Post on 30-Mar-2016
description
Olladas que nos achegan a Malawi:
O corazón cálido de África
Do 8 ó 22 de maio de 2009
no Multiusos (Arcade)
EXPOSICIÓNMarcos Fernández
CONCELLERÍA DE XUVENTUDEConcello de Soutomaior
XANEIRO 2008
Os mercados en Malawi son o verdadeiro centro neurálxico tanto das grandes cidades como das pequenas vilas.
Esta foto: Mercado central de Lilongwe, zona das froitas, verduras e hortalizas.
LILONGWE – MALAWI
KASUNGU – MALAWI
NOVEMBRO 2008
O mercado de segunda man é a única alternativa
posible para os malawitas: roupa, calzado,
ferramentas… incluso rodas. Os salario dun
administrativo pode rondar os 100 ¤, un cociñeiro dun
hotel 50 ¤, ou un garda 20 ¤ mensuais. O país
estímase que ten un 60 % de paro urbano. No rural a
xente adícase á agricultura de subsistencia.
Esta foto: Un mozo lava unha cuberta dun camión para
poñela á venda de novo coa mellor apariencia.
LILONGWE – MALAWIXANEIRO 2008
As diferencias entre home e muller en África son enormes. A muller leva o peso da casa e os fillos.
Esta foto: Mentras un adolescente intenta facer unha pirueta para que lle faga a foto, unha xoven nai leva ó
seu recén nacido ás costas e carga cunha cesta na cachola.
MZUZU – MALAWIAGOSTO 2008
A figura do sastre en Malawi é habitual nas urbes. O
seu equipamento básico consiste nunha máquina de
coser de pedal e un ferro. Non son bos
patronistas, pero son capaces de imitar case que calquera
modelo que previamente lle ensinemos.
Esta foto: Sastre no soportal dunha tenda con 2 traxes a
medio terminar.
LILONGWE – MALAWI
AGOSTO 2008
Incluso na capital do país a electricidade é todo un
luxo. Os cortes de suministro sóense facer os martes e
sábados pola tarde, pero é algo normal quedarse sen
luz. Nas aldeas a electricidade non existe.
Esta foto: Un rapaz aproveita restos de carbón para
volver a colocalos no ferro.
LILONGWE – MALAWI
DECEMBRO 2007
Á moi deficiente alimentación xúntanse as importantes
carencias médicas e sociais do país, que provocan que
centos de persoas deambulen por todo o país con
importantes eivas. Enfermidades erradicadas en
Europa, como a polio ou a hepatite, matan ou deixan
lisiadas a miles de persoas cada ano en África.
Esta foto: Un home aparca o seu triciclo e tenta subir
uns escalóns para entrar nunha tenda. Como neste caso,
é habitual que usen sandalias para protexer as mans ó andar.
LILONGWE – MALAWI
XANERIO 2008
Os malawitas, son xente cordial e con moi bo trato.
Malawi é coñecido como “The warm heart of Africa”
(o corazón cálido de África) pola amabilidade das súas
xentes.
Esta foto: Un comerciante malawita amosa orgulloso a
súa tenda de consumibles informáticos. Despacha a súa
muller, á que vemos amamantando ó primeiro fillo de
ambos.
LILONGWE – MALAWI
XANEIRO 2008
Ter zapatos case que é un capricho e unha bicicleta
todo un luxo. As grandes distancias de ata 20
kilometros diarios, fan que da bicicleta unha boa
alternativa á “matola” (minibuses).
Esta foto: Pola tarde, unha muller volta á súa casa
despois de traballar como asistenta nunha casa.
LILONGWE – MALAWIXULLO 2008
Malawi conta cunhas 8 estradas principais asfaltadas e
algunhas rúas nas cidades. O resto segue a estar en
terra.
Esta foto: Unha muller volta do mercado coas súas
fillas atravesando unha ponte de madeira.
MZUZU – MALAWIAGOSTO 2008
A bicicleta é algo máis que un vehículo de dúas rodas,
é todo un vehículo de transporte: galiñas, cabuxas,
leña… incluso como taxi.
Esta foto: Un home acaba de subir a unha “bici-taxi”.
Por unha viaxe entre dúas aldeas duns 15-20 km
pódennos cobrar unhas 50 Kwachas (0,25 ¤ ó cambio)
DOWA – MALAWI
XULLO 2008
En Malawi é habitual ver camionetas repletas de xente,
bolsas e maletas percorrendo o país. En moitos casos é
o único contacto das aldeas coas vilas.
Esta foto: Unha camioneta procedente de Lilongwe,
destino Kasungu, nunha viaxe de algo máis de 100
kilómetros por camiños rurais sen asfaltar.
BLANTYRE – MALAWIAGOSTO 2008
Aínda que a capital é Lilongwe, a cidade máis
importante é Blantyre, ó sur do país. Apesares de ter
algúns edificios e rúas asfaltadas, segue sendo unha
cidade típicamente africana.
Esta foto: Unha “matola” por unha das rúas de Blantyre.
LILONGWE – MALAWIDECEMBRO 2007
O carbón vexetal úsase, sobre todo nas cidades para
cociñar. No rural o máis habitual é a leña.
Nesta foto: dous rapaces recollen o carbón que lles
caeu ó rompérselles a bolsa na que o levaban para casa.
NKHATA BAY – MALAWI AGOSTO 2008
A imaxinación é todo. Unhas chapas metálicas e uns
cartóns poden server para facer un posto nun mercado
ou para acondicionar unha vivienda.
Esta foto: Perruquería sita nun posto do mercado.
DEDZA – MALAWI
OUTUBRO 2008
A falta de políticas de control da natalidade fai normal
ver familias con sete e oito fillos. O problema agrávase
porque moitos deles sofren os efectos da SIDA dos
seus proxenitores.
Esta foto: Un rapaz xoga cunha tapa dun bidón e un pau.
NKHOTA KOTA – MALAWI
XULLO 2008
As praias do lago Malawi lembran ós paraísos
oceánicos. Areas brancas e finas, que rodean un lago de
augas cristalinas e puras.
Esta foto: Varios homes comparten á sombra, un prato
de nsima e peixe antes de volver ó seu traballo nas redes.
KASUNGU – MALAWINOVEMBRO 2008
A comida principal dos malawitas é a Nsima: unha
pasta feita de fariña de millo e auga. Revólvese ata que
espesa e coce e xa está lista para servir. No mellor dos
casos sérvese acompañada de algo de peixe ou polo.
Esta foto: Unha muller prepara nsima, o xantar para a
xente da súa aldea.
KASUNGU – MALAWINOVEMBRO 2008
As viviendas en Malawi están feitas de adobe, e
cubertas de palla (ou as máis modernas de placas
metálicas). Teñen de dúas a catro estancias para
descansar. Non teñen cuarto de baño nin cociña. A
comida elabórase no exterior ou en cociñas
mancomunadas para toda a aldea.
Esta foto: Unha moza co seu fillo ás costas fronte a súa casa.
KASUNGU – MALAWI
NOVEMBRO 2008
A esperanza de vida ronda os 35-40 anos, polo que a
idade de inicio para ter fillos ronda os 15.
Esta foto: Unha moza contenta co seu recén nacido de
tan só 2 meses. Ó fondo, a súa cociña.
LILONGWE – MALAWIDECEMBRO 2008
A galiña é a carne por excelencia. Son animais fáciles
de criar que non requiren abundantes coidados, auga ou
comida.
Esta foto: Transporte de galiñas ó mercado de
Lilongwe. Van atadas polo exterior para que no
remolque poidan viaxar as persoas.
DEDZA – MALAWIOUTUBRO 2008
Esta foto: Varios homes bebendo “Chibuku” nun bar. É
a cervexa máis barata é ven envasada en tetra-brick.
LILONGWE – MALAWI
XANEIRO 2008
Malawi é un país do tamaño de Portugal. A metade do país está ocupada polas augas do Lago Malawi.
Gracias ó lago, o país pode botar man da pesca artesanal para complementar a súa dieta.
Esta foto: Mercado central de Lilongwe, zona do peixe. Os postos do peixe adoitan ter o xénero
perfectamente ordenado por tipo de peixe, presentación (afumado, fresco, salgado, seco) e tamaño.
MONTE MULANJE – MALAWI
AGOSTO 2008
As mulleres son as responsables de traer auga e leña.
Ás veces poden percorrer varios kilómetros
descalzas a través do monte para facerse con leña para
cociñar.
Esta foto: Unha nai con tres fillas baixan, descalzas,
cadansúa o seu cargamento de leña á cabeza.
DEDZA – MALAWIOUTUBRO 2008
Os plans do goberno, de fomento da educación infantil
inclúen dar de comer ós rapaces na escola. Este feito
Reduciu de forma considerable o absentismo escolar xa
que os pais o ven como unha forma de aforro para a
familia.
Esta foto: Un rapaz e a súa nai cargan con leña.
DOWA – MALAWIAGOSTO 2008
A construcción de vivendas segue a ser tradicional. Os
ladrillos fanse á man mixturando terra e auga.
Moldéanse e deixanse secar ó sol.
Esta foto: Un home fai ladrillos usando un molde de
madeira.
DEDZA – MALAWIOUTUBRO 2008
Unha vez que os ladrillos están secos, colócanse
formando unha especie de pirámides con ocos por onde
se lle introduce leña que arderá durante varios días.
Esta foto: Unha familia constrúe unha pila de
ladrillos para ser cocidos. Ó fondo vese a súa anterior
casa, devastada por un incendio.
MCHINJI – MALAWI
AGOSTO 2008
Na fronteira con Zambia pódese ver outro tipo de
vivenda diferente, construída con paus. Os ocos entre
as estacas cóbrense con barro.
Esta foto: Unha señora escolle fabas acompañada
dunha filla e dunha neta.
KASUNGU – MALAWINOVEMBRO 2008
Non é habitual que os pozos estén dentro das aldeas.
Así evítase a contaminación das augas pola acción
humana e evítanse inundacións na época de choivas.
Arriba esquerda: Varias rapazas túrnanse para extraer, coa axuda
dunha bomba manual, auga dun pozo.
Arriba dereita: Dáas rapazas axúdanse para levantar un
caldeiro de auga.
Abaixo: Agora só lles queda voltar á casa, a medio
kilómetro.