Post on 14-Jan-2015
description
IES “XESÚS FERRO COUSELO”
XESÚS FERRO COUSELO
Desde o día 28 de xaneiro de 1998 o instituto recibe o nome do insigne antropólogo, arquiveiro, historiador e profesor que naceu en Louro,Valga (Pontevedra) en 1906, e faleceu en Ourense no ano 1975.
Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e a comenzos dos anos trinta exerceu como profesor en varios colexios de Vigo.
En 1930 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos e en 1931 no Partido Galeguista.
Trala guerra civil, ingresou en 1941 no Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos.
•En Ourense fíxose cargo da Biblioteca Provincial e do Museo Arqueolóxico Provincial, onde promoveu a creación do grupo de colaboradores Marcelo Macías.
Foi nomeado secretario do Padroado Provincial de Arquivos, Bibliotecas e Museos e preparou a saída do primeiro volume do Boletín do Museo Arqueolóxico provincial de Ourense.
•En 1959 formou parte como membro fundador da editorial Galaxia.
•Foi nomeado inspector arqueolóxico provincial e iniciou unha serie de programas de inventario e escavacións dos xacementos da provincia.
•Iniciou as escavacións dos castros de Santa Águeda e Castromao, organizou unha serie de exposicións sobre a riqueza monumental de Ourense e fundou a Agrupación Cultural Auriense, da que foi director.
•En 1963 apoiou a moción para a creación do Día das Letras Galegas e en 1965 o escrito dirixido ó Ministerio de Educación e Ciencia para que a lingua galega puidese ser ensinada nas escolas.
En 1996 adicóuselle o Día Das Letras Galegas.
A súa localidade natal, Valga, convoca na súa memoria o Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo.
O NOSO INSTITUTO
• Durante o presente curso escolar o centro conta con 175 alumnos/as e 33 profesores/as.
• Estudos: secundaria obrigatoria e bacharelato.
AS AULAS
AULA DE INFORMÁTICA
AULA DE TECNOLOXÍA
AULA DE MÚSICA
BIBLIOTECA
BIBLIOTECA
TAMÉN CONTAMOS CON LABORATORIOS DE CIENCIAS
...E CAFETERÍA
PAVILLÓN DE DEPORTES
CAMPO DE FÚTBOL
PISTA DE BALONCESTO
PATIOS
XARDÍNS
OURENSE
“CAPITAL TERMAL DE GALICIA”
“CIDADE DAS AUGAS”
ROTA
“OURENSE TERMAL”
AS BURGAS
QUE SON?As Burgas son uns mananciais de augas termais que se localizan na cidade de Ourense. Deles xermolan unhas augas silicatadas, fluoradas,litínicas e hipertermais a unha temperatura de entre 64 e 68 °C cun caudal de 300 litros por minuto.
.
ORIXE• A orixe do nome
de Burgas non está moi claro, pero a etimoloxía máis aceptada é a que indica a súa procedencia do latín burca que quere dicir pía, en alusión aos baños utilizados polos romanos como balnearios.
Son tres mananciais: a Burga de Arriba, a máis antiga, de estilo popular e pertencente ao século XVII; a Burga do Medio, pegada ao muro e de estilo moderno, e a Burga de Abaixo, de estilo neoclásico, século XIX, con dous canos laterais e unha pía labrada no centro, con outro cano.
BURGA DE ARRIBA Na parte superior,
a Burga de Arriba, fonte de estilo popular do século XVII. Á dereita, a réplica das catro aras encontradas na cidade, a primeira en honor das ninfas destas augas.
BURGA DO MEDIOPegada ao muro e de estilo moderno, ten a inscrición latina de Calpurnia Abana Aeboso, que é o primeiro nome coñecido dun habitante da cidade de Ourense.
BURGA DE ABAIXO• Ten unha fonte de
estilo neoclásico tardío (mediados do século XIX) do arquitecto Trillo con dous canos laterais e unha pía labrada no centro, con outro cano.
Tamén se encontra neste conxunto a réplica das catro aras romanas encontradas na cidade, a primeira delas creada en honor das Ninfas desas augas ofrendada por Calpurnia Abana Aeboso.
PISCINA NAS BURGAS
Na parte alta das Burgas atópase unha piscina pública termal.
As augas das Burgas son aplicables a diferentes tipos de problemas da pel, a reuma e a artrite.
• Estes mananciais foron declarados Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975.
TERMAS DA CHAVASQUEIRA Augas do manancial:
bicarbonatadas sódicas, fluoradas, litínicas e sulfuradas de mineralización media.
Son apreciadas para o tratamento da reuma, artrite e afeccións da pel, así como para trastornos hepatodixestivos do metabolismo e vías urinarias.
POZAS PÚBLICAS DA CHAVASQUEIRA
O TINTEIRO Augas alcalinas,
sulfuradas, fluoradas e lixeiramente radiactivas, flúen a unha temperatura próxima aos 45ºC .
Están indicadas no tratamento de afeccións bucodentais, úlceras varicosas, dermatite seborreica, acne e eccema atópico. De igual modo favorecen o proceso de cicatrización de feridas.
AS ACEAS OU MUÍÑOS DE AUGA
Aproveitaban a forza da auga para moer.A acea traballaba por medio dunha roda vertical, a bruia, impulsada pola corrente do río.Este movemento de rotación vertical convértese en horizontal grazas ao farol, que vai unido á moa.Esta, ao moverse sobre o pé, moía o gran, que se transformaba en fariña.
ESQUEMA DO SEU FUNCIONAMENTO
BURGA DO MUÍÑO
BURGA DO MUÍÑO DA VEIGA
Augas que abrollan a 61ºC.Úsanse en baño para tratamento da reuma e da artrite.
POZAS DO MUÍÑO DA VEIGA
TERMAS DE OUTARIZOcupa catro mil metros cadrados, entre o Muíño da Veiga e as termas públicas de Outariz.
É un edificio de inspiración xaponesa. Ten sete piscinas exteriores de diferentes temperaturas, tres vasos de auga quente, seis chorros de gravidade, canóns de auga, unha sauna e oito duchas frías para o choque térmico.
POZAS DE OUTARIZ
As burgas alta e baixa de Outariz manan entre fendas de rocha granítica ao pé do río Miño.
As augas son excelentes para tratar a reuma e a artrite.
Na zona hai un xardín de plantas aromáticas da nosa xeografía (romeu, lavanda…)
POZAS DE CANEDO
FAUNA DA ZONA
LAVANDEIRA PATO COMÚN
FAUNA DA ZONA
PAPORRUBIO CORVO MARIÑO
FLORA DA ZONA
AMENEIRO SALGUEIRO
FLORA DA ZONA
MIMOSA CARBALLO
OUTROS BALNEARIOS DA PROVINCIA
BALNEARIO DA ARNOIA
BAÑOS DE MOLGAS
BALNEARIO DE BERÁN
BALNEARIO DE CABREIROÁ
BALNEARIO DO CARBALLIÑO
BALNEARIO DE CORTEGADA
BALNEARIO DE LAIAS
BALNEARIO DE LOBIOS
BALNEARIO DE PARTOVIA
BALNEARIO DE PREXIGUEIRO
AUGAS DE SOUSAS
AGARDAMOS QUE A VISITA SEXA DO VOSO AGRADO
GRAZAS POLA ATENCIÓN PRESTADA
ALUMNADO DE 1º ESO E
EDLG DO IES “XESÚS FERRO COUSELO”.
OURENSE