIÓN:
En canto á avaliación, constará de tres momentos: inicial, continua e final,
constituíndo un proceso continuado, nin puntual nin illado, onde se achegará unha
información valiosa.
A avaliación inicial axudará a coñecer o punto de partida do alumnado:
capacidades adquiridas, dificultades que presentan, estilo cognitivo, etc. Coa avaliación
formativa e continua comprobarase a evolución do alumnado, a detección de novas
Plan de Orientación 2019-20 - 84 -
necesidades grupais ou individuais, así como a efectividade do programa en relación cos
obxectivos establecidos. A avaliación final informará do grao de adquisición dos obxectivos
previstos así como a detección de dificultades no mesmo de cara ó vindeiro curso.
Este proceso de avaliación debe abarcar ao alumnado e profesorado, xa que a
práctica educativa engloba a ambos, e achega datos que poden servir para modificar aqueles
aspectos deficitarios ou enriquecer con outros nos que se abriron novas vías de actuación.
Serán obxecto de avaliación:
* O grao de consecución dos obxectivos.
* A pertinencia das actividades e estratexias propostas e deseñadas.
* O grado de inclusividade acadada.
Serán instrumentos e técnicas de avaliación:
* A análise das actas de reunións do departamento de orientación.
* A análise dos programas realizados e materiais elaborados.
* A análise dos informes realizados.
* A memoria final.
Para levar a cabo o proceso avaliativo rexerémonos polos criterios de avaliación
establecidos para a etapa con carácter xeral e as ACS especificamente.
O seguimento realízase a través de reunións periódicas cas/cos titores,
profesorado das materias e outros profesionais que participen na súa aprendizaxe, así como
coa participación nas sesións de avaliación dos grupos nos cales existan necesidades
educativas especiais, reunións coas familias e titores legais e revisión constante dos
problemas máis frecuentes e posibles erros.
Plan de Orientación 2019-20 - 85 -
3.7.TEMPORALIZACIÓN:
Temporalizamos as nosas actuacións ao longo dun curso académico en tres momentos:
Primeiro trimestre:
- Revisión de documentos e recopilación de información de diferentes fontes
(profesorado, familia, informes, …) detectando necesidades e colaborando nas
avaliacións psicopedagóxicas que se determinen dende o Departamento de
Orientación.
- Valorar se os recursos persoais e materiais son suficientes e axeitados para o traballo
diario, así como a metodoloxía e a resposta ás necesidades.
- Organización dos espazos a utilizar cos alumnos con NEAE.
- Organización e coordinación dos apoios.
- Deseño da intervención a través de distintas medidas de atención a diversidade
(RE/ACS).
Participación nas reunións do DO, CCP e claustro.
Segundo trimestre:
Deseñar materiais que favorezan o desenvolvemento do alumnado nas diferentes áreas e
propoñer a adquisición de novos materiais.
Coordinación co DO, titoras/es, familia, axentes externos...
Seguimento continuo da intervención co alumnado modificando ou mantendo
obxectivos, estratexias, tempos, recursos, ...
Avaliación continua das aprendizaxes adquiridas, participando nas sesións de avaliación.
Participación nas reunións do DO, CCP e claustro.
Plan de Orientación 2019-20 - 86 -
Terceiro trimestre:
o Avaliación final do grao de consecución dos obxectivos previstos para o alumnado.
o Colaboración na avaliación final e decisións de promoción ou permanencia.
o Elaboración final de informes sobre os/as discentes.
o Valorar a adecuación das medidas desenvoltas.
o Propoñer a continuidade ou a modificación de ditas medidas.
o Recollida de aspectos organizativos e/ou curriculares na memoria final da aula de apoio,
máis eficaces para mantelos de cara ao vindeiro curso. Propostas de mellora.
Participación nas reunións do DO, CCP e claustro.
3.8.ALUMNADO CON NEAE:
O alumnado que, nun principio, precisa apoio das mestras de pedagoxía
terapéutica é o seguinte:
1º E.S.O. A
- Un alumno de etnia xitana con dificultades de aprendizaxe.
A nivel curricular atópanse por debaixo do nivel no que están escolarizado debido a
condicións persoais e de historia escolar.
Recibiu reforzo educativo durante toda a etapa de educación primaria traendo materias
pendentes.
Ten ACS dende 5º de primaria.
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de que continúe con ACS en
diversas materias.
Plan de Orientación 2019-20 - 87 -
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.
Proporáselle a exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar matemáticas e
lingua castelá.
1º E.S.O. B
- Un alumno repetidor de etnia xitana con atraso académico xeneralizado por
condicións persoais. A nivel curricular se atopa por debaixo do nivel no que está
escolarizado.
Recibiu reforzo educativo nas áreas instrumentais ata 4º de Educación Primaria. A
partir de 5º realízaselle unha ACS nas áreas de lingua castelá, lingua galega,
matemáticas, naturais, sociais e inglés suspendendo aínda así esas áreas. No curso
anterior fixéronselle ACS en lingua castelán e literatura, lingua galega e literatura,
inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas recibindo apoio por parte
do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro da aula nas áreas instrumentais.
Suspendeu plástica e todas as materias de ACS agás o inglés .
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de que continúe con ACS en
diversas materias.
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.
Plan de Orientación 2019-20 - 88 -
Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar
matemáticas e lingua castelá.
- Un alumno repetidor cun atraso académico xeneralizado por condicións de historia
escolar. A nivel curricular se atopa tamén por debaixo do nivel no que está
escolarizado.
Recibiu reforzo educativo nas áreas instrumentais durante toda a etapa de Educación
Primaria suspendendo aínda así a maioría delas. No curso anterior fixéronselle ACS
nas áreas de lingua castelán e literatura, lingua galega e literatura, inglés, xeografía e
historia e matemáticas recibindo apoio por parte do profesorado de pedagoxía
terapéutica dentro da aula nas áreas instrumentais. Suspendeu todas as materias de
ACS agás o inglés máis bioloxía e plástica.
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de continuar con ACS en diversas
materias.
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa
ACS.
Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar
matemáticas e lingua castelá.
Plan de Orientación 2019-20 - 89 -
- Un alumno con NEE e diversidade funcional. A nivel curricular se atopa moi por
debaixo do nivel no que está escolarizado.
Recibiu reforzo educativo durante primeiro e segundo de primaria, repetindo o
segundo curso. A partir de 3º fixéronselle ACS nas áreas de lingua castelán e literatura,
lingua galega e literatura, inglés, matemáticas, sociais e naturais aprobando todas as
materias.
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en
diversas materias.
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa
ACS.
Proporáselle exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar matemáticas e
lingua castelá.
2º E.S.O A.
- Un alumno cun atraso académico xeneralizado, por falta de hábitos de traballo. A
nivel curricular se atopa por debaixo do nivel no que está escolarizado.
Dende primeiro da ESO, curso que repetiu, tivo ACS nas áreas de lingua castelán e
literatura, lingua galega e literatura, inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e
matemáticas recibindo apoio por parte do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro
da aula nas áreas instrumentais. Suspendeu lingua e literatura galega, e EPV.
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de continuar con ACS en diversas
materias.
Plan de Orientación 2019-20 - 90 -
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 9 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa
ACS.
Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar
matemáticas e lingua galega.
- Un alumno cun diagnóstico de TDAH e problemas de aprendizaxe que a nivel
curricular se atopa por debaixo do nivel no que está escolarizado.
Recibiu reforzo educativo nas áreas instrumentais ata 5º de Educación Primaria
suspendendo aínda así a maioría delas. En 6º realízaselle unha ACS nas áreas de
lingua castelá, lingua galega, matemáticas e inglés traendo suspensas de 6º primaria as
áreas de naturais e sociais.
No curso anterior fixéronselle ACS en lingua castelán e literatura, lingua galega e
literatura , inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas recibindo
apoio por parte do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro da aula 14 horas
semanais aprobando todas as materias en xuño
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en
diversas materias.
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 9 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.
Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar
matemáticas e lingua galega.
Plan de Orientación 2019-20 - 91 -
Un alumno cun diagnóstico de TDAH, trastorno grave de conduta e atraso
académico xeneralizado debido a súa historia persoal.
Recibiu reforzo educativo durante toda a Educación Primaria suspendendo aínda así a
maioría das materias.
No curso anterior ademais dun plan de conduta, fixéronselle ACS en lingua castelán
e literatura, lingua galega e literatura, inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e
matemáticas recibindo apoio por parte do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro
da aula 14 horas semanais aprobando todas as materias en xuño.
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en
diversas materias.
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 9 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.
Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar
matemáticas e lingua galega.
2º E.S.O B
- Un alumno de etnia xitana cun atraso académico xeneralizado por condicións persoais
e dificultades de aprendizaxe co cal a nivel curricular se atopa por debaixo do nivel no
que está escolarizado.
Recibiu reforzo educativo nas áreas instrumentais en toda a etapa de Educación
Primaria.
Plan de Orientación 2019-20 - 92 -
No curso anterior fixéronselle ACS en lingua castelán e literatura, lingua galega e
literatura, inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas recibindo
apoio por parte do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro da aula 5 horas
semanais. Leva pendentes as materias de bioloxía e xeografía e historia.
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en
diversas materias.
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.
Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar
matemáticas e lingua castelá.
- Un alumno de etnia xitana cun atraso académico xeneralizado por condicións persoais
e dificultades de aprendizaxe co cal a nivel curricular se atopa por debaixo do nivel no
que está escolarizado.
Recibiu reforzo educativo nas áreas instrumentais ata 2º de primaria. A partir de
terceiro comeza a ter ACS.
No curso anterior fixéronselle ACS en lingua castelán e literatura, lingua galega e
literatura, inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas recibindo
apoio por parte do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro da aula Leva
pendentes a materia de bioloxía e xeoloxía.
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en
diversas materias.
Plan de Orientación 2019-20 - 93 -
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.
Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar
matemáticas e lingua castelá.
Un alumno que se atopa a nivel curricular nalgunhas áreas por debaixo do nivel no
que está escolarizado debido a condicións persoais e de historia escolar.
Recibiu reforzo educativo durante toda a etapa de Educación Primaria suspendendo
lingua galega, naturais, sociais e inglés.
No curso anterior fixéronselle ACS en lingua galega e literatura, francés, xeografía e
historia, bioloxía e xeoloxía recibindo apoio por parte do profesorado de pedagoxía
terapéutica dentro da aula . Leva pendentes a materia de lingua castelá e decidíndose
na xunta de avaliación de setembro a conveniencia de facerlle ACS tamén na área de
lingua castelá e literatura.
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en
diversas materias e se incorpore unha nova materia.
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.
Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar
matemáticas e lingua castelá.
Plan de Orientación 2019-20 - 94 -
3º E.S.O A
Unha alumna cun diagnóstico de TDA e dificultades de aprendizaxe.
En primaria tivo reforzos educativos e ACS en diversas materias. En 1º da ESO tivo
adaptacións en lingua castelán e literatura, lingua galega e literatura , francés, xeografía
e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas.
En 2º engadíuselle a adaptación en tecnoloxía. Non tivo adaptación en física e química.
Aprobou todas as materias entre xuño e setembro.
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en
diversas materias.
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 4 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.
Un alumno cun diagnóstico de TDAH e dificultades de aprendizaxe. Ten perdidas
auditivas debidas a frecuentes infeccións de oídos ( de momento non poden operalo). A
nivel curricular atópase por debaixo do nivel no que está escolarizado.
En primaria tivo reforzos educativos e ACS en diversas materias. En 1º da ESO tivo
adaptacións en lingua castelán e literatura, lingua galega e literatura, inglés, xeografía
e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas.
En 2º engadíuselle a adaptación en tecnoloxía. Non tivo adaptación en física e química.
Leva pendente a materia de física e química.
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de que continúe con ACS en
diversas materias.
Plan de Orientación 2019-20 - 95 -
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 4 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.
Unha alumna de etnia xitana con dificultades de aprendizaxe. A nivel curricular
atópase por debaixo do nivel no que está escolarizada.
En primaria tivo reforzos educativos e ACS en diversas materias. En 1º da ESO tivo
adaptacións en lingua castelán e literatura, lingua galega e literatura, inglés, xeografía
e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas. Repetiu 1º de ESO coas mesmas
adaptacións. En 2º engadíuselle a adaptación en tecnoloxía. Non tivo adaptación en
física e química. Leva pendente a materia de física e química e música.
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de que continúe con ACS en
diversas materias.
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 4 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.
3º E.S.O B
Unha alumna con dificultades de aprendizaxe por atraso académico xeneralizado e
dislexia.
En primaria tivo algún reforzo educativo. Cando comeza no noso centro en xaneiro
repetindo 1º ESO comeza a ter ATS en diversas materias.
O curso pasado tivo ACS en lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura,
inglés e xeografía e historia. Aprobou todas as materias entre xuño e setembro.
Plan de Orientación 2019-20 - 96 -
Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de que continúe con ACS en
diversas materias.
Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 4 sesións semanais
dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa
ACS.
A todo este alumnado, sempre que a atención se leve acabo dentro da aula, engadiremos
aqueles outros que precisen dun reforzo educativo ao longo de todo o curso ou en
momentos puntuais.
3.9. HORARIO DA AULA DE APOIO
O tempo de atención a este alumnado polo profesorado de pedagoxía terapéutica
adaptarase o número de alumnos que se vaian incorporando e as súas necesidades.
A distribución do tempo de atención a estes alumnos polo profesorado de apoio neste
principio de curso será o seguinte tendo en conta que pode sufrir modificacións coa
aparición de novas necesidades.
Plan de Orientación 2019-20 - 97 -
HORA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
AMPARO AMPARO AMPARO NATALIA AMPARO NATALIA AMPARO NATALIA
9:00-9:50
LC
1º A
X
X
LC
2º A
X
MAT
2º B
LC
1º B
GARDA
9:50-10:40
MAT
3º A / B
X
X
LG
1º B
X
LG
2º A
LC
2º B
XEO
HIS
2º A
RECREO
10:55-11:45
MAT
2º A
X
LC
3º A
LG
3º B
LC
3º B
LG
1º A
PAIS
PAIS
11:45-12:35
LG
2º B
LC 1º B
X
LG
2º A
MAT
3º
A / B
LC
2º A
MAT
2º A
MAT
2º B
RECREO
12:55-13:45
MAT
1º B
LC 2º B
MAT
1º A
X
MAT
1º A
X
MAT
1º B
X
13:45-14:35
GARDA
LC 1º A
TECNO
2ºA
X
LG
3º A
X
X
X
XANTAR
AMPARO
16:30-17:20
MAT 2º A
17:20-18:10
GARDA
Plan de Orientación 2019-20 - 98 -
4. CONCLUSIÓN
Esta programación pretende ser unha guía que oriente o traballo das mestras
especialistas en Pedagoxía Terapéutica ó longo do curso, non obstante, non se trata dun
documento pechado, senón que poderemos introducir as modificacións e achegas que sexan
pertinentes á hora de levar á práctica estas actividades no noso traballo diario. Ditas
modificacións quedarán reflectidas na memoria final.
Tamén é importante remarcar que na actualidade a comunidade educativa debe
adaptarse ao alumnado, e non este á comunidade.
O sistema educativo camiña cara á “inclusión total” e, como di Coral Elizondo:
“Para hacer inclusión, en la programación de aula, ten en cuenta a todo el alumnado
para no hacer adaptaciones después”.