Películas sobre a Paz

Post on 31-Mar-2016

228 views 5 download

description

Boletín de películas recomendadas sobre a Paz. Xaneiro 2010.

Transcript of Películas sobre a Paz

Unha parella de xubilados

que viven nunha remota

zona rural de Gran Bretaña

inicia a construción dun

refuxio que lles protexerá

en caso dunha explosión

nuclear.

Cando sopra o vento é unha

brillante parábola do fin do

mundo e unha crítica ao

horror da guerra e á

utilización da enerxía

nuclear e atómica.

The boxer constitúese en

primeiro lugar e por

encima de todo nun

grito contra a

violencia, nun canto á

paz e á liberdade,

sen imposiciones nin

coacciones.

Danny Flynn,

exboxeador profesional e antigo membro

do IRA, volve á cidade de Belfast tras

pasar catorce anos á prisión por un

atentado que non cometeu. Coa vontade

de rehacer a súa vida, Danny reabre o

gimnasio "Sagrada Familia", un local non

sectario aberto a católicos e

protestantes. Paralelamente, malia as

ameazas dos sectores máis radicais do

IRA, Danny reinicia a súa relación con

Maggie, filla dun dos máximos dirixentes

da organización terrorista, que durante

os anos que el estivo na prisión casouse

co seu mellor amigo e ha ter un fillo.

Un barbero

xudeu que

combateu co

exército de

Tomania na

primeira guerra

mundial volve á

súa casa anos

despois do fin do

conflito.

Amnésico por mor dun accidente de

avión, non recorda prácticamente nada

da súa vida pasada e non coñece a

situación política actual do país:

Adenoid Hynkel, un dictador fascista e

racista, chegou ao poder e iniciou a

persecución do pobo xudeu, a quen

considera responsable da situación de

crise que vive o país.

O gran dictador, máis que unha crítica

ao fascismo e aos gobernos totalitarios

de Adolf Hitler e Benito Mussolini, é un

canto á esperanza, un canto á

democracia, a paz e a liberdade.

Antes da choiva, unha

mirada á antiga Yugoslavia.

Os seus protagonistas

viven varias historias de

amor determinadas pola

violencia da guerra.

Os ideais de convivencia e

tolerancia foron

destruídos brutalmente e

a poboación, vítima da

guerra civil, viuse obrigada

a tomar partido en nome

duns principios definidos

pola etnia, a nación ou a

relixión.